Skip to main content

Enciclopedia Índice Concepto | Historia | Enciclopedias galegas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Encyclopedia."o orixinalDictionary of LexicographyModern Lexicography"Encyclopaedia"Dictionary of LexicographyThe Oxford History of English Lexicography, Volume I"Enciclopedia y Diccionario diferencias, las enciclopedias en Internet: ventajas de una enciclopedia en impresos y la web"o orixinalcapítulo 397Enciclopædia BritannicaOpen SiteHall EncyclopediaStanford Encyclopedia of PhilosophyInternet Encyclopedia of Philosophy300129439921412043290bID01785944014986-9encyclopediassh99001614005638416458enciclopediaD019500

Enciclopedias


coñecementoorde alfabéticadicionarioslingüísticapalabrasPlinio o VellovolumeWikipediagregocienciaescritoresAristóteleshumanoJohn Harris1704Enciclopedia Británica17681771Denis Diderot1772dixitalsonsvídeosmultimediaSumeriaglosarioEblaantigo ExiptoJack GoodyPlatónAristótelesepítomesIsidoro de SevillaSéculo XVIIIFranciarelixiónmetafísicaD'AlembertDiderotVoltaireCharles Blackproxecto Gutenberglingua castelá2005DVDgalegoIr IndoWikipedia










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Enciclopedia




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura






Gran Enciclopèdia Catalana


Unha enciclopedia é unha obra de referencia que é compendio de información que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano.[1] As enciclopedias están divididas en artigos ou entradas, que están ordenados por orde alfabética segundo o nome do artigo.[2] As entradas de enciclopedia son máis longas e achegan información máis polo miúdo que os dicionarios.[2] Ó contrario que as entradas de dicionario, que se centran en información lingüística sobre as palabras, os artigos das enciclopedias céntranse en información factual relativa ó suxeito do artigo.[3][4][5][6]


As enciclopedias existen dende hai 2 000 anos, sendo a máis antiga que se coñece Naturalis historia, escrita arredor do ano 77 por Plinio o Vello. As enciclopedias modernas evolucionaron dende os dicionarios arredor do século XVII. Historicamente, algunhas enciclopedias estaban contidas nun só volume, mentres que outras, como a Encyclopædia Britannica, a Enciclopedia Treccani (62 volumes, 56 000 páxinas) ou a meirande do mundo, Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (118 volumes, 105 000 páxinas), convertéronse en grandes obras multivolume. Algunhas enciclopedias modernas, como a Wikipedia, son electrónicas e de contidos libres.




Índice





  • 1 Concepto


  • 2 Historia

    • 2.1 Orixes


    • 2.2 Idade Antiga e Moderna


    • 2.3 Dende o século XVIII



  • 3 Enciclopedias galegas


  • 4 Notas


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Ligazóns externas





Concepto |




Enciclopedia Der Neue Pauly.


O termo procede do grego εγκύκλιος παιδεία (enkyklios paideia), que significa "nun círculo de instrución".


As enciclopedias poden ser xerais, contendo artigos sobre temas de tódalas áreas, ou poden especializarse nun campo en particular (por exemplo, unha enciclopedia de ciencia). Tradicionalmente, a información ordénase alfabeticamente por palabras que describen os temas.


Moitos escritores antigos (coma o filósofo Aristóteles) fixeron o intento de compendiar todo o coñecemento humano. Non obstante, John Harris é quen recibe o crédito por establecer o agora familiar formato de enciclopedia no 1704 co seu Lexicon technicum. A venerábel Enciclopedia Británica tivo un comezo modesto, de 1768 a 1771 publicáronse tan só tres volumes. Quizais a máis famosa enciclopedia antiga foi a Francesa Encyclopédie, editada por Denis Diderot e completada no 1772.


As enciclopedias, pola súa estrutura de palabras e referencias cruzadas, son extremadamente axeitadas para trasladaren os seus contidos do formato impreso ao formato dixital, debido a dúas razóns: primeiro, porque é bastante doado explorar e atopar o que se está buscando e segundo, porque é posíbel engadir sons, vídeos e outros contidos multimedia.



Historia |



Orixes |


En Sumeria, durante o cuarto milenio antes de Cristo, redactouse un glosario temático que se pode considerar como un primeiro intento de ordenar o coñecedemento do mundo. 600 anos despois rexístrase un intento semellante en Ebla que segue unha orde convencional de signos.


No antigo Exipto atópanse tamén listaxes temáticas. A Onomástica do Ramesseum, redactada contra o 1750 a. C. é unha listaxe de palabras agrupadas por categorías. Outra obra do mesmo xénero, moito máis desenvolvida, é a Onomástica de Amenofis, realizada contra o 1100. Componse de 610 elementos organizados de modo temático e segundo o antropólogo Jack Goody, contería máis de 2000 informacións distintas.


O filósofo grego Platón (428-348 a. C.) realizou un resumo dos coñecementos da súa época nun dos seus diálogos, o Timeo: Astronomía, Cosmogonía, Física e Medicina. Esta obra pode considerarse unha "enciclopedia metódica". O seu discípulo Aristóteles (384-322) produciu unha longa cantidade de tratados sobre gran variedade de temas cun espírito verdadeiramente enciclopédico e sen equivalentes no mundo antigo (Poética, Retórica, Lóxica, Política, Física, Psicoloxía, Bioloxía, Ética...). Porén, os seus estudos só foron difundidos 275 anos despois do seu pasamento.



Idade Antiga e Moderna |




Manuscrito iluminado de 1287 que mostra os enciclopedistas musulmáns, os Irmáns da Pureza


Anos despois créaronse outras obras que eran recompliacións ou epítomes de coñecementos xerais. Un dos repertorios máis temperáns e coñecidos, destinado a salvar os coñecementos esenciais da cultura grecolatina clásica é o titulado Etymologiae composto polo escritor visigodo Isidoro de Sevilla e redactado entre 627-630.[7] Outras obras deste período foron:


  • Século VI d. C. Bṛihat Saṃhitā, enciclopedia india escrita en sánscrito por Varaja Mijira.

  • Século X d. C. Rasā’il Ijwān aṣ-Ṣafā’ ("Epístolas dos Irmáns da Pureza") enciclopedia en árabe escrita en Basora.

  • 1260-1267. Li Livres dou Trésor de Brunetto Latini, primeira enciclopedia medieval en romper co latín.

  • 1295. Arbor scientiae de Ramon Llull.

  • Comezos do século XV. Fons memorabilium universi de Domenico Bandini, primeira obra que utilizou un sistema de referencias cruzadas.

  • 1503. Polyanthea de Domenico Nani Mirabelli, reelaborada e ampliada en más de corenta edicións entre 1503 e 1681, cunha edición definitiva en 1735.

  • 1503. Aepitoma Omnis Philosophiae. Alias Margarita Phylosophica tractans de omne genera... de Gregor Reisch. Foi a primeira enciclopedia impresa; tivo segunda edición ampliada en Estrasburgo: Johann Gruninger, 1504; ata 1599 realizáronse dez edicións.

  • 1517. Encyclopedia orbisque doctrinarum, hoc est omnium artium, scientiarum, ipsius philosophiae index ac divisio, escrita por Johannes Aventinus, que foi a primeira obra titulada Enciclopedia.

  • 1620. Instauratio Magna (sen rematar) e Novum Organum de Francis Bacon.

  • 1678-1681. Praecognita ad Encyclopaediam sive Scientiam universalem de Gottfried Leibniz.


Dende o século XVIII |


O maior fito do período da Ilustración do Século XVIII é a Encyclopédie ou Dictionnaire raisonné des Sciences, des Arts et des métiers, compilada por un grupo de escritores e homes de ciencia de Francia.
De maneira plenamente consciente, estes homes estaban dando as costas tanto á relixión como á metafísica vendo na ciencia pura unha nova forza motriz intelectual.


Reuniron nunha vasta obra tódolos coñecementos científicos da época, non como un mero rexistro alfabético, senón como un relato do modo científico de enfrontárense co mundo. Neste sentido, é especialmente interesante o seu Discours préliminaire des editeurs no que se enmarca o coñecemento humano en tres facultades: Historia, Filosofía e Belas Artes, recoñecendo as dificultades da clasificación das ciencias que se viñan desenvolvendo dende o século XVII.


Estes escritores desexaban forxar un poderoso instrumento para a loita contra o escurantismo das autoridades políticas e relixiosas. A maioría das figuras culturais e científicas da época colaboraron nesa empresa. Entre elas destacan D'Alembert, Diderot e Voltaire.


Entre 1768 e 1771, Adam e Charles Black publicaron a Encyclopædia Britannica, que se reimprimiu en papel ata a versión informática con correccións e ampliacións. As edicións máis célebres foron a novena (1875-1889) e a undécima (1911) pola súa erudición e estilo literario. A décimo quinta edición divídese en tres partes: unha Micropædia de 12 volumes con artigos curtos de menos de 750 palabras, unha Macropædia de 17 volumes con artigos longos (entre 2 e 310 páxinas) e unha Propædia, nun só volume, que ofrece un esquema xerárquico do coñecemento humano.


No século XXI pasouse á incorporación de contidos en almacenamentos dixitais. O proxecto Gutenberg deu pulo á recompilación de datos antigos.



Enciclopedias galegas |




Varios exemplares da GEG ocupan as baldas da Biblioteca de Galicia.


Hai catro enciclopedias galegas.[8] De temática galega, a Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada do ano 1974 de corenta e tres tomos, en lingua castelá e a Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada do ano 2005 en papel e tamén en DVD, en galego.


De temática universal, consultables en liña e editadas en galego son as outras dúas. A Enciclopedia Galega Universal da editorial Ir Indo, que require rexistro e tamén dispón de versión en papel de 16 tomos. E a Galipedia, a versión en galego da Wikipedia, de acceso libre.



Notas |




  1. "Encyclopedia.". Arquivado dende o orixinal o 3 de agosto de 2007.  Glossary of Library Terms. Riverside City College, Digital Library/Learning Resource Center. Consultado o 17 de novembro de 2007.


  2. 2,02,1 Hartmann, R. R. K.; James, Gregory; James, Gregory (1998). Routledge, ed. Dictionary of Lexicography. p. 48. ISBN 0-415-14143-5. Consultado o 27 de xullo de 2010. 


  3. Béjoint, Henri (2000). Modern Lexicography, pp. 30–31. Oxford University Press. ISBN 0-19-829951-6


  4. Encyclopædia Britannica (ed.). "Encyclopaedia". Consultado o 27 de xullo de 2010. An English lexicographer, H.W. Fowler, wrote in the preface to the first edition (1911) of The Concise Oxford Dictionary of Current English language that a dictionary is concerned with the uses of words and phrases and with giving information about the things for which they stand only so far as current use of the words depends upon knowledge of those things. The emphasis in an encyclopedia is much more on the nature of the things for which the words and phrases stand. 


  5. Hartmann, R. R. K.; Gregory, James (1998). Routledge, ed. Dictionary of Lexicography. p. 49. ISBN 0-415-14143-5. Consultado o 27 de xullo de 2010. In contrast with linguistic information, encyclopedia material is more concerned with the description of objective realities than the words or phrases that refer to them. In practice, however, there is no hard and fast boundary between factual and lexical knowledge. 


  6. Cowie, Anthony Paul (2009). Oxford University Press, ed. The Oxford History of English Lexicography, Volume I. p. 22. ISBN 0-415-14143-5. Consultado o 17 de agosto de 2010. An 'encyclopedia' (encyclopaedia) usually gives more information than a dictionary; it explains not only the words but also the things and concepts referred to by the words. 


  7. "Enciclopedia y Diccionario diferencias, las enciclopedias en Internet: ventajas de una enciclopedia en impresos y la web". Biblioteca Digital de Trabajos Especiales de Grado. Arquivado dende o orixinal o 28-11-2011. Consultado o 4-12-2010. 


  8. Ferro Ruibal, Xesús; capítulo 397 de Ben falado, TVG.



Véxase tamén |





Ligazóns externas |



  • Enciclopædia Britannica (en inglés).

  • Open Site


  • Hall Encyclopedia, enciclopedia e dicionarios en inglés.


  • Stanford Encyclopedia of Philosophy (en inglés).


  • Internet Encyclopedia of Philosophy (en inglés).




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Enciclopedia&oldid=4894311"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.440","walltime":"0.693","ppvisitednodes":"value":694,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":21969,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":582,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":12,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":10463,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":13,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 616.726 1 -total"," 71.16% 438.876 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.23% 112.455 1 Modelo:Listaref"," 11.03% 68.039 3 Modelo:Cita_web"," 3.66% 22.582 3 Modelo:Cita_libro"," 2.90% 17.906 1 Modelo:Commons"," 2.54% 15.662 1 Modelo:1000"," 2.42% 14.950 1 Modelo:Irmáns"," 2.00% 12.363 1 Modelo:Icona_en_título"," 1.77% 10.905 1 Modelo:Caixa_lateral"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.294","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5448308,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1319","timestamp":"20190602184016","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Enciclopedia","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Enciclopedia","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q5292","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q5292","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-11-30T17:58:07Z","dateModified":"2018-09-04T08:01:24Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/69/Gran_Enciclop%C3%A8dia_Catalana.jpg","headline":"compendio do cou00f1ecemento humano"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":172,"wgHostname":"mw1275"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020