Skip to main content

Kinshasa Índice Historia | Xeografía | Demografía | Organización territorial | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación4°19′30″S 15°19′20″L / -4.32500, -15.32222www.kinshasa.cdPopulstatWorld Gazetteer"Congo (Rep. Dem.): Las ciudades más grandes con estadísticas de poboación"o orixinal"Répartition de la population par Départements et Communes en 1984 et projetée de 2000 à 2015"o orixinal"Kinshasa-Brazzaville - perfil de la entidad geográfica y variantes de los nombres"o orixinal"Kinshasa - perfil de la entidad geográfica y variantes de los nombres"o orixinal"Brazzaville - perfil de la entidad geográfica y variantes de los nombres"o orixinal"Africa: aglomeraciones"o orixinal"Africa - las ciudades más importantes"o orixinalKinshasaArquivado"Actual Africa; or, The coming continent; a tour of exploration""BBC Weather: Average Conditions for Kinshasa, Congo Democratic Republic"o orixinal"Constitution de la République démocratique du Congo""Kinshasa Province - Congo (DRC)""Funa Administrative Zone - Congo (DRC)""Lukunga Administrative Zone - Congo (DRC)""Mont Amba Administrative Zone - Congo (DRC)""Tshangu Administrative Zone - Congo (DRC)"Páxina oficial da cidade de KinshasaeWorldCat1383562702065203ID23143024030682-3n78073109ID00628427

Cidades da República Democrática do CongoCapitais de África


República Democrática do CongoÁfricarío CongoBrazzavilleRepública do CongoHenry Morton Stanley1881Leopoldo II de BélxicaferrocarrilMobutu Sese SekocongolingalanepotismoPrimeira guerra do CongoÁfrica Central2009Área metropolitana de Kinshasa-Brazzaville2009conurbaciónÁfricaLagossabanabantúspigmeostrata de escravosmarfilHenry Morton Stanley12 de marzo18781881NgalyemaStanley Poolcataratas LivingstoneManyangabaía de NgaliemaLeopoldo II de Bélxica1882río Congocataratas LivingstonerápidosMatadi1890189819101929Congo BelgaBoma1 de xullo1923Bruselaspobo congo19501954Universidade de Lovanium1955Balduíno de Bélxica19591960VIH19591965Mobutu Sese SekoCrise do CongoGolpe de Estado1966KinchassaCompañía Comercial BelgabatekebahumbulingalaPool Malebocataratas Livingstone1945Congo Belga1960África central1966199820052015Banco MundialFreetownUagadugú20062006francésprovinciaLa Gombe










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Kinshasa




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Coordenadas: 4°19′30″S 15°19′20″L / -4.32500, -15.32222














Kinshasa


Kinshasa Flag.svg

Coat of arms of Kinshasa.svg

Kinshasa Congo.jpg
Localización


Kinshasa en República Democrática do Congo

Kinshasa

Kinshasa




País
Flag of the Democratic Republic of the Congo.svg República Democrática do Congo
ProvinciaKinshasa
Xeografía
Altitude240 msnm
Superficie9.965 km²
Demografía
Poboación9 046 000 hab. (2012)
Densidade910 hab/km²
Outros datos
www.kinshasa.cd

Kinshasa (antigamente Léopoldville) é a capital e maior[1] cidade da República Democrática do Congo.
Cunha poboación de 8,5 millóns, é tamén unha das máis poboadas da África subsahariana.
Cidade de contrastes, con zonas residenciais, comerciais e universitarias xunto a barrios de chabolas.


Kinshasa está situada na ribeira sur do río Congo, en fronte da cidade de Brazzaville, capital da República do Congo. Fundada como posto comercial por Henry Morton Stanley en 1881 chamándolle Léopoldville en honra do rei Leopoldo II de Bélxica, a quen se lle dera a título persoal todo o país. A cidade sitúase xusto antes das cataratas Livingstone, polo que o Congo só é navegábel até Kinshasa. En 1898 construíuse un ferrocarril até a costa.


En 1965 Mobutu Sese Seko alcanzou o poder, e na súa política de "africanización" cambiou os nomes de persoa e lugar en todo o país, que se chamaría Zaire. En 1966 Léopoldville foi chamado Kinshasa, por un pobo que estaba nas proximidades. A cidade creceu rapidamente, até o punto en que a tradicional lingua local, o congo, foi desprazada polo lingala.


