Filosofía Índice Historia | Orixes históricas | Correntes e tópicos | Filósofos | Cronoloxía | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasPriberamPhilosophy: a beginner's guide300054279762XX5252571193684224713171ID4045791-6philosophysh8510084900572945ph1145402596filosofiaD010684
Filosofía
gregoexistencia humanacoñecementoverdademoraisestéticosmentelinguauniversoverdadecríticadogmáticaXVIIIXIXcomprensióndescriciónexplicacióncienciaséculo XIXlóxicateoría do coñecementometafísicaestéticaéticapsicoloxíaAristótelesciencianaturezahomesociedadePlatónestudoracionalcríticoobxectivopensamento humanonaturezarazoamentomundopensamentoTales de MiletoPresocráticosesenciaontoloxíaPitágorasAristótelesfísicaéticamaterialistasidealistasuniversomateria
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Filosofía
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O pensador, de Auguste Rodin, representación clásica dun home inmerso nos seus pensamentos. | |
| Orixe do nome | Φιλοσοφία, grego |
|---|---|
| Orixe | Grecia antiga, séc. VII a.C., Tales de Mileto |
| Influencias | mitoloxía |
| Influenciados | arte, ciencia, política, dereito, ética, teoloxía, relixión |
| Persoeiros principais | Heráclito · Confucio · Demócrito · Sócrates · Platón · Aristóteles · Epicuro · Séneca · Plotino · Agostiño · Avicena · Averroes · Aquino · Escoto · Ockham · Machiavelli · Bacon · Descartes · Vico · Leibniz · Espinoza · Hobbes · Berkeley · Locke · Montesquieu · Hume · Rousseau · Voltaire · Burke · Kant · Hegel · Kierkegaard · Schopenhauer · Mill · Marx · Nietzsche · Peirce · Husserl · |
| Definición | é o estudo de cuestións fundamentais relacionadas coa existencia, o coñecemento, a verdade, valores morais e estéticos, para mente e para lingua. |
| Coñecida por | estimular o pensamento lóxico e crítico |
| Pretende | construír concepcións globais do mundo |
| Divídese en | Filosofía occidental, Filosofía oriental |
| Ramificacións | epistemoloxía, ontoloxía, ética, metafísica, filosofía social, filosofía política, estética, lóxica |
A filosofía[1] (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría"[2][3]) é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto[4] en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos.
A filosofía' busca cuestionar a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática. Ata o século XVIII-XIX, facía referencia ó conxunto de saberes desinteresados e racionais, que tiñan por obxecto a comprensión xeral do home e do mundo, buscando conclusións sobre as súas causas últimas e bases máis profundas, polo que se diferenza da ciencia, que estuda de xeito único as materias que entran no seu propio campo, dende o punto de vista da súa descrición e explicación. Este foi o carácter polo que a filosofía se diferenza e deixa de ser ciencia a partir do século XIX. As súas disciplinas son a lóxica e a teoría do coñecemento, a metafísica, a estética e a ética. A psicoloxía, o mesmo que as demais ciencias, desenvolveuse a partir da filosofía.
Índice
1 Historia
2 Orixes históricas
3 Correntes e tópicos
3.1 Materialistas vs Idealistas
4 Filósofos
4.1 da Antigüidade
4.1.1 Presocráticos
4.1.2 Sofistas
4.1.3 do Clasicismo grego
4.1.4 Helénicos
4.1.5 Romanos
4.2 Medievais
4.3 Renacentistas
4.4 Modernos
4.5 Contemporáneos
5 Cronoloxía
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Bibliografía
7.2 Outros artigos
Historia |
- Artigo principal: Historia da filosofía.
A principal característica que Aristóteles ve nunha persoa filósofa é que non é especialista. O sophós (o sabio), é un coñecedor de todas as cousas sen posuír unha ciencia específica. O seu ollar derrámase polo mundo, a súa curiosidade insaciable faino investigar tanto os misterios do kosmos como os da physis (a natureza), como as que din respecto ao home e á sociedade. No fondo, o filósofo é un revelador, alguén que afasta o veo daquilo que está a cubrirnos os ollos e procura mostrar os obxectos na súa forma e posición orixinal, actuando como alguén que atopa unha estatua no fondo do mar cuberta de brións e algas, e progresivamente, afastándoas unha a unha, revélanos a súa forma real.
Para Platón, a primeira actitude do filósofo é admirarse. A partir da admiración faise a reflexión crítica, o que marca a filosofía como busca da verdade. Filosofar é dar sentido á experiencia.
Na actualidade, entre outras múltiples, diferentes e, porén, válidas definicións, pódese afirmar que filosofía é o estudo racional, crítico e obxectivo de todos ou calquera dos achados do pensamento humano. É dicir, a actividade filosófica consiste en pensar razoando sobre aquilo que se atopa ó noso redor: dende a natureza ata os propios mecanismos internos de razoamento. Filosofar é, pois, tanto pensar acerca do mundo como pensar acerca do propio pensamento.
Orixes históricas |
A Filosofía e profesións liberais
A palabra filosofía gaña, en dimensións específicas de tempo e espazo, concepcións novas e diferentes tornando difícil a súa exacta localización.
Historicamente, a filosofía comeza con Tales de Mileto, aínda que este principio histórico sexa máis un punto de referencia que unha discusión xa acabada. Aristóteles escribiu que a filosofía foi posible a través do ocio, pois, unha vez resolvidos os seus problemas de vivenda, alimentación, vestiario, e sendo dispensados da necesidade do traballo pesado, os gregos puideron dedicarse á investigación filosófica.
Tales foi o primeiro dos filósofos Presocráticos, ou filósofos da Physis, que buscaban a arché, que era un principio que, alén de ser o principio de todas as cousas, debería tamén compor (ou formar parte de) todas as cousas, e mesmo ser a última de todas as cousas.
Platón é quen inicia esta nova linguaxe, a filosofía como a coñecemos, a busca da esencia, a ontoloxía, dos conceptos universais en detrimento do coñecemento vulgar e sensorial. Anteriormente a el, a filosofía era discutida por sabios, era o amor pola sabedoría daqueles que experimentaran a propia ignorancia, concepto, ao que parece, atribuído por Pitágoras.
Por moito tempo a filosofía incluía todo o que era coñecemento, abonda con ver a vasta obra de Aristóteles, que abrangue desde a física ata a ética. Aínda hoxe é difícil definir o obxecto exacto da filosofía.
Os seus obxectos propios son:
Metafísica: concernente aos estudos daquilo que non é físico (physis), do coñecemento do ser (ontoloxía), do que transcende o sensorial e tamén da teoloxía.
Epistemoloxía: estudo do coñecemento, teoriza sobre a propia ciencia e de como sería posible a aprehensión deste coñecemento.
Ética: para Aristóteles, é parte do coñecemento práctico xa que nos mostraría como debemos vivir e actuar.
Estética: a procura do belo, a súa conceptuación e cuestionamento. O entendemento da arte.
Lóxica: a procura da verdade, o seu cuestionamento, a razón.
Correntes e tópicos |
- Teogonía
- Filosofía no Exipto Antigo
- Filosofía védica
- Ciencia Caldea
- Os Presocráticos
- Sofistas
- Teosofía
Helenismo- Escepticismo
- Cinismo
- Estoicismo
- Epicureísmo
- Neoplatonismo
- Cosmoloxía Hebraica
- Teoloxía gnóstica
- Filosofía árabe medieval
- Escolástica
- Revolución Científica
Humanismo- Idade da Razón
- Iluministas
- Iluminismo
- Antropoloxía filosófica
Racionalismo- Racionalismo Cartesiano
- Racionalismo cristián
Idealismo- Idealismo subxectivo
- Idealismo obxectivo
- Idealismo absoluto
- Empirismo
- Materialismo
- Marxismo
Positivismo- Neo-positivismo
- Fenomenoloxía
- Existencialismo
- Hermenéutica
- Posmodernismo
Materialistas vs Idealistas |
Os filósofos divídense en dúas grandes correntes: materialistas e idealistas. O termo materialista aplícase a aqueles que cren que o universo (todo o que existe) está formado de materia, e existe obxectiva e independentemente da existencia de seres cognoscentes capaces de percibilo. Os idealistas son aqueles que sosteñen que o mundo non ten existencia independente dos seres cognoscentes.
Filósofos |
da Antigüidade |
Presocráticos |
- Anaximandro de Mileto
- Anaxímenes de Mileto
- Anaxágoras de Clazomenas
- Arquitas de Tarento
- Demócrito de Abdera
- Dióxenes de Apolonia
- Filolau de Crotona
- Empédocles
- Heráclito de Éfeso
- Leucipo de Mileto
- Meliso de Samos
- Parménides de Elea
- Pitágoras
- Tales de Mileto
- Xenófanes de Cólofon
- Zenón de Elea
Sofistas |
- Protágoras de Abdera
- Gorxias
- Trasímaco
- Critias
- Calicles
- Hipias de Élide
- Pródico de Ceos
do Clasicismo grego |
- Aristóteles
- Platón
- Sócrates
Helénicos |
- Aristarco
- Arquimedes
- Epicuro
- Eratóstenes
- Euclides
- Tolomeo
- Plotino
Romanos |
- Cicerón
- Séneca
Medievais |
- Agostiño de Hipona
- Alberte Magno
- Duns Scot
- Pedro Abelardo
- Robert Grosseteste
- Roger Bacon
- Santo Anselmo
- Tomé de Aquino
- William de Ockham
- Xoán Escoto Eríxena
- Andre de Souza
Renacentistas |
- Erasmo
- Francis Bacon
- François Rabelais
- Galileo Galilei
- Giordano Bruno
- Niccolò Machiavelli
- Michel de Montaigne
- Thomas More
Modernos |
- David Hume
- Spinoza
- George Berkeley
- Giambattista Vico
- Leibniz
- Immanuel Kant
- John Locke
- Montesquieu
- Isaac Newton
- Thomas Hobbes
- René Descartes
- Rousseau
- Voltaire
Contemporáneos |
- Auguste Comte
- Bertrand Russell
- Cornelius Castoriadis
- Edmund Husserl
- Ernest Gellner
- Félix Guattari
- Fichte
- Friedrich Nietzsche
- Georg Wilhelm Friedrich Hegel
- Gilles Deleuze
- Giorgio Agamben
- Giorgio Colli
- Hans-Georg Gadamer
- Heinrich Rickert
- Henri Bergson
- Hilary Putnam
- Jacques Derrida
- Jean Baudrillard
- Jean-Paul Sartre
- Jürgen Habermas
- José Marinho
- José Ortega y Gasset
- Karl Korsch
- Karl Marx
- Karl Popper
- Ken Wilber
- Leonardo Boff
- Ludwig Feuerbach
- Ludwig Wittgenstein
- Martin Heidegger
- Michel Foucault
- Michel Serres
- Michael Tye
- Mikhail Aleksandrovitch Bakunin
- Nildo Viana
- Norberto Bobbio
- Paul Boghossian
- Paul Ricoeur
- Paulo Freire
- Pierre Fougeyrollas
- Pierre-Joseph Proudhon
- Pierre Lévy
- Pietro Ubaldi
- Richard Rorty
- Schelling
- Slavoj Žižek
- Kierkegaard
- Stanley Cavell
- Thomas Kuhn
- Tyler Burge
Cronoloxía |
século VI a. C. - Inicio da filosofía occidental con Tales de Mileto.- finais do s. VI a. C. - Morte de Pitágoras.
399 a. C. - Sócrates condenado á morte en Atenas.
387 a. C. - Platón funda a Academia en Atenas, a primeira universidade.
335 a. C. - Aristóteles funda o Liceo en Atenas, escola rival da Academia.
324 - O emperador Constantino traslada a capital do Imperio Romano a Bizancio.
400 - Agostiño de Hipona escribe as Confesións.
410 - Roma saqueada polos visigodos.
529 - O peche da Academia en Atenas, polo emperador Xustiniano, marca a fin da era greco-romana e consolida a entrada na Alta Idade Media.- Mediados do século XII - Comeza a recepción do Corpus aristotélico en Occidente a partir de traducións do árabe. Escola de Tradutores de Toledo.
- Mediados do s. XIII - Tomé de Aquino escribe os seus comentarios sobre Aristóteles. Era da filosofía escolástica.
1453 - Caída de Bizancio en poder dos turcos, fin do Imperio Bizantino.
1492 - Colón chega á América. Renacemento en Florencia e renovación do interese pola aprendizaxe do grego.
1543 - Copérnico publica Sobre as revolucións dos orbes celestes, cun modelo matemático no cal a Terra xira en torno ao Sol.
1633 - Galileo é forzado pola igrexa católica a abxurar da teoría heliocéntrica.
1641 - René Descartes publica as Meditacións, inicio da filosofía moderna.
1677- A morte de Spinoza permite a publicación da Ética.
1687- Newton publica os Principia, introducindo o concepto de gravidade.
1689- Locke publica o Ensaio sobre o entendemento humano. Inicio do empirismo.
1710 - Berkeley publica os Principios do coñecemento humano, levando o empirismo a novos extremos.
1716 - Morte de Leibniz.- 1739-40 - David Hume publica o Tratado sobre a natureza humana, levando o empirismo aos seus limites lóxicos.
1781 - Kant, espertado do seu "soño dogmático" por Hume, publica a Crítica da razón pura. Inicio da grande era da metafísica alemá.
1807 - Hegel publica A fenomenoloxía do espírito: apoxeo da metafísica alemá.
1818 - Schopenhauer publica O mundo como vontade e representación.
1867 - Marx publica O Capital, unha crítica da ideoloxía burguesa, sentando as bases do pensamento comunista.
1889 - Nietzsche, o que dixera que "Deus está morto", sucumbe á loucura en Turín.
1900-1901 - Husserl publica as Investigacións lóxicas, inicio da fenomenoloxía.
1921 - Wittgenstein publica o Tractatus logico-philosophicus, avogando a "solución final" para os problemas da filosofía.- década de 1920 - O círculo de Viena presenta o positivismo lóxico.
1923 - Fúndase en Frankfurt o Instituto para a Investigación Social, destinado a discutir a viabilidade histórica do programa marxista revolucionario.
1927 - Heidegger publica Ser e tempo, anunciando a ruptura entre a filosofía analítica e a continental.
1943 - Sartre publica O ser e a nada, avanzando no pensamento de Heidegger e instigando o xurdimento do existencialismo.
1945 - Popper publica A sociedade aberta e os seus inimigos, unha filosofía política oposta ó marxismo.
1953 - Publicación póstuma de Investigacións filosóficas, de Wittgenstein. Auxe da análise lingüística.
1960 - Hans-Georg Gadamer publica Verdade e método, inicio da Hermenéutica filosófica.
1962 - Kuhn publica A estrutura das revolucións científicas, cuestionando os fundamentos das epistemoloxías dominantes.
Notas |
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para filosofía.
↑ [en Infopédia [en liña]. Porto: Porto Editora, 2003-2014. [consultado 30 de xuño dp 2018]. Dispoñible en Internet: http://www.infopedia.pt/$filosofia]
↑ Priberam
↑ Teichman, J.; Evans, K. C. Philosophy: a beginner's guide. 3rd ed. Oxford: Blackwell.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filosofía |
| A Galicitas posúe citas sobre: Filosofía |
Bibliografía |
Perez Carrasco, Francisco Javier e Rodríguez Álvarez, Manuel (1999). A filosofía, outra historia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-314-4.
Outros artigos |
- Filosofía da cultura
- Filosofía da educación
- Filosofía da natureza
- Filosofía transcendental
- Historia da filosofía
|
|
Categoría:
- Filosofía
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.476","walltime":"0.612","ppvisitednodes":"value":1165,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":32358,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2301,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":14,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2463,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":15,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 473.465 1 -total"," 39.11% 185.179 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 13.36% 63.243 1 Modelo:Commonscat"," 12.80% 60.618 2 Modelo:Irmáns"," 12.54% 59.382 1 Modelo:Sen_referencias"," 11.83% 56.018 2 Modelo:Caixa_lateral"," 11.63% 55.060 1 Modelo:Ifsubst"," 10.87% 51.448 1 Modelo:Ambox"," 8.84% 41.861 1 Modelo:Cita_libro"," 7.72% 36.544 1 Modelo:Infobox"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.206","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5647377,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1294","timestamp":"20190401191514","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Filosofu00eda","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Filosof%C3%ADa","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q5891","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q5891","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2003-04-13T22:01:42Z","dateModified":"2019-01-28T12:14:45Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/3/37/Auguste_Rodin_-_Grubleren_2005-02.jpg","headline":"estudo de problemas xerais e fundamentais"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":173,"wgHostname":"mw1320"););