Daniel Lambert Índice Traxectoria | Soterramento | Legado | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne21845999M"Daniel Lambert""What Were the British Earnings and Prices Then? (New Series)""Exhibition"The life and correspondence of Charles Mathews, the elder, Comedian13497676M"Human Obesity""Daniel Lambert"The life of that wonderful and extraordinary heavy man, the late Danl. Lambert, from his birth to the moment of his dissolution, with an account of men noted for their corpulency, and other interesting matter15083528M"Ward of Castle Baynard.—Election of Alderman""The Estate Market""A Few Days in France: The châteaux of the Loire""Buildings and features of interest"o orixinal"Stamford Museum to close"o orixinal"Tuesday's Pick: Daniel Lambert Day""Leicester Lamented""History"o orixinal"Revival of the fattest marks Lambert Day"Latter-day Pamphlets14018283MVanity Fair: A Novel Without a Hero20555259MEnglish Eccentrics and Eccentricities100299123783441MThe Eccentric Mirror743312723296559MWorldCat1962934534596ID15929340000 0000 5461 3241nr2004021811mp8294715932w6x95ccp084546743
Nados en LeicesterPersonalidades de InglaterraNados en 1770Finados en 1809
Leicester13 de marzo1770StamfordLincolnshire21 de xuño1809inglésgravadofundiciónBirminghamanimais de carreirasgalospelexaalcolkgLondrescansStamford, LincolnshirecadaleitocemiterioSt Martin's ChurchLeicestercazadorHarry Grey, 4º conde de Stamfordnadadorgarda de cotogalos de pelexalontraspescatirocarreiras de cabaloscans de cazagravadofundiciónBirminghamkgosoWoolwichCidade de Londresarrefriadocazaterriertraballos forzadoslibraspelexa de galosLoughboroughEdward BrightPiccadillyLondresxilinhistoria de InglaterraestigmaobesidadeJohn BullXurxo IIImpulmónstumefacciónerisipelasestasendócrinaxenéticatiroidesíndrome de Cushingsíndrome Bardet–Biedlsíndrome Prader–Williobesidadedificultades na aprendizaxevaricescervexaJózef BoruwłaskiananocmPokuttyaananos de corteEuropaMaría TareixaEstanislao I LeszczynskiDurhamBirminghamFalstaffTom ThumbguineasInglaterragalgosperseguían lebresCoventryLeicester SquarespanielTattersallsYorkEast AngliaStamfordIpswichMahomaautopsiainsuficiencia cardíacaembolismopulmonarolmom2cemiterioSt Martin's ChurchestadounidenseMills DardenpubsLudgate Hillcatedral de San Paulolingua inglesaCharles DickensXurxo IVWilliam Makepeace ThackerayHerbert SpencerThomas CarlylesarcásticaOliver CromwellMario UchardChâteau de ChambordReino UnidoP. T. Barnumxeneral Tom ThumbLavinia WarrenMinnie WarrenananosComodoro NuttMuseo de StamfordNew Haven, ConnecticutBoston Vauxhall GardensBarnum's American MuseumNova YorkSue TownsendHaymarket TheatreStamford A.F.C.Newarke Houses MuseumGeorge Hotel
Daniel Lambert
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Daniel Lambert | |
---|---|
Retrato, c. 1800, Colección Wellcome | |
Nacemento | 13 de marzo de 1770 |
Leicester, Inglaterra | |
Falecemento | 21 de xuño de 1809 (39 anos) |
Stamford (Lincolnshire) | |
Soterrado | Lincolnshire |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Ocupación | Carcereiro, criador de animais |
Coñecido/a por | Gran tamaño e peso corporal |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Daniel Lambert, nado en Leicester o 13 de marzo de 1770 e finado en Stamford, Lincolnshire, o 21 de xuño de 1809, foi un carcereiro e criador de animais inglés, famoso polo seu gran tamaño corporal pouco habitual. Tras traballar durante catro anos como aprendiz nun taller de gravado e fundición de Birmingham, volveu a Leicester no ano 1788 e sucedeu o seu pai como alguacil da prisión de Leicester. Estaba considerado unha persoa deportista e moi forte, ademais dun experto en animais de carreiras e galos de pelexa.
Tras volver a Leicester o seu peso corporal comezou a aumentar progresivamente, malia manterse activo e, segundo as súas propias declaracións, absténdose de beber alcol e sen comer cantidades excesivas de comida. No ano 1805 a prisión na que traballaba pechou. Naquel entón pesaba uns 320 kg, converténdose na persoa de maior peso corporal rexistrada ata aquel momento. Sen emprego e por mor do seu gran tamaño, Lambert recluíuse no seu fogar.
No ano 1806 a pobreza obrigouno a exhibirse ó público para conseguir ingresos. En abril de 1806 trasladouse a Londres, cobrando ós espectadores unha tarifa para entrar no seu apartamento e coñecelo. Os visitantes quedaban impresionados pola súa intelixencia e personalidade, e visitalo tornouse nunha actividade de moda na cidade. Tras varios meses de exhibición pública, Lambert cansou desta situación e en setembro de 1806 volveu, considerablemente máis rico, a Leicester, onde pasou a criar cans de carreiras e a asistir a eventos deportivos de forma regular. Entre os anos 1806 e 1809 fixo unha serie de xiras curtas para exhibirse de novo e recadar máis fondos.
Faleceu subitamente o 21 de xuño de 1809 en Stamford, Lincolnshire. No momento da súa morte pesaba uns 335 kg, e o seu cadaleito precisou uns 10,4 m² de madeira. Malia que o seu ataúde levaba unhas rodas e que o camiño ó lugar do enterro estaba preparado en pendente para facilitar o seu transporte, precisáronse 20 homes que tardaron unha media hora en levar o ataúde ata o lugar, nun novo cemiterio na parte posterior de St Martin's Church. Malia que outras persoas superaron posteriormente o rexistro de Lambert como a persoa de maior peso corporal da historia, en Leicester segue sendo unha personaxe recordada na cultura popular, e no ano 2009 o xornal Leicester Mercury describiuno como "unha das iconas máis apreciadas da cidade".
Índice
1 Traxectoria
1.1 Primeiros anos
1.2 Peso corporal e desemprego
1.3 Exhibición en Londres
1.4 Exame médico
1.5 Visita de Józef Boruwłaski
1.6 Retorno a Leicester
1.7 Morte
2 Soterramento
3 Legado
3.1 P. T. Barnum
3.2 Na memoria popular
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Bibliografía
Traxectoria |
Primeiros anos |
Daniel Lambert naceu no fogar familiar de Blue Boar Lane, Leicester, o 13 de marzo de 1770.[1][a] O seu pai, chamado tamén Daniel Lambert, servira como cazador para Harry Grey, 4º conde de Stamford,[3] e cando naceu o seu fillo era o carcereiro da prisión de Leicester.[1] Lambert foi o maior de catro, con dúas irmás e un irmán que faleceu de mozo.[4]
Ós oito anos de idade estaba considerado un bo nadador,[5] e durante gran parte da súa vida adicouse a ensinar ós nenos da vila a nadar.[6] O seu tío paterno era un garda de coto profesional, e o seu avó materno fora criador de galos de pelexa.[4] Lambert desenvolveu un grande interese polos deportes de campo,[4] gozando particularmente da caza de lontras, da pesca, do tiro e das carreiras de cabalos.[7] Na súa xuventude estivo considerado un bo deportista,[4] e nos últimos anos de adolescencia pasou a estar considerado como un experto na cría de cans de caza.[8]
En 1784 pasou a traballar como aprendiz en Messrs Taylor & Co, un taller de gravado e fundición de Birmingham dirixido por Benjamin Patrick.[3] Esta fábrica especializábase en cintos e botóns gravados que pasaron a non estar de moda, polo que o negocio foi en declive.[8] No ano 1788 Lambert volveu a Leicester, servindo como axudante do seu pai na prisión.[3][b] O seu pai retirouse ó pouco tempo e Lambert sucedeuno como o carcereiro da prisión.[9] Foi un carcereiro respectado, facendo amizade con moitos dos prisioneiros e tentando axudalos cando estes ían a xuízo.[9][10]
Peso corporal e desemprego |
Aínda que en declaracións do propio Lambert este non comía cantidades especialmente abondosas de comida, cando volveu a Leicester o seu peso corporal comezou a aumentar de forma progresiva, e cara ó ano 1793 pesaba uns 200 kg.[3] Preocupado polo seu estado físico, no seu tempo libre adicábase a facer exercicio, traballando a súa forza ata o punto de ser capaz de carrexar uns 250 kg de peso con facilidade.[8] Nunha ocasión durante un espectáculo dun oso bailarín exhibido en Blue Boar Lane, o seu can escapouse e mordeu o oso. O oso golpeou o can e deixouno tirado no chan, e Lambert pediulle ó coidador que o suxeitase para poder recuperar o seu can ferido. No seu lugar o coidador do oso quitoulle o bozo permitíndolle atacar o can.[8] Segundo o reconto do suceso Lambert golpeou o oso cunha vara e coa súa man esquerda, golpeándoo na cabeza e deixándoo tirado no chan para que o can puidese escapar.[11][9][c]
Malia a súa cada vez maior corpulencia, Lambert mantíñase en forma e activo, chegando nunha ocasión a camiñar uns 11 km dende Woolwich ata a Cidade de Londres "cunha fatiga aparentemente moito menor que varios outros homes de mediano tamaño que ían no seu grupo".[5] Sen posuír unha grande axilidade, o seu gran tamaño non lle supoñía unha restrición significativa, e era capaz de manterse de pé sobre unha perna mentres levantaba a outra ata unha altura duns 2 metros.[6] Continuou coa ensinanza de natación en Leicester, e era capaz de manterse flotando con dous homes adultos sentados nas súas costas.[9] Non lle gustaba cambiarse de roupa, e adoitaba levar a mesma roupa do día anterior incluso cando aínda estaba húmida.[13] Segundo o propio Lambert, este comportamento nunca lle provocou un arrefriado ou ningunha outra enfermidade.[14]
Cara a 1801 o seu peso corporal incrementárase ata uns 250 kg, e o seu tamaño impedíalle tanto a el coma ó seu cabalo manter o ritmo da caza, polo que se viu obrigado a deixar esta actividade.[9] O seu interese por este tipo de actividades non cesou e pasou a adicarse a manter unha manda duns 30 cans terrier.[7] Foi nesta época cando, malia manter unha sólida reputación como carcereiro, xurdiron serias preocupacións pola súa aptitude física para este posto.[15] Naquel momento as prisións tradicionais estaban perdendo popularidade, pasando a substituírse por institucións de traballos forzados, e en 1805 a prisión onde traballaba foi finalmente clausurada.[10] Lambert quedou sen emprego, aínda que mantivo unha renda anual dunhas 50 libras[d] outorgada polos maxistrados de Leicester en recoñecemento do seu servizo como carcereiro.[17]
