Revolución Industrial Índice Antecedentes e causas | O proceso de industralización británica | Efectos máis relevantes da primeira revolución industrial e papel da ciencia e a técnica | Consecuencias sociais da primeira revolución industrial | A expansión da industrialización | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación164533180201ID00551484072790-713825industrialism00570120Traballa nel
Revolución Industrial
1780proletariadomáquina de vaporDivisión Internacional do Traballo18301880IndiaChinaTurquíaSudánPersiaAfganistánRusiaMéxicoIdade Modernaséculo XVInavegaciónimpresiónEuropa OccidentalRenacenzaHolandaséculo XVIIIindustria pesadaminaríaprodutividadeexplosión demográficaracionalismoinnovación científicaguerras napoleónicasBélxicaFranciaAlemañaEstados UnidosXapónRusiaItaliaEspañaeconomía de mercadoinflaciónGran Bretañaséculo XVIIImáquina de vaporJames Watt1769carbónminaríaagriculturapoboaciónmedicinahixiénicasdemográficodemandaindustria téxtilJonh KayArkwrightCartwright1785fusosindustria siderúrxicafornosconvertedor Bessemer1856ferrocarril
Revolución Industrial
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Revolución Industrial é o proceso de evolución que conduce a unha sociedade dende unha economía agrícola tradicional ata outra caracterizada por procesos de produción mecanizados para fabricar bens a grande escala.
A primeira Revolución Industrial, tamén coñecida como Revolución Científico Tecnolóxica (RCT), xestouse durante cerca de 300 anos, pero a súa expresión tecnolóxica deuse na revolución industrial e os seus efectos prolonganse ata 1780.
Varias foron as circunstancias económico-sociais asociadas a esta primeira RCT: A descomposición da sociedade feudal, o desenvolvemento do capital comercial, o desenvolvemento das relacións comerciais marítimas, o impulso da industria pesada (mineira e metalúrxica), revolución agrícola (grazas á industria química: fertilizantes...) e desenvolvemento da industria química. O cambio iniciouse en Inglaterra por dúas razóns fundamentais, primeiro polo amoreamento de capital como consecuencia do gran desenvolvemento do comercio favorecido polo seu imperio colonial e segundo por ser en Inglaterra onde se inventaron unha serie de máquinas capaces de producir máis rapidamente cós artesáns, o cal permitía a redución de custos e fornecer a demanda máis rapidamente. Ademais existía unha man de obra barata e abundante xa que as terras comunais, fundamentais para a supervivencia dos campesiños pobres, estaban pasando a mans privadas. A industrialización supuxo o nacemento dunha nova clase social, o proletariado que xorde en condicións de pobreza e explotación absoluta.
Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola máquina de vapor, movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade.
A Revolución Industrial xerou tamén un alargamento dos mercados estranxeiros e unha nova División Internacional do Traballo (DIT). Os novos mercados conquistáronse mediante o abaratamento dos produtos feitos coa máquina, polos novos sistemas de transporte e a apertura de vías de comunicación, así como tamén, mediante unha política expansionista. Entre 1830 e 1880, as principais guerras foron de tipo colonialista, na India, China, Turquía, Sudán, Persia, Afganistán, Rusia Oriental e México.
Un dos principios fundamentais da industria moderna é que nunca considera os procesos de produción como definitivos ou acabados. A súa base técnico-científica é revolucionaria, xerando así, o problema da obsolescencia tecnolóxica en períodos cada vez máis breves. Dende esta perspectiva pode afirmarse que tódalas formas de produción anteriores á industria moderna (artesanía e manufactura) foron esencialmente conservadoras. Así a todo, esta característica de obsolescencia e innovación non se circunscribe á ciencia e a tecnoloxía, senón que debe ampliarse a toda a estrutura económica das sociedades modernas. Neste contexto a innovación é, por definición, negación, destrución, cambio, a transformación é a esencia permanente da modernidade.
