Skip to main content

How a Mosquito Operates Índice Sinopse | Estilo | Antecedentes | Produción e estrea | Recepción e legado | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación20687319The Earwig's Tail: A Modern Bestiary of Multi-Legged LegendsAnimating Space: From Mickey to Wall-E"Celebrating Little Nemo by Winsor McCay; his 'demons' made him do it"o orixinal5429588M20687377534835Émile Cohl, Caricature, and Film. Princetonv14333924939546423tt0002260123640

Filmes de 1912Cine mudoCine de animaciónCine producido nos Estados Unidos de AméricaCurtametraxesCine en branco e negroFilmes dirixidos por Winsor McCay


mudoanimaciónestadounidenseWinsor McCaymosquitoLittle Nemovodevilmosquitosombreiro de copaintertítulosflexiónssaudándoosWinsor McCayvodevilRobertJames Stuart BlacktonÉmile Cohlno filmeNova JerseyMartealcohólicoMcCayWilliam Randolph Hearstpapel de arrozceluloideEstudios Vitagraphiluminación de arcometraxeCarl LaemmleNova YorkbrontosauroJohn Randolph BraysalchichasJohn CanemakerEstudios Disney










Este é un artigo de calidade da Galipedia



How a Mosquito Operates




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura











How a Mosquito Operates
Winsor McCay (1912) How a Mosquito Operates still.jpg
Ficha técnica
DirectorWinsor McCay
EstreaXaneiro de 1912
Duración6 minutos
Orixe
Estados Unidos de América Estados Unidos

How a Mosquito Operates é un filme mudo de 1912 de animación do debuxante estadounidense Winsor McCay. Tamén se coñece cos títulos The Story of a Mosquito e Winsor McCay and his Jersey Skeeters. Cunha duración de 6 minutos, o filme amosa un mosquito xigante que atormenta a un home que tenta durmir. Este filme é unha das primeiras obras de animación da historia, e a súa calidade técnica está considerada moi avanzada para o seu tempo.


McCay acadara certa reputación pola súa capacidade de debuxo, de forma máis notable na elaboración dos debuxos da tira cómica para nenos Little Nemo in Slumberland que comezou en 1905. Iniciouse na arte da animación co filme Little Nemo en 1911, e seguiu o éxito deste adaptando un episodio da súa tira cómica Dream of the Rarebit Fiend ó filme How a Mosquito Operates. McCay deulle a este filme unha historia máis coherente e unha caracterización máis desenvolvida ca o filme Nemo, cunha temporalidade, movemento e peso na animación máis naturais.


How a Mosquito Operates tivo unha gran recepción trala súa estrea como parte dun acto de vodevil de McCay, que continuou desenvolvendo a animación de personaxes introducida neste filme na súa obra de animación máis coñecida, Gertie the Dinosaur do ano 1914.




Índice





  • 1 Sinopse


  • 2 Estilo


  • 3 Antecedentes


  • 4 Produción e estrea


  • 5 Recepción e legado


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Bibliografía





Sinopse |




Ficheiro:Winsor McCay (1912) How a Mosquito Operates.webmReproducir o contido


How a Mosquito Operates (1912)


Un home mira ó seu redor con receo antes de entrar na súa habitación.[1] Un mosquito xigante[a] cun sombreiro de copa e un maletín perségueo voando cara a dentro da habitación por un lintel. O mosquito aliméntase repetidamente do home que dorme, que tenta espantalo en van. O mosquito énchese bebendo demasiada sangue ata que estoupa.[1][4][5][6]



Estilo |


How a Mosquito Operates é un dos primeiros exemplos da animación de liñas debuxadas.[4] McCay usou uns fondos minimalistas[7] e capitalizou as fortalezas do medio cinematográfico, naquel entón moi pouco desenvolvido, enfocándose na acción visual e física dos personaxes.[8] O filme non contén intertítulos que interrompan a imaxe muda.[9]


No lugar de expandirse sen máis como un globo, o abdome do mosquito énchese de forma consistente coa súa estrutura corporal segundo vai bebendo, dunha forma natural.[10][11] Canto máis pesado se torna, máis dificultades ten para manter o equilibrio.[12] Excitándose segundo vai alimentándose, nun momento dado fai flexións no nariz do home e voltea o seu sombreiro no aire.[9] O mosquito amosa unha personalidade egoísta, persistente e calculadora,[12] chegando a facer contacto visual cos espectadores e saudándoos.[13] McCay equilibra o horror co humor, como por exemplo cando o mosquito xa está tan enchido de sangue que só é capaz de deitarse.[12]



Antecedentes |




McCay baseou o filme no episodio do 5 de xuño de 1909 da súa tira cómica Dream of the Rarebit Fiend[14][12]


Winsor McCay (c. 1869–1934)[b] desenvolveu a súa capacidade de debuxo na súa xuventude, considerada moi precisa e detallada.[16] De mozo gañábase a vida debuxando retratos e pósters en varios dime museums, centros de entretemento para as clases obreiras, atraendo un gran número de público grazas á súa capacidade de debuxar rapidamente en público.[17] McCay comezou a traballar a tempo completo como ilustrador para un xornal en 1898,[18] e comezou a debuxar tiras cómicas en 1903.[19] Acadou o seu maior éxito con estas tiras cómicas coa historia para nenos titulada Little Nemo in Slumberland,[20][21][22][23][24] que se publicou en 1905.[25] McCay comezou a actuar no circuíto de vodevil ó ano seguinte realizando chalk talks, actuacións nas que debuxaba en directo mentres facía un monólogo para a audiencia.[26]


Inspirado polos flip books que o seu fillo Robert traía á casa,[27][28] McCay afirmou que "se decatara da posibilidade de facer imaxes en movemento" dos seus debuxos.[28] Declarouse a si mesmo "o primeiro home do mundo en facer debuxos animados",[28] aínda que o estadounidense James Stuart Blackton e o francés Émile Cohl xa realizaran algúns con anterioridade,[28] e que McCay xa gravara a súa primeira curta animada baixo supervisión de Blackton. McCay incluíu os personaxes de Little Nemo no filme, que se estreou nos cinemas en 1911 e que incorporou á súa actuación de vodevil.[29]


As secuencias animadas de Little Nemo non teñen argumento:[30] de forma semellante ós primeiros experimentos de Émile Cohl, McCay usou o seu primeiro filme para demostrar as capacidades do medio, con secuencias imaxinativas co único motivo de ilustrar a animación. En Mosquito procurou acadar unha maior credibilidade, balanceando a acción excéntrica cuns tempos, movementos e peso máis naturais.[1] Como no primeiro filme xa demostrara que os debuxos podían moverse, nesta segunda decidiu introducir unha historia sinxela.[30]


As actuacións nos vodevís e as revistas humorísticas levaban un tempo incluíndo de forma habitual chistes sobre grandes mosquitos en Nova Jersey ós que chamaban "Jersey skeeters", e McCay xa debuxara mosquitos na súa tira cómica, incluíndo nun episodio de Little Nemo[c] no que un enxame de mosquitos atacan a Nemo cando retorna dunha viaxe a Marte.[31] McCay tomou a idea para o filme dun episodio do 5 de xuño de 1909 da súa tira cómica Dream of the Rarebit Fiend,[14][12] no que un mosquito (sen sombreiro ou maletín) se enche chuchándolle o sangue a un alcohólico ata acabar cheo e borracho ata o punto de non poder voar.[12]



Produción e estrea |





McCay en 1906


McCay comezou a traballar no filme en maio de 1911.[31] Pouco tempo despois deixou o seu traballo no New York Herald e pasou a traballar nos xornais de William Randolph Hearst. Un anuncio nunha revista en xullo dese ano anunciou un "debuxo en movemento, contendo seis mil escenas ... que o señor McCay publicará no vodevil a próxima tempada. O filme vaise chamar How a Mosquito Operates".[31]


McCay fixo os 6 000 debuxos[13] en papel de arroz translúcido.[3] O filme é anterior ó desenvolvemento da animación en celuloide, na que os animadores debuxan en follas transparentes de celuloide sobrepostas a fondos estáticos.[7] Por este motivo McCay tivo que volver debuxar o fondo en cada un dos debuxos, provocando un lixeiro movemento ondulado do mesmo por mor da dificultade de reproducilo perfectamente cada vez.[7] McCay reutilizou algúns dos debuxos para repetir algunhas accións en bucle,[13] técnica que empregara unha vez en Little Nemo e que pasaría a usar con máis asiduidade nos seus filmes posteriores.[32]


Rematou de debuxar o filme en decembro de 1911.[33][31] O día no que ía levar os debuxos ós Estudios Vitagraph para a fotografía tivo lugar unha tormenta de neve, polo que alugou un taxi de cabalos pechado para que os levase ata alí. O taxi desapareceu ata que foi atopado pola policía uns días despois cos debuxos intactos dentro, e os cabalos a varios quilómetros do sitio. O primeiro intento de gravar resultou nunha cantidade inaceptable de escintileo por mor da iluminación de arco empregada polo estudio, polo que tivo que gravarse de novo.[31] A obra completa acadou os 600 pés de metraxe.[34]


How a Mosquito Operates estreouse en xaneiro de 1912[35] como parte da actuación de vodevil de McCay, coa que fixo unha xira esa primavera e verán.[36] O produtor Carl Laemmle adquiriu os dereitos de distribución baixo a restrición de que non publicaría o filme nos Estados Unidos ata que McCay terminase de usalo na súa actuación de vodevil.[34][d] Universal–Jewel publicou o filme en 1916 baixo o título Winsor McCay and his Jersey Skeeters,[37] e nalgunhas ocasións tamén se chamou The Story of a Mosquito.[14]


Nunha actuación en directo que servía como prólogo do filme, McCay e a súa fila, "amolados ata morrer polos mosquitos" no seu fogar de verán en Nova Jersey, atopaban un profesor que falaba a lingua dos insectos. O profesor pedíalle a McCay que "fixera unha serie de debuxos para ilustrar xusto como o insecto facía o seu traballo mortal", e tras meses de traballo McCay invitaba o profesor a ver o filme.[38]



Recepción e legado |


How a Mosquito Operates estreouse nun momento no que a demanda de animación superaba as capacidades dos estudios para producila. Segundo o animador Chris Webster, nun momento no que os estudios tiñan moitas dificultades para conseguir que a animación simplemente chegase a funcionar, McCay demostrou unha gran mestría no medio e un sentido de como crear un movemento que resultara crible.[39]


O filme conseguiu unha boa recepción por parte do público e da crítica. O Detroit Times describiu como as audiencias rían ata chorar, e que "marchaban para a súa casa sentindo que viran un dos mellores programas" na historia do cine.[40] Este xornal cualificou o filme de "arranxo marabilloso de debuxos coloreados", referíndose á secuencia final pintada á man de vermello por McCay, da que non se conservan copias.[40] O xornal The Morning Telegraph de Nova York afirmou que "as imaxes en movemento dos debuxos de McCay provocaron que incluso os magnates do cinema se marabillen da súa intelixencia e humor".[40] O público viu esta animación tan realista que chegou a suxerirse que McCay trazara os personaxes a partir de fotografías,[41] ou que empregara trucos por medio duns cables:[42]


Debuxei un mosquito ridiculamente grande, perseguindo un home que durmía, mirando a través dunha pechadura e abalanzándose cara a el a través do lintel. O meu público sentiuse contento, pero declarou que o mosquito estaba operado por cables para conseguir o efecto perante as cámaras.
Winsor McCay - "From Sketchbook to Animation", 1927 (Tradución do orixinal)[34][43]


Para demostrar que non utilizara este tipo de trucos, McCay escolleu unha criatura para o seu seguinte filme que non podía fotografarse: un brontosauro.[41] Este novo filme, Gertie the Dinosaur,[35] estreouse como parte da súa actuación de vodevil en 1914.[44] Antes de amosar o filme, deu pistas sobre o tema do mesmo en varias entrevistas nas que comentaba o potencial da animación para "o traballo serio e educativo".[40]


O primeiro filme do animador estadounidense John Randolph Bray, titulado The Artist's Dream, publicouse en 1913. Neste altérnase a imaxe real e as secuencias de animación, nas que aparece un can que estoupa tras comer demasiadas salchichas. Malia que estes aspectos recordan os primeiros dous filmes de McCay, Bray afirmou que non coñecía o traballo de McCay cando traballou en The Artist's Dream.[45]


Tras Mosquito os filmes de animación tenderon a estar máis baseados nas historias. Durante décadas poucas veces centraron a atención na tecnoloxía detrás delas, e as secuencias de imaxe real tornáronse pouco frecuentes.[46] O animador e biógrafo de McCay John Canemaker eloxiou a McCay pola súa capacidade de imbuír a un mosquito de carácter e personalidade,[14] e afirmou que a calidade técnica da súa animación estaba moi por diante do seu tempo, sen parangón ata que os Estudios Disney gañaron prominencia a finais dos anos 1930 con filmes como Snow White and the Seven Dwarfs.[39][12]



Notas |




  1. Nunha revisión das obras de McCay en 1975 John Canemaker referiuse ó mosquito co nome de Steve.[2][3]


  2. A súa data de nacemento varía segundo as fontes, dándose os anos 1867, 1869 e 1871. A súa partida de nacemento non se conserva.[15]


  3. Commons-logo.svg Wikimedia Commons ten un ficheiro dispoñible para este episodio do 23 de outubro de 1910.


  4. Canemaker indica que Vitagraph distribuíu o filme fóra dos Estados Unidos.[12]


Referencias

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.




  1. 1,01,11,2 Canemaker 2005, p. 165.


  2. Canemaker, John (1975). "Winsor McCay". Film Comment (11): 44–47. 


  3. 3,03,1 Hoffer, Tom W. (1976). "From Comic Strips to Animation: Some Perspective on Winsor McCay". Journal of the University Film Association (University of Illinois Press / University Film & Video Association) 28 (2): 23–32. JSTOR 20687319. 


  4. 4,04,1 Berenbaum, May R. (2009). The Earwig's Tail: A Modern Bestiary of Multi-Legged Legends. Harvard University Press. p. 138. ISBN 978-0-674-03540-9. 


  5. Telotte, J. P. (2010). Animating Space: From Mickey to Wall-E. University Press of Kentucky. p. 54. ISBN 978-0-8131-2586-2. 


  6. Dowd & Hignite 2006, pp. 13–14.


  7. 7,07,17,2 Rayner, Jonathan; Harper, Graham (2014). Film Landscapes: Cinema, Environment and Visual Culture. Cambridge Scholars Publishing. p. 184. ISBN 978-1-4438-6631-6. 


  8. Petersen, Robert (2010). Comics, Manga, and Graphic Novels: A History of Graphic Narratives. ABC-CLIO. p. 111. ISBN 978-0-313-36330-6. 


  9. 9,09,1 Pike, Deidre M. (2012). Enviro-Toons: Green Themes in Animated Cinema and Television. McFarland. p. 30. ISBN 978-0-7864-9002-8. 


  10. Barrier 2003, p. 17.


  11. Dowd & Hignite 2006, p. 13.


  12. 12,012,112,212,312,412,512,612,7 Canemaker 2005, p. 167.


  13. 13,013,113,2 Dixon, Bryony (2011). 100 Silent Films. Palgrave Macmillan. p. 101. ISBN 978-1-84457-569-5. 


  14. 14,014,114,214,3 Eagan, Daniel (2010). America's Film Legacy: The Authoritative Guide To The Landmark Movies In The National Film Registry. Continuum International Publishing Group. p. 33. ISBN 978-0-8264-2977-3. 


  15. Canemaker 2005, p. 22.


  16. Canemaker 2005, pp. 23–24.


  17. Canemaker 2005, pp. 38, 40, 43–44.


  18. Canemaker 2005, p. 47.


  19. Canemaker 2005, p. 60.


  20. Harvey, Robert C. (1994). The Art of the Funnies: An Aesthetic History. University Press of Mississippi. p. 21. ISBN 978-0-87805-612-5. 


  21. Hubbard, Amy (15 de novembro de 2012). "Celebrating Little Nemo by Winsor McCay; his 'demons' made him do it". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2012. 


  22. Sabin, Roger (1993). Adult Comics: An Introduction. Routledge. p. 134. ISBN 978-0-415-04419-6. 


  23. McCay, Winsor (1973) [1905]. Dreams of the Rarebit Fiend. Dover Publications. p. vii. ISBN 0486213471. OL 5429588M. 


  24. Canwell, Bruce (2009). Mullaney, Dean, ed. Bringing Up Father: From Sea to Shining Sea the Cross-Country Tour of 1939–1940. IDW Publishing. p. 19. ISBN 978-1-60010-508-1. 


  25. Canemaker 2005, p. 97.


  26. Canemaker 2005, pp. 131–132.


  27. Beckerman, Howard (2003). Animation: The Whole Story. Skyhorse Publishing. p. 18. ISBN 978-1-58115-301-9. 


  28. 28,028,128,228,3 Canemaker 2005, p. 157.


  29. Canemaker 2005, p. 160.


  30. 30,030,1 Wood 2012, pp. 23–24.


  31. 31,031,131,231,331,4 Canemaker 2005, p. 164.


  32. Smith, Conrad (1977). "The Early History of Animation: Saturday Morning TV Discovers 1915". Journal of the University Film Association (University of Illinois Press / University Film & Video Association) 29 (3): 23–30. JSTOR 20687377. 


  33. Theisen, Earl (1967) [1933]. "The History of the Animated Cartoon". En Fielding, Raymond. A Technological History of Motion Pictures and Television. University of California Press. p. 84. OCLC 534835. 


  34. 34,034,134,2 Furniss, Maureen (2009). Animation: Art and Industry. John Libbey Publishing. p. 99. ISBN 978-0-86196-904-3. 


  35. 35,035,1 Bendazzi, Giannalberto (1994). Cartoons: One Hundred Years of Cinema Animation. Indiana University Press. p. 16. ISBN 978-0-253-31168-9. 


  36. Barrier 2003, p. 10.


  37. Crafton, Donald (2014). Émile Cohl, Caricature, and Film. Princeton. Princeton University Press. p. 332. ISBN 9780691609126 – vía Project MUSE. (require subscrición (?)). 


  38. Canemaker 2005, pp. 164–165.


  39. 39,039,1 Webster, Chris (2012). Action Analysis for Animators. Focal Press. p. 11. ISBN 978-0-240-81218-2. 


  40. 40,040,140,240,3 Canemaker 2005, pp. 167–168.


  41. 41,041,1 Mosley, Leonard (1985). Disney's World: A Biography. Rowman & Littlefield. p. 62. ISBN 978-0-8128-3073-6. 


  42. Murray, Robin L.; Heumann, Joseph K. (2011). That's All Folks?: Ecocritical Readings of American Animated Features. University of Nebraska Press. p. 92. ISBN 978-0-8032-3512-0. 


  43. McCay, Winsor (2005) [1927]. "From Sketchbook to Animation". En Marschall, Richard. Daydreams and Nightmares: The Fantastic Visions of Winsor McCay (2ª ed.). Fantagraphics Books. p. 14. ISBN 978-1-56097-569-4. 


  44. Crafton, Donald (1993). Before Mickey: The Animated Film 1898–1928. University of Chicago Press. p. 110. ISBN 978-0-226-11667-9. 


  45. Barrier 2003, p. 12.


  46. Wood 2012, p. 24.



Véxase tamén |







Bibliografía |



  • Barrier, Michael (2003). Hollywood Cartoons: American Animation in Its Golden Age. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-516729-0. 


  • Canemaker, John (2005). Winsor McCay: His Life and Art (en inglés). Abrams Books. ISBN 978-0-8109-5941-5. 


  • Dowd, Douglas Bevan; Hignite, Todd (2006). Strips, Toons, And Bluesies: Essays in Comics And Culture (en inglés). Princeton Architectural Press. ISBN 978-1-56898-621-0. 


  • Wood, Aylish (2012). Digital Encounters (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-136-79009-6. 





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=How_a_Mosquito_Operates&oldid=4950860"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.760","walltime":"0.962","ppvisitednodes":"value":3112,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":58491,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2339,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":5,"limit":500,"unstrip-depth":"value":1,"limit":20,"unstrip-size":"value":51240,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":6,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 837.288 1 -total"," 28.73% 240.551 2 Modelo:Listaref"," 26.92% 225.434 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.54% 155.261 25 Modelo:Cita_libro"," 15.15% 126.861 41 Modelo:Sfn"," 6.58% 55.134 2 Modelo:Caixa_lateral"," 6.58% 55.054 1 Modelo:Commonscat"," 6.22% 52.102 1 Modelo:Irmáns"," 5.93% 49.622 3 Modelo:Cita_publicación_periódica"," 3.40% 28.491 4 Modelo:Efn"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.456","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4318048,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1266","timestamp":"20190409110616","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"How a Mosquito Operates","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/How_a_Mosquito_Operates","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3787202","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3787202","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2016-11-10T07:27:29Z","dateModified":"2018-10-15T09:52:49Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/41/Winsor_McCay_%281912%29_How_a_Mosquito_Operates_still.jpg","headline":"Filme de 1912 dirixido por Winsor McCay"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":144,"wgHostname":"mw1266"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020