Skip to main content

Tiny Thompson Índice Primeiros anos | Carreira na NHL | Carreira despois da NHL | Estilo de xogo | Legado | Estatísticas | Premios e recoñecementos | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Tiny Thompson—Career statistics""Tiny Thompson—Biography""1928–29 Boston Bruins statistics""Boston Bruins season""1929–30 Vezina Trophy Winner—Tiny Thompson""Vezina Trophy"o orixinal"1929–30 Boston Bruins statistics""Tiny Thompson: Notes""1932–33 Vezina Trophy Winner—Tiny Thompson""1934–35 Boston Bruins statistics""1935–36 Vezina Trophy Winner—Tiny Thompson""1937–38 Boston Bruins statistics""1937–38 Vezina Trophy Winner—Tiny Thompson""Calder Memorial Trophy"o orixinal"Cecil (Tiny) Thompson 1939–40"o orixinal"Cecil "Tiny" Thompson""Season Leaders and Records for Points Percentage (Goalie)""Boston Bruins Season Leaders""Boston Bruins Career Leaders""Career Leaders and Records for Shutouts""Tiny Thompson""Career Leaders and Records for Goals Against Average""Cecil (Tiny) Thompson"Estatísticas da carreira de Tiny Thompson"Ficha de Tiny Thompson"Estatísticas de Tiny ThompsonEliteprospects.comBiografía de Tiny ThompsonLegends of HockeyEstatísticas de Tiny ThompsonEliteprospects.comEstatísticas da carreira de Tiny ThompsonThe Internet Hockey DatabaseFicha de Tiny ThompsonNHL.comThompson-45817802165387thompti018450127

Nados en 1903Finados en 1981Xogadores dos Boston BruinsXogadores dos Detroit Red WingsMembros do Hockey Hall of FameGañadores da Stanley CupGañadores do Vezina TrophyXogadores de hóckey sobre xeo do Canadá


SandonColumbia BritánicaCanadá31 de maio1903CalgaryAlberta9 de febreiro1981hóckey sobre xeoNational Hockey LeagueBoston BruinsDetroit Red WingsVezina TrophyHockey Hall of Fame1959Stanley Cuptempada 1928-29Boston Bruinstempada 1938–39Detroit Red WingsdiscoasistenciastickSandonColumbia BritánicaAlbertaPaul1906béisbolm1919Memorial CupBellevueMinneapolis MillersAmerican Hockey Associationmedia de goles en contraNational Hockey LeagueBoston Bruinstempada 1928–29Art RossHockey Hall of FameGeorge HainsworthMontreal CanadiensNew York Rangerstempada seguinteChicagoCharlie Gardinertrofeos Vezinatempada 1981–82tempada 1930–31Montreal CanadiensArt Rosstempada 1931–32tempada seguinteToronto Maple LeafsLorne ChabotConn SmytheArt RossFrank CalderEddie ShoreKen DoratyMaple Leaf Gardenstempada 1932–33tempada 1926–27tempada 1933–34tempada 1935-36George Hainsworthtempada 1937–38tempada 1938–39Frank BrimsekCalder Memorial TrophyDetroit Red WingsNormie SmithBuffalo BisonsAmerican Hockey Leaguetempada 1940–41segunda guerra mundialRoyal Canadian Air ForceAlberta Senior Hockey League1943Chicago Black HawksbloqueadorasatrapadorasJohnny Bowertempada 1935–36tempada 1929–30tempada 1982–83Pete PeetersGeorge HainsworthHockey Hall of Fame










Este é un artigo de calidade da Galipedia



Tiny Thompson




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



















Tiny Thompson

Hockey Hall of Fame, 1959

Tiny Thompson.jpg
Thompson, como membro dos Boston Bruins a principios dos anos 1930s.

