Skip to main content

Nixeria Índice Etimoloxía | Historia | Xeografía | Demografía | Subdivisións | Economía | Cultura | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación8°N 10°L / 8, -10eDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"Nigerians Vote in Presidential Election""Country profile: Nigeria""Nigeria becomes Africa's largest economy""Nigerian Economy Overtakes South Africa's on Rebased GDP""UPDATE 2-Nigeria surpasses South Africa as continent's biggest economy""Nigeria is poised to become Africa's most powerful nation""Nigeria""Nigeria""Nigeria""''Online Etymological Dictionary''"Gardner's Art Through the Ages: Non-Western Perspectives"Nok Terracottas (500 B.C.–200 A.D.) | Thematic Essay | Heilbrunn Timeline of Art History | The Metropolitan Museum of Art"A history of NigeriaHegemony and culture: politics and religious change among the YorubaPeoples of Africa, Volume 1"Nigeria: A Country Study – The Slave Trade"Africa and the Americas: culture, politics, and history : a multidisciplinary encyclopedia, Volume 2Africa from the seventh to the eleventh CenturyWorship as Body Language"Slavery – Historical survey – Slave societies"Nixeria - "Web Journal on Cultural Patrimony"eWorldCat130803976174909XX45238511868654f2265305ID1205229004607123289264042300-134600000 0001 2157 8678n79056412ID00568000ge1301761927870264391311000182D009549

Nixeria


repúblicafederal36 estadosTerritorio da Capital FederalAbujaBenínChadCamerúnNíxergolfo da Guineaséculo XIXXXProtectorado do Sur de NixeriaProtectorado do Norte de Nixeriaguerra civildécimo sétimo máis poboado do mundohausasigbosyorubascristiánsmusulmánsSuráfricamercado emerxenteBanco Mundialpotencia rexionalVindeiros onceCommonwealth de NaciónsUnión AfricanaOPECNacións Unidasrío Níxerséculo XIXFlora Shawbarón Frederick Lugardadministrador colonial británicotuaregTombouctoupobo NokterracotaKanoKatsinahausasImperio Kanem-BornuUsman dan FodioImperio FulaniCalifato de SokotoyorubasIfeOyoXIVmitoloxía yorubabronceTogoReino de BenínedoLagosportuguesesReino de Nripobo igbocreacióncera perdidaIgbo-UkwuLagosCalabarcomercio atlántico de escravosCalifato de Sokotogolfo da GuineaBenínNíxerChadCamerúnocéano AtlánticosabanaSahelSaharaBenuerío NíxerÁfricahausa-fulanimusulmánsnupetivKanuriyorubacristiánsigboefikibibioannangijawingléshausaxariaUnión EuropeaOrganización Mundial da Saúdepoliomielitepoliomielite2003occidentaisIndonesiaestadosdistrito federalTerritorio Capital Federal de AbujaÁreas de Goberno Localpetróleogas naturaldólarpetróleobalanza de pagamentosAtlánticoindustria petroquímicarefinaríascacaoexportaciónagriculturagandaríaFela KutiAbubakar ImamcineHollywoodBollywoodAdebayo Faleti










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Nixeria




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Coordenadas: 8°N 10°L / 8, -10


























































República Federal de Nixeria
Federal Republic of Nigeria


Bandeira de Nixeria

Escudo de Nixeria



BandeiraEscudo
Nigeria (orthographic projection).svg

Lema: Unity and Strength, Peace and Progress (inglés: «Unidade e Forza, Paz e Progreso»)



Capital
 • Poboación

Abuja
174 152 (2005)
Cidade máis poboadaLagos
Linguas oficiais
Inglés1
Forma de goberno
República federal presidencial

Presidente
Vicepresidente

Muhammadu Buhari
Yemi Osinbajo

Independencia do Reino Unido

1 de outubro de 1960
SuperficiePosto 31º
 • Total923 768 km²
 • % auga1,4
Fronteiras4 047 km
Costas853 km
PoboaciónPosto 7º
 • Total (2013)174 507 539 hab.
 • Densidade
188,9 hab./km²

PIB (nominal)
 • Total (2013)522 mil millóns US$
 • per cápita
n/d

PIB (PPA)
Posto 19º
 • Total (2013)1 018 trillóns US$
 • per cápita
5 600 US$
Moeda
Naira (₦, NGN)
IDHn/d
XentilicioNixeriano, -a
Fuso horario
UTC+1
 • Horario de verán
Non aplica
Dominio de Internet.ng
Prefixo telefónico+234
Prefixo radiofónico5NA-5OZ
Código ISO566 / NGA / NG
Membro de: ONU, Commonwealth, OPEP, UA

1 Fálanse máis de 500 idiomas, sendo o inglés o único oficial. Outros importantes son o yoruba, o hausa, o ibo e o hwana.