Índice
1 Antecedentes e causas
2 O proceso de industralización británica
2.1 As innovacións tecnolóxicas
2.2 Revolución agrícola
2.3 Revolución demográfica
2.4 O sector téxtil algodoeiro
2.5 A industria siderúrxica
2.6 Mellora dos transportes
3 Efectos máis relevantes da primeira revolución industrial e papel da ciencia e a técnica
4 Consecuencias sociais da primeira revolución industrial
5 A expansión da industrialización
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Outros artigos
Antecedentes e causas |
Os inicios da industrialización europea hai que buscalos na Idade Moderna. Dende o século XVI enxergouse un avance no comercio, métodos financeiros, banca e un certo progreso técnico na navegación, impresión ou reloxaría. Porén, estes avances sempre se vían lastrados por epidemias, constantes e longas guerras e fames que non permitían o espallamento dos novos coñecementos nin un grande crecemento demográfico. Segundo o historiador Angus Maddison, Europa Occidental experimentou un desenvolvemento demográfico practicamento nulo entre 1500 e 1800. A Renacenza marcou outro punto de inflexión coa aparición das primeiras sociedades capitalistas en Holanda e o norte de Italia. É a partir de mediados do século XVIII cando Europa comezou a afastarse do resto do mundo e a asentar as bases da futura sociedade industrial debido ao desenvolvemento, aínda primitivo, da industria pesada e a minaría.[1][2] A alianza dos comerciantes cos agricultores fixo aumentar a produtividade, o que á súa vez provocou unha explosión demográfica, acentuada a partir do século XIX. A Revolución Industrial caracterizouse pola transición dunha economía agrícola e manual a unha comercial e industrial[3] cuxa ideoloxía baseábase no racionalismo, a razón e a innovación científica.[4]
Outro dos principais causantes da Revolución nace da necesidade.[5] Aínda que nalgúns lugares da Europa como Gran Bretaña xa existía unha base industrial, as guerras napoleónicas consolidaron a industria europea. Debido á guerra, que se estendía pola maior parte de Europa, as importacións de moitos produtos e materias primas suspendéronse. Isto obrigou aos gobernos a presionar as súas industrias e á nación en xeral para producir máis e mellor que antes, desenvolvéndose industrias denantes inexistentes. A industrialización tivo lugar en diferentes fases nos distintos países. As primeiras áreas industriais xurdiron en Gran Bretaña a fins do século XVIII, espallándose cara a Bélxica e Francia a principios do século XIX e a Alemaña e Estados Unidos a mediados de século, a Xapón a partir de 1868 e a Rusia, Italia e España a finais de século. Entre as razóns atopáronse algunhas tan desiguais coma a notábel falla de grandes guerras entre 1815 e 1914, a aceptación da economía de mercado e o consecuente nacemento do capitalismo, a ruptura co paso, un certo equilibrio monetario e a falla de inflación.
O proceso de industralización británica |
A Revolución Industrial en Gran Bretaña iniciouse na segunda metade do século XVIII e constituíu na mecanización da produción dalgúns sectores pioneiros grazas a importantes innovacións tecnolóxicas asociadas á invención da máquina de vapor.
Estas novidades supuxeron un profundo cambio nos sistemas de produción asociados á división do traballo en tarefas concretas e á aparición dunha nova unidade produtiva, a fábrica.
As innovacións tecnolóxicas |
O invento de maior transcendencia para a industralización foi a máquina de vapor, patentada por James Watt en 1769, que empregaba o carbón coma combustíbel. A enerxía do vapor foi aplicándose a diversos campos, coma a industria téxtil, a siderurxia, e o ferrocaril, e converteuse no símbolo da Revolución Industrial.
O invento de Watt empregouse en novos enxeños que, pouco a pouco, mecanizaron os diferentes sectores produtivos.
Arredor da máquina de vapor desenvolveuse unha intensa actividade relacionada co carbón mineral, o que provocou unha expansión sen precedentes da minaría.
Revolución agrícola |
A mediados do século XVIII, en Gran Bretaña comezouse a producir unha grande expansión da agricultura que provocou que a produtividade experimentase un importante crecemento. Este aumento do rendemento agrario foi posíbel grazas á aparición de novas técnicas de cultivo, á mellora do emprego dos fertilizantes e ao proceso de privatización das terras (denominado enclosure), que trouxo unha maior rendibilidade.
Este incremento da produción agraria repercutiu moi positivamente nos sectores industriais vinculados á agricultura. Amais, produciuse un forte incremento dos beneficios agrícolas, o que máis tarde permitirá o investimento deste capital no sector industrial.
