Valentín Paz-Andrade Índice Traxectoria | Obra | Premios e distincións | Vida persoal | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónmellorar este artigoCanto do pobo dispersoUn renacentista na Galicia do século XX¡Viva don Valentín Paz Andrade!Valentín Paz Andrade será homenaxeado o Día das Letras Galegas...NovasBombas con olor a peixeGalicia. Diario de VigoBoletín de la Unidad de Estudios BiograficosVigo 1936: a contribución libertariaArquivadoMuseo Virtual CastelaoArtigo de Charo Portela YañezArquivadoCorrespondencia do avogado"Un periodista internacional"unha columnaEl Correo hace 25 años. Paz Andrade en la academiaValentim Paz-Andrade, vice-presidente da Comissão para a Integração da Língua da Galiza no Acordo Ortográfico Luso-Brasileiro em 1986Valentim Paz-Andrade, pioneiro do reintegracionismo e do Acordo OrtográficoFallece el escritor Valentín Paz AndradeEstelaDocumentos para a historia contemporánea de GaliciaEditado o 31 de maio. 220 páxinascuberta de Seoanede ColmeiroMasideSoutoTorresPranto matricial na voz do seu autorComposto durante a súa estancia en BogotáSementeira do ventoO teu destinoportada de Luís SeoaneGuerra civil (1936-1939) e literatura galega"Antoloxía na páxina de Galaxia"o orixinalPoesía completa na páxina de Xeraisimaxe da portadaEpistolarioImaxe da portadaCatálogo en liñaArquivadoPresentación do libro coa correspondencia de Neira Vilas con Celso Emilio e Valentín Paz-AndradeImaxe da portadaCon prólogo de Eduardo Blanco AmorImaxe da portadaDiarios de viaje na páxina de Alvarellos EditoraJosé Miguel Giráldez entrevista a Emilia García LópezImaxe da portadaimaxe da portadaImaxe da portadaImaxe da portadaLos Gallegoscatálogo da RAGBase de datos de libros editados en EspañaImaxes do Valentín Paz Andrade en Imaxes do Valentín Paz Andrade en MarineTrafficO escudo de Galicia é un intrusoRueiroArquivadoBiografía de Valentín Paz-Andrade0017-4181Valentín Paz-Andrade. Escritor, xornalista e poeta. Avogado, político e empresario"Valentín Paz-Andrade"1576-8767Biografía na Real Academia GalegaExpediente académico no Instituto de PontevedraLegado Valentín Paz AndradeUn renacentista na Galicia do século XX"Paz Andrade, Valentín"o orixinalBiografíaBiografía. Día das Letras Galegas 2012Seminario GalánVPA2012eeeeeWorldCat79435789416XX107663412970703da114692984148400495681203838370000 0001 1576 2313n7909552613176595767675907867445X
Rosalía de CastroAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoEduardo PondalFrancisco AñónManuel Curros EnríquezFlorentino López CuevillasAntonio Noriega VarelaMarcial ValladaresGonzalo López AbenteValentín Lamas CarvajalManuel Lago GonzálezXoán Vicente ViqueiraXoán Manuel PintosRamón CabanillasAntón Villar PonteAntonio López FerreiroManuel AntonioAfonso X o SabioVicente RiscoLuís Amado CarballoManuel Leiras PulpeiroArmando Cotarelo ValledorAntón Losada DiéguezAquilino Iglesia AlvariñoFrancisca Herrera GarridoRamón Otero PedrayoCelso Emilio FerreiroLuís PimentelÁlvaro CunqueiroFermín Bouza-BreyEduardo Blanco AmorLuís SeoaneRafael DiesteXesús Ferro CouseloÁnxel FoleMartín CodaxJohan de CangasMendinhoRoberto Blanco TorresManuel MurguíaEladio RodríguezMartín SarmientoAntón Avilés de TaramancosXaquín LorenzoLorenzo VarelaManuel Lugrís FreireMaría MariñoXosé María Álvarez BlázquezRamón PiñeiroUxío NovoneyraLois PereiroValentín Paz-AndradeRoberto Vidal BolañoXosé María Díaz CastroXosé Filgueira ValverdeManuel MaríaCarlos CasaresMaría Victoria MorenoAntón FraguasVíctor FreixanesHenrique MonteagudoMarilar AleixandreFina CasalderreyAndrés Torres QueirugaXesús Alonso MonteroRosario Álvarez BlancoXosé Luís AxeitosXosé Ramón BarreiroDarío Xohán CabanaFrancisco Díaz-FierrosFrancisco Fernández ReiAndrés Fernández-Albalat LoisXesús Ferro RuibalXosé Luís Franco GrandeSalvador García-BodañoManuel González GonzálezBernardino GrañaMargarita Ledo AndiónRamón LorenzoChus PatoLuz Pozo GarzaXosé Luís RegueiraManuel RivasAna RomaníEuloxio R. RuibalPegerto SaavedraAntón SantamarinaRamón VillaresRicardo Carballo CaleroXosé Filgueira ValverdeÁnxel FoleAntón FraguasEmilio González LópezXaquín LorenzoRamón Martínez LópezIsidro Parga PondalValentín Paz-AndradeBen Cho SheyXoán Rof CarballoEnrique Vidal AbascalEulogio Gómez FranqueiraRamiro Isla CoutoMiguel Anxo Araúxo IglesiasXosé Neira VilasGiuseppe TavaniGonzalo Torrente BallesterMaría CasaresCamilo José CelaRafael Martínez CortiñaElena QuirogaAlejandro de la SotaLuís Moure MariñoFelipe Fernández ArmestoJosé Luis Puente DomínguezJosé María Acuña LópezManuel Torres MartínezMario Vázquez RañaJorge Castillo CasalderreyAntonio Couceiro TovarAmancio OrtegaJosé Antonio García CaridadAlejandro OuteiriñoNélida PiñonJosé RegojoEduardo Sánchez MillaresXesús Ferro RuibalAndrés Fernández-Albalat LoisRicardo Pérez RosónBenito Varela JácomeXosé Trapero PardoMarisol BuenoHipólito de Sá BravoÁngel Rodríguez GonzálezDieter KremerManuel Gallego JorretoBorobóFrancisco Río BarjaManuel Sánchez SalorioPilar Vázquez CuestaRamón VarelaXohana TorresAntonio Meijide PardoAntonio PernasManuel Gómez ÁlvarezJosé Luis Barros MalvarLuís CarunchoDionisio GamalloMarina MayoralJohn RutherfordJulián TrincadoJosé Ignacio Poch Gutiérrez de CaviedesJuan Manuel Pérez LópezCarlos Baliñas FernándezFrancisco LeiroChus LagoÁlvaro CamposFernando Caldeiro CaínzosAlfonso Zulueta de HazElixio Rivas QuintasXoán Ramón QuintásJosé Carlos Martínez Pérez MendañaJuan José Barcia GoyanesAdolfo DomínguezJulio Fernández RodríguezBlanca Jiménez AlonsoMaría do Carme KruckenbergConstantino GarcíaXulio Fernández GayosoFeliciano BarreraMilladoiroRosalía MeraArquivo da Emigración GalegaMaría Dolores Daparte SoutoBlanca García MontenegroXosé González MartínezManuel Lucas ÁlvarezXaime QuessadaJuan Vieites Baptista de SousaRosa Puente FogliaAvelino Pousa AnteloOlga GallegoÁngel CarracedoMaximino ZumalaveInmaculada Paz-AndradeXosé Lois González VázquezAntón LamazaresCésar Antonio MolinaLuz CasalRosalina CeladaPrudencia SantasmarinasMíchel SalgadoArsenio IglesiasManuela López BesteiroFederico Martinón SánchezRomán García VarelaCarmen Fraga EstévezObradoiro de Gaitas SeivaneFrancisco Javier Pitillas TorrasJuan Carlos EstévezPilar Iglesias OsorioCántigas da TerraAlfredo CondeXerardo EstévezMaría Teresa Miras PortugalXosé Antonio Vilaboa BarreiroIsabel AguirreMaría José AlonsoJesús Domínguez FernándezXesús Mato MatoCarteirosCorreos
Valentín Paz-Andrade
pontevedrésLérez23 de abril1898Vigo19 de maio1987xuristaeconomistapolíticoescritorpoetaxornalista2012Día das Letras Galegasconcelleiroliteraturacultura de GaliciaXoán Bautista AndradeCastelao19161917DereitoUniversidade de Santiago de CompostelaII Asemblea Nacionalista1919Ramón PiñeiroGrupo Autonomista GallegoPartido Galeguistaguerra de Marrocos1921TetuánXauéninfecciónCoruñaservizo militarnovelaXosé Núñez Búa1922xornalPrimo de RiveraJosé SignoAlejandro Pérez LugínValle-Inclán1926cidade olívica1927portosBretañamarpesca19281930galeguismoOtero PedrayoRamón CabanillasPacto de LestrobeCompromiso de BarrantesCortes Constituíntes de 1931Seminario de Estudos GalegosEstatuto da GaliciaPartido Galeguistaconselleiro22 de novembro1932atentadoRamiro Illa CoutoFermín GalánfolgasindicatoBouzasCNTparietalclavículaanarcosindicalistasVicente Vales LorenzoEmilio Costas FernándezxuízoIsidoro Millán Mariño14 de novembroPortugal19 de novembroIzquierda Republicana1934BadaxozBóvedaCádizeleccións de febreiro de 1936Portela Valladaresguerra civil españolaRamón Martínez LópezVerínfalanxistasRequeixoChandrexa de QueixaCastro CaldelasPobra de TrivespoesíaversosasembleaBilbaoVigoVillanueva de la SerenaSan Lourenzo de TrivesOurense19391940Afonso Paz-Andrade1942FAOHispanoaméricaValparaíso1952México1954Bogotá1955pseudónimos1945intelectuaisCarlos MasideLaxeiroPrego de OliverFernández del RiegoXosé MaríaEmilio Álvarez Blázquezrevista14 de xaneiro1950pasamentocaricaturista19551959Buenos AiresCentro Gallego de Buenos AiresMéndez FerrínrefineríapetróleoenxeñeiroSuancesManuel Cordo BoullosaPescanovabuques196019637 de xuño1964Real Academia GalegaDomingo García-SabellXesús Ferro CouseloFrancisco Vales Villamarín11 de febreiro1978Álvaro CunqueiroAlberto MíguezParísRuedo Ibérico1970embolia1973democraciapolítica200 millas náuticasXunta DemocráticaPedrón de Ouro1976Comisión Negociadora da Oposición1977Plataforma de Organizaciones DemocráticassenadorCandidatura Democrática GalegaFernando Alonso Amat1979Lorenzo Varela1982biografía1985Real Academia Galega de Cienciasbandeira galegaensaiosXeración de 1925patrióticalinguas1968exilioamor1986lingua galeganarrativareintegracionismoReal Academia GalegaReal Academia Galega de CienciasPedrón de OuroCruz de San Raimundo de PeñafortMedalla CastelaoPremio TrasalbaFundación Otero Pedrayoo buque escolaServizo de Gardacostas de GaliciaLérezBouzascentro integrado de formación profesional no MeixoeiroAfonso Paz-AndradeInmaculada Paz-Andradeescudo de EspañaPalacio de Comunicacións de MadridAntonio Palaciosescudo de GaliciaarquitectoAbade Juan de BastosAbeleira MenéndezAfonso X o SabioAfonso XIIAfonso XIIIAlcalde E. Martínez GarridoAlcalde Gregorio EspinoAlcalde José Ramón FontánAlcalde PortanetAlexandre BóvedaAlfredo BrañasAlmeidaAlonso OjedaÁlvaro CunqueiroAmador MontenegroAndrés GaosAmor RuibalÁngel de Lema MarinaÁngel IlarriÁngel Llanos (fotógrafo)Ángela Iglesias RebollarÁngeles AlvariñoAntía CalAntón BeirasAntonio Nieto Figueroa "Leri"Antonio OdriozolaArcebispo XelmírezArgüellesArquitecto Alberto BaltarArquitecto Antonio ComingesArquitecto Gómez RománArquitecto PalaciosArquitecto Pérez BellasArquitecto Xosé Bar BooCastroAlonsoBenedicto CondeBenito Castro NogueiraCachamuíñaCalatravaCamilo José CelaCamilo TucheCamilo VeigaCánovas del CastilloCarlos Blanco YáñezCarlos Casares MouriñoCarlos MasideCarlos OrozaCarmen Miguel AgraCarralCasiano MartínezCastelaoCastelarCayetano Pérez de LimiaCelso Emilio FerreiroCelso Rivas PérezCervantesCesáreo GonzálezCesáreo VázquezChano PiñeiroCharlie RivelCitröenChurrucaClara CampoamorColónConcepción ArenalConde de GondomarConde de TorrecedeiraCondesa Casa BárcenaCronista Álvarez BlázquezCronista EspinosaCronista Rodríguez ElíasCurros EnríquezDarío Álvarez BlázquezDesiderio Pernas (arquitecto)Doctor ToscanoDoutor CanoaDoutor Carlos Colmeiro LaforetDoutor CarracidoDoutor CorbalDoutor CadavalDoutor Darío Durán GómezDoutor Enrique Suárez GuntínDoutor González SierraDoutor Juan Fernández CasalDoutor MarañónDon BoscoDon QuixoteDona CristinaEduardo Blanco AmorEduardo CabelloEduardo ChaoEduardo IglesiasElduayenElio Antonio de NebrijaElisardo Dacosta TorresEmilia Pardo BazánEnric MirallesEnrique Alonso-XalueiroEnrique Blein BudiñoEnrique LorenzoEnrique Xabier MacíasErasmoErnesto LecuonaEscritora M. Xosé QueizánEscultor Gregorio FernándezEscultor NogueiraEscultor Xoán PiñeiroEscultor Xosé María AcuñaEsperantoEugenio ArbonesEugenio FadriqueEugenio González de HazEugenio KraffFaustino ÁlvarezFeliciano RolánFermín PenzolFernando CondeFernando Conde Montero-RíosFernando ElorrietaFernando Lago OlanoFernando o CatólicoFotógrafo Felipe PrósperiFotógrafos Irmáns SarabiaFrancisco Fernández del RiegoFrancisco de SalesFrancisco Rey RiveroGaiteiro Ricardo PortelaGaiteiros AiriñosGalileoGamboaGarcía BarbónGarcía LorcaGarcía OlloquiGarcía PicherGenaro BorrásGerardo Campos RamosGonzalo Torrente BallesterHeraclio BotanaHernán CortésHipólito de SaIglesias EspondaIgnacio GrobasInés Pérez de CetaIrmandiñosIrmáns Misioneiros dos Enfermos PobresIsaac Díaz PardoIsaac PeralIsabel IIIsabel a CatólicaJacinto BenaventeJaime BalmesJenaro de la FuenteJoaquín Fernández Santomé QuinochoJoaquín LorigaJoaquín YáñezJohan CarballeiraJosé Antela CondeJosé Franco MontesJosé Gómez Posada CurrosJuan Ramón JiménezJuan XXIIIJulia MinguillónJulián EstévezLlorenteLópez de NeiraLópez MoraLuis BrailleLuis Ksado (fotógrafo)Luis SeoaneLuis TaboadaMagallanesManuel de CastroManuel NúñezMaría BerdialesMarqués de AlcedoMarqués de ValladaresMartín Alonso PinzónMartín CodaxMartín EchegarayMaruxa MalloMéndez NúñezMenéndez PelayoMestre ChanéMestre MateoMestre SoutulloMiguel HernándezMontero RíosNazario González MoxenasNúñez de BalboaOtero PedrayoPablo IglesiasPablo MorilloPadre FeijooPadre Ramón María AllerPadre SarmientoPedro AlvaradoPaz PardoPi y MargallPintor ColmeiroPintor José Frau RuizPintor LaxeiroPintor LugrísPintor Mario F. GranellPizarroPoeta AñonPoeta PondalPoeta Vesteiro TorresPolicarpo SanzPríncipePrincesaRamiro PascualRamón NietoRamón del Valle-InclánRamón y CajalRicardo MellaRogelio AbaldeRosalía de CastroRosario Hernández Diéguez (A Calesa)Salvador AllendeSan AmaroSan FranciscoSan IgnacioSan LourenzoSan RoqueSan SebastiánSan TelmoSan XoánSan Xoán de DeusSan XoséSanjurjo BadíaSanta AnaSanta LucíaSantiagoSerafín AvendañoSevero OchoaSimón BolívarSuso Vaamonde PoloTaboada LealTeófilo LlorenteTomás A. AlonsoTrobador MendinhoUrania Mella SerranoUrzáizValentín Paz-AndradeVázquez VarelaVelázquez MorenoVentura González PrietoVicente RiscoVirxilio Blanco GarridoXaime PachecoXoán XIIIXosé Gil (fotógrafo)
Valentín Paz-Andrade
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Valentín Paz-Andrade | |
Retrato de Paz-Andrade. | |
Datos persoais | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1898 Pontevedra, Galicia |
Falecemento | 19 de maio de 1987 (89 anos) Vigo, Galicia |
Pais | Francisco Paz Cochón e Matilde Andrade Tojeiro |
Cónxuxe/s | Pilar Rodríguez de Prada |
Fillos | Alfonso Paz-Andrade |
Profesión | Xurista, político, empresario, escritor, economista, poeta e xornalista |
Alma máter | Santiago de Compostela |
Sinatura |
| |||||||||
Problemas coa escoita destes ficheiros? Vexa a páxina de axuda. |
Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898[1] e finado en Vigo o 19 de maio de 1987,[2] foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista.[3] En 2012 adicóuselle o Día das Letras Galegas.[4]
Índice
1 Traxectoria
1.1 Actividade antes da guerra civil
1.2 Guerra civil e posguerra
1.3 Restauración democrática
2 Obra
2.1 Obra en galego
2.1.1 Ensaio literario, histórico e económico
2.1.2 Poesía
2.1.3 Narrativa
2.1.4 Ensaio e artigos
2.1.5 Obras colectivas
2.2 Obra en castelán
2.2.1 Ensaio literario, histórico e económico
2.2.2 Sobre temas pesqueiros
2.2.3 Colectiva
2.2.4 Edicións e estudos
3 Premios e distincións
4 Vida persoal
5 Galería de imaxes
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Bibliografía
7.2 Outros artigos
7.3 Ligazóns externas
Traxectoria |
- Véxase tamén: Cronobiografía de Valentín Paz-Andrade.
Foi fillo de Francisco Paz Cochón, concelleiro de Pontevedra,[5] e Matilde Andrade Tojeiro, quen despois tiveron tres fillas máis: Matilde, Carmen e Castora, que morreu moi nova. A súa nai finou tendo el nove anos, suceso que marcaría a infancia de Valentín.
Actividade antes da guerra civil |
Comezou a interesarse na literatura e na cultura de Galicia da man do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade. Foi tamén el quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra, cando este fixou a súa residencia en Pontevedra, en 1916.
En 1917 comezou os estudos de Dereito, na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1921.[2] Neste tempo comezou tamén a colaborar co diario santiagués Gaceta de Galicia. Simultaneamente foi xefe de redacción do semanario La Provincia de Pontevedra (1917-1922).
Durante a súa etapa formativa iniciouse no movemento galeguista, da man de Castelao, e participou como orador na II Asemblea Nacionalista (1919) de Santiago de Compostela. Ramón Piñeiro conta que Castelao tivo que organizar un mitin público no que participaran estudantes da Universidade, para o que escolleu a Paz-Andrade. A consideración que lle tiña Castelao pode reflectirse no alcume de o Mozo co que se refería a el nos faladoiros do Café Moderno (en Pontevedra), que mudou co paso do tempo a o Berbiquí, pola súa teimosía, e a o Inmortal, tras sobrevivir á guerra de África e aos atentados de Vigo[6] e de Verín.[7]
Durante esa época tamén crea e preside o primeiro grupo galeguista estudantil en Santiago, o Grupo Galeguista Galego de Estudiantes. Anos despois presidiría en Vigo o Grupo Autonomista Gallego (1930) e militaría no Partido Galeguista, participando activamente na súa fundación en decembro de 1931.
Durante a guerra de Marrocos foi enviado á fronte en 1921, destinado a Laucien (preto de Tetuán) e Xauén, formando parte do Rexemento Murcia de guarnición en Vigo, pero tivo que ser evacuado por mor dunha infección intestinal e, tras un recoñecemento médico na Coruña, dado por inútil para o servizo militar. Desde Marrocos enviou algunhas crónicas para o xornal coruñés El Noroeste. Durante ese tempo xorde a única novela que escribe, Soldado da morte, que deixará inacabada e inédita. En 1978 escribiu a Xosé Núñez Búa: "A noveliña a que te refires non se chegou a imprimir. Somentes meu tío Juan Bautista Andrade, Castelao e Cabanillas leeron o orixinal, que despois deixei esquecido n-un caixón."[8] En 1922 regresa a Galicia.
En xullo de 1922 nace o xornal Galicia. Diario de Vigo,[9] do que nun primeiro momento é redactor xefe, e dende o mes de agosto director, ata a súa desaparición o 15 de setembro de 1926, pechado na ditadura de Primo de Rivera.[2] En xullo de 1924 foi detido pola publicación de dous artigos en Galicia, en defensa do porto de Vigo e a vía ferroviaria a Francia, polos que tivo que pagar unha multa e permanecer no cárcere quince días. Ese mesmo ano defende ao periodista José Signo fronte a Alejandro Pérez Lugín nun xuízo pola paternidade da novela La Casa de Troya.
En 1925 coñece en Vigo a Valle-Inclán a quen adicaría un ensaio en 1967.
Desde o outono de 1926 fixa o seu bufete de avogados na cidade olívica, mantendo as súas colaboracións periodísticas. En 1927 comezou a escribir en Industrias Pesqueras, da que foi director desde 1942. Como asesor xurídico da Sociedade de Armadores de Bouzas coñece os portos de Bretaña e comeza o seu achegamento ao mundo do mar e da pesca. En 1928 publicou Los puertos nacionales de pesca en España. Aportación de Vigo al estudio del problema.
En 1930 funda e preside o Grupo Autonomista Galego, en Vigo, á vez que intensifica a súa actividade política en prol do galeguismo, da man de Castelao, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas e outros.[2] En marzo ten lugar o Pacto de Lestrobe.[10] Nese mesmo ano, o 3 de setembro, morre o seu tío Xoán Bautista Andrade. O día 25 do mesmo mes participa no Compromiso de Barrantes.
Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931, con Castelao e Cabanillas, pero non saíu elixido por escasa marxe.[11] Colaborou con outros membros do Seminario de Estudos Galegos na redacción dun dos anteproxectos non considerados para o Estatuto da Galicia que se presentou en maio dese mesmo ano[12] e publicou diversos artigos políticos en El Pueblo Gallego. En decembro constitúese formalmente o Partido Galeguista, en Pontevedra, e resulta nomeado conselleiro.
O 22 de novembro de 1932 foi vítima dun atentado cando saía, acompañado de Ramiro Illa Couto, dun café na rúa de Fermín Galán, hoxe rúa do Príncipe, de Vigo. Daquela Paz-Andrade mediaba representando a patronal nunha folga de mariñeiros do sindicato de Industria Pesqueira de Bouzas-Vigo (pertencente á CNT) contra os armadores da industria La Marítima polos buques por parellas. No atentado recibiu cinco disparos de bala, con feridas no pescozo e nun parietal, quedando un dos proxectís aloxado nunha clavícula de por vida. Foi operado en dúas ocasións no sanatorio Troncoso.
Foron acusados de seren os autores materiais os militantes anarcosindicalistas Vicente Vales Lorenzo, directivo do sindicato, e mais Emilio Costas Fernández.[13] Os dous estiveron presos até abril de 1933 e foron absoltos logo do xuízo, estando defendidos por Agustín Ribas e Isidoro Millán Mariño.[14] O xuízo tivo lugar o 14 de novembro de 1933, e Paz-Andrade non asistiu, pois estaba en Portugal para superar as lesións e para preparar as inminentes eleccións xerais.
Nos comicios do 19 de novembro de 1933 Paz-Andrade presentouse con Castelao na lista de Izquierda Republicana. En 1934, cando con ocasión do Bienio Negro foron desterrados —o 23 de novembro— Castelao a Badaxoz e Bóveda a Cádiz, Paz Andrade asumiu —con moitas reticencias— a Secretaría Política do Partido Galeguista.[15]
“ | Ti sabes ben que eu non podo nin quixen endexamais furtarme a ningún esforzo pol-a Causa. Menos podería facel-o si ti es quen o recrama, e nun intre como o de agora. Mais compre enfocar as cousas abxetivamente, pola cara da eficacia. E xusgo que nin o Partido lle convén o que propós, nin eu me atopo en situación de encarar esa responsabilidade | ” |
— Carta a Castelao, 3 de decembro de 1934. |
Volveu presentarse ás eleccións de febreiro de 1936, desta volta nas listas da Candidatura Republicana de Centro de Portela Valladares,[16] pero tampouco resultou elixido.
Guerra civil e posguerra |
Co estalido da guerra civil española axudou a fuxir a diversos intelectuais galeguistas como Ramón Martínez López e defendeu a outros das condenas que lles eran impostas como Xosé Núñez Búa. Posteriormente, foi desterrado a Verín o 9 de setembro, onde sufriría un intento de paseo por parte duns falanxistas dos que conseguiu fuxir, e logo, en xaneiro de 1937, a Requeixo (Chandrexa de Queixa). En abril autorizóuselle a residir en Castro Caldelas e, días despois, na Pobra de Trives. Este tempo no desterro fixo xurdir nel a necesidade de escribir poesía, e aí naceron moitos dos versos que logo formarían parte de Sementeira do vento ou de Cen chaves de sombra. Finalmente foi autorizado a saír do seu desterro para asistir a unha asemblea de armadores en Bilbao pero ao regreso retornou a Vigo, ao ser cancelado o desterro a principios de 1938, para quedar o resto da súa vida nesta cidade. En agosto de 1939 foi detido de novo e desterrado a Villanueva de la Serena (Badaxoz).[17]
Durante o seu desterro coñeceu en San Lourenzo de Trives a Pilar Rodríguez de Prada, case que vinte e dous anos máis nova ca el, coa que casou en Ourense o 8 de decembro de 1939. O 4 de outubro de 1940 naceu o seu único fillo, Afonso Paz-Andrade.
A partir de 1942 dirixiu a revista Industrias Pesqueras. Avogado de prestixio en Vigo, traballou tamén como técnico da FAO, con que participou en diversos congresos e seminarios, e para a que publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera (1954); ademais, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización para misións internacionais en Hispanoamérica (Valparaíso, 1952; México, 1954; e Bogotá, 1955).
Nesta época seguiu colaborando en El Pueblo Gallego e publicou diversos artigos en Faro de Vigo e La Noche, asinados cos pseudónimos M., Xan Quinto e Mareiro (este último para asinar artigos sobre temática pesqueira[19]). En 1943, o Delegado Nacional de Prensa insistía así na prohibición que recaía sobre Paz Andrade respecto ao uso da súa sinatura:
“ | En canto á dedución que en dito escrito se fai de que poderá noutras publicacións e non en "Industrias Pesqueras" usar a súa sinatura, é erróneo xa que a prohibición alcanza evidentemente todas as publicacións que dependen da Delegación Nacional de Prensa e na actualidade son as que teñen carácter de periódicas | ” |
— O Delegado Nacional de Prensa ao Delegado Provincial de Educación Popular e este ao Delegado Local que, por último, llo comunica ao director de Industrias Pesqueras con data 18 de maio de 1943. Tradución[20] |
Desde 1945 organizou o parladoiro do café Alameda, en Vigo, onde se reunía con intelectuais e artistas como Carlos Maside, Laxeiro, Prego de Oliver, Fernández del Riego e os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros.
Na revista literaria La Noche publicou o 14 de xaneiro de 1950 un artigo en portada e a catro columnas sobre Castelao, quen morrera unha semana antes, baixo o título "Castelao. El hombre y el artista". A revista foi expedientada por incumprir as normas ditadas pola Dirección Xeral de Prensa para o tratamento que debía dar a prensa á noticia do pasamento e pechada dúas semanas despois. As instrucións esixían que a noticia se dera en páxinas interiores e a unha columna, e que só se podía eloxiar as cualidades de humorista, literato e caricaturista.[21]
“ | Durante a sétima noite do ano nacente -vértebra dorsal do século- deberon tocar a morto as badaladas de todas as igrexas de Galicia. Campás mariñeiras de Rianxo. Graves campás de Compostela. Líricas badaladas de Bastavales, de Anllóns... Só o pranto unánime das torres románicas, bágoas de bronce sobre rostro de pedra, expresarían con digno acorde e proporcionado acento, nesta ocasión a dor da terra... | ” |
— Castelao, el hombre y el artista, 14 de xaneiro de 1950, Valentín Paz-Andrade, xornal La Noche. Suplemento del sábado de Santiago. Tradución do orixinal[22][23] |
Entre 1955 e 1959 publica tres obras en Buenos Aires: o poemario Pranto matricial (1955) e os ensaios Sistema económico de la pesca en Galicia (1958) e Galicia como tarea (1959). Este último recolle as conferencias ditadas dous anos antes no Centro Gallego de Buenos Aires, e foi cualificado por Méndez Ferrín como "o gran manifesto político e económico do nacionalismo galego progresista".
En 1957 foi detido e encarcerado, de novo pola publicación dun artigo. Desta volta foi por mor dun escrito aparecido en Industrias Pesqueras no que se criticaba ao comandante militar da Mariña de Vigo.
En 1959 participa nun ambicioso proxecto empresarial para a creación dunha refinería de petróleo en Vigo, Petrogasa, que ao final non será autorizada debido á oposición do enxeñeiro Suances.[25] Este proxecto estaba apoiado economicamente por Manuel Cordo Boullosa, que pensaba destinar o 60 % dos beneficios a crear "unha fundación pra axudar o melloramento cultural e social de Galicia".[26] Foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova, que converteu na primeira compañía armadora europea de buques conxeladores, e da que foi vicepresidente (1960). Non callou outro proxecto no que tamén participou en 1963: a creación dun Banco Industrial de Galicia.
O 23 de decembro de 1961 sufriu un atropelo na súa parroquia natal, que lle fixo estar seis meses prostrado. Causoulle a rotura das pernas, feridas nas clavículas e unha vértebra, e corenta e oito puntos de sutura na cara.
O 7 de xuño de 1964 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, a proposta de Otero Pedrayo, Domingo García-Sabell, Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo e Francisco Vales Villamarín, aínda que non leu o discurso de ingreso ata o 11 de febreiro de 1978, baixo o título de "A galecidade na obra de Guimarães Rosa", respondido por Álvaro Cunqueiro.[4]
Foi o avogado defensor de Alberto Míguez cando o acusaron no Tribunal de Orde Pública pola publicación en 1966 do libro El pensamiento político de Castelao, editado en París por Ruedo Ibérico. O xornalista coruñés foi condenado a seis meses de prisión e unha multa.[27]
En agosto de 1970 sofre unha embolia cerebral da que se recupera non sen dificultades.[28] En 1973 créase a World Fishing Exhibition, en Vigo, da que actúa como xerente.
Restauración democrática |
Co retorno da democracia volveu ao mundo da política. Nos anos setenta foi crítico coa adopción do sistema das 200 millas náuticas, que consideraba moi prexudicial para os intereses de Galicia. En 1975 formou parte da Xunta Democrática e, cando recibe nese ano o Pedrón de Ouro, inclúe no discurso de aceptación a reivindicación da democracia e da autonomía. En 1976 foi nomeado en representación de Galicia, como independente, na Comisión Negociadora da Oposición co Goberno, ata a súa disolución en 1977, e da Plataforma de Organizaciones Democráticas. Foi elixido senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Galega nas Cortes Constituíntes (1977-1978), na que se presentou xunto a Fernández del Riego e Fernando Alonso Amat.
“ | Se as eleccións non fosen manipuladas polo poder e desde Madrid, os tres triunfariamos pero, en xeral, a consulta foi desafortunada para Galicia | ” |
— Carta a Osorio-Tafall, 30 de xuño de 1977. Tradución do orixinal[29] |
En 1979 publicou Cen chaves de sombra,[30] que Lorenzo Varela describiu como "poemas de un loitador, de un home con coraxe á hora de escribir e á hora de pelexar".
En 1982 publica Castelao na luz e na sombra, completa e detallada biografía de Castelao, o seu irmán maior, que comezara a escribir en 1975.
“ | Non quixen facer unha biografía fría, erudita, acartonada. Eu quixen dar un Castelao vivo, como foi, cunha liña anecdótica que o retrata. | ” |
En 1985 publicou Galiza lavra a sua imagen e o 5 de decembro ingresou na Real Academia Galega de Ciencias con O home dentro do sabio: Pedro Joseph de Bermés (1770-1824).[31]
En 1986 foi o vicepresidente da Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa,[32][33] que negociou os dous Acordos Ortográficos deste idioma, o de 1986 (coñecido tamén como o da ortografía simplificada) e de 1990 (ou de ortografia unificada), actualmente en fase de posta en funcionamento.
O martes 19 de maio de 1987 faleceu na clínica Fátima, de Vigo, a consecuencia dunha doenza cardiovascular.[34] Foi enterrado no cemiterio de Lérez envolto nunha bandeira galega, como el deixara establecido.
Obra |
Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros.
Como poeta formou parte da Xeración de 1925 e na maior parte da súa obra poética evidénciase unha motivación patriótica, como se pode observar en Soldado da morte (1921), Pranto matricial (1954), en que evoca a morte de Castelao e que foi reeditada en 1975 en cinco linguas; Sementeira do vento (1968), en que canta a paisaxe e a xente galega, ademais do exilio e o amor ausente; Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986), en que incluíu as composicións dedicadas ao autor ourensán.
O que todo galego choraría... CHORA, TERRA, teu pranto das augas e dos eidos e dos ares, as vivas páreas cósmicas da reza, en mantelo de brétemas envoltas que noso fin ao noso orixe ligan. [...] —Valentín Paz-Andrade, recollido en Pranto matricial. |
Utilizou a lingua galega durante toda a súa vida para a obra poética e narrativa. Para os ensaios utilizou o castelán até 1975 (se ben é certo que estas obras foron publicadas en Madrid e Buenos Aires) e o galego desde entón. Respecto aos artigos, publicou en castelán os de temas pesqueiros e en galego os de temática literaria e cultural. Defendeu o uso do reintegracionismo como norma para o galego escrito,[35] e usouno no seu último ensaio (Galiza lavra a sua imagen, 1985).
Colaborou en Grial, O Ensino e Outeiro con artigos sobre literatura, especialmente ao redor da figura de Castelao; e en Industria Conservera,[36]El País e La Vanguardia con artigos económicos e políticos.
Obra en galego |
Ensaio literario, histórico e económico |
A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978, Ediciós do Castro) ISBN 978-84-85134-92-2.[37]
Castelao na luz e na sombra (1982, Edicións do Castro) ISBN 978-84-7492-130-4.[38]
Galiza lavra a sua imagen (1985, Edicións do Castro) ISBN 978-84-7492-258-5.[39]
Poesía |
Pranto matricial (1955, Ediciones Galicia do Centro Gallego de Buenos Aires).[40]
Canto do pobo disperso (Bogotá, 1955, inédito ata a publicación en 2012 por parte do Consello da Cultura Galega) ISBN 978-84-92923-35-9.[41]
Sementeira do vento (1968, Galaxia) ISBN 978-84-7154-087-4.[42][43]
Cen chaves de sombra (1979, Edicións do Castro) ISBN 978-84-7492-007-9.[44][45]
Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986, Fundación Otero Pedrayo).
Antoloxía (2012, Galaxia) ISBN 978-84-9865-418-9.[46]
Poesía completa (2012, Xerais) ISBN 978-84-9914-341-5.[47]
Capotes de sombra amargos Dous a dous en tres ringleiras tricornos seis, seis cabalos, un fusil a cada lombo, capotes de sombra amargos, cal seis funiles de tebra sobre hipogrifos marchando. As ferraduras nas laxes ronsel de chispas nos cascos. Charoles o anoitecer verten seu frío no cadro. [...] —Celeiros de Queixa, 1937. Valentín Paz-Andrade, recollido en Cen chaves de sombra, 1979. |
Narrativa |
Soldado da morte (1921, inacabada e inédita[8]).
Ensaio e artigos |
O legado xornalístico de Valentín Paz-Andrade (1997, La Voz de Galicia). A cargo de Tucho Calvo. ISBN 978-84-88254-53-5.
Obras colectivas |
- "A evolución trans-continental da lingua galaico-portuguesa" en O porvir da lingua galega (1968, Círculo das Artes, Lugo), pp. 115–132.[48]
Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Edicións do Castro.
O home dentro do sabio: Pedro Joseph de Bermés (1770-1824), 1985, Real Academia Galega de Ciencias. Coa resposta de Enrique Vidal Abascal.
Epistolario (1997, Edicións do Castro). Edición de Charo Portela Yáñez e Isaac Díaz Pardo, ISBN 978-84-7492-841-9.[49]- "Cruz Gallástegui, na hora e na obra", en Homenaje a Cruz Gallástegui Unamuno. AA.VV. (1985, Deputación de Pontevedra) ISBN 84-505-1083-X, pp. 171–192.[50]
- "Perspectiva e contrapunto da obra de Blanco Amor", 1985, artigo no número 3, extra adicado a Blanco Amor, de A Nosa Terra.[51]
Correspondencia de Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro, 2012, Centro Ramón Piñeiro.[52]
Obra en castelán |
Ensaio literario, histórico e económico |
Galicia como tarea (1959, Ediciones Galicia do Centro Gallego de Buenos Aires).[53]
La anunciación de Valle-Inclán (1967, Losada, Buenos Aires) ISBN 978-84-7339-537-3.[54]
La marginación de Galicia (1970, Siglo XXI, Madrid) ISBN 978-84-323-0027-1.[55]
Diarios de viaje. Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955 (2013, Alvarellos Editora) ISBN 978-84-89323-84-1.[56][57]
Sobre temas pesqueiros |
Los puertos nacionales de pesca en España. Aportación de Vigo al estudio del problema (1928, Unión de Entidades Viguesas).[58]
Principios de economía pesquera (FAO, Santiago de Chile, 1954).[59]
Producción y fluctuación de las pesquerías (1954, Unesa).[60]
Sistema económico de la pesca en Galicia (1958, Editorial Citania, Buenos Aires).[61]
Los derechos sobre el espacio marítimo (1960, Ed. Reus) ISBN 978-84-290-0260-7.
El capital como factor del desarrollo de Galicia (1970, Banco Noroeste, A Coruña).
El concepto de zona económica en el nuevo Derecho del Mar (1974, Club de Dirigentes de Empresa, A Coruña).
Colectiva |
Otero Pedrayo, X. R. Barreiro Fernández, Xesús Taboada Chivite, Basilio Losada, F. Díaz-Fierros, Manuel Iglesias Corral, Andrés Torres Queiruga, Antonio Odriozola e outros, Los Gallegos (1976, ed. Akal) La sociedad y la economía, 1975, pp. 45–93.[62]- Sánchez Dragó e outros, Finisterre. Sobre viajes, travesías, navegaciones y naufragios (1984, Planeta) ISBN 84-320-4324-9, La rosa y la huella del viaje gallego, pp. 195–214.
Edicións e estudos |
Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia, de Joseph Cornide; estudio preliminar. Facsímile (1983, Edicións do Castro). ISBN 84-7492-163-5.[63]
Estampas Compostelanas, de Ksado; limiar (1948).
Premios e distincións |
Foi nomeado membro da Real Academia Galega (1964) e da Real Academia Galega de Ciencias (1985), e foi galardoado co Pedrón de Ouro (1975), a Cruz de San Raimundo de Peñafort (1978), a Medalla da Cidade de Pontevedra (1979), a Medalla Castelao (1984), a Medalla ao Mérito Social Marítimo (1984), a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo (23.05.1986) e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (29.06.1986).
Levan o seu nome o buque escola do Servizo de Gardacostas de Galicia,[64][65] unha rúa en Lérez, un paseo de Bouzas e un centro integrado de formación profesional no Meixoeiro, en Vigo.
O sábado 4 de xuño de 2011 foi escollido para se-lo homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2012.
Vida persoal |
Foi pai do empresario Afonso Paz-Andrade e tío da científica Inmaculada Paz-Andrade.
No centro do escudo de España que preside a fachada do Palacio de Comunicacións de Madrid, o arquitecto Antonio Palacios fixo esculpir o escudo de Galicia, co seu cáliz e as sete cruces. Segundo conta Alfonso Paz-Andrade, fillo de Valentín Paz Andrade, foi este quen suxeriu ao arquitecto incluír ese detalle nunha visita que lle fixo no seu taller:
“ | Meu pai acostumaba ir a Madrid por traballo e, nunha desas viaxes, decidiu ir visitar o seu amigo. Palacios estaba preparando sobre unha mesa e a tamaño natural o bosquexo do escudo de España para Correos e o meu pai díxolle "plántalle aí o de Galicia". [66] | ” |
Galería de imaxes |
- Artigo principal: Galería de imaxes de Valentín Paz-Andrade.
|
Notas |
↑ Naceu no 1898 segundo a EGU e en 1899 segundo a GEG (DVD).
↑ 2,02,12,22,3 Un renacentista na Galicia do século XX en culturagalega.org
↑ ¡Viva don Valentín Paz Andrade!, X. L. Méndez Ferrín, Faro de Vigo, 1986.
↑ 4,04,1 Valentín Paz Andrade será homenaxeado o Día das Letras Galegas..., RAG.
↑ Novas no xornal La Vanguardia, edición do 22 de xullo de 1915. Francisco Paz era á súa vez irmán de Manuel Paz (tamén concelleiro de Pontevedra) e fillo de Manuel Paz Torres, membro da última corporación municipal de Alba en 1868.
↑ Bombas con olor a peixe La Voz de Galicia (en castelán).
↑ Xosé Filgueira Valverde: "Valentín Paz Andrade na cultura galega", en Homenaje a Valentín Paz Andrade.
↑ 8,08,1 Charo Portela Yáñez (1999), px. 6.
↑ Galicia. Diario de Vigo en Galiciana, Biblioteca de Galicia.
↑ Alonso de los Ríos, César e outros, Boletín de la Unidad de Estudios Biograficos Universitat de Barcelona, 1998 (en castelán).
↑ "Con todo, se non se roubasen as actas de Lalín, Paz Andrade sairía elixido" (Gran Enciclopedia Galega).
↑ Exposizón presentada pol-a poñenza encarregada de redactar o Anteproyeito de Estatuto da Galiza.
↑ Pereira, D. e Fernández, E.: O anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia, Ed. Positivas, 2003. Páx. 80 e 261.
↑ Vigo 1936: a contribución libertaria Arquivado 27 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Antón Briallos (en castelán).
↑ A asunción deste cargo é confirmada pola Gran Enciclopedia Galega: "En 1934 substitúe a Castelao na secretaría do Partido Galeguista (PG), debido ó desterro deste a Badaxoz", e por Ramón Piñeiro: "Por expreso encargo de Castelao rexentou a Secretaría Política do Partido mentres el permaneceu no desterro en Badajoz" ("Presencia de Valentín Paz Andrade no galeguismo", en Homenaje a Valentín Paz Andrade). Pola contra, Charo Portela Yáñez afirma que Paz Andrade rexeitou a proposta que se lle fixo: "Nos anos seguintes [a 1932] centra a súa actividade profesional no bufete, e mesmo rexeita a proposición que Castelao lle fai cando é "trasladado" a Badaxoz para que o substitúa na Secretaría Política do Partido Galeguista".
↑ Os seus compañeiros do Partido Galeguista, Castelao e outros, fixérono dentro da candidatura da Fronte Popular.
↑ É curioso que nunca se anulara oficialmente este último desterro.
↑ Hoxe Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
↑ Como tal, "Arosa: la isla del pulpo", en La Noche 6, 19.11.1949.
↑ Texto orixinal: En cuanto a la deducción que en dicho escrito se hace de que podrá en otras publicaciones y no en "Industrias Pesqueras" usar su firma, es erróneo ya que la prohibición alcanza evidentemente a todas las publicaciones que dependen de la Delegación Nacional de Prensa y en la actualidad son las que tienen carácter de periódicas
↑ Museo Virtual Castelao do Consello da Cultura Galega, Vieiros e a Fundación Castelao.
↑ Texto orixinal: 'Durante la séptima noche del año naciente -vértebra dorsal del siglo- han debido doblar a muerto las campanas de todas las iglesias de Galicia. Campanas marineras de Rianxo. Graves campanas de Compostela. Líricas campanas de Bastavales, de Anllóns... Sólo el llanto unánime de las torres románicas, lágrimas de bronce sobre faz de piedra, habría expresado con digno acorde y proporcionado acento, en esta ocasión el dolor de la tierra...
↑ Artigo de Charo Portela Yañez Arquivado 25 de marzo de 2014 en Wayback Machine. en La Voz de Galicia.
↑ Correspondencia do avogado con Bernardino Graña.
↑ Pouco despois instalouse a refinería do porto da Coruña.
↑ Nunha carta de Paz Andrade a Blanco Amor, 4 de decembro de 1960.
↑ "Un periodista internacional", artigo de Carlos Fernández en La Voz de Galicia, 15 de setembro de 2005 (en castelán).
↑ En xaneiro de 1972 escribe o seguinte a Emilio González López: "Desde fins de agosto de 1970 veño padecendo os efectos da enfermedade que non acaba de remontarse. Supóñote enteirado de que sufrín unha pequena embolia cerebral, ademais de certas alteracións no ritmo cardíaco. Estou loitando por alcanzar a normalidade, mais a cousa non parece doada".
↑ Texto orixinal: Si las elecciones no hubieran sido manipuladas por el poder y desde Madrid, los tres hubiéramos triunfado pero, en general, la consulta fue desafortunada para Galicia
↑ Celso Emilio Ferreiro adícalle unha columna no ABC dous meses antes de morrer.
↑ El Correo hace 25 años. Paz Andrade en la academia, El Correo Gallego (en castelán)
↑ Valentim Paz-Andrade, vice-presidente da Comissão para a Integração da Língua da Galiza no Acordo Ortográfico Luso-Brasileiro em 1986. Portal Galego da Língua, consultado o 14 de maio de 2012
↑ Valentim Paz-Andrade, pioneiro do reintegracionismo e do Acordo Ortográfico. Portal Galego da Língua, consultado o 14 de maio de 2012
↑ Fallece el escritor Valentín Paz Andrade, La Vanguardia (en castelán).
↑ "Puesto que las diferencias de fonación y grafía no constituyen obstáculo grave para el recíproco entendimiento, la eficiencia del sistema en su conjunto debe estimarse plena". Galicia como tarea, p. 138.
↑ Estela, revista dominical de Faro de Vigo
↑ Introdución de Paulo Rónai e prólogo de Álvaro Cunqueiro. Reeditado en portugués pola editorial Difel en 1983.
↑ Dentro da colección Documentos para a historia contemporánea de Galicia
↑ Editado o 31 de maio. 220 páxinas[Ligazón morta]
↑ Con cuberta de Seoane, debuxos de Colmeiro, Maside, Souto e Torres, e tradución ao castelán de María de Villarino. Pranto matricial na voz do seu autor, editado polo Consello da Cultura Galega en 2012, inclúe a obra completa.
↑ Composto durante a súa estancia en Bogotá, Consello da Cultura Galega.
↑ Sementeira do vento (en Google books) foi prologado por Guilherme de Almeida.
↑ O teu destino, lido por María Magdalena Domínguez no MARCO no ano 2010.
↑ Con portada de Luís Seoane
↑ Guerra civil (1936-1939) e literatura galega, inclúe "Capotes de sombra amargos" e "Illa do amor, illa da morte".
↑ "Antoloxía na páxina de Galaxia". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 12 de maio de 2012.
↑ Poesía completa na páxina de Xerais
↑ Xunto con Xesús Alonso Montero, Méndez Ferrín, Sebastián Risco, Valentín Arias López, Ricardo Carballo Calero, Manuel María, Basilio Losada, Ramón Piñeiro, Bernardino Graña, Benedicto García Villar e outros (imaxe da portada).
↑ Epistolario en Revolta da freixa.
↑ Imaxe da portada
↑ Catálogo en liña Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. da Deputación de Pontevedra.
↑ Presentación do libro coa correspondencia de Neira Vilas con Celso Emilio e Valentín Paz-Andrade.
↑ Imaxe da portada
↑ Con prólogo de Eduardo Blanco Amor
↑ Imaxe da portada
↑ Diarios de viaje na páxina de Alvarellos Editora
↑ José Miguel Giráldez entrevista a Emilia García López Radio Obradoiro.
↑ Imaxe da portada
↑ Con prologo de Bibiano Fernández Osorio-Tafall (imaxe da portada).
↑ Imaxe da portada
↑ Imaxe da portada
↑ Los Gallegos en Google Books.
↑ Da publicación de 1788. Fichas no catálogo da RAG[Ligazón morta] e na Base de datos de libros editados en España
↑ Imaxes do Valentín Paz Andrade en Wikimedia Commons
↑ Imaxes do Valentín Paz Andrade en MarineTraffic (MMSI: 224021540).
↑ "O escudo de Galicia é un intruso" El País.
↑ Rueiro Arquivado 22 de xuño de 2013 en Wayback Machine. da cidade de Pontevedra.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valentín Paz-Andrade |
A Galicitas posúe citas sobre: Valentín Paz-Andrade |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Valentín Paz-Andrade |
Bibliografía |
Blas, C. de; Paz-Andrade, V. e outros (2012). Paz Andrade y Faro de Vigo. Galicia ante todo (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 978-84-615-8807-7.
Calvo, Tucho (1998). Valentín Paz-Andrade, a memoria do século. Sada: Edicións do Castro. ISBN 978-84-7492-904-1.
——————; Axeitos, X. L.; Paz-Andrade, Valentín (2012). Valentín Paz-Andrade. Xornalista para un país. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-9757-274-3.
Carballa Alonso, Xan Manuel (2012). Biografía de Valentín Paz-Andrade. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9865-411-0.
Fernández Freixanes, Víctor (1976). Unha ducia de galegos. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-248-X.
López Facal, Javier (2012). "Valentín Paz-Andrade como "intelectual" moderno en tempo adverso". Grial (193): 19–25. ISSN 0017-4181.
Portela Yáñez, Charo (1999). Valentín Paz-Andrade. Escritor, xornalista e poeta. Avogado, político e empresario. Ir Indo. ISBN 978-84-7680-273-1.
—————— (2012). Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-331-6.
—————— (2012). Valentín Paz Andrade : vida e obra. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-340-8.
Rodríguez Vidales, Francisco (1999). VPA, Valentín Paz-Andrade. Servicios Industriales Pesqueros, S.A. ISBN 978-84-923440-2-4.
Villares Paz, Ramón, ed. (2012). "Valentín Paz-Andrade" (PDF). Boletín da Real Academia Galega (Vigo) (373). ISSN 1576-8767.
VVAA (1991). Homenaje a Valentín Paz Andrade. Vigo: Diputación Provincial de Pontevedra. ISBN 84-86845-71-8.
Outros artigos |
- Pescanova
Ligazóns externas |
- Biografía na Real Academia Galega
- Expediente académico no Instituto de Pontevedra
Legado Valentín Paz Andrade, páxina oficial dos herdeiros.
Un renacentista na Galicia do século XX en CulturaGalega.org.
"Paz Andrade, Valentín". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Arquivado dende o orixinal o 05/12/2012. Consultado o 04/06/2011.
Biografía na páxina da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Biografía. Día das Letras Galegas 2012. Seminario Galán.
VPA2012, canle temática en YouTube.
|
|
|
|
|
|
Categoría:
- Valentín Paz-Andrade
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.240","walltime":"1.700","ppvisitednodes":"value":12863,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":292630,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":34206,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":15,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":40639,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":14,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1136.338 1 -total"," 36.02% 409.278 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 10.71% 121.681 1 Modelo:Listaref"," 9.48% 107.764 5 Modelo:Navbox"," 8.48% 96.406 1 Modelo:Árbore_xenealóxica_Paz-Andrade"," 7.94% 90.189 4 Modelo:Caixa_lateral"," 7.43% 84.387 3 Modelo:Irmáns"," 7.40% 84.111 1 Modelo:Commonscat"," 6.72% 76.351 10 Modelo:Cita_libro"," 5.52% 62.755 7 Modelo:Árbore_xenealóxica"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.417","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5599724,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1281","timestamp":"20190412162600","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Valentu00edn Paz-Andrade","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Valent%C3%ADn_Paz-Andrade","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q379988","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q379988","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-12-10T21:00:36Z","dateModified":"2019-04-12T16:26:01Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/a3/Framed_photo_of_Valent%C3%ADn_Paz-Andrade_permanently_located_on_a_street_in_Vigo%2C_Galicia%2C_Spain.JPG","headline":"escritor, polu00edtico e avogado galego"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":200,"wgHostname":"mw1322"););