Isaac Díaz Pardo Índice Traxectoria | Recoñecementos | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Falece Isaac Díaz Pardo""Fallece a los 91 años el galleguista Isaac Díaz Pardo""Falece o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo""Entrevista a Isaac Díaz Pardo"Díaz Pardo, o home máis querido de GaliciaArquivado"Falece Carmen Arias 'Mimina', viúva de Díaz Pardo e impulsora de Sargadelos""El Gobierno concede la medalla al trabajo a Isaac Díaz Pardo""Xunta e Foro Enrique Peinador homenaxean a Díaz Pardo con motivo do Día da Galeguidade Empresarial"Isaac Díaz Pardo: fondos Novagalicia Banco e NovacaixagaliciaIsaac Díaz PardoBiblioteca Virtual Galega"Roteiro compostelán de Isaac Díaz Pardo"MCN BiografíasIsaac Díaz PardoeWorldCat95917826XX846562144687405209930000 0001 1478 0667n80159293070125988500037584
CastelaoXoán Carlos IAntonio Rosón PérezCentro Gallego de Buenos AiresXulio Prieto NespereiraXoán Paulo IIMário SoaresLuis Alberto LacalleCarlos MenemJuan Carlos WasmosyUniversidade de Santiago de CompostelaAgrupación Táctica GaliciaJorge SampaioMuseo de PontevedraCitroën Hispania, S.A.Julio María SanguinettiÁlvaro ArzúFernando Henrique CardosoAntonio María Rouco VarelaEsperidião Amin HelouAndrew Willoughby Ninian BertiePaulo CoelhoMiguel Ángel Rodríguez EcheverríaÁngelo Sodano
Pintores de Galicia do século XXEscritores de Galicia en lingua casteláEscritores de Galicia en lingua galegaMedalla de Ouro de GaliciaPremio Otero PedrayoNados en Santiago de CompostelaPedrón de OuroPersonalidades da empresa de GaliciaNados en 1920Finados en 2012Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de CompostelaDoutores honoris causa pola Universidade da CoruñaEnciclopedistas de GaliciaMedalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
Santiago de Compostela22 de agosto1920Coruña5 de xaneiro2012galeguistaCamilo Díaz BaliñoIrmandades da FalaGuerra civil españolaSantiago de CompostelaCoruña19391942Escola de Belas Artes de San FernandoMadrid19411942ItaliaEscola Superior de Belas Artes de Sant Jordi de BarcelonaEspañaEuropaAméricaCoruñapintura1948cultura galegahistoria de Galiciaartes plásticascerámicaCerámicas do CastroCastro de SamoedoSadaArxentinagaleguistasLuís SeoaneLaboratorio de FormasCerámica de SargadelosMuseo Carlos MasideInstituto Galego de InformaciónEdiciós do CastroSeminario de Estudos Galegosmemoria históricaGrupo SargadelosLuis SeoaneBuenos AiresCelso Emilio Ferreiro20095 de xaneiro2012Carme Arias de Castro MonteroPedrón de Ouro19761988Doutor Honoris CausaUniversidade de Santiago de CompostelaUniversidade da CoruñaPremio TrasalbaFundación Otero PedrayoPatronato da Cultura Galega de MontevideoPremio San Martiño de normalización lingüísticaPremio das Artes e das Letras de GaliciaMedalla de Ouro de Galicia20072007Foro Enrique Peinador
Isaac Díaz Pardo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
| Isaac Díaz Pardo | |
|---|---|
diante do seu autorretrato, durante a preparación da súa exposición na Casa da Parra no ano 2011. | |
| Nacemento | 22 de agosto de 1920 |
| Santiago de Compostela | |
| Falecemento | 5 de xaneiro de 2012 |
| A Coruña | |
| Soterrado | Cemiterio de Boisaca |
| Nacionalidade | España |
| Ocupación | deseñador, pintor e empresario |
| Pai | Camilo Díaz Baliño |
| Cónxuxe | Carmen Arias |
| Xéneros | Ensaio, teatro |
| Coñecido/a por | Monumento aos fusilados na guerra civil |
| Premios | doutor honoris causa pola Universidade da Coruña e Premio Laxeiro |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012[1], foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.[2]
Índice
1 Traxectoria
2 Recoñecementos
3 Galería de imaxes
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Bibliografía
5.2 Ligazóns externas
Traxectoria |
Fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño[3] e de Antonia Pardo Méndez, na súa casa tiñan lugar xuntanzas diversas relacionadas coas Irmandades da Fala. O seu pai foi asasinado cos primeiros movementos da Guerra civil española, o que fixo que Isaac tivera que agocharse ata poder saír de Santiago de Compostela. Pasou logo a traballar como rotulador na Coruña.
Isaac de neno, co pai, en 1925.
A súa condición de supervivente marcou a súa vida cunha misión: lembrar os mortos e levar a cabo os soños polos que os mataron.[2]
Despois da guerra, cursou entre 1939 e 1942 estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando (Madrid).[3] A partir de aí, comezou a súa participación pública en diversas experiencias pioneiras como en 1941 participou na primeira experiencia española sobre deseño industrial, e en 1942 unha viaxe de estudos en Italia. Pasou logo a ter unha praza de profesor na Escola Superior de Belas Artes de Sant Jordi de Barcelona e comezou as exposicións en España e no estranxeiro (Europa e América).
Ao seu regreso inicia, cunha exposición na Coruña, unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial que visaba, por un lado, a modernización e internacionalización da cultura galega e, por outro, a rexeneración da desartellada historia de Galicia.[3][4]
Deste xeito abandonou as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada) (onde o nomearían fillo predilecto),[3] o que repite na Arxentina, onde pasaría trece anos e construiría xunto con outros destacados galeguistas como Luís Seoane o Laboratorio de Formas,[5] precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Información, a editorial Ediciós do Castro, o Seminario de Estudos Galegos etc.
Indicador no complexo de Cerámicas do Castro, Sada
Das institucións que este colectivo creou para recuperar a memoria histórica, sería a dirección e administración do Grupo Sargadelos a faceta máis coñecida do intelectual galeguista e a que marcaría os seus derradeiros anos e o seu último fracaso, xa que foi apartado da dirección e da administración do grupo.[5]
Como escritor deixou ensaios sobre arte, economía, historia, tales como Galicia hoy y el resto del mundo (xunto con Luis Seoane), Presencias galegas na arte dos nosos días, así como obras de teatro: Midas. O ángulo de pedra (volume publicado en Buenos Aires en 1958) tamén carteis de cego coma Paco Pixiñas (con Celso Emilio Ferreiro), El Marqués de Sargadelos ou Castelao, ademais dunha morea de artigos en xornais como La Voz de Galicia (onde colaboraría até o 2009).[3] e recopilados no volume Crónicas inconformistas
Morreu o 5 de xaneiro do 2012 aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña.
Estivo casado con Carme Arias de Castro Montero[6], con quen tivo tres fillos, Camilo, Xosé e Rosendo.
Recoñecementos |
Ao longo da súa vida recibiu moitas distincións e recoñecementos, coma o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedraio das Deputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991), Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela (1992) e da Universidade da Coruña (2007), Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), a Vieira de Prata do Patronato da Cultura Galega de Montevideo (1995), Premio San Martiño de normalización lingüística (1998), Premio das Artes e das Letras de Galicia (2003), a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla ao Traballo[7] (2007), o Premio Laxeiro (2007), entre moitos outros.[3]
En 2019 homenaxeouno a Xunta e o Foro Enrique Peinador no Día da Galeguidade Empresarial cunha placa e un busto en Pontevedra.[8]
Galería de imaxes |
- Artigo principal: Galería de imaxes de Isaac Díaz Pardo.
|
Notas |
↑ "Falece Isaac Díaz Pardo". Cultura galega. 5 de xaneiro de 2012.
↑ 2,02,1 "Fallece a los 91 años el galleguista Isaac Díaz Pardo". El País (en castelán). 5 de xaneiro de 2012. .
↑ 3,03,13,23,33,43,5 "Falece o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo". La Voz de Galicia. 5 de xaneiro de 2012.
↑ Diéguez, Uxío Breogán (2006). "Entrevista a Isaac Díaz Pardo". Murguía.
↑ 5,05,1 Díaz Pardo, o home máis querido de Galicia Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. De Luns a Venres, 5 de xaneiro de 2012.
↑ "Falece Carmen Arias 'Mimina', viúva de Díaz Pardo e impulsora de Sargadelos". Praza Pública. 2 de novembro de 2013.
↑ "El Gobierno concede la medalla al trabajo a Isaac Díaz Pardo". La Opinión (en castelán). 7 de decembro de 2007. .
↑ "Xunta e Foro Enrique Peinador homenaxean a Díaz Pardo con motivo do Día da Galeguidade Empresarial". O Portal da Lingua Galega. 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 1 de febreiro de 2019.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isaac Díaz Pardo |
Bibliografía |
A luminosa mirada dos ollos de Isaac. Edición e prólogo de X. R. Fandiño. Cadernos Ramón Piñeiro XXIV. Xunta de Galicia, 2012. 206 p. ISBN 978-84-453-5068-3.- Diáspora :10 artistas galegos no exilio latinoamericano, 1930-1970 = 10 artistas gallegos en el exilio latinoamericano, 1930-1970 : Ángel Botello, Alfonso R. Castelao, Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Eugenio Granell, Maruja Mallo, Luis Seoane, Arturo Souto, José Suárez, Carlos Velo. Vigo: Fundación MARCO; A Coruña : Fundación Luis Seoane, 2005, ISBN 84-609-5108-1; 221 p.
- Fandiño Veiga, Xosé Ramón. Isaac Díaz Pardo : a patria enteira na memoria. Vigo: Ir Indo, 2008. 64 p.
- Fernández Martínez, Luciano. O Romance de cego O marqués de Sargadelos, de Isaac Díaz Pardo. En: Comentarios de textos populares e de masas. Vigo: Xerais, 1994. P 79-116.
- Isaac Díaz Pardo: creación e compromiso na Galicia do século XX / [editores, Xosé Díaz Ariasde Castro, Guillermo Escrigas ; coordinación Carolina Díaz ; introdución Ramón Villares]. A Coruña: Deputación Provincial, 2006. ISBN 84-9812-0489.
Isaac Díaz Pardo: fondos Novagalicia Banco e Novacaixagalicia: [catálogo da exposición] / [textos, Xosé Díaz, Rosario Sarmiento, Isaac Díaz Pardo]. (Galicia): Novagalicia, 2012. P.73. ISBN 978-84-96982-55-0.- Diéguez, Uxío Breogán. Entrevista a Isaac Díaz Pardo. Murguía (8 de xaneiro 2012).
- Romero, Daniel e Rúa, Manuel. Isaac Díaz Pardo pronunciando un discurso que ninguén entende. Galicia S.L. / (Entrevistas) 1º ed. Vigo: Xerais, 1995, pp. 107–145.
Ligazóns externas |
Isaac Díaz Pardo na Colección Afundación.- Biblioteca Virtual Galega
Mariño, Esperanza: "Roteiro compostelán de Isaac Díaz Pardo" Academia Real Isaac Díaz Pardo.
Rivera de la Cruz, Marta: MCN Biografías Enciclopedia Universal Micronet (en castelán).
Isaac Díaz Pardo na Fundación María José Jove (en castelán).
| ||||||||||||||
|
Categorías:
- Pintores de Galicia do século XX
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Medalla de Ouro de Galicia
- Premio Otero Pedrayo
- Nados en Santiago de Compostela
- Pedrón de Ouro
- Personalidades da empresa de Galicia
- Nados en 1920
- Finados en 2012
- Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela
- Doutores honoris causa pola Universidade da Coruña
- Enciclopedistas de Galicia
- Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.732","walltime":"1.016","ppvisitednodes":"value":3725,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":48168,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1164,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":10353,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 885.630 1 -total"," 40.56% 359.212 1 Modelo:Biografía"," 39.57% 350.410 1 Modelo:Infobox"," 33.96% 300.750 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 31.10% 275.409 27 Modelo:Propiedade"," 12.01% 106.331 1 Modelo:Listaref"," 5.18% 45.899 1 Modelo:Cita_web"," 3.42% 30.251 5 Modelo:Cita_novas"," 2.94% 26.056 1 Modelo:Commonscat"," 2.85% 25.200 2 Modelo:Se_é_muller"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.448","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4882988,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1309","timestamp":"20190514183138","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Isaac Du00edaz Pardo","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Isaac_D%C3%ADaz_Pardo","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3327706","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3327706","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-08-03T13:35:54Z","dateModified":"2019-04-07T22:19:42Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/2c/10_diaz-pardo_0286.jpg","headline":"artista e intelectual galego"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":142,"wgHostname":"mw1255"););