Skip to main content

Buenos Aires Índice Toponimia | Historia | Xeografía | Demografía | Economía | Turismo | Monumentos e lugares de interese | Cidades irmás | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación34°35′59″S 58°22′55″O / -34.59972, -58.38194Páxina oficial de Buenos AiresWeatherbase 2011Dicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasLingua galega: dúbidas lingüísticas"Calendario histórico"Ley 1004Arquivado"La finca de 47.000 hectáreas de Murias y otros prodigios de la emigración"Informe de Resultados Nº245Arquivado"Lista de irmanamentos e convenios"o orixinal"Sister Cities""Ley Nº 682"o orixinal"Mapa Mundi de las ciudades hermanadas"o orixinal"International Relations – São Paulo City Hall – Official Sister Cities"o orixinalVersión OnlineGoberno da Cidade de Buenos AireseeWorldCat1559609021186597761891916ID001269534339554008756-60000 0001 2359 4874n79079054ID00629137122465214180402640673X7593303468739

A RioxaBuenos AiresCatamarcaChacoChubutCórdobaCorrientesEntre RíosFormosaJujuyLa PampaMendozaMisionesNeuquénRío NegroSaltaSan JuanSan LuisSanta CruzSanta FeSantiago del EsteroTierra del FuegoTucumán


Buenos AiresCapitais de América


Arxentinarío da PratauruguaiaColonia del Sacramento23 de febreiro1536Pedro de MendozaTrianaVirxe da CandelariamercedariosCagliariSardeñaCádizJuan de Garay11 de xuño1580Julio Argentino Rocaprovincia homónimaConstitución da cidade1996Ezequiel Martínez Estrada1516Juan Díaz de Solís1536Pedro de Mendoza154111 de xuño1580Juan de Garay1776Virreinato do Río da PrataliberaisEspañaexército napoleónico1810Revolución de Maioprovincia de Buenos Airesfederaliza-laCarlos Tejedor1880provincia de Buenos Aires1882intendenteConcello DeliberantePresidente da NaciónSenadoTorcuato de Alvear1883Xullo A. Rocaséculo XIXséculo XX19101913metroIberoaméricaséculo XXTerraReforma da Constitución Arxentina de 1994Constitución30 de xuño1996Alianza para a Xustiza, o Traballo e a EducaciónFernando de la Rúa1 de outubro1996Constitución da Cidade de Buenos Aires2003Unión CivilhomosexuaisAmérica LatinaCentro Gallegoséculo XXcorralitoAmérica do SurSão PauloBrasilRío da PrataMontevideoRiachueloºCinverno1918nevenaciónprovincia de Buenos Aires2002Gran Buenos Aires1960taxas de natalidadeeuropeaespañoisitalianosgalegosasturianosvascoscalabreseslingurianospiemonteseslombardosnapolitanosalemánsportuguesespolacosirlandesesrusosfrancesescroatasinglesesgaleses90UcraínaRomaníacrioullamestizaBoliviaPerúParaguaiséculo XXsirioslibanesesarmeniosxudíaGran Buenos AiresLatinoaméricaAsquenacíAlemañaRusiasefardísiriaasiáticaXapónOkinawa70ChinaCoreacatólicosortodoxasanglicanas80Igrexa Evanxélicaxudíasislámicas2004Produto Interior BrutoPIB$$dólaresAmérica Latinaindustriaconvertibilidade200420042003ElectricidadeGasAuga2001peso20022004Colonia del SacramentoMontevideoPiriápolisUruguaiBariloche










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Buenos Aires




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Coordenadas: 34°35′59″S 58°22′55″O / -34.59972, -58.38194




















Buenos Aires


Bandera de la Ciudad de Buenos Aires.svg

Escudo de la Ciudad de Buenos Aires.svg

Buenos Aires City Collage.png
Imaxes da cidade
Localización


Buenos Aires en Arxentina

Buenos Aires

Buenos Aires




País
Flag of Argentina.svg Arxentina
Cidade autónomaCidade autónoma de Buenos Aires
Xeografía
Altitude25 msnm
Superficie203 km²
Demografía
Poboación2 890 151 hab. (2010)
Densidade14.000 hab/km²
XentilicioPorteño/a[1], bonaerense[2]
Outros datos
Código postal1000 - 14??
AlcaldeXefe de goberno: Horacio Rodríguez Larreta (PRO)
Páxina oficial de Buenos Aires

Buenos Aires[2][3], ás veces escrito en galego Bos Aires[4][5][6][7][8], é a capital da Arxentina. Os seus habitantes denomínanse porteños ou bonaerenses.[1][2] A cidade atópase situada na beira dereita do esteiro do río da Prata, fronte á cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. É, principalmente, unha cidade de servizos.




Índice





  • 1 Toponimia


  • 2 Historia

    • 2.1 Galegos en Buenos Aires



  • 3 Xeografía

    • 3.1 Clima



  • 4 Demografía

    • 4.1 Censo de poboación


    • 4.2 Orixe


    • 4.3 Relixión



  • 5 Economía


  • 6 Turismo


  • 7 Monumentos e lugares de interese


  • 8 Cidades irmás


  • 9 Galería de imaxes


  • 10 Notas


  • 11 Véxase tamén

    • 11.1 Bibliografía


    • 11.2 Outros artigos


    • 11.3 Ligazóns externas





Toponimia |


Na primeira fundación, o 2 ou 3 de febreiro de 1536, Pedro de Mendoza chamou ao lugar Real de Nuestra Señora Santa María del Buen Ayre para cumprir a promesa que fixera á Padroa dos Navegantes, que se achaba na Confraría dos Mareantes de Triana e da que el era membro. En efecto, “Buen Ayre”, a castelanización do nome da Virxe de Bonaria, é dicir da Virxe da Candelaria, a quen os pais mercedarios levantaran un santuario para os navegantes en Cagliari[9], Sardeña, e que era venerada tamén polos navegantes de Cádiz.


Juan de Garay refundou a cidade o 11 de xuño de 1580 e deulle ao novo asentamento o nome de Ciudad de la Santísima Trinidad. A razón sería que a festividade importante máis próxima á data sería á da Trindade ou, segundo algúns historiadores, porque a nave ancorou o día de dita festividade. Pero ao porto deulle o nome de Puerto de Santa María de los Buenos Ayres.[9][10] Porén, os designios de Garay non tiveron éxito xa que, a pesar de que xamais houbo disposición oficial algunha que cambiase o nome, o uso inapelable desde o primeiro momento do nome de Buenos Aires para nomear a cidade consagrouno como tal.[11][12][13]


Na Arxentina acostuman referirse a ela con distintas denominacións. O nome de Capital Federal é un dos máis utilizados, en alusión á condición de distrito independente que adquiriu coa lei de federalización que promulgara Julio Argentino Roca. Moitas veces tamén se usa a expresión "Ciudad de Buenos Aires", ou sinxelamente "Buenos Aires", aínda que esta última préstase a confusión coa provincia homónima.


Ciudad Autónoma de Buenos Aires é unha das denominacións que oficialmente lle deu a Constitución da cidade, sancionada en 1996. É por iso que tamén se adoita empregar a abreviatura 'CABA' para mencionala. Informalmente é habitual chamarlle Baires, apócope da forma orixinal, común dentro da cidade mais pouco usada no resto do país. Poeticamente atribuíronselle numerosos nomes, coma a París do sur pola súa beleza arquitectónica e o seu carácter cultural, ou a Cabeza de Goliat, segundo un ensaio de Ezequiel Martínez Estrada, en alusión ao seu tamaño e influencia desproporcionada sobre o resto do país, ou, en razón da súa localización e prestixio, a Raíña do Plata.



Historia |



Artigo principal: Historia de Buenos Aires.

A primeira incursión no río da Plata fíxoa o 2 de febreiro de 1516 Juan Díaz de Solís con resultados catastróficos, pois foron atacados polos habitantes do lugar causándolles moitas mortes, entre elas a do propio Solís.[9]


Buenos Aires foi fundada por primeira vez o 2 ou 3 de febreiro de 1536 polo español Pedro de Mendoza, baixo o nome de Nuestra señora del Buen Ayre, (Nosa señora do Bo Aire). A cidade foi abandonada e esnaquizada polos indios en 1541, e refundada o 11 de xuño de 1580 por Juan de Garay co nome de Ciudad de La Santísima Trinidad y Puerto de Santa María del Buen Ayre (Cidade da Santísima Trindade e Porto de Santa María do Bo Aire).


