Coroa checoslovaca Índice Primeira koruna | Segunda koruna | Terceira koruna | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónwww.stc.czwww.mint.skInflation in Czechoslovakia 1985–91, World Bank2012 Standard Catalog of World Coins 1901-2000, 39th EditionStandard Catalog of World Paper Money: General Issues. Colin R. Bruce II and Neil Shafer (editores) (7th ed.).Standard Catalog of World Coins: 1801–1991 (18th ed.).Billetes checoslovacos (catalogo, galería e outros detalles)e
Coroa checoslovaca
Prot. Bohemia e MoraviaEslovaquiaRepública ChecachecoeslovacomoedaChecoslovaquiaRepública ChecaRepública eslovacacoroa checacoroa eslovacaISO 4217alemánImperio Austro-HúngaroChecoslovaquiaBohemia e MoraviaEslovaquiaCoroa de Bohemia e MoraviaCoroa eslovaca de 1939-1945Partido Comunista de ChecoslovaquiaUnión SoviéticaAntonín ZápotockýPlzeňcoroa eslovacacoroa checaeuro
Coroa checoslovaca
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Corona checoslovaca koruna československá (checo & eslovaco) | |
---|---|
Unha coroa da 1ª República checoslovaca | |
Código ISO 4217 | CSK |
Banco central | Státní Banka Československá |
Usada en: | Checoslovaquia Prot. Bohemia e Moravia (1939) Eslovaquia (1993) |
Inflación | 57,9% |
Fonte : | Banco Mundial, 1991[1] |
Subdivisións | |
1/100 | haléř (checo) halier (eslovaco) |
Símbolo monetario | Kčs |
Plural | As linguaxes desta moeda pertencen ós idiomas eslavos, polo cal existen varais formas de construi-lo plural. |
Moedas | |
Moedas de uso frec. | 10, 20, 50 h; 1, 2, 5 Kčs |
Moedas de uso infrec. | 5, 25 h, 3, 10 Kčs |
Billetes | |
Billetes de uso frec.' | 10, 20, 50, 100 Kčs |
Billetes de uso infrec. | 1.000 Kčs |
Impresor | Státní tiskárna cenin (Impresor de Valores Estatais, Praga) |
Sitio web | www.stc.cz |
Ceca | Mincovňa Kremnica (Ceca de Kremnica) |
Sitio web | www.mint.sk |
Esta caixa de información reflicte o último estado desta moeda, antes da súa retirada da circulación, a cal ocorreu o 7 de febreiro de 1993. |
A coroa checoslovaca (en checo e eslovaco: Koruna československá, ás veces Koruna česko-slovenská; Koruna significa Coroa) foi a moeda de Checoslovaquia dende o 10 de abril de 1919 ó 14 de marzo de 1939 e dende o 1 de novembro de 1945 ata o 7 de febreiro de 1993. Tamén foi por un breve período en 1939 e en 1993, a moeda oficial por separado da República Checa e da República eslovaca.
O 8 de febreiro de 1993 foi substituída pola coroa checa e pola coroa eslovaca.
O (último) código ISO 4217 e as abreviaturas locais da coroa eran CSK e Kčs. Unha coroa equivalía a 100 haléřů (en checo, a súa forma en singular é haléř) ou halierov (en eslovaco, a súa forma en singular é: halier). En ambas as linguas, foi utilizada a abreviatura "h". A abreviatura era posta detrás do valor numérico.
Índice
1 Primeira koruna
2 Segunda koruna
3 Terceira koruna
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Outros artigos
5.2 Bibliografía
5.3 Ligazóns externas
Primeira koruna |
Véxase tamén: Moedas da coroa checoslovaca (1919) e Billetes da coroa checoslovaca (1919).
A moeda chamada Krone en alemán e koruna en checo foi introducida no Imperio Austro-Húngaro o 11 de setembro de 1892, coma a primeira moeda moderna baseada no ouro nesa área. Tras a creación do estado independente de Checoslovaquia en 1918, xurdiu unha necesidade urxente de establecer un novo sistema monetario que distinguise a súa moeda das doutros países recen nacidos que sufrían moita inflación. O ano seguinte, o 10 de abril de 1919, tivo lugar unha reforma monetaria, que daba á nova coroa un valor equivalente á vella coroa austrohúngara. Os primeiros billetes entraron en circulación ese mesmo ano, as moedas tres anos despois, en 1921.[2]
Esta primeira coroa circulou ata 1939, cando as moedas separadas para Bohemia e Moravia e Eslovaquia apareceron, a par coa coroa checoslovaca. Estas foron a Coroa de Bohemia e Moravia e Coroa eslovaca de 1939-1945.
Segunda koruna |
Véxase tamén: Moedas da coroa checoslovaca (1945) e Billetes da coroa checoslovaca (1945)
A coroa checoslovaca foi restablecida en 1945, substituíndo ás dúas anteriores moedas. Coma consecuencia da guerra, a moeda perdeu gran parte do seu valor.
Terceira koruna |
Véxase tamén: Moedas da coroa checoslovaca (1953) e Billetes da coroa checoslovaca (1953).
A coroa pasou por unha serie de novas reformas. Un particularmente drástica foi a realizada en 1953. Nese momento, o Partido Comunista de Checoslovaquia tivo que facer fronte ó feito de que había un mercado dobre no país: un mercado fixo para asegura-la dispoñibilidade de alimentos básicos baseado nun sistema de racionamento da posguerra, e un mercado libre, no que as mercadorías foron ata oito veces máis caras, pero de mellor calidade. Decidiron entón declarar unha reforma monetaria válida a partir de 1 de xuño de 1953 e distribuír novos billetes impresos na Unión Soviética. A reforma fora preparada moi rapidamente e foi confidencial ata o último minuto, pero aínda así, filtrouse algunha información, causando un gran pánico entre a poboación.
A noite antes do prazo, o presidente de Checoslovaquia Antonín Zápotocký fixo un discurso de radio, no cal mentiu á nación afirmando que non había posibilidade algunha dunha reforma monetaria e calmou os habitantes. O día seguinte, os cidadáns foron autorizados a cambiar ata 1.500 coroas vellas por novas coroas, cunha taxa de cambio de 5:1, por riba das 1.500 coroas a taxa de cambio era 50:1. Tódolos fondos de pensións e seguros de investimento, así coma os bonos do estado foron anulados. A situación económica de moitas persoas empeorou e estalaron manifestacións, a maior das cales tivo lugar en Plzeň, onde 472 persoas foron detidas.
En 1993, de acordo coa disolución da federación checoslovaca, a coroa de Checoslovaquia dividiuse en dúas moedas independentes: a coroa eslovaca e o coroa checa. A adhesión á UE en 2004 significaba que ambas moedas ían ser substituídas polo euro unha vez que os seus respectivos países cumpriran os criterios de converxencia económica e que existe a vontade política para facelo. A coroa eslovaca foi substituída polo euro o 1 de xaneiro de 2009; actualmente non existe ningunha data ou prazo confirmado para a substitución da coroa checa por parte do euro.
Notas |
↑ Inflation in Czechoslovakia 1985–91, World Bank
↑ George Cuhaj (2011). Krause Publications, ed. 2012 Standard Catalog of World Coins 1901-2000, 39th Edition (pdf). ISBN 978-1-4402-1572-8.
Véxase tamén |
Outros artigos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coroa checoslovaca |
- Coroa checa
- Coroa eslovaca
Bibliografía |
Pick, Albert (1994). Krause Publications., ed. Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. Colin R. Bruce II and Neil Shafer (editores) (7th ed.). ISBN 0-87341-207-9.
Krause, Chester L., and Clifford Mishler (1991). Krause Publications., ed. Standard Catalog of World Coins: 1801–1991 (18th ed.). ISBN 0873411501.
Ligazóns externas |
Billetes checoslovacos (catalogo, galería e outros detalles) (en checo)
|
Categoría:
- Coroa checoslovaca
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.244","walltime":"0.343","ppvisitednodes":"value":471,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":19713,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2685,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1824,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 254.508 1 -total"," 31.29% 79.635 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 26.94% 68.552 1 Modelo:Listaref"," 25.71% 65.427 3 Modelo:Cita_libro"," 13.77% 35.043 1 Modelo:Historial_das_moedas_da_República_Checa_e_Eslovaquia"," 13.35% 33.981 1 Modelo:Commonscat"," 11.97% 30.452 1 Modelo:Irmáns"," 10.52% 26.783 1 Modelo:Caixa_lateral"," 8.08% 20.574 1 Modelo:Historial_das_moedas_dun_país"," 5.20% 13.225 1 Modelo:Navbox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.092","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2517443,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1325","timestamp":"20190512184413","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Coroa checoslovaca","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Coroa_checoslovaca","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q622599","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q622599","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2015-04-28T15:57:20Z","dateModified":"2018-12-04T12:14:48Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/c9/One_Czechoslovak_Crown.png"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":154,"wgHostname":"mw1328"););