Oriente Medio Índice Etimoloxía e historia do termo | Xeografía | Historia | Economía | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Orient""Redrawing American Cartographies of Asia"Arquivado"The Middle East, in whose world?"ArquivadoThe Cambridge Companion to Travel Writing: 6 The Middle East / ArabiaIs There a Place Called 'the Middle East'?Arquivado"Preliminary Definition of Geophysical Regions for the Middle East and North Africa""ASTER Image Gallery: The Dead Sea"o orixinalHistoria Imperial do Oriente Medio.Observatorio de Oriente Medio.WorldCat3167475162971511941591fID62691333035-1904sh850905017001526D008877
Oriente MedioXeografía de Asia
árabeAsiaSiriairano-afgápenínsula de Arabiaxeográfoseuropeosmar MediterráneoImperio Otománpenínsula dos BalcánsTurquíaSiriaLíbanoIsraelPalestinaExiptosegunda guerra mundialmusulmáMagrebIraqSudánIránAfganistánPaquistáninglesaprimeira guerra mundialIsraelpetróleoséculo XXguerras árabe-israelísguerra do Golfoguerra civil do Líbanorevolución islámicaKhomeinieurocéntricoOrienteAlfred Thayer MahanIndia británicaImperio británicoImperio rusoAsia Centralo Gran Xogogolfo Pérsicogolfo Pérsicocanle de SuezIndiaCairosegunda guerra mundialOriente PróximoMediterráneoExtremo OrienteChinaWashington DCAsia OccidentalarqueoloxíaAntigo Oriente Próximoprimeira guerra mundialImperio Otomángoberno estadounidensePaquistánLibiaEtiopíadepartamento de EstadoExiptoárabeturcopersahebreoAnatoliaPontusTaurusmonte Damavandmontañas Elburzmontes ZagrosMar VermelloLíbanoDasht-e KavirDasht-e Lutfalla xeolóxicariftmar MortoCisxordaniaIsraelXordaniaAntigo Testamentoarqueoloxíaséculo XIXXericóimperio persaAlexandre o Grandeislamigrexa ortodoxaislamxudaísmoxadidismomitraísmozoroastrismomaniqueísmofe bahá'íprimeira guerra mundialimperio otománIsrael1948Reino UnidoFranciaEstados Unidos de Américaséculo XXArabia SauditaIránKuwaitIraqEmiratos Árabes UnidospetróleoOPEPGuerra fríasegunda guerra mundialguerra do Golfoguerra de Iraqconflito árabe-israelíCIAPIB
Oriente Medio
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Oriente Medio | |
---|---|
Mapa do Oriente Medio (verde). | |
Países | 18 |
Linguas
| |
Zonas horarias | UTC+2:00, UTC+3:00, UTC+3:30, UTC+4:00, UTC+4:30 |
Cidades máis grandes | Istambul O Cairo Teherán Bagdad Riad |
Coñécese como Oriente Medio (en árabe: الشرق الأوسط) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia.
Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo as veces incluía a península dos Balcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de Turquía, Siria, o Líbano, Israel, Palestina e Exipto. Pero a evolució política posterior á segunda guerra mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría musulmá, desde o Magreb até Iraq e Sudán, así como Irán e mesmo Afganistán e Paquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.[1]
O nome de Oriente Medio utilízase por medio da expresión inglesa Middle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión Oriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito[2][3] Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, Mashreq, que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe[4].
Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois da primeira guerra mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado de Israel. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como o petróleo. Durante o século XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catro guerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, a guerra do Golfo nas súas diferentes etapas, a guerra civil do Líbano, e a revolución islámica de Khomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión.
Índice
1 Etimoloxía e historia do termo
1.1 Crítica e ambigüidade no uso
2 Xeografía
2.1 Relevo
3 Historia
4 Economía
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Outros artigos
6.2 Ligazóns externas
Etimoloxía e historia do termo |
O termo «Oriente Medio» tería orixe británica, xa que é unha tradución literal do inglés "Middle East", orixinándose nos anos 1850 probablemente relacionado coa British India Office.[5] Considérase que é un termo eurocéntrico xa que define unha rexión en virtude da súa situación con relación a Europa: a unha distancia mediana e en dirección a Oriente (entre o próximo e o afastado Oriente).
O termo fíxose amplamente coñecido cando o estratego naval estadounidense Alfred Thayer Mahan[6] o usou en 1902 para identificar a rexión entre Arabia e a India británica. Por esa época, o Imperio británico e o Imperio ruso disputábanse a influencia en Asia Central, rivalidade que se coñeceu como o Gran Xogo. Mahan deuse conta non só da importancia estratéxica da rexión, senón tamén a do seu núcleo, o golfo Pérsico.[7][8]
Manhan etiquetou a área ao redor do golfo Pérsico como «Oriente Medio» e afirmou que, despois da canle de Suez, era o territorio máis importante para que Gran Bretaña puidese controlar o avance ruso cara á India.[9]
Usou o termo no seu artigo "The Persian Gulf and International Relations" («O golfo Pérsico e as relacións internacionais»), publicado en setembro de 1902 no diario británico National Review.
O artigo foi reimpreso en The Times e foi seguido en outubro por unha serie de vinte artigos titulados "The Middle Eastern Question", escritos por sir Ignatius Valentine Chirol. Neles, Chirol expandío a definición de «Oriente Medio» para incluír «aquelas rexións de Asia que se estenden ata os límites da India ou se aproximan a ela». Cara ao final da serie, en 1903, The Times eliminou as comillas ao usar o termo.[11]
Nos anos 1930, os británicos estableceron como parte do seu exército o "Comando do Oriente Medio" con base no Cairo.
Ata a segunda guerra mundial, era frecuente chamar Oriente Próximo á costa leste do Mediterráneo e Extremo Oriente ás proximidades da China.[12] En 1946 fúndase en Washington DC o "Instituto do Oriente Medio" como un centro cultural para asuntos árabes, turcos, hebreos, persas, afganos e paquistanís, entre outros, gañando difusión internacional o termo "Oriente Medio".[13]
Crítica e ambigüidade no uso |
O termo Oriente Medio foi criticado polo seu eurocentrismo, polo que termos como Asia Occidental (ou sudoccidental) forón gañando aceptación en moitos traballos académicos e noutras áreas.
Algunhas disciplinas académicas como a arqueoloxía e a historia antiga continúan usando o termo Oriente Próximo (ver Antigo Oriente Próximo) pero na maioría de temas imponse largamente o termo Oriente Medio. Cando termina a primeira guerra mundial e cae o Imperio Otomán (o cal estaba comunmente identificado co termo Próximo Oriente), emerxe un novo mundo islámico e comezan a usarse ambos termos indistintamente e aparece a ambigüidade entre eles.
En 1957, o goberno estadounidense fai uso oficial do termo Middle East estendéndoo tan lonxe como Paquistán por unha banda e Libia e ata Etiopía polo outro,[14] con todo en 1958, o departamento de Estado redefine a rexión equiparándoa ao suroeste de Asia máis Exipto e recoñecendo que os termos Near East e Middle East son intercambiables.[15]
En alemán Naher Osten (Próximo Oriente) está gañando máis aceptación que Mittlerer Osten; igualmente en linguas eslavas como o ruso onde Ближний Восток (Blizhniy Vostok) ten máis aceptación que Средний Восток. Noutros idiomas a ambigüidade do galego Oriente Medio/Oriente Próximo repítese en francés: Moyen-Orient / Proche-Orient, italiano: Medio Oriente / Vicino Oriente, árabe: الشرق الأوسط Ash-sharq-l-awsat / شرق أدنى, turco: Orta Doğu / Yakın Doğu, persa: خاورمیانه Khāvarmiyāneh / خاور نزدیک, hebreo: המזרח התיכון Mizraj-Ha-Tijon / המזרח הקרוב e ao final é constatable ver que en realidade cada idioma ten unha forma para ambas acepcións.
Xeografía |
Debido a diferenzas de criterio á hora de definir a área xeográfica que comprende, esta sería a máxima interpretación de Oriente Medio:
- Estados ao sur do Cáucaso
Armenia, Acerbaixán
- Próximo Oriente (Mar Mediterráneo):
Anatolia (Turquía)- Chipre
Siria, Líbano, Xordania
Israel, Palestina (Franxa de Gaza e Cisxordania)
Sinaí (Exipto)
- Costa do Mar Vermello
Eritrea, Djibuti
Arabia Saudita, Iemen
- Estados do Golfo Pérsico
Omán, Emiratos Árabes Unidos, Bahréin, Qatar, Kuwait
Iraq, Irán
Relevo |
O Oriente Medio ten principalmente áreas de relevo baixo, aínda que algunhas zonas de Turquía, Irán e Iemen son moi montañosas. O Anatolia atópase entre dúas cadeas montañosas: Pontus e Taurus. O monte Ararat, en Turquía, ten unha altura de 5.165 metros, e o máis alto na rexión, o monte Damavand, nas montañas Elburz de Irán, ten unha altura de 5.610 metros.[16] Os montes Zagros atópanse en Irán, na área da súa fronteira con Iraq. En varias rexións do Iemen as elevacións exceden os 3.700 metros, e as terras elevadas esténdense ao longo do Mar Vermello cara ao Líbano. O centro de Irán divídese en dúas concas con lagos de sal ocasionais: o norte Dasht-e Kavir (Gran deserto de sal), e ao sur Dasht-e Lut.
Ademais, hai unha falla xeolóxica ao longo do Mar Vermello, con zonas rift que crean depresións estruturais con áreas por baixo do nivel do mar.[17] O mar Morto, situado na fronteira entre a Cisxordania, Israel e Xordania, esta 418 metros por baixo do nivel do mar, o que o converte no punto máis baixo da superficie terrestre.[18]
Historia |
- Artigo principal: Historia do Oriente Medio.
Situada na unión de Eurasia e África, entre o mar Mediterráneo e o océano Índico, esta zona é centro de asuntos de importancia mundial nos ámbitos estratéxico, económico, político, cultural e relixioso. Coñecemos a historia desta rexión sobre todo polos escritos do Antigo Testamento e dos historiadores gregos, e polas escavacións arqueoloxía que se levan facaendo desde o século XIX. A zona está poboada desde o 8000 a.C., como proban os restos arqueolóxicos de Xericó.
Ao longo da historia, os países desta parte do mundo a miúdo experimentaron os mesmos cambios. Por exemplo, as conquistas do imperio persa, de Alexandre o Grande e do islam. Posteriormente formou parte do imperio otomán e das colonias británicas. Foi o centro espiritual da igrexa ortodoxa, do islam, do xudaísmo, xadidismo, mitraísmo, zoroastrismo, maniqueísmo e a fe bahá'í.
A historia moderna de Oriente Medio comezou despois da primeira guerra mundial, cando o imperio otomán, que se aliou cos vencidos (as potencias centrais), foi dividido en moitas nacións independentes. Outros acontecementos decisivos nesta transformación foron o establecemento do estado de Israel o ano 1948 e o declive das potencias europeas como o Reino Unido e Francia, que foron parcialmente suplantadas en influencia pola nación máis poderosa do momento, os Estados Unidos de América.
No século XX, a considerable reserva de petróleo na rexión conferiulle a zona unha nova importancia estratéxica e económica. A extracción masiva de petróleo comezou ao redor de 1945, en Arabia Saudita, Irán, Kuwait, Iraq, e nos Emiratos Árabes Unidos .[19] As reservas estratéxicas de petróleo, especialmente en Arabia Saudita e Irán, son das máis grandes do mundo e a OPEP está dominada polos países do Oriente Medio.
Durante a Guerra fría, Oriente Medio foi escenario da loita ideolóxica entre as dúas superpotencias, Estados Unidos e a Unión Soviética, que competían por influencia e aliados. Desde o final da segunda guerra mundial, a rexión tivo períodos de relativa paz e tolerancia, interrompidos con conflitos e guerras como forón a guerra do Golfo, a guerra de Iraq, o conflito árabe-israelí e programa nuclear de Irán.
Economía |
A economía de Oriente Medio oscila entre os países máis pobres da rexión, como o Iemen, ás nacións máis desenvolvidas, como Arabia Saudita. En 2007, segundo datos de CIA, mantívose unha taxa de crecemento positiva, xa que contén as maiores reservas de petróleo] do mundo. Os tres países con maior PIB en 2006 son Qatar (36.632 dólares), Emiratos Árabes Unidos (34.109 dólares) e Kuwait (20.886 dólares).
Notas |
↑ Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "Orient". L'Enciclopèdia (en catalán). Consultado o 5 de outubro do 2015.
↑ "Redrawing American Cartographies of Asia" Arquivado 23 de outubro de 1999 en Wayback Machine., artigo de Ella Shohat, City University of New York (en inglés).
↑ "The Middle East, in whose world?" Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine., artigo de Hassan Hanafi, Nordic Society for Middle Eastern Studies (en inglés).
↑ Anderson, Ewan W., William Bayne Fisher (2000): The Middle East: Geography and Geopolitics. Routledge. Páx. 12–13 (en inglés).
↑ Beaumont, Peter, Gerald H. Blake, J. Malcolm Wagstaff (1988). The Middle East: A Geographical Study. David Fulton. p. 16.
↑ Koppes, C.R. (1976). "Captain Mahan, General Gordon and the origin of the term "Middle East"". Middle East Studies 12: p. 95–98.
↑ Melman, Billie. The Cambridge Companion to Travel Writing: 6 The Middle East / Arabia, Cambridge Collections Online. Retrieved January 8, 2006.
↑ Palmer, Michael A. Guardians of the Persian Gulf: A History of America's Expanding Role in the Persian Gulf, 1833-1992. New York: The Free Press, 1992. ISBN 0-02-923843-9 p. 12-13.
↑ Laciner, Dr. Sedat. "Is There a Place Called 'the Middle East'? Arquivado 06 de outubro de 2015 en Wayback Machine.", The Journal of Turkish Weekly, June 2, 2006. Retrieved January 10, 2007.
↑ Adelson, Roger. London and the Invention of the Middle East: Money, Power, and War, 1902-1922. New Haven: Yale University Press, 1995. ISBN 0-300-06094-7 p. 22-23
↑ Adelson, Roger (1995). London and the Invention of the Middle East: Money, Power, and War, 1902-1922.. Yale University Press. ISBN 0-300-06094-7.
↑ Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38: p. 665–675.
↑ Held, Colbert C. (2000). Middle East Patterns: Places, Peoples, and Politics. Westview Press. p. 7. ISBN 0-8133-8221-1.
↑ Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38 (4): 665–675. doi:10.2307/20029452
↑ "'Near East' is Mideast, Washington Explains". The New York Times. 1958-08-14. http://select.nytimes.com/gst/abstract.html?res=F70E10FC3D59127A93C6A81783D85F4C8585F9&scp=1&sq='Near%20East'%20is%20Mideast,%20Washington%20Explains&st=cse. Retrieved 2009-01-25
↑ Beaumont, Peter, Gerald H. Blake, J. Malcolm Wagstaff (1988). The Middle East: A Geographical Study. David Fulton. p. 19.
↑ Sweeney, Jerry J., William R. Walter. Lawrence Livermore National Laboratory, ed. "Preliminary Definition of Geophysical Regions for the Middle East and North Africa" (PDF).
↑ NASA (ed.). "ASTER Image Gallery: The Dead Sea". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 14 de abril de 2017.
↑ Goldschmidt Jr., Arthur (1999). A Concise History of the Middle East. Westview Press. p. 8.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oriente Medio |
Outros artigos |
- Oriente
- Oriente Próximo
- Extremo Oriente
- Mashrek
- Magreb
- Levante mediterráneo
- Gran Oriente Medio
Ligazóns externas |
Historia Imperial do Oriente Medio. Animación coa sucesión de conquistadores e Imperios que tomaron Oriente Medio. (en inglés)
Observatorio de Oriente Medio. Publicación trimestral sobre a actualidade no Oriente Medio. (en castelán)
|
|
Categorías:
- Oriente Medio
- Xeografía de Asia
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.532","walltime":"0.793","ppvisitednodes":"value":1176,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":34250,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1279,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":14432,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 656.013 1 -total"," 53.69% 352.192 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.90% 123.967 1 Modelo:Listaref"," 11.35% 74.446 1 Modelo:Infobox"," 8.14% 53.376 3 Modelo:Cita_web"," 5.95% 39.017 1 Modelo:Commonscat"," 5.36% 35.153 1 Modelo:Irmáns"," 4.55% 29.831 1 Modelo:Caixa_lateral"," 2.62% 17.213 3 Modelo:Cita_libro"," 2.05% 13.423 1 Modelo:Collapsible_list"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.273","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4715140,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1256","timestamp":"20190611090230","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Oriente Medio","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Oriente_Medio","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q7204","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q7204","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-04-10T17:50:17Z","dateModified":"2019-04-15T20:43:30Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/3/3f/Middle_East_%28orthographic_projection%29.svg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":133,"wgHostname":"mw1243"););