Basílica de Santo Isidoro de León Índice Contexto histórico-artístico | Historia e evolución do edificio | Descrición do edificio | Outras dependencias | A colexiata no século XXI | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación42°36′03″N 5°34′15″O / 42.60075, -5.570944444444442°36′03″N 5°34′15″O / 42.60075, -5.5709444444444Museo de Santo Isidoro de LeónFicha na páxina web do Ministerio de culturaReligión y política a fines del siglo XI: La GarcineidaRutas románicas de Castilla y León/3Real Colegiata de San Isidoro de León«El pendón de san Isidoro o de Baeza: sustento lengendario y constitución emblemática»Catálogo de los incunables y libros antiguos raros y curiososMuseo San Isidoro de León - ClaustroArquivado"Andrés de Melgar en el retablo de Pozuelo de la Orden. Las relaciones entre pintores en el medio castellano del primer tercio del siglo XVI"0210-9573Páxina oficial do museo - Panteón de Santo Isidoro de LeónVisualización de esculturas arquitectónicas románicas no contexto arquitectónico - Plano en planta e galería de fotosWorldCat293889723ADV1093150910000000000000000256861XX142748101603999a1128476666192084366218-30000 0001 2169 95924960n80131838314814086285742
LeónIgrexas románicas de EspañaColexiatas de EspañaBens de Interese Cultural de Castela e LeónBasílicas de EspañaBibliotecas de EspañaArquivos de EspañaArquitectura do século XI
LeónEspañaestilo románicoPanteón Realcapiteismosteirosan Paiotemplo romanosanto Isidorobispo de SevillaFernando ISanchaMonumento Histórico Artísticoséculo XIReino de LeónCondado de CastelaCondado de Barcelonaliturxia romanaRomapapaUrbano IIIgrexa católicaConcilios de ToledoRegra de san BieitoReino de CastelaReconquistavisigodosmuralla romanaLegio VII GeminaladrillosumidoiroscerámicatégulaslatrinasReconquistaSancho I de LeónRamiro IIPaioCórdobacorte cordobesaElvira RamírezRamiro IIITeresa AnsúrezTurinxiaHrotsvitaSan Salvador de Palat del Reysan Xoán BautistaBermudo IIAlmanzorrazziasOviedodotemosteiro de Palat del ReyElviraCovarrubiasAfonso VLucas de TuiMartiño de ToursadroBermudo IIElvira GarcíaepitafioSancha de LeónAfonso VFernandomosteiro de Arlanzamosteiro de OñaPanteón de ReisSilenseUrracaElviraGarcíacenotafiodon Garcíasanto Isidoroenxovalourivaríabóveda de medio canóncruceiroJuan Nepomuceno TorbadoUrraca a ZamoranacálizPedro DeustambenAfonso VIISancha RaimúndezUrracaRaimundo de BorgoñaCarbajal de la Leguacóengos regulares de santo AgostiñoFernando IISantiagoAlcántaraAlexandre IIIJuan de Badajoz el ViejoPedro Suárez de QuiñonesJuán de Badajoz el MozoRenacementoJuan Ribero de Radadesamortización de MendizábalconcordatobulaPío IXguerra civil españolaPío XIInavesplanta de cruz latinaábsidabóveda de fornobóveda de canónbóveda de arestacruceiromozárabeaxadrezadamodillónsarquivoltasmoldurasbaquetóncolumnasdoeladaxambasenrolamentosbasesplintoscapiteistímpanomármorecarneiroSacrificio de Isaaccordeiro místicoPaixón de CristoSaraAbrahamIsaacXéneseIsmaelAgarrelevoenxuntasDavidfrisozodíacozodíacopendón de BaezaperegrinosCamiño de SantiagoindulxenciasMestre EstevoPamplonaSantiago de Compostelacatedral de Santa María la Real de PamplonaTolosaarcos de medio puntoenxuntaslintelnimbotres MaríasbaquetónfusteJacaFrómistanaturalistaJuán de Badaxoz O Vellobóveda de cruzaríaPozuelo de la Ordenbispado de LeónGiralte de BruxelasChandler R. PostMestre de PozueloToroLorenzo de ÁvilaJuan de BorgoñaAntonio VázquezAndrés de MelgarAlonso Berruguetecustodiapratahostiacatedral de LugoneoclásicaAntonio Rebollohispano-flamengoPedro Margotedocoro altoSilensesanta Catarina de AlexandríaadroValdediósEscaladaLuís Menéndez-PidalJuan de Badaxoz O mozopendentesimpostaincunablespergamiñocódicesJulio Pascualcoxíasséculo XIIseteirachapitelarqueólogospalinólogosentomólogospaleógrafosMenéndez Pidal
Basílica de Santo Isidoro de León
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Basílica de Santo Isidoro de León | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | Basílica |
Advocación | Santo Isidoro |
Localización | León, España |
Coordenadas | 42°36′03″N 5°34′15″O / 42.60075, -5.5709444444444Coordenadas: 42°36′03″N 5°34′15″O / 42.60075, -5.5709444444444 |
Catalogación | RI-51-0000098 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Diocese de León |
Orde relixiosa | Clero secular |
Arquitectura | |
Construción | século XI-século XII |
Estilo | Románico |
Páxina web | Museo de Santo Isidoro de León |
[ editar datos en Wikidata ] |
A real colexiata basílica de Santo Isidoro ou, simplemente, Santo Isidoro de León, é un templo cristián situado na cidade de León, en España. É un dos conxuntos arquitectónicos de estilo románico máis destacados de España, pola súa historia, arquitectura, escultura, e polos obxectos suntuarios románicos que se puideron conservar. Presenta a particularidade de ter un Panteón Real situado ós pés da igrexa, con pintura mural románica e capiteis orixinais, todo o cal fai que sexa peza única do mundo románico da época. O conxunto foi construído e engrandecido durante os séculos XI e XII.
Na súa orixe foi un mosteiro dedicado a san Paio, aínda que se supón que anteriormente se asentaba nos seus cimentos un templo romano. Co traslado dos restos de santo Isidoro, bispo de Sevilla (doutor das Españas), a León, cambiouse a titularidade do templo.
O edificio da igrexa conserva algúns vestixios románicos da primeira construción de Fernando I e Sancha. O panteón e as dúas portas da súa fachada sur, chamadas Porta do Cordeiro e Porta do Perdón, máis a Porta Norte ou Capitular, son as primeiras manifestacións da arte románica nos territorios leoneses. Co transcurso do tempo fixéronse modificacións e engadidos góticos, renacentistas e barrocos.
É Monumento Histórico Artístico desde o 9 de febreiro de 1910.[1]
Índice
1 Contexto histórico-artístico
2 Historia e evolución do edificio
2.1 A igrexa de Sancho I o Craso
2.1.1 Infantado de san Paio
2.2 A igrexa de Afonso V o Nobre
2.3 A igrexa románica de Fernando I e a súa esposa Sancha
2.3.1 O edificio románico
2.4 Restauración e ampliación da infanta Urraca
2.5 Afonso VII e a súa irmá Sancha. Fin das obras
2.6 A igrexa en tempos de Fernando II
2.7 Reformas dos séculos XV e XVI
2.8 Séculos XIX e XX
3 Descrición do edificio
3.1 Exterior do edificio
3.1.1 Porta do Cordeiro
3.1.2 Tímpano do Cordeiro
3.1.3 Porta do Perdón
3.1.4 Tímpano do Perdón
3.1.5 Porta norte ou Capitular
3.2 Interior do edificio
3.2.1 Capela maior
3.2.2 Capela da Trindade ou de san Martiño
3.2.3 Coro
4 Outras dependencias
4.1 Panteón real
4.2 Tribuna
4.3 Museo
4.4 Galería
4.5 Arquivo-biblioteca
4.5.1 Restauración de 1960
4.6 Claustro
4.7 Torre
4.7.1 O galo-catavento
5 A colexiata no século XXI
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Outros artigos
7.2 Bibliografía
7.3 Ligazóns externas
Contexto histórico-artístico |
A comezos do século XI, no Reino de León e Condado de Castela seguíanse conservando os edificios con tradición e cultura hispanas, sen modificar, mentres que no Condado de Barcelona e algunhas partes de Europa entrara xa con forza a arte románica, acompañada das novas teorías e tendencias cara á liturxia romana, aconsellada desde Roma polo papa Urbano II.[2] Nas rexións leonesa e castelá a Igrexa católica practicaba unha liturxia que se xestou e definiu nos Concilios de Toledo. O mesmo sucedía nos mosteiros, cuxos monxes seguían as regras dos pais da Igrexa hispanogoda, aínda cando todos eles, clérigos e monxes, recoñecían a autoridade do papa en Roma e sentíanse tan cristiáns como o resto de Europa.[3] Tamén os mosteiros ían cambiar pois o que se pretendía era seguir en todos eles a Regra de san Bieito.[4]
O feito de que o Reino de León e máis tarde o Reino de Castela estivesen inmersos nas loitas da Reconquista, condicionaba un tanto a forma de pensar e de actuar, e isto estendíase de maneira práctica á arte da construción e da ornamentación, que se mantivo fiel ó pasado e ó recordo dos seus antepasados próximos: os visigodos.[3]
Historia e evolución do edificio |
A igrexa e mosteiro do que hoxe se coñece como basílica de Santo Isidoro, tivo as súas orixes cara ó ano 956, nun soar contiguo á muralla romana da Legio VII Gemina, pola parte do noroeste. Toda a parte occidental do edificio está encostada e superposta a ela. Consérvanse en bo estado por este ángulo do noroeste bastantes metros da devandita fortaleza. Tamén se puideron detectar baixo os edificios da colexiata, e tras as obras de restauración, importantes vestixios romanos: grosos muros de ladrillo, sumidoiros, cerámica, tégulas, tubaxes de latrinas (conduto por onde as augas da casa van ó sumidoiro), co selo da Legio VII.[5]
Do período visigodo non queda nin un resto e do período árabe, tampouco, nin dos primeiros tempos da Reconquista. As primeiras referencias en crónicas e documentos aparecen a mediados do século X, dando noticia das igrexas de san Xoán e san Paio, que por aquelas datas empezan a desenvolverse.[5]
O rei Sancho I de León (Sancho o Craso) quixo que se edificase esta igrexa. Ó longo dos séculos e até chegar ó século XXI foi transformándose física e espiritualmente sufrindo épocas de grande esplendor e épocas de auténtica decadencia. Velaquí as distintas fases polas que pasou; son fases con moita carga histórica nas que se fixo notar en gran medida a influencia dos sucesivos reis e a súa contorna familiar.[6]
A igrexa de Sancho I o Craso |
- Véxase tamén: Mosteiro de san Paio (Oviedo).
Reinando Sancho I (chamado o Craso, fillo de Ramiro II) aparecen no ano 956 as primeiras noticias documentadas sobre este edificio.[nota 1] A intención deste rei foi construír un templo para albergar as reliquias de Paio, o neno martirizado en Córdoba no ano 925, cuxa fama se estendeu pronto por toda a cristiandade europea. Fixo as xestións oportunas coa corte cordobesa (da que fora hóspede) para o traslado do corpo, pero non viu realizado o seu empeño porque foi asasinado antes.[Cómpre referencia]
A súa irmá Elvira Ramírez (monxa e rexente do seu sobriño Ramiro III) xunto con Teresa Ansúrez, raíña nai, viúva de Sancho I, conseguiron realizar o proxecto, así que os restos de Paio foron trasladados desde Córdoba a León.[7] En Turinxia a monxa alemá beneditina Hrotsvita dedicoulle un poema:[8]
Incliti Pelagi Martir fortisimi Christi
Et bone regnantis miles per secula regis
Respice Hrotsvitham miti pietate misellam?
Elvira Ramírez era monxa en San Salvador de Palat del Rey, un mosteiro fundado polo seu pai o rei Ramiro II, construído xunto ó seu palacio, exclusivo para mulleres da realeza. Elvira e a súa comunidade mudáronse ó novo templo de san Paio, aquel que se acababa de construír para recibir as reliquias do mártir. Foi levantado este templo xunto a outro pequeno e moi antigo (coñecido como o antiquísimo) que estaba dedicado a san Xoán Bautista.[nota 2] Elvira e a comunidade trasladada serviron tanto nun templo como no outro.[10]
A vida desta comunidade monástica durou tan só 20 anos neste lugar. No reinado de Bermudo II o Gotoso (982-999), León sufriu o ataque e devastación de Almanzor (no 988), quedando arrasadas as dúas pequenas igrexas, san Xoán Bautista e san Paio. Por entón a primeira abadesa Elvira xa morrera, sucedéndoa Teresa Ansúrez, raíña viúva que, ó ter noticia das inminentes razzias de Almanzor, ocupouse (xunto coa comunidade) de levar o corpo de Paio á cidade de Oviedo para preservar as reliquias.[11]
Infantado de san Paio |
- Artigo principal: Infantado de san Paio.
- Véxase tamén: Infantado de Covarrubias.
O Infantado foi unha soada institución medieval de mediados do século X, establecida a favor das infantas solteiras que vivían como relixiosas nos mosteiros; ditas infantas chegaron a rexer gran cantidade de cenobios achegando como dote poboados e propiedades varias.[Cómpre referencia]
Estas infantas solteiras leonesas ostentaron o título de Dominas ou Abadesas. O Infantado de León tivo o seu comezo no mosteiro de Palat del Rey, creado polo rei Ramiro II para a súa filla Elvira. Ó trasladarse a comunidade de Palat del Rey ó mosteiro de san Paio (aínda non se chamaba santo Isidoro), a institución tomou o nome de Infantado de san Paio. Unha comunidade de cóengos atendía as monxas en calidade de capeláns, sempre baixo a autoridade da abadesa ou domina.[7]
Tamén a mediados do século X instaurouse en Covarrubias o Infantado de Covarrubias, para as infantas da realeza e para as fillas dos condes de Castela que ostentaban igualmente o título de Infantas.[12]
A igrexa de Afonso V o Nobre |
Afonso V (o Nobre), rei leonés desde 999 a 1028, tralo paso arrasador de Almanzor pola cidade de León mandou reconstruír moitos edificios, entre eles o mosteiro de san Paio e a igrexa de san Xoán Bautista.[nota 3]
Foi construída esta igrexa con materiais pobres (segundo di o cronista bispo Lucas de Tui, ex loito et latere, é dicir, de tapial e ladrillo), con planta tradicional, un testeiro tripartito, recto, e con dous cemiterios para a xente de alto rango: un á cabeceira para bispos e algúns reis que xacían en León, sobre o que se construíu un altar a Martiño de Tours; outro ós pés (in occidentali parte), como un adro sen cubrir, dedicado a enterramento rexio, onde puxo os corpos dos seus pais Bermudo II e Elvira García, e onde el mesmo foi enterrado. Sobre a súa tumba hai un epitafio que di que edificou a igrexa de san Xoán de barro e ladrillos. Esta é a igrexa que se coñece como igrexa antiga e que debeu ser de proporcións moi pequenas.[14]
Lucas de Tuy, chamado o Tudense,[15] di:
Reorganizouse de novo a comunidade de monxas e a comunidade de cóengos, todos baixo o mandato da nova abadesa Teresa, irmá de Afonso V. En 1028 viaxou até Oviedo para vivir definitivamente no mosteiro de san Paio desta cidade asturiana e estar preto das reliquias do mártir. Alí morreu e foi enterrada.[Cómpre referencia]
A igrexa románica de Fernando I e a súa esposa Sancha |
Sancha de León, filla de Afonso V, foi abadesa do mosteiro de san Paio desde moi nova. Xunto co seu esposo Fernando foron reis de León desde 1037. Sancha influíu notablemente no rei Fernando para levar a cabo unha edificación en pedra da igrexa de san Xoán Bautista, convencéndoo ademais para que o seu enterramento tivese lugar neste templo e non no mosteiro de Arlanza, nin no mosteiro de Oña, dúas posibilidades que o rei barallaba. O proxecto levouno a cabo mandando derrubar a humilde igrexa anterior de Afonso V e construíndo no seu lugar un templo con boa pedra labrada, segundo faise saber nas crónicas.[nota 4] Non foi un templo grande e aberto ós fieis senón unha pequena igrexa palatina para uso dos seus mecenas Fernando e Sancha, que vivían no seu palacio situado xunto ó mosteiro dobre (cunha comunidade de monxas e outra de cóengos como xa se explicou).[16]
Reconstruíron tamén o espazo dedicado a Panteón de Reis. Así consta na lápida de consagración e así o testemuña o cronista da época coñecido co nome de Silense que foi ademais clérigo de Santo Isidoro. No cemiterio dos pés da igrexa (o actual Panteón de Reis) foron enterrados estes reis fundadores: Fernando, Sancha e tres dos seus fillos: Urraca, Elvira e García. Está tamén o cenotafio do último conde de Castela, don García. O epitafio de Fernando I morto en 1065 di así:
Para engrandecer a igrexa e segundo o costume da época era necesario contar con importantes reliquias, polo que fixeron traer en 1062 desde Sevilla o corpo de santo Isidoro e desde o mosteiro de Arlanza as reliquias de san Vicente de Ávila que se gardaban alí por mor das razzias de Almanzor. Contaban tamén desde antigo coa mandíbula que se dicía era de san Xoán Bautista.[17]
O 21 de decembro de 1063 consagrouse esta nova igrexa baixo a advocación de santo Isidoro, ofrecendo unha solemne cerimonia, e os monarcas dotaron o lugar dun importante enxoval sacro, que desde o punto de vista da arte constitúe unha verdadeira xoia do románico daqueles tempos. Desde esta consagración a dedicación do templo foi en exclusiva a santo Isidoro.[nota 5]
Mantiveron os reis unha absoluta protección ó templo, acudindo a el en todas as ocasións propicias. Os cronistas escriben mesmo sobre as emocionantes escenas de Fernando I acudindo ó templo nos momentos finais da súa vida.[18] Dotárona de reliquias insignes e de obxectos de ourivaría, enriquecérona con tesouros, así como enriqueceron o mosteiro cun vasto patrimonio.
O edificio románico |
Esta foi a primeira igrexa románica que se levantou no Reino de León seguindo as modernas correntes deste estilo.[19]
O edificio románico de Fernando I e Sancha era de dimensións reducidas: 16 metros de longo, con tres naves, a central de tres metros de ancho e preto de 2 metros as laterais. De grande altura: 12 metros a central, 7 as laterais. A cabeceira era tripartita con testeiros rectos e graduados cubertos con bóveda de medio canón. Non tiña cruceiro.
Edificaron o panteón rexio ós pés, ó que se accedía desde o interior da igrexa a través dunha porta que aínda existe e que está condenada. Os seus muros —segundo consta polas escavacións— estaban aliñados cos das naves da igrexa. Foi un espazo pechado, con dúas alturas, a de abaixo para enterramento e a de arriba dedicada a tribuna real.
Desta fase de construción pervive o panteón, unha portada ou porta con capiteis esculpidos que está na planta superior do panteón, entre os actuais arquivo e tesouro, a tribuna real, os dous pórticos encostados e os dous primeiros corpos da torre. Tamén os muros norte e occidental, que foron incorporados á seguinte edificación de Urraca a Zamorana. En 1908 o conservador e arquitecto Juan Nepomuceno Torbado, ó facer unhas restauracións, puxo ó descuberto a planta antiga e os cimentos desta igrexa; anos máis tarde, nos traballos de colocación do chan de 1971 puido contemplarse de novo o trazado da devandita planta e o seu estudo correu a cargo do Instituto Arqueolóxico Alemán de Madrid, cuxas escavacións foron dirixidas polo profesor Williams.[20]
Restauración e ampliación da infanta Urraca |
A igrexa de Urraca a Zamorana é o edificio do século XII que se pode ver aínda no século XXI. As tres portas do románico pleno, porta do Cordeiro, Porta do Perdón e Porta Norte, foron feitas neste espazo de tempo. Tamén fixo cambios no Panteón real, unha estancia que xa existía pechada e como cemiterio en tempos dos seus pais.[21]
A infanta Urraca Fernández de Zamora, solteira, era tamén dómina do Infantado de san Paio e ostentaba o señorío dos mosteiros do reino cuxa cabeza era o de santo Isidoro de León.[22] Á morte da súa nai Sancha en 1067 herdou o patrocinio e mantemento do templo. Mandou facer moitas obras de ampliación e así consta no seu epitafio de 1101:[23]
A partir destas reformas empezou a coñecerse o templo como igrexa nova. A infanta Urraca mandou facer a decoración pictórica do panteón e doou moitos máis tesouros entre os que se conserva o soado cáliz.[24]
Non logrou ver terminadas as obras que pola contra concluíron Afonso VII e a irmá deste, Sancha, tamén dómina do Infantado.[Cómpre referencia]
Descoñécese o nome do arquitecto que realizou estas obras. A ampliación foi feita sobre todo pola parte meridional e oriental, dobrando as dimensións e engadindo o brazo do cruceiro. Iniciouse coa construción dunha nova cabeceira uns metros máis cara ó leste sen destruír a obra de Fernando e Sancha, avanzando cara ós pés onde se atopaban co límite do panteón e as galerías ó oeste e ó norte. Ó chegar á cabeceira da igrexa antiga e ó proxectar a súa destrución, respectaron os muros norte e occidente, o que condicionou a anchura das naves laterais que tiveron que ser máis estreitas que a extensión das novas ábsidas. Paráronse as obras durante uns anos á altura das xanelas da nave maior, sen que se coñezan moi ben as razóns.[23]
Entrado o século XII renováronse as obras dirixidas esta vez polo arquitecto Pedro Deustamben que tamén traballara antes da morte da Infanta Urraca. É de supor que as naves ían cubrirse con teitume de madeira, pero este novo arquitecto optou por rematar a nave central, elevada a grande altura, cunha bóveda de canón e proporcionoulle luz directa con ventás.[25] En xeral as obras realizadas por este arquitecto foron dunha grande audacia sen resultados demasiados satisfactorios, cuxas consecuencias foron: deformación de todo o construído, fendedura ó longo da bóveda alta, inclinación dos muros cara a fóra e ameaza de ruína. Todos estes defectos non se manifestaron desde o principio senón que foron acentuándose e corrixíndose a través dos séculos, até chegar ás obras do século XXI en que tivo lugar unha importante e definitiva restauración.[26]
Afonso VII e a súa irmá Sancha. Fin das obras |
Afonso VII e a súa irmá Sancha Raimúndez, dómina do Infantado de san Paio, ámbolos dous fillos de Urraca e Raimundo de Borgoña, concluíron as obras iniciadas pola súa tía avoa Urraca e consagraron a igrexa solemnemente o seis de marzo de 1149.[nota 6][27]
A infanta Sancha restaurou a vida monástica e ela mesma profesou no mosteiro. Na localidade leonesa de Carbajal de la Legua existía unha comunidade de cóengos regulares de santo Agostiño. A infanta Sancha en 1148 quixo que dita comunidade se trasladara a León para poñerse a fronte do mosteiro ó mesmo tempo que a comunidade de monxas era enviada a Carbajal; é dicir, fíxose unha permuta. Foi nesta nova etapa cando o mosteiro foi elevado á categoría de abadía dependente directamente de Roma.[28]
A igrexa en tempos de Fernando II |
- Véxase tamén: Cortes de León de 1188.
Fernando II, rei desde 1157 a 1188, segundo fillo de Afonso VII, fundador das ordes militares de Santiago e Alcántara, conseguiu do papa Alexandre III que se nomease ó mosteiro e a súa igrexa como dignidade de abadía, cunha serie de privilexios entre os que se atopaba a exención de toda xurisdición episcopal baixo o título de Filla predilecta da Igrexa Romana. Nesta nova categoría tivo como primeiro abade a Menendo que a dirixiu desde 1156 a 1167. En total pasaron pola abadía 66 abades, até o seu final en marzo de 2003.[nota 7][29]
Reformas dos séculos XV e XVI |
Ademais das grandes reformas feitas durante o período románico, o complexo arquitectónico de Santo Isidoro sufriu obras parciais, modificacións mandadas facer por diversos personaxes para a súa propia gloria e conveniencia nuns casos ou para a mellora xeral noutros. No século XV o abade Simón Álvarez mandou encaixar a tribuna gótica entre a tres primeiras arcadas da nave.[6]
O pai Juan de Cusanza (alias Juan de León) mandou construír a capela gótica de san Martín e mandou derrubar a capela maior románica para construír a actual, cuxos traballos comezaron en 1513 a cargo do arquitecto Juan de Badajoz el Viejo.[30]Pedro Suárez de Quiñones, comendador de santo Isidoro e gobernador da provincia transformou a sala capitular para construír a súa propia capela fúnebre.
En 1534 o propio capítulo da colexiata transformou a tribuna real adornándoa con pinturas murais para convertela en nova sala capitular. Ese mesmo ano Juán de Badajoz el Mozo demoleu os palacios reais románicos e no seu lugar construíu a biblioteca coa primeira bóveda elíptica do Renacemento español, para cuxo acceso deseñou unha porta renacentista que comunicou coa antiga tribuna románica transformada en sala capitular.[31]
O arcebispo Fonseca, Juan Rodríguez, que foi abade de Santo Isidoro desde 1519 a 1524, mandou construír o claustro gótico —que foi chamado claustro de Fonseca—, emparedando tras un muro a antiga galería románica do século XI. En 1574 o arquitecto Juan Ribero de Rada fixo a escaleira prioral principal do claustro, un dos mellores exemplos do clasicismo español.[30]
Séculos XIX e XX |
O século XIX foi o peor na historia deste edificio. Nos primeiros anos sufriu a ocupación das tropas francesas coa subseguinte espoliación. As estancias e capelas convertéronse en cuartel, palleira e cortellos. Cando chegou a hora da retirada, as tropas incendiaron a igrexa. Anos despois chegou a desamortización de Mendizábal (1835) e como consecuencia houbo novos espolios e saqueos. Suprimiuse a comunidade, que foi restablecida o 25 de maio de 1851 polo concordato e a bula Inter Plurima do papa Pío IX. Pero a restauración e a posta en marcha non tiveron lugar até 1894, cos arquitectos Lazar e Torbado, cuxo traballo durou até 1920. En 1936 o complexo volveu albergar tropas militares. Pasada a guerra civil española, obtivo en 1942 o título de Basílica menor concedido por Pío XII.[32]
En 1956 non só había unha seria deterioración física senón tamén no que respecta á comunidade relixiosa. A decadencia do cabido regular a mediados do século XX foi tal que a institución estivo a piques de desaparecer. Só quedaban o abade e tres cóengos anciáns, en estado de pobreza total e sen esperanza de renovación con novas vocacións.[33] O bispo de León, Luís Almarcha fíxose cargo da situación enviando unha delegación a Roma ante o papa Pío XII, para explicar os feitos e recibir algunha solución. Tras un concienciudo estudo das condicións expostas xurdiu a proposta de secularizar o cabido regular de Santo Isidoro, transformándoo en Instituto Secular e así se fixo o 6 de marzo de 1956, separando ademais os cargos de abade e prior. O cargo de abade quedaría como presidente do cabido secularizado e o cargo de prior como superior trienal da comunidade. Ó mesmo tempo, o bispo da diocese asumiu cargos especiais sendo nomeado superior maior do cabido regular. Outros cóengos serían os encargados de restaurar e manter o culto na basílica de Santo Isidoro, interrompido desde facía anos.[32]
Descrición do edificio |
O edificio actual ten tres naves e planta de cruz latina. A ábsida central é do século XVI, hispano-flamenga; substituíu o románico, cuxa planta pode verse porque, por mor das escavacións, deixouse unha marca trazada no chan da capela maior. As ábsidas laterais son románicas con bóveda de forno. A pesar das ampliacións e reconstrucións da época da infanta Urraca e o arquitecto Deustamben, o resultado final é harmonioso. As modificacións tiveron que adaptarse ó anterior edificio de Fernando e Sancha, polo que as súas ábsidas non teñen a mesma anchura nin o mesmo eixo que as naves.[Cómpre referencia]
A nave central é de grande altura e está cuberta con bóveda de canón (como o tramo recto da ábsida e o cruceiro) mentres que as laterais teñen bóveda de aresta. Os arcos de separación das naves teñen un peralte moi acusado; os do cruceiro son polilobulados, detalle de supervivencia da época mozárabe.[34]
Nave lateral.
Ábsida lateral románico con bóveda de forno.
Arco peraltado.
Arco lobulado do cruceiro.
Exterior do edificio |
Só se poden ver desde fóra a fachada meridional e a ábsida meridional. O resto do edificio está rodeado por outras construcións e a parte de poñente está oculta pola muralla (fóra da torre). Desde o exterior aprécianse as tres alturas das naves. A cornixa da nave central é axadrezada e apóiase en modillóns de influencia mozárabe. As dúas portadas románicas corresponden a esta fachada. A máis antiga é a do Cordeiro e a máis moderna, a do Perdón. Son dous exemplos do románico pleno, o máis antigo que se construíu no reino de León.[27]
Porta do Cordeiro |
Está dividida en dous corpos: o superior composto por peite barroco e rematado con Santo Isidoro dacabalo.
Na portada propiamente dita hai dúas arquivoltas de medio punto con molduras de baquetón sobre columnas. Unha terceira arquivolta doelada descansa sobre xambas, rodeada de moldura axadrezada. Entre as arquivoltas hai tres molduras con enrolamentos e palmetas. As columnas están acobadadas e teñen bases áticas sobre plintos moi altos (que non son os orixinais). Os capiteis presentan figuras humanas con garras en lugar de pés e mans, personaxes alados, en crequenas e entre vexetais.[35]
Tímpano do Cordeiro |
É o primeiro tímpano coñecido do Reino de León, contendo diversas escenas.[21] Pertence ó románico pleno do século XI. Está esculpido en mármore branco e apóiase en xambas que están rematadas por cabezas de carneiro.
Represéntase o Sacrificio de Isaac co cordeiro místico suxeito por dous anxos, e a ambos os dous lados outros dous anxos portadores dos símbolos da Paixón de Cristo. Na Hispania mozárabe era moi común representar a escena do sacrificio de Isaac en lugar de Cristo crucificado.[36] Á dereita vese a Sara na porta da tenda e os dous serventes que tomou Abraham como compañía, un montado dacabalo e outro que se descalza respectuosamente porque vai pisar un lugar sacro. Isaac está tamén descalzo e poden verse as súas sandalias no chan.[36]
Abraham, tamén descalzo, escoita a voz que chega desde o ceo, simbolizada na Dextera Domini. O cordeiro do sacrificio está nunha matogueira e detrás del hai un anxo que fala. É unha representación que concorda co texto da Xénese, exceptuando a figura de Sara. No lado da esquerda hai outras dúas figuras da Xénese: Ismael e a súa nai Agar. Ismael está representado como tirador de arco:
Estas representacións de Ismael con Agar só se dan na Hispania do século XI.[37]
Todo o relevo está executado en pedra procedente da rexión. Nas enxuntas do arco hai relevos e figuras en mármore reutilizadas que talvez procedan da igrexa de Fernando e Sancha. Non corresponden ó espazo en que están colocadas e hai nelas incoherencia e desorde. Crese que estiveron dispostas doutra maneira e que ó restaurar a porta se moveron esquecendo o seu primitivo lugar. Por iso a estatua do mártir Paio ten un libro que correspondería á estatua de santo Isidoro, a cuxo costado se implantou un verdugo co coitelo, correspondente en realidade a Paio. Santo Isidoro ten xunto á cabeza a inscrición Isidorus. No museo de san Marcos hai outra estatua compañeira desta que corresponde a san Vicente de Ávila, cuxas reliquias se trouxeron tamén en 1063.[38]
Por encima de santo Isidoro están os relevos de David e cinco músicos, máis un violinista dentro de círculos concéntricos. Sobre Paio hai outro violinista igual, máis un tamborileiro.[35]
Por encima destes personaxes hai un friso interrompido pola rosca externa da arquivolta que representa os símbolos do zodíaco ordenado de dereita a esquerda. Foron identificados cos seus nomes, unhas inscricións con caracteres da segunda metade do século XI das que aínda quedan algunhas fóra de lugar. Tamén estes relevos foron aproveitados da igrexa anterior.[35]
Estatua de santo Isidoro a cuxo costado se implantou un verdugo co coitelo, correspondente en realidade a Paio.
Relevos de David e cinco músicos máis un violinista dentro de círculos concéntricos. Sobre estes personaxes hai un friso interrompido pola rosca externa da arquivolta que representa os símbolos do zodíaco.
Violinista máis un tamborileiro. Continuación do Zodíaco.
Estatua do mártir Paio na enxunta, á dereita.
Segundo corpo da portada cun grande escudo e santo Isidoro dacabalo.
Esta portada ten un segundo corpo a modo de peite levantado no século XVIII, obra dos artistas de apelido Valladolid. Contén o escudo real e remátao Santo Isidoro dacabalo, seguindo a lenda do estandarte real de Baeza (ou pendón de Baeza) que se exhibe no museo.[Cómpre referencia]
Porta do Perdón |
Chámase así porque era a porta por onde entraban os peregrinos que ían facendo o Camiño de Santiago, para conseguir nesta igrexa as indulxencias correspondentes e o perdón dos pecados.[39]
Ábrese na fachada sur do cruceiro. Pertence á época do románico pleno, e os seus relevos están atribuídos ó Mestre Estevo, que traballou nas catedrais de Pamplona e de Santiago de Compostela. A súa execución é posterior á Porta do Cordeiro. O mestre Estevo esculpiu por primeira vez unha serie de temas evanxélicos que serían reproducidos despois na portada da catedral de Compostela, na catedral de Santa María la Real de Pamplona e na de Tolosa.[39]
Unha cornixa axadrezada divide esta fachada en dous corpos. No corpo superior hai tres grandes arcos de medio punto, sendo cegos os dous laterais. As columnas do centro son xeminadas e as súas bases son áticas, de garras. A ventá central está pechada por unha reixa románica. O corpo inferior está ocupado pola portada propiamente dita.[40]
A ventá central está pechada por unha reixa románica.
Unha cornixa axadrezada divide esta fachada en dous corpos.
Tímpano do Perdón |
O tímpano está dividido en tres dovelas que mostran tres relevos diferentes con temas que xa están lonxe de toda influencia mozárabe e que artistas anteriores nunca se atreveron a tratar.[41] Con todo nas enxuntas si se mostra unha reminiscencia mozárabe, non polo tema senón pola posición que se dá as esculturas de san Pedro e san Paulo; a san Paulo concédeselle o lugar da dereita (esquerda do espectador, dereita da porta), o preferente, costume moi hispánica que tamén pode verse en Silos. San Paulo naquela época era moi venerado en España onde aínda se seguía a liturxia hispánica ou mozárabe.[41]
As tres escenas son: Ascensión, Descendemento e Sepulcro baleiro que contemplan as tres Marías. As arquivoltas son de moldura en bocel, moi peraltadas, con columnas acobadadas. Todo está rodeado dunha moldura axadrezada. O lintel apóiase sobre cabezas de león e de can.
A escena da esquerda, a Ascensión de Cristo, chama moito a atención pola forma en que está tratado o tema, xa que parece que Cristo é axudado ou empuxado cara ós ceos polos dous Apóstolos. Polo nimbo de Cristo vese a inscrición:
No centro represéntase a escena do Descendemento, de gran realismo, acompañada por dous anxos turiferarios (que portan incensarios) sobre o brazo horizontal da cruz.
Á dereita vense as tres Marías ante o sepulcro baleiro acubillado nun arco románico peraltado. Un anxo desenvolve grandes ás que resgardan todo o conxunto.
Estes temas expresados polo mestre Estevo foron moi estendidos polos escultores do Camiño de Santiago, que ó seu regreso o levaron a Francia nunha cronoloxía posterior.[42][nota 8]
Porta norte ou Capitular |
Fíxose na parte setentrional do cruceiro. No século XII daba paso á sala capitular no claustro. Máis tarde ó converterse esta sala en capela dos Quiñones clausurouse pola parte da igrexa e deixouse a porta sen uso e só visible desde a devandita capela.É semellante á do Cordeiro pero co tímpano liso, que noutro tempo estivo pintado e que na súa orixe estaría esculpido como as outras dúas portas. Consta de dúas arquivoltas de medio punto cuxos arcos teñen moldura de baquetón, que descansan sobre columnas de fuste monolítico. Tanto na rosca exterior como na interior leva ornamentación de axadrezado ó estilo de Jaca e de Frómista.[43]
Son de destacar os capiteis, en especial o que representa a unha muller espida, agachada, seguida por outra muller tamén espida que leva unha serpe na man. No mesmo capitel hai outra serpe mordendo un home vestido. Ademais de chamar a atención polo simbolismo que encerra, trátase dun perfecto traballo de escultor clasicista e naturalista que pode verse nalgúns capiteis de Jaca e de Frómista. Atribúese o traballo ó escultor Leodegarius, coñecido como o mestre das serpes.[31]
Interior do edificio |
O interior sorprende o visitante pola súa intensa luminosidade debido á gran cantidade de amplas ventás da nave central e do cruceiro sur. Posúe unha rica decoración en impostas de axadrezado, motivo que se ve tanto en paramentos rectos como curvos. Tamén os capiteis son ricos e numerosos.[44]
Capela maior |
A capela maior data do século XVI, e a súa arquitectura atribúese a Juán de Badaxoz O Vello. O pai Juan de Cusanza (alias Juan de León) encargou as obras no ano 1513, substituíndo a antiga capela románica da infanta Urraca pola actual gótica. En 1971 fíxose un labor de limpeza e de restauración do chan, que se atopaba moi deteriorado. Con ese motivo saíron outra vez á vista os cimentos da planta románica que o arquitecto Torbado descubrira no seu labor de escavación, e seguindo o seu trazado fíxose un debuxo no chan para que se puidese ver facilmente. A capela está cuberta por bóveda de cruzaría con terceletes.[Cómpre referencia]
O retablo de factura aínda gótica procede da parroquia de Pozuelo de la Orden (Valladolid) e foi trasladado a Santo Isidoro en 1920, ano en que esta localidade pertencía ó bispado de León. Foi labrado entre 1525 e 1530, contando coa participación nos labores de talla e ensamblado dun mestre chamado Giralte, quizais Giralte de Bruxelas, e consta de vinte e catro táboas de pintura, atribuídas por Chandler R. Post a un Mestre de Pozuelo, cabeza de serie dun amplo número de obras cuxo centro xeográfico se sitúa na cidade zamorana de Toro.[45][46][47] A documentación achada posteriormente permitiu precisar que os traballos de pintura se repartiron entre Lorenzo de Ávila, seguidor de Juan de Borgoña e afincado en Toro, a quen se podería identificar co Mestre de Pozuelo creado por Post, e dous pintores veciños de Valladolid: Antonio Vázquez, tamén seguidor de Borgoña, e Andrés de Melgar, oficial de Alonso Berruguete, a quen por tal motivo se atribúen algunhas das táboas máis avanzadas estilisticamente.[48]
A custodia é de prata, do artista M. García Crespo, e garda a hostia consagrada exposta día e noite por privilexio papal moi antigo, que comparte coa catedral de Lugo. Baixo a custodia e en lugar preferente áchase a urna neoclásica que conserva os restos de santo Isidoro, obra que o prateiro leonés Antonio Rebollo realizou en 1847.[Cómpre referencia]
Capela da Trindade ou de san Martiño |
O cóengo isidoriano san Martiño mandou construír cara a 1191 detrás da ábsida norte unha capela destinada a gardar o depósito de reliquias acumuladas ó longo das súas viaxes e que servise tamén como cemiterio común dos cóengos.[49] A capela era pequena, de planta rectangular e cabeceira semicircular, e construída con materiais moi pobres con aparello de ladrillo. Chamouse capela da Santísima Trindade. Fíxose unha portada de medio punto no muro norte.[47]
No século XVI transformouse esta capela en estilo hispano-flamengo, pasando a chamarse capela de san Martiño. O retablo é do século XVII, do tracista e ensamblador Pedro Margotedo, e leva a imaxe do titular. Alí atópase a urna cos restos do santo.[50]
Coro |
O coro alto ós pés é da primeira metade do século XV —estilo gótico—, de tempos do abade Simón Álvarez, cuxo escudo de armas está nunha das claves.[49]
Outras dependencias |
Panteón real |
- Artigo principal: Panteón dos Reis de León.
A orixe data dos tempos do rei Afonso V o Nobre que tras o paso de Almanzor fixo levantar de novo a igrexa con pobres materiais e dotouna de dous cemiterios, un na cabeceira e outro nos pés (in occidentali parte), como un adro sen cubrir, dedicándoo a enterramento rexio; alí depositou os corpos dos seus pais Bermudo II e Elvira. Fernando I e Sancha reconstruíron tamén este panteón, sendo eles mesmos enterrados nel. Así consta na lápida de consagración e así o testemuña o cronista da época coñecido co nome de Silense que foi ademais clérigo de Santo Isidoro. A historiografía moderna atribúe o resultado final (que se contempla no presente) á infanta Urraca a Zamorana, filla de Fernando I e Sancha.[51]
Foi un espazo cadrado delimitado polo muro occidental da igrexa que tiña unha porta de entrada ó templo que foi cegada a comezos do XII con motivo das novas obras de ampliación. Abriuse en compensación outra porta no ángulo sur oriental. Este espazo estivo pechado polo sur cun muro medianeiro cos palacios reais. A cámara ten pouca altura o que lle dá un falso aspecto de cripta sen selo. Cando se pechou a primitiva porta de acceso ó templo, quedou unha zona que se converteu en altar dedicado a santa Catarina de Alexandría e toda a estancia tomou o nome de capela de Santa Catalina. Na documentación da época pode verse este nome, alternando con capela dos Reis.[52]
É un cuadrilátero dividido en seis tramos mediante columnas centrais. A estrutura é abovedada e está recuberta de pinturas. O tema pictórico corresponde á segunda metade do século XII; sobre fondo branco recórtase en trazos negros toda a temática e énchense os fondos con ocres, amarelos, vermellos e agrisados.
