Skip to main content

Imperio Otomán Índice Expansión | Organización | Decadencia | Final | Véxase tamén | Menú de navegacióneeWorldCat3051025862680512ID00479794075720-1ottoman-empiresh8513880200573333ge1381627024412impero-ottomanoD057214

Imperio OtománEstados desaparecidos de AsiaEstados desaparecidos de Europa


turco otománturcoimperio27 de xullo129929 de outubro1923República de Turquíaséculos XVIXVIIEuropasuroeste de Asianorte de África1565Lanzaroteocéano Atlántico1585Constantinoplaturco otománmar MediterráneoSuleimán o Magnífico15201566OccidentalOriental1 de novembro192224 de xullo1923Tratado de Lausana29 de outubroAnatoliaOrhanOsmánBrusaNicea1326Batalla de Nicópolis1396Batalla de AngoraTamerlánBaiaceto o RaioMehmed IIMahomet II o ConquistadorConstantinopla1453Imperio BizantinoSuleimán o MagníficoViena1529Imperio SafavidaSelim IExipto1517milletraiyehSuleimán o MagníficoCasa de escravos1566Murad IVCasa de KopruluViena1683xanízarossipahisfanariotasGrande idea1823InglaterraRusiamar MediterráneoSerbiaCroaciaBulgariaRomaníaPrimeira Guerra MundialTripla AlianzaAlemañaItaliaAustriaT. E. LawrenceTurquíaKemal AtaturkSultanato1924










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Imperio Otomán




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Imperio otomán")





Saltar ata a navegación
Saltar á procura
















































دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه
Imperio Otomán








1299–1923










Bandeira

Escudo

Lema: دولت ابد مدت
(Turco otomán: O Estado eterno)

Himno: Himno Imperial Otomán


Extensión do imperio entre 1300 e 1683

Capital
· Söğüt (1299–1326)
· Bursa (1326–1365)
· Edirne (1365–1453)
· Constantinopla (1453–1922)

Lingua

Turco otomán

Relixión

Sunnismo (Islam)

Goberno

Monarquía absoluta
Monarquía constitucional (1876-1878 e 1908-1922)

Sultán

 • 1299-1326

Osmán I (primeiro)
 • 1918-1922

Mehmed VI (derradeiro)

Gran Visir

 • 1320–31 (primeiro)

Alaeddin Pasha
 • 1920–22 (derradeiro)

Ahmed Tevfik Pasha

Historia

 • Fundación

1299
 • Interregno
1402–1413
 • Trat. Lausana
24 de xullo de 1923

Superficie
 • 1680
5,500,000 km²
 • 1914
1,800,000 km²

Poboación
 • 1680 est.

35,350,000 
     Densidade

6,4/km²
 • 1856 est.

35,350,000 
 • 1906 est.

20,884,000 
 • 1912 est.

24,000,000 

Moeda

Akçe - Kuruş - Lira - Sultani


O Sublime Estado Otomán (en turco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.


No cumio do seu poder, nos séculos XVI e XVII, controlaba territorios no sueste de Europa, suroeste de Asia e norte de África. O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en 1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemplo Lanzarote no océano Atlántico en 1585.


Con Constantinopla (en turco otomán: استنبول, Istanbul e قسطنطينيه, Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo o mar Mediterráneo durante o reinado de Suleimán o Magnífico (dirixente de 1520 a 1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundo Occidental e Oriental durante seis séculos. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o 1 de novembro de 1922, rematando a súa existencia de iure o 24 de xullo de 1923 baixo o Tratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o 29 de outubro dese mesmo ano.




Índice





  • 1 Expansión


  • 2 Organización


  • 3 Decadencia


  • 4 Final


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Outros artigos





Expansión |


Os otománs chegaron a Anatolia como parte do caudal de pobos turcos desaloxados polas invasións mongois do século XIII. O seu primeiro gobernante coñecido foi Orhan, quen foi fillo de Osmán (ou Utmán I Gazi), de quen deriva o nome do imperio. Os otománs instaláronse en Brusa, e conquistaron a cidade bizantina de Nicea en 1326. Posteriormente, iniciaron unha serie de campañas militares que puxeron a totalidade dos Balcáns baixo o seu control, en particular despois da derrota dos cabaleiros cruzados na Batalla de Nicópolis de 1396. A derrota dos otománs na Batalla de Angora (na que Tamerlán capturou a Baiaceto o Raio) atrasou un tempo a súa ascensión, que foi retomada a mediados do século XV. Mehmed II ou Mahomet II o Conquistador conquistou Constantinopla en 1453 e destruíu finalmente o Imperio Bizantino, levando as fronteiras otománs ata Europa Central. No entanto, o avance otomán nesta dirección terminou cando Suleimán o Magnífico fracasou no sitio de Viena, en 1529. En Oriente, pola súa banda, o ascenso do Imperio Safavida obrigara a Selim I a guerrear con Persia, o que o motivou a conquista de Exipto (1517). O Imperio Otomán acadou a súa máxima extensión xeográfica con Suleiman, que foi a época de ouro do Imperio.



Organización |




O sultán turco Osmán I.


Interiormente, os otománs organizaron o seu imperio non segundo o principio territorial, senón polo principio poboacional. Desta maneira, o imperio foi repartido entre musulmáns, cristiáns ortodoxos, xudeus, zoroastrianos etcétera, cada un dos cales conformaba un millet coa súa propia autoridade a cargo. A nobreza otomá estaba por riba dos raiyeh (literalmente, o 'rabaño'), pero non tivo cargos no goberno ata que a súa presión obrigou a Suleimán o Magnífico a admitilos, a mediados do século XVI. A administración otomá estaba en mans dunha Casa de escravos, que era recrutada entre os non musulmáns, e educada dende a infancia para ocupar cargos directivos. Incluso ata o visir do sultán era un escravo.



Decadencia |


A decadencia otomá comezou despois da morte de Solimán o Magnífico, en 1566. Unha serie de gobernantes ineptos fixeron florecer as intrigas de palacio, ata que a acción combinada do sultán Murad IV (ou Amurates IV) e da Casa de Koprulu motivou unha intensa reforma administrativa. Porén, o Imperio Otomán sufriu un serio revés cando comprometeu tódolos seus recursos nun novo asalto a Viena, que fracasou en 1683 grazas á dura resistencia dos polacos.


A partir de entón, os otománs descubriron que o seu poderío militar (baseado na disciplina da infantería de xanízaros e a cabalería de sipahis) estaba a naufragar, e decidiron abrirse á diplomacia occidental. Desta maneira, os comerciantes cristiáns de Constantinopla (os fanariotas) abríronse paso na administración otomá. Este proceso durou todo o século XVIII, pero motivou o xurdimento da Grande idea de substituír o Imperio Otomán por un Imperio Grego. Os gregos alzáronse en armas a comezos do século XIX e obtiveron a súa independencia en 1823, pero xamais chegaron a concretar a Grande idea. Os otománs volvéronse máis fanaticamente musulmáns que nunca, e enredáronse irremisiblemente no xogo político das potencias coloniais de Occidente, ó tempo que sobrevivía ás sublevacións que os seus propios novos oficiais, educados na arte da guerra occidental, promovían en nome deses mesmos valores occidentais que recibiran. O "home enfermo de Europa", como se cualificou ó imperio, sobreviviu aínda tres cuartos de século máis, grazas ó apoio de Inglaterra (que precisaba os otománs para contrarrestar as ambicións de Rusia de alcanzar o mar Mediterráneo). Isto non impediu que os otománs perdesen virtualmente a administración de Exipto, ó tempo que os pobos cristiáns dos Balcáns (Serbia, Croacia, Bulgaria e Romanía) se foron independizando un detrás doutro.



Final |


Finalmente, durante a Primeira Guerra Mundial, o Imperio Otomán aliouse coa Tripla Alianza conformada por Alemaña, Italia e Austria. Após a derrota dos Imperios centrais, o Imperio Otomán (gravemente socavado polo despertar árabe apoiado polos ingleses de T. E. Lawrence) desplomouse na anarquía. O primeiro presidente de Turquía, Kemal Ataturk, simplemente aboliu o Sultanato, e renunciou á idea imperial, polo que a historia do Imperio Otomán acadou a súa fin en 1924.



Véxase tamén |







Outros artigos |


  • Lista de sultáns turcos

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020