Skip to main content

Revolución Índice Tipoloxía das revolucións | Revolución Irmandiña | Revolucións | Véxase tamén | Menú de navegacióne42721195232773502144ID4049680-6sh85113507005647468581

ExecutivoLexislativoXudicialParlamentarismoPresidencialismoDemocraciaDitaduraAbsolutismoAutoritarismoRexenciaCidade-estadoColoniaConfederaciónFederaciónImperioPrincipadoProtectoradoReinoRepúblicaElecciónsGolpe de estadoRevoluciónManifestaciónIndependenciaReferendoProtestaRepresiónLobbyChancelerConcelleiroConselleiroDeputadoDitadorEmperadorMinistroPrefectoPresidentePrimeiro ministroReiSenadorEsquerdaDereitaCarlismoComunismoFascismoLiberalismoNeoliberalismoPopulismoSocialdemocraciaSocialismoDemocracia cristiá


Revolucións


latínviolentosordeevolucióntransicióncriserevoltahistoriografíaIdade ModernaIdade ContemporáneamaquinismoluddismoE. P. ThompsonRevolución NeolíticaRevolución UrbanaVere Gordon Childeideoloxíarevolución ideolóxicaarterevolución artísticamodadeportemúsica popularRevolución CulturalChinamaoístarevolución científicaThomas Kuhnrevoltas irmandiñas












Revolución




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




A tomada da Bastilla, o 14 de xullo de 1789 durante a Revolución francesa.


Unha Revolución (do latín revolutio 'dar volta') é un cambio ou transformación radical e profundo respecto ao pasado inmediato. Pódese producir en varios ámbitos ao mesmo tempo, tales como económicos, culturais, relixiosos, políticos, sociais, militares etc. Os cambios revolucionarios, ademais de radicais e profundos, e sobre todo traeren consecuencias transcendentais, han de percibirse como súbitos e violentos, como unha ruptura da orde estabelecida ou unha descontinuidade evidente co estado anterior das cousas. Se non é así, debería falarse mellor dunha evolución, dunha transición ou dunha crise. Se o que falta é o seu carácter transcendental, debería falarse mellor dunha revolta. As revolucións son consecuencia de procesos históricos e de construcións colectivas, para que unha revolución exista é necesario que haxa unha nova unión de intereses fronte a unha vella unión de intereses.
Entón, podemos dicir que revolución é un cambio brusco ou radical nas estruturas, isto pode afectar no social, económico, cultural etc.




Índice





  • 1 Tipoloxía das revolucións


  • 2 Revolución Irmandiña


  • 3 Revolucións


  • 4 Véxase tamén

    • 4.1 Bibliografía





Tipoloxía das revolucións |


Na historiografía fálase xeralmente de tres tipos de revolucións


  • revolución política

  • revolución social

  • revolución económica

Poden valer para exemplificalas as tres grandes revolucións que xorden e se desenvolven entre os séculos XVIII e XIX, marcando a fin da Idade Moderna e o comezo da Idade Contemporánea.


  • A Revolución Francesa foi un movemento fundamentalmente político, porque se trataba de substituír a monarquía absoluta existente ata 1789, para substituíla por un sistema político con características radicalmente opostas, o que permitiu falar dun Antigo Réxime e un Novo Réxime. Desde un punto de vista xeral, pode incluírse a francesa entre as Revolucións Liberais, entendidas como as que aplican a ideoloxía política liberal, e que comezarían coa independencia americana e continuarían en Europa occidental polo menos até 1848.

  • A revolución burguesa entendida como a substitución como clase dominante do estamento privilexiado (formado por nobreza e clero) pola burguesía, co cambio de relacións, comportamentos, actitudes e valores sociais que se identifican cunha ou outra; permite falar dunha nova sociedade de clases. Porén, a historiografía adoita utilizar máis comunmente o termo Revolucións burguesas para referirse, até no seu aspecto estritamente político (a pesar da impropiedade), ás que chamamos revolucións liberais, é dicir, a todos os procesos revolucionarios (como a mesma Revolución Francesa) nos que esta clase social é impulsora.

  • A Revolución Industrial ten un carácter esencialmente económico, a transformación respecto da época precedente (a preindustrial) co uso de novas técnicas, fontes de enerxía, invención de maquinarias, innovadores medios de transporte, aumento da capacidade produtiva coa substitución dos talleres artesanais polas fábricas etc

É necesario indicar que estes dous últimos procesos, a pesar de seren de duración secular, foron claramente percibidos polos seus contemporáneos como súbitos e violentos, como o proban, entre outros extremos, a resistencia e os conflitos que xerou a aparición do maquinismo (a destrución de máquinas ou luddismo). É de imposíbel solución o debate (no que pode destacarse o achegue de E. P. Thompson) sobre se a revolución industrial inglesa custou máis mortes e sufrimentos que a revolución liberal francesa.


Xustificado este uso, enténdese que por extensión se aplique o termo revolución á Revolución Neolítica e a Revolución Urbana (definidos por Vere Gordon Childe), procesos xa non seculares mais milenarios, pero que presentan claras analoxías cos do XVIII e XIX en canto á transformación radical (e sen dúbida violenta) das formas de vida da humanidade.


Non se esgota a tipoloxía das revolucións con estes tres tipos. Fálase de revolucións en calquera ámbito, até nos máis afastados dos usos anteriores, como sería o ámbito da ideoloxía (revolución ideolóxica) ou o da arte (revolución artística). Ás veces esa extensión faise con evidente abuso do termo (cando se aplica á moda, ao deporte, á última novidade da música popular...), e ás veces está plenamente xustificada (Revolución Cultural na China maoísta) ou o concepto de revolución científica (Thomas Kuhn).



Revolución Irmandiña |


Aínda que a aplicación do termo revolución a estes sucesos é moi discutida, na historiografía galega o feito máis importante deste tipo é o conxunto de revoltas irmandiñas, que se ben vistos desde hoxe non teñen algunhas das características dunha revolución e o seu obxectivo era máis unha restauración de dereitos que un cambio radical, si foron vistas polos seus protagonistas e por moitos galegos desde entón como unha revolución.



Revolucións |




































































































































































NomePeríodoDescrición

Revolucións liberais
BurguesaRevolucións inspiradas na Ilustración. Ascensión das burguesías en Europa e América.
Inglesa
1642-63
Guerra entre o Parlamento e o Rei. Execución de Carlos I e formación dun protectorado republicano.
Gloriosa
1688-89

Jacobo II de Inglaterra é derrocado. Establécese unha monarquía constitucional controlada polo Whig.
Estadounidense1776Institúe a independencia de Inglaterra coa creación dunha república.
Francesa
1789-99
Unha das revolucións máis influentes, asociada coa ascensión da burguesía.
De maio
1810-20

Arxentina independizouse (de feito en 1810 e de dereito en 1816) dos reis Borbóns de España.
De xullo1830
Carlos X de Francia abandona o poder, sendo substituído por Luís Felipe.
Belga1830Fallada revolución. Consolídase o reino belga.
De 18481848Vaga de revolucións liberais e republicanas erradas en toda Europa.
Rusa1905Fallada revolución burguesa-liberal con socialistas contra o Tsar Nicolás II.
Mexicana1910Derrocamento do ditador Porfirio Díaz, chegada ao poder de Francisco I. Madero.
Xinhai1911Desbaratamento do goberno da dinastía Qing e creación da República de China.
Alemá1918Instauración da República de Weimar por unha revolución obreira contra o káiser.
Alxeriana
1954-62
Guerra revolucionaria de independencia colonial contra Francia.
Maio francés1968Revoltas estudantís e de traballadores contra o goberno de Charles de Gaulle.
Dos Caraveis1974Derrocamento da ditadura conservadora pola esquerda portuguesa.
Indonesa1998Caída do ditador Suharto.
Serbia2000Derrota de Slobodan Milosevic, novo presidente e gobernos democráticos.
Revolucións socialistas
Española1936Resposta ao golpe de estado do 18 de xullo de 1936 contra a legalidade republicana. O seu carácter foi en gran parte libertario.
Alemá1919Fracasada revolución en Alemaña de Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht.
Sandinista1979Popular derrocamento en Nicaragua da ditadura de Somoza por un movemento campesiño.
Bolivariana1999Cambio político económico e social impulsado por Hugo Chávez en Venezuela, comezado desde o seu acceso ao goberno. A revolución está baseada, no ideario do libertador Simón Bolívar.

Revolucións anti-soviéticas
Húngara1956Revolución de labregos e obreiros contra o goberno comunista, suprimida polas tropas soviéticas.
De veludo1989Desbaratamento pacífico do goberno comunista na desaparecida Checoslovaquia.
Cantada1988Derrocamento pacífico do goberno comunista en Estonia.

Revolucións marxista-leninistas
Rusa1917A máis influente revolución moderna, os bolxeviques conseguen o poder e forman a URSS.
Húngara1919Tras o final da Primeira Guerra Mundial, estabelécese a República Soviética Húngara.
Mongola1920
Norcoreana1948Estabelécese un réxime comunista.
China1949Vitoria da rebelión campesiña comunista de Mao Zedong, nace a República Popular China.
Cultural
1966-76
Movemento maoísta na República Popular China.
Norvietnamita1954
Ho Chi Minh estabelece un Estado socialista.
Iraquí1958
Karim Qasim tomou o poder tras un golpe de estado.
Cubana1959Revolución contra o ditador Fulgencio Batista. Vitoria do goberno revolucionario de Fidel Castro.
Congolesa1964
Suriemení1967Establécese unha República Popular de orientación marxista.
Libia1969
Gaddafi estabelece un estado Popular e Socialista.
Somalí1969
Beninesa1972
Etíope1974
Guineana1974
Cambodiana1975Estabelécese a Kampuchea Democrática.
Survietnamita1975
Laosiana1975
Malgache1975Un golpe de estado puxo o goberno en poder de Didier Ratsiraka.
Caboverdiana1975
Mozambicana1975O FRELIMO consegue a independencia do país.
Angoleña1975Conséguese a independencia. O MPLA toma o poder.
Afgá1978
Granadina1979
Maurice Bishop estabelece un goberno Marxista-Leninista.
Burkinesa1983
Revolucións islámicas
Iraniana1979Derrota popular do Sah de Irán, conformándose unha república islámica.
Talibán1996Movemento extremista islámico en Afganistán.


Véxase tamén |



Bibliografía |


  • Hobsbawm, Eric J. Las revoluciones burguesas (The Age of Revolution) 1987 Barcelona: Labor ISBN 84335298781

  • Arendt, Hannah Sobre la revolución (On Revolution) 1967, 1998 Revista de Occidente, Alianza Editorial ISBN 84-206-5806-5




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Revolución&oldid=4544162"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.316","walltime":"0.456","ppvisitednodes":"value":442,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":28405,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":0,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":4,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 348.841 1 -total"," 86.71% 302.478 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 7.69% 26.842 1 Modelo:Sen_notas"," 7.07% 24.661 1 Modelo:Ambox"," 4.90% 17.105 1 Modelo:Política"," 3.82% 13.325 1 Modelo:Navbox"," 0.59% 2.063 1 Modelo:Táboabonita"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.197","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3042539,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1266","timestamp":"20190505133738","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Revoluciu00f3n","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q10931","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q10931","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-06-26T15:30:10Z","dateModified":"2017-11-07T13:54:15Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/4e/Prise_de_la_Bastille.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":615,"wgHostname":"mw1266"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020