Río Grande do Sur Índice Historia | Xeografía | Economía | Demografía | Véxase tamén | Menú de navegacióneSitio web oficialUniversidade Federal do Rio Grande do Sul. Principal institución de ensino superior do estadoe11951602gID3451133grid.466744.30000 0004 0493 3852ID2426201001941
Distrito FederalAcreAlagoasAmapáAmazonasBaíaCearáEspírito SantoGoiásMaranhãoMato GrosoMato Groso do SurMinas XeraisParáParaíbaParanáPernambucoPiauíRío de JaneiroRío Grande do NorteRío Grande do SurRondoniaRoraimaSanta CatarinaSão PauloSergipeTocantins
Rio Grande do Sul
estadoBrasilSanta CatarinaOcéano AtlánticoRepública Oriental do UruguaiRepública ArxentinaPorto Alegre1627xesuítasespañoiscatólicasportugueses1680168717371742Porto AlegreAzores1801independencia1824alemánsSão Leopoldo18351845Guerra dos Farrapos1865Francisco Solano LópezGuerra da Tripla Alianza1875italianosCaxias do SulBento GonçalvesGaribaldirepública1889Getúlio Vargas1928EcuadorPortugalPorto AlegreCaxias do SulPelotasCanoasRio GrandeSanta Mariavexetaciónclimasubtropicaltemperaturasneveinverno1996São José dos AusentesUruguaianaCampo BomganderíaGeneral MotorsarrozsoiamillotrigotabacoturismoalemáGramadoitalianaBento GonçalvesCaxias do SulGaribaldigastronomíaCinemaneveArxentinaUruguaicantísmamíferosinmigranteseuropeositalianosalemánsportuguesesillasAzoresPorto Alegreespañois
Río Grande do Sur
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Río Grande do Sur | |||
---|---|---|---|
Rio Grande do Sul | |||
| |||
Lema: Liberdade, Igualdade, Humanidade | |||
Himno: Hino do Rio Grande do Sul | |||
Estado | Brasil | ||
Capital | Porto Alegre | ||
• Poboación | 1.503.094 (2011) | ||
Lingua oficial | Portugués | ||
Forma de goberno | Estado | ||
Gobernador | José Ivo Sartori , PMDB | ||
Fundación | 1889 | ||
Superficie | Posto 9º | ||
• Total | 281.748 km² | ||
• % auga | n/d | ||
Fronteiras | n/d km | ||
Costas | 622 km | ||
Poboación | Posto 5º | ||
• Total | 10.770.603 (2012) hab. | ||
• Densidade | 38 hab./km² | ||
Xentilicio | Gaúcho ou sul-rio-grandense | ||
Fuso horario | BRT (UTC-3) | ||
• Horario de verán | BRST (UTC-2) | ||
Dominio de Internet | .br | ||
Código ISO | BR-RS | ||
Estados do Brasil | |||
O Río Grande do Sur é o estado máis meridional do Brasil. Limita ó norte co estado de Santa Catarina, ó leste co Océano Atlántico, ó sur coa República Oriental do Uruguai e ó oeste coa República Arxentina. A súa capital é Porto Alegre.
Índice
1 Historia
2 Xeografía
3 Economía
3.1 Turismo
4 Demografía
5 Véxase tamén
5.1 Outros artigos
5.2 Ligazóns externas
Historia |
En 1627 xesuítas españois crearan as primeiras misións católicas na rexión, pero foron expulsados polos portugueses en 1680. En 1687 novamente tentaron crear misións na área que ficou coñecida como Sete Povos das Missões ("Sete Pobos das Misións"), e novamente foron expulsados en 1737.
Sendo a rexión punto estratéxico para a ocupación portuguesa no sur do Brasil, foi fundada en 1742 a vila de Porto dos Casais, actual cidade de Porto Alegre, coa axuda de colonos vidos das illas dos Azores. As loitas polo dominio da rexión cesaron en 1801, cando os gauchos tomaron os Sete Pobos das Misións, incorporando o seu territorio. En 1807, o Río Grande do Sur foi elevado á condición de Capitanía.
Despois da independencia do Brasil, a entón capitanía tornouse provincia. En 1824 chegaron os primeiros colonos alemáns na zona do actual municipio de São Leopoldo.
En 1835 comezou unha rebelión contra o goberno da rexencia do Imperio do Brasil, que durou ata 1845 e foi coñecida como a Guerra dos Farrapos. Esta rebelión foi o máis longo conflito militar interno do Brasil. Máis tarde, en 1865, a provincia foi invadida por tropas do ditador Francisco Solano López, durante a Guerra da Tripla Alianza.
En 1875 comezaron a chegar os primeiros inmigrantes italianos, que fundaron cidades como Caxias do Sul, Bento Gonçalves e Garibaldi. Coa proclamación da república en 1889, o Río Grande do Sur converteuse en estado. As disputas políticas locais só foron pacificadas cando Getúlio Vargas chegou a gobernador, en 1928.
Xeografía |
O estado do Río Grande do Sur ocupa unha superficie de 281.748,6 km², equivalente en tamaño ó Ecuador ou 3 veces o tamaño de Portugal e pouco máis de 3 % da superficie total do Brasil. A súa poboación equivale a un 6% da poboación total do país.
As principais cidades do estado en poboación total, son: Porto Alegre, Caxias do Sul, Pelotas, Canoas, Rio Grande e Santa Maria.
O estado posúe catro tipos principais de vexetación:
- A Foresta de Araucarias, formada pola conífera Araucaria angustifolia ou piñeiro-do-Paraná. Esta foresta recubría as porcións máis elevadas do estado, o planalto.
- A Pampa, formada por extensas pradarías que serven de pastos naturais
- A vexetación litoral, que cobre os areais ó longo da costa
- A Mata Atlántica, continuación da foresta tropical que cubría orixinalmente o este do Brasil, dende o Rio Grande do Norte. Para o oeste, chegaba ata o Paraguai.
O clima predominante do estado é o subtropical húmido, con estacións ben definidas. Nas rexións montañosas da Serra Gaucha poden rexistrarse temperaturas por baixo dos 0 °C e a caída de neve en días máis fríos do inverno. A mínima rexistrada no estado foi de -13 °C no ano de 1996 no municipio de São José dos Ausentes. Xa as cidades de Uruguaiana, Lageado e Campo Bom ten os récords do estado en temperaturas altas no verán, chegando cerca dos 40 °C.
Economía |
- Industria
É o máis grande produtor de calzados do Brasil, axudado polo unha importante gandería. Tamén produce cigarros, produtos petroquímicos, téxtiles, madeira e derivados. A General Motors abriu unha planta de produción no estado, que pode producir ata 200 mil vehículos por ano, dato este que tamén trouxo a instalación de fábricas de pezas automobilísticas para o estado.
- Agricultura e Gandería
O estado é importante produtor de arroz (vendido para todo o país), soia, millo e trigo. Tamén produce tabaco usado para producir cigarros que o estado exporta. Na Serra Gaucha (nas cidades de Bento Gonçalves, Caxias do Sul e Garibaldi) cultívase a vide.
Turismo |
O turismo é outra importante fonte de renda do estado, sobre todo nas rexións da Serra Gaucha de colonización alemá (Nova Petrópolis, Canela, Gramado), e italiana (Bento Gonçalves, Caxias do Sul, Garibaldi) cos seus costumes típicos. Ademais das curiosidades históricas, estas cidades albergan paisaxes fascinantes, como a Cascada do Caracol na cidade de Canela, e os canyons de Itaimbezinho e Fortaleza en Cambará do Sul e São José dos Ausentes, ademais dunha gastronomía moi rica, grazas ás influencias gaucha e dos inmigrantes. Gramado tamén alberga un Festival de Cinema que atrae público para asistir a filmes de produción nacional. En días máis fríos de inverno, a caída de neve tamén pode ser un atractivo na Serra Gaucha, principalmente en São José dos Ausentes, considerada a cidade máis fría do estado. A Serra Gaucha recibe millares de visitantes todos os anos.
No litoral destacan as cidades de Torres, Capão da Canoa e Tramandaí, que tamén atraen turistas dos países veciños, Arxentina e Uruguai. O litoral de Torres está marcado pola presenza de cantís pronunciados, que atinxen os 30 metros de altura.
No interior do estado, destacan a rexión do Pampa, coa súa actividade de gandería e os costumes dos gauchos, e a Rexión das Misións Xesuítas (cidade de Santo Ângelo). Ó suroeste do estado destaca a rexión do Banhado do Taim, que alberga mamíferos (roedores, carnívoros), réptiles e aves, moitos destes ameazados de extinción.
Demografía |
A poboación do estado descende de inmigrantes europeos, destacando os italianos e alemáns, que fundaron cidades na rexión da Serra Gaucha, pero tamén de portugueses, principalmente das illas Azores (estes en Porto Alegre e no litoral).
O gaucho típico resulta da mestura de españois e portugueses con indios guaraní e charrua (unha etnia hoxe extinta) e tamén africanos. Descenden dos primeiros poboadores da pampa, instalados a partir do século XVI, que vivían de cazar o gando que fuxía e se criaba solto tornándose salvaxe, nesta rexión de pastos naturais. Existen gauchos tamén na Arxentina e no Uruguai. Hai tamén uns poucos índios puros, de etnias guaraní e kaingang.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Grande do Sur |
Outros artigos |
- Brasil
- Estados do Brasil
Ligazóns externas |
- Sitio web oficial
- Universidade Federal do Rio Grande do Sul. Principal institución de ensino superior do estado
|
|
Categoría:
- Rio Grande do Sul
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.476","walltime":"0.572","ppvisitednodes":"value":939,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":41250,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":3450,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 440.095 1 -total"," 42.16% 185.525 1 Modelo:Commonscat"," 41.20% 181.325 1 Modelo:Irmáns"," 40.24% 177.090 1 Modelo:Caixa_lateral"," 38.43% 169.129 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 15.84% 69.698 1 Modelo:Primeira_entidade_subestatal"," 13.67% 60.159 1 Modelo:Infobox"," 3.49% 15.341 1 Modelo:Estados_do_Brasil"," 2.76% 12.127 1 Modelo:Navbox"," 1.95% 8.602 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.274","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":9998609,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1295","timestamp":"20190404144502","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Ru00edo Grande do Sur","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Grande_do_Sur","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q40030","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q40030","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-05-28T18:42:39Z","dateModified":"2017-02-24T11:00:56Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/63/Bandeira_do_Rio_Grande_do_Sul.svg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":190,"wgHostname":"mw1320"););