Skip to main content

Suráfrica Índice Etimoloxía | Historia | Política | Xeografía | Divisións administrativas | Economía | Demografía | Cultura | Educación | Saúde | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación30°S 25°L / -30, 25eCensus 2011: Census in briefDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasJohannesburg: The Elusive Metropolis"Mzansi DiToloki"o orixinal"Distribution of family income – Gini index""South Africa's economy: How it could do even better""DEPWeb: Beyond Economic Growth""Economic Assessment of South Africa 2008: Achieving Accelerated and Shared Growth for South Africa""The Brain Gain: Skilled Migrants and Immigration Policy in Post-Apartheid South Africa"o orixinal"SA Economic Research – Tourism Update"o orixinal"South Africa"Unequal protection the state response to violent crime on South African farms"African Countries of the Future 2013/14"""Mid-year population estimates 2014"""Escape From Mugabe: Zimbabwe's Exodus""South African mob kills migrants""Immigrants Fleeing Fury of South African Mobs""Debate over race and censuses not peculiar to SA"o orixinalSouth Africa: time running out: the report of the Study Commission on U.S. Policy Toward Southern Africa"World Refugee Survey 2008"o orixinal"A parent's guide to schooling""Education in South Africa"o orixinal"Bantu Education Act""Human Development Report 2009– South Africa"o orixinal"National adult literacy rates (15+), youth literacy rates (15–24) and elderly literacy rates (65+)""What does the demand for healthcare look like in SA?"o orixinal"Motsoaledi to reform private health care""South Africa""HIV and AIDS estimates (2013)""South Africa HIV & AIDS Statistics""AIDS orphans""Sack SA Health Minister – world's AIDS experts""Situation Analysis. HIV & AIDS and STI Strategic Plan 2007–2011"o orixinal"Zuma announces AIDS reforms"eeeWorldCat15906937611993638s4931442ID00571809539873035-28394078012-034670000 0001 2167 3042n79023005ID00567657ge12849435513495875655682160280160091000193108613D013019

O Cabo OrientalEstado LibreGautengKwaZulu-NatalLimpopoMpumalangaO Cabo SetentrionalNoroesteO Cabo Occidental


Suráfrica


repúblicacontinente africanoquilómetrosAtlánticoÍndicoNamibiaBotswanaCimbabueMozambiqueSuacilandiaLesotoconstitucióneuropeaafrikaansneerlandésinglésnegraafricanaeuropeoshindúseuroUnión AfricanaNacións UnidasCommonwealth de NaciónsOrganización Mundial do ComercioFondo Monetario InternacionalxeográficasurcontinenteafricanoUnión Surafricanacoloniasbritánicas1961inglésneerlandés1983afrikaans199411 linguas oficiaisxosanome coloquialÁfricaneerlandeses1652khoisanxosazulúsInglaterraguerra Anglo-Holandesaguerras dos Boers19101931británico1961repúblicasistema parlamentarioPresidente de Suráfricaxefe de estadoxefe de gobernoparlamentobicameralAsemblea Nacionalrepresentación proporcionalConsello Nacional de ProvinciasSenado1997LexislaturaConsello Executivodesertorío OrangeVaalKarrooDrakensbergLimpopoBotswanaZimbabweclimaDrakensbergXohanesburgoCidade do CaboDurbanPretoriaapartheid1994Provincia do CaboProvincia de NatalEstado Libre de OrangeTransvaaleconomía mixtaÁfricaNixeriaProduto Interior BrutoÁfrica subsaharianapobrezadesempregodesigualdade económicaCoeficiente de Ginieconomía informalOCDEBrasilIndiaIndonesiaBanco MundialProduto Nacional BrutoÍndice de Desenvolvemento HumanoBotswana1994inflación20041994turísticoAlemañaEstados UnidosChinaXapónReino UnidoEspañaagriculturaPIBclima áridosolo2013revistaFDiÍndice de Opacidade FinanceiraFilipinasBahamascenso20112014inmigrantes ilegaisCimbabue11 de maio2008AlexandraXohanesburgoGautengDurbanCidade do Cabo2011negraafricanaeuropeaIndiasueste asiático19111980CimbabueRepública Democrático do CongoSomaliaXohanesburgoPretoriaDurbanCidade do CaboPorto ElizabethMpumalangaKwaZulu-NatalCabo Orientalinglésafrikaanszulúswatindebelelinguas sesotho do norte e do surTsongatswanavendaxosafanagalolobedundebelephuthilingua de signos surafricanakhoenamasaneducación primariaeducación secundariaapartheid20022005PIB2007esperanza de vida2009PIBONUSIDAVIHVIH/SIDASIDAVIHSIDAThabo MbekiManto Tshabalala-Msimang2007SIDAEleccións Xerais en Suráfrica de 2009Jacob ZumaAaron Motsoaledi










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());


Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Suráfrica




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Coordenadas: 30°S 25°L / -30, 25




























































República de Suráfrica

Republic of South Africa1
Bandeira de Suráfrica
Bandeira
South Africa (orthographic projection).svg

Lema: !ke e: ǀxarra ǁke
(ǀXam: Unidos na diversidade)



Capital
 • Poboación

Pretoria (executiva)
Cidade do Cabo (lexislativa)
Bloemfontein (xudicial)

Cidade máis poboadaXohanesburgo
Linguas oficiais
Afrikaans, inglés, ndebele, sesotho, sesotho sa leboa, setsuana, swazi, tsonga, venda, xosa e zulú
Forma de goberno
Democracia constitucional
Presidente
Cyril Ramaphosa
Independencia do Reino Unido

31 de maio de 1910
SuperficiePosto 25º
 • Total1 221 037 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras4 862 km
Costas2 798 km
PoboaciónPosto 25º
 • Total (2011[1])51 770 560 hab.
 • Densidade
42,4 hab./km²

PIB (nominal)
Posto 22º
 • Total (2009)287 219 millóns US$
 • per cápita
5 823 US$

PIB (PPA)
Posto 25º
 • Total (2009)505 214 millóns US$
 • per cápita
10 243 US$
Moeda
Rand (ZAR)

IDH (2009)
0,683 (129º) – Medio
XentilicioSurafricano, surafricana
Fuso horario
CET (UTC+2)
 • Horario de verán

CEST (UTC+3)
Dominio de Internet.za
Prefixo telefónico+27
Prefixo radiofónicoS8A-S8Z
Código ISO710 / ZAF / ZA
Membro de: UA, ONU, Commonwealth

1 Nas outras linguas oficiais do país o nome do estado é:
• Afrikaans: Republiek van Suid-Afrika
• Ndebele: iRiphabliki yeSewula Afrika
• Xosa: iRiphabliki yomZantsi Afrika
• Zulú: iRiphabhuliki yaseNingizimu Afrika
• Swazi: iRiphabhulikhi yeNingizimu Afrika
• N. Sesotho: Repabliki ya Afrika-Borwa
• S. Sesotho: Rephaboliki ya Afrika Borwa
• Setsuana: Rephaboliki ya Aforika Borwa
• Tsonga: Riphabliki ra Afrika Dzonga
• Venda: Riphabuḽiki ya Afurika Tshipembe
Tamén en galego: República de África do Sur.

A República de Suráfrica[2] é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Suacilandia; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano.


Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano. Aínda que o inglés é a lingua máis utilizada na vida pública e de negocios, é tan só a quinta lingua máis falada nos fogares.


Ademais das linguas, o país é tamén etnicamente diverso. Ao redor do 79,2% da poboación surafricana é de orixe negra africana, dividida nunha gran variedade de grupos étnicos que falan diferentes linguas bantús, nove das cales teñen carácter oficial. En Suráfrica tamén viven grandes comunidades de europeos, hindús e etnicamante mixtas. Ao redor dunha cuarta parte da poboación carece de emprego e vive con menos de un euro ao día. Suráfrica é tamén un dos membros fundadores da Unión Africana, da cal posúe a economía máis grande de tódolos membros. Tamén foi membro fundador das Nacións Unidas e é membro entre outras organizacións da Commonwealth de Nacións, da Organización Mundial do Comercio ou do Fondo Monetario Internacional.




Índice





  • 1 Etimoloxía


  • 2 Historia


  • 3 Política


  • 4 Xeografía


  • 5 Divisións administrativas


  • 6 Economía


  • 7 Demografía


  • 8 Cultura

    • 8.1 Linguas



  • 9 Educación


  • 10 Saúde

    • 10.1 VIH/SIDA



  • 11 Notas


  • 12 Véxase tamén

    • 12.1 Outros artigos





Etimoloxía |


O nome "Suráfrica" provén da situación xeográfica do país no extremo sur do continente africano. Trala constitución do país chamouse Unión Surafricana, reflectindo así a súa orixe pola unión de catro antigas colonias británicas. Dende 1961 a forma longa do nome é "República de Suráfrica". En inglés coñécese como Republic of South Africa, mentres que en neerlandés chamouse Republiek van Zuid-Afrika até 1983, cando foi substituído pola forma en afrikaans Republiek van Suid-Afrika. Dende 1994 a "República de Suráfrica" ten nome oficial en cada unha das súas 11 linguas oficiais, que son os seguintes:






































LinguaForma longaForma curta
AfrikaansRepubliek van Suid-Afrika
Suid-Afrika
InglésRepublic of South Africa
South Africa
Sotho do norteRepabliki ya Afrika-Borwa
Afrika Borwa
NdebeleIRiphabliki yeSewula AfrikaiSewula Afrika
SothoRephaboliki ya Afrika Borwa
Afrika Borwa
SwaziiRiphabhulikhi yeNingizimu Afrika
iNingizimu Afrika
TsongaRiphabliki ra Afrika Dzonga
Afrika-Dzonga
TswanaRephaboliki ya Aforika Borwa
Aforika Borwa
VendaRiphabuḽiki ya Afurika Tshipembe
Afurika Tshipembe
XosaiRiphabliki yomZantsi Afrika
uMzantsi Afrika
ZulúiRiphabhuliki yaseNingizimu Afrika
iNingizimu Afrika

Mzansi, que deriva do termo xosa uMzantsi e significa "sur", é un nome coloquial para Suráfrica.[3][4]



Historia |



Artigo principal: Historia de Suráfrica.

África do Sur é un dos estados-nacións máis antigos de África. Cando os primeiros colonos neerlandeses chegaron a ela no 1652, África do Sur estaba habitada por tribos africanas como os khoi, os san, os xosa e os zulús. Inglaterra foi conquistando progresivamente o poder aos neerlandeses, contra os cales trabaron tres guerras: a guerra Anglo-Holandesa e mailas dúas guerras dos Boers. No 1910 as catro repúblicas da rexión uníronse para formar a Unión da África do Sur. No 1931 África do Sur tornouse un Dominio británico totalmente soberano. No 1961 tornouse nunha república.


Véxase tamén a historia do Apartheid



Política |


O goberno surafricano funciona segundo un sistema parlamentario, aínda que o Presidente de Suráfrica é ó mesmo tempo xefe de estado e xefe de goberno. O presidente é electo nunha sesión conxunta do parlamento bicameral, que consta dunha Asemblea Nacional (National Assembly), ou cámara baixa, e un Consello Nacional de Provincias (National Council of Provinces), ou cámara alta.


A Asemblea Nacional ten 400 membros, electos en representación proporcional. O Consello Nacional de Provincias, que substituíu ao Senado no 1997, está composto por 90 membros representando cada unha das nove provincias de África do Sur, alén das grandes cidades.


Cada provincia de África do Sur ten unha Lexislatura Provincial unicameral e un Consello Executivo liderado por un primeiro-ministro (premier).



Xeografía |




Mapa da Suráfrica.


África do Sur ten unha paisaxe variada. Na parte occidental, esténdese unha gran meseta composta en parte por deserto e en parte por pastos e sabanas, cortada polo curso do río Orange e do seu principal afluente, o Vaal. Ao sur, érguense as cordilleiras do Karroo e, ao leste o Drakensberg, a maior cadea montañosa da África meridional. Ao norte, o curso do río Limpopo serve de fronteira con Botswana e Zimbabwe.


O clima varía entre unha pequena zona de clima mediterráneo, no extremo sur, na rexión do Cabo, a desértico ao noroeste. No Drakensberg hai áreas con clima de montaña.


A maior cidade é Xohanesburgo. A Cidade do Cabo, Durban e Pretoria son outras cidades importantes.



Divisións administrativas |



Artigo principal: Organización territorial de Suráfrica.



Mapa das provincias e distritos da Suráfrica.
     Cabo Setentrional      Noroeste      Gauteng      Limpopo      Mpumalanga
     KwaZulu-Natal      Cabo Oriental      Estado Libre      Cabo Occidental


Cando o apartheid rematou no 1994, o goberno surafricano tivo que integrar aos antigos ¨Bantustans¨ semi ou independentes na estrutura política de Suráfrica. Para acabaren con isto, aboliron ás catro antigas provincias de Suráfrica (Provincia do Cabo, Provincia de Natal, Estado Libre de Orange e Transvaal) e substituíronas por outras nove. As novas provincias son moito máis pequenas cás antigas, teoricamente para darlle unha mellor facilidade ao goberno de cada unha sobre os distintos municipios.


As nove provincias están dividas en 52 distritos, seis dos cales son áreas metropolitanas ou concellos de clase A e os 46 restantes distritos municipais ou concellos de clase C, á súa vez estes 46 distritos municipais divídense en 231 concellos locais ou concellos de clase B. As novas provincias son:




































































Provincia
Antigas provincias
Capital
Área (km²)
Área (mi²)
Poboación (2001)

O Cabo Oriental

Provincia do Cabo, Transkei, Ciskei

Bisho
169 580
65 475
6 436 761

Estado Libre

Estado Libre de Orange, QwaQwa

Bloemfontein
129 480
49 992
2 706 776

Gauteng

Transvaal

Xohanesburgo
17 010
6 568
8 837 172

KwaZulu-Natal

Natal, KwaZulu

Pietermaritzburg
92 100
35 560
9 426 018

Limpopo

Transvaal, Venda, Lebowa, Gazankulu

Polokwane
123 900
47 838
5 273 637

Mpumalanga

Transvaal, KwaNdebele, KaNgwane, Bophuthatswana, Lebowa

Mbombela
79 490
30 691
3 122 994

O Cabo Setentrional

Provincia do Cabo

Kimberley
361 830
139 703
822 726

Noroeste

Transvaal, Provincia do Cabo, Bophuthatswana

Mafikeng
116 320
44 911
3 669 349

O Cabo Occidental

Provincia do Cabo

Cidade do Cabo
129 370
49 950
4 524 335

Total



1 219 080

470 688

44 819 768


Economía |



Artigo principal: Economía de Suráfrica.



A Bolsa de Xohanesburgo é a meirande bolsa de valores de todo o continente africano.


Suráfrica posúe unha economía mixta que é a segunda máis grande de África despois de Nixeria. Tamén ten un Produto Interior Bruto elevado se se compara con outros países da África subsahariana. Malia isto, Suráfrica aínda padece unha alta taxa de pobreza e desemprego, situándose como un dos dez países do mundo con maior desigualdade económica,[5] segundo o Coeficiente de Gini.


Ao contrario que a maioría dos países pobres do mundo, Suráfrica non ten unha economía informal importante, xa que segundo as estimacións da OCDE, só un 15% dos empregos de Suráfrica pertencen ao sector informal, unha porcentaxe moi baixa cando se compara co 50% de Brasil e a India ou o 75% de Indonesia. A OCDE atribúe esta diferenza a que Suráfrica ten un sistema de benestar máis xeralizado.[6] As investigacións do Banco Mundial amosan que Suráfrica ten unha das maiores diferenzas entre o Produto Nacional Bruto per capita e o Índice de Desenvolvemento Humano, fenda só superada por Botswana.[7]


Despois de 1994, as políticas do goberno reduciron a inflación, estabilizaron as finanzas públicas e atraeuse capital estranxeiro, aínda que o crecemento económico estivo por debaixo da media.[8] Dende o 2004 a economía repuntou significativamente, cun consecuente incremento do emprego.[8] Porén, os inmigrantes ilegais están implicados principalmente no comercio informal e a economía somerxida, polo que moitos seguen a vivir en malas condicións. Ademais, as políticas migratorias tornaron máis restritivas a partir de 1994.[9]


Suráfrica tamén é un destino turístico popular e unha boa parte dos ingresos do país proveñen do turismo.[10] Os principais países cos que comercia Suráfrica sen contar outros países africanos son Alemaña, os Estados Unidos, China, Xapón, o Reino Unido e España.[11]


A agricultura contribúe ao 10% do emprego formal do país, sendo esta unha porcentaxe relativamente baixa en comparanza a outras partes de África. Non obstante, tamén dá traballo a moitos temporeiros e supón o 2,6% do PIB do país.[12] Por mor do clima árido, só o 13,5% do solo pode ser empregado para cultivos e tan só o 3% da terra ten alto potencial de cultivo.[13]


En agosto de 2013 Suráfrica foi posicionado como o mellor país africano para o futuro segundo a revista FDi, tendo en conta o seu potencial económico, o contorno laboral, a rendibilidade, as infraestruturas e as estratexias de investimento estranxeiro directo.[14] O Índice de Opacidade Financeira sitúa a Suráfrica como 36º paraíso fiscal máis seguro do mundo, por diante das Filipinas e por detrás das Bahamas.



Demografía |



Artigo principal: Demografía de Suráfrica.



Migracións que formaron a actual Suráfrica.




Mapa de densidade de poboación de Suráfrica segundo o censo de 2011.
     <1 /km2      1–3 /km2      3–10 /km2      10–30 /km2      30–100 /km2
     100–300 /km2      300–1000 /km2      1000–3000 /km2      >3000 /km2


Segundo o último censo de poboación de 2011, Suráfrica contaba con preto de 52 millóns de habitantes con diferentes orixes, culturas, linguas e relixións. Nunha estimación realizada en 2014 o número ascendía a 54 millóns.[15]


Suráfrica tamén é fogar duns 5 millóns de inmigrantes ilegais, dos que arredor de 3 millóns son do veciño Cimbabue.[16] O 11 de maio de 2008 producíronse unha serie de disturbios violentos contra os inmigrantes, sendo o foco a cidade de Alexandra, preto de Xohanesburgo. Nas seguintes semanas a violencia espallouse pola provincia de Gauteng e nas cidades costeiras de Durban e Cidade do Cabo.[17][18]


Na elaboración do censo, o Servizo Nacional de Estatística de Suráfrica pregunta á poboación que se describa a si mesma segundo cinco grupos raciais.[19] No censo de 2011, os datos amosaron unha composición da poboación na que o 79,2% da poboación era de orixe negra africana, o 8,9% de orixe europea, outro 8,9% de orixe mixta, o 2,5% da India ou do sueste asiático e un 0,5% que se definiu como Outro/Sen especificar.[1] O primeiro censo que se realizou en Suráfrica foi en 1911, e nel amosábase que a poboación de ascendencia europea ascendía ao 22%, baixando até un 16% en 1980.[20]


Suráfrica tamén acolle un número importante de refuxiados e persoas que precisan asilo político. Segundo o World Refugee Survey 2008, publicado polo Comité dos Estados Unidos de América para refuxiados e inmigrantes, está poboación ascendía a 144.700 persoas en 2007.[21] Os diferentes grupos de refuxiados e solicitantes de asilo ascenden a máis de 10.000 persoas, nos que se inclúen 48.400 de Cimbabue, 24.800 da República Democrático do Congo e 12.900 de Somalia.[21] A meirande parte viven en Xohanesburgo, Pretoria, Durban, Cidade do Cabo e Porto Elizabeth.[21] Algúns refuxiados tamén comezaron a establecerse e vivir en zonas rurais como Mpumalanga, KwaZulu-Natal e Cabo Oriental.



Cultura |



Linguas |


Suráfrica ten 11 linguas oficiais : inglés, afrikaans, zulú, swati, ndebele, linguas sesotho do norte e do sur, Tsonga, tswana , venda e xosa.


O país recoñece ademais oito non oficiais: fanagalo, lobedu, ndebele, phuthi, lingua de signos surafricana, khoe, nama e san. Estas pódense usar en certos usos oficiais en áreas limitadas onde se determinou que estas linguas prevalecen.



Educación |




Escolares en Mitchells Plain.


Suráfrica posúe un sistema educativo que se estrutura en tres etapas diferentes. A primeira delas e a educación primaria, seguida da educación secundaria e a educación universitaria. Hai doce cursos na educación obrigatoria, que van dende o grao 1 até o 12. O Grao R é previo á educación primaria.[22] A educación primaria posúe sete cursos[23] e a secundaria cinco.


As universidades públicas de Suráfrica están divididas en tres tipos: as universidades tradicionais, que ofrecen graos universitarios orientados á teoría; as universidades tecnolóxicas, que ofrecen diplomas e graos vocacionais; e universidades integrais, que ofrecen ámbolos dous tipos de cualificación. Hai 23 universidades públicas en Suráfrica: 11 tradicionais, 6 tecnolóxicas e 6 integrais.


Durante o apartheid, as escolas para os negros eran suxeito de discriminación por medio de financiamentos insuficientes e un programa de estudos chamado Acta de Educación Bantú, que estaba deseñado para ofrecerlles aos estudantes unha formación como traballadores.[24]


No ano 2004 o país comezou a reformar a súa educación superior, incorporando pequenas universidades en institucións meirandes e renomeando todas as institucións de ensino superior como "universidade" para corrixir estes desequilibrios.


Entre os anos 2002 e 2005 Suráfrica destinou o 5,4% do seu PIB á educación[25] e a taxa de alfabetización en adultos era do 88,7% en 2007.[26]



Saúde |




Caída da esperanza de vida por causa da SIDA.


Segundo o Instituto Surafricano de Relacións Raciais, a esperanza de vida no 2009 era de 71 anos para os surafricanos brancos e de 48 para os surafricanos negros. O investimento en sanidade no país supón o 9% do PIB e, aínda así, só o 16% da poboación está cuberta nos plans de saúde.[27] Un 20% da poboación recorre á sanidade privada e o resto paga do seu peto ou utiliza plans de caixa hospitalaria.[28] Os tres grupos hospitalarios dominantes, Mediclinic, Life Healthcare e Netcare, controlan en conxunto o 75% do mercado e un 84% da poboación depende do sistema público de saúde, que está condicionado por unha escaseza crónica de recursos humanos e materiais.[29]



VIH/SIDA |


De acordo co informe de 2013 da ONUSIDA, Suráfrica tiña uns 6,3 millóns de habitantes afectados polo VIH, moitos máis que calquera outro país no mundo.[30] Do total de afectados, uns 360.000 eran menores de 14 anos.


Por outra banda, un estudio realizado no 2008 amosou que a infección de VIH/SIDA na poboación surafricana estaba moi diferenciada en liñas raciais: o 13,6% do surafricanos negros tiña VIH positivo, mentres que tan só o 0,3% dos surafricanos brancos o tiñan.[31] A maioría das mortes danse en persoas en idade laboral, o que supón que moitos orfos da SIDA dependan do estado para subsistir.[32]


A relación entre o VIH, un virus espallado principalmente por contacto sexual, e a SIDA foi negada durante moito tempo polo agora ex-presidente Thabo Mbeki e pola súa ministra de saúde Manto Tshabalala-Msimang, quen insistía en que moitas das mortes do país se producían por mor da malnutrición e a pobreza, e non polo VIH.[33]


Foi no 2007 cando o goberno comezou a facer esforzos para combater a SIDA, principalmente grazas á presión internacional.[34] Tralas Eleccións Xerais en Suráfrica de 2009, o presidente Jacob Zuma nomeou ao doutor Aaron Motsoaledi como o novo ministro de saúde e comprometeuse a aumentar o financiamento e ampliar o tratamento da SIDA.[35]



Notas |




  1. 1,01,1 Census 2011: Census in brief (PDF). Statistics South Africa. 2012localización=Pretoria. ISBN 9780621413885. 


  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para surafricano.



  3. "Mzansi DiToloki". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  4. "Distribution of family income – Gini index". Cia.gov. Consultado o 26 de xuño de 2013. 


  5. "South Africa's economy: How it could do even better". The Economist. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  6. "DEPWeb: Beyond Economic Growth". Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  7. 8,08,1 "Economic Assessment of South Africa 2008: Achieving Accelerated and Shared Growth for South Africa". Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  8. Mattes, Robert; Crush, Jonathan e Richmond, Wayne. "The Brain Gain: Skilled Migrants and Immigration Policy in Post-Apartheid South Africa". Southern African Migration Project, Queens College, Canada. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2005. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  9. "SA Economic Research – Tourism Update" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2008. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  10. "South Africa". The World Factbook. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  11. Unequal protection the state response to violent crime on South African farms. Human Rights Watch. 2001. ISBN 1-56432-263-7. 


  12. Mohamed, Najma (2000). Ben Cousins, ed. At the Crossroads: Land and Agrarian Reform in South Africa Into the 21st Century. ISBN 978-1-86808-467-8. 


  13. "African Countries of the Future 2013/14". fDiIntelligence.com. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  14. ""Mid-year population estimates 2014"" (PDF). Statistics South Africa. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  15. Hurd, Emma. "Escape From Mugabe: Zimbabwe's Exodus". SkyNews. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  16. "South African mob kills migrants". BBC. 12 de maio de 2008. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  17. Bearak, Barry (23 de maio de 2008). "Immigrants Fleeing Fury of South African Mobs". The New York Times. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  18. Lehohla, Pali (5 de maio de 2005). "Debate over race and censuses not peculiar to SA". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2007. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  19. =Study Commission on U.S. Policy toward Southern Africa (U.S.) (1981). South Africa: time running out: the report of the Study Commission on U.S. Policy Toward Southern Africa. p. 42. ISBN 0-520-04547-5. 


  20. 21,021,121,2 "World Refugee Survey 2008". 19 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  21. "A parent's guide to schooling". Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  22. "Education in South Africa". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2010. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  23. "Bantu Education Act". Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  24. "Human Development Report 2009– South Africa". Hdrstats.undp.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2010. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  25. "National adult literacy rates (15+), youth literacy rates (15–24) and elderly literacy rates (65+)". UNESCO Institute for Statistics. Consultado o 13 de xaneiro de 2015. 


  26. "What does the demand for healthcare look like in SA?" (PDF). Mediclinic Southern Africa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de outubro de 2013. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  27. "Motsoaledi to reform private health care". Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  28. "South Africa". ICAP at Columbia University. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  29. "HIV and AIDS estimates (2013)". ONUSIDA. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  30. "South Africa HIV & AIDS Statistics". AVERT.org. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  31. "AIDS orphans". Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  32. "Sack SA Health Minister – world's AIDS experts". Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  33. "Situation Analysis. HIV & AIDS and STI Strategic Plan 2007–2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de maio de 2013. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 


  34. "Zuma announces AIDS reforms". Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Apartheid



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Suráfrica&oldid=5079320"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.192","walltime":"1.549","ppvisitednodes":"value":3903,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":156597,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":15078,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":22,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":43518,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":22,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1152.583 1 -total"," 34.81% 401.217 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 19.27% 222.150 1 Modelo:Listaref"," 14.39% 165.881 3 Modelo:Navbox"," 13.51% 155.759 1 Modelo:África"," 12.62% 145.509 59 Modelo:Nowrap"," 11.71% 134.939 1 Modelo:Commonscat"," 11.42% 131.643 1 Modelo:Irmáns"," 11.04% 127.193 1 Modelo:Caixa_lateral"," 8.47% 97.631 1 Modelo:País"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.605","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":16173499,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1318","timestamp":"20190402095339","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Suru00e1frica","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Sur%C3%A1frica","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q258","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q258","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-05-15T15:50:18Z","dateModified":"2019-03-01T13:53:49Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/af/Flag_of_South_Africa.svg","headline":"pau00eds sudafricano"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":164,"wgHostname":"mw1271"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Why did Thanos need his ship to help him in the battle scene?Which actor plays Thanos in the Avengers mid-credits scene?Are there economic implications portrayed in comics where the buildings and cities are ruined almost daily?Old X-Men comic where team travels to alien world with a ring-like sun that needs recharging?Why does Ego need help sleeping?Is there an objective answer to who “the strongest Avenger” is?How did Banner get unstuck?Why did Thanos get hit?How did Thanos (or anyone) know the Infinity Stones would give him this power?Did Thanos leave Eitri alive for his after-sales service?In Avengers 1, why does Thanos need Loki?