Skip to main content

Río da Prata Índice Xeneralidades | Xeografía física | Illas | Historia | Ventos locais do Río da Prata | Deportes no Río da Prata | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónee34°36′0″S 57°53′59″O / -34.60000, -57.89972"Río de la Plata"pratenseAtlas Ambiental de Buenos AiresArquivado"Salinity Simulations of the Rio de la Plata"o orixinal"Limits of ocean and seas. Special publications N­° 23. 3° Edition - 1953"o orixinalProyecto FREPLATA: "Protección Ambiental del Río de la Plata y su Frente Marítimo"eWorldCat11460304486358601062133287ID005590134262214117027-1n810188257006478

Golfo de AlascaMar AmareloGolfo de AnadyrMar de ArafuraMar de BandaMar de BeringMar de BismarckMar de BohaiMar de BoholGolfo de CaliforniaMar de CamotesGolfo de CarpentariaMar de CélebesMar de CeramMar de ChileMar da China OrientalMar da China MeridionalMar do CoralMar de FilipinasMar de FloresGolfo de FonsecaMar de GrauMar de HalmaheraMar de KoroMar das MolucasGolfo MoroMar de OkhotskGolfo de PanamáMar de SalishMar de SalomónMar Interior de SetoMar de SavuMar de SuluMar de SibuyanGolfo de Tailandiagolfo de TonkinMar de TasmaniaMar de VisayasMar do XapónGolfo de AdénMar de AndamanGran Baía AustralianaMar ArábigoGolfo de AqabaMar de BaliGolfo de BengalaMar de FloresGolfo de KhambhatGolfo de KutchMar das LaquedivasEstreito de MalacaCanle de MozambiqueGolfo de OmánGolfo de SuezGolfo PérsicoMar de TimorMar VermelloMar de XavaMar de AmundsenMar de BellingshausenMar da CooperaciónMar dos CosmonautasMar de DavisMar Dumont d'UrvilleMar de LázarevMar de MawsonMar do Rei Haakon VIIMar de Riiser-LarsenMar de RossMar de ScotiaMar de SomovMar de Weddell


Mares do Océano AtlánticoRíos da ArxentinaRíos do UruguaiGolfos e baíasRío da Prata


castelánríoCono SurAmérica do SurParanáUruguaiMontevideoPunta del Estebaía de Samborombónestuarioocéano AtlánticokmRepública ArxentinaRepública Oriental do Uruguaimar Arxentinocunca hidrográficaPunta Gordailla do Portuguésrío Saucerío Paraná BravoEntre RíosOrganización Hidrográfica InternacionalTratado do Río da PrataPunta del EsteRepública Oriental do Uruguaipunta Rasacabo San AntonioRepública ArxentinasalinidadePunta del EsteNueva Atlantispunta RasaEl PinarCosta AzulLas Toninaspunta PiedrasRío Santa LucíaBuenos AiresMontevideofranciscanaaugas salobresParanáUruguaiPunta LaraMontevideoPunta PiedrasPunta del EstePunta Rasalimonoroeste da ArxentinabancoscaladocanaisdragadosedimentosbancosOrtizArquímedesInglésRouenMacizo de BrasiliaSan JuanRosarioSanta LucíaSolísconca sedimentarialimosxuncaisbaía de SamborombónSamborombónSaladoMacizo de Brasiliahamsnmilla Martín Garcíailla Timoteo DomínguezTratado do Río da Prata e a súa Fronte Marítima197318 de xuño1988Juan Díaz de Solís1516océano PacíficoColoniaguaraníscharrúasFrancisco del PuertoSebastián GabotoAmérico VespucioAlejo GarcíaSebastián GabotoChacoChiquitosCerro Rico de Potosírei BrancoIncasPerú1525Sebastián Gaboto1680Colonia del SacramentoBanda Oriental1681Filipe V1724173018061807Invasións inglesasVicerreinado5 de xuño1888terremoto do Río da Prataescala de Richter13 de decembro1939Batalla do Río da PrataPunta del EsteSegunda Guerra MundialclimáticoventoschuviasPatagoniaMesopotamiasurfwind surfingUruguaikite surfingSan Isidrowind surfingkaiakoutrigger












Río da Prata




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





























Río da Prata
Rio de la Plata BA 2.JPG
Localización administrativa
Estado
Flag of Argentina.svgArxentina
Flag of Uruguay.svgUruguai
División
Bandera de la Provincia de Entre Ríos.svg Provincia de Entre Ríos (ARX)
Bandera de la Provincia de Buenos Aires 3.svg Provincia de Buenos Aires (ARX)
Bandera de la Ciudad de Buenos Aires.svg Cidade Autónoma de Bos Aires (ARX)
Departamento de Colonia Colonia (URU)
Departamento de San José San José (URU)
Departamento de Canelones Canelones (URU)
Coat of arms of Montevideo Department.png Departamento de Montevideo (URU)
Departamento de Maldonado Maldonado (URU)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteAmérica
Xeografía
SubdivisiónsBaía de Samborombón
Illas interiores
Flag of Argentina.svgArxentina: Martín García, Solís, Oyarvide, Lucía, Lucha, Nutria, Zárate e Santa Mónica
Flag of Uruguay.svgUruguai: El Matón, Dos Hermanas, Illa Sola, Farallón, Flores, Gorriti, San Gabriel, Juncal e Timoteo Domínguez, Agustín Quirós
Afluentes
Río Uruguai (ARX/URU)
Matanza-Riachuelo, Paraná, Samborombón e Salado (ARX)
San Juan, Rosario, Santa Lucía e Solís (URU)
Cidades ribeiregas
San Fernando, San Isidro, Vicente López, Buenos Aires, Avellaneda, La Plata, Quilmes, Berazategui, Hudson, Punta Lara, Atalaya, e San Clemente del Tuyú (ARX)
Ciudad de la Costa, Colonia del Sacramento, Costa de Oro, Juan Lacaze, Montevideo, Piriápolis, Punta del Este, Maldonado, Atlántida (URU)
Accidentes
OutrosCabo San Antonio
Características
Superficie30.362 km²
Lonxitude máxima320 km.
Anchura máxima230 km.
Profundidade media10 m.
Mapa

Plata buenos aires montevideo map.svg


Localización do río da Prata












Río da Prata

River Plate.jpg
Vista satélite do Río da Prata

País
Flag of Argentina.svgArxentina
Flag of Uruguay.svgUruguai
NacementoDos ríos Paraná e Uruguai
Lonxitude290 km [1]
Conca3 200 000 km²
Caudal medio22 000 m³/s
DesembocaduraOcéano Atlántico
Riodelaplatabasinmap.png
conca do río da Prata

O río da Prata,[2] en castelán Río de la Plata, é un río do Cono Sur de América do Sur, formado pola xunción dos ríos Paraná e Uruguai. Pode ser dividido en dous sectores: o sector interior composto polos tramos superior e medio, que posúe pouca profundidade e está ausente de intrusión salina, e o sector exterior comprendido entre Montevideo, Punta del Este, e a baía de Samborombón, tramo de maior profundidade, e cunha importante influencia mariña, sendo un estuario do océano Atlántico.[3] Ten unha forma triangular de 290 km de lonxitude, servindo de fronteira en toda a súa traxectoria entre a República Arxentina e a República Oriental do Uruguai. Posúe un rumbo xeral noroeste-sueste, vertendo no mar Arxentino a escorrentía da súa cunca hidrográfica máis a dos seus afluentes, que suma unha área de arredor de 3 200 000 km². Considérase tradicionalmente, en especial nos dous países das súas ribeiras, como o río máis ancho do mundo,[4][5][6][7] con 220 km de ancho na súa foz.[8]




Índice





  • 1 Xeneralidades

    • 1.1 Límites


    • 1.2 Salinidade


    • 1.3 Portos


    • 1.4 Fauna



  • 2 Xeografía física

    • 2.1 Rexión interna ou superior


    • 2.2 Rexión intermedia


    • 2.3 Rexión exterior ou inferior


    • 2.4 Leito


    • 2.5 Costas



  • 3 Illas

    • 3.1 Illa Martín García



  • 4 Historia

    • 4.1 Descubridor


    • 4.2 Orixe do nome


    • 4.3 Fundacións



  • 5 Ventos locais do Río da Prata

    • 5.1 Sudestada


    • 5.2 Pampero



  • 6 Deportes no Río da Prata


  • 7 Notas


  • 8 Véxase tamén

    • 8.1 Ligazóns externas





Xeneralidades |




Río da Prata visto desde Buenos Aires.



Límites |


Corre de noroeste a sueste. O paralelo de Punta Gorda marca o quilómetro cero do Río da Prata cara ao sur e do río Uruguai cara ao norte. Ao sur deste paralelo atópase a illa do Portugués, localizada fronte á Punta Gorda, ao norte do río Sauce e ao sur do río Paraná Bravo, pertencente á provincia arxentina de Entre Ríos.


De acordo á Organización Hidrográfica Internacional, a súa desembocadura está determinada pola liña que une Punta del Este co cabo San Antonio,[9] —sendo máis precisos, a punta norte de dito cabo, chamada Punta Rasa—.


De acordo co Tratado do Río da Prata, subscrito por Arxentina e Uruguai, o seu límite exterior está determinado pola liña imaxinaria de 219 km que une Punta del Este (República Oriental do Uruguai) con punta Rasa do cabo San Antonio (República Arxentina).



Salinidade |


A salinidade da auga mídese en gramos de sal por litro de solución, onde 10g/l é igual a 10psu, a 10ppt, a 10‰ ou ao 1%.[10] A media de salinidade nos mares do mundo é de 35‰ e na rexión do Atlántico, onde desemboca este río, é de arredor de 32‰, considerándose augas mariñas a partir de 30‰.[11] A influencia das augas deste río faise sentir moi adentro das augas oceánicas, chegando a 32‰ de salinidade a máis de 100 km do límite exterior establecido no Tratado do Río da Prata. En canto ás ribeiras, Punta del Este supera levemente os 32‰, mentres que na costa arxentina este nivel acádase á altura de Nueva Atlantis, 60 km ao sur de punta Rasa, contando dita punta con 29‰, o mesmo nivel que posúe na ribeira oposta a zona de El Pinar, na boca do arroio Pando, aínda que entre estes dous últimos puntos unha lingua estende ese grao de salinidade até 45 km mar adentro cara ao sueste da liña do Tratado. Rodeando dita lingua, o límite mariño de 30‰ acádase na banda uruguaia en Costa Azul, e en arxentina en Las Toninas, atopándose esta fronteira mariña 75 km mar adentro do límite do Tratado.


A intrusión salina cara ao interior do río chega até a zona entre punta Piedras e a boca do Río Santa Lucía, onde a salinidade media anual ronda o 0,5‰.



Portos |


Os principais portos son Buenos Aires na marxe dereita, e Montevideo na marxe esquerda.



Fauna |


Tanto no estuario como na costa atlántica pódense encontrar golfiños da especie franciscana, unha especie de río que prefire as augas salobres. Ás veces o golfiño franciscano remonta as augas dos ríos Paraná e Uruguai.



Xeografía física |


Fisicamente, o Río da Prata divídese en tres zonas xeográficas:



Rexión interna ou superior |


Esta rexión esténdese desde o paralelo de Punta Gorda (Latitude: 33º55'00" 10 S) até a liña imaxinaria que une o faro de Colonia, con Punta Lara, que se caracteriza por un substrato de area fina, limo e arxila. É a prolongación do delta do Paraná, onde se depositan os sedimentos máis grosos.



Rexión intermedia |


É o tramo entre a liña que une Colonia, con Punta Lara até outra que une Montevideo con Punta Piedras. Aquí prodúcese transporte de sedimentos finos en suspensión.



Rexión exterior ou inferior |


É o tramo entre esa segunda liña até o límite exterior, a liña imaxinaria que une o Faro de Punta del Este co Faro de Punta Rasa. É o único dos tramos onde se presenta influencia mariña; as augas son salobres con niveis de salinidade variados e cambiantes, segundo as mareas, ventos etc. Os sedimentos son pelíticos cun importante corpo areoso.



Leito |


Cada ano chegan ao estuario 57 millóns de m³ de limo proveniente especialmente, do sueste de Bolivia e das provincias do noroeste da Arxentina. O leito do río está dominado pola presenza de extensos bancos de baixa profundidade que dificultan a navegación con embarcacións de calado, que debe facerse seguindo diversos canais naturais e artificiais, moitos dos cales, en especial a ruta que comunica Bos Aires co Océano Atlántico, son obxecto de constante dragado para evitar a acumulación de sedimentos e así mantelos abertos á navegación. Os principais bancos son Ortiz, Arquímedes, Inglés e Rouen.


A morfoloxía do leito da área específica de Martín García caracterízase por un baixío (a formación Praia Honda) atravesado por canais e composto por sedimentos grises-marróns, areosos cara ao norte, areas limosas e limos areosos cara ao sur e limos arxilosos (lodos) cara á marxe arxentina. O delta sofre un continuo avance de 15 m por ano e prodúcese unha diminución das profundidades do leito coa formación de bancos que logo se transforman en illas.



Costas |


En canto ás costas do río, estas presentan características moi diversas.


Costas uruguaias


A costa uruguaia pertence á formación xeolóxica do Macizo de Brasilia, con costas altas e praias de arena bordeadas de dunas separadas por cabos rochosos.


Os principais afluentes pola ribeira uruguaia son os ríos San Juan, Rosario, Santa Lucía e Solís.


Costas arxentinas


A costa arxentina corresponde á conca sedimentaria da Pampa, formada por mesetas de limo que alternan con planicies barrosas. É, polo xeral, baixa, formada por limos, sendo abundantes os xuncais. Nela destaca a baía de Samborombón, cunha costa que ten uns 180 km de lonxitude. Nesta baía desembocan varios cursos de auga, moitas veces canalizados, sendo os principais os ríos Samborombón e Salado.



Illas |



Illa Martín García |



Artigo principal: Illa Martín García.

Esta illa, a diferenza das próximas illas deltaicas, posúe un núcleo rochoso, ao ser un afloramento de rochas arcaicas do Macizo de Brasilia, cunha antigüidade de 1800 millóns de anos. Ten unha superficie de 184 ha e unha altura máxima de 27 msnm. A sedimentación no leito da área específica da illa Martín García é moi activa, formándose bancos que logo se transforman en illas baixas, como ocorreu co crecemento da illa Timoteo Domínguez e de bancos como o de Santa Ana e do Medio.


A illa Martín García —na súa superficie histórica— é de soberanía arxentina, pero as augas e aluvións que a rodean —incluso a illa Timoteo Domínguez— son uruguaios, con excepción dos aluvións que se depositan nas costas que miran ao canal de Martín García (ou Bos Aires), e ao canal del Infierno, os cales pertencen a Arxentina, en virtude do artigo 46 do Tratado do Río da Prata e a súa Fronte Marítima do ano 1973.


Desde o acordo do 18 de xuño de 1988, estableceuse a única fronteira seca do límite arxentino-uruguaio, entre as illas Martín García e Timoteo Domínguez.



Historia |


A conquista do Río da Prata, nome que se lle deu entón á rexión da que hoxe son parte: Arxentina, Paraguai e Uruguai, iniciouna Juan Díaz de Solís, quen buscando un paso para chegar a Oriente, internouse no actual Río da Prata en 1516.
O rei de España dispuxo que se crearan colonias na rexión do Río da Prata. O 2 de febreiro de 1536, o español Pedro de Mendoza fundou na costa oriental de América do Sur a cidade de Santa María de Bos Aires, situada na desembocadura do Río da Prata e o 15 de agosto de 1537, Juan de Salazar fundou, preto do río Paraguai, a cidade de Asunción.



Descubridor |


O primeiro non americano en navegar as súas augas foi Juan Díaz de Solís, en 1516, mentres intentaba atopar unha pasaxe desde o Océano Atlántico ao océano Pacífico. Desembarcou xunto a un grupo de homes nas costas do que hoxe é o departamento uruguaio de Colonia e foron atacados polos indíxenas (probablemente guaranís aínda que por moito tempo adxudicóuselle o feito aos charrúas). Sobreviviu un só deles, chamado Francisco del Puerto, grumete de 14 anos de idade, pois a cultura de tales indíxenas prohibía matar mulleres, nenos e anciáns. Quedou vivindo con eles e descubriu que algúns tiñan pezas de prata que supoñían chegaban desde un rumbo que levaba ao Alto Perú, iniciou a lenda da prata ao tomar contacto cos portugueses, quen a propagaron.


Anos despois, desde un navío ao mando de Sebastián Gaboto, divisaron "un indíxena enorme facendo sinais e dando voces desde a costa"; ao desembarcar atopáronse con aquel sobrevivente, educado como guerreiro charrúa. Retornou cos españois para, finalmente, ao cabo dun tempo, retornar cos indíxenas. Outras versións sinalan a Américo Vespucio como o seu descubridor.



Orixe do nome |


O nome "de la Plata" refírese á mitolóxica "Serra de Prata" no país do "rei Branco" que buscaron Alejo García, Sebastián Gaboto e outros, remontando os ríos da Prata, Paraná, Paraguai e Uruguai e realizando expedicións terrestres cara a Chaco e Chiquitos. É posible que a Serra de Prata fora un remoto influxo do Cerro Rico de Potosí que os indíxenas pasaban de boca en boca, aínda que é máis probable que o rei Branco proviñera dos Incas de Perú. En 1525 Sebastián Gaboto deu con algúns dos acompañantes indíxenas de Alejo García, quen levaban prata que recolleron na expedición, pensou que na zona abundaba a prata e desde entón moitos quixeron expedicionar o "Río da Prata"



Fundacións |


En 1680, os portugueses fundan, sobre a ribeira oriental do río, Colonia del Sacramento, fronte a Bos Aires. Colonia foi obxecto de disputas entre españois e portugueses durante un século, cambiando varias veces de mans e obrigándolle aos españois a colonizar a Banda Oriental, até entón maiormente ignorada. Colonia é asaltada e ocupada polas forzas vicerreinais españolas o mesmo ano da súa fundación, para ser devolta a Portugal en 1681.


Para deter o avance lusitano, Filipe V ordenou a construción de Montevideo e as súas fortificacións sobre a banda oriental do río. Esta tarefa realizouse entre 1724 e 1730.


Nos anos 1806-1807, o Río da Prata é testemuña das Invasións inglesas do Vicerreinado que levaba o seu nome.


O 5 de xuño de 1888 produciuse o terremoto do Río da Prata, ás 3.20, cunha magnitude na escala de Richter de 5,5. O seu epicentro estivo en 34°36′0″S 57°53′59″O / -34.60000, -57.89972, a 30 m de profundidade. Xamais se tomaran medidas minimamente antisísmicas. Afectou todas as poboacións da costa do Río da Prata, especialmente as cidades de Bos Aires e de Montevideo, mais produciu leves danos pois o seu epicentro atopábase no centro de dito río.


O 13 de decembro de 1939 produciuse a Batalla do Río da Prata, fronte a Punta del Este, primeiro enfrontamento importante de navíos alemáns e británicos durante a Segunda Guerra Mundial.


En augas do Río da Prata producíronse numerosos naufraxios. Considérase de navegación difícil pola intensidade e a rapidez coa cal se forman tormentas.



Ventos locais do Río da Prata |



Sudestada |


A sudestada é un fenómeno climático que se caracteriza por ventos persistentes, regulares a fortes do sueste, temperaturas relativamente baixas e chuvias de variada intensidade.


Isto ocorre cando, tras o paso dun sistema frontal frío, un sistema de alta presión, cun centro que se atopa ao suroeste da provincia de Bos Aires, produce pola súa circulación ventos persistentes do mencionado sector sobre a costa do Río da Prata.


Xérase polo efecto combinado de dous sistemas, un de alta presión, localizado sobre o océano Atlántico, fronte ás costas da Patagonia central, que transporta aire frío e de orixe marítima cara ao leste da provincia de Bos Aires, extremo sur do Litoral e Sur de Uruguai, e un sistema de baixa presión, localizado sobre o Centro e sur da Mesopotamia e a rexión occidental de Uruguai e que pola súa circulación produce unha achega de aire cálido e húmido sobre a rexión.


Cando se profundiza a depresión, intensifícase a circulación do vento do sector sueste producíndose este fenómeno climático. Durante unha sudestada, o río pode alcanzar unha altura de 3,96 metros (sobre o plano de marea altura cero) con intensas ondas, o que provoca asolagamentos en toda á ribeira.



Pampero |




O Río da Prata e parte da súa conca. Vese claramente como as augas que achega o Río Uruguai (en cor escura) afectan exclusivamente á ribeira oriental, mentres que o resto é dominado pola achega do moito maior Río Paraná (en cor leonada).


O pampero é un vento que sopra do suroeste, precisamente do Anticiclón do Pacífico Sur até o Ciclón do Río da Prata, que se caracteriza por ter unha masa de aire fría e seca grazas ás choivas de convección que se dan na cordilleira dos Andes. No verán causa tormentas intensas seguidas por un marcado descenso da temperatura e ceo despexado.



Deportes no Río da Prata |


O Río da Prata embravecido permite a práctica de surf e wind surfing na capital de Uruguai. As praias onde se surfea son Praia Honda, Praia Verde e Praia Malvín. Presenta ondas de dous metros e a imposibilidade de operar o Porto de Montevideo. Tamén se pode practicar kite surfing.


A práctica do deporte está moi estendida na zona de Bos Aires e arredores. En San Isidro, provincia de Bos Aires, practícase wind surfing, o kitesurf, o kaiak e o outrigger (canoas hawaiianas).


As viaxes en kaiak tomaron gran relevancia nos últimos anos, no Río da Prata e Delta de Bos Aires. Nos ríos Paraná, San Antonio e Canal del Este pódese practicar esquí acuático, wake board e wake surf.



Notas |




  1. Encyclopædia Britannica (ed.). "Río de la Plata" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2012. 


  2. DiRAG: pratense


  3. Atlas Ambiental de Buenos Aires Arquivado 03 de novembro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)


  4. Historia Marítima Argentina: El mar y Los Ríos Argentinos. Departamento de Estudios Históricos Navales, 1982.


  5. Escalera Evaristo (1860) Garibaldi y sus glorias. Impr. y litografía de Juan José Martínez. 381 pág.


  6. Garrido Manuel Ignacio (1983) Intereses marítimos. Dirección General de Publicaciones, Universidad Nacional de Córdoba. 359 pág.


  7. Enguix Alberto (2010) El próximo role - Meteorología Estratégica, Elemental, y Avanzada. NEW Visions. ISBN 978-84-613-8993-3


  8. Fossati, Monica; Ismael Piedra-Cueva. International Conference on Estuaries and Coasts, ed. "Salinity Simulations of the Rio de la Plata" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2012. Consultado o 21 de maio de 2012. 


  9. "Limits of ocean and seas. Special publications N­° 23. 3° Edition - 1953" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2010. Consultado o 08 de xuño de 2012.  Carácter guión suave en |título= na posición 49 (Axuda)


  10. Lewis, E.L. 1980. Escala práctica de salinidad 1978 y sus antecedentes. IEEE J. Ocean. Eng., OE-5(1): 3-8.


  11. Mantyla, A.W. 1987. Comparaciones de estándares de agua de mar. J. Phys. Ocean., 17: 543-548.



Véxase tamén |





Ligazóns externas |


  • Proyecto FREPLATA: "Protección Ambiental del Río de la Plata y su Frente Marítimo"



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_da_Prata&oldid=5102327"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.512","walltime":"0.660","ppvisitednodes":"value":1466,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":53949,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6767,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":7830,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 478.849 1 -total"," 33.43% 160.087 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 26.93% 128.956 2 Modelo:Infobox"," 20.84% 99.801 1 Modelo:Listaref"," 18.75% 89.800 1 Modelo:Río"," 13.86% 66.372 3 Modelo:Cita_web"," 10.86% 51.992 1 Modelo:Propiedade"," 10.59% 50.700 1 Modelo:Corpo_de_auga"," 4.95% 23.681 1 Modelo:Commons"," 4.31% 20.640 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.255","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4797307,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1286","timestamp":"20190329220112","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Ru00edo da Prata","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_da_Prata","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q35827","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q35827","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2012-06-08T16:13:22Z","dateModified":"2019-03-29T22:01:12Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/0/0b/Rio_de_la_Plata_BA_2.JPG"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":150,"wgHostname":"mw1240"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020