Skip to main content

François Cevert Índice Antecedentes familiares | Andaina | Reesultados | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónHuguette's photo"8W – What? – Tyrrell"Team Tyrrell Drivers – 1971Grand Prix Encyclopedia8W – Tyrrell in 1973Atlas F1 Bulletin Board with 3 photographs of Cevert's grave at VaudelnayWorldCat6659277412789169q121820000 0000 2176 2451n50035842

Pilotos de Fórmula 1 de FranciaPilotos de Fórmula 1 de Tyrrell RacingPilotos das 24 Horas de Le MansNados en ParísNados en 1944Finados en 1973


París25 de febreiro1944Watkins GlenEstado de Nova York6 de outubro1973francésFórmula 1Xudeusautocracia zaristaSegunda Guerra MundialnazisResistencia francesaJean-Pierre BeltoiseVespaNortonLe MansMagny-CoursAlpineFórmula TresTecnoJean-Pierre JabouilleFórmula DúasGran Premio de Alemaña de 1969Fórmula UnJackie StewartCrystal PalaceKen TyrrellElfJohnny Servoz-GavinTyrrell1970Gran Premio dos Países BaixosZandvoortGran Premio de ItaliaMonza1971FranciaAlemañaGran Premio dos Estados UnidosCircuíto de Watkins GlenMaurice TrintignantMónaco19551958Ronnie Peterson1972BélxicaEE.UU.FranciaClermont-Ferrand24 horas de Le MansMatra19731974Watkins GlenRonnie PetersonVaudelnayMaine-et-LoireChave










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Insurrecci%C3%B3n_nacional_eslovaca" title="Insurrección nacional eslovaca"u003EInsurrección nacional eslovacau003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




François Cevert




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





























François Cevert

Francois Cevert 1973.jpg


Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade

Flag of France.svgFrancia
Anos en activo

1970–1973
Escudería(s)

Tyrrell

Grandes Premios disputados
47 (46 saídas)

Campionatos
0
Vitorias
1
Podios
13

Pole positions
0
Voltas rápidas
2
Primeiro GP

Gran Premio dos Países Baixos de 1970
Primeira vitoria

Gran Premio dos Estados Unidos de 1971
Derradeira vitoria

Gran Premio dos Estados Unidos de 1971
Derradeiro GP

Gran Premio dos Estados Unidos de 1973

Albert François Cevert Goldenberg, nado en París o 25 de febreiro de 1944 e finado en Watkins Glen (Estado de Nova York) o 6 de outubro de 1973, foi un piloto de carreiras francés que participou no Campionato do Mundo de Fórmula 1.




Índice





  • 1 Antecedentes familiares


  • 2 Andaina

    • 2.1 Inicios


    • 2.2 Fórmula Un


    • 2.3 Morte



  • 3 Reesultados

    • 3.1 Resultados Completos na Fórmula Un



  • 4 Notas


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Bibliografía


    • 5.2 Ligazóns externas





Antecedentes familiares |


Era fillo de Carlos Goldenberg (1901-1985), un xoieiro parisino de éxito, e Huguette Cevert[1]. O seu pai era un emigrante ruso-xudeu que fora traído a Francia cando era un neno polos seus pais, para escapar da persecución dos Xudeus no marco do autocracia zarista. Durante a Segunda Guerra Mundial, con Francia ocupada polos nazis, como xudeu rexistrado Charles Goldenberg uniuse á Resistencia francesa para evitar a deportación forzada a Polonia. Co fin de non chamar a atención das autoridades da súa continua presenza na capital fortemente controlada, Charles e os catro fillos foron rexistrados co seu apelido de Huguette en lugar do seu. Algúns anos logo da liberación de Francia, o pai de Cevert quería cambiar o nome dos seus fillos a Goldenberg, pero a familia opúxose xa que agora eran coñecidos como Cevert.[2]


Cevert era cuñado do piloto de Fórmula 1 Jean-Pierre Beltoise.[3]