Os diversos avances no terreo agrícola permiten falar dunha verdadeira revolución:
- Privatización dos terreos comunais. Dende 1760, promulgáronse en Gran Bretaña numerosas leis de cerramento (en inglés: enclosures), o que impulsou a modernización das explotacións agrarias. Amais, a poboación rural tivo que emigrar á cidade, e proporcionou a man de obra necesaria no proceso de industrialización.
- Introdución de novos cultivos. Especies coma o millo e maila pataca facilitaron a diversificación da produción, o que reduciu o impacto das malas colleitas sobre a poboación.
- Aplicación de novas técnicas agrícolas. O uso de fertilizantes e das primeiras trilladoras e sementadoras mecánicas foi clave para o aumento da produción. Especial importancia tiveron as melloras na rotación de cultivos, grazas ao sistema Norfolk ou sistema de rotación cuadrienal.
Estas medidas provocaron un aumento de produción que permitiu o crecemento sostido da poboación e a obtención de importantes beneficios, utilizados despois para financiar a mecanización da produción.
Revolución demográfica |
Os avances na agricultura, co conseguinte aumento da produción provocou un progresivo crecemento da poboación. Este aumento demográfico foi impresionante, xa que Gran Bretaña dobrou o seu número de habitantes durante todo o século XVIII. Neste incremento tamén influíu o descenso da mortalidade, como consecuencia dos novos avances na medicina e das melloras hixiénicas, o que unido ás altas taxas de natalidade produciu un aumento considerábel da poboación. Amais, este crecemento foi clave para a expansión industrial, pois o aumento demográfico supuxo un incremento da demanda.
O sector téxtil algodoeiro |
A industria téxtil foi a pioneira en incorporar novos sistemas de produción favorecida por unha serie de factores:
- Unha ampla demanda xerada polo aumento da poboación.
- As vantaxes proporcionadas polo algodón barato, resistente, fácil de tinxir, e do que se dispoñían abondosas reservas asociadas ao comercio colonial con América, a India e o Exipto.
- A ausencia de competidores exteriores, o que permitiu ao sector algodoeiro británico converterse no primeiro fabricante mundial e no principal fornecedor dos mercados europeo e americano.
Todo isto animou os empresarios a aplicar máquinas de tecer e fiar cada vez máis eficaces, coma a lanzadeira voante de Jonh Kay, a Water Frame de Arkwright, a Spinning Jenny, a Mule Jenny, e, finalmente, o tear mecánico de Cartwright (1785), que posibilitaba traballar simultaneamente con mil fusos.
A industria siderúrxica |
A industria siderúrxica experimentou un gran crecemento polas necesidades de fabricar ferro para a industria téxtil e par os útiles agrícolas.
Os avances técnicos no sector siderúrxico contribuíron á expansión dos altos fornos. O descubrimento da pudelación coma método para eliminar as impurezas do ferro e facilitar a súa manipulación converteu este mineral dos piares da expansión industrial.
Máis tarde, o invento do convertedor Bessemer (1856) achegou un paso decisivo no sector ao permitir obter un aceiro máis flexíbel e de maior calidade.
Mellora dos transportes |
A mellora das vías de comunicacións foi fundamental para crear as condicións axeitadas que permitisen unha fácil circulación dos produtos agrícolas e industriais.
Gran Bretaña exercía unha ampla hexemonía naval, coa cal controlaba o comercio ultramarino e ademais foi pioneira na construción do ferrocarril, o cal supuxo un grande avance.
- O ferrocarril. Empregouse inicialmente para o transporte nas minas. O chimpo definitivo veu cando Stephenson inventou a locomotora de vapor. En 1829 inaugurouse a primeira liña férrea entre Manchester e Liverpool, e dende entón o ferrocarril experimentou unha imparábel expansión. O ferrocarril foi clave no desenvolvemento da industria, pois acurtou a duración dos traxectos, permitiu distribuír grandes cantidades de produtos a gran distancia e a escaso custo, e impulsou a industria siderúrxica pola súa demanda de ferro e aceiro.
- A navegación a vapor. A enerxía do vapor aplicouse tamén ao transporte marítimo. Os seus primeiros pasos tiveron lugar na navegación fluvial estadounidense. A introdución do invento da hélice facilitou a navegación marítima. Paralelamente, fóronse realizando obras de adaptación nos portos e construíronse grandes infraestruturas que melloraron a navegación e acurtaron distancias. Entre elas destacou o canal de Suez (1869), que reduciu as distancias entre Europa e a India.
Efectos máis relevantes da primeira revolución industrial e papel da ciencia e a técnica |
- Substitúese a artesanía polas máquinas.
- Avanza a tecnoloxía máis cá ciencia.
- Cara ó 1770 xa hai máquinas producindo.
- Se non ocorrese a revolución agrícola, non se daría a Revolución industrial pola industrialización.
Consecuencias sociais da primeira revolución industrial |
- Cambia a orde social estamental por unha sociedade de clases.
- Nova división do traballo.
- A burguesía toma o control do parlamento.
A expansión da industrialización |
Bélxica. Tras Gran Bretaña, foi o primeiro país que se incorporou á Revolución Industrial, favorecido pola súa minaría de carbón, a independencia política lograda en 1830 e a dispoñibilidade dun potente sistema bancario.
Francia. A Revolución de 1789 e as guerras napoleónicas atrasaron a súa industrialización, que só acadou certa relevancia a partir de 1830. O sector que máis se desenvolveu foi o téxtil, apoiado nun amplo mercado nacional e en políticas proteccionistas. Despois seguiron o ferroviario e a industria metalúrxica, que experimentaron unha grande expansión a partir de 1850.- Estados alemáns. Até 1870 Alemaña estivo constituída por numerosos estados independientes, pero a dispoñibilidade de recursos mineiros e a creación no ano 1834 do zollverein ou unión aduaneira, posibilitaron a aparición dalgunhas industrias e a expansión ferroviaria. A industrialización, non obstante, acelerouse decididamente a partir da unificación nacional.
- Outros estados europeos. No resto de Europa, a economía continuou sendo agraria agás nalgúns focos industriais coma o norte de Italia, Cataluña e o País Vasco ou Moravio no Imperio austrohúngaro.
Estados Unidos. Durante a primeira metade do século XIX, os Estados Unidos atopábanse en plena expansión cara ao oeste. A industria limitouse inicialmente á costa atlántica, xa que nas rexións do oestee do sur estaban orientadas cara á explotación agropecuaria e algodoeira. Só despois da guerra de secesión se foi configurando unha potente industria impulsada pola crecente inmigración, a existencia de recursos mineiros e o desenvolvemento ferroviario; por isto, os Estados Unidos convertéronse nunha gran potencia a finais do século.
Notas |
↑ Max Pietsch, La Révolution industrielle, 1961. Consultado o 20 de marzo de 2012
↑ David S. Landes, L'Europe technicienne ou le Prométhée libéré (Europa e o progreso técnico), 1980.
↑ Fernand Braudel, La Dynamique du capitalisme (A dinámica do capitalismo), 1985.
↑ Christoph Buchheim, Industrielle Revolutionen. Langfristige Wirtschaftsentwicklung in Großbritannien, Europa und Übersee (Traducido: Revolucións Industriais, o desenvolvemento a longo prazo do Reino Unido, Europa e o estranxeiro).
↑ Bernard Rosier & Pierre Dockès, L'Histoire ambiguë. Croissance et développement en question (traducido: Historia ambigua, crecemento e desenvolvemento), 1988.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Revolución Industrial |
Outros artigos |
- Segunda revolución industrial
- Terceira revolución industrial
|
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Categoría:
- Revolución Industrial
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.316","walltime":"0.496","ppvisitednodes":"value":587,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":10809,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1275,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2261,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 427.495 1 -total"," 64.77% 276.906 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.19% 77.757 1 Modelo:Commonscat"," 17.34% 74.144 1 Modelo:Irmáns"," 16.42% 70.213 1 Modelo:Caixa_lateral"," 4.28% 18.300 2 Modelo:Icona_en_título"," 3.79% 16.204 1 Modelo:1000"," 2.08% 8.913 1 Modelo:Listaref"," 1.83% 7.835 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 1.83% 7.802 1 Modelo:1000_artigos_icona_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.165","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3442302,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1325","timestamp":"20190517190628","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Revoluciu00f3n Industrial","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_Industrial","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q2269","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q2269","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-11-05T23:37:57Z","dateModified":"2019-01-30T08:43:46Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/9e/Maquina_vapor_Watt_ETSIIM.jpg","headline":"peru00edodo histu00f3rico comprendido entre a segunda metade do su00e9culo XX e principios do XXI"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":131,"wgHostname":"mw1252"););