Skip to main content

Federico García Lorca Índice Traxectoria | Seis poemas galegos | Obra | Recoñecementos | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Federico García Lorca. Biografía"El gran viaje de estudios de García Lorca"Seis poemas galegos"Impresiones y paisajesSeis poemas galegos"García Lorca recita, en galego, en Torrejón""El Aula de Teatro de la UA estrena la obra inacabada de Lorca “Comedia sin título”""Lluis Pasqual destroza el escenario en 'Comedia sin título'""Una 'Comedia sin título'""La inacabada ‘Comedia sin título’ de Lorca ya tiene final"Aeropuerto F.G.L. Granada-Jaén"O Día do Orgullo Galego estará dedicado este ano a Lorca, cunha edición inédita dos 'Seis Poemas'""Redondela propondrá a la RAG que dedique un Día das Letras Galegas a Federico García Lorca"Huerta de San Vicente, GranadaDiciopedia do século 21Las trece últimas horas en la vida de García Lorca"Cronología gallega de García Lorca y datos sincrónicos"Diccionario Biográfico EspañolVida, pasión y muerte de Federico García LorcaReimpreso en Grial 43 (1974), pp. 90-98De Pondal a NovoneyraÉ a lúa que baila… María Victoria Moreno e a lírica dos seis poemas galegos de Federico García LorcaO pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García LorcaEl holocausto españolBodas de SangreFotobiografía sonoraEncyclopædia Britannica"Alberti recita poemas de Lorca""Para todos la 2"Casa Museo de García Lorca en GranadaPortal web de LorcaObras dixitalizadas de LorcaArquivo Federico García LorcaWorldCat34456883p31796637685ADV100024469007772832384071000023081IDXX84189811904091z234536016149273a10455401federico-garcia-lorca2997550649970ID00081602333098ID00291031185375985514ITICCUCFIV51848nm0305030IDgarcia_lorca_federico_auteur_ou_responsable_intellectuel0000 0001 2278 18110053E0684n790344252937garcia-lorca-federicoID0000000392800440509jn1998100131635112180291484000087867068284802OL4280920A166125765130396187953w6p26xx80273233073btfederico-garcia-lorca500036317

Federico García Lorca


Fuente VaquerosProvincia de Granada1898Víznar18 de agosto1936andaluzXeración do 27lingua galega1935españolfusiladofranquistasGolpe de Estado do 18 de xullo de 1936Guerra civil españolatraballoeducaciónmúsicaVictor HugoMiguel de Cervantes1909GranadaFernando de los RíosMelchor Fernández AlmagroManuel de FallaUniversidade de Granada19141918MadridO EscorialÁvilaMedina del CampoSalamancaZamoraAstorgaOurenseRedondelaSantiago de CompostelaA CoruñaLugoLeónSahagúnVenta de BañosBurgosSegovia1919Residencia de EstudiantesMadridLuis BuñuelSalvador DalíGregorio Martínez Sierramarzo19201927192119271928depresiónhomosexualidadefilmeDereito1929bolsa de estudosEstados Unidos de AméricaNova York1940alienaciónCuba1930Segunda República1932GaliciaArxentinaIgnacio Sánchez Mejías11 de agostoGuerra civil españolafusiladofalanxista1916Jesús Bal y GayRosalía de CastroManuel Curros EnríquezEduardo PondalLuís Amado CarballoManuel Antonio1931Ernesto Guerra da CalMadridAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoRamón Otero Pedrayo1932Carlos Martínez-BarbeitoXosé Filgueira ValverdeFrancisco LamasLuís ManteigaEduardo Blanco Amorxornalarxentino1935Editorial Nós1927Xosé Luís Franco GranderúasprazasparquesauditoriosBaleàriaF.G.L. Granada-Jaén2018Día do Orgullo Galego2019RedondelaReal Academia GalegaDía das Letras Galegas










1000 12/16



Federico García Lorca




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada.






















Federico García Lorca
Retrato de Federico García Lorca.jpg
Nome completoFederico del Sagrado Corazón de Jesús García Lorca
Nacemento
5 de xuño de 1898
 Fuente Vaqueros
Falecemento
18 de agosto de 1936
 Granada
CausaFusilamento
NacionalidadeEspaña
Alma máterFacultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) e Columbia University School of Engineering
Ocupación
dramaturgo, poeta, director teatral, músico, letrista e autor
IrmánsFrancisco García Lorca, Isabel García Lorca e Concepción García Lorca
Coñecido/a porBodas de sangre, Yerma, Libro de poemas, Poeta en Nueva York, Poema del cante jondo, Así que pasen cinco años, El público, Diván del Tamarit, Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores, La casa de Bernarda Alba, Romancero gitano e Seis poemas galegos
Federico García Lorca signature.svg
[ editar datos en Wikidata ]

Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e falecido en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz, membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), o poeta español máis lido de tódolos tempos.[1] Morreu fusilado polas autoridades franquistas un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé ao inicio da Guerra civil española.




Índice





  • 1 Traxectoria

    • 1.1 Segunda República


    • 1.2 Guerra civil e asasinato



  • 2 Seis poemas galegos


  • 3 Obra

    • 3.1 Prosa


    • 3.2 Poesía


    • 3.3 Teatro



  • 4 Recoñecementos


  • 5 Galería de imaxes


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Bibliografía


    • 7.2 Outros artigos


    • 7.3 Ligazóns externas





Traxectoria |


Fillo dun propietario andaluz, Federico García Rodríguez (1859-1945), e dunha mestra de escola, Vicenta Lorca Romero (1870-1959), que deixou o seu traballo para dedicarse á educación do seu fillo, e que lle transmitiu o amor pola música, Lorca foi un neno precoz que lía a Victor Hugo e Miguel de Cervantes, aínda que non destacou na escola. En 1909 a familia trasladouse á cidade de Granada: alí Lorca entrou nos círculos culturais locais e coñeceu a Fernando de los Ríos, Melchor Fernández Almagro e Manuel de Falla.


Comezou estudando na Universidade de Granada en 1914 e publicou o seu primeiro libro en 1918, Impresiones y paisajes, nado dunha viaxe de estudos que organizara un dos seus profesores: visitou daquela Madrid, O Escorial, Ávila, Medina del Campo, Salamanca, Zamora, Astorga, Ourense, Redondela, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, León, Sahagún, Venta de Baños, Burgos e Segovia.[2] En 1919 instalouse na Residencia de Estudiantes de Madrid e fixo amizade con Luis Buñuel e Salvador Dalí, e grazas á súa amizade co director do Teatro Eslava, Gregorio Martínez Sierra, escribiu, en verso, a súa primeira obra teatral, El maleficio de la mariposa, estreada en marzo de 1920 no Teatro Eslava, que tan só se mantivo en cartel catro días. Lorca non volveu estrear outra obra ata 1927, con Mariana Pineda, que si foi un éxito, pero seguiu a publicar poemarios como El libro de poemas (1921), Canciones (1927).


En 1928 publicou Romancero gitano que foi outro éxito, pero que non evitou que Lorca caera nunha fonda depresión causada pola incomprensión da familia da súa homosexualidade, e mesmo veu o filme feito polos seus amigos Dalí e Buñuel Un chien andalou (1929) como un ataque persoal, ao tempo que a súa relación co escultor Emilio Aladrén, apaixonada pero non recíproca, deteriórase. Todo iso provocou a súa volta a Granada para rematar a carreira de Dereito.


En 1929 coa axuda dunha bolsa de estudos emprendeu unha xira polos Estados Unidos de América, cunha estadía específica en Nova York, que lle inspirou o poemario Poeta en Nueva York (publicado en 1940 e onde explora a súa alienación e illamento con novas técnicas poéticas). Máis tarde publicaría dúas obras teatrais (Así que pasen cinco años e El público) que escribe na súa estadía en Cuba (marzo-xuño 1930).



Segunda República |


Coa chegada da Segunda República e o nomeamento do seu mentor Fernando de los Ríos como Ministro de Instrución Pública, Lorca faise cargo do grupo teatral ambulante La Barraca (1932), percorrendo a España rural e achegando o teatro clásico ó mundo popular, e que lle permite visitar Galicia (A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Baiona e Ribadeo)[3] e entrar en contacto cos intelectuais galegos. Nesa época escribe a coñecida como triloxía rural: Bodas de sangre (1933), Yerma (1934) e La casa de Bernarda Alba (1936). En 1933 realizou unha xira pola Arxentina. Á morte do seu amigo toureiro Ignacio Sánchez Mejías o 11 de agosto de 1934, o poeta dedícalle o seu Llanto por Ignacio Sánchez Mejías.



Guerra civil e asasinato |


Lorca deixou Madrid camiño de Granada antes do estoupido da Guerra civil española. Arrestado, foi fusilado o 18 de agosto de 1936 en Fuente Grande, xunto a tres persoas máis. O autor material dos feitos foi o terratenente falanxista Juan Luis Trescastro Medina, quen diría máis tarde:







Acabamos de matar a Federico García Lorca. Yo le metí dos tiros en el culo por maricón.[4]


Seis poemas galegos |





Seis poemas galegos, con prólogo, en castelán, de E. B. A., Nós, 1935.[3]



Artigo principal: Seis poemas galegos.

García Lorca visitou pola primeira vez Galicia en 1916 na viaxe de estudos. Xa na Residencia de Estudantes en Madrid coñeceu ao musicólogo galego Jesús Bal y Gay, co que ensaiou cántigas do folclore musical galego, ao tempo que lía apaixonadamente os cancioneiros galego-portugueses e a autores galegos como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Luís Amado Carballo ou Manuel Antonio.


En 1931 coñeceu a Ernesto Guerra da Cal, nacionalista galego que residía en Madrid dende a infancia, e entrou en contacto co ambiente galeguista de Madrid, onde ía ós faladoiros que mantiñan os entón deputados Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Ramón Otero Pedrayo na capital de España.


En maio de 1932 realizou a súa segunda viaxe a Galicia para dar unha serie de conferencias. En Santiago de Compostela fixo amizade con Carlos Martínez-Barbeito, que se afianza ao ir este a estudar a Madrid ese mesmo ano.


En agosto de 1932 está en Galicia por terceira vez, á fronte de "La Barraca", coa que actuou en varias cidades e vilas galegas, e en novembro dita unha serie de conferencias na compaña de Xosé Filgueira Valverde, e estrea na revista Yunque de Lugo o primeiro dos seus poemas galegos: Madrigal â cibdá de Santiago, escrito co asesoramento de Francisco Lamas e Luís Manteiga.





Ernesto Guerra da Cal e Lorca en Madrid en 1934.[5]


En 1933 Eduardo Blanco Amor, entón correspondente do xornal arxentino La Nación, coñece a Lorca e dáo a coñecer na Arxentina, polo que, cando Lorca viaxou logo á Arxentina, recibiu unha calorosa acollida por parte dos arxentinos e en especial pola colonia galega. En agradecemento, Lorca escribe Cántiga do neno da tenda, e xa de volta en España desenvolve unha intensa relación de amizade con Blanco Amor, que mesmo pasará algunhas temporadas na casa dos pais de Lorca en Fuente Vaqueros. Debido á petición de Blanco Amor, Federico García Lorca accede a publicar os seus poemas galegos no libro Seis poemas galegos en 1935 co selo da Editorial Nós:[3] os poemas son composicións naturais e espontáneas, que lembran os poemas publicados en Canciones (1927), pero ó mesmo tempo insírense na tradición literaria galega. Eduardo Blanco Amor escribiu o limiar (en castelán) e sempre mantivo que os poemas eran fundamentalmente unha creación de Lorca (tanto dende o punto de vista lingüístico como de estilo), mentres Ernesto Guerra da Cal, nos últimos anos da súa vida afirmaba que fora el quen os puxera en galego: está visión apoiouna Xosé Luís Franco Grande, pero o resto dos investigadores deron a razón a Blanco Amor.



Obra |



Prosa |



  • Impresiones y paisajes (1918).[6]


Poesía |



  • Libro de poemas (1921)


  • Oda a Salvador Dalí (1926)


  • Canciones (1927)


  • Romancero gitano (1928)


  • Poema del cante jondo (1931, [1921])


  • Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1935)


  • Seis poemas galegos (1935), Santiago de Compostela, Nós.[7]


  • Diván del Tamarit (1936)


  • Sonetos del amor oscuro (1936)


  • Poeta en Nueva York (1940, [1929])


Teatro |




Lorca, Pura Maórtua e Valle-Inclán na preestrea de Yerma, Madrid, 1934.[8]




Placa na praza de Sta María de Lugo.



  • El maleficio de la mariposa [1920], en verso.[9]


  • Mariana Pineda (1927)


  • La zapatera prodigiosa (1930)


  • Retablillo de Don Cristóbal (1930)


  • El público (1930)


  • Así que pasen cinco años (1931).[10]


  • Amor de don Perlimplín con Belisa en su jardín (1933)


  • Bodas de sangre (1933)


  • Yerma (1934)


  • Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores (1935)


  • La casa de Bernarda Alba (1936)


  • Comedia sin título (inacabada) (1936)[11][12][13][14]


Recoñecementos |


Levan o seu nome rúas, avenidas, prazas, parques, centros culturais, auditorios, un buque da navieira Baleària e o aeroporto F.G.L. Granada-Jaén.[15]


En 2018 dedicóuselle o Día do Orgullo Galego.[16] En 2019 o concello de Redondela solicitou á Real Academia Galega que considerase dedicarlle a Lorca un Día das Letras Galegas.[17]



Galería de imaxes |




Retrato de Salvador Dalí, Federico García Lorca (1927). 
Autorretrato de Lorca para Poeta en Nueva York, 1929-30. 
Lorca cun cartel de La Barraca, 1932.[18] 
Cuns amigos en Betanzos, en 1932.[19] 
Carta de Lorca a Xavier Bóveda, 13/11/1933. 
Monumento a Lorca en Oleiros. 


Notas |




  1. "Federico García Lorca. Biografía" (en castelán). Instituto Cervantes. 


  2. Mariscal, Luis (2018). Alvarellos, H., ed. El gran viaje de estudios de García Lorca (en castelán). Alvarellos Editora. ISBN 978-84-16460-35-9. 


  3. 3,03,13,2 Iglesias López, Francisco Xabier (14/11/2014). "Seis poemas galegos". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 


  4. Preston 2011.


  5. Pérez Rodríguez 2011.


  6. Impresiones y paisajes Biblioteca Digital Hispánica.


  7. Alvarellos, H., ed. (2018). Seis poemas galegos (facsímile) (en castelán). Alvarellos Editora. ISBN 978-84-16460-53-3. 


  8. Alvarellos, Quique (4/11/2018). "García Lorca recita, en galego, en Torrejón". La Voz de Galicia. 


  9. García Lorca, Federico (1999). Menarini, Piero, ed. El maleficio de la mariposa. Ediciones Cátedra. ISBN 978-84-376-1706-0. 


  10. Estreada en galego por Sarabela Teatro en 2003 (Así que pasen cinco anos).


  11. "El Aula de Teatro de la UA estrena la obra inacabada de Lorca “Comedia sin título”". Alicantehoy (en castelán). 18/5/2017. 


  12. "Lluis Pasqual destroza el escenario en 'Comedia sin título'". El País (en castelán). 24/5/1989. 


  13. "Una 'Comedia sin título'" (en castelán). Consultado o 19/6/2017. 


  14. Mantilla, Jesús Ruiz (16/12/2016). "La inacabada ‘Comedia sin título’ de Lorca ya tiene final". El País (en castelán). 


  15. Aeropuerto F.G.L. Granada-Jaén Aena.


  16. "O Día do Orgullo Galego estará dedicado este ano a Lorca, cunha edición inédita dos 'Seis Poemas'". Praza Pública. 18/6/2018. Consultado o 19/6/2018. 


  17. Leis, Iván (9/2/2019). "Redondela propondrá a la RAG que dedique un Día das Letras Galegas a Federico García Lorca". Faro de Vigo (en castelán). 


  18. Huerta de San Vicente, Granada Museo Raíña Sofía.


  19. Pérez Rodríguez 2011.



Véxase tamén |



Bibliografía |










  • "García Lorca, Federico". Diccionario enciclopédico galego universal 30. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 54. ISBN 84-7680-429-6. 


  • "García Lorca, Federico". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 975. ISBN 978-84-8288-942-9. 


  • "García Lorca, Federico". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 477. ISBN 84-7680-288-9. 


  • "García Lorca, Federico". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 


  • "Federico García Lorca". Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009. 


  • Caballero, M. (2011). Las trece últimas horas en la vida de García Lorca (en castelán). La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9970-070-0. 


  • Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 728–730. ISBN 84-7154-227-7. 


  • Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 137. 


  • Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 173. ISBN 84-7492-465-0. 


  • Franco Grande, X. L.; Landeira Yrago, J. (1974). "Cronología gallega de García Lorca y datos sincrónicos". Grial (Galaxia) (45). 


  • García-Posada, Miguel. "Federico García Lorca". Diccionario Biográfico Español (en castelán). Real Academia de la Historia. 


  • Gibson, Ian (2016) [1998]. Vida, pasión y muerte de Federico García Lorca (en castelán). Penguin Random House. ISBN 9788466336673. 


  • Landeira Yrago, José (1986). Federico García Lorca y Galicia. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-306-9. 


  • Martínez-Barbeito, C. (24/3/1945). "García Lorca, poeta gallego". El Español (en castelán) (Madrid): 4.  Reimpreso en Grial 43 (1974), pp. 90-98


  • Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-139-2. 


  • Moreno, M.ª V. (2018). É a lúa que baila… María Victoria Moreno e a lírica dos seis poemas galegos de Federico García Lorca. Galaxia. ISBN 978-84-9151-159-5.  Estudo introdutorio de X. A. Montero.


  • Navarro Durán, R. (2001). Diccionario de escritores en lengua castellana (en castelán). 1. Abad-Lyra. Barcelona: Planeta. ISBN 84-08-04152-5. 


  • Pena, X. R. (2016). Historia da literatura galega III. De 1916 a 1936. Edicións Xerais de Galicia. pp. 273–280. ISBN 978-84-9121-107-5. 


  • Pérez Rodríguez, L. (2011) [1995]. O pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca (3ª ed.). CCG. ISBN 978-84-92923-26-7. 


  • Preston, Paul (2011). El holocausto español (en castelán). Barcelona: Círculo de Lectores. ISBN 978-84-672-4533-2. 


  • Rey Hazas, A. (2012). "Introducción, notas y estudio de la obra". Bodas de Sangre (PDF) (en castelán). Vicens Vives. ISBN 978-84-682-0686-8. 


  • Soria Olmedo, A.; López Ruiz, J. M. (2010). Fotobiografía sonora (2 CD,s.) (en castelán). Ourense: Ouvirmos. ISBN 978-84-938276-0-1. 


  • Stainton, Leslie Anne (1/6/2018). "Federico García Lorca". Encyclopædia Britannica (en inglés). Encyclopædia Britannica, inc. 


  • Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 250. ISBN 84-8288-019-5. 



Multimedia externa
Gravacións de son

"Alberti recita poemas de Lorca". UNLP. 1961. 
Vídeos

"Para todos la 2" (en castelán). La 2. 2011. 


Outros artigos |


  • Xeración do 27

  • La Barraca

  • A luz prodixiosa


Ligazóns externas |



  • Casa Museo de García Lorca en Granada (en castelán)


  • Portal web de Lorca Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.


  • Obras dixitalizadas de Lorca na Biblioteca Dixital Hispánica da BNE.


  • Arquivo Federico García Lorca 4.153 documentos, Residencia de Estudiantes.


<!--
NewPP limit report
Parsed by mw1315
Cached time: 20190519212105
Cache expiry: 2592000
Dynamic content: false
CPU time usage: 2.200 seconds
Real time usage: 3.219 seconds
Preprocessor visited node count: 5796/1000000
Preprocessor generated node count: 0/1500000
Post‐expand include size: 127880/2097152 bytes
Template argument size: 9016/2097152 bytes
Highest expansion depth: 12/40
Expensive parser function count: 52/500
Unstrip recursion depth: 0/20
Unstrip post‐expand size: 19327/5000000 bytes
Number of Wikibase entities loaded: 53/400
Lua time usage: 1.745/10.000 seconds
Lua memory usage: 10.37 MB/50 MB
Lua Profile:
Scribunto_LuaSandboxCallback::getEntity 560 ms 31.1%
recursiveClone 520 ms 28.9%
? 180 ms 10.0%
dataWrapper 100 ms 5.6%
(for generator) 100 ms 5.6%
type 60 ms 3.3%
Scribunto_LuaSandboxCallback::addStatementUsage 40 ms 2.2%
Scribunto_LuaSandboxCallback::plain 40 ms 2.2%
40 ms 2.2%
Scribunto_LuaSandboxCallback::getExpandedArgument 40 ms 2.2%
[others] 120 ms 6.7%
-->



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Federico_García_Lorca&oldid=5153070"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"2.200","walltime":"3.219","ppvisitednodes":"value":5796,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":127880,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":9016,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":52,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":19327,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":53,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2983.443 1 -total"," 45.08% 1344.792 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 38.68% 1154.141 2 Modelo:Infobox"," 37.87% 1129.928 1 Modelo:Escritor"," 35.77% 1067.185 27 Modelo:Propiedade"," 4.48% 133.627 1 Modelo:Listaref"," 3.75% 111.839 18 Modelo:Cita_libro"," 2.31% 68.850 5 Modelo:Cita_web"," 1.78% 53.040 7 Modelo:Cita_enciclopedia"," 1.76% 52.377 1 Modelo:Se_é_muller"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"1.745","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":10873509,"limit":52428800,"limitreport-profile":[["Scribunto_LuaSandboxCallback::getEntity","560","31.1"],["recursiveClone u003CmwInit.lua:41u003E","520","28.9"],["?","180","10.0"],["dataWrapper u003Cmw.lua:662u003E","100","5.6"],["(for generator)","100","5.6"],["type","60","3.3"],["Scribunto_LuaSandboxCallback::addStatementUsage","40","2.2"],["Scribunto_LuaSandboxCallback::plain","40","2.2"],["u003Cmw.lua:700u003E","40","2.2"],["Scribunto_LuaSandboxCallback::getExpandedArgument","40","2.2"],["[others]","120","6.7"]],"cachereport":"origin":"mw1315","timestamp":"20190519212105","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Federico Garcu00eda Lorca","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Federico_Garc%C3%ADa_Lorca","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q41408","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q41408","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-08-15T17:24:05Z","dateModified":"2019-05-19T21:21:05Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/2d/Retrato_de_Federico_Garc%C3%ADa_Lorca.jpg","headline":"poeta e dramaturgo espau00f1ol"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":163,"wgHostname":"mw1326"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos