Skip to main content

Especia Índice Clasificación | Uso gastronómico | Outros usos | Especias tradicionais | Véxase tamén | Menú de navegaciónConsumer.es: Condimentos: sal, hierbas aromáticas, especias, vinagreEspecias e herbas aromáticas30038673021452ID4020933-7spicessh85126619005667278708spezieD017365

Especias


PanPastaQueixoArrozCarnesSopasPeixesMariscosAugaLeitePatacasVexetaisMelViñoVerdurasFroitasHortalizasLegumesEspeciasOutros ingredientesReceitas de cociñaalimentosherbáceastropicaisAsiaMolucasIndonesiaAntigüidadebagasazafráncanelatomiñoromeupementapementonoz moscadatóxicasenzimasmineraiscalcioferrovitaminamedicinabruxeríasementesfroitosfloresherbas aromáticashortaxardín










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Insurrecci%C3%B3n_nacional_eslovaca" title="Insurrección nacional eslovaca"u003EInsurrección nacional eslovacau003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




Especia




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Especias nun mercado de Marrocos.




Alimentos

Pan - Pasta - Queixo - Arroz
Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos
Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes
Receitas de cociña


Cociñas rexionais

Asia - Europa - Caribe
Sueste asiático - Latino américa
Oriente medio - Norte de África - África - Galiza
Categoría: Gastronomía
Técnicas de preparación rexionais

Técnicas - Utensilios
Pesos e medidas
Vexa tamén:

Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias
Wikibooks: Cookbook

Especia é o nome xenérico dado a certas plantas que se empregan para preservar ou sazonar os alimentos ou para aromatizar bebidas; tamén reciben a denominación de condimentos aromáticos. Tecnicamente considéranse especias as partes duras, como as sementes ou codias, de certas plantas aromáticas (árbores, plantas herbáceas ou outras), así como, noutros casos, as raíces ou os froitos, en tódolos casos tralo desecamento, mentres que baixo o nome de herbas aromáticas se clasifican as follas e talos dalgunhas plantas herbáceas; ademais, estas poden utilizarse en fresco. Na práctica, especias e herbas aromáticas tenden a considerarse sinónimos.


As especias eran procedentes das rexións tropicais de Asia e das illas Molucas na Indonesia, tamén coñecidas como as Illas das Especias. As especias empregábanse xa na Antigüidade, e as utilizadas na actualidade son practicamente as mesmas.


Etimoloxicamente, a palabra especia provén da palabra latina species. En principio esta palabra servía para designar calquera cousa unitaria da que se falase, resaltando as características que a facían única. Co paso do tempo foi derivando ao significado de "bens" ou "mercancías", sobre todo para referirse a aquelas que proviñan de países afastados, que habitualmente eran sementes, raíces, gromos ou bagas.




Índice





  • 1 Clasificación


  • 2 Uso gastronómico

    • 2.1 Vantaxes e inconvenientes



  • 3 Outros usos


  • 4 Especias tradicionais


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Outros artigos


    • 5.2 Ligazóns externas





Clasificación |


As herbas e as especias poden clasificarse en dous grupos: as que modifican tanto o sabor como o aspecto dos alimentos, grupo no que estarían o azafrán, a canela, o tomiño e o romeu, entre outros; e as que excitan o padal, entre las que se atopan a pementa, o pemento, a noz moscada e as diversas variedades de chiles. A cantidade de pratos que se poden cociñar cunhas e con outras, tanto soas como mesturadas, é moi elevada; isto fai que as distintas cociñas de cada cultura adquiran un toque característico.



Uso gastronómico |




Febras de azafrán


Poden usarse na cociña frescas ou secas, soas ou mesturadas, enteiras ou moídas. Utilízase a cortiza, as flores (agromos, extremos floridos ou só os estigmas), froitos (maduros ou non), sementes (enteiras ou non), follas, bulbos ou rizomas.


Pódense conxelar sen problema, como tal ou englobadas en pedras de xeo que se engaden ó prato. Aconséllanse a súa adición ó final da preparación culinaria, deixando pousar logo o prato para que desprendan todo o seu aroma.


Debido ás súas propiedades aromatizantes é posíbel que alimentos insípidos ou desagradábeis, aínda que moitas veces nutritivos, pasen a ser saborosos sen perderen as súas propiedades nutritivas. Moitas delas deben tomarse con precaución xa que poden resultar tóxicas en concentracións elevadas. Algunhas presentan compostos incapaces de seren absorbidos polo organismo, sendo eliminadas directamente; outras son destruídos polos propios enzimas dixestivos.


A súa capacidade para potencia-lo sabor permite que se consigan grandes efectos aromáticos e sápidos nos alimentos con cantidades moi pequenas. As especias non adoitan posuír elementos nutricionais, salvo nalgúns casos nos que posúen minerais, como o calcio ou o ferro, ou algunha vitamina, pero non é o seu posible valor nutritivo a razón do seu uso na cociña. Moitas veces adoita ser importante o efecto que teñen sobre o apetito.


Existen no mercado sucedáneos de especias (o máis coñecido é o sucedáneo do azafrán ou colorante alimentario), elaborados con fariñas, féculas, aceites vexetais e colorantes sintéticos.



Vantaxes e inconvenientes |


  • As especias estimulan o apetito ó aumentar ou modificar o sabor e o aroma das comidas.

  • Aumentan a secreción das glándulas do aparato dixestivo, desde a saliva ata a secreción intestinal, enzimas que favorecen a dixestión.

  • Moitas, sobre todo as herbas aromáticas, posúen acción carminativa: os seus aceites esenciais diminúen a formación de gas no intestino, co que reducen a flatulencia.

  • Algunhas especias axudan á conservación dos alimentos, polas súas propiedades antisépticas e antifúnxicas.

  • O aumento da sensación sápida permite reducir o sal utilizado no cociñado dos alimentos, o que resulta beneficioso para persoas hipertensas ou que sufran insuficiencia cardiaca ou renal.

Pero tamén poden presentar algúns inconvenientes:


  • Poden ser causa de inflamacións na mucosa do estómago, especialmente as especias picantes, ó aumentar a secreción de zume gástrico.

  • Algunhas especias son quen de provocar alerxias no consumidor (e nas persoas que, profesionalmente, se dedican á súa fabricación ou comercio). Trátase de casos de alerxia facial (proído de nariz, esbirros, tose etc.), dixestiva (dores abdominais, proído anal) ou cutánea (eritema por contacto coa pel).

  • O consumo habitual de comidas con especias ten como consecuencia a sensación de perda de sabor nos alimentos no seu estado natural, que chegan a resultar insípidos.

  • Aumentan a necesidade de beber coas comidas, polo que a dilución dos zumes gástricos fai máis lenta a dixestión.

  • Poden utilizarse, fraudulentamente, para disimular as alteracións desagradables nas características organolépticas dos alimentos contaminados ou en descomposición, especialmente carnes e peixes.


Outros usos |


Ademais do seu uso culinario, as herbas e mais as especias foron grandes aliadas da medicina e dos curandeiros, ademais de ser empregadas en rituais primitivos de bruxería. Antes da xeneralización da fabricación e do emprego de medicamentos adoitábanse prescribir remedios elaborados con herbas, moitas veces eficaces, que en ocasións serviron para a realización ou a obtención de determinados compostos presentes nalgúns medicamentos.



Especias tradicionais |


As especias tradicionais son as que proveñen principalmente das sementes, froitos, flores ou codias secas. Segundo a parte da planta utilizada son:


  • de sementes ou froitos secos:



    • alforfa

    • mapoula

    • anís

    • cardamomo

    • comiño


    • mostaza

    • noz moscada

    • pemento

    • pementa ou prebe

    • sésamo

    • vainilla

    • gran do paraíso

  • de codias vexetais:
    • canela

  • de flores secas:
    • sasafrán

    • cravo


  • de rizomas:
    • cúrcuma

    • xenxibre


As mesturas de diferentes especias dan lugar a outro tipo de condimento, tales como:




Curry nun bazar de Istambul


  • o curry, salsa picante feita con pementa, xenxibre, cravo, noz moscada, cúrcuma e varios ingredientes máis. O curry comercial leva sal.

  • as herbas provenzais.

  • a mostaza preparada: elaborada con sementes de mostaza trituradas, vinagre, sal e cúrcuma ou sasafrán, ó que deben a cor amarela.

  • O ketchup: mestura de tomate, vinagre, azucre e especias.


  • Salsa tabasco: mestura de chiles, vinagre e especias. Moi picante.


  • Salsa Worcestershire: con melaza de cana de azucre e especias picantes.

  • O berbere, empregado en Etiopía e Eritrea.

Resultante da desecación de certos vexetais temos:


  • o allo en po

  • o apio en po

  • a cebola seca

  • a pemento

  • o tomate secado e en po

As herbas aromáticas, consideradas especias nalgunhas clasificacións, proveñen de follas de plantas pero só perfuman a comida. Non son tan valoradas como as especias xa que o seu cultivo é doméstico e relativamente doado, podendo facerse nunha horta ou xardín pequeno.





  • a alfábega

  • a segorella

  • o cantroxo

  • o coandro

  • a lavanda

  • o estragón

  • o aneto

  • o fiúncho


  • o loureiro

  • a maiorana

  • a menta

  • a sarxa

  • o ourego

  • o perexil

  • o romeu

  • o tomentelo


Véxase tamén |



Outros artigos |


  • Lista de especies de herbas aromáticas e especias

  • Herba aromática


Ligazóns externas |



  • Consumer.es: Condimentos: sal, hierbas aromáticas, especias, vinagre (1.04.2001; consultado o 22.08.2009)


  • Especias e herbas aromáticas en saboresdecrianza.com




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especia&oldid=5043909"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.352","walltime":"0.507","ppvisitednodes":"value":177,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":7762,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":0,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":2,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 440.315 1 -total"," 99.19% 436.730 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 0.77% 3.405 1 Modelo:Cociña"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.256","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3291508,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1294","timestamp":"20190515102345","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Especia","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Especia","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q42527","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q42527","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-07-02T14:41:02Z","dateModified":"2019-01-25T17:38:29Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b6/Spices1.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":151,"wgHostname":"mw1266"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos