Skip to main content

Federación Índice Federacións e outras formas de estado | Estrutura constitucional | O federalismo como filosofía política | Debate e conflito interno | Lista de Federacións | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónArtigo 117 da Constitución EspañolaMovemento Federalista MundialFederalismo Mundiale300055506194944707346ID4009006-1federal-statessh85047611005694028492

ExecutivoLexislativoXudicialParlamentarismoPresidencialismoDemocraciaDitaduraAbsolutismoAutoritarismoRexenciaCidade-estadoColoniaConfederaciónFederaciónImperioPrincipadoProtectoradoReinoRepúblicaElecciónsGolpe de estadoRevoluciónManifestaciónIndependenciaReferendoProtestaRepresiónLobbyChancelerConcelleiroConselleiroDeputadoDitadorEmperadorMinistroPrefectoPresidentePrimeiro ministroReiSenadorEsquerdaDereitaCarlismoComunismoFascismoLiberalismoNeoliberalismoPopulismoSocialdemocraciaSocialismoDemocracia cristiá


Formas de estado


latínestadorepublicanomonárquicogobernolexislaciónconstituciónterritorios federadosUnión de Repúblicas Socialistas Soviéticasestado unitariomultiétnicassoberanosEUAMéxicoArxentinaBrasilIndiaRusiaAlemañaVenezuelapolítica exteriordereito internacionalSuízaCanadáxurisdiciónCanadáAustraliaDistrito de ColumbiaEstados UnidosMéxicoCidade de MéxicoEstados UnidosCanadáAustraliaArxentinaMéxicoconfederaciónSuízaComunidade de Estados IndependentesUnión Soviéticaestado unitariodescentralizacióndescentralizaciónestado-naciónautonomíaestados rexionaisEspañacomunidades autónomasArtigo 117 da Constitución EspañolaRepública Popular ChinaconfederaciónestadosSuízaimperioforzaemperadorreinosemperadorUnión Soviéticarepúblicas socialistas soviéticasautogobernopartido únicoPartido ComunistaMoscovaelecciónsseparaciónindependentesFederación Rusarepúblicas autónomasoblastsMoscovaUnión EuropeaEstados Membros da UEFacendadereito internacionalde iureconstituciónAlemañaLänderQuebecfederalismo intraestatalbicameralcámara altacámara baixaSenadoBundesratescanosfederalismo congruentefederalismo incongruenteguerra civilNixeriaFederación de Rodesia e NiasalandiaEstados Unidos de CentroaméricaFederación das Indias OccidentaisGran ColombiaConfederación Perú-boliviana












Federación




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Mapa cos estados federais.


Unha federación (do latín fœdus, "pacto") é un estado conformado pola reunión de varias entidades territoriais. Tamén adoita denominarse estado federal, xeralmente ten un sistema político republicano, constituíndo unha república federal, e excepcionalmente monárquico.


As federacións están compostas por divisións territoriais que se autogobernan, denominadas xeralmente estados, cantóns, rexións, provincias ou mesmo doutro modo. Estas divisións gozan dun maior ou menor grao de autonomía pero , en calquera caso, teñen facultades de goberno ou lexislación sobre determinadas materias, distintas das que corresponden á administración federal (goberno da federación). O status de autogoberno das rexións que o compoñen está establecido pola súa constitución e, normalmente, non pode alterarse unilateralmente por decisión do goberno da federación.


O modelo federal pode chegar incluso ao dereito de autodeterminación dos territorios federados, como ocorreu durante o desmembramento da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. O termo contraponse ao de estado unitario ou centralizado.


As federacións poden ser multiétnicas ou estenderse por amplos territorios, aínda que non necesariamente ten por que darse algunha destas situacións. Con frecuencia as federacións constitúense sobre un acordo orixinal entre estados soberanos. Os estados que forman a federación non acostuman ter dereito a separarse unilateralmente da mesma. Entre as federacións máis significativas contemporáneas están os EUA, México, Arxentina, o Brasil, a India, Rusia, Alemaña ou Venezuela.


A organización política ou estrutura constitucional que caracteriza unha federación coñécese como federalismo.




Índice





  • 1 Federacións e outras formas de estado

    • 1.1 Formas de xurdimento das federacións


    • 1.2 Estados unitarios


    • 1.3 Outras formas de estado

      • 1.3.1 Confederación


      • 1.3.2 Imperio



    • 1.4 Unión Soviética


    • 1.5 Rusia


    • 1.6 Unión Europea



  • 2 Estrutura constitucional

    • 2.1 División de competencias


    • 2.2 Federalismo simétrico e asimétrico


    • 2.3 Órganos de goberno


    • 2.4 Outros termos técnicos



  • 3 O federalismo como filosofía política


  • 4 Debate e conflito interno


  • 5 Lista de Federacións

    • 5.1 Contemporáneas

      • 5.1.1 Denominacións longas



    • 5.2 Desaparecidas



  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Outros artigos


    • 7.2 Ligazóns externas





Federacións e outras formas de estado |




Mapa dos Estados Unidos de América amosando os 50 estados que o compoñen.




Mapa dos Estados Unidos Mexicanos (México) amosando os 31 estados que o compoñen e o Distrito Federal.


As partes que compoñen unha federación coñécense xeralmente co nome de "estados", polo que para diferencialos dos "estados nacionais" adoitan ser denominados "estados federados". Os mencionados estados poden considerarse dotados de certa soberanía, xa que certas competencias estanlle reservadas con exclusión do goberno federal. Porén, unha federación é algo máis que unha mera alianza de estados independentes. Os estados que forman unha federación xeralmente non teñen competencia en asuntos de política exterior, e polo tanto carecen da consideración de independentes baixo o dereito internacional.


Algúns países utilizan nomes distintos (e distintivos) para denominar as súas partes federadas: en Suíza son coñecidos como "cantóns", e no Canadá como "provincias".


As federacións acostuman exhibir unha estrutura administrativa na que dous niveis de goberno exercen as súas facultades sobre unha soa xurisdición, quedando algunhas atribucións reservadas ao goberno federal, outras aos gobernos locais, e un terceiro grupo delas que poden ser concorrentes. Poden darse excepcións, quedando algunhas partes da federación baixo control directo do goberno federal, como ocorre no caso dos 'territorios' autónomos do Canadá e Australia, co Distrito de Columbia dos Estados Unidos así como co Distrito Federal en México. Neste último caso, o goberno federal está dotado de facultades constitucionais especiais en materia de instalación e remoción dalgunhas estruturas do goberno local, o que impide que a entidade sexa un verdadeiro estado federado.


Malia o anteriormente sinalado, non é necesariamente característico dunha federación que exista unha gran rexión central (unha "metrópole") baixo o control directo do goberno federal. Seguindo co exemplo de México, a zona metropolitana da Cidade de México abarca tal extensión que nela concorren un goberno federal, dous gobernos locais, cincuenta e dous municipais e dezaseis administracións delegacionais, diminuíndo a inxerencia do goberno federal na última década fronte ao aumento do poder dos gobernos locais.



Formas de xurdimento das federacións |


Unha federación pode xurdir de varias maneiras, dependendo da orixe das súas partes constituíntes:


Pode nacer, e este é o caso máis frecuente, como resultado dun acordo inicial entre estados independentes que se unen para resolver problemas comúns ou dotarse dunha defensa mutua. Este foi o caso dos Estados Unidos, o Canadá, Australia e Arxentina.


Pode xurdir dun proceso contrario, dun país orixinalmente centralista no que unha reforma constitucional ou un movemento armado logran certo grao de autonomía para distintas rexións. Este é o caso de México.


Pode ser tamén o resultado dunha confederación de estados independentes que deciden estreitar aínda máis os seus lazos. Este é o caso de Suíza, que é unha federación, malia manter a denominación de "confederación" no seu nome oficial (Confederación Helvética). (Ver máis abaixo 'Confederación')


E por último, pode nacer como unha federación de federacións, aínda que este esquema funciona máis como un organismo internacional que como un estado nacional. Este é o caso da Comunidade de Estados Independentes que xurdiu ao desintegrarse a Unión Soviética.



Estados unitarios |




China constitúe un exemplo de federación sen lexislación formal.


Un estado unitario é o que ten un único nivel de goberno nacional centralizado. Porén, os estados unitarios tamén poden contar cunha ou máis rexións que se autogobernen. A diferenza entre unha federación e esta clase de estado unitario é que a autonomía das rexións con autogoberno tan só é tolerada polo goberno central, que a pode reverter unilateralmente.


Mentres que unha federación adoita xurdir por acordo de estados formalmente independentes, nun estado unitario as rexións de autogoberno acostúmanse crear mediante procesos de descentralización, onde un estado previamente centralista concede autonomía a rexións que anteriormente foran totalmente subordinadas. Así as federacións adoitan constituírse de forma voluntaria "de abaixo arriba", mentres que a descentralización transfire o autogoberno ás rexións "de arriba a abaixo".


A filosofía dun estado unitario adoita soster que, á marxe da condición de calquera das súas partes integrantes, todo o seu territorio constitúe unha única entidade de soberanía ou estado-nación e que, en virtude deste feito, o goberno central exerce a dita soberanía por dereito. Por outra parte, nunha federación normalmente considérase que a soberanía en termos prácticos reside nos seus estados integrantes ou é compartida entre estes e a federación.


A distinción entre federación e estado unitario pode resultar ambigua. Un estado unitario pode ter unha aparencia próxima á dunha federación na súa estrutura e, aínda que un goberno central tivese a facultade teórica de revogar a autonomía dunha rexión de autogoberno, levar esa prerrogativa á práctica podería ser dunha extremada dificultade política.




Comunidades autónomas de España.


As rexións de autogoberno dalgúns estados unitarios acostuman desfrutar dunha maior autonomía que os estados dalgunhas federacións. Por estas razóns ás veces mantense a tese de que certos estados unitarios modernos son federacións de facto, xa que non son formalmente federais, namentres que outros os conceptualizan como estados rexionais.


Algúns suxiren que o caso de España é unha federación de facto, xa que concede certo autogoberno ás súas comunidades autónomas, aínda que realmente é un estado unitario. Unha diferenza destacada en todo caso entre un estado federal e un estado rexional/autonómico obsérvase na capacidade constituínte dos estados e na existencia dunha organización completa (lexislativa, executiva, xudicial) dentro dos mesmos a diferenza do Estado rexional/autonómico, onde a norma de organización é estatal (no caso de España, Lei Orgánica) e o poder xudicial é único (Artigo 117 da Constitución Española).


Unha federación de facto levouse a cabo na República Popular China sen lexislación formal. Isto tivo lugar a medida que se acometían transferencias de poder ás provincias, en grande medida informais, para xestionar asuntos económicos e para a implementación das políticas nacionais. Xerouse así un sistema dado a chamar "federalismo de facto con características chinesas".



Outras formas de estado |



Confederación |




A Confederación Helvética e os seus 26 cantóns


Sendo distinta dun estado unitario, unha federación tamén se diferencia dunha confederación. Esta posúe unha estrutura semellante á dunha federación, pero cun goberno central diminuído en relación a un goberno federal.


Unha confederación pode consistir tamén nunha serie de estados que, mentres que en certos aspectos puntuais comparten soberanía temporalmente, son considerados totalmente soberanos e manteñen o dereito a separarse unilateralmente.


É en ocasións unha alianza mínima, pero noutros casos a distinción entre unha federación e unha confederación pode ser ambigua. Como xa se dixo anteriormente, Suíza é formalmente a "Confederación Helvética", pero a súa estrutura é similar á de moitos estados federais.



Imperio |


Un imperio é un estado multiétnico ou un conxunto de nacións cun goberno central establecido mediante a forza. Un imperio con frecuencia posúe rexións de autogoberno, pero estas están dotadas de autonomía só na medida en que é tolerada polo goberno central.


A voz imperio, exceptuando o seu uso en sentido figurado, aplícase normalmente a unha entidade gobernada por un emperador, aínda que o seu papel constitucional sexa simplemente cerimonial. En ocasións un imperio tamén pode consistir en diversos reinos organizados en torno a un "sumo rei" designado emperador.



Unión Soviética |




A Unión Soviética e as súas 15 repúblicas


A constitución da Unión Soviética (URSS), 1922-1991, daba lugar teórico á federación ou confederación "voluntaria" das repúblicas socialistas soviéticas.


Pódese dicir que cada unha estaba gobernada polo seu propio consello supremo e tiña dereito a separarse. De feito, algunhas repúblicas contarían incluso con maior autogoberno.


Porén, na práctica, o sistema de goberno baseado no partido único significou unha enorme centralización real da Unión, dado que as decisións importantes era tomadas polos dirixentes do Partido Comunista en Moscova e simplemente rubricadas polas institucións locais.


Coa chegada da posibilidade de eleccións multipartidistas, nos últimos tempos da URSS, o federalismo teórico da Unión chegou a ser unha realidade na práctica. Isto tivo lugar só de forma pasaxeira durante un breve período, a medida que os gobernos elixidos en moitas repúblicas reclamaban o seu dereito á separación e deviñan estados independentes. Deste modo, o sistema federal de iure desempeñou un papel clave na disolución da Unión.



Rusia |


Existe a teoría de que a Federación Rusa non é unha federación no sentido estrito da palabra. Consiste na rexión metrópole de 'Rusia' e certo número de repúblicas autónomas ou oblasts. A rexión propiamente rusa contén á gran maioría da poboación.


As corenta e unha provincias nas que se divide quedan baixo control directo do goberno nacional en Moscova. As restantes rexións de autogoberno posúen unha escasa autonomía xenuína.



Unión Europea |




A Unión Europea


A Unión Europea (UE) posúe algúns dos atributos dun estado federal, pero o seu goberno central ten moitas menos atribucións que o da maioría das federacións, de modo que se caracteriza como certo tipo de alianza supranacional, confederación ou unión sen precedentes.


En particular os Estados Membros da UE teñen dereito a obrar de forma independente en asuntos de política exterior e defensa, así como a case exclusividade noutros apartados de importancia como a xustiza penal e Facenda.


Os Estados Membros son entidades soberanas e independentes de acordo ó dereito internacional, e con capacidade 'de iure para separarse da Unión.



Estrutura constitucional |



División de competencias |


Nunha federación, a división de poderes entre os gobernos rexionais e o federal está esquematizada na constitución. Así o dereito dos estados compoñentes ao autogoberno adoita estar arraigado constitucionalmente. Os estados de autogoberno xeralmente teñen as súas propias constitucións, que poden modificar se o estiman conveniente, aínda que en caso de conflito normalmente prima o criterio da constitución federal.


En case tódalas federacións o goberno central adxudícase as competencias de política exterior e defensa. Se non se dá este caso non estamos ante un estado soberano único. Á marxe disto, a división exacta de poderes varía dun país a outro. A Constitución dos Estados Unidos establece que toda competencia que non sexa concedida de forma explícita ao goberno federal quedará en mans dos estados da Unión. Por outra parte, a Constitución do Canadá indica o contrario: as competencias non transferidas explicitamente aos gobernos provinciais reverten no goberno central. En Alemaña a división de competencias é máis de administración que de contido: o goberno federal adoita limitarse a emitir directivas ós Länder (autogobernos rexionais), que estes interpretan e implementan con ampla liberdade. Na República Popular China, considerada unha federación de facto, o goberno establece de forma xeral unha política e uns obxectivos económicos, deixando a súa execución en mans dos gobernos provinciais.



Federalismo simétrico e asimétrico |


Fálase de federalismo simétrico cando os distintos estados dunha federación posúen as mesmas competencias. Está baseado na igualdade de competencias para cada entidade rexional, tendo cada territorio os mesmos poderes.


Cando a cada estado se lle conceden distintas competencias ou uns posúen maior grao de autonomía que outros fálase de federalismo asimétrico. Isto sóese levar a cabo cando se trata de recoñecer a existencia dunha cultura diferente en certa rexión ou conglomerado de rexións. O exemplo dunha federación asimétrica é o Canadá, onde Quebec goza de maiores competencias en materia cultural e lingüística.


Non é estraño que durante a evolución histórica dunha federación poida darse unha transferencia gradual de poder desde os estados integrantes cara o centro, adquirindo o goberno federal maiores competencias para facer fronte a hipotéticas circunstancias non previstas. A adquisición de novas competencias por parte do goberno federal pode darse a través de emendas formais á constitución ou mediante unha interpretación xurisprudencial máis ampla das competencias constitucionais xa existentes. Pero de igual modo, o goberno federal pode conceder maiores competencias ós estados integrantes para mellor xestión dos recursos de acordo a cada necesidade, pois desde un goberno federal totalmente centralizado é case imposible coñecer con detalle as necesidades de cada estado que o forma.


Pola contra, en España cada vez as autonomías contan con maiores competencias, cedidas por parte do estado, se ben non tódalas autonomías contan coas mesmas competencias.



Órganos de goberno |


A maioría dos gobernos federais está inscrita dentro de estruturas que incorporan mecanismos para protexer os dereitos dos estados integrantes. Un destes mecanismos, coñecido como federalismo intraestatal, consiste en dar representación directa ós gobernos dos estados integrantes nas institucións políticas federais. Cando unha federación conta cun órgano lexislativo bicameral decotío a cámara alta é a representación dos estados integrantes, en tanto que a cámara baixa representa ó total da cidadanía do estado. Unha cámara alta federal pode basearse nun esquema de igual representación territorial, como no caso do Senado dos Estados Unidos e o de Australia, nos que a cada estado se lle atribúe o mesmo número de representantes, sen ter en conta o seu peso poboacional.


Unha práctica distinta consiste na elección indirecta dos membros da cámara alta por parte dos gobernos ou órganos lexislativos dos estados integrantes, como era caso dos Estados Unidos antes de 1931, ou ser membros ou delegados dos gobernos rexionais, como no caso do Bundesrat alemán. A cámara baixa dun órgano lexislativo federal adoita ser de elección directa, cunha repartición da representación que é proporcional ó peso demográfico de cada rexión, aínda que se pode facer provisión dunha representación mínima por rexión de certo número de escanos.


As federacións normalmente contan con procedementos especiais para a reforma da constitución federal. Isto pode garantir que o autogoberno dos estados integrantes non sexa abolido sen o seu consentimento. Unha emenda á Constitución dos Estados Unidos debe ser ratificada por tres cuartas partes das asembleas lexislativas estatais ou ben por xuntas constituíntes elixidas para a ocasión en cada un dos estados. Nos plebiscitos de reforma constitucional de Australia e Suíza requírese que a proposta non sexa aprobada só por unha maioría da totalidade do electorado do país, senón por maiorías rexionais nunha maioría de estados ou cantóns.


Algunhas constitucións federais establecen que certas reformas non poidan levarse a cabo sen o consentimento unánime de tódolos estados ou dun estado en particular. A Constitución dos Estados Unidos indica que ningún estado pode ser privado sen o seu consentimento dunha representación igual no Senado. En Australia, se se propón unha reforma que afectará especificamente a un ou varios estados, debe ser plebiscitada en cada un deses estados. A Lei Básica alemá especifica a imposibilidade de levar a cabo emendas que supoñan a abolición do sistema federal.



Outros termos técnicos |



  • Federalismo fiscal - federalismo que implica a transferencia de fondos entre diferentes niveis de goberno.


  • Federalismo formal (ou 'federalismo constitucional') – o esquema básico de poderes está trazado na constitución.


  • Federalismo executivo (tamén chamado 'federalismo administrativo').


O federalismo como filosofía política |


O significado de federalismo como movemento político e o que en si constitúe un "federalista", varía co país e o contexto histórico. Os movementos asociados coa instauración ou desenvolvemento de federacións poden ter un carácter tanto centralista como descentralizador. Por exemplo, na época dos nacementos destes países, os "federalistas" en Estados Unidos e Australia eran os que propugnaban a creación de gobernos centrais fortes. De igual modo, na Unión Europea, os federalistas perseguen unha maior integración política. Porén, en España e na Alemaña da posguerra, os movementos pro-federais buscaban a descentralización: a transferencia de poder desde as autoridades centrais cara órganos locais.



Debate e conflito interno |


Certas disputas políticas e constitucionais son inherentes ás federacións. Por exemplo, o repartimento preciso de facultades e responsabilidade entre os gobernos federal e rexional adoita ser unha fonte de disputa. Decotío, como ocorre nos Estados Unidos, tales conflitos son resoltos pola vía xudicial, que delimita as competencias dos gobernos federal e locais. A relación existente entre os tribunais federais e locais é distinta de país en país e pode ser un tema problemático e complexo en si mesmo.


Outro lugar común dos sistemas federais é o conflito entre os intereses nacionais e os rexionais, ou entre os intereses e aspiracións dos distintos grupos étnicos. Nalgunhas federacións existe unha relativa homoxeneidade en todo o seu territorio, sendo cada estado integrante practicamente unha versión en miniatura de todo o conxunto. Isto recibe o nome de federalismo congruente. Por outro lado, o federalismo incongruente ten lugar cando os distintos autogobernos teñen a súa razón de ser en distintos grupos étnicos.


A capacidade dun goberno federal de crear institucións nacionais que poidan arbitrar as diferenzas rexionais debidas a motivos lingüísticos, étnicos, relixiosos ou doutra orde é un reto importante. A incapacidade de dar resposta a este reto pode dar lugar á disgregación de partes da federación ou á guerra civil, como ocorreu nos Estados Unidos e en Suíza. Nalgúns casos, o conflito interno pode carrexar a desaparición da federación, como ocorreu en Nixeria, a Federación de Rodesia e Niasalandia, os Estados Unidos de Centroamérica, a Federación das Indias Occidentais, a Gran Colombia ou a Confederación Perú-boliviana.



Lista de Federacións |



Contemporáneas |


















































































FederaciónSubdivisiónsNúmeroOutras

Alemaña

Estados de Alemaña
16 Bundesländer


Arxentina

Provincias da Arxentina
23 provincias
1 Ciudad Autónoma

Australia

Estados e Territorios de Australia
6 estados
2 territorios

Austria

Estados de Austria
9 Bundesländer


Bosnia e Herzegovina

División política de Bosnia e Herzegovina
2 entidades
1 distrito baixo supervisión internacional

Brasil

Estados do Brasil
26 estados
1 Distrito Federal

Canadá

Provincias e territorios do Canadá
10 provincias
3 territorios

Comores

3 illas


Emiratos Árabes Unidos

Emiratos Árabes Unidos
7 emiratos


Estados Unidos

Estados dos Estados Unidos de América
50 estados, 7 territorios
1 distrito federal

Etiopía

Organización territorial de Etiopía
9 rexións
2 cidades con estatuto

India

Estados e territorios da India
28 estados
7 territorios da unión

Malaisia

Organización territorial de Malaisia
13 estados
3 territorios federais

México

Estados de México
31 estados
1 Distrito Federal

Estados Federados de Micronesia

4 estados


Nixeria

Estados de Nixeria
36 estados
1 territorio

Rusia1

Suxeitos federais de Rusia
49 oblasts, 21 repúblicas, 10 autonomius okrugs, 6 krays
2 cidades federais

Suíza

Cantóns de Suíza
20 cantóns, 6 semi-cantóns


Venezuela

Estados de Venezuela
23 estados, as Dependencias Federais
1 Distrito Capital


Denominacións longas |



  • República federal: Brasil, Alemaña, Nixeria.


  • Federación: Malaisia, Rusia.


  • República: Arxentina, Austria, India.


  • Outros:: República Bolivariana (Venezuela), Confederación (Suíza), Commonwealth (Australia), República Federal Democrática (Etiopía), Estados Federados (Micronesia), República Federativa (Brasil), Unión (Comores), Estados Unidos Mexicanos (México), Emiratos Árabes Unidos (Emiratos Árabes Unidos) Estados Unidos de América (Estados Unidos), Confederación Arxentina (Arxentina), Provincias Unidas do Río da Plata (Arxentina).


  • Ningunha: Bosnia e Hercegovina, o Canadá (anteriormente Dominio).


Desaparecidas |



  • Provincias Unidas de América Central (1823–1840).


  • República Federal de Chile (1826).


  • Confederación Perú-Boliviana (1836–1839).


  • Estados Confederados de América, (1861–1865).


  • Estados Unidos de Colombia, (1863–1886).


  • África Occidental Francesa (1904–1958).


  • Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas2 (1922–1991).


  • República Federal Socialista Iugoslavia3 (1945–1992).


  • Federación de Malaia (1948–1963).


  • Federación de Rodesia e Niasalandia (1953–1963).


  • Federación das Indias Occidentais (1958–1962).


  • Federación Malí (1959–1960).


  • República Federal de Camerún (1961–1972).


  • Federación de Arabia do Sur (1962–1967).


  • Checoslovaquia (1969–1992).


  • Federación de Repúblicas Árabes (1972–1977).


  • República Federal Española (1873-1874).


  • República de Serbia e Montenegro (2003–2006).


  • República da Gran Colombia (1819–1830).


  • Liga dos Pobos Libres (1814-1820).


Notas |




  1. Se Rusia é unha verdadeira federación ou non, aínda é obxecto de debate (véxase apartado sobre "Rusia").

  2. A URSS era unha federación segundo a letra da súa constitución pero ata os seus últimos tempos a finais dos 80 e principios dos 90 o seu goberno estaba fortemente centralizado na práctica (véxase apartado sobre a "Unión Soviética")

  3. A República Federal Socialista de Iugoslavia proclamouse oficialmente en 1963. Anteriormente a esta data o estado comunista iugoslavo chamouse Iugoslavia Federal Democrática en 1945 e República Popular de Iugoslavia en 1946 (véxase República Federal Socialista de Iugoslavia).


Véxase tamén |



Outros artigos |


  • Estado unitario

  • Estado rexional

  • Foederati


Ligazóns externas |



  • Movemento Federalista Mundial (en inglés).


  • Federalismo Mundial (en francés).




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Federación&oldid=4895452"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.372","walltime":"0.557","ppvisitednodes":"value":605,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":38562,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2400,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 404.713 1 -total"," 81.75% 330.839 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 10.53% 42.631 1 Modelo:Fonte_primaria"," 10.16% 41.126 2 Modelo:Ifsubst"," 9.27% 37.533 2 Modelo:Ambox"," 4.50% 18.228 1 Modelo:Política"," 3.51% 14.222 1 Modelo:Navbox"," 1.48% 5.999 1 Modelo:Sen_referencias"," 0.92% 3.713 1 Modelo:Listaref"," 0.66% 2.688 1 Modelo:Táboabonita"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.212","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3449088,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1264","timestamp":"20190415102958","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Federaciu00f3n","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Federaci%C3%B3n","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q43702","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q43702","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-11-02T20:00:30Z","dateModified":"2018-09-04T12:22:04Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/69/Map_of_federal_states.svg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":160,"wgHostname":"mw1330"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020