Kinshasa sufriu gravemente polo nepotismo do goberno de Mobutu e pola Primeira guerra do Congo. Mais aínda así, a cidade é un dos principais centros culturais da África Central, cunha crecente comunidade de músicos e artistas. Tamén é o principal centro industrial do país, onde se procesan moitas das materias primas que chegan do interior do país.


Estimacións do 2009 cifraban en 9 518 988 o número de habitantes da cidade. Xunto á capital da República do Congo, que conta cunha poboación na súa área metropolitana de 1,5 millóns de habitantes,[2] forma a Área metropolitana de Kinshasa-Brazzaville, que conta cunha poboación estimada no 2009 de máis de dez millóns de habitantes,[3] a terceira conurbación máis grande de África.[4][5][6] É a cidade máis poboada de África tras Lagos.[7]


Esténdeso sobre máis de 30 km de leste a oeste e sobre máis de 15 km de norte a sur. Unha parte importante da superficie da rexión de Kinshasa é rural, cuberta por unha sabana arborada con algúns arbustos. A comuna rural de Molucas, na parte oriental da provincia, ocupa o 79% do territorio.


Mapa resaltando Kinshasa.



Boulevard du 30 juin, no centro de Kinshasa.




Índice





  • 1 Historia

    • 1.1 Colonización europea


    • 1.2 Crecemento da capital



  • 2 Xeografía

    • 2.1 Clima



  • 3 Demografía


  • 4 Organización territorial

    • 4.1 División administrativa



  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Ligazóns externas





Historia |



Véxase tamén: Historia urbana de Kinshasa.

Os trazos de ocupación humana na África central remóntanse ao primeiro milenio antes de Cristo. Os séculos previos á colonización europea ven a instalación dos pobos bantús instalarse na rexión do medio e baixo Congo, previamente ocupado exclusivamente por pigmeos. Diferentes tribos e pobos compoñían a nova poboación. Á altura do Estanque Malebo os tio poboaban a ribeira dereita (norte) do río, mentres que pobos asimilados aos tio, humbu e mfinu poboaban a ribeira esquerda (sur). A rexión foi vítima da trata de escravos e protagonista do comercio de marfil; ambas actividades enriqueceron ao pobo tio, entón erixido no Reino Tio.



Colonización europea |




Sir Henry Morton Stanley, fundador da cidade.


Sir Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en visitar o enclave no que actualmente se sitúa a cidade ao chegar a Ntamo o 12 de marzo de 1878, no medio da súa travesía polo continente africano, cando planeaba recorrelo desde a costa atlántica oeste até o Océano Índico no leste. En 1881, firmou o «Tratado da amizade» cun xefe tio, Ngalyema, obtendo así o dereito de construír un campamento en Stanley Pool. Despois de catro meses de ter rematado o camiño que rodeaba as cataratas Livingstone e enlazaba co campamento de Manyanga, acabárase de construír o novo campamento. Este encontrábase na actual comuna de Kintambo, sobre os bordos da baía de Ngaliema, entre as aldeas de Ntamo e Kinshasa. Foi chamado Leopoldville na honra do rei Leopoldo II de Bélxica, que pagara a expedición de Stanley. Leopolville era o maior campamento que se construíra até aquel momento e contaba coa vantaxe de estar situado no estreito onde o río Congo empeza a ser navegable até 1.500 km río arriba.[8] O sitio, grande e fácil de defender xa estaba poboada por 66 aldeas antes da chegada de Stanley cunha poboación total estimada en 30.000 habitantes.[9] Stanley fundou así mesmo outra estación, ao lado da aldea de Kinshasa (nshasa significa «mercado»), cun acordo co xefe Ntsuvila. Este pobo doulle o nome á cidade actual, desenvolvéndose co aumento da aldea Mpumba, onde hoxe se localiza o distrito de negocios. Cando Stanley regresou ao Congo en 1882 o campamento atopábase en condicións lamentables e tivo que reconstruílo durante varios meses.[8]




Leopoldville en 1896.


O posto prosperou ao ser o primeiro porto fluvial navegable do río Congo augas arriba das cataratas Livingstone -unha serie de rápidos que se estenden por máis de 300 quilómetros río abaixo de Kinshasa. Nun principio, todas as mercancías que desde o interior eran levadas ao mar e viceversa debían ser cargadas por persoas entre Leopoldville e a cidade de Matadi, un porto fluvial situado río abaixo dos rápidos, a uns 150 quilómetros da costa. Os investidores e comerciantes europeos crearon unha agrupación internacional para construír un ferrocarril que rodeara as cataratas Livingstone e que unira Matadi con Livingstone. A liña empezouse a construír en 1890 e en 1898 foi rematada.[8] A súa importancia económica incrementouse e o ferrocarril impulsou definitivamente o crecemento da cidade, que, en 1910, tiña apenas 10.000 habitantes.



Crecemento da capital |


En 1929, a cidade foi nomeada capital do Congo Belga, sucedendo á cidade que até ese momento era a capital, Boma, situada no estuario do río Congo. Este cambio ocorreu despois da aplicación do Real Decreto do 1 de xullo de 1923 emitido en Bruselas. Nesta época, Leopoldville estaba confinada ás comunas de Kintambo e do Gombe actual, desenvolvidas arredor da Baía de Ngaliema, logo adheríronse os municipios de Kinshasa, Braumbu e Lingwala. Nos anos 1930 construíronse a maioría das vivendas para os empregados da Chanic, a Filstisaf e a Utex Africa.




Mapa da rexión de Kinshasa e do Estanque Stanley no século XIX. Xa poden identificarse notablemente Kintambo, Lemba, Kallina (actual Gombe) e a comuna de Kinshasa. Pode verse tamén o pobo de Kindolo.


Leopoldville non se converteu en cidade dende o punto de vista xurídico até o 25 de xuño de 1941 (con 5.000 hectáreas e 53.000 habitantes). Dende 1923 era un mero « distrito urbano ». Na mesma ocasión converteuse na capital da colonia, cabeceira da provincia do Congo-Kasai e do distrito de Medio-Congo. Estaba dividida en dúas zonas: a zona urbana, partida a súa vez en Léo (abreviatura de Léopold, evocando aos diferentes reis dos belgas) II, Léo-Ouest, Kalina, Léo-I ou Léo Est e Ndolo, e a zona indíxena no sur.


O crecemento da cidade comezou en 1945, tralo cesamento dos traballos forzosos que os belgas realizaron, que permitiu que aumentase a poboación negra. A cidade converteuse así no destino de numerosos habitantes dos sectores rurais na procura dun emprego, que se asentaron nas casas da zona indíxena. A cidade comezou a poboarse sobre todo de membros do pobo congo.


Na década de 1950 as cidades planificadas de Lemba, Matete e unha parte de Ndjili foron deseñadas para acoller aos empregados da zona industrial de Limete.


En 1954, a cidade abriu a Universidade de Lovanium, institución especial para os nativos e que estaba fiscalizada para evitar que aos seus alumnos lles chegaran influencias estranxeiras. En 1955, o rei Balduíno de Bélxica visitou Leopoldville e afirmou «Chegará o momento no que se lle garanta a todos, brancos ou negros, a parte que lle corresponde no goberno do país, segundo as calidades e capacidades que posúa».[8]


A cidade tiña 11 comunas e 6 zonas anexas en 1957: as comunas de Kalamu, Dendale (actual Kasa-Vubu), San Xoán (actual Lingwala), Ngiri-Nigiri, Kintambo, Limete, Bandalungwa, Léopoldville (actual Gombe), Barumbum, Kinshasa e Ngaliema; as zonas anexas eran Lemba, Binza, Makala, Kimwenza, Kimbanseke e Kingasaani, ás que se lles sumaron Ndjili e Matete.


Cos disturbios de xaneiro de 1959 a independencia política comezou a tomar solidez. As eleccións municipais, parlamentarias e presidenciais deron lugar a tensións étnicas que implicaron a intervención da forza pública. Os congo venceron nas eleccións municipais e presidenciais. A guerra civil que seguiu á independencia en 1960 reforzou a inmigración dos balubas.




Mapa de Kinshasa, 2001.


Foi nesta cidade onde se produciu a primeira infección documentada do VIH, o cal ocorreu en 1959. A enfermidade foi descuberta no sangue preservado dun residente local.


En 1965 Mobutu Sese Seko tomou control do país trala Crise do Congo e o seu segundo Golpe de Estado e iniciou unha política de africanización que promovía o cambio de nomes de persoas e lugares do país. Así, en 1966 a cidade cambiou o seu nome polo de Kinshasa, tomando o nome a poboación de Kinchassa, unha poboación situada a unhas dúas horas ao leste de Leopoldville e onde a Compañía Comercial Belga creara o seu principal posto comercial.[10]


A cidade creceu rapidamente baixo o goberno de Mobutu, atraendo xente de todo o país que chegaba en busca de fortuna ou tratando de escapar de conflitos étnicos de outras zonas. Isto trouxo un inevitable cambio na composición étnica da cidade. Aínda que Kinshasa se sitúa nun territorio que tradicionalmente pertence aos bateke e aos bahumbu, a lingua franca en Kinshasa hoxe en día é o lingala.



Xeografía |


A cidade-provincia cobre unha área de 9.965 km². Componse dun gran altiplano (meseta Kwango), unha cadea montañosa (montañas Ngaliema, Amba, Ngafula), un terreo chairego, e os humidais no bordo de Pool Malebo (antigamente coñecido como Stanley Pool). A chaira é a máis poboada e esténdese en forma de media lúa dende a baía, no leste, até a meseta Kwango Ngaliema, ao oeste de Pool Malebo. A cidade desenvolveuse entre o promontorio de Gombe, o Pool Malebo e a baía de Ngaliema antes das cataratas Livingstone e os montes do sur situados preto do río (ao oeste do Monte Ngaliema), quince quilómetros ao sur de Pool Malebo.



Clima |




























































Táboa de temperaturas e precipitacións de Kinshasa[11]
Meses
xan
feb
mar
abr
mai
xuñ
xul
ago
set
out
nov
dec
Anual
Temperaturas máximas (°C)
31
31
32
32
31
29
27
29
31
31
31
31

Temperaturas mínimas (°C)
21
22
22
22
22
19
18
18
20
21
22
21

Precipitacions medias (mm)
135
145
196
196
159
8
3
3
30
119
222
142


Demografía |






Evolución da poboación de Kinshasa





















Ano
Habitantes

1920*
1.600
193640.300
193835.900
193942.000
1947126.100
1957299.800
1959402.500
1967901.520
19681 052 500





















Ano
Habitantes
19701 323 039
19741 990 700
19762 443 900
19842 664 309
19913 804 000
19944 655 313
20036 786 000
20057 500 000
2015
est. 12 000 000

Fonte: Populstat, World Gazetteer
(*) só se teñen en conta as comunas que pertencían en cada época a Leopoldville

En 1945, sendo capital do Congo Belga, Leopoldville tiña uns 100.000 habitantes. Trala independencia do país, en 1960, esa cifra elevouse a unhas 400.000 persoas, sendo a principal cidade de África central. Quince anos máis tarde, despois de que a cidade fose rebautizada como Kinshasa en 1966, a súa poboación alcanzou unha cifra que rondaba os dous millóns de habitantes. A cidade creceu de forma considerable, pasando de medio millón de habitantes a finais dos anos 1960 a 4 787 000 en 1998. As últimas estimacións de 2005 calculaban os 7 500 000 habitantes.


Segundo cálculos, podería superar os 10 millóns de habitantes en 2015, situándose entre as 30 maiores cidades do mundo. Segundo o Banco Mundial, o volume dos empregos creados de forma ilegal é inigualable no resto de zonas urbanas de África, cun 95% (contra o 45 e o 50% de cidades como Freetown ou Uagadugú).


Segundo un estudo da Rede de educadores de nenos e mozos da rúa (Réseaux des éducateurs des enfants et jeunes de la rue, REEJER) elaborado en 2006, 13.877 cativos vivían e traballaban nas rúas de Kinshasa, principalmente nas comunas de Masina, Kimbanseke e Limete



Organización territorial |




Provincia de Kinshasa na República Democrática do Congo.


Segundo o artigo 2 da Constitución da República Democrática do Congo de 2006, Kinshasa posúe o status administrativo de cidade (ville en francés) e o de provincia (province).[12]



División administrativa |


A cidade-provincia de Kinshasa está dividida en 4 distritos e 24 comunas ou municipios.[13] O centro comercial e administrativo da capital congolesa é La Gombe. O concello de Kinshasa presta o seu nome a toda a cidade, mais non é nin centro comercial nin administrativo da metrópole.












Distrito
Comunas

Funa[14]

Bandalungwa, Bumbu, Kalamu, Kasa-Vubu, Makala, Ngiri-Ngiri e Selembao

Lukunga[15]

Barumbu, La Gombe, Kinshasa, Kinshasa, Kintambo, Lingwala, Mont Ngafula e Ngaliema

Mont Amba[16]

Kisenso, Lemba, Limete, Matete e Ngaba

Tshangu[17]

Kimbanseke, Maluku, Masina, Ndjili e Nsele




As 24 comunas de Kinshasa


Bandeira de Kinshasa


Kinshasa-communes.svg
Brazzaville

Río Congo

Pool Malebo

Baía
de Ngaliema

Gombe

Barumbu

Kin.

Ling.

K.-V.

Ng.-Ng.

Kal.

Banda-
lungwa

Kintambo

Ngaliema

Selembao

Bumbu

Makala

Ngaba

Lemba

Limete

Matete

Kinsenso

Masina

Ndjili

Kimbanseke

Nsele

Mont Ngafula

Nsele

Maluku



abreviacións: Kalamu (Kal.), Kinshasa (Kin.), Kasa-Vubu (K.-V.), Lingwala (Ling.) e Ngiri-Ngiri (Ng.-Ng.)


Notas |




  1. "Congo (Rep. Dem.): Las ciudades más grandes con estadísticas de poboación" (en español). World Gazetteer. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2011. Consultado o 24 de marzo de 2009. 


  2. "Répartition de la population par Départements et Communes en 1984 et projetée de 2000 à 2015" (en francés). Centre National de la Statistique et des Etudes Economiques (CNSEE). Arquivado dende o orixinal o 11-06-2007. Consultado o 30-06-2007. 


  3. "Kinshasa-Brazzaville - perfil de la entidad geográfica y variantes de los nombres" (en español). World Gazetteer. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de marzo de 2009. 


  4. World Gazetteer. "Kinshasa - perfil de la entidad geográfica y variantes de los nombres" (en español). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2009. 


  5. World Gazetteer. "Brazzaville - perfil de la entidad geográfica y variantes de los nombres" (en español). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2009. 


  6. World Gazetteer. "Africa: aglomeraciones" (en español). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2009. 


  7. World Gazetteer. "Africa - las ciudades más importantes" (en español). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2009. 


  8. 8,08,18,28,3 Forbath, Peter (2002). El río Congo (en español). Madrid: Turner - Fondo de Cultura Económica. pp. 383–446. ISBN 84-7506-508-2. 


  9. Kinshasa Arquivado 17 de decembro de 2009 en Wayback Machine., congonline.com (en francés)


  10. Vincent, Frank (1895). Internet Archive, ed. "Actual Africa; or, The coming continent; a tour of exploration" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2009. 


  11. "BBC Weather: Average Conditions for Kinshasa, Congo Democratic Republic" (en inglés). BBC. 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2010. Consultado o 16 de marzo de 2009. 


  12. "Constitution de la République démocratique du Congo" (en francés). Wikisource. 18 de febreiro de 2006. Consultado o 23 de marzo de 2009. 


  13. "Kinshasa Province - Congo (DRC)" (en inglés). AfDevInfo. 18 de abril de 2007. Consultado o 18 de marzo de 2009. 


  14. "Funa Administrative Zone - Congo (DRC)" (en inglés). AfDevInfo. 18 de abril de 2007. Consultado o 18 de marzo de 2009. 


  15. "Lukunga Administrative Zone - Congo (DRC)" (en inglés). AfDevInfo. 18 de abril de 2007. Consultado o 18 de marzo de 2009. 


  16. "Mont Amba Administrative Zone - Congo (DRC)" (en inglés). AfDevInfo. 18 de abril de 2007. Consultado o 18 de marzo de 2009. 


  17. "Tshangu Administrative Zone - Congo (DRC)" (en inglés). AfDevInfo. 18 de abril de 2007. Consultado o 18 de marzo de 2009. 



Véxase tamén |





Ligazóns externas |



  • Páxina oficial da cidade de Kinshasa (en francés)



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Kinshasa&oldid=5149389"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.724","walltime":"1.038","ppvisitednodes":"value":2398,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":76034,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":11042,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":22649,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 840.225 1 -total"," 49.37% 414.858 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 26.87% 225.766 1 Modelo:Listaref"," 20.51% 172.294 15 Modelo:Cita_web"," 7.41% 62.263 1 Modelo:Cidade"," 6.73% 56.523 1 Modelo:Infobox"," 3.93% 33.041 1 Modelo:Capitais_de_África"," 3.42% 28.754 1 Modelo:Navbox_con_columnas"," 2.50% 21.010 1 Modelo:Coordenadas"," 2.49% 20.922 1 Modelo:Mapa_de_localización"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.415","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5980646,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1254","timestamp":"20190609075957","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Kinshasa","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Kinshasa","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3838","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3838","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-11-10T22:06:06Z","dateModified":"2019-05-16T07:19:23Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/ad/Kinshasa_Flag.svg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":152,"wgHostname":"mw1245"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020