Skip to main content

Edicións Xerais de Galicia Índice Historia | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónAviso Legal e Datos de empresaUn gigante del negocio de las armas crea el tercer grupo editorial del mundo2006, o nacemento, fomentar a creación literaria para público xuvenilManuel Bragado causou baixa como director xeral de xerais a peticion propiaSitio web de Edicións Xerais de GaliciaBlog de Edicións XeraisFicha na Asociación Galega de EditoresWorldCat135476712200484-7n82249451

Edicións Xerais de Galicia


editorialgalegaVigo20041979VigoXulián Maure RivasGermán Sánchez RuipérezGrupo Anaya19882004galegolibros de textonormativaPremio XeraisPremio Merlínliteratura infantil2006Premio Jules VerneFran AlonsoManuel BragadoVíctor Fernández Freixanes












Edicións Xerais de Galicia




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Edicións Xerais")





Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Expositor de Xerais no Culturgal 2014.


Edicións Xerais de Galicia, S.A. é unha empresa editorial galega con sede na rúa Dr. Marañón de Vigo. Dende 1988 pertence ao grupo empresarial Anaya[1], integrado en 2004 no Grupo Lagardère[2].




Índice





  • 1 Historia


  • 2 Notas


  • 3 Véxase tamén

    • 3.1 Outros artigos


    • 3.2 Ligazóns externas





Historia |


Fundada en 1979 en Vigo por Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez, forma parte do Grupo Anaya dende 1988, ano en que naceu este grupo editorial, que desde xaneiro de 2004 está integrado no Grupo Lagardère.


Publica fundamentalmente libros en galego, de tódolos xéneros literarios, así como libros de texto e de divulgación. Publicou dous dicionarios que se encontran entre os máis difundidos da lingua galega, marcando un fito na difusión editorial da lexicografía xeral: o Dicionario Xerais da Lingua (de capas laranxas), con algunhas etimoloxías e pronuncias e co que estudaron xeracións enteiras de galegos, e o Gran Dicionario Xerais da Lingua do ano 2000, con 2.027 páxinas e de carácter inclusivo, aínda que tamén discrimina as prescricións normativas (na norma daquela, previa á reforma normativa de 2003). Convoca anualmente o Premio Xerais de novela, así como o Premio Merlín de literatura infantil e dende 2006 o Premio Caixa Galicia de literatura xuvenil, que en 2014 pasaría a ser coñecido como Premio Jules Verne[3].


O seu director é Fran Alonso, que sucedeu no cargo a Manuel Bragado[4], e este a Víctor Fernández Freixanes.


O fondo editorial chegaba ós 3.300 títulos o 1 de xuño de 2012, dos que 1.600 forman parte do seu catálogo vivo. A maior parte dos títulos editados realizáronse en lingua galega, mais tamén se publicaron algúns en castelán, portugués e inglés. Xerais edita, fundamentalmente, en soporte papel.



Notas |




  1. Aviso Legal e Datos de empresa na páxina web de Xerais.


  2. Un gigante del negocio de las armas crea el tercer grupo editorial del mundo, diario ABC, 7 de febreiro de 2006. Consultado o 21 de abril de 2018 (en castelán).


  3. 2006, o nacemento, fomentar a creación literaria para público xuvenil, na páxina web de Edicións Xerais.


  4. Manuel Bragado causou baixa como director xeral de xerais a peticion propia, na páxina web de Xerais, abril de 2018.



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Premio Merlín

  • Premio Xerais


Ligazóns externas |


  • Sitio web de Edicións Xerais de Galicia

  • Blog de Edicións Xerais

  • Ficha na Asociación Galega de Editores




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Edicións_Xerais_de_Galicia&oldid=4723843"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.244","walltime":"0.354","ppvisitednodes":"value":243,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":6025,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":420,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2287,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":4,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 289.075 1 -total"," 72.61% 209.895 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 23.28% 67.294 1 Modelo:Commonscat"," 22.09% 63.869 1 Modelo:Irmáns"," 20.57% 59.463 1 Modelo:Caixa_lateral"," 4.02% 11.624 1 Modelo:Listaref"," 2.04% 5.906 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 0.86% 2.489 1 Modelo:Es"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.146","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2514262,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1250","timestamp":"20190510211605","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Ediciu00f3ns Xerais de Galicia","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Edici%C3%B3ns_Xerais_de_Galicia","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q12387270","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q12387270","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-07-11T13:28:52Z","dateModified":"2018-04-27T20:46:13Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/c0/Culturgal_2014_Edici%C3%B3ns_Xerais_de_Galicia.JPG","headline":"empresa editorial galega"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":149,"wgHostname":"mw1252"););