Óengus I Índice Fontes e antecedentes | Suba ó poder | Conflito con Dal Riata | Alt Clut, Northumbria e Mercia | Culto de Saint Andrew | Morte e legado | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneAU 741.10"AU 729.2 and the last years of Nechtan mac Der-Ilei"10.1353/shr.2006.003010.1353/shr.2007.0029CELT: Corpus of Electronic TextsAnais de Clonmacnoisep. 113ffBede's Ecclesiastical History and the Continuation of Bede (pdf)CCELAnnales Cambriae (traducido ó inglés)Internet Medieval SourcebookThe Rolls edition of the Brut y TywyssogionStanford University Librarye49279
Finados en 761Nados no século VIIReis dos pictos
pictoirlandés antigopictos761Dál Riatareino de StrathclydeEscociaIrlandaInglaterraviquingosCináed mac AilpínSt Andrewsanais irlandesesIonagalesasNorthumbriaBedaSimeón de DurhampictosGran Bretañaséculo VIIIrío ForthOrcadasShetlandHébridas Exterioresera viquingaFortriuBurgheadInvernessRosemarkierío HumberNorthumbriaOsricMerciaEadberhtgaelsDál RiataCenél LoairnArgyllCenél nGabráinKintyreSelbach mac FerchairDúngalEochaid mac EchdachTarbertbritanosAlt ClutTeudebur map BeliDumbarton RockDumnagualEóganachtaMunsterCoirpre Luachra mac CuircConall CorcEóganacht Locha LéinIarmumanAngusMearnsTalorganBrideiNechtan, fillo de Der-IleDrestAlpínFettercairnDál RiataCenél ConaillFlaithbertach mac LoingsigÁed AllánCenél nEóganEochaid mac EchdachCenél nGabráinCenél LoairnArgyllDúngal mac Selbaigilla ToryMuiredach mac AinbcellaigDún OllaighAthollDunaddlago AweCathal mac Finguineilla ToryDonegalFortriuÆthelbaldMerciaEadberht de NorthumbriaYorkEadwulfStrathclydeKyleMilngavieÁed FindbretwaldaHumberFrank StentonDumbartonGovanHexhamNewboroughLichfieldAndré ApóstoloSt Andrewssartego de St Andrewsrei homónimoséculo IXDavidAlex WoolfAndré ApóstoloSan PedromosteiroHexhamCaustantínEóganDurhamcrónica pictaBrideiTalorganLibro de LeinsterEóganan mac ÓengusaCaustantínÓengus
Óengus I
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Óengus I | |
---|---|
Rei dos pictos | |
A figura do Antigo Testamento que amosa o rei David matando un león no sartego de St Andrews crese que representa o rei Óengus. A figura está vestida como un emperador romano da antigüidade tardía e leva unha fíbula como a do emperador Xustiniano I no mosaico da Basílica de San Vital de Rávena.[1] | |
Reinado | 732–761 |
Falecemento | 761 |
Sepultura | St Andrews |
Predecesor | Nechtan mac Der-Ilei |
Sucesor | Bridei V |
Descendencia | Bridei Talorgan |
Casa real | Casa de Óengus |
Proxenitores | Fergus |
Óengus, fillo de Fergus (en picto: *Onuist map Urguist;[2] en irlandés antigo: Óengus mac Fergusso, "Angus mac Fergus"), foi rei dos pictos dende 732 até a súa morte en 761. O seu reinado pode ser reconstruído a partir dos detalles de diferentes fontes.
Óengus converteuse en xefe e rei dos pictos despois dun período de guerra civil a finais da década de 720. Durante o seu reinado, o reino veciño de Dál Riata foi subxugado e o reino de Strathclyde foi atacado con menos éxito. O gobernante máis poderoso de Escocia durante máis de dúas décadas, estivo involucrado en guerras en Irlanda e Inglaterra. Os reis da familia Óengus dominaron as terras pictas até 839, cando unha desastrosa derrota contra os viquingos provocou un novo período de inestabilidade que rematou coa chegada ó poder de Cináed mac Ailpín.
