Skip to main content

Malaui Índice Características | Historia | Política | Subdivisións | Xeografía | Economía | Demografía | Educación | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación13°30′S 34°00′L / -13.500, -34.000eMalawi - Informe do Fundo Monetario Internacional"Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente""World Leaders"o orixinal"The World Fact Book"Ending Famine, Simply by Ignoring the ExpertseWorldCat137130855XX45356212141219n2167849ID120942100394289273844074495-434540000 0001 2186 72690016D2198En80089996ID00567487ge1299341952900298793027000726108512D008295

Multi tool use
Multi tool use

Malaui


ingléschichewaÁfrica OrientalTanzaniaMozambiqueZambialago MalauiLilongweBlantyreséculo X1891colonizadoindependenciaestado unipartidistaHastings BandaBingu Mutharikagobernodemocráticomultipartidistaexércitoforzas armadasmariña de guerraforza aéreapolítica exteriorpro-occidenteorganizacións internacionaisruralmedio ambienteesperanza de vidamortalidade infantilSIDAnativosasiáticoscrenzasculturabosquimanosbantosséculo XVIII1859LivingstoneXIX1950Hastings Kamuzu BandaPartido do Congreso de MalauiGran Bretaña1964ditadura197114 de xuño199317 de maio1994Bakili Muluzi15 de xuño19992004Bingu wa Mutharika1994democráticoconstitución1995sufraxio universalpartido políticoAsemblea NacionaldeputadosSenadoCorte SupremaCentralNorteSurdistritosShire HighlandsNyka Uplandsmonte MulanjeRift Valleylago MalawiÁfricaShireZambezeMozambiqueÁfrica subsaharianaLikomaChizumuluMozambiqueLilongwe1974Blantyre1990agriculturatabacotéazucremilloPIBmillo maínzochícharosarrozcasabetabacocacahuetescaféBlantyreÁfricachewanyanjatumbukaingléschichewacristianismocatólicosprotestantesmusulmábantúRepública do CongoLago Malawichewasnyanjasséculo XXalfabetizadaSIDAuniversidadeUniversidade de MalawiMzuzuUniversidade de MzuzuLivingstoniaEkwendeniNguludiBlantyreUniversidade Católica de Malawi












Malaui




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Coordenadas: 13°30′S 34°00′L / -13.500, -34.000




















































República de Malaui
Dziko la Malaŵi
Republic of Malawi


Bandeira de Malaui

Escudo de Malaui



BandeiraEscudo
Malawi (orthographic projection).svg

Lema: Unity and Freedom
Inglés: Unidade e Liberdade

Himno: Mlungu salitsani Malawi

Capital
 • Poboación

Lilongwe
597 619 (2003)
Cidade máis poboadaBlantyre
Linguas oficiais
Inglés e Chichewa (nacional)
Forma de gobernoRepública

Presidente
Vicepresidente

Peter Mutharika
Saulos Chilima
Independencia do Reino Unido

6 de xullo de 1964
SuperficiePosto 99º
 • Total118 480 km²
 • % auga20,6
Fronteiras2 881 km
Costas0 km
Poboación
 • Total (2008 est.)13 931 831 hab.
 • Densidade
118 hab./km²

PIB (nominal)
 • Total (2008)4 082 millóns US$[1]
 • per cápita
299 US$[1]

PIB (PPA)
 • Total (2008)11 609 millóns US$[1]
 • per cápita
850 US$[1]
Moeda
Kwacha do Malaui (MWK)

IDH (2008)
0,404
Fuso horario
UTC+2
 • Horario de verán
Non aplica
Dominio de Internet.mw
Prefixo telefónico+265
Prefixo radiofónico7QA-7QZ
Código ISO454 / MWI / MW
Membro de: ONU, UA, Commonwealth

Malaui ou Malawi[2] (oficialmente República de Malaui, en inglés: Republic of Malawi, en chichewa, Dziko la Malawi) é un país situado en África Oriental, limita polo norte e polo leste con Tanzania, polo leste, sur e oeste con Mozambique e polo oeste con Zambia. Non ten costas e está separado de Tanzania e Mozambique polo lago Malaui. A capital é Lilongwe e a cidade máis poboada Blantyre.




Índice





  • 1 Características


  • 2 Historia


  • 3 Política


  • 4 Subdivisións


  • 5 Xeografía


  • 6 Economía


  • 7 Demografía


  • 8 Educación


  • 9 Notas


  • 10 Véxase tamén




Características |


Durante o século X o seu territorio foi poboado por inmigrantes e permaneceu rexido por un goberno nativo até 1891, cando foi colonizado polos británicos, que o gobernaron até 1964. Tras obter a súa independencia converteuse nun estado unipartidista baixo a presidencia de Hastings Banda, quen gobernou até 1994. Bingu Mutharika, re-elixido no 2009, é o actual presidente.[3] Ten un goberno democrático e multipartidista;[4] e ademais conta cun pequeno exército que inclúen as forzas armadas, unha mariña de guerra e unha forza aérea. A súa política exterior é pro-occidente e inclúe relacións diplomáticas positivas coa maioría dos países e participa en varias organizacións internacionais.


Atópase entre os países menos desenvolvidos e máis densamente poboados do mundo. A economía está baseada na agricultura, cunha poboación altamente rural. O goberno malaui depende moito do apoio exterior para cubrir as súas necesidades económicas. O goberno afronta grandes retos no crecemento da economía, educación, saúde e protección do medio ambiente, e estase convertendo financeiramente independente. Conta con varios programas de desenvolvemento desde 2005 que se concentran nos puntos anteriores, e o país parece estar mellorando, con grandes avances vistos no 2007 e 2008.
Ten un baixo índice de esperanza de vida e unha taxa alta de mortalidade infantil, ademais de contar coa existencia de miles de casos de SIDA.


Existe unha grande diversidade cultural na poboación entre nativos, asiáticos e europeos, con múltiples idiomas e diferentes crenzas. Aínda que existieron conflitos tribais no pasado, no século XXI diminuíron considerablemente e o concepto da nacionalidade malaui comezou a reformarse. Posúe unha cultura que combina aspectos locais e coloniais, incluíndo deportes, arte, bailes e música.



Historia |



Artigo principal: Historia de Malaui.

Os habitantes históricos orixinarios, khoisánidos (bosquimanos), foron expulsados do país coa chegada dos pobos bantos provenientes do norte. O país foi coñecido polos occidentais a través das exploracións dos portugueses desde o século XVIII.


A partir de 1859 foi explorado polo Dr. Livingstone. A finais do XIX os británicos tomaron posesión da zona e déronlle o nome de Nyasaland, pasando a formar parte logo da colonia de Rodesia e Nyasaland. Na década de 1950, Hastings Kamuzu Banda regresou ao país para liderar o Partido do Congreso de Malaui (Malawi Congress Party ou MCP). Gran Bretaña concedeulle a independencia en 1964, con Hastings Banda como presidente.


O seu goberno acabou por converterse nunha ditadura, autoproclamándose presidente vitalicio no ano 1971.


A presión das igrexas de Malaui e mais da comunidade internacional impuxéronlle ao réxime un referendum, que se celebrou o 14 de xuño de 1993. Malaui votou a favor dun sistema democrático pluralista.


As primeiras eleccións do 17 de maio de 1994 déronlle a vitoria á Fronte Democrática Unida (United Democratic Front ou UDF) de Bakili Muluzi, que se unira coa Alianza para a Democracia (Alliance for Democracy AFORD). Muluzi foi elixido presidente.


Muluzi impulsou unha nova constitución, que derrogou os privilexios residuais do MCP. O 15 de xuño de 1999, Muluzi foi reelixido fronte a unha coalición formada polo MCP e o AFORD.


En maio de 2004, o candidato á UDF, Bingu wa Mutharika, venceu ao candidato do MCP. Con todo a UDF non logrou a maioría parlamentaria precisa, polo que formou un Goberno de Unidade Nacional. Bingu wa Mutharika abandonou en tanto a UDF.



Política |



Artigo principal: Política do Malaui.

Desde o ano 1994 Malaui está dotado dun sistema democrático.


Consonte a constitución de 1995, o Président é elixido por sufraxio universal cada 5 anos. O Presidente pode nomear un Vicepresidente pertencente a un partido político. Os membros do gabinete presidencial poden ser escollidos polo Presidente.


A Asemblea Nacional está composta por 193 deputados electos tamén por cinco anos.


A Constitución prevé tamén un Senado de 80 escanos, que representa a todas as rexións así como os grupos con intereses específicos, como, por exemplo, as mulleres, a mocidade ou os discapacitados, mais tal institución non existe polo de agora.


A Constitución prevé un sistema xudicial independente, baseado no modelo inglés, cunha Corte de primeira instancia, unha Alta Corte e unha Corte Suprema de apelación.


A administración local está dividida en distritos baixo a responsabilidade dun gobernador nomeado polo goberno central.



Subdivisións |



Artigo principal: Subdivisións de Malaui.

O territorio malauiano está dividido en tres rexións, Central, Norte e Sur. Estas, á súa vez, están subdivididas en 29 distritos, que á súa vez se dividen en 137 xefaturas tradicionais e 68 subxefaturas. Os distritos son:







Xeografía |



Artigo principal: Xeografía do Malaui.



Mapa de Malaui.


País de elevados planaltos, os Shire Highlands no sur e os Nyka Uplands ao norte, Malaui ten o seu cume a 3.048 m no monte Mulanje.


O Rift Valley atravesa o país de norte a sur. Nesta enorme depresión atópase o lago Malawi, o terceiro en tamaño de África. A súa superficie cobre cerca do 20% do país.
No extremo meridional do lago nace o río Shire, que tributa as súas augas no Zambeze, 400 km máis ao sur, xa en Mozambique. Polo leste e o oeste, o Rift Valley está valado por vastos e elevados planaltos que se erguen entre 900 e 1.200 m sobre o nivel do mar.




As escarpas de Golomoti.


No norte, os Nyika Uplands, outra meseta, culmina a 2.600 m; os Shire Highlands, de 600 a 1.600 m, están dominados polos montes Zomba e Mulanje, que se erguen, respectivamente, até 2.130 e 3.048 m.


No extremo sur do país, a chaira esténdese entre 60 e 90 m s.n.m.. É nesta zona onde se concentra a maior densidade poboacional da África subsahariana.


As illas de Likoma e Chizumulu pertencen a Malaui, aínda que de feito se atopan entre as augas territoriais de Mozambique, formando uns enclaves.


Lilongwe, capital desde 1974, achégase ao medio millón de habitantes. Blantyre, principal praza comercial, acolle a sede da Corte Suprema do país (a súa poboación superaba xa a finais da década de 1990 os 500.000 habitantes).



Economía |



Artigo principal: Economía do Malaui.



Unha típica estrada do interior de Malaui.


Malaui ten unha renda per capita de 596 $USD (maio 2008). A súa economía depende principalmente da agricultura. O país ten poucos recursos mineiros explotábeis. Os tres produtos agrícolas de exportación, por esa orde, son: tabaco, té e azucre. A presidencia do goberno ten animado, recentemente, aos campesiños a que cultiven outros produtos alternativos, como algodón [5]. Tradicionalmente Malaui ten sido autosuficiente para o seu alimento básico, o millo, e mesmo na década de 1980 exportou cantidades importantes dese cereal aos países veciños.



5 tambala MWI003.jpg


A agricultura representa o 38,6% do PIB, acolle arredor do 80% da forza de traballo e representa sobre o 80% do total das exportacións. Un 90% da poboación traballa en granxas autárquicas, de agricultura de subsistencia. Os pequenos propietarios desas explotacións producen unha boa variedade de colleitas, incluíndo o millo maínzo [6], chícharos, arroz, casabe, tabaco, cacahuetes e café. O sector agrícola orixina o 63,7% da renda total da poboación rural, un 65% das materias primas do sector industrial e, aproximadamente o 87% do emprego (datos de febreiro de 2007).


A riqueza financeira está, en xeral, concentrada nas mans dunha pequena elite. As industrias de Malaui están, na súa maior parte, situadas nas proximidades da cidade de Blantyre.


Dada a dependencia dos produtos agrícolas, o comercio de exportación é moi sensíbel aos rendementos decrecentes e ás baixadas dos términos de intercambio comercial. Outro factor que impide o desenvolvemento está constituído polos elevados custos dos transportes, que poden comprender un 30% da súa conta de importacións, pois Malaui debe importar a maior parte dos combustíbeis. Ademais contan a baixa preparación dos seus traballadores, as dificultades para conseguir emprego exterior, a escasa calidade das infraestruturas (viarias, rede eléctrica, auga e telecomunicacións), e os problemas burocráticos internos: corrupción, inadecuación dos impostos e dificultades administrativas para a apertura de empresas.



Demografía |




Poboación de Malaui de 1961 ata o 2003.


Cunha poboación de 13 millóns, Malaui é un dos países de África máis densamente poboados. A maioría da poboación son negros africanos, que se dividen en varias etnias, sendo os principais grupos os chewa, nyanja, yao, tumbuka e lomwe. A maioría traballa no campo aínda que as cidades están en continuo crecemento. Hai tamén uns 4.000 europeos, sobre todo británicos, e hindustanís, pero supoñen menos do 0,5 % da poboación.


O idioma oficial é o inglés, pero o idioma nacional é o chichewa. Tamén se falan outros idiomas bantús.


O cristianismo, cun 70% de adeptos, é a relixión máis estendida (20% católicos, 55% protestantes). Tamén hai unha comunidade musulmá (20% da poboación), descendente dos antigos escravos suahilíes. Só un 5% practica unicamente relixións tradicionais.


O nome de Malaui deriva dos maravi, un pobo bantú proveniente da República do Congo meridional que se estableceu na zona fai uns 600 anos. Ao chegar á parte norte do Lago Malawi, os maravi dividíronse. Unha rama, os antecesores dos actuais chewas, avanzaron cara ao sur e asentáronse na marxe occidental do lago. A outra rama, os devanceiros dos actuais nyanjas, desprazouse pola marxe oriental ata alcanzar o sur do país.


As migracións e os conflitos tribais impediron a formación dunha sociedade malauí cohesionada ata o século XX. Aínda que nos últimos anos os enfrontamentos entre etnias e tribos diminuíron, aínda persisten rivalidades rexionais. Malia todo, a idea dunha nación común malauí gana cada vez máis adeptos.


A esperanza de vida é de 43 anos. A media de fillos por muller é de 5,74. O 62,7% da poboación esta alfabetizada. Calcúlase que o 14,2% da poboación esta infectada co virus VIH (SIDA).



Educación |


Na actualidade está escolarizado un 80% da poboación en idade de ir ás aulas de educación primaria. O principal problema radica na elevada taxa de alumnado, que atinxe até 80 educandos, ou máis, por docente.


Durante tres décadas Malaui só contou cunha universidade, a Universidade de Malawi, con vaios "colleges", distribuídos entre a capital, Lilongwe, e mais as cidades de Blantyre e Zomba. En anos recentes foron abertas outras tres universidades, en Mzuzu (Universidade de Mzuzu), Livingstonia e Ekwendeni (Livingstonia University) e mais en Nguludi, cerca de Blantyre (Universidade Católica de Malawi).



Notas |




  1. 1,01,11,21,3 Malawi - Informe do Fundo Monetario Internacional


  2. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 


  3. CIA (2009). "World Leaders" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 21 de xaneiro de 2010. 


  4. CIA (2009). "The World Fact Book" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2010. 


  5. http://www.tobaccochina.com/englishnew/content1.aspx?id=16188.



  6. Ending Famine, Simply by Ignoring the Experts by CELIA W. DUGGER, NY Times, 12/2/07.




Véxase tamén |







Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Malaui&oldid=5079176"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.896","walltime":"1.172","ppvisitednodes":"value":2157,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":82617,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6593,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":21,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":5853,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":22,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 882.779 1 -total"," 53.08% 468.554 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 19.77% 174.562 1 Modelo:África"," 19.19% 169.411 1 Modelo:Navbox"," 17.33% 152.952 59 Modelo:Nowrap"," 8.89% 78.460 1 Modelo:Listaref"," 8.44% 74.496 1 Modelo:País"," 7.65% 67.490 3 Modelo:Cita_web"," 7.24% 63.911 1 Modelo:Infobox"," 4.53% 39.957 1 Modelo:Coord"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.495","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":12817135,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1334","timestamp":"20190408120031","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Malaui","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Malaui","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q1020","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q1020","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-07-02T14:46:06Z","dateModified":"2019-03-01T11:15:24Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d1/Flag_of_Malawi.svg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":180,"wgHostname":"mw1333"););ZQq7,w BPSbeN,VCzSgvA1PJD WdpCUjEbkq0wOOjcCPibMwx2wgi1m,DYBC
LhrE,KV3C IwiEw,Oq56elC6 nbq8g9b83,T 0C,RYSsjvrbVGeAWghjxXLA,PMZ7PWp3wTZt1w3F A9AeE,yrGQ1cMA4KQ5zjxmXL

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020