Son moi importantes os capiteis. Hainos con tema vexetal de tradición hispánica mentres que os historiados de tema simbólico parecen de influencia foránea. Son significativos os temas bíblicos pois foron unha primicia do románico.
Tribuna |
Segundo a tradición, a tribuna real era un palco para uso exclusivo da raíña Sancha, esposa do rei Fernando. No século XII foi reformada, converténdose en dependencia do palacio da infanta Sancha Raimúndez, e máis tarde, a finais dese mesmo século, o cóengo isidoriano santo Martiño converteuna en capela de Santa Cruz, e alí tivo o seu propio escritorio de traballo. No século XVI pasou a ser sala capitular, e desde 1962 alberga o museo de ourivaría, sendo tamén coñecida como Cámara de dona Sancha.[53]
O espazo está situado sobre o panteón e o pórtico occidental, compartindo os seus muros e comunicado con eles por unha escaleira de caracol. Consta de dous corpos rectangulares cubertos por bóveda de canón. No muro oriental (que é o occidental da igrexa) hai unha portada de arco de medio punto dobrado e lixeiramente peraltado, que se apea sobre parellas de columnas con capiteis historiados. O seu van está pechado, e no seu lugar erixiuse un altar. No século XVI foi convertida esta estancia en sala capitular, cando na sala capitular antiga se estableceu a capela da familia Quiñones. As pinturas murais que aínda quedan son desta época. Desde 1982 é sede do museo ou Tesouro Capitular, con pezas románicas moi valiosas.[54]
Museo |
O museo chamado tamén tesouro está situado na tribuna descrita anteriormente. Tamén se exhiben obxectos nas distintas capelas do claustro procesional. Algúns destes tesouros foron encargos dos reis Fernando e Sancha para engrandecer a igrexa que eles mandaran construír. Dotárona dun importante enxoval litúrxico, aínda que moitas destas obras de arte perdéronse nos avatares sufridos a través dos séculos e outras se atopan custodiadas en museos alleos á colexiata.[47] Algunhas destas pezas son:[55]
Arqueta de santo Isidoro. Forrada con chapas de prata e realizada cara a 1065. Durante 900 anos gardou o corpo do santo. Foi moi deteriorada en 1808.
Arca dos marfiles. Alí gardáronse os restos de Paio e de san Xoán Bautista. Datada do ano 1059. En madeira, con 25 marfís incrustados.
Portapaz de marfil.- Marfil escandinavo. Representa un dragón repregado sobre si mesmo. Obra do século X.
Cáliz de dona Urraca de 1100.- Arca dos esmaltes con representación da crucifixión e pantocrátor.
- Colección de teas: Dúas estolas do século XII, 1197 e 1198, tecidas por Leonor de Plantagenet. Fragmentos de teas persas e árabes. Ternos renacentistas.
Lignum Crucis, ostensorios e relicarios.- Cruz de altar de Enrique de Arfe.
- Tríptico renacentista coa representación da Anunciación, Visitación, Adoración dos Reis e Calvario. Nos batentes está o tema das Once Mil Virxes, e o da aparición da Virxe a san Bernardo. Obra atribuída a Rodríguez Solís.
Pendón de Baeza, do século XIV.[56] É unha das pezas máis importantes do museo. A tradición conta que foi bordado no propio campo do sitio da batalla de Baeza (aínda que tal batalla non existiu, pois a praza rendeuse por capitulación pactada).[56] Representa a santo Isidoro dacabalo con espada e cruz, como conta a lenda que apareceu no campo de batalla. Tema relacionado coas representacións desta época de Santiago e san Millán. Fondo carmesí, coas armas de León e Castela. Ten honras de Capitán Xeral.
Galería |
- Véxase tamén: Arte románica en Castela e León.
Tamén se coñece este espazo como adro ou soportal. Esta galería corresponde á época de Fernando e Sancha, século XI, e foi engadida polo norte e por occidente do panteón, de maneira que a á occidental quedou encaixada entre o espazo do panteón e a muralla, mentres que a á norte estendeuse ó longo do panteón polo seu muro norte e seguiu até o primeiro tramo da igrexa, formando así un ángulo. No século XII ampliouse até atoparse co saínte do cruceiro.[Cómpre referencia]
Os antecedentes dunha galería semellante atópanse en Valdediós e Escalada (finais do século IX e primeiros do X).[57] Pódese considerar este espazo como o primeiro exemplo románico de cantas galerías deste tipo foron construídas despois, sobre todo en terras sorianas e segovianas aínda cando existen dúas diferenzas importantes entre a galería en ele (L) de Santo Isidoro de León e as que foron construídas despois ó longo da xeografía románica, en que se pode apreciar que na maioría dos casos dispuxéronse no muro sur da igrexa e non se cubriron con bóvedas, senón con teitume de madeira.[31]
Cando no primeiro cuarto do século XVI o abade Fonseca mandou construír o claustro de ladrillo (o chamado claustro de Fonseca ou claustro procesional ou claustro principal), esta galería foi tabicada e ocultada pola súa banda norte cun muro de ladrillo bastante groso no que se abriron uns vans á altura do que podería ser un segundo piso. Este muro elevábase de maneira que tapaba tamén a fachada norte da igrexa, cos seus modillóns correspondentes.
Cara ós anos 20 do século XX a galería foi descuberta polo arquitecto Torbado e en 1960 o arquitecto Luís Menéndez-Pidal recuperouna. Ó mesmo tempo, a parte occidental da galería foi tamén tabicada dando paso a un espazo chamado Capela dos Arcos. No século XXI espazo coñecese como Panteón de Infantes, e a el foron trasladados algúns enterramentos de infantes reais e membros da nobreza leonesa.
Nas obras de restauración dos anos 60 do século XX derrubouse o muro de ladrillo quedando ó descuberto bastantes elementos románicos, entre outros a cornixa de canecillos figurando cabezas de lobos, fustes varios e capiteis. Houbo elementos atopados formando parte do recheo do muro. No Museo Arqueolóxico de León gardáronse nalgún momento seis capiteis que foron devoltos para colocalos no seu sitio orixinal. Outros capiteis labráronse de nova factura, imitando os románicos e sinaláronse cunha R. Outra restauración importante foi a bóveda que se refixo con pedra de toba, como fora feita a orixinal.[Cómpre referencia]
Arquivo-biblioteca |
É un edificio independente construído a finais do século XVI por Juan de Badaxoz O mozo, que consta de dúas plantas, situadas sobre o teito do recinto que ocupa o vestíbulo de entrada. Pódese acceder a este espazo desde a escaleira de caracol, construída a un costado do panteón ou desde o claustro alto. A planta primeira é rectangular, dividida en tres tramos, con bóvedas estreladas e con altorrelevos e ventás renacentistas. A cúpula central é ovalada e nas súas pendentes hai catro medallóns coas figuras dos evanxelistas. Por baixo do arranque da bóveda vese unha imposta onde se escribiu con letras douradas unha serie de eloxios destinados a santo Isidoro.[58]
O arquivo contén volumes entre os que poden destacarse 300 incunables, libros raros, 800 documentos en pergamiño, 150 códices e tesouros de documentos hispánicos. Entre todas estas obras poden destacarse algunhas das máis curiosas ou importantes:[59]
Biblia do século X (do 960) mozárabe, do presbítero Sancho con miniaturas de Florencio, escrita no mosteiro de Valeránica —ou Berlangas e Baralangas— (Burgos).- Códice Morais de Job (nº 1 do seu Catálogo), escrito polo monxe Baltario en 951.
- Tres tomos dunha Biblia románica do século XII.
- Dous tomos da obra do san Martiño, século XII, onde se recollen os tratados para a edificación moral dos cóengos. Son edicións con ornamentación moi rica cuxas miniaturas se distinguen polas cores e perfección do debuxo.
Chronicon Mundi, do Tudense, século XV.
A segunda planta está dedicada a taller de restauración bibliográfica e laboratorio fotográfico, ademais de ter a vivenda para o arquiveiro e o secretario.[Cómpre referencia]
Restauración de 1960 |
A sala atopábase bastante ruinosa despois do paso das tropas de Napoleón e máis as desfeitas por mor da Desamortización. Perdéronse os andeis e os remates que eran figuras de alabastro con cartelas onde estaba escrita a ladaíña isidoriana: "Doutor das Españas, Espello da igrexa, Estrela esplendente, Doutor fiel, Lexislador dos hispanos, Pai dos clérigos, Lirio da Igrexa, Esplendor dos sacerdotes, Luceiro rutilante, Fulgor da xustiza". Estas figuras perdidas foron substituídas por tallas de madeira de nogueira, engadindo a ladaíña. Fixéronse andeis de aceiro forrados de nogueira e con reixas douradas. Púxose chan novo de mármore vermello, vigas novas, restauración de ventás e vidreiras e dourouse a imposta que percorre os muros. Separouse o vestíbulo de entrada cun enreixado do reixeiro toledano Julio Pascual. No exterior restaurouse a balaustrada gótica de pedra que rodea o edificio engadindo elementos para o desaugadoiro.[58]
Claustro |
- Artigo principal: Claustro da basílica de Santo Isidoro de León.
O claustro principal construíuse no século XI aproveitando o pórtico ou galería do panteón alargándoa até dar co cruceiro. Foi o claustro románico máis antigo coñecido en España do que só se conserva a parte descrita da galería.[60] O resto do patio son coxías con bóvedas de nervios do século XVI mandado facer polo abade Fonseca. Naquela reforma quedou cegada a galería cun muro de ladrillo que foi demolido a mediados do século XX nas reformas levadas a cabo polo arquitecto Luís Menéndez Pidal. Foi entón cando quedou a galería románica ó descuberto, cos seus canzorros, arcos e capiteis.[61]
A partir do século XVI as distintas capelas do claustro dedicáronse a capelas mortuorias das familias que tomaban o padroado. Despois ocorreron moitos avatares e mesmo destruíronse algunhas partes, pero coa restauración e restablecemento de Luís Menéndez Pidal en 1959, esas estancias volveron tomar relevancia e recuperaron o título co que eran coñecidas.[62] Moitas delas albergan parte do museo da Basílica e outras están dedicadas a outros servizos intelectuais como o antigo refectorio que é hoxe sede da cátedra de Santo Isidoro.
A segunda planta é obra barroca realizada polos arquitectos Compostizo, Pablo de Valladolid e Santiago Velasco.[Cómpre referencia]
Existe un segundo claustro, barroco de 1735, mandado construír polo abade Manuel Rubio Salinas.[30]
Torre |
A chamada Torre do Galo, situada ós pés da igrexa, é obra do século XII.[49] É de planta cadrada e eixo oblicuo respecto ó eixo da igrexa; forma parte da muralla romana de maneira que o primeiro corpo rodea un cubo da mesma. En época de Fernando I os dous primeiros corpos tiveron misión defensiva. No segundo corpo hai unha estancia con bóveda de canón e un arco que se apoia sobre columnas. Accédese a este corpo pola rolda da muralla. Ten claridade grazas a uns pequenos vans en seteira.
O terceiro piso elévase a partir dunha imposta biselada. Ten unha sala abovedada con tres xanelas en cada cara das cales só está aberta a do medio. O cuarto corpo é o de campás, con dous vans en cada cara, de triplo arco de medio punto sobre dúas parellas de columnas. Unha das campás antigas con data de 1086 consérvase no museo. Coróase a torre con chapitel de lousa moderno e un catavento que é o galo famoso, símbolo da cidade de León. É peza moi antiga que estudaron en 2002 profesionais arqueólogos, palinólogos, entomólogos e paleógrafos.[63]
A torre tivo que ser restaurada na segunda metade do século XX baixo a dirección do arquitecto Menéndez Pidal e reparada e consolidada con novas técnicas a principios do século XXI. O segundo piso dedicouse a cámara do Tesouro.[Cómpre referencia]
O galo-catavento |
- Artigo principal: Galo-catavento da basílica de Santo Isidoro de León.
O galo-catavento da torre de Santo Isidoro foi durante séculos o símbolo máis prezado da cidade de León. Fixo sempre as funcións de catavento sen presentar ningún problema. Víase a distancia e non se coñecía a súa historia nin o por que nin cando chegou á torre. Nos primeiros anos do século XXI, ó facer a profunda restauración da torre, desmontouse esta peza coa intención de levar a cabo unha limpeza, pero ó observar o sorprendente que era o obxecto reservouse para podelo estudar ben a fondo. No seu lugar subiuse unha copia que é a que prevalece.[63]
A colexiata no século XXI |
A colexiata móstrase no século XXI en todo o seu esplendor. A igrexa recobrou as súas funcións como tal e todas as demais dependencias abertas ó público están restauradas e perfectamente coidadas.[64] Goza ademais dunha notable vida intelectual.[65]
O recinto pertencente á basílica é moito máis extenso do que o observador pode ver desde a praza de Santo Isidoro. Existen unha serie de edificacións, algunhas moi antigas que por mor das reformas foron recuperadas para a súa utilización. Con este fin rehabilitouse o edificio do século XVI que se atopa fóra do claustro —con xanelas á rúa do Sacramento— para residencia de cóengos que até a data andaban dispersos por outras dependencias.[66] Acomodáronse as dúas plantas da á este do segundo claustro para residencia das relixiosas Discípulas de Jesús onde ademais abriron un colexio de Ensino Primario.[67] Para a Escola Superior de Arte Sacra restauráronse unhas ruínas pertencentes ó antigo palacio abacial.[68] A Escola Taller tivo tamén o seu lugar reservado nos baixos do segundo claustro e a horta contigua.[69]
Notas |
↑ Sancho I reinou por primeira vez entre 956 e 958 e por segunda vez tras Ordoño IV entre 960 e 966. Morreu envelenado a mans do conde de Galicia Gonzalo Menéndez. (RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Justiniano (1987). Sancho I y Ordoño IV, reyes de León, p.103. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 84-00-06510-7. Martínez Diez, 2005, El Condado de Castilla (711-1038): la historia frente a la leyenda, pp. 434-435 Tomo I.)
↑ Este templo de san Xoán Bautista foi fundado probablemente a mediados do século IX, en tempos de Ordoño I (850-866) sobre o soar onde se atopaba un templo romano dedicado a Mercurio. Suponse que sería un templo pequeno, de estilo asturiano, seguindo os esquemas utilizados naquel século. [9]
↑ O profesor Bango Torviso numera de forma arqueolóxica o edificio a partir desta construción á que chama San Isidoro de León I.[13]
↑ Este edificio é o que o profesor Bango Torviso distingue como San Isidoro de León II. (Bango Torviso, 1994, p.63)
↑ Consagrada por Fernando e Sancha o mesmo ano en que Ramiro I ditaba as condicións para levantar a nova catedral de Jaca. (PIJOÁN, José. Historia general del arte, Volume IX, colección Summa Artis)
↑ É a igrexa que Bango Torviso nomearía como San Isidoro de León IV. (Bango Torviso, 1994, p.63)
↑ Os abades levaron o título de benditos e mitrados até 1832. (Viñayo González 2007, p. 8)
↑ Na localidade de Torres del Río, no Camiño de Santiago navarro, poden contemplarse as escenas do Descendemento e do sepulcro baleiro con tres mulleres, moi parecidas a estas. Áchanse nos capiteis do arco que dá paso á ábsida.(Martínez de Aguirre, Javier; Gil Cornet, Leopoldo. Torres del Río. Iglesia del Santo Sepulcro. Navarra: Goberno de Navarra. Colección Panorama número 34. p. 62. ISBN 84-235-2722-0. )
- Referencias
↑ Ficha na páxina web do Ministerio de cultura
↑ Religión y política a fines del siglo XI: La Garcineida (en castelán)
↑ 3,03,1 Bango Torviso 1994, p. 18.
↑ Bango Torviso 1994, p. 20.
↑ 5,05,1 Viñayo González 2002, p. 534.
↑ 6,06,1 Luis María de Lojendio; Abundio Rodríguez (1996). Rutas románicas de Castilla y León/3 (en castelán).
↑ 7,07,1 Viñayo González 2007, p. 7.
↑ Pijoán 1962, p. 107 y 108.
↑ Llamazares 1989, p. 12.
↑ Antonio Viñayo, Op.Cit., p. 7.
↑ Antonio Viñayo, Op.Cit., p.8
↑ Gómez Oña, Francisco Javier (párroco abade de Covarrubias) Covarrubias, cuna de Castilla. Edita o autor, 1983. Depósito legal: VI. 129-1983
↑ Bango Torviso 1994, p. 63.
↑ Viñayo González 1972, p. 34.
↑ Cita mostrada por Antonio Viñayo en San Isidoro de León. Panteón de Reyes, p.7 e en Enciclopedia del románico en Castilla y León, p.37 e 53; este autor extraeuna do Chronicon mundi de Lucas de Tuy.
↑ Martin Therese, Queen as King: Politics and Architectural Propaganda in Twelfth-Century Spain, Leiden, 2006.
↑ Biblioteca del Resumen de Arquitectura. Basílica de san Vicente en Ávila, setembro de 1894. E.M. Repullés e Vargas. Estudos preliminares de J.L. Gutiérrez Robledo
Edición facsímile. Consello de Fábrica de San Vicente, 1997.
↑ Bango Torviso 1994.
↑ Antonio Viñayo, Op.Cit., p. 539.
↑ Viñayo González 1995.
↑ 21,021,1 Viñayo González 2002, p. 561.
↑ Pijoán 1962, p. 113.
↑ 23,023,1 Viñayo González 2002, p. 556.
↑ Real Colegiata de San Isidoro de León en arteguias.com (en castelán)
↑ Bango Torviso Op.cit. Arqueoloxicamente, este edificio sería San Isidoro de León III.
↑ Viñayo González 2002, p. 557.
↑ 27,027,1 Enríquez de Salamanca 1990, p. 50 e ss.
↑ Viñayo González 2002, p. 541.
↑ Viñayo González 2007, p. 8.
↑ 30,030,130,2 Ribera Blanco 1995, p. 314.
↑ 31,031,131,2 Enríquez de Salamanca 1990.
↑ 32,032,1 Viñayo González 1972, p. 40.
↑ Viñayo González 2007, p. 13.
↑ Pijoán 1962.
↑ 35,035,135,2 Enríquez de Salamanca 1990, p. 53.
↑ 36,036,1 Pijoán 1962, p. 115.
↑ Pijoan, José, Op. Cit, p. 115.
↑ Biblioteca del Resumen de Arquitectura. Basílica de San Vicente en Ávila, setembro de 1894. E.M. Repullés y Vargas. Estudos preliminares de J.L. Gutiérrez Robledo
Edición facsímile. Consello de Fábrica de San Vicente 1997
↑ 39,039,1 Enríquez de Salamanca 1990, p. 55.
↑ Viñayo González 2002, p. 563.
↑ 41,041,1 Pijoán 1962, p. 118.
↑ Llamazares 1989, p. 20.
↑ Viñayo González 2002, p. 564.
↑ Enríquez de Salamanca 1990, p. 57.
↑ «En torno al maestro de Pozuelo», Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, Valladolid 1964, páxina 103.
↑ Parrado del Olmo 1998, p. 255-256.
↑ 47,047,147,2 Viñayo González 2002, p. 565.
↑ Parrado del Olmo 1998, p. 259.
↑ 49,049,149,2 Ribera Blanco 1995, p. 313.
↑ Viñayo González 2007, p. 88.
↑ Viñayo González 1995, p. 7.
↑ Viñayo González 1995, p. 8.
↑ Viñayo González 2002, p. 555.
↑ Viñayo González 2007, p. 40-41.
↑ Viñayo González 1969, p. 32.
↑ 56,056,1 Alberto Montaner Frutos, «El pendón de san Isidoro o de Baeza: sustento lengendario y constitución emblemática», Emblemata, 15 (2009), páxs. 29-70. ISSN 1137-1056
↑ Viñayo González, Antonio. Op. cit. p.8.
↑ 58,058,1 Viñayo González 2007, p. 67.
↑ Catálogo de los incunables y libros antiguos raros y curiosos (en castelán)
↑ Llamazares 1989, p. 30.
↑ Museo San Isidoro de León - Claustro Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
↑ Viñayo González 2007, p. 43.
↑ 63,063,1 Viñayo González 2007, p. 65.
↑ Viñayo González 2007, pp. 35 y 87 a 118.
↑ Viñayo González 2007, p. 121.
↑ Viñayo González 2007, p. 27.
↑ Viñayo González 2007, p. 30.
↑ Viñayo González 2007, p. 31.
↑ Viñayo González 2007, p. 33.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basílica de Santo Isidoro de León |
Outros artigos |
- Lista de arquivos en España
Bibliografía |
Bango Torviso, Isidro G. (1994). "Arte Románico". Historia del Arte de Castilla y León. II. Valladolid: Ámbito Ediciones. ISBN 84-8183-002-X.
Enríquez de Salamanca, Cayetano (1990). Rutas del románico en la provincia de León. Cayetano Enríquez de Salamanca. ISBN 84-404-6957-8.
Llamazares, Fernando (1989). Guía de León. Lancia. ISBN 84-86205-19-0.
Parrado del Olmo, Jesús María (1998). Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología: BSAA, ed. "Andrés de Melgar en el retablo de Pozuelo de la Orden. Las relaciones entre pintores en el medio castellano del primer tercio del siglo XVI" (pdf) (en castelán). pp. 255–276, tomo 64. ISSN 0210-9573. Consultado o 9 de xuño de 2017.
Pijoán, José (1962). "El arte románico siglos XI y XII". Historia general del arte. Summa Artis IX. Madrid: Espasa Calpe.
Prieto Prieto, Alfonso (1993). El reino de León hace mil años más o menos. Universidade de León. ISBN 84-7719-360-6.
Ribera Blanco, Javier (1995). Catálogo monumental de Castilla y León. Bienes inmuebles declarados I. Xunta de Castela e León. ISBN 84-7846-433-6.
Viñayo González, Antonio (1969). León. León: Everest. Viñayo González, Antonio (1972). L'ancien Royaume de Léon Roman. Colección La nuit des temps (en francés).
Viñayo González, Antonio (1972). Leon Roman. Colección La nuit des temps (en francés). trad. Domínguez Norbert Vaillant.
Viñayo González, Antonio (1995). San Isidoro de León. Panteón de Reyes. Albores románicos: arquitectura, escultura, pintura. Colección Esplendores del Arte. Edilesa. ISBN 84-8012-111-4.
Viñayo González, Antonio (2002). Enciclopedia del Románico en Castilla y León. León, 2002 V. Aguilar de Campoo: Fundación de Santa María la Real. Centro de Estudios del Románico. ISBN 978-84-89483-77-4.
Viñayo González, Antonio (2007). Real Colegiata de San Isidoro de León. Al filo de medio siglo de restauraciones 1956-2003. León: Editorial Isidoriana. ISBN 9788474970159.
Ligazóns externas |
- Páxina oficial do museo - Panteón de Santo Isidoro de León
- Visualización de esculturas arquitectónicas románicas no contexto arquitectónico - Plano en planta e galería de fotos
|
Categorías:
- León
- Igrexas románicas de España
- Colexiatas de España
- Bens de Interese Cultural de Castela e León
- Basílicas de España
- Bibliotecas de España
- Arquivos de España
- Arquitectura do século XI
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.968","walltime":"1.326","ppvisitednodes":"value":4702,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":71825,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6637,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":13,"limit":500,"unstrip-depth":"value":1,"limit":20,"unstrip-size":"value":59909,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":14,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1041.449 1 -total"," 37.16% 386.953 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 13.78% 143.500 1 Modelo:Templo"," 13.61% 141.790 72 Modelo:Sfn"," 13.31% 138.602 1 Modelo:Infobox"," 10.13% 105.528 2 Modelo:Listaref"," 8.62% 89.773 10 Modelo:Cita_libro"," 8.10% 84.336 1 Modelo:Propiedade"," 2.87% 29.894 1 Modelo:Commonscat"," 2.57% 26.716 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.512","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6298041,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1337","timestamp":"20190416073701","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Basu00edlica de Santo Isidoro de Leu00f3n","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Bas%C3%ADlica_de_Santo_Isidoro_de_Le%C3%B3n","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q383659","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q383659","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2017-04-28T10:46:46Z","dateModified":"2019-01-11T23:23:04Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/79/20060626-Le%C3%B3n_San_Isidoro.jpg","headline":"igrexa en Leu00f3n, Espau00f1a"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":139,"wgHostname":"mw1325"););