Zambia Índice Historia | Goberno e Política | Economía | Organización político-administrativa | Xeografía | Demografía | Notas | Menú de navegación15°S 30°L / -15, -30eDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasLingua galega: dúbidas lingüísticaseWorldCat15120306811882648g1986950ID12094228959494076986-034620000 0004 0648 4413n80089997ID00574573ge1314271952710266123641000209zambia108614D015024
Zambia
ÁfricaRepública Democrática do CongoTanzaniaMalauiMozambiqueCimbabueNamibiaBotswanaAngolaportuguesesDavid Livingstone18901953Reino Unido1964río Zambezerepúblicapoder executivopoder lexislativoCorte Internacional de Xustizapoder xudicialeconomíacobreKatangapetróleoDar es Salaamindustrialcementoalgodónazucrexabónagriculturaalgodóncafécana de azucretabacopescaturismoaltitudeKafuecataratas Victoriaclimainglés
Zambia
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 15°S 30°L / -15, -30
República de Zambia | |||
---|---|---|---|
Republic of Zambia | |||
| |||
Lema: “One Zambia, One Nation” (inglés: «Unha Zambia, Unha Nación») | |||
| |||
Capital • Poboación | Lusaka 1 640 000 (2000) | ||
Cidade máis poboada | Lusaka | ||
Linguas oficiais | Inglés1 | ||
Forma de goberno | República presidencialista | ||
Presidente Vicepresidenta | Edgar Lungu Inonge Wina | ||
Independencia do Reino Unido | 24 de outubro de 1964 | ||
Superficie | Posto 38º | ||
• Total | 752 614 km² | ||
• % auga | 1 | ||
Fronteiras | 5 664 km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 81º | ||
• Total (2003) | 9 582 418 hab. | ||
• Densidade | 13 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 136º | ||
• Total (2005) | 10 568 mill. US$ | ||
• per cápita | 911 US$ | ||
Moeda | Kwacha zambiano ( ZMK ) | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | Zambiano, zambiana[1] | ||
Fuso horario | UTC+2 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .zm | ||
Prefixo telefónico | +260 | ||
Prefixo radiofónico | 9IA-9JZ | ||
Código ISO | 894 / ZMB / ZM | ||
Membro de: Commonwealth, ONU, UA | |||
1 Lingua rexionais recoñecidas: Chewa, bemba, lunda, tonga, lozi, luvale, kaonde | |||
Zambia[1][2] é un país interior de África, limitado a norte coa República Democrática do Congo e Tanzania; a leste co Malaui; a sur co Mozambique, Cimbabue, Namibia e Botswana; e a oeste coa Angola.
Índice
1 Historia
2 Goberno e Política
3 Economía
4 Organización político-administrativa
5 Xeografía
6 Demografía
7 Notas
Historia |
Visitada polos portugueses no século XVIII, a actual Zambia foi explorada polo británico David Livingstone. A penetración colonial iniciouse no ano 1890, por medio da British South Africa Company.
Antigamente chamada Rodesia do Norte, en 1953 o Reino Unido intentou unila á Cimbabue e Malawi, pero os intereses dos colonos brancos de Cimbabue fixeron que en 1964 se separase, formando o novo estado de Zambia. O nome de Zambia débese ó río Zambeze.
Goberno e Política |
Zambia é unha república, na que o poder executivo reside no presidente -que é tamén o xefe de estado- e o primeiro ministro, elixido por un período de cinco anos por voto popular, xunto có vicepresidente xeral, designados ambos polo presidente.
O goberno está composto por un gabinete elixido polo presidente entre os membros da Asemblea Nacional.
O poder lexislativo é unicameral; o país non acepta a xurisdición da Corte Internacional de Xustiza.
O poder xudicial reside na corte suprema, aínda que os xuíces son designados polo presidente.
Economía |
- Artigo principal: Economía de Zambia.
A economía depende, en gran medida, do cobre, mineral do que Zambia é un dos primeiros produtores mundiais e que representa o 90% do valor das exportacións. Este país pertence ao chamado "cinto de cobre", prolongación dos xacementos de Katanga O petróleo é importado e chega desde o porto de Dar es Salaam (Tanzania). Dentro do sector industrial destaca o tratamento de minerais (sobre todo o refino do cobre). Tamén é importante a produción de cemento e as industrias derivadas da agricultura: aceites vexetais, manufacturas do algodón, azucre, xabón etc.
A agricultura atópase pouco desenvolta, centrándose basicamente nos cultivos de subsistencia: batata, cacahuetes, millo e mandioca. Tamén presenta cultivos de carácter comercial (algodón, café, cana de azucre, tabaco). Nos lagos e cursos fluviais practícase a pesca.
O turismo internacional, buscando os espazos naturais do país, constitúe unha importante fonte de ingresos.
Organización político-administrativa |
Zambia divídese en nove provincias | ||
---|---|---|
Provincias de Zambia |
|
|
Xeografía |
Zambia é un país interior sen saída ao mar. O seu territorio é fundamentalmente montañoso e presenta numerosas depresións e afundimentos tectónicos. O punto máis alto atópase nas montañas Mafinga a 2.301 m, e o máis baixo a 329 m no río Zambeze, que da nome ó país. A altitude media non supera os 1.500 m, e as depresións son frecuentemente de carácter pantanoso, e están ocupadas por ríos coma o Kafue, afluente do Zambeze, ou por lagos, coma o Bangüelo (Bangweulu), Moero (Mweru), e Kariba. No leste do país, e en dirección nordeste-suroeste, esténdense os montes Muchinga, que se elevan ata os 2.164 m.
Os cursos fluviais principais son o río Zambeze, o Kafue e o Luangwa. Ao sur do país, no río Zambeze, facendo fronteira con Cimbabue, atópanse as cataratas Victoria. As cataratas constitúen un dos principais focos turísticos da África austral en Cimbabue e tamén da rexión de Livingstone en Zambia.
O clima é tropical, suavizado pola altura. As oscilacións térmicas estacionais varían entre os 15 °C (xullo) e os 20 °C (xaneiro).
Demografía |
A poboación zambiana concentrase no alto Zambeze e ao longo do corredor da vía férrea norte-sur, onde se emprazan as cidades deste país, un dos máis urbanizados da África negra. Agás na capital, Lusaka, o resto de principais urbes están na rexión mineira próxima á R.D. do Congo.
No ano 2006, Zambia tiña unha poboación de 11.500.000 habitantes. O 99% é de raza negra e o restante é de raza branca (europeos ou descendentes). O idioma oficial é o inglés. A esperanza de vida é de 40 anos. A media de fillos por muller é de 5.39. O 80% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 16.5% da poboación está infectada có virus do VIH.
Notas |
↑ 1,01,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zambiano.
↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 119. ISBN 84-8158-266-2.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zambia |
|
|
|
|
Categoría:
- Zambia
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.868","walltime":"1.155","ppvisitednodes":"value":1652,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":84016,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":7024,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":20,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2351,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":20,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 901.539 1 -total"," 61.07% 550.586 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.98% 171.084 1 Modelo:África"," 18.56% 167.322 1 Modelo:Navbox"," 16.73% 150.857 59 Modelo:Nowrap"," 8.75% 78.842 1 Modelo:País"," 7.98% 71.978 1 Modelo:Infobox"," 5.67% 51.109 1 Modelo:Listaref"," 4.31% 38.849 1 Modelo:Cita_libro"," 2.62% 23.591 1 Modelo:Coord"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.553","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":12036287,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1322","timestamp":"20190408145835","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Zambia","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Zambia","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q953","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q953","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-12-16T22:36:23Z","dateModified":"2019-03-01T20:42:03Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/0/06/Flag_of_Zambia.svg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":1313,"wgHostname":"mw1322"););