Andaina |



Inicios |


Cando tiña 16 anos, François Cevert comezou a súa traxectoria deportiva nas dúas rodas, no canto de catro, correndo inicialmente ca moto Vespa da súa nai contra os seus amigos, antes de pasar a Norton á idade de 19 anos. Logo de completar o seu servizo militar, Cevert cambiou a súa atención aos coches. En 1966 realizou un curso de formación na escola de Le Mans, antes de inscribirse na escola de carreiras de Magny-Cours. Ao mesmo tempo, rexistrouse para o concurso de bolsas Shell Volant, que ofrecía como premio un coche Alpine de Fórmula Tres ao mellor clasificado. Cevert clasificouse para a última carreira e gañou.


A súa primeira tempada na F3, ao volante do seu premio Alpine, non foi así. Carecía dos fondos e de experiencia para configurar e manter correctamente o seu coche. Logo de atopar patrocinio para a tempada 1968, Cevert cambiou o seu Alpine por un Tecno, un coche máis competitivo. Coa súa nova montura Cevert finalmente comezou a gañar carreiras, e para ser ao final da tempada campión da Fórmula 3 Francesa, xusto por diante de Jean-Pierre Jabouille.


Logo de gañar o Campionato de Francia de Fórmula 3, Cevert uniuse ao equipo de fabrica Tecno de Fórmula Dúas en 1969, e terminou terceiro na xeral, e pilotou un F2 no Gran Premio de Alemaña de 1969. Nese momento, a Fórmula Dúas era un campo de adestramento ideal para os pilotos ambiciosos, xa que moitos dos mellores pilotos de Gran Premio tamén competían na clase F2, cando o seu calendario de Fórmula Un permitíallo. Jackie Stewart correu contra Cevert nunha carreira de F2 en Crystal Palace. Ese mesmo ano, Stewart díxolle ao seu xefe de equipo Ken Tyrrell que seguira a traxectoria do mozo francés. Esta recomendación persoal foi recompensado en 1970, cando Tyrrell necesitou un novo piloto a recente recomendación de Stewart atopábase aínda na súa mente. Tyrrell comentou posteriormente sobre a designación de Cevert para o equipo de Fórmula Un "todo o mundo dixo que fora dunha petición da petroleira francesa e sponsor de Tyrrell Elf. Pero realmente foi a recomendación de Jackie".



Fórmula Un |


Cando Johnny Servoz-Gavin retirouse de súpeto do equipo Tyrrell de Fórmula Un despois da terceira carreira da tempada de 1970, Tyrrell chamou a Cevert para ser o seu piloto número dous, á beira do campión do mundo Stewart. Durante as seguintes catro tempadas, Cevert converteuse no devoto protector do veterano Stewart. Logo de facer o seu debut no Gran Premio dos Países Baixos en Zandvoort no segundo cliente de Tyrrell, o March-Ford, aumentou o ritmo e reduciu a diferenza con Stewart en practicamente todas as carreiras. Gañou o seu primeiro punto no campionato mundial ao terminar sexto no Gran Premio de Italia en Monza.


En 1971, co equipo Tyrrell construíndo agora os seus propios coches, Cevert terminou segundo en Francia e Alemaña, en ambas ocasións tralo seu xefe de equipo Stewart. Logo, no final da tempada no Gran Premio dos Estados Unidos na recentemente ampliado Circuíto de Watkins Glen, o francés gañou a súa primeira e única vitoria nun Gran Premio:



Saíndo desde a quinta posición, Cevert arrebatou o liderado a Stewart na volta 14, os pneumáticos do escocés comezaron a ceder cando chegaron aos 100°. A iso de media carreira, Cevert finalmente comezou a loitar coa mesma subviraxe que sufrira Stewart moito antes. Jacky Ickx estaba pechando distancias, e as súas Firestone foron mellorando a medida que avanzaba a carreira. Na volta 43, Ickx marcou a volta rápida da carreira, e a brecha reduciuse a 2´2 segundos. Logo, na volta 49, o alternador no Ferrari de Ickx rompeu, perforando a caixa de cambios e derramando aceite en todo o circuíto. O McLaren de Denny Hulme pisou o aceite, derrapou e bateu contra a barreira, dobrando a suspensión dianteira. Hulme estaba parado á beira da pista cando Cevert tamén derrapou e golpeou a barreira, pero el seguiu o seu camiño, agora a 29 segundos na cabeza. Cevert chegou primeiro ao cruzar a liña de meta.[4]



Cevert converteuse no segundo francés en gañar un Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un (Maurice Trintignant gañou en Mónaco en 1955 e 1958), e recibiu 50.000 dólares como premio. Foi o punto culminante da súa carreira, axudándolle a lograr o terceiro lugar no Campionato de pilotos de 1971 detrás de Stewart e Ronnie Peterson.




François Cevert pilotando un Matra 670 en Nürburgring 1973


As grandes expectativas para Cevert, Stewart e Tyrrell non se cumpriron en 1972, Cevert terminou nos puntos só tres veces, con segundos lugares en Bélxica e EE.UU. e un cuarto na súa carreira de casa en Francia no circuíto de Clermont-Ferrand. Un punto brillante nun ano decepcionante para Cevert foi o seu segundo posto nas 24 horas de Le Mans, pilotando un Matra-Simca 670 co neocelandes Howden Ganley.



Morte |


En 1973, o equipo Tyrrell estaba de volta entre os grandes da Fórmula Un e Cevert mostrou que era capaz de correr a altura de Stewart en case todas as carreiras. Terminou segundo en seis ocasiones, tres veces detrás de Stewart, quen recoñeceu que o francés fora un compañeiro moi "obediente". Cevert comezou a destacar, ata mostrar a mesma capacidade de condución que Stewart, o escocés secretamente planeaba retirarse logo da última carreira da tempada nos Estados Unidos. Para a tempada 1974, Cevert sería o líder do equipo de Tyrrell.


En Watkins Glen, con Stewart xa gañador do seu terceiro Campionato do Mundo, Cevert morreu durante a mañá do sábado na clasificación, mentres loitaba pola pole position con Ronnie Peterson. Na rápida combinación esquerda dereita costa arriba chamada "Os Esses".[5] O coche de Cevert foise cara ao lado esquerdo da pista, batendo cos bordillos.[6] o coche perdeu o control, bateu co gardarail da dereita e trompeou, virando para a esquerda, e batendo así no gardarail oposto nun ángulo de 90 graos, arrancando e levantando a barreira. Cevert morreu no acto polas lesións masivas causadas pola barreira, que cortoulle o corpo ao medio entre o pescozo e a cadeira.



Cevert estrelouse violentamente nas Esses costa arriba rumbo á parte traseira do circuíto. Loitaba co coche mentres subía o outeiro, rozou a beirarrúa da esquerda, atravesou a pista e golpeou a varanda da dereita. O coche empezou a trompear, e desviouse alén da pista a 150 quilómetros por hora e golpeou a varanda exterior case de fronte, dixo Stewart.



Jackie Stewart foi un dos últimos en chegar á escena do accidente de Cevert e dixo máis tarde "Eles os comisarios de carreira. Deixárono no coche, porque el estaba claramente morto". Stewart abandonou inmediatamente a escena do accidente e regresou aos boxes. Debido á morte de Cevert, Tyrell retirou a súa participación para este GP, e Stewart non correu a final, e a carreira número 100.


Cevert tiña 29 anos e 224 días. François Cevert está enterrado no cemiterio de Vaudelnay na localidade de Vaudelnay, Maine-et-Loire.



Reesultados |


  • Gañador do Volant Shell 1966

  • Campión de Fórmula 3 1968

  • Terceiro lugar no Campionato de Fórmula 2 1969

  • Terceiro lugar no campionato de pilotos de Fórmula 1 1971

  • Segundo lugar nas 24 horas de Le Mans 1972

  • Gañador de Donnybrook, Can-Am 1972


Resultados Completos na Fórmula Un |


(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.













































































































































Ano
Equipo
Chasis
Motor
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
WDC
Pts.

