Skip to main content

Ponteareas Índice Topónimo | Historia | Poboación | Situación xeográfica | Goberno e política | Patrimonio | Música | Festas e celebracións | Sendeirismo | Ponteareas na literatura popular | Galería de imaxes | Parroquias | Lugares de Ponteareas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación42°10′31″N 08°30′18″O / 42.17528, -8.50500eResultado eleccións 2019"Evolución do uso do galego por concellos""callaecia: parrochiale%20suevum"Ponteareas pendente dun pacto de gobernoAtención especial aos oito concellos onde houbo moción de censura nesta lexislaturaEleccións municipais de 2003Eleccións municipais de 2007"Galicia Máxica""Inventario de Xacementos Arqueolóxicos""Galicia: el Dorado de Roma""El IEM descubre quince minas de oro inéditas en la Serra da Groba""Pasacorredoiras de Ponteareas""Muiñeira de Ponteareas — Folkoteca Galega""Muiñeira de Oliveira — Folkoteca Galega""Pasodoble de Guláns — Folkoteca Galega""Jota de Fontenla — Folkoteca Galega"Páxina oficial do Concello de PonteareasRuta sendeirista homologada: PR-G 120 Roteiro dos Penedos da Picaraña - SEGATUReeWorldCat57314542460838683043814424262w3112761345984

AgoladaArboBaionaBarroBueuCaldas de ReisCambadosCampo LameiroCangasA CañizaCatoiraCerdedo-CotobadeCoveloCrecenteCuntisDozónA EstradaForcareiFornelos de MontesGondomarO GroveA GuardaA Illa de ArousaLalínA LamaMarínMeañoMeisMoañaMondarizMondariz-BalnearioMorañaMosAs NevesNigránOiaPazos de BorbénPoioPonte CaldelasPonteareasPontecesuresPontevedraO PorriñoPortasRedondelaRibadumiaRodeiroO RosalSalceda de CaselasSalvaterra de MiñoSanxenxoSilledaSoutomaiorTomiñoTuiValgaVigoVila de CrucesVilaboaVilagarcía de ArousaVilanova de Arousa


Ponteareas


provincia de Pontevedracomarca do CondadoIGEponte dos Remediosreino de Galiciaprovincia de Tui1835provincia de Pontevedracomarca do CondadoPazos de BorbénMondarizMondariz-BalnearioAs NevesSalvaterra de MiñoSalceda de CaselasMosO PorriñoMosN-120A-52VigoPontevedraOurensePortugalXosé Represas GiráldezSalvador González SollaPartido PopularUnión Condado ParadantaNava Castroxuño de 2007PPBloque Nacionalista GalegoRoberto MeraPartido Socialista Obrero EspañolFrancisco Candeira2004Unión Condado ParadantaSalvador González SollaFrancisco CandeiraJosé CastroPPUCPPPBNGUCPPSOEReveriano SoutulloSonDaRúaSkandalo GZRebeliom do InframundoGHZChico LópezDuke SamCorpus Christi2009SerraArcosCastro de TroñaConvento de CanedoAngoares (San Pedro)Arcos (San Breixo)Areas (Santa María)
Arnoso (San Lourenzo)Bugarín (Santa Cristina)Celeiros (San Fins)Cristiñade (San Salvador)Cumiar (Santo Estevo)Fontenla (San Mamede)Fozara (San Bartolomeu)Guillade (San Miguel)Guláns (San Xulián)Moreira (San Martiño)Nogueira (San Salvador)Oliveira (Santiago)Padróns (San Salvador)Paredes (San Cibrán)Pías (Santa Mariña)Ponteareas (San Miguel)
Prado (San Nicolao)Ribadetea (San Xurxo)San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo)San Mateo de Oliveira (San Mateo)Xinzo (Santa Mariña)Lugares de Ponteareas












Ponteareas




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Coordenadas: 42°10′31″N 08°30′18″O / 42.17528, -8.50500
























Ponteareas

Bandeira de Ponteareas---Escudo de Ponteareas

Casa consistorial de Ponteareas.jpg
Casa do concello.

Situacion Ponteareas.PNG
Situación

Xentilicio[1]
ponteareán
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Condado
Poboación22.854 hab. (2018)
Área125,6 km²
Densidade181,96 hab./km²
Entidades de poboación24 parroquias
Capital do concelloPonteareas
Política (2019[2])
Alcalde
Xosé Represas Giráldez (BNG)
Concelleiros
BNG: 9
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: ACIP - 4
Eleccións municipais en Ponteareas
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes40,47%
Na rede
http://ponteareas.gal/

Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.




Índice





  • 1 Topónimo


  • 2 Historia


  • 3 Poboación


  • 4 Situación xeográfica


  • 5 Goberno e política


  • 6 Patrimonio


  • 7 Música


  • 8 Festas e celebracións


  • 9 Sendeirismo


  • 10 Ponteareas na literatura popular


  • 11 Galería de imaxes


  • 12 Parroquias


  • 13 Lugares de Ponteareas


  • 14 Notas


  • 15 Véxase tamén

    • 15.1 Ligazóns externas





Topónimo |


O topónimo actual Ponteareas é o resultado da fusión do nome composto Ponte de Areas e as súas variantes dos séculos XV-XIX que tendían a fusionar e logo eliminar a preposición "de". Toma o seu primeiro nome da medieval ponte dos Remedios. Cruza o río Tea continuando un antigo camiño que comunica coas parroquias veciñas, da que procede o segundo nome: Areas. Esta foi identificada por algún autor[4] como a "Aureas" recollida en latín no Parrochiale Sueuum[5] do s. VI, que é unha simple listaxe da cal é difícil extraer a súa correspondencia cos topónimos actuais. No s. IX, o rei Afonso III anótaa tamén en latín como "Sancta Maria (...) Arenosium" e anotado a marxe "sancta maria de arenis"[6], moito antes da aparición da poboación de Ponteareas. Así, o significado da partícula que deu lugar a Areas é incerto aínda só consideranto o latín (areas, áureas, áreas coas súas distintas acepcións etimolóxicas) e á súa vez confúndese na historia coa veciña Arnoso (San Lourenzo) o cal leva máis tarde a propoñer unha raíz prerromana hidronímica en arn-[7] que completa as hipóteses consideradas (o culto ao Ares grego foi presentada tamén como unha posible etimoloxía hai décadas, mais logo foi lateralizada[4]).



Historia |


O territorio que hoxe delimita o concello de Ponteareas ofrece restos de antigas poboacións, como petróglifos da Idade de Bronce e castros da Idade de Ferro, dos cales o escavado e mellor estudado é o Castro de Troña, que se estima estivo habitado desde arredor do 450 a.C. e abandoouse no I d.C. A romanización deixou unha impronta probablemente en forma de minería aurífera, como indican algúns sitios aínda en investigación.


Da Alta Idade Media, na herdanza sueva rexístrase o nome de Áureas (adaptado do latín) na diocese de Tui, atribuída hipoteticamente á parroquia de "Áreas" (sic.)[6] e outras localidades amosan un nome de orixe sueva ou gótica coma Guláns e Guillade[8]. No ano 893, mentres avanzaba a Reconquista en Portugal, Afonso III ofrece as terras de Areas e a súa Igrexa de Santa María ao poderoso padrón Santiago ("donamus glorie uestre pro victu fratrum in loco uestro degentium et sustentatione pauperum seu peregrinorum adueniencium uel ibi conmorancium ecclesiam sce. Marie nobis iure debita que est fundata in uilla quam dicunt Arenosium [engadido á marxe "De sancta maria de arenis"] juxta fluuium Tena [río Tea] secus ripam Minei,..."[6]). No século XI constrúese o castelo de Sobroso en Vilasobroso (Mondariz) que limita con Ponteareas e na Baixa Idade Media acolleu a distintas casas nobiliarias como Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga) e Diego Sarmiento, dinastía que serían os señores do Couto de Canedo e finalmente en 1483 recibe de Fernando I a concesión dun mercado mensual que dará orixe á vila de Ponteareas.


Ata 1833, conserva a organización herdada do antigo reino de Galicia, pertencendo a vila á xurisdicción de Ribadetea e á provincia de Tui. Trala reforma liberal Ponteareas constituíuse como concello xa enmarcado na actual provincia de Pontevedra. As súas parroquias integrábanse daquela nas xurisdicións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra.


Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Ponteareas, Guláns e Areas. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do Partido xudicial de Ponteareas, créanse o concello de Ponteareas, xunto cos de Mondariz, Setados (As Neves) e Salvaterra. Dende 1835 permanece inalterable na súa estrutura e delimitación xeográfica.



Poboación |











Censo total (habitantes)
23.115 (2014)

Menores de 15 anos
3.992 (17.27 %)

Entre 15 e 64 anos
15.330 (66.32 %)

Maiores de 65 anos
3.793 (16.41 %)



Situación xeográfica |


Ponteareas ten unha superficie de 125,56 km². Conta con 220 entidades de poboación repartidas en 24 parroquias. Sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda ó norte con Pazos de Borbén, ó leste con Mondariz, Mondariz-Balneario e As Neves, ó sur con Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, e ó oeste con Mos e O Porriño e Mos.


Dada a súa localización, conta con dúas vías de comunicación importantes como son a estrada N-120 e a autovía A-52, conectando a vila cos centros máis importantes do seu redor: Vigo a 25 km, Pontevedra a 45, Ourense a 75 e Portugal a 12.



Goberno e política |



Artigo principal: Eleccións municipais en Ponteareas.



Vista xeral de Ponteareas.


Nas eleccións municipais de 2015, converteuse en alcalde do concello de Ponteareas Xosé Represas Giráldez (BNG) despois de negociar e entrar en coalición co PSdeG-PSOE e A Riada do Tea (ARDT), conseguindo o voto favorable de 11 concelleiros (incluíndo un de EU-SON), fronte aos 10 desfavorables de PPdeG e ACiP.


En 2011 renovou alcaldía Salvador González (PPdeG) en minoría co apoio dos concelleiros dun novo partido: Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP), que non entraron no goberno.


En 2007 renovou a alcaldía Salvador González Solla, do Partido Popular, quen gobernou en coalición coa Unión Condado Paradanta de Nava Castro tralas eleccións de xuño de 2007. Os partidos políticos máis relevantes no ámbito local, ademais do PP, son o Bloque Nacionalista Galego, a lista máis votada, cuxo actual portavoz no pleno é Roberto Mera, e o Partido Socialista Obrero Español con Francisco Candeira.


En maio de 2004, os cinco concelleiros do PP e os cinco de Unión Condado Paradanta mediante unha moción de censura déronlle a alcaldía de Ponteareas ao popular Salvador González Solla, quitándolle o mando ao socialista Francisco Candeira, quen lle puxera fin aos 35 anos de goberno do popular José Castro[9] ao gobernar co apoio de dous concelleiros do seu partido e cinco do BNG.[10]


A xunta de goberno, presidida polo alcalde, está composta actualmente polos 6 concelleiros do PP e os 5 de UCP. A corporación municipal está formada por 21 membros, 6 do PP, 6 do BNG, 5 de UCP e 4 do PSOE.

























Elecciones municipais, 25 de maio de 2003[11]

Partido

Votos

%

Concelleiros

UCPA
3.359
28,58 %
5

PP
3.131
26,64 %
5

BNG
3.255
27,70 %
5

PSOE
1.432
12,19 %
2
  • Alcalde electo: Francisco de Asís Candeira Mosquera (PSdG-PSOE).

  • Tras unha moción de censura o 13 de maio do 2004 toma posesión como alcalde Salvador González Solla do PPdeG co apoio dos votos dos concelleiros de UCPA.






















Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[12]

Partido

Votos

%

Concelleiros

BNG
3.584
28,22 %
6

PP
3.319
26,14 %
6

UCPA
2.898
22,82 %
5

PSOE
2.352
18,53 %
4
  • Alcalde electo: Salvador González Solla (PPdeG).


Patrimonio |




Pena do equilibrio.



  • Castro de Troña, é un dos principais enclaves da cultura castrexa de Galicia, destacando polo seu privilexiado enclave e as súas importantes defensas. Nunha das súas vivendas conserva un petróglifo que representa unha serpe enroscada a xeito heráldico, símbolo do castro coñecido de antigo que inspirou varias lendas.[13]


  • Sitio arqueolóxico do "Castro da Croa", sucesión de foxos á beira do río Tea insuficientemente estudados, aos que se lle asignou a función defensiva dun castro ou fortificación da idade de ferro, pero logo relacionouse cunha posible explotación aurífera[14], de confirmarse a hipótese, sería un bo representante das que se están a descubrir nesta década na conca do Miño[15][16].


  • Ponte dos Remedios, ponte medieval mal chamada Ponte romana, que segundo algúns estudos é a que lle dá nome á vila.


  • Ponte das Partidas, ponte medieval ao sur da vila sobre o río Tea na parroquia de Moreira, de orixe romana.


  • Pena dos namorados, situada na parroquia de Arcos forma parte dun conxunto natural de restos de bólas graníticas que ben merecen ser coñecidas.


  • Pena do equilibrio, forma parte do conxunto de bólas graníticas ás que tamén pertence a "pena dos namorados". Destaca por ser un enorme penedo situado enriba doutro en pleno equilibrio sen apoio de ningún tipo.

  • Igrexas románicas:

    • Igrexa de San Pedro de Angoares.


    • Igrexa de Santo Estevo de Cumiar.


    • Igrexa de San Salvador de Padróns.



  • Castelo de Sobroso, situado no outeiro de Landín, dentro do distrito natural da Entidade Local Menor de Vilasobroso territorio orixinario do antigo Señorio de Sobroso, hoxe forma parte do veciño concello de Mondariz; dista sete quilómetros da Vila de Ponteareas, é unha propiedade mercada polo Concello de Ponteareas en Vilasobroso, no ano 1981 a Zita Teresa Carrera Ferreira, única herdeira de Alejo Carrera Muñoz,periodista veciño e natural de Vilasobroso, seu propietario dende 1923 a 1967 quen o restaurou -sen axuda do Estado- Destaca pola súa arquitectura medieval: ten muralla externa, estancias e torre da homenaxe. Foi escenario dos enfrontamentos entre Diego Sarmiento e Pedro Madruga ademais da revolta irmandiña no século XV.Ten unhas impresionantes vistas sobre o seu propio pobo -Vilasobroso- e máis de cincuenta pobos de Galicia ata a fronteira de Portugal. Hoxe as súas estancias albergan o Centro de Recuperación de Cultura Popular, cunha exposición permanente sobre indumentaria tradicional de grande interese.

  • O convento franciscano de San Diego de Canedo é un complexo monástico relativamente moderno, construído no século XVIII a raíz da doazón do pazo de Canedo por parte de Diego Sarmiento de Soutomaior aos franciscanos que viron o seu orixinal convento destruído un século antes na guerra con Portugal.


Música |


A tradición musical popular ten unha boa representación neste concello, con dúas pezas tradicionais que levan o seu nome: un pasacalles[17] e unha muiñeira[18], así como muiñeiras doutras parroquias, como a de Santiago de Oliveira[19], e outras pezas coma o pasodobre de Guláns[20] ou a jota de Fontenla[21]. Seguen a cultivar esta tradición, entre outros, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo (gañadora do Certame Galego de Bandas[cando?]) e a Banda de Música de Guláns.


A música culta ten como figura sobranceira ao compositor de zarzuelas e pasodobres Reveriano Soutullo, o que homenaxeou á súa vila natal co pasodobre "Puenteareas" e á cidade que o acolleu coa "Suite Vigo". O activo Conservatorio Municipal e o Auditorio hónrano co seu nome na vila de Ponteareas, na que tamén se lle dedicou unha céntrica rúa que pasa por un lateral do mencionado conservatorio e leva á casa consitorial, diante da cal hai un busto que o conmemora, así como unha placa na súa antiga casa a pouca distancia do conservatorio.


Respecto á música contemporánea, no concello xurdiron grupos coma SonDaRúa, Skandalo GZ, Rebeliom do Inframundo , GHZ , Chico López ou Duke Sam.



Festas e celebracións |



Artigo principal: Corpus Christi de Ponteareas.

A festividade do Corpus Christi, o domingo seguinte ó xoves do Corpus, foi declarada en 2009 Festa de Interese Turístico Internacional.



Sendeirismo |


Ponteareas conta dende o 2009 cunha ruta homologada de sendeirismo, o PR-G 120 "Roteiro dos Penedos da Picaraña", apta para o turismo de natureza. Partindo do barrio da Serra, na parroquia de Arcos, ascende ata a Picaraña e retorna ata a Serra, percorrendo varios penedos: Pena do Equilibrio, Penedo da Chispa, Penedo da Fonte Santa etc.



Ponteareas na literatura popular |



  • Como o sol reloce/ a Virxe de Pías/ no viaxe primeiro/ destas romerías [22].


  • Vinme triste en Ponteareas,/ e da Cañiza a Melón,/ mais cheguei a Ribadavia/ e ensanchouse o corazón.


Galería de imaxes |



Artigo principal: Galería de imaxes de Ponteareas.


Parroquias |





Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponteareas


Angoares (San Pedro) | Arcos (San Breixo) | Areas (Santa María) |
Arnoso (San Lourenzo) | Bugarín (Santa Cristina) | Celeiros (San Fins) | Cristiñade (San Salvador) | Cumiar (Santo Estevo) | Fontenla (San Mamede) | Fozara (San Bartolomeu) | Guillade (San Miguel) | Guláns (San Xulián) | Moreira (San Martiño) | Nogueira (San Salvador) | Oliveira (Santiago) | Padróns (San Salvador) | Paredes (San Cibrán) | Pías (Santa Mariña) | Ponteareas (San Miguel) |
Prado (San Nicolao) | Ribadetea (San Xurxo) | San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) | San Mateo de Oliveira (San Mateo) | Xinzo (Santa Mariña)



Lugares de Ponteareas |


Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ponteareas vexa: Lugares de Ponteareas.



Notas |




  1. Véxase no Galizionario.


  2. Resultado eleccións 2019


  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 


  4. 4,04,1 Piñeiro Groba, Mariano; González Pérez, Clodio (1983). Historia de Puenteareas. Centro Cultural Municipal. ISBN 84-500-9173-X. 


  5. "callaecia: parrochiale%20suevum". Consultado o 2015-12-08. 


  6. 6,06,16,2 López Ferreiro, Antonio (1983). "Documentos XXI a XXV". Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela. Imprenta del Seminario Conciliar Central de Santiago de Compostela. 


  7. Bascuas López, Edelmiro (2006). Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788497500265. 


  8. Rodríguez Otero, Ramón (1997). La presencia sueva en el Condado. in Soberosum. Revista de Estudios del Museo Municipal. vol. 2. 


  9. Ponteareas pendente dun pacto de goberno


  10. Atención especial aos oito concellos onde houbo moción de censura nesta lexislatura


  11. Eleccións municipais de 2003


  12. Eleccións municipais de 2007


  13. María Rodríguez Serantes e Alberto Alonso de Dios. "Galicia Máxica". www.galiciamaxica.eu. Consultado o 07/12/15. 


  14. "Inventario de Xacementos Arqueolóxicos" (PDF). www.culturagalega.gal. Consultado o 7/12/2015. 


  15. Ogando, Elena (24/01/2014). "Galicia: el Dorado de Roma". Faro de Vigo. Consultado o 7/12/2015. 


  16. Pillado, Neli (11/07/2013). "El IEM descubre quince minas de oro inéditas en la Serra da Groba". Faro de Vigo. Consultado o 7/12/2015. 


  17. "Pasacorredoiras de Ponteareas". Consultado o 8-12-2015. 


  18. "Muiñeira de Ponteareas — Folkoteca Galega". www.folkotecagalega.com. Consultado o 8-12-2015. 


  19. "Muiñeira de Oliveira — Folkoteca Galega". www.folkotecagalega.com. Consultado o 8-12-2015. 


  20. "Pasodoble de Guláns — Folkoteca Galega". www.folkotecagalega.com. Consultado o 8-12-2015. 


  21. "Jota de Fontenla — Folkoteca Galega". www.folkotecagalega.com. Consultado o 8-12-2015. 


  22. Refírese a Santa Mariña de Pías, unha parroquia de Ponteareas próxima á Franqueira. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979), 393.



Véxase tamén |





Ligazóns externas |


  • Páxina oficial do Concello de Ponteareas

  • Ruta sendeirista homologada: PR-G 120 Roteiro dos Penedos da Picaraña - SEGATUR




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ponteareas&oldid=5167753"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.668","walltime":"1.129","ppvisitednodes":"value":2068,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":61565,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2968,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":4,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":33996,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":5,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 992.959 1 -total"," 20.02% 198.831 1 Modelo:Listaref"," 18.48% 183.450 1 Modelo:Concello"," 17.99% 178.649 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 17.13% 170.068 1 Modelo:Infobox"," 11.55% 114.638 9 Modelo:Cita_web"," 3.59% 35.621 4 Modelo:Cita_libro"," 2.75% 27.345 1 Modelo:Commonscat"," 2.58% 25.620 1 Modelo:ConcellosCondado"," 2.45% 24.366 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.341","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5057796,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1234","timestamp":"20190604110151","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Ponteareas","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Ponteareas","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q617119","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q617119","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-12-10T20:50:23Z","dateModified":"2019-06-04T11:02:43Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ed/Bandeira_de_Ponteareas%2C_Pontevedra.svg","headline":"concello da provincia de Pontevedra"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":181,"wgHostname":"mw1241"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020