Para aquel entón a barriga de Lambert acadara un tamaño desproporcionado. Ata seis homes de tamaño normal podían meterse xuntos no seu chaleco,[18] e cada unha das súas calzas era do tamaño dun saco.[1] A súa renda anual de 50£ non lle chegaba para cubrir custos, e non podía traballar por mor do seu gran tamaño corporal,[19] converténdose virtualmente nun recluso.[20] Comezaron entón a espallarse varias historias sobre a súa gran corpulencia, e algúns dos viaxeiros que visitaban Leicester comezaron a usar varios pretextos para entrar no seu fogar e poder velo.[21][15]
Sensible polo seu peso, Lambert non deixaba que ninguén o pesase, pero nunha ocasión no ano 1805 uns amigos persuadírono para que asistise xunto a eles a unha pelexa de galos en Loughborough. Unha vez que conseguiu entrar no carruaxe con dificultades, o resto do grupo conduciuno ata unha gran báscula e saltaron do carro. Tras descontar o peso do carro baleiro que xa mediran con anterioridade, calcularon que o peso corporal de Lambert estaba nuns 320 kg, superando a Edward Bright, cuns 279 kg de peso,[22] como a persoa rexistrada de maior peso corporal da historia ata ese momento.[19][23]
Exhibición en Londres |
EXHIBICIÓN.—O Sr. DANIEL LAMBERT, de Leicester, a maior Curiosidade no Mundo, quen, á idade de 36, pesa máis de TRESCENTOS DEZASETE QUILOS. O Sr. Lambert recibirá Compañía na súa Casa, No.53, Piccadilly, en fronte a St. James's Church, dende as 12 ata as 5 en punto.—Entrada 1s. —Anuncio no xornal The Times, 2 de abril de 1806 (Tradución do orixinal)[24] |
Malia a súa timidez, Lambert precisaba ingresos con urxencia, polo que non viu outra alternativa que exhibirse a si mesmo, cobrándolle entrada ós espectadores.[19] O 4 de abril de 1806 subiu a un carruaxe especialmente construído para el e viaxou dende Leicester[25] ata o seu novo fogar no número 53 de Piccadilly, naquel entón preto do límite occidental de Londres.[19] Durante cinco horas cada día recibía visitantes no seu fogar, cobrando un xilin por cada un deles.[e][24]
Lambert compartía o seu interese e coñecemento dos deportes, cans e cría de animais coas clases media e alta de Londres,[26] polo que visitalo e trabar a súa amizade pasou a estar de moda en pouco tempo na cidade.[26] Un banqueiro chegou a facerlle 20 visitas, pagando a entrada en cada unha das ocasións.[17] Durante este período da historia de Inglaterra non había un estigma real da obesidade, polo que o público xeral consideraba a Lambert unha marabilla admirable, en lugar dun becho raro.[26] Esta aventura de negocio tivo un éxito inmediato, atraendo a uns 400 visitantes diarios.[27] A descrición do seu fogar era de ter un aire dun lugar de vacacións de moda, no canto dun lugar de exhibición, e a Lambert agradáballe que os visitantes adoitaban tratalo con cortesía, e non simplemente coma un espectáculo.[28] Lambert insistía en manter unha atmosfera de civismo cos seus invitados, e tódolos homes que entraban nos seus cuarto debían quitarse o chapeu.[26][29]
A súa popularidade chegou a inspirar a un imitador a pouca distancia del en Sackville Street[30] e a xente viaxaba grandes distancias para visitar a Lambert,[31] moitos deles pasando varias horas con el conversando sobre a cría de animais.[26] Unha figura de cera a tamaño real de Lambert pasou a exhibirse en Londres, tornándose extremadamente popular.[12] Daniel Lambert pasou en pouco tempo a converterse nun personaxe popular para os debuxantes de tiras cómicas, que adoitaban representalo como John Bull.[30] Lambert mesturouse ben coas clases sociais altas, e nunha ocasión coñeceu o rei Xurxo III,[26] aínda que non se conserva un rexistro da reacción de ámbolos dous desta presentación entre eles.[26]
Exame médico |
Lambert chamou a atención da profesión médica, e pouco tempo despois da súa chegada a Londres a revista Medical and Physical Journal publicou un artigo sobre el.[27] Confirmaron que pesaba 320 kg, e mediron a súa altura en 1,80 m.[27] Un exame médico exhaustivo determinou que as súas funcións corporais estaban correctas, e que respiraba sen dificultades.[27][32] O artigo describía a Lambert como activo e mentalmente alerta,[32] culto e cunha memoria excelente.[33] Gustáballe cantar,[26] e tiña unha fala normal que non amosaba sinais de ningún tipo de presión nos seus pulmóns.[32] Os doutores detectaron unha tumefacción dos seus pes, pernas e cadeira, e unha acumulación de graxa no seu abdome,[27] pero á marxe dunha pel grosa e escamada nas pernas causada por ataques previos de erisipela, non tiña problemas de saúde. Lambert afirmou perante os doutores que inxería cantidades normais de comida ordinaria.[27] Declarou que dende 1795 non bebera nada máis que auga,[34] e que malia ser aínda moi novo e asistir regularmente a festas e reunións, naquel entón non se unía ós seus compañeiros na bebida.[35] Lambert estimou que era capaz de camiñar uns 400 m sen dificultades.[36] Durmía con regularidade non máis de oito horas por noite, sempre coa ventá aberta, e non se lle escoitaba roncar nunca,[37] acadando un estado de alerta completa ós cinco minutos de espertar[37] e sen tomar sestas durante o día.[32]