Trala súa segunda fundación Buenos Aires tivo un escaso desenvolvemento ata que en 1776 foi nomeada capital do Virreinato do Río da Prata. Dende ese momento comezou a evolucionar rapidamente debido ao empurre comercial que a beneficiou, principalmente grazas ao contrabando, desenvolvéndose non só economicamente senón tamén culturalmente. A chegada de ideas liberais e fundamentalmente a ocupación de España polo exército napoleónico, permitiu a creación de movementos emancipadores, que desataron en 1810 a Revolución de Maio e a creación do primeiro goberno patrio.


Durante o longo proceso que levou á creación do Estado Nacional Arxentino, Buenos Aires foi elixida lugar de residencia do Goberno Nacional, aínda que este carecía de autoridade administrativa sobre a cidade, que formaba parte da provincia de Buenos Aires. A necesidade do goberno nacional de federaliza-la, sumada ao movemento de tropas ordenado polo gobernador da provincia, Carlos Tejedor, produciu en 1880 unha serie de enfrontamentos que rematarían coa derrota da provincia de Buenos Aires e a federalización da cidade. Posteriormente, a Provincia de Buenos Aires cedeu os partidos de Flores e Belgrano, os cales foron anexados ao territorio da Capital Federal. A cambio diso, a Provincia de Buenos Aires recibiu unha compensación económica.


En 1882 o Congreso Nacional creou as figuras do intendente e o Concello Deliberante da Cidade. O intendente non era elixido polo voto popular, senón que era designado polo Presidente da Nación en conformidade co Senado. O primeiro en exercer o novo cargo foi Torcuato de Alvear, designado en 1883 por Xullo A. Roca.


Cara finais do século XIX e comezos do século XX a cidade sufriu unha transformación importante; a prosperidade económica que atravesaba o país sumada ás preparacións para o I Centenario que se celebraría en 1910 permitiron que a infraestrutura urbana se desenvolvese. Isto incluíu non só a construción de novos edificios, prazas e monumentos, senón tamén un melloramento xeral nos servizos públicos que lle permitiu contar en 1913 co primeiro metro de Iberoamérica.


Durante o século XX a cidade experimentou un grande crecemento demográfico que a situou entre as maiores cidades da Terra, non só a nivel demográfico, senón tamén artístico, cultural e económico.


Trala Reforma da Constitución Arxentina de 1994 a cidade puido contar coa súa propia Constitución e cun goberno autónomo de elección directa. O 30 de xuño de 1996 celebráronse as eleccións que designarían ao Xefe de Goberno da Cidade, así como aos lexisladores que sancionarían a Constitución da Cidade. Nas eleccións do Poder Executivo resultou gañadora a fórmula da Alianza para a Xustiza, o Traballo e a Educación de Fernando de la Rúa, converténdose deste xeito no primeiro Xefe de Goberno. Tras dous meses de deliberacións, a Convención Constituínte finalmente sancionou o 1 de outubro de 1996 a Constitución da Cidade de Buenos Aires.


No ano 2003 foi promulgada a Unión Civil[14], tanto para as parellas homosexuais como para as heterosexuais, converténdose na primeira cidade en América Latina en oficializar devanditas unións.



Galegos en Buenos Aires |


Buenos Aires foi cidade de acollida para numerosos galegos na emigración ou o desterro a partir do desenvolvemento que levou a cidade de ter uns 55 000 habitantes en 1855 a millón e medio en 1885[15]. Na realidade, é a cidade do planeta con máis habitantes galegos. É coñecido o seu Centro Gallego pola súa enorme influencia e instalacións (editorial, centro cultural, hospital,...) que tivo unha importancia básica na sociedade arxentina do século XX (máis aínda cando foi o corralito no 2001).





Gran Buenos Aires.



Xeografía |


A cidade de Buenos Aires atópase no hemisferio sur a 34º 36' de latitude e 58º 26' de lonxitude. A cidade autónoma (tamén coñecida como Capital Federal) esténdese sobre un terreo chairo con 19,4 km de norte a sur e 17,9 km de leste a oeste. Na súa superficie de 202 km² vivían, en 2009, 3 120 435 habitantes. No entanto, cando se examina súa rexión metropolitana (a chamada Gran Buenos Aires), a superficie atinxe 3880 km² e a poboación chega aos 13 millóns de habitantes, converténdoa nunha das cidades máis populosas do mundo e a segunda na América do Sur, despois de São Paulo, no Brasil.


Na marxe oposta do Río da Prata, atópase a cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. Buenos Aires lígase a Colonia e a Montevideo por barco (que cobre a ruta Buenos Aires-Montevideo en pouco máis de tres horas, e Buenos Aires-Colonia en cerca dunha hora). O Río da Prata (Río de la Plata) e mailo Riachuelo forman os límites naturais da Cidade Autónoma de Buenos Aires a leste e a sur. O resto do seu perímetro está demarcado pola Avenida General Paz, que circunvala a cidade de norte a oeste. Esta avenida liga de forma rápida a cidade coa Gran Buenos Aires, unha rexión de alta concentración de habitantes e forte actividade comercial e industrial.



Clima |


O clima da cidade é temperado oceánico (ameno durante todo o ano). As temperaturas medias anuais son de 18 ºC. No inverno a temperatura pode caer a 3 °C, encanto no verán, húmido, a temperatura media é de 28 °C. Só unha vez na súa historia, en 1918, rexistrouse caída de neve.




























































Nuvola apps kweather.pngParámetros climáticos medios de Buenos Aires Weather-rain-thunderstorm.svg
Mes

Xan

Feb

Mar

Abr

Mai

Xuñ

Xul

Ago

Set

Out

Nov

Dec
Ano
Temperatura máxima media (°C)
29
27
26
22
18
15
14
16
18
21
24
27

21
Temperatura mínima media (°C)
17
17
15
11
8
5
5
6
7
10
12
16

11
Precipitacións (cm)
10
10
10
8
7
5
5
6
10
9
8
16

97

Fonte: Weatherbase 2011


Demografía |


Os habitantes de Buenos Aires son coñecidos como porteños (xente do porto), isto é debido á grande importancia que tivo o porto da cidade no desenvolvemento da cidade e da nación. Os habitantes da provincia de Buenos Aires (as veces excluíndo os arrabais da cidade) son coñecidos como bonaerenses.



Censo de poboación |




Crecemento de poboación dende 1740.


Segundo o censo do 2002, a cidade ten unha poboación de 2 768 772, mentres que a área metropolitana do Gran Buenos Aires ten unha poboación de 13 millóns de habitantes (censo do 2001). A poboación da cidade atópase estancada dende 1960, debido as baixas taxas de natalidade e á pouca emigración á cidade.



Orixe |


A maioría dos porteños teñen orixe europea, sendo maioría os descendentes de españois e italianos, destacando os descendentes dos galegos, asturianos, e vascos entre os españois, e os calabreses, lingurianos, piemonteses, lombardos e napolitanos entre os italianos.


Entre as outras orixes europeas destacan os alemáns, portugueses, polacos, irlandeses, rusos, franceses, croatas, ingleses e galeses. Dende a década dos anos 90 produciuse unha pequena onda migratoria proveniente da Ucraína e da Romanía.


Na cidade existe unha pequena minoría de orixe crioulla, orixinaria do período imperial español. A poboación crioula e mestiza incrementouse nas últimas décadas grazas á emigración, principalmente das provincias e dos países veciños (Bolivia, Perú e Paraguai).


Dende comezos do século XX, estableceuse na cidade unha importante comunidade árabe, formada principalmente por sirios, libaneses e armenios.


A comunidade xudía do Gran Buenos Aires está formada por uns 250.000 membros, e constitúe a maior da Latinoamérica. A maioría son de orixe Asquenací, provenientes de Alemaña e Rusia. Destaca tamén a pequena comunidade xudía de orixe sefardí, formada principalmente por xudeus de orixe siria.


A comunidade asiática de Buenos Aires ten a súa orixe no Xapón, destacando a rexión de Okinawa como emisora de emigrantes. Dende a década dos 70 produciuse un importante fluxo migratorio dende China e Corea.



Relixión |


A maioría dos habitantes de Buenos Aires son católicos. Destacan tamén as comunidades ortodoxas e anglicanas. A partir da década dos 80 produciuse un importante medre da Igrexa Evanxélica.


A cidade tamén conta con importantes comunidades xudías e islámicas dende fai máis dun século.



Economía |




A Torre BankBoston, inaugurada no 2001.


No 2004 o Produto Interior Bruto (PIB) da cidade de Buenos Aires foi de aproximadamente $100.455 billóns[16], o que equivale a $36.185 per capita. Os ingresos superiores aos 10.000 dólares per capita triplica a media nacional, o que converte á cidade nunha das de maiores ingresos per capita da América Latina.


O principal sector económico de Buenos Aires é o sector Servizos, o cal representa o 73% do PIB da cidade, superando o 66% da media nacional. Dentro do sector servizos o sector de maior importancia é o de servizos inmobiliarios, empresariais e de alugueiro, sector que xera 17.195 billóns de pesos.


Dentro do sector servizos, o segundo maior sector en importancia son os servizos financeiros, xerando 12.622 billóns de pesos. A cidade xera o 67% do valor engadido deste sector a nivel nacional, concentrando o 53% dos depósitos e o 68% dos emprestamos.


A industria representa o 20% do PIB, xerando 20.308 billóns de pesos. O desenvolvemento dos sectores produtores de bens é elevado dende a saída da convertibilidade. No 2004 o sector tivo un crecemento do 21%, mentres o sector servizos medrou un 19%.


No ano 2004, o PIB da cidade medrou un 8,5% en relación ao ano 2003[17], sendo a construción o sector de maior crecemento (un 50%), seguido da Electricidade, o Gas e a Auga (25,7%) e os Servizos de Transporte (18,7%). Con todo, o sector dos servizos financeiros caeu un 8%, acumulando unha caída do 44% dende o 2001.


Nos últimos anos, Buenos Aires vén de converterse nun polo turístico, en especial grazas á desvarolización do peso o cal orixinou unha acentuada baixada dos custos para os visitantes estranxeiros. Entre o ano 2002 e 2004, a cantidade de establecementos hoteleiros medrou un 10,7%, mentres que a taxa de habitacións ocupadas sufriu un medre do 42,9%.[18]



Turismo |


A cidade conta co Aeroporto Internacional de Ezeiza (situado a 35 km da cidade) e cun aeroporto doméstico, o Aeroparque Jorge Newbery. Conta co terminal viario de Retiro, de onde parten e chegan liñas de autobús para todas as rexións do país e para cidades do Chile, Perú, Bolivia, Paraguai, Uruguai e Brasil. Conta tamén con ferry-boats que a conectan coas cidades de Colonia del Sacramento, Montevideo e Piriápolis, no veciño Uruguai.
Fica a 1630 km ao norte doutro importante destino turístico arxentino, a cidade de Bariloche.



Monumentos e lugares de interese |





Casa Rosada.





Teatro Colón de Buenos Aires.




Congreso da Nación.


  • Centro
    • Cabildo Histórico

    • Casa Rosada

    • Catedral Metropolitana

    • Congreso Nacional

    • Palacio Municipal

    • Plaza de Mayo (onde fica a Casa Rosada e maila Catedral)

    • Puente de la Mujer (ponte móbel situada en Puerto Madero)

    • Puerto Madero (e os seus cafés e restaurantes)

    • Manzana de las Luces

    • Obelisco

    • Reserva Ecolóxica Costanera Sur (próxima a Puerto Madero)

    • Teatro Colón


  • Barrio Norte
    • Biblioteca Nacional

    • Cemiterio da Recoleta

    • MALBA (Museo de Arte Latinoamericano de Buenos Aires)

    • Museo Nacional de Bellas Artes

    • Praza (Plaza) Francia


  • Bairro de Palermo
    • Parque Tres de Febrero

    • Jardín Japonés

    • Planetário

    • Jardín Botánico


  • Bairro de La Boca
    • Caminito

    • Estadio de fútbol do Boca Juniors

    • Museo Histórico Nacional


  • Bairro de Mataderos
    • Feira de artesanía e tradicións arxentinas

  • Bairro de San Telmo
    • La Casa Mínima

    • Praza Dorrego

    • Museo Nacional de Arte Decorativa



Cidades irmás |


A Cidade de Buenos Aires ao longo da súa historia irmandouse con cidades de varios continentes, ademais dalgunhas comunidades autónomas e rexións.[19]


Cidades irmás de Buenos Aires







  • España Cádiz


  • Flag of Paraguay.svg Asunción


  • Grecia Atenas


  • España Barcelona


  • Flag of the People's Republic of China.svg Pequín[20]


  • Flag of Lebanon.svg Beirut


  • Flag of Mexico.svg Cidade de México


  • Flag of Serbia.svg Belgrado


  • Alemaña Berlín[21]


  • España Bilbao


  • Flag of Colombia.svg Bogotá


  • Flag of Brazil.svg Brasilia


  • Flag of South Africa.svg Cidade do Cabo


  • Flag of Syria.svg Damasco


  • Exipto O Cairo


  • Flag of Armenia.svg Iereván


  • Flag of Turkey.svg Istambul


  • Italia Xénova


  • Flag of Peru.svg Cuzco


  • España Guadix



  • Flag of Israel.svg Xerusalén


  • Ucraína Kiev


  • Flag of Peru.svg Lima


  • Flag of Portugal.svg Lisboa


  • Flag of the United Kingdom.svg Londres


  • Italia Lucca


  • España Madrid[22]


  • Flag of Colombia.svg Medellín


  • Flag of the United States.svg Miami


  • Italia Milán


  • Flag of Uruguay.svg Montevideo


  • Flag of Russia.svg Moscova


  • Italia Nápoles


  • Imperio do Xapón Osaka


  • Flag of Canada.svg Otava


  • España Oviedo


  • Francia París


  • Flag of Brazil.svg Porto Alegre


  • República Checa Praga



  • Flag of Ecuador.svg Quito


  • Flag of Brazil.svg Río de Xaneiro


  • Italia Roma


  • Flag of the Netherlands.svg Rotterdam


  • España Salamanca


  • España Santa Cruz de la Palma


  • Flag of Chile.svg Santiago de Chile[23]


  • Galicia Santiago de Compostela


  • Flag of the Dominican Republic.svg Santo Domingo


  • Flag of Brazil.svg São Paulo[23]


  • Flag of South Korea.svg Seúl


  • España Sevilla


  • Flag of Israel.svg Tel Aviv


  • Francia Tolosa


  • Polonia Varsovia


  • Galicia Vigo


  • Croacia Zagreb

Rexións, estados e comunidades autónomas irmandadas coa cidade de Buenos Aires:

  • Andalucía Andalucía (2001)


  • Galicia Galiza (1998)


  • Flag of Calabria.svg Calabria (1987)


  • Flag of Basilicata.svg Basilicata


  • Flag of New Jersey.svg Nova Jersey


  • Flag of Ohio.svg Ohio


Galería de imaxes |



Congreso da Nación Arxentina. 
Mapa de Buenos Aires na Arxentina. 
Casas de estilo alemán no distrito de Belgrano. 
Distrito de La Boca, poboado por italianos orixinarios de Xénova. 
Catedral Metropolitana de Buenos Aires. 
Casa Rosada en Buenos Aires. 

Puente de la Mujer deseñado por Santiago Calatrava. 


Notas |




  1. 1,01,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para porteño.


  2. 2,02,12,2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bonaerense.


  3. Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 178 D2. ISBN 978-84-8289-328-0. : O atlas da "Buenos Aires" para a cidade e "Bos Aires" para a provincia.


  4. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 106. ISBN 84-8158-266-2. 


  5. "Bos Aires". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 


  6. "Bos Aires". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 468-471. ISBN 84-7680-288-9. 


  7. "Bos Aires". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 343. 


  8. "Bos Aires". Diccionario enciclopédico galego universal 10. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 47-48. ISBN 84-7680-429-6. 


  9. 9,09,19,2 Gobierno de la Ciudad de Buenos Aires (ed.). "Calendario histórico" (en castelán). pp. 2 de febrero, 11 de junio. Consultado o 1 de setembro de 2015. 


  10. Levene, Ricardo; Levene, Ricardo (fillo). Ministerio de Cultura de Buenos Aires, ed. Historia Argentina y Americana (en castelán). ISBN 950-00-8400-7. 


  11. Casella de Calderón, Elisa, ed. (1993). "Buenos Aires nos cuenta" (en castelán) (3 (5ª ed.)). 


  12. Casella de Calderón, Elisa, ed. (1991). "Buenos Aires nos cuenta" (en castelán) (15 (3ª ed.)). 


  13. Luqui Lagleyze, Julio A. (1994). Buenos Aires, sencilla historia: La trinidad (en castelán). Librerías Turísticas. 


  14. Véxase Ley 1004 Arquivado 18 de marzo de 2005 en Wayback Machine.


  15. Martín Fernández (8 de agosto de 2016). "La finca de 47.000 hectáreas de Murias y otros prodigios de la emigración". Consultado o 8 de agosto de 2016. 


  16. A prezos básicos, Dirección General de Estadísticas e Censos. Informe de Resultados Nº245 Arquivado 04 de outubro de 2012 en Wayback Machine..


  17. A prezos constantes de 1993.


  18. Enquisa de Ocupación Hoteleira (EOH), Dirección Xeral de Estatística e Censos (G.C.B.A.) e Secretaría de Turismo da Cidade de Buenos Aires.


  19. "Lista de irmanamentos e convenios" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xuño de 2006. Consultado o 27 de xuño de 2006. 


  20. "Sister Cities". Beijing Municipal Government. Consultado o 23 de xuño de 2009. 


  21. "Ley Nº 682" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2008. Consultado o 26 de febreiro de 2008. 


  22. "Mapa Mundi de las ciudades hermanadas". Concello de Madrid. Ayuntamiento de Madrid. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2009. 


  23. 23,023,1 "International Relations – São Paulo City Hall – Official Sister Cities". Prefeitura.sp.gov.br. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2010. Consultado o 2 de maio de 2012. 



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • Ciudad de Buenos Aires: de la fundación a la participación ciudadana (en castelán). Subsecretaría de Comunicación Social. 2004, Buenos Aires, Arxentina.


  • Nuevo Atlas de la Argentina (en castelán). Arte Gráfico Editorial Argentino. 1994, Buenos Aires, Arxentina. ISBN 84-605-1115-4


  • Temas de Patrimonio Cultural, Volume 2: Patrimonio e Identidad Cultural,(castelán). Comisión para la Preservación del Patrimonio Histórico Cultural de la Ciudad de Buenos Aires. 2000, Buenos Aires, Arxentina. ISBN 987-97845-8-8


  • Félix Luna, Breve historia de los argentinos (en castelán). 1997. Ed. Planeta, ISBN 950-742-811-9


  • Anuario Estadístico 2004 (en castelán). Gobierno de la Ciudad de Buenos Aires. 2005. Versión Online

  • Cerruti, Marcela. La migración peruana a la Ciudad de Buenos Aires: su evolución y características (en castelán). Revista Semestral de Datos y Estudios Demográficos (Año 2, Número 2), Secretaría de Hacienda y Finanzas. 2005, Buenos Aires, Arxentina. ISSN 1668-5458


Outros artigos |


  • Tango


Ligazóns externas |



  • Goberno da Cidade de Buenos Aires (en castelán).


  • Buenos Aires en Wikivoyage (en castelán).




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Buenos_Aires&oldid=5136178"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.008","walltime":"1.583","ppvisitednodes":"value":2987,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":87060,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6691,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":16,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":24674,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":17,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1250.288 1 -total"," 45.86% 573.427 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.11% 226.429 1 Modelo:Listaref"," 12.68% 158.508 1 Modelo:Commonscat"," 12.39% 154.896 1 Modelo:Irmáns"," 12.07% 150.866 1 Modelo:Caixa_lateral"," 6.93% 86.652 7 Modelo:Cita_libro"," 6.85% 85.589 1 Modelo:Cidade"," 6.27% 78.439 1 Modelo:Infobox"," 3.29% 41.126 6 Modelo:Cita_web"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.505","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":7169493,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1319","timestamp":"20190611225102","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Buenos Aires","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Buenos_Aires","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q1486","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q1486","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-02-21T14:59:00Z","dateModified":"2019-05-03T07:10:17Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f5/Bandera_de_la_Ciudad_de_Buenos_Aires.svg","headline":"capital da Repu00fablica Arxentina"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":190,"wgHostname":"mw1238"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020