Nacemento
31 de maio de 1903
Sandon, Columbia Británica (Canadá)
Morte
9 de febreiro de 1981
Calgary, Alberta (Canadá)
Estatura
5 ft 0 in (152 cm)
Peso
160 lb (73 kg; 11 st 6 lb)
Posición
G
Captura
Esquerda
Xogou con
Boston Bruins
Detroit Red Wings
Carreira
1928–1941

Cecil Ralph "Tiny" Thompson, nado en Sandon (Columbia Británica, Canadá) o 31 de maio de 1903 e finado en Calgary (Alberta, Canadá) o 9 de febreiro de 1981, foi un porteiro de hóckey sobre xeo profesional.


Xogou durante 12 tempadas na National Hockey League (NHL), primeiro nos Boston Bruins, e posteriormente nos Detroit Red Wings. Gañador en catro ocasións o Vezina Trophy, Thompson foi engadido ó Hockey Hall of Fame en 1959. Foi membro do equipo campión da Stanley Cup na tempada 1928-29 sendo rookie[a] cos Boston Bruins. Ao principio da tempada 1938–39, logo de dez tempadas completas en Boston, foi traspasado aos Detroit Red Wings, onde completou a tempada e xogou outra tempada completa antes de retirarse. Durante a súa carreira na NHL, acreditou 81 shutouts,[b] o sexto rexistro máis alto de calquera porteiro. Despois de retirarse como xogador, Thompson adestrou equipos de ligas menores antes de converterse nun destacado adestrador profesional. Thompson axudou a popularizar a técnica de agarrar o disco (en inglés, puck) como método de realizar unha parada. Un puckhandler competente, foi o primeiro porteiro na NHL en realizar unha asistencia pasando o disco co seu stick a un xogador de campo.




Índice





  • 1 Primeiros anos


  • 2 Carreira na NHL

    • 2.1 Boston Bruins


    • 2.2 Detroit Red Wings



  • 3 Carreira despois da NHL


  • 4 Estilo de xogo


  • 5 Legado


  • 6 Estatísticas

    • 6.1 Liga regular


    • 6.2 Playoffs



  • 7 Premios e recoñecementos

    • 7.1 NHL



  • 8 Notas


  • 9 Véxase tamén

    • 9.1 Bibliografía


    • 9.2 Ligazóns externas





Primeiros anos |


Thompson naceu na comunidade mineira de Sandon, Columbia Británica. Medrou en Calgary, Alberta, onde o seu irmán, Paul —que tamén chegou a ser xogador de hóckey sobre xeo profesional- naceu en 1906.[1] Sendo neno gustáballe xogar ao béisbol e ao hóckey sobre xeo.[1] Inicialmente, Thompson non era porteiro, aínda que estivo de acordo en xogar nesa posición para entrar nos partidos.[2] Na adolescencia xogou competicións de hóckey sobre xeo, adquirindo o alcume de "Tiny" ("Pequeno") como broma, xa que el era o xogador máis alto do equipo, medindo 1,78 m; o alcume acompañouno durante toda a súa carreira.[3]


Thompson comezou a súa carreira júnior xogando nos Calgary Monarchs en 1919 aos 16 anos. Competiu pola Memorial Cup, outorgada aos campións do hóckey sobre xeo canadense en categoría júnior ese ano, xogando dous partidos e recibindo 11 goles, unha cantidade respectable na época. Despois de pasar a tempada 1920–21 xogando nos Calgary Alberta Grain, Thompson xogou tres tempadas en Bellevue, Alberta. Na tempada 1924–25 uniuse aos Duluth Hornets, xogando 40 partidos, rexistrando un shutout en 11 deles.[4] Na seguinte tempada, Thompson uniuse aos Minneapolis Millers da American Hockey Association (AHA). Nas súas tres tempadas cos Millers, Thompson xogou 118 partidos, cuns rexistros de 33 shutouts cunha media de goles en contra (GAA) de 1,37 (media de goles encaixados nun lapso de sesenta minutos).[4][5]



Carreira na NHL |



Boston Bruins |




Thompson rexistrou na súa primeira tempada nos Bruins a segunda mellor media de goles en contra por detrás de George Hainsworth (na imaxe), dos Montreal Canadiens.


Thompson comezou a súa carreira na National Hockey League (NHL) nos Boston Bruins na tempada 1928–29 logo de que o seu contrato fora adquirido polo preparador de Boston Art Ross. A pesar de que nunca vira xogar a Thompson, Ross escoitara falar da boa reputación que tiña en Minnesota.[3] No seu primeiro partido conseguiu un shutout, converténdose no único porteiro do Hockey Hall of Fame en conseguir este fito.[6] Na súa primeira tempada, Thompson apareceu nos 44 partidos que xogaron os Bruins, conseguindo un total de 12 shutouts e un 1.15 de media de goles en contra (GAA), a segunda menor media de goles en contra na historia da NHL ata a data, segundo fronte aos 0,98 de media de George Hainsworth. Hainsworth establecera o seu récord esa mesma tempada.[4] Clasificados na primeira posición da American Division, os Bruins fixeron unha marca perfecta nos play-offs para conseguir a súa primeira Stanley Cup, derrotando primeiro aos Montreal Canadiens (3-0), e aos New York Rangers na final (2-0).[7] Thompson logrou un rexistro de tres shutouts nos cinco partidos que xogou nos play-offs, e encaixou tan só tres goles.[4]


Na tempada seguinte, Thompson apareceu de novo nos 44 partidos que xogaron os Bruins, rexistrando tres shutouts e unha media de 2.19 goles en contra. A liga cambiou as súas regras no que respecta ao pase adiantado, o que deu como resultado un incremento na capacidade goleadora.[4] Boston gañou todos os partidos menos seis cun rexistro de 38–5–1, a maior porcentaxe de vitorias dun equipo nunha tempada.[8] Encaixando tan só 98 goles, Thompson superou ao porteiro de Chicago Charlie Gardiner para conseguir o primeiro dos seus catro trofeos Vezina.[9] O trofeo Vezina é entregado ao mellor porteiro da liga, que foi determinado antes da tempada 1981–82 polo número de goles encaixado polos porteiros que tiveran xogado un número mínimo de partidos.[10] Nos play-offs, porén, sufriron a súa primeira racha de dous partidos perdidos, xa que foron derrotados por 2-0 polos Canadiens nas finais da Stanley Cup.[11] A principios dos play-offs, a racha gañadora de Thompson con sete vitorias nos play-offs rompeuse; mais segue a ser, en 2014, a maior racha gañadora para un xogador nos inicios da súa carreira.[12]


Na tempada 1930–31 xogou todos os partidos da liga regular (44),[4] e foi nomeado no segundo equipo All-Star.[13] Nos play-offs, Boston perdeu nas semifinais fronte aos Montreal Canadiens; durante o segundo partido das series Tompson converteuse no primeiro porteiro en ser cambiado por un sexto home de ataque ao final do partido para dar ao seu equipo unha maior capacidade para marcar un gol. Aínda que Boston perdeu, a manobra do adestrador Art Ross foi descrita como "incrible" o día seguinte, e esta táctica, coñecida como "open net", popularizouse entre o resto dos equipos da liga.[14]


Os Bruins ausentáronse dos play-offs por primeira vez na carreira de Thompson na tempada 1931–32. Gañou tan só 13 partidos, tendo xogado en 43 dos 48 partidos xogados por Boston, sendo a única vez que se perdeu partidos como membro dos Bruins.[4][8] Na tempada seguinte, Boston clasificouse de novo para os play-offs, perdendo fronte aos Toronto Maple Leafs (3-2). O último partido da serie foi descrito como o partido máis memorable de Thompson.[15] Durante este partido, Toronto e Boston estaban empatados ao final do tempo regulamentario e con cerca de 100 minutos de prolongación, con Thompson en duelo co porteiro de Toronto Lorne Chabot. Logo do final da quinta prórroga, os propietarios dos equipos, Conn Smythe dos Maple Leafs e Art Ross dos Bruins, pedíronlle ao presidente da liga Frank Calder que suspendera o partido, mais Calder negouse. A principios da sexta prórroga, un pase do defensa de Boston Eddie Shore foi interceptado, e Ken Doraty patinou nunha escapada, superando limpamente a Thompson no minuto 4:46 do período. O porteiro perdedor no segundo partido máis longo da NHL, Thompson, recibiu unha ovación do público do Maple Leaf Gardens posto en pé.[15] Thompson finalizou a súa participación nas series cunha media de 1,23 goles en contra, a pesar do rexistro perdedor do seu equipo.[4]


Thompson converteuse no segundo porteiro en gañar o seu segundo trofeo Vezina na tempada 1932–33 dende a súa instauración na tempada 1926–27,[16] cando fixo un rexistro de 11 shutouts e unha media de goles en contra de 1,76.[10] Despois de non clasificarse para os play-offs na tempada 1933–34, os Bruins recuperaron a primeira praza na American Division a seguinte tempada,[17] cando Thompson foi nomeado no segundo equipo All-Star por segunda vez.[13] Nos play-offs, os Bruins gañaron só un dos seus catro partidos; a única vitoria do equipo estivo cimentada nun shutout de Thompson, que finalizou os play-offs cunha media de goles en contra de 1,53.[4]


Na tempada 1935-36, Thompson conseguiu 10 shutouts, mais Boston so puido gañar 22 dos seus 48 partidos. Durante a tempada conseguiu unha asistencia, unha rareza para os porteiros.[3] Ao final da tempada foi nomeado no primeiro equipo All-Star por primeira vez,[13] e gañou o trofeo Vezina por terceira vez, empatando con George Hainsworth na daquela mellor marca de todos os tempos, tres trofeos.[10][18] Os dous partidos que seguiron, nunha serie de contrastes fronte aos Toronto Maple Leafs, o resultado total de goles foi dunha vitoria dos canadenses sobre os Bruins por 8–6. Nun partido, os Bruins gañaron sen encaixar un só gol aos de Toronto (6-0), mentres que perderon o outro partido por 8–0.[4] Na tempada 1937–38, a súa última tempada completa cos Bruins, Thompson gañou 30 dos 48 partidos que xogou o seu equipo na liga regular, mais Boston perdeu de novo fronte aos Maple Leafs unha vez máis nos play-offs.[19] Thompson estableceu un novo récord ao gañar o seu cuarto e último trofeo Vezina.[20] Tamén foi nomeado no primeiro equipo All-Star por segunda vez.[13]



Detroit Red Wings |


Thompson apareceu tan só en cinco partidos dos Bruins na tempada 1938–39,[4] cando Boston decidiu substituír ao envellecido porteiro polo notablemente máis novo Frank Brimsek. Brimsek pasaría a liderar aos Bruins ata a vitoria na Stanley Cup esa tempada, gañándose o alcume de "Mister Zero" ao conseguir 10 shutouts na liga regular, o trofeo Vezina, o nomeamento no primeiro equipo All-Star, e o Calder Memorial Trophy, que é entregado "ao xogador seleccionado como o máis competente no seu primeiro ano de competición".[21][22] Para facerlle espazo a Brimsek, Thompson foi traspasado aos Detroit Red Wings a cambio de Normie Smith e 15.000$; Thompson tamén recibiu un bonus de 1.000$ de Boston.[23]


O preparador de Boston Art Ross predixo que Thompson, daquela con 35 anos, xogaría para os Red Wings durante ao menos outras cinco tempadas; porén, Thompson permaneceu no equipo de Detroit tan só dúas tempadas máis antes de retirarse como xogador. Os Red Wings rexistraron un balance negativo esas dúas tempadas, aínda que chegaron aos play-offs nas dúas ocasións. En total, Thompson apareceu en 85 partidos de liga regular con Detroit, conseguindo un rexistro de 32–41–12, sete shutouts, e unha media de 2,54 goles en contra,[23] e en 11 partidos de play-off, conseguiu un rexistro de 5–6, cun shutout e unha media de 2,41 goles en contra.[4]



Carreira despois da NHL |


Despois de retirarse como xogador do hóckey sobre xeo profesional, Thompson converteuse no adestrador dos Buffalo Bisons da American Hockey League (AHL) na tempada 1940–41.[23] Adestrou 56 partidos en dúas tempadas. Os Bisons perderon os play-offs as dúas tempadas.[24] Participou como porteiro nun partido na tempada 1940–41. Durante a segunda guerra mundial, Thompson serviu na Royal Canadian Air Force e dobrou como adestrador dos Calgary RCAF Mustangs da Alberta Senior Hockey League. Thompson levou aos Mustangs ás series finais da liga na tempada 1942–43 fronte ao equipo da Calgary Currie Army, onde as lesións dos porteiros dos Mustangs o levaron ao xeo de novo en marzo de 1943. Con Thompson na portería, os Mustangs derrotaron ao Currie Army 8–4 para empatar a dous partidos a serie ao mellor de cinco partidos.[25] Xogou o partido decisivo, mais o seu equipo non chegou a gañar o título de Alberta tras perder por 3 goles a 1 fronte ao Currie Army.[26] Despois da guerra, Thompson converteuse no cazatalentos do Oeste do Canadá para os Chicago Black Hawks.[15] Foi un dos poucos cazatalentos da época que tratou de descubrir a personalidade do xogador ademais das súas habilidades de xogo. Thompson falou frecuentemente cos xogadores como parte dun esforzo para aprender sobre os xogadores que estaba a seguir.[27]



Estilo de xogo |


Thompson era un porteiro que paraba de pé (stand-up), que en raras ocasións caía sobre os seus xeonllos para deter o disco. Foi un dos primeiros porteiros da NHL que colleu o disco coa man para facer unha parada, e axudou a popularizar esta técnica. Usando luvas que eran máis pequenas que as doutros xogadores, foi un dos mellores colledores de disco (puck-catchers) da súa era. Permanecía na traxectoria do disco cun acolchamento mínimo, correndo perigo de ser golpeado ao moverse para collelo en lugar de simplemente desvialo lonxe da rede. A súa técnica, que moi frecuentemente aparece nas súas fotografías, implicaba caer sobre un dos seus xeonllos coa pa do seu stick cubrindo os cinco buratos (five-hole), e estendendo a súa luva para cubrir a parte esquerda da rede. Aínda que collía o disco coa luva, tamén o fixo sen luvas asemellándose á combinación moderna de luvas bloqueadoras e atrapadoras. Thompson foi descrito por Johnny Bower, un antigo porteiro que foi engadido ó Hockey Hall of Fame, como un bo puckhandler, e un dos mellores do seu tempo en pases cara adiante. Na tempada 1935–36, Thompson converteuse no primeiro porteiro en dar unha asistencia ao pasar intencionadamente o disco co seu stick a un compañeiro.[1][3]



Legado |


A porcentaxe de puntos de Thompson nunha tempada con .875, conseguida na tempada 1929–30, continúa a ser un récord.[28] As súas 38 vitorias durante esa tempada foron un récord nos Bruins que só quedou eclipsado na tempada 1982–83, por Pete Peeters (quen gañou 40 de 62 partidos xogados); dende aquela, ningún porteiro dos Bruins conseguiu máis de 37 vitorias nunha tempada.[29] Thompson é o líder de todos os tempos dos Bruins en partidos, vitorias, shutouts e media de goles en contra.[30] Ao longo da súa carreira na NHL, Thompson acumulou 81 shutouts, o que o sitúa no sexto posto en toda a historia da NHL,[6] e foi segundo por detrás de George Hainsworth (que tiña 94) cando Thompson se retirou.[31] Tamén acadou sete shutouts nos play-offs.[32] É o quinto porteiro de todos os tempos en media de goles en contra, promediando só 2,08 goles nun lapso de 60 minutos.[33] Liderou a todos os porteiros en partidos xogados na liga regular en 10 ocasións, e en vitorias na liga regular cinco veces.[32]


En 1959, Thompson foi engadido ó Hockey Hall of Fame. Morreu en Calgary o 9 de febreiro de 1981.[34] Sobrevivírono a súa muller, Edith, e a súa filla, Sandra.[35]



Estatísticas |



Liga regular |





















































































































































































































Tempada
Equipo
Liga
PX
V
D
E
MIN
GC

SO

GAA[c]
1925–26

Minneapolis Millers
CHL
36



2160
59
10
1.64
1926–27
Minneapolis Millers

AHA
38
17
11
10
2253
51
9
1.42
1927–28
Minneapolis Millers
AHA
40
28
7
5
2475
51
12
1.23

1928–29

Boston Bruins

NHL
44
26
13
5
2710
52
12
1.15

1929–30
Boston Bruins
NHL
44
38
5
1
2680
98
3
2.19

1930–31
Boston Bruins
NHL
44
28
10
6
2730
90
3
1.98

1931–32
Boston Bruins
NHL
43
13
19
11
2698
103
9
2.29

1932–33
Boston Bruins
NHL
48
25
15
8
3000
88
11
1.76

1933–34
Boston Bruins
NHL
48
18
25
5
2980
130
5
2.62

1934–35
Boston Bruins
NHL
48
26
16
6
2970
112
8
2.26

1935–36
Boston Bruins
NHL
48
22
20
6
2930
82
10
1.68

1936–37
Boston Bruins
NHL
48
23
18
7
2970
110
6
2.22

1937–38
Boston Bruins
NHL
48
30
11
7
2970
89
7
1.80

1938–39
Boston Bruins
NHL
5
3
1
1
310
8
0
1.55
1938–39

Detroit Red Wings
NHL
39
16
17
6
2397
101
4
2.53

1939–40
Detroit Red Wings
NHL
46
16
24
6
2830
120
3
2.54

1940–41

Buffalo Bisons

AHL
1
0
0
0
40
1
0
1.50
Totais na NHL
553
284
194
75
34,175
1183
81
2.08
  • Todas as estatísticas poden consultarse nos sitios web da NHL, Eliteprospects e The Internet Hockey Database.[36][37][38]


Playoffs |




















































































































































































Tempada
Equipo
Liga
PX
V
D
E
MIN
GC
SO
GAA
1925–26
Minneapolis Millers
CHL
3
3
0
0
180
1
2
0.33
1926–27
Minneapolis Millers
AHA
6
3
3
0
361
8
1
1.33
1927–28
Minneapolis Millers
AHA
8
4
0
4
520
3
5
0.38
1928–29
Boston Bruins
NHL
5
5
0
0
300
3
3
0.60
1929–30
Boston Bruins
NHL
6
3
3
0
432
12
0
1.67
1930–31
Boston Bruins
NHL
5
2
3
0
343
13
0
2.27
1932–33
Boston Bruins
NHL
5
2
3
0
438
9
0
1.23
1934–35
Boston Bruins
NHL
4
1
3
0
275
7
1
1.53
1935–36
Boston Bruins
NHL
2
1
1
0
120
8
1
4.00
1936–37
Boston Bruins
NHL
3
1
2

180
8
1
2.67
1937–38
Boston Bruins
NHL
3
0
3

212
6
0
1.70
1938–39
Detroit Red Wings
NHL
6
3
3

374
15
1
2.41
1939–40
Detroit Red Wings
NHL
5
2
3

300
12
0
2.40
1942–43
Calgary RCAF Mustangs
CNDHL
4




11
0
3.00
Totais na NHL
44
20
24
0
2974
93
7
1.88
  • Todas as estatísticas poden consultarse nos sitios web da NHL, Eliteprospects e The Internet Hockey Database.[36][37][38]


Premios e recoñecementos |



NHL |












Título
Anos

Vezina Trophy

1930, 1933, 1936, 1938[4]
Porteiro do Primeiro equipo All-Star

1936, 1938[4]
Porteiro do segundo equipo All-Star

1931, 1935[4]

Stanley Cup

1929[4]


Notas |




  1. Rookie é un termo anglosaxón para nomear ós xogadores que debutan cada ano nunha competición deportiva.


  2. En hóckey sobre xeo un shutout consiste en que o porteiro dun equipo consiga non encaixar ningún gol ao final do partido.


  3. Goals against average, en galego, "media de goles en contra".


Referencias


  1. 1,01,11,2 Allen, Duff & Bower 2002, p. 50


  2. Fischler 2001, p. 133


  3. 3,03,13,23,3 Allen, Duff & Bower 2002, p. 51


  4. 4,004,014,024,034,044,054,064,074,084,094,104,114,124,134,144,15 "Tiny Thompson—Career statistics". Hockey Hall of Fame. Consultado o 2008-08-25. 


  5. "Tiny Thompson—Biography". Hockey Hall of Fame. Consultado o 2008-08-25. 


  6. 6,06,1 Allen, Duff & Bower 2002, p. 49


  7. "1928–29 Boston Bruins statistics". Sports Reference, LCC. Consultado o 2008-08-25. 


  8. 8,08,1 "Boston Bruins season". Sports Reference, LCC. Consultado o 2008-08-25. 


  9. "1929–30 Vezina Trophy Winner—Tiny Thompson". Hockey Hall of Fame. Consultado o 2009-05-02. 


  10. 10,010,110,2 "Vezina Trophy". NHL. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2006. Consultado o 2008-08-25. 


  11. "1929–30 Boston Bruins statistics". Sports Reference, LCC. Consultado o 2008-08-25. 


  12. Weekes & Banks 2004, p. 187


  13. 13,013,113,213,3 "Tiny Thompson: Notes". NHL. Consultado o 2008-12-07. 


  14. Duplacey & Diamond 2000, p. 187


  15. 15,015,115,2 Fischler 2001, p. 134


  16. "1932–33 Vezina Trophy Winner—Tiny Thompson". Hockey Hall of Fame. Consultado o 2009-05-02. 


  17. "1934–35 Boston Bruins statistics". Sports Reference, LCC. Consultado o 2008-08-25. 


  18. "1935–36 Vezina Trophy Winner—Tiny Thompson". Hockey Hall of Fame. Consultado o 2009-05-02. 


  19. "1937–38 Boston Bruins statistics". Sports Reference, LCC. Consultado o 2008-08-25. 


  20. "1937–38 Vezina Trophy Winner—Tiny Thompson". Hockey Hall of Fame. Consultado o 2009-05-02. 


  21. "Calder Memorial Trophy". nhl.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2006. Consultado o 2007-08-21. 


  22. Fischler 2003, p. 45


  23. 23,023,123,2 "Cecil (Tiny) Thompson 1939–40". Detroit Red Wings. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2007. Consultado o 2008-08-25. 


  24. "Cecil "Tiny" Thompson". hockeydb.com. Consultado o 2008-08-25. 


  25. "Mustangs flying high for 8–4 victory to deadlock series". Calgary Herald. 1943-03-18. p. 14. 


  26. "Currie gives classy display to win provincial title". Calgary Herald. 1943-03-19. p. 12. 


  27. Tennant, Jack (1981-02-13). "In memory of Tiny Thompson". Calgary Sun. p. 5. 


  28. "Season Leaders and Records for Points Percentage (Goalie)". Sports Reference, LCC. Consultado o 2008-12-19. 


  29. "Boston Bruins Season Leaders". Sports Reference, LCC. Consultado o 2008-12-19. 


  30. "Boston Bruins Career Leaders". Sports Reference, LCC. Consultado o 2008-12-19. 


  31. "Career Leaders and Records for Shutouts". Sports Reference, LCC. Consultado o 2008-12-19. 


  32. 32,032,1 "Tiny Thompson". Sports Reference, LCC. Consultado o 2008-08-25. 


  33. "Career Leaders and Records for Goals Against Average". Sports Reference, LCC. Consultado o 2008-12-19. 


  34. "Cecil (Tiny) Thompson". New York Times. 1981-02-12. Consultado o 2008-08-25. 
    O artigo foi publicado o xoves 12 de febreiro de 1981, con data do artigo do 11 de febreiro; o artigo indica que a súa morte foi o luns, o 9 de febreiro, o que concorda cos datos do Hockey Hall of Fame.



  35. "Obituaries". Calgary Sun. 1981-02-11. p. 44. 


  36. 36,036,1 Estatísticas da carreira de Tiny Thompson en Hockeydb


  37. 37,037,1 National Hockey League. "Ficha de Tiny Thompson" (en inglés). NHL.com. 


  38. 38,038,1 Estatísticas de Tiny Thompson en Eliteprospects.com (en inglés)



Véxase tamén |



Bibliografía |



  • Allen, Kevin; Duff, Bob; Bower, Johnny (2002). Without Fear: Hockey's 50 greatest goaltenders. Chicago: Triumph Books. ISBN 978-1-57243-484-4. 


  • Duplacey, James; Diamond, Dan (2000). The Official Rules of Hockey. Globe Pequot. ISBN 978-1-58574-052-9. 


  • Fischler, Stan (2001). Boston Bruins: Greatest Moments and Players. Sports Publishing LLC. ISBN 978-1-58261-374-1. 


  • Fischler, Stan (2003). Who's Who in Hockey. Andrews McMeel Publishing. ISBN 0-7407-1904-1. 


  • Weekes, Don (2005). The Big Book of Hockey Trivia. Greystone Books. ISBN 978-1-55365-119-2. 


  • Weekes, Don; Banks, Kerry (2004). The Unofficial Guide to Even More of Hockey's Most Unusual Records. Greystone Books. ISBN 978-1-55365-062-1. 


Ligazóns externas |



  • Biografía de Tiny Thompson en Legends of Hockey (en inglés)


  • Estatísticas de Tiny Thompson en Eliteprospects.com (en inglés)


  • Estatísticas da carreira de Tiny Thompson en The Internet Hockey Database (en inglés)


  • Ficha de Tiny Thompson en NHL.com (en inglés)




Predecesor:
George Hainsworth

Gañador do Vezina Trophy
1930
Sucesor:
Roy Worters



Predecesor:
Charlie Gardiner

Gañador do Vezina Trophy
1933
Sucesor:
Charlie Gardiner



Predecesor:
Lorne Chabot

Gañador do Vezina Trophy
1936
Sucesor:
Normie Smith



Predecesor:
Normie Smith

Gañador do Vezina Trophy
1938
Sucesor:
Frank Brimsek




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tiny_Thompson&oldid=4873957"










Menú de navegación

























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.676","walltime":"0.841","ppvisitednodes":"value":2880,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":58960,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1706,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":5,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":42428,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":6,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 682.029 1 -total"," 35.49% 242.021 2 Modelo:Listaref"," 28.97% 197.572 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 22.63% 154.365 23 Modelo:Cita_web"," 15.47% 105.504 1 Modelo:Infobox_xogador_hóckey_sobre_xeo"," 14.03% 95.695 1 Modelo:Infobox3cols"," 5.36% 36.579 2 Modelo:Convert"," 4.86% 33.159 6 Modelo:Cita_libro"," 3.48% 23.718 5 Modelo:Cita_novas"," 2.15% 14.662 1 Modelo:Barra_portal"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.340","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":7289753,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1252","timestamp":"20190411111648","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Tiny Thompson","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Tiny_Thompson","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q1389891","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q1389891","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2014-10-08T10:46:19Z","dateModified":"2018-08-28T04:58:59Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/17/Tiny_Thompson.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":172,"wgHostname":"mw1250"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020