É imposible coñecer con certeza a causa do extremo peso de Daniel Lambert, pero considérase pouco probable que estivese causado por unha desorde endócrina ou xenética.[38] Á marxe do seu peso, non amosaba síntomas dunha desorde tiroide,[38] e ningún dos seus retratos o representa coa obesidade facial típica da síndrome de Cushing.[39] Os pacientes da síndrome Bardet–Biedl e da síndrome Prader–Willi, síndromes xenéticas que poden dar lugar a obesidade nos pacientes, tamén sofren de dificultades na aprendizaxe e de debilidade muscular, pero Lambert estaba considerado un home moi intelixente, extremadamente forte e, agás polas erisipelas e varices nas súas pernas, non sufría de problemas de saúde aparentes.[39] Un comentarista coetáneo afirmou que "O Sr. Lambert escasamente coñece o que é estar enfermo ou indisposto".[35] O único problema fisiolóxico rexistrado de Lambert foi unha ocasional "depresión do espírito", durante a súa estancia en Londres.[13] Malia que uns tíos seus sufrían tamén de obesidade, os seus pais e irmás sobreviventes mantiveron unha fisionomía normal durante toda a vida.[40]
Consecuentemente, é probable que o aumento de peso de Lambert estivese provocado non por unha desorde física senón por unha combinación dunha inxestión excesiva de comida e dunha falta de exercicio.[39] Malia ter unha constitución pesada na súa xuventude, comezou a gañar peso só cando comezou a traballar no relativamente sedentario traballo de carcereiro da prisión.[41] Unha biografía de Lambert publicada durante a súa vida afirmaba que "foi ó cumprirse un ano desta asignación cando a súa corpulencia presentou o maior e máis rápido incremento".[42] Aínda que afirmaba comer pouco e absterse de tomar alcol, considérase moi probable que un home co seu estilo de vida e posición na sociedade inxerise grandes cantidades de carne e tomase cervexa nos eventos sociais.[41]
Visita de Józef Boruwłaski |
Tras pasar varios meses en Londres, Lambert recibiu a visita de Józef Boruwłaski, un anano de 99 cm de altura.[43] Nado en 1739 no seo dunha familia pobre na vila rural de Pokuttya,[44] Boruwłaski estaba considerado o último dos ananos de corte de Europa.[45] Fora presentado á emperatriz María Tareixa en 1754,[46] e tras un curto período de tempo residindo co despoxado rei polaco Estanislao I Leszczynski,[43] pasou a exhibirse por Europa, gañando unha considerable fortuna.[47] Ós 60 anos de idade retirouse a Durham,[48] onde se converteu nunha figura tan popular que a cidade de Durham pasou a pagarlle para que vivise alí,[49] converténdose nun dos seus cidadáns máis famosos.[48]
Boruwłaski recordaba unha visita que lle fixera Lambert en Birmingham cando este aínda traballaba no taller de gravado, e afirmou: "Vin esta cara hai vinte anos en Birmingham, pero certamente estaba noutro corpo".[43] Os dous homes compararon a súa vestimenta, calculando que unha manga de Lambert daría suficiente tela para un abrigo completo de Boruwłaski.[50] A reunión entre Lambert e Boruwłaski, o home máis grande e o home máis pequeno do país,[50] suscitou un grande interese público, e un xornal cualificou o encontro como unha reunión entre "Falstaff e Tom Thumb".[43]
Retorno a Leicester |
A forma medio cortés, medio taciturna na que este "groseiro home gordo" recibía á maioría dos seus visitantes coincidía co humor do meu marido, ó que lle agradaba tanto como sentía mágoa del, pois era angustioso escoitar algunhas veces as bastas observacións feitas por xente insensible, e as preguntas parvas sen pensar de moitos deles sobre o seu apetito. —Anne Mathews, viúva de Charles Mathews, sobre a relación deste con Lambert. (Tradución do orixinal)[51] |
Aínda que en xeral era respectado pola sociedade de Londres, canto máis tempo pasaba alí máis irritable se tornaba. Tímido e consciente da súa condición,[52] sentíase anoxado polas repetidas preguntas sobre o tamaño da súa roupa.[52] En resposta a unha petición dunha muller que lle preguntou polo custo do seu abrigo, respondeu: "Non podo pretender cargar a miña memoria co prezo, pero podo facilitarlle o método de obter a información que require. Se cree conveniente regalarme un novo abrigo, saberá entón exactamente o que custa".[53] Outro espectador interesado afirmou que xa que o prezo da entrada era o que servía para pagar a roupa de Lambert, tiña tamén o dereito de saber máis. Lambert respondeu "Señor, se soubese que parte do meu próximo abrigo vai pagar o seu xilin, podo asegurarlle que cortaría a peza".[54] Lambert calculou en 1806 que un traxe completo custáballe unhas 20 £.[55][f]
Lambert rexeitou ofertas de varios empresarios e axentes para representalo,[56] e cara a setembro de 1806 retornou a Leicester coma un home rico.[35] Retomou os seus pasatempos favoritos, criando cans e galos de pelexa.[57] Tiña unha cadela de cría terrier pola que lle ofreceron unhas 100 guineas[g] que estaba considerada unha das mellores de Inglaterra. Rexeitou vendela, quedándose con ela como animal de compañía para toda a súa vida.[57] Volveu a asistir a eventos deportivos,[56] e un artigo no Leicester Journal de setembro de 1806 sobre as carreiras de Leicester indicou que "Entre as distinguidas personaxes sobre a pista aledounos ver o noso vello amigo, o Sr. Daniel Lambert, nun aparente bo estado de saúde e espírito".[57] Sen poder seguir as cazas montado a cabalo, usou unha parte do diñeiro conseguido en Londres para reunir unha manda de galgos, observándoos dende o seu carruaxe mentres perseguían lebres na campiña de Leicestershire.[57]
En decembro de 1806 Lambert realizou unha breve xira para recadar fondos, exhibíndose de novo en Birmingham e Coventry. A comezos do ano seguinte volveu a Londres, quedándose unha tempada en Leicester Square.[57] Alí caeu enfermo. O seu médico, o doutor Heaviside, cría que a súa doenza podía estar causada polo aire contaminado de Londres, polo que Lambert volveu a Leicester.[58] Recuperouse da enfermidade, e a finais de 1807 levou a cabo unha serie de xiras por Inglaterra.[57]
No verán de 1808 Lambert permaneceu en Londres durante un breve período de tempo, onde vendeu un par de cans spaniel por unhas 75 guineas[h] en Tattersalls,[57] e máis tarde ese ano fixo unha pequena exhibición en York.[59] En xuño de 1809 comezou unha nova xira por East Anglia, finalizando en Stamford durante as Stamford Races.[59] Un reconto da época suxire que tiña pensado que esta xira fose a última, xa que entón sería o suficientemente rico como para retirarse.[59] Durante esta xira, Lambert foi pesado en Ipswich. O seu peso naquel momento foi de 335 kg.[58] Incapaz de utilizar escaleiras, alugou unha habitación no baixo da pousada Waggon & Horses no número 47 de Stamford High Street o 20 de xuño de 1809.[3][59]
Morte |
Trala súa chegada a Stamford Lambert envioulle unha mensaxe ó xornal Stamford Mercury para encargar uns anuncios e folletos.[60] Dicindo que "como a Montaña non podía agardar por Mahoma, Mahoma iría ata a montaña", pediulle ó impresor que lle fixese unha visita na pousada Waggon & Horses, para debater os requirimentos da impresión.[61] Esa mesma noite Lambert estaba na súa cama e admitiu sentirse esgotado, pero aínda así foi capaz de explicarlle os seus requirimentos ó impresor, ansioso de que os folletos fosen entregados a tempo.[60]
Na mañá do día 21 de xuño Lambert espertou a súa hora habitual e semellaba ter boa saúde.[60] Segundo comezaba a afeitarse, queixouse de que tiña dificultades para respirar.[60] Dez minutos despois colapsou e faleceu.[60] Non se lle practicou unha autopsia, e descoñécese a causa exacta da súa morte.[62] Moitas fontes afirman que faleceu por mor dunha dexeneración graxa do corazón ou de estrés no mesmo provocado pola súa corpulencia. Porén, o seu comportamento nos días previos á súa morte non coincide cos síntomas habituais presentados por aqueles que sofren de insuficiencia cardíaca. Varias testemuñas indicaron que na mañá do seu pasamento presentaba unha aparencia saudable, antes de quedar sen alento e colapsar.[62] O autor Jan Bondeson especulou que a explicación máis consistente para a súa morte, tendo en conta os seus síntomas e historial médico, é que sufriu un embolismo pulmonar.[62]
Soterramento |
O seu cadáver ía ser retornado a Leicester, polo que no 22 de xuño foi colocado dentro dun cadaleito de madeira de olmo de 193 cm de largo, 132 cm de ancho e 71 cm de profundidade, construído sobre unhas rodas que permitían movelo con máis facilidade,[60][61] que precisou uns 10,4 m2 de madeira para a súa fabricación.[63] O ataúde resultaba tan grande que para conducilo fóra da pousada cara ó recentemente aberto cemiterio na parte traseira de St Martin's Church, tiveron que demoler a ventá e parte da parede do seu apartamento.[64] A tumba tiña un tamaño acorde para o cadaleito, cunha aproximación en pendente para evitar ter que baixar o ataúde dende arriba. Así a todo, o 23 de xuño precisouse de 20 homes que tardaron unha media hora en levar o cadaleito ata a tumba.[65]
As amizades de Lambert pagaron para que se instalase unha gran lápida, coa seguinte inscrición:[66][i]
En Recordo dese Prodixio da Natureza.
DANIEL LAMBERT.
un Nativo de Leicester:
quen posuía unha Mente exaltada e sociable
e na Grandeza persoal non tiña Competidor
Medía tres Pés unha Polgada ó redor da Perna
nove Pés catro Polgadas ó redor do Corpo
e pesaba
Trescentos trinta e cinco Quilos!
Deixou esta Vida o 21 de xuño de 1809
Á idade de 39 anos
Como Testemuño de Respecto esta Pedra foi erixida polos seus Amigos en Leicester
Legado |
A finais de 1809 J. Drakard publicou The life of that wonderful and extraordinary heavy man, the late Danl. Lambert, from his birth to the moment of his dissolution, with an account of men noted for their corpulency, and other interesting matter, a primeira biografía completa de Lambert publicada trala súa morte.[67][68] O rexistro de Lambert como a persoa de maior peso corporal na historia rexistrada foi superado en pouco tempo polo estadounidense Mills Darden (1799–1857), pero para entón Lambert convertérase nunha figura de culto, e case tódolos obxectos que tiñan algunha conexión con el foron preservados para a posteridade.[12] A súa roupa e posesións vendéronse en poxas, e moitas delas presérvanse en varios museos.[12]
Por toda Inglaterra nomeáronse pousadas e pubs na súa memoria, particularmente en Leicester e Stamford. O pub Daniel Lambert no número 12 de Ludgate Hill,[69] preto da entrada da catedral de San Paulo en Londres,[70] era moi coñecido e tiña un gran retrato de Lambert así como un dos seus bastóns expostos no recibidor.[18] James Dixon, propietario da pousada Ram Jam Inn en Stamford, mercou o traxe que Lambert levaba posto o día do seu pasamento e exhibiuno na pousada, que cambiou de nome para o de Daniel Lambert.[18]
O termo "Daniel Lambert" pasou a ser de uso común na lingua inglesa falada e escrita, empregado para referirse a calquera home gordo.[71] O seu nome continuou tendo este uso durante moitos anos tralo seu finamento. En 1852 Charles Dickens afirmou que "o nome de Lambert coñécese mellor que a súa historia".[72] Na súa novela Nicholas Nickleby Dickens compara a obesidade de Xurxo IV á de Lambert.[73]William Makepeace Thackeray usou o termo na súa novela Vanity Fair para referirse o obeso Joseph Sedley,[74] e na obra The Luck of Barry Lyndon para referirse ó servente obeso Tim.[73]
Co paso do tempo "Daniel Lambert" pasou a facer referencia a calquera cousa que fose excepcionalmente grande. Herbert Spencer, na obra The Study of Sociology, usou a frase "un Daniel Lambert da aprendizaxe",[75] mentres que Thomas Carlyle usouno de forma sarcástica para referirse a Oliver Cromwell como "este gran Xogador inchado e desafortunado lambón 'Daniel Lambert en espírito'".[76] En 1874 o xornal The Times, nunha revisión da recentemente traducida comedia francesa La Fiammina de Mario Uchard na que un personaxe chámase "Daniel Lambert", indicou que o nome "sempre se asocia na mente inglesa coa noción de obesidade",[77] e en 1907, case 100 anos trala morte de Lambert, fixeron unha referencia ó Château de Chambord como "o Daniel Lambert entre os châteaux".[78] Nellie Lambert Ensall, no seu momento a muller de maior peso corporal no Reino Unido, afirmou en 1910 que era a bisneta de Daniel Lambert, pero esta afirmación considérase falsa xa que Lambert non chegou a casarse e é pouco probable que tivese descendencia.[79]
P. T. Barnum |
P. T. Barnum e o xeneral Tom Thumb (Charles Sherwood Stratton), de 64 cm de altura, visitaron Stamford en 1846 e doaron un dos disfraces de Thumb a Dixon para que fose exposto xunto ó de Lambert.[18] En 1866, o xeneral Tom Thumb xunto coa súa muller tamén de reducida estatura Lavinia Warren (Mercy Lavinia Warren Bump), a irmá desta Minnie Warren (Huldah Pierce Warren Bump) e outro dos ananos famosos de Barnum o Comodoro Nutt (George Washington Morrison Nutt), visitaron Stamford.[18] Todos eles xuntos eran capaces de pasar a través do oco dos calzóns de Lambert a altura dos xeonllos.[18] En 1866 os traxes de Lambert e de Tom Thumb vendéronse á Old London Tavern en Stamford,[18] e posteriormente pasaron a estar en posesión do Museo de Stamford.[80][j]
A figura de cera de 1806 de Lambert exportouse ata os Estados Unidos e exhibiuse en New Haven, Connecticut cara ó ano 1813.[12] En 1828 a figura estivo exposta nos Boston Vauxhall Gardens vestida cun conxunto completo da roupa do propio Lambert.[12] P.T. Barnum mercouna posteriormente e pasou a exhibila no Barnum's American Museum de Nova York, pero o museo quedou destruído por mor dun incendio no ano 1865 e a figura fundiuse pola calor e perdeuse.[12]
Na memoria popular |
Lambert pasou a ser unha personaxe popular en Leicester, descrito no ano 2009 polo xornal Leicester Mercury como "unha das iconas máis apreciadas da cidade",[82] e varios pubs e negocios locais levan o seu nome.[1] A obra de Sue Townsend titulada The Ghost of Daniel Lambert, na que a pantasma de Lambert desaproba a demolición e o novo desenvolvemento de 1960 do centro histórico de Leicester, estreouse no Haymarket Theatre de Leicester no ano 1981.[83] Lambert é unha figura popular tamén en Stamford, e o equipo de fútbol local Stamford A.F.C. recibe o alcume de "The Daniels" na súa honra.[84]
Un dos traxes de Lambert, xunto coa súa cadeira de brazos, o seu bastón, a súa fusta e o seu libro de oracións están en exhibición permanente no Newarke Houses Museum de Leicester.[85] O pub Daniel Lambert en Ludgate Hill xa non existe, e os obxectos alí amosados pasaron a estar en exposición permanente no George Hotel de Stamford.[85] No ano 2009, no 200 aniversario do seu pasamento, Leicester celebrou o "Día de Daniel Lambert", no que máis de 800 persoas asistiron a un evento na súa honra no Newarke Houses Museum.[86]
Notas |
↑ Blue Boar Lane é coñecido por ser o lugar onde se atopa a pousada "Blue Boar", na que Ricardo III pasou a súa última noite do 21 de agosto de 1485 antes de finar na batalla de Bosworth Field.[2]
↑ Algunhas fontes datan o seu retorno a Leicester en 1791, trala destrución do edificio de Messrs Taylor & Co druante os disturbios Priestley de xullo de 1791.[8]
↑ Malia que a loita co oso non se disputa, o reconto da súa vitoria na pelexa pode non ser exacto. Algunhas fontes indican que o oso resultou vitorioso e que Lambert só conseguiu saír vivo por pouco.[12]
↑ Equivalentes a unhas 3700 £ a data de 2016.[16]
↑ Equivalente a unhas 3,7 £ a data de 2016.[16]
↑ Equivalentes a unhas 1500 £ a data de 2016.[16]
↑ Equivalentes a unhas 7700 £ a data de 2016.[16]
↑ Equivalentes a unhas 5500 £ a data de 2016.[16]
↑ Tradución e adptación do orixinal.[66]
↑ En xuño de 2010 anunciouse que o Museo de Stamford pecharía en xuño de 2011, e que a súa colección sería transferida á Biblioteca de Stamford.[81]
- Referencias
↑ 1,01,11,21,3 Bondeson 2006, p. 112.
↑ Thompson, James (1849). The History of Leicester from the time of the Romans to the end of the seventeenth century. Leicester: J. S. Crossley. OL 21845999M.
↑ 3,03,13,23,33,4 Seccombe, Thomas. "Daniel Lambert". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. (require subscrición (?)).
↑ 4,04,14,24,3 Wilson 1806, p. 4.
↑ 5,05,1 Wilson 1806, p. 10.
↑ 6,06,1 Timbs 1866, p. 273.
↑ 7,07,1 Wilson 1806, p. 21.
↑ 8,08,18,28,38,4 Bondeson 2006, p. 113.
↑ 9,09,19,29,39,4 Bondeson 2006, p. 114.
↑ 10,010,1 Wilson 1806, p. 11.
↑ Wilson 1806, pp. 6–8.
↑ 12,012,112,212,312,412,512,6 Bondeson 2006, p. 126.
↑ 13,013,1 Wilson 1806, p. 22.
↑ Wilson 1806, p. 23.
↑ 15,015,1 Bondeson 2006, p. 115.
↑ 16,016,116,216,316,4 Clark, Gregory (2017). "What Were the British Earnings and Prices Then? (New Series)". MeasuringWorth.
↑ 17,017,1 Dickens 1852, p. 548.
↑ 18,018,118,218,318,418,518,6 Bondeson 2006, p. 127.
↑ 19,019,119,219,3 Bondeson 2006, p. 116.
↑ Wilson 1806, pp. 11–12.
↑ Wilson 1806, p. 12.
↑ Wilson 1806, p. 28.
↑ Bondeson 2006, p. 129.
↑ 24,024,1 "Exhibition". The Times (6700). 2 de abril de 1806. p. 1B. (require subscrición (?)).
↑ Timbs 1866, pp. 273–274.
↑ 26,026,126,226,326,426,526,626,7 Bondeson 2006, p. 118.
↑ 27,027,127,227,327,427,5 Bondeson 2006, p. 117.
↑ Wilson 1806, p. 13.
↑ Wilson 1806, p. 14.
↑ 30,030,1 Altick 1978, p. 254.
↑ Wilson 1806, pp. 14–15.
↑ 32,032,132,232,3 Wilson 1806, p. 2.
↑ Wilson 1806, p. 3.
↑ Dickens 1864, p. 355.
↑ 35,035,135,2 Wilson 1806, p. 19.
↑ Wilson 1842, p. 20.
↑ 37,037,1 Wilson 1806, p. 20.
↑ 38,038,1 Bondeson 2006, pp. 131–132.
↑ 39,039,139,2 Bondeson 2006, p. 132.
↑ Wilson 1806, pp. 3–4.
↑ 41,041,1 Bondeson 2006, p. 133.
↑ Wilson 1806, pp. 9–10.
↑ 43,043,143,243,3 Bondeson 2006, p. 119.
↑ Leroi 2003, p. 170.
↑ Leroi 2003, p. 175.
↑ Leroi 2003, p. 171.
↑ Bondeson 2006, p. 211.
↑ 48,048,1 Bondeson 2006, p. 212.
↑ Leroi 2003, p. 174.
↑ 50,050,1 Wilson 1806, p. 16.
↑ Mathews, Anne (1860). The life and correspondence of Charles Mathews, the elder, Comedian (en inglés). Londres: Routledge, Warne and Routledge. p. 384. OL 13497676M.
↑ 52,052,1 Bondeson 2006, p. 120.
↑ Wilson 1806, p. 18.
↑ Wilson 1806, p. 17.
↑ Wilson 1806, p. 34.
↑ 56,056,1 Bondeson 2006, p. 121.
↑ 57,057,157,257,357,457,557,6 Bondeson 2006, p. 122.
↑ 58,058,1 Timbs 1866, p. 274.
↑ 59,059,159,259,3 Bondeson 2006, p. 123.
↑ 60,060,160,260,360,460,5 Bondeson 2006, p. 124.
↑ 61,061,1 Wilson 1842, p. 19.
↑ 62,062,162,2 Bondeson 2006, p. 134.
↑ Bartlam, Norman (2011). "2 - Longest, Tallest & Oldest". The Little Book of Birmingham. The History Press. ISBN 9780750953900.
↑ "Human Obesity". The Times (30891). 6 de agosto de 1883. p. 8C. (require subscrición (?)).
↑ Timbs 1866, pp. 275–276.
↑ 66,066,1 "Daniel Lambert". Find A Grave. Consultado o 6 de febreiro de 2017.
↑ Bondeson 2006, p. 125.
↑ The life of that wonderful and extraordinary heavy man, the late Danl. Lambert, from his birth to the moment of his dissolution, with an account of men noted for their corpulency, and other interesting matter (en inglés). Nova York: Samuel Wood & Sons. 1818. OL 15083528M.
↑ "Ward of Castle Baynard.—Election of Alderman". The Times (28429). 24 de setembro de 1875. p. 8E. (require subscrición (?)).
↑ "The Estate Market". The Times (38222). 5 de xaneiro de 1907. p. 3A. (require subscrición (?)).
↑ Gilman 2010, p. 3.
↑ Dickens 1852, p. 547.
↑ 73,073,1 Bondeson 2006, p. 128.
↑ Thackeray 1848, p. 50.
↑ Spencer, Herbert (June 1873). "The Study of Sociology". The Popular Science Monthly (Londres) 3 (9): 50.
↑ Carlyle 1858, p. 226.
↑ "French Plays". The Times (28022). 6 de xuño de 1874. p. 5E.
↑ "A Few Days in France: The châteaux of the Loire". The Times (40219). 23 de maio de 1913. p. 6A. (require subscrición (?)).
↑ Bondeson 2006, p. 131.
↑ "Buildings and features of interest". Stamford Town Council. p. 1. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2010.
↑ "Stamford Museum to close". Stamford Mercury. Stamford: Johnston Press. 4 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2010.
↑ "Tuesday's Pick: Daniel Lambert Day". Leicester Mercury (Leicester). 25 de agosto de 2009. p. 21. Consultado o 24 de xuño de 2010. [Ligazón morta]
↑ Chaillet, Ned (15 de xuño de 1981). "Leicester Lamented". The Times (60954). p. 7E. (require subscrición (?)).
↑ "History". Stamford Association Football Club Ltd. Stamford: ETD Media. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2010.
↑ 85,085,1 Bondeson 2006, p. 135.
↑ "Revival of the fattest marks Lambert Day". Leicester Mercury (Leicester). 26 de agosto de 2009. p. 2. Consultado o 24 de xuño de 2010. [Ligazón morta]
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Lambert |
Bibliografía |
Altick, Richard D. (1978). The Shows of Londres (en inglés). Boston: Harvard University Press. p. 254. ISBN 0-674-80731-6.
Bondeson, Jan (2006). Freaks: The Pig-Faced Lady of Manchester Square & Other Medical Marvels (en inglés). Stroud: Tempus Publishing. ISBN 0-7524-3662-7.
Carlyle, Thomas (1858). Latter-day Pamphlets (en inglés). Londres: Chapman and Hall. OL 14018283M.
Dickens, Charles (21 de agosto de 1852). A Great Idea. Household Words (en inglés) 5 (Londres).
Dickens, Charles (19 de novembro de 1864). Fat People. All the Year Round (en inglés) 12 (Londres: Charles Dickens).
Gilman, Sander L. (2010). Obesity: The Biography (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-955797-7.
Leroi, Armand Marie (2003). Mutants (en inglés). Londres: Harper Perennial. ISBN 0-00-653164-4.
Thackeray, William Makepeace (1848). Vanity Fair: A Novel Without a Hero (en inglés). Londres: Bradbury and Evans. OL 20555259M.
Timbs, John (1866). English Eccentrics and Eccentricities (en inglés) 1. Londres: Richard Bentley. OCLC 1002991. OL 23783441M.
Wilson, G. H. (1806). The Eccentric Mirror (en inglés) 1. Londres: James Cundee. OCLC 7433127. OL 23296559M.
Wilson, G. H. (1842). Wonderful Characters (en inglés). Londres: J. Barr and Co.
|
Categorías:
- Nados en Leicester
- Personalidades de Inglaterra
- Nados en 1770
- Finados en 1809
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.160","walltime":"1.405","ppvisitednodes":"value":7642,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":82153,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4755,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":1,"limit":20,"unstrip-size":"value":87850,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1188.564 1 -total"," 25.75% 306.033 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 23.07% 274.170 152 Modelo:Sfn"," 19.27% 228.992 2 Modelo:Listaref"," 19.22% 228.484 1 Modelo:Biografía"," 18.32% 217.698 1 Modelo:Infobox"," 13.70% 162.883 18 Modelo:Propiedade"," 8.95% 106.348 15 Modelo:Cita_libro"," 3.92% 46.572 9 Modelo:Cita_novas"," 2.66% 31.598 6 Modelo:Cita_web"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.700","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5364445,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1239","timestamp":"20190410000631","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Daniel Lambert","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Daniel_Lambert","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q1161485","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q1161485","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2016-12-13T08:21:55Z","dateModified":"2018-09-04T01:34:18Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/3/3e/Daniel_Lambert%2C_weighing_almost_forty_stone._Oil_painting._Wellcome_L0034100.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":158,"wgHostname":"mw1262"););