Nixeria[1] (En-us-Nigeria.ogg [n ), oficialmente República Federal de Nixeria, é unha república federal que comprende 36 estados e máis o Territorio da Capital Federal, Abuja. O país está localizado no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de Benín polo oeste, Chad e Camerún polo leste, e Níxer polo norte. No sur está a costa, co golfo da Guinea no océano Atlántico.


Ó longo da historia, a zona veu nacer varios reinos e imperios, mais o moderno estado de Nixeria ten a súa orixe na colonización británica da rexión dende finais do século XIX e comezos do XX. O país xurdiu da combinación de dous protectorados británicos veciños: o Protectorado do Sur de Nixeria e o Protectorado do Norte de Nixeria. Durante a era colonial, os británicos estableceron estruturas legais e administrativas ó tempo que se mantiveron as xefaturas tradicionais. Nixeria conseguiu a independencia en 1960, mais pouco despois sumiuse nunha guerra civil durante varios anos. Dende entón, o seu goberno alternouse entre dirixentes democraticamente elixidos e ditaduras militares, sendo as eleccións presidenciais de 2011 as primeiras realizadas en termos razoables de liberdade e claridade.[2]


Nixeria é considerado como o "Xigante de África", por mor da súa gran poboación e economía.[3] Con aproximadamente 174 millóns de habitantes, Nixeria é o país máis populoso de África e o décimo sétimo máis poboado do mundo.[4] O país está habitado por máis de 500 grupos étnicos, sendo os tres máis grandes os hausas, os igbos e os yorubas.
Atendendo á relixión, Nixeria está dividida en dúas metades, entre os cristiáns que viven na parte sur e central do país, e os musulmáns, concentrados nas zonas norte e suroeste. Unha minoría da poboación practica as relixións indíxenas de Nixeria.


No 2014, a economía de Nixeria (PIB) converteuse na máis grande de África, valorada en máis de $500 billóns, e superou a Suráfrica para ser a 26ª economía máis grande do mundo.[5][6] Ademais, a relación da débeda do seu PIB é de só o 11% (8% menos que a relación de 2012).[7] No 2050, as previsións din que Nixeria será unha das 20 principais economías do mundo.[8] As reservas de petróleo do país xogaron un papel moi importante no crecemento da súa riqueza e influencia. Nixeria é considerado como un mercado emerxente polo Banco Mundial[9] e foi identificado como a potencia rexional de África.[8][10][11] Tamén é membro do grupo de países "MINT", que son aqueles identificados como os novos "BRIC"s. Tamén está listada como unha economía dos "Vindeiros once", entre os máis grandes do mundo. Nixeria é membro da Commonwealth de Nacións, da Unión Africana, da OPEC e das Nacións Unidas, entre outras organizacións internacionais.




Índice





  • 1 Etimoloxía


  • 2 Historia

    • 2.1 Prehistoria



  • 3 Xeografía


  • 4 Demografía

    • 4.1 Cidades principais



  • 5 Subdivisións


  • 6 Economía


  • 7 Cultura

    • 7.1 Cinema


    • 7.2 Música



  • 8 Notas


  • 9 Véxase tamén

    • 9.1 Outros artigos


    • 9.2 Ligazóns externas





Etimoloxía |


O nome Nixeria foi tomado do río Níxer que discorre polo país. Ó parecer, o nome foi acuñado a finais do século XIX por Flora Shaw, quen casaría despois co barón Frederick Lugard, un administrador colonial británico. A orixe do nome Níxer, que orixinalmente se aplicaba só ó curso medio do río Níxer, é incerto. A verba podería ser unha alteración do tuareg egerew n-igerewen, termo usado polos habitantes do curso medio do río, arredor de Tombouctou, antes do colonialismo europeo do século XIX.[12][13]



Historia |



Artigo principal: Historia de Nixeria.



Cabeza de bronce de Ife, século XII.



Prehistoria |




Máscara real Bini, un dos artefactos de Nixeria máis recoñecidos. Reino de Benín, século XVI.


O pobo Nok de Nixeria central produciu as esculturas máis antigas de terracota atopadas no país.[14] A civilización Nok floreceu entre o -500 e o ano 200.[15] Na parte norte do país, as cidades de Kano e Katsina aparecen nos rexistros históricos dende o 999. Os reinos hausas e o Imperio Kanem-Bornu prosperaron como postos comerciais entre o norte e o oeste de África.


A comezos do século XIX, Usman dan Fodio dirixiu unha xihad con éxito, e creou o centralizado Imperio Fulani (tamén coñecido como Califato de Sokoto). O territorio controlado comprendía a zona norte e central do estado moderno. O califato durou ata que en 1903 foi dividido en varias colonias europeas.


Os reinos yorubas de Ife e Oyo no suroeste de Nixeria tiveron gran relevancia no século XII[16][17] e XIV[18] respectivamente. Segundo a mitoloxía yoruba, Ile-Ifẹ é berce da raza humana e é anterior a calquera outra civilización. Os sinais de asentamentos humanos máis antigos de Ifẹ datan do século IX,[16] e a súa cultura material inclúe figuras de bronce e terracota. Ọyọ, no seu apoxeo territorial de finais do século XVII e comezos do XVIII, abranguía dende o oeste de Nixeria ata o Togo actual. O antigo Reino de Benín estaba localizado no suroeste de Nixeria. O poder de Benín durou dende o século XV ata o XIX. O seu dominio chegou ata a cidade de Eko (un nome de orixe edo cambiado posteriormente por Lagos por portugueses).[19]


O Reino de Nri do pobo igbo, un dos máis antigos de Nixeria, consolidouse no século X, e continuou ata a colonización británica en 1911.[20][21] Nri estivo gobernado polos Eze Nri, e a cidade de Nri está considerada como o centro da cultura Igbo. Nri e Aguleri, onde se sitúan os mitos igbo da creación, están no territorio do clan Umeuri. Os membros do clan din ser a liñaxe da figura patriarcal Eri, un rei divinizado.[22] En África occidental, os bronces máis antigos foron creados mediante a técnica da cera perdida en Igbo-Ukwu, unha cidade baixo influencia Nri.[20]


Durante séculos, numerosos pobos da Nixeria moderna tiveron relacións comerciais co Norte de África. As cidade da área convertéronse en centros rexionais dunha gran rede de comercio que se estendía polo oeste, o centro e o norte do continente. No século XVI, os exploradores portugueses e españois foron os primeiros europeos en ter un comercio directo e significativo con este pobos, principalmente, a través do porto que deron en chamar Lagos e en Calabar. Os europeos intercambiaban mercancías cos pobos da costa, mais este contacto tamén supuxo o comezo do comercio atlántico de escravos.


Tradicionalmente, os pobos capturados na guerra eran feitos escravos polos conquistadores. A miúdo, os escravos eran levados ó territorio dos conquistadores para facer traballos forzados. Despois dun tempo, eran aculturizados e absorbidos na sociedade conquistadora. Cando os europeos comezaron a comerciar con África, transportaron escravos como propiedade, a maioría cara a América. O crecemento da demanda europea de escravos creou un comercio de persoas como nunca existiu outro. Moitos membros dos diferentes grupos étnicos nixerianos foron levados como escravos a América, e os seus descendentes forman parte da diáspora africana.


A escravitude tamén era habitual nos territorios da moderna Nixeria,[23] tendo o seu apoxeo a finais do século XIX. Segundo a Encyclopedia of African History, "Estímase que na década de 1890, a maior poboación escrava do mundo, arredor de 2 millóns de persoas, estaba concentrada nos territorios do Califato de Sokoto. O uso de man de obra escrava estaba moi estendido, especialmente na agricultura".[24]



Xeografía |



Artigo principal: Xeografía de Nixeria.

Nixeria localízase no golfo da Guinea. As principais cidades sitúanse nas terras baixas do sur. A parte central do país componse de outeiros e planaltos. O norte consiste de terras baixas áridas. Os países limítrofes son o Benín, o Níxer, o Chad e mailo Camerún. As zonas boscosas atópanse principalmente no terzo sur do país, que se ve afectado por chuvias estacionais oriúndas do océano Atlántico entre xuño e setembro. Á medida que se segue cara ao norte, o país vaise tornando máis seco e a vexetación máis semellante á da sabana. O terzo norte do país inclúese na rexión semiárida do Sahel, que marca o límite sur do deserto do Sahara. Nixeria está dividida en tres polos ríos Níxer e Benue, que chegan ao país vidos de nordeste e noroeste e xúntanse máis ou menos no centro, preto da nova capital, Abuja. De aí, o río Níxer acrecentado con auga do Benue flúe cara ao sur ata desaugar no mar nun gran delta.



Demografía |



Artigo principal: Demografía de Nixeria.

Nixeria é o país máis poboado de África, que conta con aproximadamente un quinto da poboación do continente. Aínda que menos do 25% dos nixerianos viven en asentamentos urbanos, polo menos existen 24 cidades con poboación maior a 100.000 habitantes. A variedade de costumes, linguas e tradicións dadas polos 250 grupos étnicos que coexisten en Nixeria proporciónanlle ao estado unha gran diversidade. O grupo étnico dominante da rexión norte é o hausa-fulani, dos cales unha gran maioría son musulmáns. Outros dos grupos étnicos importantes desa zona son os nupe, tiv, e Kanuri.


A etnia yoruba predomina no sur. Máis da metade dos yorubas son cristiáns e cerca dun cuarto, musulmáns. O resto na súa maioría seguen crenzas tradicionais. O grupo predominantemente cristián igbo é o grupo étnico máis grande do sueste. A maioría son católicos romanos, aínda que os anglicanos, pentecostais e outras denominacións evanxélicas tamén teñen relevancia en Nixeria.


As comunidades efik, ibibio, annang, e ijaw (os catro grupos étnicos máis grandes do estado) tamén conforman un segmento substancial da poboación na área. As persoas con diferentes idiomas xeralmente comunícanse en inglés, mais o coñecemento de dúas ou máis linguas nixerianas é bastante común. Os idiomas máis difundidos son o hausa, yoruba e igbo. Nos últimos anos houbo esporádicos choques entre grupos cristiáns e musulmáns, particularmente no norte do territorio nixeriano, onde se presionou para introducir a lei islámica (xaria).




Mapa lingüístico de Nixeria e Camerún


Aínda que Nixeria conta cunha cifra de emigrantes relativamente baixa, miles de persoas deixan Nixeria cada ano, tendo como destino principal a Unión Europea.


Un tema que se complicou polo caos político foi o esforzo da Organización Mundial da Saúde para erradicar a poliomielite do planeta. O norte de Nixeria foi a localización da metade de todos os casos de poliomielite rexistrados no ano 2003, pero os clérigos musulmáns protestaron repetidamente contra a vacina como un esforzo por parte dos occidentais de esterilizar as nenas musulmás. O programa nacional de vacinación foi suspendido en varios estados en agosto do 2003, e a enfermidade case se quintuplicou (119 casos no primeiro cuarto do ano 2004 contra 24 casos no 2003). No maio de 2004, informábase de que a poliomielite se propagara desde alí a moitas outras nacións africanas as cales previamente foran declaradas libres desa enfermidade. O 18 de maio, o estado de Kano aceptou retomar os programas de vacinación empregando vacinas creadas en Indonesia.


No ano 2007 Nixeria conta cunha poboación de 135.000.000 de habitantes. A media de fillos por muller é de 5.45, unha das taxas máis elevadas de África, o cal está provocando un crecemento poboacional nunca visto na historia do país. Calcúlase que para o ano 2050 este país vai a ter 258.100.000 de habitantes,[25] o cal comportaría graves consecuencias tanto económicas como ambientais (destrución total dos seus bosques e recursos naturais).



Cidades principais |









  • Aba

  • Abuja

  • Abeokuta

  • Ado Ekiti

  • Akure

  • Asaba


  • Badagri

  • Benin City

  • Calabar

  • Ede

  • Enugu

  • Ibadan

  • Ife


  • Ilorin

  • Iwo

  • Jos

  • Kano

  • Kaduna

  • Katsina

  • Lagos


  • Makurdi

  • Maiduguri

  • Ogbomoso

  • Ondo

  • Onitsha

  • Ore

  • Ota


  • Owerri

  • Oyo

  • Port Harcourt

  • Sokoto

  • Umuahia

  • Uyo

  • Warri


  • Yola

  • Zaria


Subdivisións |



Artigo principal: Subdivisións de Nixeria.



Mapa dos Estados de Nixeria


Nixeria divídese en 36 estados e un distrito federal: o Territorio Capital Federal de Abuja. Á súa vez, os estados divídense en Áreas de Goberno Local (774 en total).




















































































































EstadoSuperficie
(en km²)
Poboación
(censo de 2006)
Abia6.3202.833.999
Adamawa36.9173.168.101
Akwa Ibom7.0813.920.208
Anambra4.8444.182.032
Bauchi45.8374.676.465
Bayelsa10.7731.703.358
Benue34.0594.219.244
Borno70.8984.151.193
Cross River20.1562.888.966
Delta17.6984.098.391
Ebonyi5.6702.173.501
Edo17.8023.218.332
Ekiti6.3532.384.212
Enugu7.1613.257.298
Gombe18.7682.353.879
Imo5.5303.934.899
Jigawa23.1544.348.649
Kaduna46.0536.066.562
Kano20.1319.383.682
Katsina24.1925.792.578
Kebbi36.8003.238.628
Kogi29.8333.278.487
Kwara36.8252.371.089
Lagos3.3459.013.534
Nassawara27.1171.863.275
Níxer76.3633.950.249
Ogun16.7623.728.098
Ondo14.6063.441.024
Osun9.2513.423.535
Oyo28.4545.591.589
Plateau30.9133.178.712
Rivers11.0775.185.400
Sokoto25.9733.696.999
Taraba54.4732.300.736
Yobe45.5022.321.591
Zamfara39.7623.259.846
Territorio da Capital Federal11111.405.201


Economía |



Artigo principal: Economía de Nixeria.

Desde que nos anos sesenta foi descuberto petróleo no estado, a economía nixeriana pasou, de ser agrícola e de pastoreo, a industrial. Con 15.600 millóns de barrís en reservas de cru e máis de 3 millóns de metros cúbicos de gas natural, é un dos países africanos con maior nivel de desenvolvemento. Non obstante, a forte dependencia do petróleo e que este se encontre en mans de empresas estranxeiras, fai que existan graves desigualdades sociais, mentres a maioría dos nixerianos viven con menos dun dólar ao día, o salón de trono do rei é de ouro comprado co diñeiro do petróleo. A balanza de pagamentos é positiva grazas á exportación de cru que se conduce a través de gasodutos desde o interior cara aos portos do Atlántico. Destaca tamén a industria petroquímica, de automóbiles e as refinarías. En cuanto ao resto da actividade produtiva, só ten certa importancia
o cacao, ao que se destina o 50% do solo cultivábel e que vai dirixido na súa integridade á exportación. A agricultura e a gandaría ocupan ao 50% da poboación mais apenas pode manter a propia demanda interna.



Cultura |



Artigo principal: Cultura de Nixeria.




Bronces de Benín do Museo do Louvre.


A personalidade máis destacada do ámbito cultural nixeriano é o músico e activista dos dereitos humanos Fela Kuti (1938 - 1997).


Tamén destaca no campo da literatura o escritor e político Abubakar Imam.



Cinema |



Artigo principal: Nollywood.

Nollywood é a industria de cine de Nixeria e é a terceira máis importante do mundo, detrás de Hollywood e Bollywood.[26] As películas nixerianas son o vínculo entre as comunidades nixerianas estranxeiras e a súa terra natal. O resultado deste fenómeno, que apenas ten unha década, significou a creación de máis de 600 películas anualmente colocando a Nixeria entre os estados que máis cantidade de películas producen en todo o mundo,[27] máis de 7.000 títulos en 13 anos. Adebayo Faleti é un dos actores de Nixeria.



Música |



Artigo principal: Música de Nixeria.


Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nixeriano.


  2. Nossiter, Adam (16 de abril de 2011). "Nigerians Vote in Presidential Election". The New York Times. Consultado o 17 de abril de 2011. 


  3. Nigeria: Giant of Africa, by Peter Holmes 1987


  4. Library of Congress – Federal Research Division (xulo de 2008). "Country profile: Nigeria" (PDF): 9. Consultado o 28 de decembro de 2011. 


  5. "Nigeria becomes Africa's largest economy". Consultado o 5 de abril de 2014. 


  6. "Nigerian Economy Overtakes South Africa's on Rebased GDP". Consultado o 20 de abril de 2014. 


  7. "UPDATE 2-Nigeria surpasses South Africa as continent's biggest economy". Consultado o 26 de abril de 2014. 


  8. 8,08,1 "Nigeria is poised to become Africa's most powerful nation". Consultado o 28 de novembro de 2013. 


  9. "Nigeria". World Bank. Consultado o 28 de novembro de 2013. 


  10. "Nigeria". West Africa Gateway. Consultado o 25 de agosto de 2013. 


  11. "Nigeria" (PDF). Consultado o 28 de novembro de 2013. 


  12. The Arabic name nahr al-anhur is a direct translation of the Tuareg.


  13. "''Online Etymological Dictionary''". Etymonline.com. Consultado o 28 de xullo de 2014. 


  14. Kleiner, Fred S.; Christin J. Mamiya (2009). Gardner's Art Through the Ages: Non-Western Perspectives (13, revisada ed.). Cengage Learning. p. 194. ISBN 0-495-57367-1. 


  15. "Nok Terracottas (500 B.C.–200 A.D.) | Thematic Essay | Heilbrunn Timeline of Art History | The Metropolitan Museum of Art". Metmuseum.org. 2 de xuño de 2014. Consultado o 16 de xullo de 2014. 


  16. 16,016,1 Falola, Toyin; Heaton, Matthew M. (2008). A history of Nigeria. Cambridge University Press. p. 23. ISBN 0-521-68157-X. 


  17. Laitin, David D. (1986). Hegemony and culture: politics and religious change among the Yoruba. Universidade de Chicago. p. 111. ISBN 0-226-46790-2. 


  18. MacDonald, Fiona; Paren, Elizabeth; Shillington, Kevin; Stacey, Gillian; Steele, Philip (2000). Peoples of Africa, Volume 1. Marshall Cavendish. p. 385. ISBN 0-7614-7158-8. 


  19. Metz, Helen Chapin (1991). "Nigeria: A Country Study – The Slave Trade". Library of Congress Country Studies. Consultado o 28 de maio de 2011. 


  20. 20,020,1 Juang, Richard M. (2008). Africa and the Americas: culture, politics, and history : a multidisciplinary encyclopedia, Volume 2. ABC-CLIO. p. 597. ISBN 1-85109-441-5. 


  21. Hrbek, Ivan (1992). Africa from the seventh to the eleventh Century. James Currey Publishers. p. 254. ISBN 0-85255-093-6. 


  22. Uzukwu, E. Elochukwu (1997). Worship as Body Language. Liturgical Press. p. 93. ISBN 0-8146-6151-3. 


  23. "Slavery – Historical survey – Slave societies". Encyclopædia Britannica's Guide to Black History. Encyclopædia Britannica. 2011. Consultado o 28 de maio 2011. 


  24. Kevin Shillington (2005). Encyclopedia of African History. Michigan University Press. p. 1401. ISBN 1-57958-455-1


  25. http://www.xist.org/earth/pop_prospects1.aspx


  26. Oguine, 2004


  27. (Larkin, 2005, p.1)



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Agwagwune


Ligazóns externas |


  • Nixeria - "Web Journal on Cultural Patrimony"



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nixeria&oldid=5079204"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.656","walltime":"3.427","ppvisitednodes":"value":3341,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":115968,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":8306,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":21,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":26539,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":21,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 3111.633 1 -total"," 49.26% 1532.790 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 32.47% 1010.387 1 Modelo:Commonscat"," 32.36% 1007.000 1 Modelo:Irmáns"," 32.23% 1002.811 1 Modelo:Caixa_lateral"," 6.95% 216.181 1 Modelo:Listaref"," 5.34% 166.141 1 Modelo:África"," 5.22% 162.368 1 Modelo:Navbox"," 4.72% 146.937 59 Modelo:Nowrap"," 2.47% 76.995 1 Modelo:País"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"1.172","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":19282327,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1269","timestamp":"20190610183827","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Nixeria","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Nixeria","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q1033","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q1033","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-05-15T17:47:08Z","dateModified":"2019-03-01T11:26:04Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/79/Flag_of_Nigeria.svg","headline":"pau00eds de u00c1frica"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":3636,"wgHostname":"mw1269"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020