Skip to main content

Cidade do Cabo Índice Historia | Lugares de interese | Demografía | Educación | Deportes | Galería | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación33°55′31″S 18°25′26″L / -33.92528, -18.42389www.capetown.gov.zaCriterios para o uso da linguaLingua galega: dúbidas lingüísticasWeb oficial de Cidade do CaboeWorldCat1254758571194325572059074ID33691573035-26994029615-5n79035922ID1499501591691

Cidade do Cabo


inglésafrikaansxosaSuráfricaXohanesburgo2008Cabo OccidentalSuráfrica1910Bartolomeu Dias1486Vasco da GamaCabo de Boa Esperanza1497sankhoisasCabo da Boa EsperanzaholandésJan van Riebeeck6 de abril1652Compañía Holandesa das Indias OrientaisMadagascarIndiaMalaisiaIndonesiaColorados do Cabomalaios do Cabo17951803180613 de agosto1814Highveldpesteapartheid1948Vista panorámica dende a Table Mountain. Á esquerda atópase a Lion's Head. Ó seu carón, no centro da imaxe, a Signal Hill. Na parte alta da imaxe vese a Robben Island. Na parte dereita pódese ver o comezo da zona histórica de Cidade do Cabo, co V&A Waterfront. Nesta imaxe tamén aparece o Cape Town Stadium.2008SuráfricaXohanesburgoxosasesotho1829195920051866Universidade de Cidade do CaboUniversidade de StellenboschrugbyWestern ProvinceCurrie Cup1889StormersHemisferio SurSuper RugbyNewlands StadiumSpringbokfútbolSantos Football ClubAjax Cape TownPremier Soccer League










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Cidade do Cabo




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Coordenadas: 33°55′31″S 18°25′26″L / -33.92528, -18.42389




















Cidade do Cabo

Cape Town
Kaapstad
iKapa
Coat of arms of Cape Town, South Africa.jpg
Central Cape Town.jpg
Centro da cidade
Localización


Cidade do Cabo en Suráfrica

Cidade do Cabo

Cidade do Cabo




País
Flag of South Africa.svg Suráfrica
ProvinciaCabo Occidental
ConcelloConcello de Cidade do Cabo
Xeografía
Altitude0-1.590,4 msnm
Superficie2.445 km²
Demografía
Poboación3 740 026 hab. (2011)
Densidade1.500 hab/km²
Outros datos
Código postal7700 a 8099
Alcalde
Patricia de Lille (DA)
www.capetown.gov.za

Cidade do Cabo[1][2][3] (en inglés: Cape Town; en afrikaans: Kaapstad; e en xosa: iKapa), tamén coñecida popularmente en galego como Capetón,[1] adaptación fonética do topónimo inglés realizada polos mariñeiros que pescaban nesas augas, é a segunda cidade máis poboada de Suráfrica despois de Xohanesburgo, con 3,481.156 habitantes (2008). A cidade é a capital da provincia do Cabo Occidental, así como a capital lexislativa de Suráfrica (dende 1910), e polo tanto acolle o Parlamento Nacional e outras sedes gobernamentais.


Trátase dun importante centro turístico e comercial.




Índice





  • 1 Historia


  • 2 Lugares de interese


  • 3 Demografía


  • 4 Educación


  • 5 Deportes

    • 5.1 Rugby


    • 5.2 Fútbol



  • 6 Galería


  • 7 Notas


  • 8 Véxase tamén

    • 8.1 Ligazóns externas





Historia |



Artigo principal: Historia de Cidade do Cabo.



Cabo de Boa Esperanza.


Os restos máis antigos da presenza humana na rexión atópanse na Cova Peers, e teñen uns 12.000 anos. Non existe documentación sobre os pobos que habitaron a zona ate que o navegante portugués Bartolomeu Dias mencionou a rexión en 1486. Vasco da Gama tamén rexistrou o avistamento do Cabo de Boa Esperanza en 1497.


Os san e os khoisas eran os poboadores da zona do Cabo da Boa Esperanza cando a actual cidade foi fundada polo comerciante holandés Jan van Riebeeck o 6 de abril de 1652. A misión era que servise como un centro de fornecemento a medio camiño da viaxe ás Indias, ao servizo da Compañía Holandesa das Indias Orientais.


En 1688 uníronse aos holandeses 150 hugonotes franceses fuxidos de Francia e algo máis tarde chegaron algúns soldados alemáns ata chegar a arredor de 1000 brancos. E xa que os indíxenas rexeitaban traballar para os holandeses, estes importaron traballadores escravos de Madagascar, India, Malaisia e Indonesia, ao seren poucas as mulleres europeas, os holandeses empregaban as mulleres asiáticas como escravas sexuais, co tempo os escravos uníronse cos khoisas, dando orixe á actual poboación de Colorados do Cabo, ao tempo que os malaios do Cabo tamén chegaron ata hoxe. Os ingleses ocuparon a cidade no 1795, nese momento a poboación branca era uns 21.000 persoas con 25.000 escravos.


Despois dun breve período de dominio holandés entre 1803 e 1806, e pasou oficialmente á coroa o 13 de agosto de 1814 tornouse a capital da colonia británica do Cabo. En 1820 chegaron 5.000 colonos británicos. O descubrimento de ouro e diamantes na área de Highveld entre 1870 e 1880 implicou que a cidade deixara de ser a maior do país, pero como o principal porto do país, converteu a cidade no principal destino dos beneficios do mineral, industrializándoa.


A peste de 1901 serviu de escusa para a política de segregación racial, trasladando aos africanos a dúas localidades da periferia, agravándose a situación coa implantación do apartheid en 1948.



Lugares de interese |




A cidade dominada pola Montaña de Mesa.



  • Cabo de Boa Esperanza. Localizado ó sur da cidade, é un espazo natural protexido, cunha gran riqueza de flora. Este cabo é o que inspirou o nome da cidade. Durante séculos foi considerado o límite entre os océanos Atlántico e Índico.


  • Montaña de Mesa (Table Mountain). A cidade está dominada por esta montaña, cuxo punto máis alto é unha meseta de 3 quilómetros de anchura. A montaña posúe unha flora e fauna autóctonas polas que foi declarada Parque Nacional e Patrimonio da Humanidade. O turismo acode á montaña por estrada ou teleférico por mor das súas famosas vistas da cidade. En novembro de 2011 a Montaña de Mesa foi declarada unha das sete marabillas naturais do mundo.


  • Victoria & Alfred Waterfront. É o corazón histórico do primitivo porto comercial da cidade, que actualmente acolle museos, centros comerciais, un acuario e a terminal marítima na que se collen os barcos que levan á illa Robben. Está considerado o punto turístico con máis visitas de toda Suráfrica.


  • Illa Robben. Nesta illa houbo unha prisión dende o século XVII. Nela cumpriron cadea moitos opositores ó réxime do apartheid durante a segunda metade do século XX. Nelson Mandela pasou alí 36 anos antes de ser posto en liberdade. En 1999 foi declarada Patrimonio da Humanidade.


  • As praias. As 26 praias que rodean Cidade do Cabo son un destino turístico de primeira orde por mor do clima soleado e a fermosura natural da zona.



Parlamento de Suráfrica.



  • Parlamento de Suráfrica. Acolle dende 1910 a Asemblea Nacional (cámara baixa) e o Consello Nacional de Provincias (cámara alta), malia que a sede do goberno surafricano está na cidade de Pretoria.


Concello de Cidade do Cabo.




Castelo de Boa Esperanza.



  • Grand Parade. É unha gran praza pública situada no centro da zona histórica da cidade. Nela atópanse edificios como a Casa do Concello de Cidade do Cabo, construído en 1905, ou o Castelo de Boa Esperanza, monumento nacional do século XVII.


  • Cabeza de León (Lion's Head). É unha montaña de 669 metros de altitude situada preto do centro histórico da cidade. Ó seu carón atópase a Signal Hill, un outeiro de 350 metros de altitude no que se atopa o Observatorio Astronómico de Suráfrica.


  • Catedral de San Xurxo. Trátase dun templo anglicano, sede do Arcebispado de Cidade do Cabo. A súa construción comezou en 1901, e considérase o edificio relixioso máis salientable da cidade.


  • Galería Nacional de Suráfrica. É un museo de arte situado no centro histórico da cidade, que acolle esculturas e pinturas correspondentes ós séculos XVII, XVIII e XIX, malia que tamén organiza mostras de arte contemporánea.





Vista panorámica dende a Table Mountain. Á esquerda atópase a Lion's Head. Ó seu carón, no centro da imaxe, a Signal Hill. Na parte alta da imaxe vese a Robben Island. Na parte dereita pódese ver o comezo da zona histórica de Cidade do Cabo, co V&A Waterfront. Nesta imaxe tamén aparece o Cape Town Stadium.



Vista panorámica dende a Table Mountain. Á esquerda atópase a Lion's Head. Ó seu carón, no centro da imaxe, a Signal Hill. Na parte alta da imaxe vese a Robben Island. Na parte dereita pódese ver o comezo da zona histórica de Cidade do Cabo, co V&A Waterfront. Nesta imaxe tamén aparece o Cape Town Stadium.






Demografía |











Na imaxe da esquerda represéntase a densidade de poboación, superior nas zonas escuras. Na imaxe da dereita amósase a predominancia de idiomas. En verde o africaans, en amarelo o inglés, e en vermello o xosa.



O censo de 2008 determinou que a poboación de Cidade do Cabo era de 3,481.156 habitantes, o cal coloca á cidade no segundo posto dentro da lista de cidades máis poboadas de Suráfrica, só por detrás de Xohanesburgo.


Os 48'5% da poboación son persoas mestizas, mentres que o 31% son negros, o 19% son brancos, e o 1'5% son asiáticos. Estes porcentaxes indican que Cidade do Cabo é a única gran cidade surafricana na cal non hai unha maioría de poboación negra.


No tocante ás linguas que se falan, o 41'4% dos residentes da cidade falan afrikaans, o 28'7% falan xosa, o 27'9% falan inglés e o 0'7% falan sesotho.


O 76'6% son cristiáns, o 9'7% son musulmáns, o 0'5% son xudeus, o 0'2% son hindús, e o 10'7% restante non teñen ningunha relixión.



Educación |




Campus da Universidade de Cidade do Cabo.


A educación pública primaria e secundaria de Cidade do Cabo está dirixida polo Departamento de Educación do Cabo Occidental (o Western Cape Education Department). Este departamento provincial divídese en 7 distritos.


O sistema público de universidades que ten Cidade do Cabo é moi prestixioso. A cidade ten 3 universidades públicas: a Universidade de Cidade do Cabo (University of Cape Town) creada en 1829, a Universidade do Cabo Occidental (University of the Western Cape) creada en 1959, e a Universidade Tecnolóxica da Península do Cabo (Cape Peninsula University of Technology) creada en 2005 como resultado da fusión de dúas universidades tecnolóxicas máis antigas. Outro centro académico de prestixio é a Universidade de Stellenbosch (Stellenbosch University), situada a uns 50 quilómetros do centro da cidade, que foi creada en 1866.


Tanto a Universidade de Cidade do Cabo como a Universidade de Stellenbosch teñen sona de ser os centros académicos líderes no sistema universitario de Suráfrica.



Deportes |



Rugby |




Newlands Stadium.


O equipo de rugby Western Province é o mais laureado do campionato de liga surafricano, a Currie Cup, con 32 títulos dende 1889. Os mesmos xogadores de este equipo compiten baixo a denominación Stormers na máxima competición de rugby do Hemisferio Sur, o Super Rugby, fronte a outros equipos surafricanos, australianos e neocelandeses. Ámbolos dous conxuntos disputan os seus encontros no Newlands Stadium, alcumado a casa do rugby surafricano. Este estadio ten capacidade para acoller 50.900 seareiros, e acolle regularmente encontros da selección surafricana de rugby, alcumada os Springbok.

















Equipo
Fundación
Competición
Estadio
Capacidade
Western Province1883Currie CupNewlands Stadium50.900
Stormers1997Super RugbyNewlands Stadium50.900


Fútbol |


No tocante ó fútbol, os dous equipos máis salientables da cidade son o Santos Football Club e o Ajax Cape Town, ámbolos dous equipos habituais na máxima categoría da Premier Soccer League. O Santos FC chegou a gañar a liga surafricana na tempada 2001-02, mentres que o Ajax CT foi subcampión de liga nas tempadas 2003-04, 2007-08 e 2010-11.

















Equipo
Fundación
Competición
Estadio
Capacidade
Ajax Cape Town1999Premier Soccer LeagueCape Town Stadium55.000
Santos Football Club1982Premier Soccer LeagueAthlone Stadium30.000


Galería |



Notas |




  1. 1,01,1 Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8. 


  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 


  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 102. ISBN 84-8158-266-2. 



Véxase tamén |





Ligazóns externas |



  • Web oficial de Cidade do Cabo (en inglés)



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cidade_do_Cabo&oldid=5138421"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.588","walltime":"0.921","ppvisitednodes":"value":1908,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":63749,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":13836,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":11,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":7315,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":12,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 790.414 1 -total"," 44.65% 352.886 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 13.41% 105.956 1 Modelo:Commonscat"," 13.05% 103.171 1 Modelo:Irmáns"," 12.60% 99.571 1 Modelo:Caixa_lateral"," 9.13% 72.154 1 Modelo:Listaref"," 7.75% 61.290 1 Modelo:Sen_referencias"," 7.41% 58.565 3 Modelo:Cita_libro"," 7.27% 57.463 1 Modelo:Ifsubst"," 6.87% 54.332 1 Modelo:Cidade"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.290","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6364700,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1334","timestamp":"20190607031139","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Cidade do Cabo","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Cidade_do_Cabo","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q5465","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q5465","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-06-22T19:54:17Z","dateModified":"2019-05-06T08:09:41Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/74/Central_Cape_Town.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":175,"wgHostname":"mw1267"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020