Alxeria Índice Etimoloxía | Historia | Política | Organización político-administrativa | Xeografía física | Economía | Demografía | Cultura | Deportes | Turismo | Transportes | Notas | Menú de navegación28°N 2°L / 28, -2eDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasCriterios para o uso da linguao orixinalLingua galega: dúbidas lingüísticasUnha década no poder"Algeria Energy Data, Statistics and Analysis."o orixinal"BRTSIS. Brief on Russian defence, trade, security and energy.""La Russie efface la dette algérienne""Algeria"eeeeWorldCat11448985169502913881186219873206482ID1205459000253925895813035-22584001179-334340000 0004 0529 70180000E8600En79064760ID00560369ge128658350031761927560263585817016752algeria108415D000462
Alxeria
árabetamazightárabeTamazightÁfrica do NorteMagrebAlxercosta mediterráneacunca mediterráneaÁfricamundo árabeTunisiaLibiaNíxerMaliMauritaniaSahara OccidentalMarrocosfrancesa5 de xullo1962Organización das Nacións UnidasUnión AfricanaLiga de Estados Árabes1962Organización de Países Exportadores de Petróleo19691989África magrebíUnión do Magreb ÁrabeUnión para o Mediterráneo2008islamarabismoberberismo2 de abril2019Abdelaziz BouteflikaAlxer1842bérberSaharamar MediterráneoHomo habilis1000 a.C.exipciosséculo III a.C.romanosNumidiabérberessegunda guerra púnicaMasinisa148 a.C.Escipión o Africano113 a.C.IugurtaDioclecianoImperio Romano de Occidentevándalos430século VIXustiniano IImperio Bizantinoséculo VIIIIol CaesareaTipasaTimgadThevesteLambaesisRomavándalosbizantinobérberesmusulmáns670702KusaylaSidi Ocba ibn Nafaa689Biskra693Hassan IbnTrípolimusulmárelixión islámicanómadeslingua árabemagrebíbérberfeniciolatínárabeespañolturcofrancésEspañaTáriq ibn ZiyadXibraltarcalifaséculo XfatimíCabiliaabbásidaBagdadZiri ibn Manade972IfriqiyaxiísmoIbn JaldúnPatrimonio da HumanidadeUNESCOBugíaalmorábides1152Muhammad ibn TumartalmohadesMagrebAl-Andalus1269África do NorteTánxerlingua árabebérber1830Franciacoloniadepartamentos francesesmetrópolefrancesesespañoisitalianosalemánsinglesesfrancésdécada de 19501930colonosmetrópoleséculo XX8 de maio1945SetifCabiliaConstantinasegunda guerra mundialXeneral De Gaullemusulmánspolíticaeconómicaindependencia19545 de xullo1962Ben BellaMohammed KhiderHouari BoumedienneAhmed Ben Bella19 de xuño1965197619781978Boumedienne1988Bab-el-OuedFLN1989Hocine Aït19901990FISChadli1991HamroucheGhozaliAbassi MadaniAli BenhadjMohammed BoudiafMarrocos19921988Fronte Islámica de Salvación1991Fronte Islámica de Salvacióndemocraciaguerra de guerrillasMovemento Islámico ArmadoGrupo Islámico ArmadoexércitoExército Islámico de SalvaciónelecciónsLiamine Zéroual19971997Abdelaziz Bouteflika2002Abdelaziz Bouteflika20042009repúblicapresidencialpresidente de Alxeriaxefe de Estadoxefe de gobernoConstitución1976Presidenteprimeiro ministroParlamentoleisFronte de Liberación Nacionaloutubro1988multipartidismomedios de comunicaciónxornalistasmonopoliovilaiasdairascomarcasbaladíasmunicipiosAdrarChlefLaghouatOum el-BouaghiBatnaBéjaïaBiskraBécharBlidaBouiraTamanrassetTébessaTlemcenTiaretTizi OuzouAlxerDjelfaJijelSétifSaïdaSkikdaSidi Bel AbbesAnnabaGuelmaConstantinaMédéaMostaganemM'SilaMascaraOuarglaOránEl BayadhIlliziBordj Bou ArréridjBoumerdèsEl TarefTindufTissemsiltEl OuedKhenchelaSouk AhrasTipasaMilaAïn DeflaNaamaAïn TémouchentGhardaïaRelizaneSaharaplanicieMediterráneoCordal do Atlasdeserto do SaharaMediterráneoAlxerChéliffOránSkikdaAnnabaoasisríosrío ChéliffAlxerOránConstantinaclimasirocopetróleogasferrozincpratacobrefosfatosPIB20062007billónsFondo Monetario InternacionalClub de París20002001Unión Europea2006RusiasoviéticaVladimir Putinavións de combateRosoboronexportromanosséculo XIXalgodónGuerra Civil Estadounidenseséculo XXoasispalmeira ananaoliveirastabacoTellpozos artesianostrigocebadaavea sativacítricosfigosdátilesfibra de espartocorchoárabefrancésbérbersunnitaAlxerIsraelséculo VHassi MessaoudBejaiaárabe clásicolingua oficialbérbercabiloCabiliachenouichaouituaregSáharamozabitVal de M'ZabtashelhitMarrocosKabyledesertosÁfrica199911 de abril2007Estados UnidosFranciaUnión EuropeaO.N.UIn AmenasTindoufEl OuedGhardaiaEl GoleaBiskraHassi Messaoudmetrotranvías2009FranciaFranciaBritish AirwaysLondresEspañaFrancia
Alxeria
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 28°N 2°L / 28, -2
República Democrática e Popular de Alxeria | |||
---|---|---|---|
الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية Al-Yumhūriyya al-Yazāiiriyya ad-Dīmuqrāţiyya ash-Sha`biyya ⵟⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⵎⴻⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ⵜⴰⵣⵣⴰⵢⵔⵉⵜ Tagduda tamegdayt taɣerfant tazzayrit | |||
| |||
Lema: بالشّعب وللشّعب (Árabe: A revolución polo pobo e para o pobo) | |||
Himno: Kassaman | |||
Capital • Poboación | Alxer 2 239 613 (2010) | ||
Cidade máis poboada | Alxer | ||
Linguas oficiais | Árabe1, Tamazight | ||
Forma de goberno | República semipresidencialista | ||
Presidente Primeiro Ministro | Abdelkader Bensalah (interino) Noureddine Bedoui | ||
Independencia de Francia | |||
• Declarada | 5 de xullo de 1962 | ||
Superficie | Posto 11º | ||
• Total | 2 381 741 km² | ||
• % auga | Desprezable | ||
Fronteiras | 6 343 km | ||
Costas | 998 km | ||
Poboación | Posto 33º | ||
• Total (2014) | 38 700 000 hab. | ||
• Densidade | 16 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 44º | ||
• Total (2010) | 156 845 millóns US$ | ||
• per cápita | 4 418 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 44º | ||
• Total (2010) | 252 927 millóns US$ | ||
• per cápita | 7 124 US$ | ||
Moeda | Dinar alxeriano (دج, DZD ) | ||
IDH (2007) | 0,754 (104º) – Medio | ||
Xentilicio | Alxeriano, alxeriana[1] | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .dz | ||
Prefixo telefónico | +213 | ||
Prefixo radiofónico | 7RA-7RZ, 7TA-7YZ | ||
Código ISO | 012 / DZA / DZ | ||
Membro de: ONU, UA, OPEP, Liga Árabe, UMA | |||
1 linguas oficials de Alxeria é o árabe o tamazight. Aínda que o francés non é oficial nin está recoñecido, Alxeria é o segundo estado do mundo en número de falantes desa lingua. • Tamazight: • Francés: République algérienne démocratique et populaire | |||
Alxeria[1][2][3][4] (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país máis grande da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe. Fai fronteira terrestre con Tunisia ao nordés, Libia ao leste, Níxer e Mali ao sur, Mauritania e o territorio en disputa do Sahara Occidental ao suroeste e Marrocos ao oeste.
Despois de 132 anos de colonización francesa, Alxeria obtivo a súa independencia o 5 de xullo de 1962. Alxeria fíxose membro da Organización das Nacións Unidas (ONU), da Unión Africana (UA) e da Liga de Estados Árabes dende practicamente da súa independencia, en 1962. Tamén é integrante da Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) dende 1969. En febreiro de 1989 Alxeria participou xunto a outros estados da África magrebí na creación da Unión do Magreb Árabe (UMA), sendo tamén o país membro da Unión para o Mediterráneo dende 2008. A constitución alxeriana define "o islam, o arabismo e o berberismo" como "compoñentes fundamentais" da identidade do pobo alxeriano e ao país como "terra do Islam, parte integrante do Gran Magreb, mediterráneo e africano".
O 2 de abril de 2019, o presidente Abdelaziz Bouteflika abandonou o cargo por mor da presión do exército do país, logo de protestas masivas contra un quinto mandato de Abdelaziz Bouteflika.
Índice
1 Etimoloxía
2 Historia
2.1 Prehistoria
2.2 Antigüidade
2.3 A islamización
2.4 Colonización francesa
2.5 Da independencia á guerra civil
2.6 Guerra civil
3 Política
4 Organización político-administrativa
5 Xeografía física
5.1 Climatoloxía
6 Economía
6.1 Agricultura
7 Demografía
8 Cultura
8.1 Linguas
9 Deportes
10 Turismo
11 Transportes
11.1 Barco
12 Notas
Etimoloxía |
Alxeria recibe o seu nome do seu capital e cidade máis importante, Alxer.
O nome de Alxeria viría do árabe Al-Jaza’ir (الجزائر) que significa "As illas", en referencia a aquelas que se erixen fronte ao porto de Alxer e que forman parte do seu espigón actual, modificando o seu significado para designar a todo o país (ordenanza de 1842), pronunciado en árabe alxeriano, dialecto coñecido como El Djazayer (ou Jaza’yer segundo as rexións).
Unha segunda explicación apuntaría a que o nome Djazaîr estaría ligado á dinastía dos Zirides, do nome do seu fundador Bologhine ibn Ziri (de tiziri, "Claro de lúa" en bérber) que fundou Alxer e reinou un tempo nun territorio considerable á Alxeria actual. Os alxerianos desígnanse eles mesmos baixo o vocábulo de Dziri e, por outra banda, chaman ao seu país baixo o nome El-Dzayer.
Para rematar, unha terceira explicación máis alegórica, que indica que a costa fértil de Alxeria, atrapada entre o Sahara e o mar Mediterráneo, aparecería como unha illa de vida ou Al-Jaza’ir.
Historia |
O continente africano, a conca do Mediterráneo, así como Europa e Oriente foron elementos indispensables para o devir e enriquecemento histórico de Alxeria. Ademais, no extremo sur do país pódese visitar o museo natural máis grande do mundo, no que hai probas suficientes para testemuñar a extraordinaria riqueza da historia do país.
Prehistoria |
Existen xacementos arqueolóxicos en Alxeria nos que se descubriron restos óseos vos de homínidos de hai 2 millóns de anos, segundo os datos obtidos por arqueomagnetismo. Os investigadores atoparon alí restos de Homo habilis.
Antigüidade |
Alxeria estivo habitada polos bérberes desde fai máis de dez mil anos. Desde o ano 1000 a.C. hai constancia de que estes mantiñan relacións comerciais cos cartaxineses, que construíran colonias na costa, e cos exipcios. No século III a.C., os romanos denominan esta rexión Numidia, habitada polos bérberes masilianos e os maselinos. Estes últimos aliáronse cos cartaxineses na segunda guerra púnica, mentres que os primeiros, aliados dos romanos e gobernados por Masinisa, acabaron recibindo todo o reino dos seus conquistadores.
Á morte de Masinisa en 148 a.C., Escipión o Africano dividiu o reino entre os seus fillos. En 113 a.C., Iugurta alzouse contra os romanos e acabou derrotado, tras o cal Numidia foi gobernada por un rei vasalo de Roma ata que, baixo Diocleciano, converteuse nunha simple provincia do imperio e finalmente, cando o Imperio Romano de Occidente colapsou, volveu a mans dos bérberes ata a invasión dos vándalos en 430.
A principios do século VI, as tropas de Xustiniano I expulsaron aos vándalos e recuperaron o reino para o Imperio Bizantino, que o gobernou de xeito precario ata a chegada dos árabes no século VIII. Os romanos deixaron importantes cidades no norte de Alxeria, entre as que destacan Iol Caesarea, Tipasa (Tipaza), onde se atopa unha das necrópoles máis antigas coñecidas no Mediterráneo, Cuicul, Calama, Thubursicu-Numidarum (Khemissa), Madaure, Thamugadi (Timgad), Diana Veteranorum, Theveste (Tébéssa) e Lambaesis.
A islamización |
A caída de Roma trala dos vándalos e a inestabilidade durante o período bizantino entrañaron a reconstitución dalgún dos principados bérberes. Algúns, especialmente polo oeste, resistiron a chegada dos musulmáns entre os anos 670 e 702. Os personaxes máis coñecidos deste conflito foron o rei cristián Kusayla, que venceu a Sidi Ocba ibn Nafaa no ano 689, preto de Biskra, e a reina guerreira Kahena, cuxo verdadeiro nome era Dihya, que á cabeza dos bérberes, inflixiu, na batalla de Meskiana de 693, unha severa derrota no corpo expedicionario do emir Hassan Ibn en Noman, aos que afastará ata Trípoli.
Tras a conquista musulmá, os cidadáns do territorio adoptarán a relixión islámica (para protexerse contra os ataques dos nómades) e progresivamente adquirirán a lingua árabe, dando lugar ao árabe alxeriano (e ao árabe magrebí en xeral) que se mantén ata os nosos días, mestura de bérber, fenicio, latín, árabe, español, turco e francés; unha mestizaxe lingüística intensa. A primeira parte da conquista musulmá de España foi conducida por un continxente bérber composto case na súa totalidade por conversos, desde o xefe Táriq ibn Ziyad, que deu o seu nome ao peñón de Xibraltar (جبل طارق, «Djebel Tariq»). Tras o éxito de Tarik, o califa fíxoo encadear e morreu no camiño. No século X, Ubayd Allah al-Mahdi fundou a dinastía fatimí, na baixa Cabilia, onde atopou un eco favorable ás súas prédicas milenaristas. Os fatimís estableceron a súa autoridade en África do norte entre 909 e 1171 e fundaron un califato disidente dos abbásida de Bagdad.
Este reino estivo marcado por numerosas revoltas xarixíes, especialmente a de Abu Yazid encabezando as tribos bérberes no 944, e que inflixiu a máis severa vitoria contra a armada fatímida, debilitada e vulnerable, tomando a cidade de Kairouan. A revolta foi vencida por Ziri ibn Manade, á cabeza das tribos Sanhadjas, que por salvar o imperio recibiu o posto de gobernador do Magreb central. Desta forma no 972, cando os fatimíes, tras a adhesión exipcia, tiveron menos interese polo Magreb e foi o seu fillo, Bologhine ibn Ziri, quen herdou o control de Ifriqiya. Os zirides reinarán no lugar uns dous séculos.
Hammad Ibn Bologhine, o seu fillo, gobernou de forma independente aos ziridas, no norte da actual Alxeria, a partir de 1014, recoñecendo como califas lexítimos aos abásidas sunitas de Bagdad, e fundando a dinastía hamadita. Os ziridas tamén recoñeceron en 1046 aos califas abásidas mostrando abertamente aos fatimís o seu abandono do xiísmo. A partir de 1048, en tempos de Ibn Jaldún, algunhas tribos do sur emigraron á África do norte e foron enviados polo poder fatimí para reprimir aos ziridas e hamaditas. En ondas sucesivas incorreron nalgunhas grandes cidades, que saquearon e destruíron. En Alxeria estas tribos do sur aliáronse con algunhas tribos locais. Estes dous reinos, prósperos por aquel entón, empobreceranse enormemente por mor destas incursións. Os ziridas cambiarán o seu capital de Kairouan a Mahdia, os hamaditas, da Al-Quala (A Cala de Béni Hammad, actualmente recoñecida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO) a Bugía.
Alxeria estaba entón baixo o control dos almorábides nunha pequena rexión do oeste, baixo os hamaditas no centro, e baixo os ziridas ao leste. Cando venceron aos almohades en 1152, dirixidos por Abdelmoumen Ibn Ali, cuxo xefe espiritual era Muhammad ibn Tumart. Os almohades formaron un dos imperios máis poderosos do Mediterráneo, unificando o Magreb e Al-Andalus ata 1269. En canto á inmigración árabe en África do Norte, foi de pouca importancia excepto nas dúas rexións exteriores de Alxeria, Kairouan e Tánxer. Aínda que o total da súa poboación recibiu unha contribución demográfica árabe limitada, e unha gran parte das poboacións de lingua árabe é bérber.
Colonización francesa |
A partir de 1830 Francia estabeleceu progresivamente unha importante colonia neste territorio, sendo a colonia que máis tempo permaneceu en mans francesas. Alxeria foi asimilada a tres departamentos franceses formando parte íntegra da metrópole. Como tal, foi o destino de centos de miles de inmigrantes franceses, españois, italianos, alemáns e ingleses, primeiro coñecidos como colonos e pasando despois a ser denominados "pieds-noirs" (do francés: pés negros) na década de 1950.
En 1930, o goberno colonial celebra con fastuosidade o Centenario da "Alxeria Francesa". Mais a diferenza entre o nivel de vida da maioría dos colonos, superior ao nivel de vida da metrópole, e o nivel de vida dos alxerinos de orixe, a miúdo por baixo do nivel da pobreza e case desprovistos de garantías sociais e xurídicas, faise cada vez máis patente segundo avanza o século XX.
O 8 de maio de 1945 prodúcense manifestacións dos alxerinos en varias cidades do leste do país: Setif, na Cabilia e en Constantina, que lembraban as súas reivindicacións nacionalistas xunto á vitoria na segunda guerra mundial. En Setif, tras enfrontarse coa policía, os nacionalistas vólvense contra os "franceses": 27 europeos morren (103 morrerán os días seguintes). A represión do Exército Francés é dunha brutalidade extrema, ordenada polo Xeneral De Gaulle e executada polo xeneral Duval mediante a intervención da mariña e a aviación. Oficialmente morren 1 500 alxerinos, pero o historiador Benjamin Stora calcula unhas cifras de 20 000 a 30 000 mortos.
Con todo, os alxerianos nativos, seguiron sempre representando a inmensa maioría da poboación do territorio. Gradualmente, debido á insatisfacción entre os musulmáns con motivo da opresión política e económica provocou numerosas reclamacións de maior autonomía política, desembocando nunha reclamación de independencia. As tensións entre a poboación de orixe e os colonos atoparon o seu culmen en 1954, ano do comezo da guerra de independencia de Alxeria. A guerra terminou o 5 de xullo de 1962, cando Alxeria obtivo a independencia grazas aos Acordos de Evian.
Da independencia á guerra civil |
No seo do FLN (Fronte de Liberación Nacional) estaban os moderados (Ben Khedda, Boudiaf e Aït Ahmed), e os radicais (Ben Bella, Mohammed Khider e Houari Boumedienne, xefe do Estado Maior do exército). Ahmed Ben Bella fíxose co poder, eliminou aos conservadores do FLN e nacionalizou as propiedades francesas, así como outras empresas. O FLN converteuse no único partido, de xeito progreso Ben Bella foi centralizando na súa persoa todos os poderes (secretario xeral do FLN, presidente do país e comandante en xefe do exército). O 19 de xuño de 1965 foi apartado do poder e encarcerado.
O golpe de Estado fixo que o exército se fixese co poder. Un consello revolucionario formado por 26 oficiais converteuse no órgano supremo baixo a dirección de Boumedienne, quen asumiu as funcións de presidente e de primeiro ministro. Gobernou con man de ferro, sacrificou o benestar social e a democracia cuns fins económicos a longo prazo. En 1976, tras un amplo debate nacional, centrouse en prestar mais atención ás condicións de vida da poboación, así como a organizar as "eleccións". Boumedienne, único candidato, saíu elixido presidente; na Asemblea Nacional todos os deputados pertencían ao FLN, pero dito partido distaba moito de ter tanta aceptación e o exército controlaba o poder. Boumedienne morreu en 1978.
O coronel Chadli Benjedid, comandante da rexión de Orán e candidato de compromiso, foi designado presidente en 1978. Adversario da política socialista de Boumedienne, concedeu máis espazo ás iniciativas privadas e introduciu lentamente unha economía de mercado. Mais, a partir de 1985, a caída do prezo do petróleo fixo que diminuísen fortemente os ingresos do país. Por outra parte, a explosión demográfica fixo que aumentase o paro rapidamente e agudizáronse outros problemas como a vivenda. O 4 de outubro de 1988 producíronse disturbios en Bab-el-Oued e as protestas estendéronse a outras cidades. A represión do exército produciu centenares de mortos. Chadli introduciu despois reformas. En novembro separou as funcións de presidente e de secretario xeral do FLN. De alí en adiante o Primeiro Ministro tería que render contas ante o Parlamento. En febreiro de 1989 introduciuse o multipartidismo por referendo. Presentáronse até 47 partidos, entre eles o FIS (Fronte Islámica de Salvación), legalizado en setembro dese ano. Figuras coñecidas da oposición regresaron do exilio: Hocine Aït, o líder do FFS (Fronte das Forzas Socialistas) e en setembro de 1990 o antigo presidente Ben Bella. Falábase da "primavera alxeriana".
En xuño de 1990 tiveron lugar as eleccións municipais e provinciais. O FIS obtivo o 52,42% dos votos.
Chadli decidiu continuar coa democratización e anunciou eleccións lexislativas para xuño de 1991. Mais a nova lei electoral fixo que o FIS non conseguise a vitoria, este apelou á folga e a principios de xuño de 1991 producíronse tumultos que provocaron a declaración do estado de sitio. O goberno Hamrouche dimitiu e o novo primeiro ministro, Ghozali, aprazou as eleccións ata decembro. Millares de adeptos do FIS foron arrestados, incluídos os dous líderes máis importantes, Abassi Madani e Ali Benhadj. O 26 de decembro, na primeira volta das eleccións, dos 430 dispoñibles, cubríronse 228 escanos, dos cales 189 eran do FIS. O FFS obtivo 25 e soamente 15 o FLN. O 12 de xaneiro de 1992, baixo a presión do exército, dimitiu o presidente Chadli e anulouse a segunda volta das eleccións. O exército, xunto co FLN, instaurou un "Alto Consello de Estado" formado por cinco membros e presidido por unha das figuras históricas máis importantes na loita pola independencia: Mohammed Boudiaf, que vivía no exilio en Marrocos dende 1964. Disolveuse o FIS, os seus líderes foron arrestados e declarouse o estado de emerxencia. A finais de xuño de 1992 M. Boudiaf foi asasinado.
Guerra civil |
O país seguiu o modelo de partido único ata 1988. Tras a legalización do multipartidismo a Fronte Islámica de Salvación (FIS) gañou as eleccións municipais e a primeira volta das eleccións lexislativas de 1991, mais o goberno cancelou as eleccións trala primeira rolda, na que quedou de manifesto que gañaría o Fronte Islámica de Salvación (FIS), aducindo que o FIS terminaría coa democracia. Trala expulsión do FIS e o arresto de miles dos seus membros, os seus partidarios empezaron unha guerra de guerrillas contra o goberno e os seus partidarios.
Os principais grupos rebeldes que loitaron contra o goberno foron o Movemento Islámico Armado (MIA), forte nas montañas e o Grupo Islámico Armado (GIA), forte nos pobos. As guerrillas empezaron marcándose como obxectivo o exército e a policía de Alxeria, pero ao pouco tempo algúns grupos empezaron a atacar tamén a civís. En 1994 cando as negociacións entre o goberno e os líderes do FIS encarcerados alcanzaron o seu clímax, o GIA declarou a guerra ao FIS e aos seus partidarios, mentres que a MIA e varios grupos menores se reagruparon e declararon a súa lealdade ao FIS, pasando a chamarse Exército Islámico de Salvación (AIS). Isto deu paso a unha guerra a tres bandas.
Pouco despois interrompéronse as negociacións e celebráronse eleccións nas que obtivo a vitoria o candidato do exército, o xeneral Liamine Zéroual. Intensificouse o conflito entre o GIA e o AIS. Durante os anos seguintes o GIA levou a cabo unha serie de masacres que tiñan como obxectivo veciñanzas ou vilas enteiros. Algunhas evidencias suxiren tamén a participación das forzas gobernamentais nestes feitos (ou polo menos a omisión de axuda pola súa banda). Os masacres alcanzaron o seu punto álxido en 1997, nas datas próximas ás eleccións ao parlamento, nas que obtivo a vitoria un novo partido favorable ao exército, a Unión Democrática Nacional (RND). O AIS, atacado desde ambos os flancos, optou por declarar o cesamento do fogo unilateral ao goberno en 1997, mentres que o GIA se desmembró en varios grupos por mor das obxeccións internas aos masacres. En 1999, tras a elección do novo presidente, Abdelaziz Bouteflika, unha nova lei declarou a aministía á maioría das guerrillas o que resultou no "arrepentimento" (pois ese nome tomou) de moitos combatentes e o seu retorno á súa antiga vida. A violencia diminuíu substancialmente, coa vitoria do goberno. Os restos do GIA foron acosados e atrapados no curso dos dous anos seguintes, e en 2002 xa desapareceran practicamente. Abdelaziz Bouteflika que resultou reelixido en 2004, e novamente no 2009.[5]
Política |
A política de Alxeria toma lugar nunha república presidencial, a través da cal o presidente de Alxeria é o xefe de Estado e o xefe de goberno.
Régrase pola Constitución de 1976, a cal foi revisada innúmeras veces. O poder Executivo está liderado polo Presidente, que é electo polo voto popular para un mandato de 5 anos. O primeiro ministro é elixido polo presidente. O Parlamento bicameral consiste en 380 cadeiras para a Asemblea Nacional Popular e 144 asentos no Consello de Nacións. O sistema legal alxeriano está baseado nas leis francesas e islámicas.
Trala independencia, a Fronte de Liberación Nacional (FLN) era o único partido do país, mais despois dos motíns de outubro de 1988, o multipartidismo instaurouse. O país conta con máis de 30 partidos políticos, sendo o FLN o máis importante.
Os medios de comunicación alxerianos teñen unha relativa independencia nos anos 90, a pesar do asasinato de varios xornalistas. En contrapartida, o Estado mantén o seu monopolio no sector audiovisual.
Organización político-administrativa |
- Artigo principal: Subdivisións de Alxeria.
Alxeria divídese actualmente en 48 vilaias, 553 dairas (sorte de comarcas) e 1.541 baladías ( concellos ou municipios). A capital e a cidade máis grande de cada vilaia, daira e baladiyah alxerianas teñen sempre o mesmo nome que a vilaia, a daira ou a baladía onde están situadas. De igual forma aplícase para o daira máis grande da vilaia ou a baladía máis grande da daira.
Coa súa ordenación numérica oficial, (desde 1983) actualmente hai as seguintes vilaias:
1 Adrar 2 Chlef 3 Laghouat 4 Oum el-Bouaghi 5 Batna 6 Béjaïa 7 Biskra 8 Béchar 9 Blida 10 Bouira 11 Tamanrasset 12 Tébessa 13 Tlemcen 14 Tiaret 15 Tizi Ouzou 16 Alxer 17 Djelfa 18 Jijel 19 Sétif 20 Saïda 21 Skikda 22 Sidi Bel Abbes 23 Annaba 24 Guelma | 25 Constantina 26 Médéa 27 Mostaganem 28 M'Sila 29 Mascara 30 Ouargla 31 Orán 32 El Bayadh 33 Illizi 34 Bordj Bou Arréridj 35 Boumerdès 36 El Taref 37 Tinduf 38 Tissemsilt 39 El Oued 40 Khenchela 41 Souk Ahras 42 Tipasa 43 Mila 44 Aïn Defla 45 Naama 46 Aïn Témouchent 47 Ghardaïa 48 Relizane |
Xeografía física |
- Artigo principal: Xeografía de Alxeria.
Límites:
- Total: 6.343 quilómetros
- Países da fronteira: Libia (982 quilómetros), Malí (1.376 quilómetros), Mauritania (463 quilómetros), Marrocos (1.559 quilómetros), Níxer (956 quilómetros), Tunisia (965 quilómetros), Sahara Occidental (42 quilómetros).
Alxeria ten dúas rexións xeográficas principais, a rexión norte, e a rexión do deserto do Sahara, na rexión sur.
A parte setentrional de Alxeria é unha gran meseta alargada, na que se forman numerosas depresións, limitadas por altos rebordes montañosos ao norte e sur. A rexión norte pódese dividir en catro zonas: unha pequena faixa de planicie acompañando a costa do Mediterráneo; a rexión da cadea de montañas do Atlas; a rexión semi-árida e parcamente poboada de Chotts, o cal contén lagos salgados (chotts); e a rexión das montañas do Atlas do Sahara.
O Cordal do Atlas esténdense ao norte do país e están formadas por dúas cordilleiras de plegamento: a setentrional, chamada Atlas do Tell, e a meridional, chamada Atlas Sahariano. Entre ambas queda a meseta ou altiplanicie interior.
Ao sur do Atlas Sahariano comeza o deserto do Sahara, que ocupa a maior parte do país e presenta un relevo moi variado, pola presenza de antigas montañas, moi traballadas por erosión eólica. Desde o litoral ao interior cabe distinguir: as pequenas chairas costeiras, moi reducidas pola proximidade das montañas ao Mediterráneo, entre as que destacan a Mitidja (Alxer), o val do baixo Chéliff, e as concas de Orán, Skikda e Annaba; o Tell; as Altas Mesetas, coas súas depresións, cubertas en parte de lagos salgados; o Atlas Sahariano; e a zona desértica. A maioría da rexión árida do Sahara son cascalhos e pedras, con pouca vexetación; hai tamén grandes áreas de dunas de area no norte e no leste, e algúns oasis como: Touggourt, Biskra, Chenachane, In Zize, e Tin Rerhoh.
Os ríos alxerianos conservan un caudal case regular unicamente en norte montañoso e no verán sofren un forte desecamento. E moitos ríos do interior non chegan a desembocar no mar, senón que desaugan nas depresións do terreo, onde ao evaporarse forman marxais e lagoas salgadas. Ningún río de Alxeria é navegable, nin sequera os da zona setentrional, que adoitan ter a sección inferior cuberta de lodo, aínda que se usan para a irrigación. O principal río de Alxeria é o río Chéliff, no norte.
A maior parte da área costeira da Alxeria é accidentada, as veces mesmo montañosa, e hai poucos portos grandes. A área inmediatamente ao sur da costa, coñecida como o Tell, é fértil.
Alxer, Orán e Constantina son as principais cidades.
Climatoloxía |
O clima de Alxeria é seco e quente, se ben o clima da costa é suave, e os invernos nas áreas montañosas poden ser frescos. En Alxeria dáse o siroco, un vento quente e cargado de po e area, especialmente común no verán.
Economía |
- Artigo principal: Economía de Alxeria.
Os seus principais recursos son petróleo, gas, ferro, zinc, prata, cobre e fosfatos. Un cuarto da poboación activa traballa na agricultura e na pesca. A economía creceu un 6% no ano 2005, cunha taxa de desemprego do 17,1%.
Os combustibles fósiles son a principal fonte de ingresos de Alxeria, representando aproximadamente un 60% das rendas do estado, un 30% do PIB, e un 98% dos ingresos da exportación en 2006. Na clasificación dos países con maiores reservas de petróleo, o país ocupa a posición número 14. A Administración de Información da Enerxía dos Estados Unidos informou en xaneiro de 2007 que Alxeria tiña unhas reservas probadas de 161,7 "billóns" de pés cúbicos de gas natural, o oitavo país do mundo con maiores reservas deste combustible.[6]
Os indicadores económicos e financeiros melloraron a mediados dos anos 1990, debido en parte ás reformas políticas apoiadas polo Fondo Monetario Internacional, e cunha renegociación da débeda externa co Club de París. A economía de Alxeria beneficiouse no 2000 e 2001 do incremento que sufriu o prezo do cru, e da axustada política fiscal levada a cabo polo goberno, dando como resultado un gran incremento dos beneficios no comercio, récords elevados nos intercambios comerciais, e unha redución da débeda. Mais os continuos esforzos do goberno por diversificar a economía, atraer os investimentos, e aumentar o nivel de vida dos cidadáns tiveron pouco éxito. En 2001, o goberno asinou un tratado de asociación coa Unión Europea que lle suporía menores tarifas e que permitiría aumentar o comercio. En marzo de 2006, Rusia aceptou perdoar 4.740 millóns de dólares estadounidenses de débeda da época soviética[7] durante unha visita do presidente Vladimir Putin ao país, a primeira que realizaba un líder ruso en medio século. En compensación, o presidente alxeriano Bouteflika accedeu a mercar avións de combate rusos, defensas antiaéreas e outras armas por valor de 7.500 millóns de dólares, segundo a axencia rusa Rosoboronexport.[8]
Alxeria decidiu no 2006 pagar a débeda que tiña co Club de París antes do estipulado, e que ascendía a 8 mil millóns de dólares. Isto minguou a débeda externa de Alxeria a valores por debaixo dos 5 mil millóns de dólares a finais de 2006.
Agricultura |
Dende os romanos, Alxeria destacou pola fertilidade do seu terreo, hoxe en día, o 9,4% da poboación traballa na agricultura.[9]
A mediados do século XIX cultiváronse grandes cantidades de algodón coincidendo coa Guerra Civil Estadounidense, pero a súa industria retrocedeu. A principios do século XX fixéronse esforzos para remontar o cultivo desta planta, e actualmente unha pequena cantidade de algodón prodúcese nos oasis do sur.
Producen grandes cantidades dunha fibra vexetal fabricada cos follas da palmeira anana. Outros cultivos relevantes son as oliveiras e o tabaco.
No cultivo de cereais empréganse máis de 30.000 km². A zona do Tell é a de maior extensión de cultivo de cereais. Durante a época de ocupación francesa, a súa produtividade viuse incrementada substancialmente grazas aos pozos artesianos. Os principais cereais son o trigo, a cebada e a avea sativa. Exporta gran variedade de froitas e verduras, especialmente cítricos, así como tamén figos, dátiles, fibra de esparto e corcho. Alxeria é o maior mercado de África de avea sativa.
Demografía |
- Artigo principal: Demografía de Alxeria.
A poboación de Alxeria ascende a 32 531 853 habitantes (2005), máis do 75% do total fala árabe e máis do 85% fala francés, os dous idiomas oficiais. Entre un cuarto e un terzo da poboación fala bérber,
Do millón de colonos franceses que vivían en Alxeria antes da independencia, quedan hoxe 576.000. Sumando todos os europeos e os seus descendentes calcúlase que forman o 18% da poboación de Alxeria. A mortalidade infantil é de 19 por mil (menor á media do norte africano) e a esperanza de vida de 83 anos. Fóra das cidades máis importantes, a atención médica é rudimentaria. A media de fillos por muller é de 1,89, unha das taxas máis baixas do continente africano.
Relixión
O 99% da poboación é musulmá sunnita, o 1% é católica e unha pequena minoría xudía (200 en todo o país) que viven en Alxeria, principalmente en Alxer, resto da gran poboación xudía anterior á creación de Israel que fuxiu ou foi expulsada tras a independencia.
Cultura |
- Artigo principal: Cultura de Alxeria.
Como Alxeria tivo moitas comunidades desde o século V, hoxe en día en Alxeria hai tanto tipo de persoas e de culturas diferentes, aínda que o 80% da cultura alxeriana esta dividido no norte e o sur, no norte nas cidades non desérticas, teñen unha cultura europea e máis moderna (sen contar a cidade de Hassi Messaoud). E a cultura do sur do país é máis humilde, aínda que hai varias grandes cidades cunha tecnoloxía regular.
O resto da porcentaxe é a cultura dos bérberes, unha comunidade que reside no norte de Alxeria principalmente na turística cidade de Bejaia.
Linguas |
O árabe clásico é a lingua oficial do país, e dende abril de 2002, o bérber tamén o é. Os alxerianos falan un árabe dialectal, ou darija, bastante diferenciado do árabe clásico en canto a vocabulario, sendo bastante similar en sintaxe e gramaticalmente. A darija conservou numerosas palabras e estruturas bérberes e ten numerosos préstamos do francés. O bérber exprésase tamén en diferentes variantes rexionais: o cabilo (taqbaylit) na Cabilia, o chenoui na montaña de Chenoua e o chaoui nas montañas do Aures. Ademais tamén existen o tuareg no Sáhara, o mozabit no Val de M'Zab e o tashelhit na fronteira con Marrocos.
Deportes |
Alxeria nos Xogos Olímpicos
Selección de fútbol de Alxeria
Turismo |
Alxeria é un país para ser visitado en calquera época do ano. No verán pódese gozar dunhas de praias lindas e cristalinas. No inverno pódese gozar das montañas colmadas de neve da cidade de Kabyle.
Un dos sitios máis importantes de ser visitados son os desertos, este país ten o deserto máis grande do mundo.
E a pesar de que é un dos países máis modernos de África, a razón de que non sexa un importante destino turístico é que desde fai 14 anos terroristas do grupo Al Qaeda empezaron a facer de Alxeria un país cheo de caos, terror e medo. Con todo no ano 1999 o presidente alxeriano intentou negociar con estes grupos, logrando diminuír as súas accións terroristas. Hoxe en día aínda se manteñen activos uns pequenos grupos os cales sitúanse cara ao sur do país. O actual presidente propúxose eliminalos do país para finais do ano 2007. Con todo o 11 de abril do 2007 reapareceron os atentados. O goberno alxeriano anunciou unirse ao goberno marroquí para o combate destes grupos. Adicionalmente contarán coa axuda de Estados Unidos, Francia, e da Unión Europea.
O presidente está contando coa axuda da O.N.U, dos tuaregs (militares do deserto alxeriano) e as forzas armadas alxerianas.
Esta inestabilidade provoca as recomendacións de non viaxar ás zonas do sur debido ás ameazas terroristas existentes. As cidades desérticas que non sofren esta ameaza son as que están ao norte de Djanet. Algunhas das máis turísticas son as seguintes: Adrar, In Amenas, Tindouf, El Oued, Ghardaia, El Golea e Biskra. Tamén destacan as cidades desérticas máis modernas como Hassi Messaoud.
Tamén para o 2008 Alxeria sera o segundo país africano que conte con 3 liñas de metro (ferrocarril), son 150 trens de última xeración de fabricación alemá e xaponesa. Tamén contará con 3 liñas de tranvías, que se inaugurarán no ano 2009, igual que todos os trens ordenados, son de última xeración.
Transportes |
Alxeria conta con 234 aeroportos, que 15 deles son internacionais, a maioría deles teñen voos conectados só con cidades de Francia. Desde Hassi Messaoud ademais de voos a Francia, British Airways ofrece voos a Londres.
- Desde Constantine no Aeroporto Internacional Mohamed Boudiaf a compañía Air Algérie ofrece voos a Basilea e a Xenebra en Suíza e a París, Marsella, Lión, Mulhouse en Francia. Ademais a compañía Aigle azur ofrece liñas a Francia a (Lión, Marsella, Mulhouse, París-Orly), outra compañía europea a Turkish Airlines ofrece voos a Istambul. Moitas compañías internacionais están interesados a abrir novos voos a este aeroporto coa inauguración da súa nova terminal en 2007.
Alxer o Aeroporto Internacional de Houari Boumediene, conta con varias aerolíneas internacionais e voos domésticos. O aeroporto de Alxer é un dos aeroportos máis modernos de toda África, inaugurado en abril de 2006, tamén conta cun Duty Free, e variedades de tendas, comidas rapidas, restaurantes, aparcadoiro con capacidade de 9000 autos e outros servizos. As compañías aéreas internacionais que voan a Alxeria son Aigle Azur, Air France, Air Niger, Alitalia, Astraeus, Hahn Air, British Airways, EgyptAir, Iberia, Lufthansa, Libyan Airways, Qatar Airways, Royal Air Maroc, Saudi Arabian Airlines, Syrian Arab Airlines, Tunisair, Turkish Airlines e proximamente Air Canada, Air China, Air Nostrum, China Southern Airlines e Etihad Airways. En 2007, o Aeroporto Houari Boumediene foi cualificado como o segundo aeroporto mais modernos de Africa despues do Aeroporto de Johannesburgo, e o terceiro mais grande.
En novembro do 2007 inaugurouse a nova terminal 2, para voos domésticos. Foi considerada a terminal de voos domésticos máis moderna de Africa. Egsa (empresa que está a cargo dos aeroportos de Alxeria), en 2008 inaugura novas terminais en varios aeroportos alxerianos, entre eles o aeroporto de Annabe, Constantine, Ghardaia, Hassi Messaoud, Oran, Tlemcen etc. Egsa, ten pensado construír unha terceira terminal no Aeroporto de Houari Boumediene (Alxer), que se denominase terminal 3, ten o ambicioso proxecto de facer esta terminal a máis grande de Africa e unha das maiores e importantes do mundo, con 300.000m2 e cunha capacidade de 20 millóns de persoas. Tense pensado empezar a construción en 2008 e inaugurala no ano 2012.
Barco |
España: Hai moitas rutas desde España sobre todo desde:
Alacant: que ofrece viaxes diarias a Orán con Transmediterránea ou con Enmtv. Tamén hai rutas semanais a Alxer.
Barcelona: a Orán e Alxer.
Almería: a Ghazaouet con Transmediterránea. É a liña máis rápida en espera que se abra novas rutas aos portos do leste alxeriano.
Francia: Desde:
Marsella: Hai liñas diarias a case todos os portos alxerianos Skikda, Annaba, Bejaia, Jijel, Alxer, Orán con Sncm e EnmtvSete: Hai liñas a Alxer e Orán.
Italia: Hai liña desde Nápoles a Annaba e Alxer.
Notas |
↑ 1,01,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alxeriano.
↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 05 de abril de 2014.
↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 102. ISBN 84-8158-266-2.
↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.Alxeria
↑ Unha década no poder en Vieiros
↑ "Algeria Energy Data, Statistics and Analysis.". Energy Information Administration, Official Energy Statistics from the U.S. Government. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 12-12-09.
↑ "BRTSIS. Brief on Russian defence, trade, security and energy.". Russia Intel Brief. Consultado o 12-12-09.
↑ "La Russie efface la dette algérienne". RFI actualité. Consultado o 12-12-09.
↑ "Algeria". CIA - The World Factbook. Consultado o 12-12-09.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alxeria |
|
|
|
|
|
|
|
Categoría:
- Alxeria
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.980","walltime":"3.843","ppvisitednodes":"value":3670,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":156880,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":22193,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":14,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":23,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":9638,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":24,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 3266.715 1 -total"," 82.68% 2700.834 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 10.75% 351.065 6 Modelo:Navbox"," 5.45% 177.917 1 Modelo:África"," 5.06% 165.377 59 Modelo:Nowrap"," 4.55% 148.531 2 Modelo:Navbox_con_columnas"," 3.05% 99.552 1 Modelo:Listaref"," 2.98% 97.319 1 Modelo:Países_e_territorios_do_mar_Mediterráneo"," 1.85% 60.595 1 Modelo:País"," 1.69% 55.134 3 Modelo:Cita_libro"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"1.342","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":18036638,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1303","timestamp":"20190611214511","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Alxeria","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Alxeria","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q262","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q262","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-11-16T20:34:24Z","dateModified":"2019-04-09T12:15:51Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/77/Flag_of_Algeria.svg","headline":"pau00eds de u00c1frica"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":201,"wgHostname":"mw1273"););