Índice
1 Fontes e antecedentes
2 Suba ó poder
3 Conflito con Dal Riata
4 Alt Clut, Northumbria e Mercia
5 Culto de Saint Andrew
6 Morte e legado
7 Notas
8 Véxase tamén
8.1 Bibliografía
8.2 Ligazóns externas
Fontes e antecedentes |
As fontes pictas da época son moi escasas, limitadas a listas de reis, sendo a lista orixinal creada a comezos da década de 720,[3] e algunhas fontes relacionadas coa fundación de St Andrews, daquela chamada Cennrígmonaid. Alén do reino dos pictos, as principais fontes son os anais irlandeses, dos cales os Anais de Úlster e os Anais de Tigernach son as máis fiables. Estes inclúen materiais dun anal mantido no mosteiro de Iona, en Escocia. Óengus e os pictos aparecen de xeito ocasional nas fontes galesas, como os Annales Cambriae, e máis frecuentemente nas fontes de Northumbria, das cales a Continuación da Crónica de Beda e a Historia Regum Anglorum atribuída a Simeón de Durham son as máis importantes.[4]
Os pictos foron un dos catro grupos políticos do norte de Gran Bretaña a comezos do século VIII. O reino picto abranguía dende o río Forth cara ó norte, incluíndo as Orcadas, as Shetland e as Hébridas Exteriores. Antes da era viquinga, o principal poder na terra dos pictos semellou ser o reino de Fortriu. Importantes lugares de Fortriu foron Burghead e Craig Phádraig, preto de Inverness. Semella que os pictos tiveron só un bispo con sede en Rosemarkie.[5][6][7][8][9]
Dende o río Forth cara ó sur até o río Humber estendíase Northumbria. Outrora a forza dominante de Gran Bretaña, seguía a ser un poderoso reino, mais a fin da antiga dinastía de reis coa morte de Osric en 729 levou a un conflito entre familias rivais polo trono. O crecemento do poder do reino de Mercia no sur supuxo un problema máis para os reis de Northumbria. Durante a meirande parte do reinado de Óengus, Northumbria foi gobernado polo rei Eadberht.[10]
Cara ó suroeste dos pictos estaban os gaels de Dál Riata, onde o reinado estaba disputado entre Cenél Loairn do norte de Argyll e Cenél nGabráin de Kintyre. En 723, Selbach mac Ferchair abdicou como xefe de Cenél Loairn e rei de Dál Riata en favor do seu fillo Dúngal, quen foi expulsado como rei de Dál Riata por Eochaid mac Echdach de Cenél nGabráin en 726. Dúngal e Eochaid estaban aínda en conflito a finais do ano 731, cando Dúngal queimou Tarbert.[11]
A historia do cuarto grupo, os britanos de Alt Clut, posteriormente o reino de Strathclyde, deixou pouca pegada nos rexistros. O rei Teudebur map Beli gobernou dende Dumbarton Rock dende 722 até a súa morte en 752, intre no cal o sucedeu o seu fillo Dumnagual.[12][13]
Suba ó poder |
As xenealoxías irlandesas falan de Óengus como membro Eóganachta de Munster, descendente de Coirpre Cruthnechán ou "Cairbre o pequeno picto", unha emanación mitolóxica ou dobre de Coirpre Luachra mac Cuirc,[14] fillo lendario de Conall Corc,[15] e devanceiro de Eóganacht Locha Léin, gobernantes do reino de Iarmuman. A póla da parentela da que provén, coñecida nos anais como Eoghanachta Magh Geirginn, dicíase que estaba localizada nunha área coñecida como Circinn, usualmente asociada cos modernos Angus e Mearns.[16][17] Os seus primeiros anos de vida son descoñecidos; Óengus era un home de mediana idade cando entrou na historia.[18] Os seus parentes máis achegados inclúen cando menos dous fillos, Bridei (finado en 736) e Talorgan (finado en 782), e dous irmáns, Talorgan (finado en 750) e Bridei (finado en 763).[19][20]
O rei Nechtan, fillo de Der-Ile abdicou para entrar nun mosteiro en 724 e foi encarcerado polo seu sucesor Drest en 726. En 728 e 729, catro reis competiron polo poder no reino dos pictos: Drest; Nechtan; Alpín, do cal se coñece moi pouco; e por último Óengus, que era partidario de Nechtan, e quizais o seu herdeiro recoñecido.[21]
Libráronse catro batallas en 728 e 729, grandes de abondo para ser rexistradas en Irlanda. Alpín foi derrotado dúas veces por Óengus, despois do cal Nechtan recuperou o poder. En 729, desatouse unha batalla entre os partidarios de Óengus e os inimigos de Nechtan en Monith Carno (tradicionalmente Cairn o' Mount, preto de Fettercairn) onde os homes de Óengus saíron vitoriosos. Nechtan restaurou o seu reinado probablemente até a súa morte no ano 732.[22] O 12 de agosto de 729, Óengus derrotou e asasinou a Drest en batalla en Druimm Derg Blathuug, un lugar que non foi identificado.
Conflito con Dal Riata |
Na década de 730, Óengus loitou contra Dál Riata, cuxos tradicionais señores e protectores de Irlanda, os Cenél Conaill, estaban daquela debilitados. Unha frota de Dál Riata loitou a prol de Flaithbertach mac Loingsig, xefe dos Cenél Conaill, na súa guerra contra Áed Allán dos Cenél nEógan, e sufriu graves perdas en 733.[18][23] Dál Riata estaba gobernada por Eochaid mac Echdach dos Cenél nGabráin, que morreu en 733, as listas de reis non son claras sobre quen o sucedeu, se é que alguén o fixo. Os Cenél Loairn do norte de Argyll estaban gobernados por Dúngal mac Selbaig, en quen Eochaid depositara o reinado de Dál Riata na década de 720.
A loita entre os pictos, liderados polo fillo de Óengus, Bridei, e Dál Riata, liderada por Talorgan mac Congussa, está rexistrada no ano 731. En 733, Dúngal mac Selbaig "profanou [o santuario] da illa Tory cando sacou a Bridei de alí". Dúngal, previamente deposto como rei de Dál Riata, foi derrocado como rei dos Cenél Loairn e substituído polo seu curmán Muiredach mac Ainbcellaig.[24]
En 734, Talorgan mac Congussa foi entregado ós pictos polo seu propio irmán e morreu afogado por eles.[25] Talorgan, fillo de Drostan foi capturado preto de Dún Ollaigh. Semella que foi rei de Atholl, e foi afogado por orde de Óengus en 739.[26][27] Dúngal tamén foi un obxectivo ese mesmo ano. Resultou ferido, a torre non identificada de Dún Leithfinn foi destruída, e "fuxiu cara a Irlanda, para estar fóra do poder de Óengus".[28]
Os anais detallan unha segunda campaña de Óengus contra Dál Riata en 736. Dúngal, que regresara de Irlanda, e o seu irmán Feradach, foron capturados e postos en cadeas. As fortificacións de Creic e Dunadd foron tomadas. Muiredach, dos Cenél Loairn, foi derrotado con grandes perdas polo irmán de Óengus, Talorgan mac Fergusa, quizais no lago Awe. Unha campaña final en 741 tivo como resultado unha nova derrota de Dál Riata. Isto quedou rexistrado nos Anais de Ulster como Percutio Dál Riatai la h-Óengus m. Forggusso, a "ferida de Dál Riata por Óengus, fillo de Fergus".[29] Por mor destes sucesos, Dál Riata desaparece das fontes durante unha xeración.[30][31][32][33]
Óengus puido estar involucrado en guerras en Irlanda, quizais loitando con Áed Allán, ou contra el como aliado de Cathal mac Finguine.[34] As evidencias desta participación son limitadas. Están a presenza de Bridei, fillo de Óengus, na illa Tory, na costa noroeste de Donegal en 733, preto das terras do inimigo de Áed Allán, Flaithbertach mac Loingsig. Con menos certeza, os Anais fragmentarios de Irlanda mencionan a presenza dunha frota picta de Fortriu loitando para Flaithbertach en 733.[18][35][36]
Alt Clut, Northumbria e Mercia |
En 740, está rexistrada unha guerra entre os pictos e Northumbria, durante a cal Æthelbald, rei de Mercia, tomou a vantaxe da ausencia de Eadberht de Northumbria para estragar as súas terras, e se cadra queimar York.[37] A razón desta guerra non está clara, pero suxeriuse que estivo relacionada co asasinato de Earnwine, fillo de Eadwulf por orde de Eadberht. O pai de Earnwine estivera en exilio no norte despois da súa derrota na guerra civil de 705–706, e puido ocorrer que Óengus, ou Æthelbald, ou ambos, tentaran poñelo no trono de Northumbria.[38]
As batallas entre os pictos e os britanos de Alt Clut, ou Strathclyde, están rexistradas nos anos 744 e 750, cando Kyle, en Alt Clut, foi tomada por Eadberht de Northumbria. A batalla de 750 entre os britanos e os pictos tivo lugar nun sitio chamado Mocetauc (quizais Mugdock, preto de Milngavie) na cal morreu Talorgan mac Fergusa, irmán de Óengus.[40][41] Despois da derrota de 750, os Anais de Ulster rexistran "a diminución da soberanía de Óengus".[42] Isto debeuse á chegada ó poder de Áed Find, fillo de Eochaid mac Echdach, en toda ou parte de Dál Riata, e o seu rexeitamento do goberno de Óengus.[43][44][45]
Ademais da narración directa dos ataques de Dál Riata, ofrecéronse gran número de interpretacións das relacións entre Óengus, Eadberht e Æthelbald no período dende 740 até 750. Unha desas interpretacións suxire que Óengus e Æthelbald eran aliados contra Eadberht, ou mesmo que exercían un dominio conxunto de Gran Bretaña, ou unha bretwalda, é dicir, Óengus recollía os tributos ó norte do Humber e Æthelbald ó sur. Isto baséase principalmente nunha confusa pasaxe da Historia Regum Anglorum de Simeón de Durham, e polo xeral considérase que a interpretación ofrecida por Frank Stenton (que está baseada nun erro textual e en que Óengus e Æthelbald non estaban relacionados en ningunha clase de reinado conxunto) é a correcta.[41][43]
En 756, Óengus atópase en campaña xunto con Eadberht de Northumbria. A campaña é relatada como segue a continuación:
No ano da encarnación do Señor 756, o rei Eadberht no ano dezaoito do seu reinado, e Unust, rei dos pictos, lideraron os seus exércitos á vila de Dumbarton. E polo tanto, os britanos aceptaron alí os seus termos, o primeiro día do mes de agosto. Mais o décimo día do mesmo mes, pereceu case todo o exército que liderou dende Ouania até Niwanbirig.[46]
Existen certezas razoables de que Ouania sexa Govan,[47][48] mais a localización de Newanbirig non as ten. Malia que existen moitos Newburghs, Newburgh-on-Tyne, preto de Hexham, é a localización preferida.[49] Unha intepretación alternativa dos eventos de 756 identifica Newanbirig con Newborough, preto de Lichfield, no reino de Mercia. Unha derrota de Eadberht e Óengus nese lugar polas tropas de Æthelbald correspondería coa lenda da fundación de Saint Andrews, segundo a cal un rei chamado Óengus, fillo de Fergus, fundou unha igrexa para agradecer a André Apóstolo por telo salvado despois da derrota en Mercia.[50][51]
Culto de Saint Andrew |
A historia da fundación de St Andrews, orixinalmente Cennrígmonaid, non é contemporánea e pode conter moitas invencións. Os anais irlandeses falan da morte de "Tuathalán, abade de Cinrigh Móna", en 747, dando por certo o dato de que St Andrews foi fundada antes desa data, probablemente por Óengus ou por Nechtan, fillo de Der-Ilei.[34][52][53][54][55] Está xeralmente aceptado que o sartego de St Andrews foi creado por orde de Óengus.[34][56][57][58] As xeracións posteriores puideron confundir este rei Óengus co rei homónimo do século IX.[59][60] A escolla de David como modelo é, segundo Alex Woolf, certamente axeitada: David tamén foi un usurpador.[61]
O culto de André Apóstolo puido chegar ó reino dos pictos dende Northumbria, como o culto de San Pedro que foi favorecido por Nechtan, e en particular dende o mosteiro de Hexham que estaba dedicado a Santo André. Esta aparente conexión coa igrexa de Northumbria puido ter deixado un rexistro histórico. Óengus, como os seus sucesores e posibles parentes Caustantín e Eógan, aparece rexistrado en Liber Vitae Ecclesiae Dunelmensis, unha lista de 3000 benfeitores para os que se dicían oracións en institucións relixiosas conectadas con Durham.[62][63][64]
Morte e legado |
Óengus morreu no ano 761, "probablemente con máis de 70 anos, ... sendo a figura dominante na política do norte de Gran Bretaña".[65] A súa morte está rexistrada no estilo breve típico dos analistas, agás polo continuador de Bede en Northumbria, posiblemente confiando nunha fonte de Dál Riata, quen escribiu:
Óengus, rei dos pictos, morreu. Dende o comezo do seu reinado até o final perpetrou crimes sanguentos, coma un asasino tiránico.[66][67][68][69]
A lista de reis da crónica picta conta que foi sucedido polo seu irmán Bridei. O seu fillo Talorgan tamén foi rei despois, e é o primeiro fillo dun rei picto que se sabe que se converteu tamén en rei.[70][71]
O seguinte poema irlandés do século IX do Libro de Leinster está asociado con Óengus:[16]
Fó sén dia ngab Óengus Alpain, Alpu thulchach trethantríathach; tuc do chaithrib costud clárach, cossach lámach lethanscíathach. | Bo o día no que Óengus tomou Alba, a montañosa Alba cos seus fortes xefes; trouxo a batalla ás cidades empalizadas, cos pés, coas mans, cos amplos escudos. |
Libro de Leinster [72]
Unha avaliación do reinado de Óengus é problemática, xa que as fontes analíticas achegan moi pouca información de Escocia nas seguintes xeracións. Os seus aparentes lazos irlandeses engádense á longa lista de argumentos que defenden a idea de que a "gaelización" do leste de Escocia comezou na época de Cináed mac Ailpín; de feito, hai boas razóns para crer que o proceso comezou antes do reinado de Óengus.[73][74] Moitos dos reis pictos até a morte de Eóganan mac Óengusa en 839, pertenceron á familia de Óengus, en particular os fillos de Fergus Caustantín e Óengus.[61][75][76]
A cantidade de información que sobreviviu sobre Óengus comparada con outros reis pictos, a natureza e o alcance xeográfico das súas accións e a duración do seu reinado fan que o rei Óengus sexa un dos gobernantes máis salientables da Idade Escura insular.[77]
Notas |
↑ Véxase (Charles-Edwards, 2000), (Yorke, 2006, pp. 236–237) e (Henderson, 1998, pp. 105ff). Para imaxes semellantes, véxase (Henderson e Henderson, 2004, pp. 130–132).
↑ (Forsyth, 2000)
↑ (Anderson, 1980, pp. 88–102)
↑ Moitas das fontes están recollidas en Early Sources of Scottish History (ESSH) e Scottish Annals from English Chroniclers (SAEC), editadas por Alan Orr Anderson.
↑ A comezos do século VIII, os bispos foron Curetán, Fergus e Brecc.
↑ (Anderson, 1990, p. 221)
↑ (Yorke, 2006, pp. 153–155)
↑ Mencións ó norte de Gran Bretaña poden atoparse en D. W. Harding, The Iron Age in Northern Britain: Celts and Romans, Natives and Invaders (2004), e Leslie Alcock, Kings & Warriors, Craftsmen & Priests in Northern Britain AD 550–850 (2003).
↑ (Foster, 2004) excluíndo o sur de Escocia e o norte de Inglaterra.
↑ Estudos sobre Northumbria inclúen Northumbria, 500–1100: Creation and Destruction of a Kingdom de David Rollason (2003), e The Kingdom of Northumbria AD 350–1100 de Nick Higham (1993).
↑ John Bannerman, Studies in the History of Dalriada (1974), segue a ser o traballo estándar sobre Dál Riata.
↑ (Anderson, 1990, pp. 240–241 & 243)
↑ "Rotri, rei dos britanos", cuxa morte está rexistrada nos Annales Cambriae s.a. 754, foi identificado frecuentemente como rei de Alt Clut, pero este rexistro refírese en realidade a Rhodri Molwynog ap Idwal, rei de Gwynedd.
↑ (Byrne, 2001, pp. 193–194, 291)
↑ Un ciclo temperán de relatos conta que Conall Corc viaxou ó reino dos pictos e tomou como a súa primeira muller á filla do rei dos pictos, de alí o epíteto de Coirpre. En calquera caso, os contactos entre Escocia e a afastada Munster son coñecidos dende os primeiros tempos. Dicíase que os primeiros Dál Riata vivían en Munster Occidental (Iarmuman) antes de emigrar a Ulster e ó oeste de Escocia.
↑ 16,016,1 (Forsyth, 2000, pp. 27–28)
↑ A xenealoxía aparece no manuscrito Rawlinson B 502, ¶1083.
↑ 18,018,118,2 (Woolf, 2005, p. 36)
↑ (Yorke, 2006, pp. 49–50, 54 & 288–289)
↑ (Anderson, 1990, p. 253, note 2)
↑ Para os eventos entre 724 e 729, véxase (Anderson, 1990, pp. 221–227). Para Óengus como partidario de Nechtan, (Henderson, 1998, pp. 155–156) e (Woolf, 2005, p. 36).
↑ (Woolf, 2006a)
↑ (Anderson, 1990, pp. 229–230)
↑ (Anderson, 1990, pp. 227–229)
↑ (Anderson, 1990, p. 232 & corrigenda, p. xviii)
↑ Talorgan estaba relacionado con Nechtan, e chamado irmán del no ano 713, o que podería referirse a que eran medio irmáns, irmán adoptivo ou cuñado.
↑ (Anderson, 1990, pp. 214, 236)
↑ (Anderson, 1990, p. 232)
↑ AU 741.10
↑ (Anderson, 1990, pp. 182, 232–238)
↑ (Woolf, 2005, pp. 36–37)
↑ (Anderson, 1980, pp. 184–186)
↑ Descoñécese quen liderou Dál Riata en 741: os fillos de Fiannamail ua Dúnchado mencionados polos Anais de Ulster poden non ter relación, e a mención de Alpín, fillo de Crup, ás veces considerado a mesma persoa que o Alpín derrocado en 729, pode estar fóra de lugar.
↑ 34,034,134,2 (Woolf, 2002)
↑ (Anderson, 1990, pp. 227–228)
↑ Como xa se comentou, a maioría de anais irlandeses din que Flaithbertach foi apoiado por unha frota dende Dál Riata.
↑ (Anderson, 1908, pp. 55–56)
↑ (Woolf, 2005, p. 37). Para Earnwine, véxase (Kirby, 1991, p. 150), (Yorke, 1990, p. 90)
↑ (Foster, 2004, p. 89)
↑ (Anderson, 1990, pp. 238–239)
↑ 41,041,1 (Anderson, 1908, p. 56)
↑ (Anderson, 1990, p. 240)
↑ 43,043,1 (Woolf, 2005, p. 38)
↑ (Anderson, 1980, pp. 186–187)
↑ A entrada para o ano 752 nos Anais de Tigernach, rexistrando "a batalla de Asreth en Circinn", crese que está fóra de lugar.
↑ (Forsyth, 2000, p. 29); véxase tamén (Anderson, 1908, p. 57).
↑ (Forsyth, 2000, pp. 29–30)
↑ (Woolf, 2005, p. 39)
↑ (Kirby, 1991, p. 150)
↑ (Woolf, 2005, pp. 39–40).
↑ Esta versión da lenda fundacional de St Andrews aparece en (Anderson, 1980, pp. 258–260).
↑ (Anderson, 1990, p. 238)
↑ (Forsyth, 2000, pp. 21–22)
↑ (Foster, 1998, pp. 42–43)
↑ O máis recente estudo, (Yorke, 2006), favorece a "Óengus".
↑ (Henderson, 1998, pp. 155–156)
↑ (MacLean, 2000, pp. 200–201)
↑ Está menos claro de quen son os restos que contén. Woolf e (MacLean, 2000) defenden que conteñen a Óengus, mentres que Henderson está a favor de Nechtan mac Der Ilei. Clancy, defende que son restos do século IX de "Caustantín".
↑ (Foster, 1998, p. 42)
↑ (Broun, 1998, pp. 80–81)
↑ 61,061,1 (Woolf, 2005, p. 40)
↑ (Forsyth, 2000, pp. 25–26)
↑ (Yorke, 2006, p. 167)
↑ Óengus aparece no posto 43, Caustantín no 80 e Eógan no 100.
↑ (Forsyth, 2000, p. 21)
↑ (Forsyth, 2000, p. 22)
↑ (Anderson, 1990, p. 244)
↑ (Anderson, 1908, p. 57)
↑ (Woolf, 2005, p. 37)
↑ (Yorke, 2006, p. 49)
↑ Os fillos dos reis convertíanse en reis de forma máis frecuente no século IX, pero non foi até o século XI que os reis eran sucedidos polos seus fillos de xeito máis frecuente que os seus irmáns e curmáns.
↑ Clancy 2007, pp. 64.
↑ Nechtan, fillo de Der-Ilei e o seu irmán Bridei tiveron un pai de orixe gaélica, Dargart mac Finguine dos Cenél Comgaill.
↑ Véxase (Clancy, 2002b) e (Yorke, 2006, pp. 54–55).
↑ (Broun, 1998, passim)
↑ Para argumentos en contra, véxase (Bannerman, 1999, passim). Os agumentos son comparados en (Yorke, 2006, pp. 49–50, 54 & 288–289).
↑ As afirmacións máis fortes fanse entre os estudosos que din que Óengus gobernou en Bretwalda con Æthelbald, como Charles-Edwards, Forsyth e Yorke. Outros, como Broun e Woolf, fan afirmacións menos radicais, pero contan a Óengus entre os reis pictos máis poderosos e a forza dominante no norte de Gran Bretaña. Para ver a relevacia de Óengus a nivel artístico e cultural, véxase (Henderson e Henderson, 2004, p. 12) e (MacLean, 2000, pp. 200–201).
Véxase tamén |
Bibliografía |
- Fontes principais
Anderson, Alan Orr (1990). Early Sources of Scottish History AD 500 to 1286 1. Reeditado con correccións por Marjorie O. Anderson. Stamford: Paul Watkins. ISBN 1-871615-03-8.
Anderson, Alan Orr (1908). Scottish Annals from English Chroniclers A.D. 500–1286. Londres: D. Nutt.
Beda (1990). D. H. Farmer, ed. Historia ecclesiastica gentis Anglorum. Revised by R. E. Latham. Londres: Penguin. ISBN 0-14-044565-X.
- Fontes secundarias
Anderson, Marjorie Ogilvie (1980). Kings and Kingship in Early Scotland. Edimburgo: Scottish Academic Press. ISBN 0-7011-1604-8.
Aitchison, Nick (2006). Forteviot: a Pictish and Scottish royal centre.
Bannerman, John (1999). Dauvit Broun; Thomas Owen Clancy, eds. Spes Scotorum: Saint Columba, Iona and Scotland. Edimburgo: T. & T. Clark. ISBN 0-567-08682-8.
Broun, Dauvit (1998). "Pictish kings 761–839: integration with Dál Riata or separate development". En Sally Foster. The St Andrews Sarcophagus: a Pictish Masterpiece and its International Connections. Dublín: Four Courts Press. pp. 71–83. ISBN 978-1-85182-414-4.
Byrne, Francis John (2001). Irish Kings and High-Kings (2nd revised ed.). Dublin: Four Courts Press. ISBN 1-85182-196-1.
Charles-Edwards, T. M. (2000). "'The Continuation of Bede', s.a. 750: High-Kings of Tara and 'Bretwaldas'". En Alfred P. Smyth. Seanchas: Studies in Early Medieval Irish Archaeology, History and Literature in Honour of Francis J. Byrne. Dublin: Four Courts Press. ISBN 1-85182-489-8.
Clancy, Thomas Owen (2002a). "Caustantín son of Fergus (Uurgust)". En M. Lynch. The Oxford Companion to Scottish History. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 0-19-211696-7.
Clancy, Thomas Owen (2002b). "Nechtan son of Derile". En M. Lynch. The Oxford Companion to Scottish History. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 0-19-211696-7.
Clancy, Thomas Owen (2007). Edinburgh University Press, ed. The Poetry of the Court:Praise. Edinburgh History of Scottish Literature: From Columba to the Union (until 1707). ISBN 978-0-7486-1615-2.
Foster, Sally (1998). "Discovery, recovery, context and display". En Sally Foster. The St Andrews Sarcophagus: a Pictish Masterpiece and its International Connections. Dublin: Four Courts Press. pp. 36–62. ISBN 978-1-85182-414-4.
Foster, Sally (2004). Picts, Gaels, and Scots: Early Historic Scotland (2nd ed.). Londres: Batsford. ISBN 0-7134-8874-3.
Forsyth, Katherine (2000). "Evidence of a lost Pictish source in the Historia Regum Anglorum of Symeon of Durham". En Simon Taylor. Kings, Clerics and Chronicles in Scotland, 500–1297: Essays in Honour of Marjorie Ogilvie Anderson on the Occasion of her Ninetieth Birthday. Dublin: Four Courts Press. pp. 19–32. ISBN 1-85182-516-9.
Henderson, Isabel (1998). "Primus inter Pares: the St Andrews Sarcophagus and Pictish sculpture". En Sally Foster. The St Andrews Sarcophagus: a Pictish Masterpiece and its International Connections. Dublin: Four Courts Press. pp. 97–167. ISBN 978-1-85182-414-4.
Henderson, George; Henderson, Isabel (2004). The Art of the Picts. Londres: Thames and Hudson. ISBN 0-500-23807-3.
Kirby, D. P. (1991). The Earliest English Kings. Londres: Unwin Hyman. ISBN 0-04-445692-1.
MacLean, Douglas (2000). "The Northumbrian perspective". En Simon Taylor. Kings, Clerics and Chronicles in Scotland, 500–1297: Essays in Honour of Marjorie Ogilvie Anderson on the Occasion of her Ninetieth Birthday. Dublin: Four Courts Press. ISBN 978-1-85182-516-5.
Woolf, Alex (2002). "Ungus (Onuist), son of Uurgust". En M. Lynch. The Oxford Companion to Scottish History. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 0-19-211696-7.
Woolf, Alex (2005). "Onuist son of Uurguist: tyrannus carnifex or a David for the Picts?". En David Hill & Margaret Worthington. Aethelbald and Offa: Two Eighth-Century Kings of Mercia. British Archaeological Reports, British series 383. Oxford: Archaeopress. ISBN 1-84171-687-1.
Woolf, Alex (2006a). "AU 729.2 and the last years of Nechtan mac Der-Ilei" (PDF). The Scottish Historical Review 85 (1): 131–137. doi:10.1353/shr.2006.0030.
Woolf, Alex (2006b). "Dún Nechtain, Fortriu and the geography of the Picts". The Scottish Historical Review 85 (2): 182–201. doi:10.1353/shr.2007.0029.
Yorke, Barbara (1990). Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England. Londres: Routledge. ISBN 978-1-134-70724-9.
Yorke, Barbara (2006). The Conversion of Britain: Religion, Politics and Society in Britain c. 600–800. Londres: Longman. ISBN 0-582-77292-3.
Ligazóns externas |
CELT: Corpus of Electronic Texts en University College Cork incluíndo os Anais de Ulster, os Anais de Tigernach, o Chronicon Scotorum e xenealoxías de Rawlinson B 502
Anais de Clonmacnoise en Universidade Cornell, véxase p. 113ff.
Bede's Ecclesiastical History and the Continuation of Bede (pdf), en CCEL, tr. A.M. Sellar
Annales Cambriae (traducido ó inglés) en Internet Medieval Sourcebook.
The Rolls edition of the Brut y Tywyssogion (PDF) en Stanford University Library
Óengus I Casa de Óengus Nacemento: século VII Falecemento: 761 | ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Nechtan fillo de Der-Ile | Rei dos Pictos 732–761 | Sucedido por Bridei fillo de Fergus |
|
|
Categorías:
- Finados en 761
- Nados no século VII
- Reis dos pictos
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.624","walltime":"0.762","ppvisitednodes":"value":6387,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":79244,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4505,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":1,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":34622,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":2,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 590.820 1 -total"," 24.46% 144.535 23 Modelo:Cita_libro"," 21.49% 126.968 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 14.55% 85.943 1 Modelo:Listaref"," 12.05% 71.207 1 Modelo:Ficha_de_nobre"," 10.51% 62.067 1 Modelo:Infobox"," 5.95% 35.174 71 Modelo:Harv"," 3.67% 21.655 1 Modelo:Reis_dos_pictos_e_dos_escoceses"," 2.99% 17.675 1 Modelo:Navbox"," 2.46% 14.529 2 Modelo:Cita_publicación_periódica"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.233","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3715990,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1270","timestamp":"20190409112414","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"u00d3engus I","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%93engus_I","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q292929","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q292929","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2017-10-06T11:43:11Z","dateModified":"2019-01-28T12:19:11Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/4b/%C3%93engusmacFergusa.JPG","headline":"rei dos pictos"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":200,"wgHostname":"mw1254"););