1970

Tyrrell Racing Organisation

March 701

Ford V8

RSA


ESP


MON


BEL


NED
Ret

FRA
11

RU
7

ALE
7

AUT
Ret

ITA
6

CAN
9

USA
Ret

MEX
Ret


22º
1

1971

Elf Team Tyrrell

Tyrrell 002

Ford V8

RSA
Ret

ESP
7

MON
Ret

NED
Ret

FRA
2

RU
10

ALE
2

AUT
Ret

ITA
3

CAN
6

USA
1







26

1972

Elf Team Tyrrell

Tyrrell 002

Ford V8

ARX
Ret

RSA
9

ESP
Ret

MON
NC

BEL
2

FRA
4

RU
Ret

ALE
10

AUT
9

ITA
Ret






15

Tyrrell 006

Ford V8











CAN
Ret

USA
2




1973

Elf Team Tyrrell

Tyrrell 006

Ford V8

ARX
2

BRA
10


ESP
2

BEL
2

MON
4

SWE
3

FRA
2

RU
5

NED
2

ALE
2

AUT
Ret

ITA
5

CAN
Ret

USA
NTS

47

Tyrrell 005

Ford V8



RSA
NC













Notas |




  1. Huguette's photo


  2. Cooper, A. 1998. A Date With Destiny? Motor Sport, LXXIV/11 (November 1998), 66–73


  3. "8W – What? – Tyrrell". Autosport. Consultado o August 8, 2010. 


  4. http://www.forix.com/asp/notes.asp?z=0&k=0&l=0&i=3582&c=6


  5. After The Esses, there is Backstraight.


  6. descritos por Niki Lauda no seu libro The Art and Science of Grand Prix Driving como incriblemente peligrosos. (Os bordos do circuíto non se modificaron ata o ano 2005 cando o Indy Racing League comezou a competir no circuíto)



Véxase tamén |





Bibliografía |


  • Hamilton, Maurice, Ken Tyrrell: The Authorised Biography, HarperCollinsWillow 2002, ISBN 0-00-714376-1


Ligazóns externas |


  • Team Tyrrell Drivers – 1971

  • Grand Prix Encyclopedia

  • 8W – Tyrrell in 1973

  • Atlas F1 Bulletin Board with 3 photographs of Cevert's grave at Vaudelnay




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=François_Cevert&oldid=4834338"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.328","walltime":"0.487","ppvisitednodes":"value":671,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":10489,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1125,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":5,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3261,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":6,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 378.523 1 -total"," 56.28% 213.024 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.49% 69.997 1 Modelo:Commonscat"," 17.48% 66.162 1 Modelo:Irmáns"," 16.49% 62.402 1 Modelo:Caixa_lateral"," 15.23% 57.641 1 Modelo:Listaref"," 12.96% 49.060 1 Modelo:Cita_novas"," 2.72% 10.300 1 Modelo:Expiloto_de_F1"," 1.72% 6.516 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 0.88% 3.345 1 Modelo:FRA"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.163","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3756476,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1272","timestamp":"20190512111459","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Franu00e7ois Cevert","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Fran%C3%A7ois_Cevert","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q172773","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q172773","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2013-05-11T15:57:59Z","dateModified":"2018-08-11T23:01:39Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d4/Francois_Cevert_1973.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":148,"wgHostname":"mw1329"););

Popular posts from this blog

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

What if the end-user didn't have the required library?What is setup.py?What is a clean, pythonic way to have multiple constructors in Python?What does Ruby have that Python doesn't, and vice versa?What is the reason for having '//' in Python?How do I create a namespace package in Python?How to package shared objects that python modules depend on?setuptools vs. distutils: why is distutils still a thing?Navigation in Windows 10 vs code not going to virtualenv library when the same library is installed at user levelPython create package for local usePackaging a project that uses multiple python versionsWhy is permission denied on pip install except for when “--user” is included at end of command?

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos