Skip to main content

Molière Índice Traxectoria | Obra | Posteridade | Molière en Galicia | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"'O Tartufo' en tempos tartufos. Tradución galega do clásico de Molière""Copia arquivada"o orixinalAutobiografía de Marica Campo.El medico a palos (Le médecin malgré lui)WorldCat24745024884436950ADV101669299006093338673000023647XX103203411916418p2225495a10456089cnp01270957DA00821914826530ID00109966434253ID11858331X79124404ITICCUCFIV01062nm0596942ID0000 0001 2319 71311011C3123n790438516282ID00450291jn1998100186035358005000025085mp6342406841501XIDOL6899222A87920396207024w66v7145027033430

DramaturgosEscritores en lingua francesaEscritores de FranciaNados en 1622Finados en 1673Finados por tuberculose


15 de xaneiro162217 de febreiro1673dramaturgoactorfrancésxesuítaspríncipe de ContiLuís XIII1640Modène1641Pierre GassendifilósofoepicúreoCyrano de Bergerac1642OrleánsParísLuís XIINarbona1643Madeleine BéjartArmande13 de xuño1644FranciaParísbiógrafo1645AquitaniaNantesAlbiTolosaCarcasonaPoitiersVienaNarbonaAgenPézenasGrenobleLiónMontpellierDijonAviñónBordeosBéziersRuán1653CondéNormandíaPierre CorneilleRuán1658Corneille1659Louvre1660Palais-Royal1661ArlequínNicolas Fouquet1662










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

1000 12/16



Molière




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura

































Molière

Molière - Nicolas Mignard (1658).jpg
Molière no rol de César na obra de teatro La Mort de Pompée, pintado por Nicolas Mignard (1658)

Nome completoJean-Baptiste Poquelin
Nacemento
15 de xaneiro de 1622
 París
Falecemento
17 de febreiro de 1673 (51 anos)
 París
Causatuberculose
Soterrado
Cemiterio do Père-Lachaise, sen etiquetar e Museum of French Monuments
NacionalidadeReino de Francia
EtniaPobo francés
Alma máterLycée Louis-le-Grand e Old University of Orléans
Ocupación
dramaturgo, actor de teatro, poeta, satirico, director teatral e Dramaturgo
CónxuxeArmande Béjart
FillosEsprit Madeleine Poquelin
Xéneroscomedia
Coñecido/a porLes fourberies de Scapin, Le Bourgeois gentilhomme, Le malade imaginaire, Le misanthrope, Tartufo, Dom Juan ou le Festin de Pierre, L'école des femmes, Esganarelo ou O Cornudo Imaginário, Psyché, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, The Blunderer, or the Counterplots, The School for Husbands, L'Impromptu de Versailles, L'avare, L'Amour médecin, Les Précieuses ridicules, sen etiquetar, Les Femmes Savantes, sen etiquetar, sen etiquetar, Le Médecin volant, Le Médecin malgré lui, Forced marriage, Lovers' quarrels, Princess of Elis e sen etiquetar
Firma de Moliere.png
[ editar datos en Wikidata ]

Jean-Baptiste Poquelin, coñecido como Molière, bautizado o 15 de xaneiro[1]1622, finado o 17 de febreiro 1673, foi un dramaturgo e actor de teatro francés. Considerado como o "xefe" da Comedie Francaise, aínda é o autor máis actuado. Sen piedade para o pedantismo dos falsos científicos, as mentiras dos médicos ignorantes, a pretensión dos burgueses enriquecidos, Molière ama a mocidade e quere liberala das súas limitacións absurdas.




Índice





  • 1 Traxectoria

    • 1.1 Mocidade


    • 1.2 Comezos complicados


    • 1.3 O principio da gloria



  • 2 Obra


  • 3 Posteridade


  • 4 Molière en Galicia


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Ligazóns externas





Traxectoria |



Mocidade |


Fillo dun carpinteiro, atribúese, sen que iso sexa seguro, a razón do seu interese polo teatro aos seus tíos, que a miúdo o levaban a ver obras de teatro. Desde 1633 até 1639 estuda no collège de Clermont (actual liceo Louis-le-Grand) fundado polos xesuítas. Co seu avó, foi ver representacións teatrais ao Hõtel de Bourgogne, tamén foi ás representacións de improvisacións do teatro italiano. Segundo certas fontes, coñecería o príncipe de Conti, que se fará un dos seus protectores. O 18 de decembro de 1637, presta o xuramento de tapiceiro real, repetindo así a carga do seu pai preto do rei Luís XIII. Non sabemos se Molière exerce ou non o seu novo oficio, o certo é que en 1640 coñece a unha familia de comediantes, os Béjart e namórase de Madeleine, protexida do duque de Modène.


En 1641, sen ter fonte segura, segue o ensino de Pierre Gassendi, filósofo epicúreo e mestre que sinou a libertinos como Cyrano de Bergerac.


En 1642, toma as súas licenzas de dereito na universidade de Orleáns e volve a París onde se inscribe na avogacía durante seis meses. Logo substitúe ao seu pai que quere deixarlle a súa carga e ve con malos ollos as súas relacións cos Béjart. Acompaña a corte de Luís XII a Narbona.




Armande Béjart.


No xaneiro de 1643, Jean-Baptiste renuncia ao cargo do seu pai e este córtalle os subsidios. Madeleine Béjart dá a luz unha nena, Armande, que o duque de Modène recoñece como filla. O 13 de xuño asínase o acto de fundación da compañía de teatro, o Illustre Théâtre (Teatro Ilustre) , baixo a dirección de Magdalena Béjart.



Comezos complicados |


En 1644, a tropa vai actuar por Francia adiante. En xullo están de volta a París, Jean-Baptiste noméase "Molière" e faise director da tropa. Sobre a escolla deste nome de escena, Grimarest, o seu primeiro biógrafo, escribiu: "xamais lle quixo dicir a razón, ata aos seus mellores amigos". A tropa actúa na sala do Jeu de Paume en París e sofre un fracaso agudo.


A tropa creba en 1645 e Molière está encarcerado no Châtelet durante algúns días, logo o seu pai paga as débedas da tropa para facerlle saír e, unha vez liberado, a tropa vaise por Francia adiante e atópase con outra tropa dirixida polo comediante Charles Dufresne, ao servizo do duque de Épernon, gobernador de Guyenne (antigo nome da rexión actual de Aquitania). Entre xaneiro de 1646 e marzo de 1657, a tropa actúa en Nantes, Albi, Tolosa, Carcasona, Poitiers, Viena, Narbona, Agen, Pézenas, Grenoble, Lión, Montpellier, Dijon, Aviñón, Bordeos, Béziers e Ruán. En 1653, a tropa pasa ao servizo do príncipe de Conti, irmán do gran Condé e novo gobernador de Guyenne. Pero este acaba por ceder ás presións relixiosas do momento e efectúa unha conversión de "relixiosidade". O teatro vólvese entón para el sinónimo de perdición e bota fóra da súa casa a tropa que pasa entón ao servizo do gobernador de Normandía.


Molière renuncia ás súas pretensións tráxicas: é unha gran estrela cómica e volve ser xefe de tropa en 1650. Compón farsas sobre o modelo italiano. Crea o personaxe de Mascarille nas súas primeiras verdadeiras pezas: L'Étourdi ("O Atolondrado") en Lión no 1655, Le Dépit amoureux ("O Despeito amoroso") en Béziers no 1656. En 1658 coñece a Pierre Corneille que xa está envellecido e actúa en Ruán.



O principio da gloria |


Molière regresa a París en 1658. Protexido por Monsieur, irmán do rei, xoga entón diante de Luís XIV unha traxedia de Corneille, Nicomède, que aburre, e unha farsa, Le docteur amoureux ("O doutor namorado") que resulta ser un triunfo. Molière dispón dun gran talento cómico: a súa voz e as súas mímicas dan hilaridade ao público. A tropa de Molière goza pronto dunha fama importante no cómico, e o rei instálao ao Petit-Bourbon, onde actúa alternativamente coa tropa italiana de Scaramouche.


En 1659 a tropa perde a Joseph Béjart e os Du Parc déixano para irse á tropa do Théâtre du Marais. Contratan aos novos comediantes La Grange e Du Croisy. O 18 de novembro, é o éxito clamoroso da peza Les Précieuses ridicules, onde Molière no papel de Ascarille dálle a réplica a Jodelet, comediante famoso contratado para a ocasión, e o favor do rei. O teatro do Petit-Bourbon logo é destruído para as necesidades da construción da columnata do Louvre, o que arrastra por tres meses de paro para a tropa. O rei instala a Molière en 1660 no Palais-Royal, onde Molière dá a Sganarelle ou o cornudo imaxinario. É consagrado por Antoine Baudeau de Somaize (autor do Grand Dictionnaire des Précieuses) como "o primeiro farsante de Francia". O seu irmán menor morre, e Molière convértese así no único herdeiro da carga real do seu pai con quen se reconciliou.


Molière comparte, en 1661, o teatro do Palais-Royal coa tropa de Domenico Biancolelli, alias Arlequín. Presenta a peza Dom Garcie de Navarre que é un fracaso e a peza L'École des maris que triunfa. O mesmo ano, Molière instálase fronte ao Palais-Royal. O 17 de agosto crea Les Fâcheux ("Os lastemosos"), a súa primeira comedia-ballet, para o castelo de Vaux-le-Vicomte, residencia de Nicolas Fouquet na ocasión na que Fouquet recibe ao rei.


En 1662, Molière casa con Armande Béjart, vinte anos menor ca el, coa que terá un fillo, Louis, sendo o rei o seu padriño, bautizado o 24 de febreiro de 1664 e morto á idade de oito meses e medio, unha nena, Esprit-Madeleine, bautizada o 4 de agosto de 1665, e outro fillo, Pierre, bautizado o 1 de outubro de 1672 e morto o mes seguinte.



Obra |





Molière, 1658.
























































































































































Listaxe das obras de Molière
(orde cronolóxica)
Obra
Xénero
Estrea
Nome galego

Le Médecin volant
Farsa de un acto en prosa.

1645


La Jalousie du barbouillé
Farsa de un acto en prosa.

1650


L'Étourdi ou les Contretemps
Comedia de cinco actos e en verso.

1655


Le Dépit amoureux
Comedia de cinco actos e en verso.

16 de decembro 1656


Le Docteur amoureux[2][3]
Comedia de un acto e en prosa.

24 de outubro 1658


Les Précieuses ridicules
Comedia de un acto e en prosa.

18 de novembro 1659


Sganarelle ou le Cocu imaginaire
Comedia de un acto e en verso.

28 de maio 1660


Dom Garcie de Navarre ou le Prince jaloux
Comedia heroica en cinco actos e en verso.

4 de febreiro 1661


L'École des maris
Comedia en tres actos e en verso.

24 de xuño 1661


Les Fâcheux
Comedia-ballet en tres actos e en verso.

17 de agosto 1661


L'École des femmes
Comedia en cinco actos e en verso.

26 de decembro 1662


La Jalousie du Gros-René[2]


15 de abril 1663


La Critique de l'école des femmes
Comedia en un acto e en prosa.

1 de xuño 1663


L'Impromptu de Versailles
Comedia en un acto e en prosa.

14 de outubro 1663


Le Mariage forcé
Comedia en un acto e en prosa.

29 de xaneiro 1664


Gros-René, petit enfant[2]


27 de abril 1664


La Princesse d'Élide
Comedia galante en cinco actos, en versos[4] e en prosa.

8 de maio 1664


Tartuffe ou l'Imposteur
Comedia en cinco actos e en versos.

12 de maio 1664

Tartufo. Traducido ao galego por Henrique Harguindey[5]

Dom Juan ou le Festin de pierre
Comedia en cinco actos e en prosa.

15 de febreiro 1665


L'Amour médecin
Comedia en tres actos e en prosa.

15 de setembro 1665


Le Misanthrope ou l'Atrabilaire amoureux
Comedia en cinco actos e en versos.

4 de xuño 1666


Le Médecin malgré lui
Comedia en tres actos e en prosa.

6 de agosto 1666


Mélicerte
Comedia pastoral heroica en dous actos e en verso.

2 de decembro 1666


Pastorale comique


5 de xaneiro 1667


Le Sicilien ou l'Amour peintre
Comedia en un acto e en prosa.

14 de febreiro 1667


Amphitryon
Comedia en tres actos e en verso.

13 de xaneiro 1668


George Dandin ou le Mari confondu
Comedia en tres actos e en prosa.

18 de xullo 1668


L'Avare ou l'École du mensonge
Comedia de cinco actos e en prosa.

9 de setembro 1668

O avaro

Monsieur de Pourceaugnac
Comedia-ballet en tres actos e en prosa[6].

6 de outubro 1669


Les Amants magnifiques
Comedia de cinco actos e en prosa.

4 de febreiro 1670


Le Bourgeois gentilhomme
Comedia-ballet en cinco actos e en prose[6].

14 de outubro 1670

O burgués xentilhome[7], tamén se atopa como O burgués fidalgo[8]

Psyché
Traxedia-ballet de cinco actos e en verso.

17 de xaneiro 1671


Les Fourberies de Scapin
Comedia de tres actos e en prosa.

24 de maio 1671


La Comtesse d'Escarbagnas
Comedia en un acto e en prosa.

2 de decembro 1671


Les femmes savantes
Comedia en cinco actos e en verso.

11 de marzo 1672


Le Malade imaginaire
«Comedia mesturada de música e de bailes» en tres actos e en prosa[9].

10 de febreiro 1673

O enfermo imaxinario [10]


Posteridade |


As obras teatrais de Molière seguen a ser representadas aínda hoxe en moitas partes do mundo.



Molière en Galicia |


  • Xosé Manuel Carballo foi o primeiro tradutor de Molière ao galego, segundo Marica Campo[11].

  • Unha parte das obras de Molière está traducida ao galego e presentada ao público polo teatro galego[12].


Notas |




  1. A data de nacemento non se coñece.


  2. 2,02,12,2 O texto desta peza perdeuse.


  3. O primeiro espectáculo interpretouse diante do rei Luís XIV.


  4. O primeiro acto e o limiar do segundo acto, logo o autor renunciou aos versos por razóns de tempo.


  5. Salgado, Daniel (25 de febreiro de 2018). Sermos Galiza, ed. "'O Tartufo' en tempos tartufos. Tradución galega do clásico de Molière". Consultado o 28 de febreiro de 2018. 


  6. 6,06,1 Agás as entradas do ballet que están en verso.


  7. [1]


  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2008. Consultado o 02 de xuño de 2008. 


  9. Agás as entradas do ballet que están en verso.


  10. Incluído na Biblioteca Galega de Clásicos Universais.


  11. Autobiografía de Marica Campo.


  12. En 2008 o Teatro Galileo presentou unha versión moderna de O avaro.



Véxase tamén |





Ligazóns externas |



  • (en castelán) El medico a palos (Le médecin malgré lui), en wikisource.



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Molière&oldid=5087142"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.644","walltime":"2.545","ppvisitednodes":"value":3139,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":42422,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1975,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":50,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":6873,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":43,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2390.389 1 -total"," 51.84% 1239.165 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 41.74% 997.741 1 Modelo:Escritor"," 41.42% 990.202 1 Modelo:Infobox"," 38.73% 925.881 20 Modelo:Propiedade"," 2.58% 61.576 1 Modelo:Listaref"," 2.22% 53.148 1 Modelo:Se_é_muller"," 1.94% 46.388 2 Modelo:Cita_web"," 1.30% 30.985 1 Modelo:Commonscat"," 1.18% 28.144 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"1.365","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":8738210,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1244","timestamp":"20190522100716","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Moliu00e8re","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Moli%C3%A8re","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q687","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q687","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2008-04-12T22:08:17Z","dateModified":"2019-03-11T18:11:34Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/fe/Moli%C3%A8re_-_Nicolas_Mignard_%281658%29.jpg","headline":"dramaturgo e actor de teatro francu00e9s. Considerado como o "xefe" da Comedie Francaise"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":2698,"wgHostname":"mw1244"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos