Dacca Índice Historia | Economía | Cidades irmandadas | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación23°42′0″N 90°22′30″L / 23.70000, -90.37500Corporación Municipal do SurCorporación Municipal do Norte"Metropolitan Area Dhaka""Buriganga River. Geography" [Río Buriganga. Xeografía]o orixinal"Copia arquivada"o orixinal"Copia arquivada"o orixinalSitio web da cidadeWorldCat13369700711970076j2627765ID002119411852414230727-2n81019948IDge6602431915035
Dacca
bengalíBangladeshGanxesBrahmaputraBurigangaImperio mogolBengalaséculo XVII1971século VIIKamarupaséculo IXhinduístaPalaBallal SenDhakeshwariséculo XIIrío Burigangalesteséculo XIVXVIturcosafgáns1608Imperio mogolBengalaJahangireuropeosséculo XVIIoestenorteAurangzeb16781717Compañía Británica das Indias Orientais1765Calcuta1859século XIX1825188519051947IndiaBengala OccidentalAssamBihar1971Bangladeshmovemento modernoLouis KahnBangladesharmeniacricket
Dacca
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 23°42′0″N 90°22′30″L / 23.70000, -90.37500
Dacca | |
---|---|
ঢাকা | |
Imaxes da cidade | |
Localización | |
Dacca | |
País | Bangladesh |
División | Ḑhaka Bibhag |
Distrito | Ḑhaka Zila |
Xeografía | |
Altitude | 4 msnm |
Superficie | 304 km² |
Demografía | |
Poboación | 14 543 124 (área metropolitana en 2011)[1] |
Densidade | 23 029 hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 1000, 1100, 12xx, 13xx |
Alcalde | Md. Khalilur Rahman (Corporación Municipal do Sur) / Md. Mahmud Reza Khan (Corporación Municipal do Norte) |
Corporación Municipal do Sur / Corporación Municipal do Norte |
Dacca[2] ou Daca[3] (bengalí: ঢাকা, transcrito Ḍhākā; pronunciado: [ɖʱaka]) é a cidade capital de Bangladesh, a maior con diferenza do país e o seu centro absoluto: industrial, comercial, cultural etc. Sitúase no corazón do xigantesco e magnífico sistema fluvial que conforma o delta do Ganxes-Brahmaputra, na beira norte dun dos séus brazos, o Buriganga[4].
As súas orixes semellan datar do primeiro milenio mais non acada relevancia ata que o Imperio mogol a elixe coma capital da provincia de Bengala no século XVII. Dende a independencia de Bangladesh en 1971, o séu crecemento ten sido espectacular configurando unha das grandes aglomeracións do planeta. Segundo o censo, no ano 2011 tiña 14 543 124 habitantes[1].
Índice
1 Historia
1.1 Orixes
1.2 Capital mogola de Bengala
1.3 Colonia británica
1.4 Independencia e capital de Bangladesh
2 Economía
3 Cidades irmandadas
4 Galería de imaxes
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Artigos relacionados
6.2 Ligazóns externas
Historia |
Orixes |
A partir do século VII da nosa era hai constancia de asentamentos no lugar, entón nos dominios do reino budista de Kamarupa. No século IX pasan ao poder da dinastía hinduísta Sena (do imperio Pala), a un de cuxos raxás, Ballal Sen, se lle atribúe a fundación do templo Dhakeshwari (século XII, posible orixe do nome da cidade) no noroeste do centro actual (cidade universitaria).
Con todo, o nome co que nese tempo se identificaba a área é Bengalla. Tratábase dunha pequena cidade xunto ao río Buriganga (co pequeno brazo do Dulai protexéndoa polo leste), composta de varios mercados (Lakshmi Bazar, Shankhari Bazar, Tanti Bazar) e barrios de asentamento de artesáns e mercadores (Patuatuli, Kumartuli, Bania Nagar e Goal Nagar). Nalgunhas citas fálase de 52 bazares e 53 camiños [5].
Do século XIV ao XVI estivo en poder de soberanos turcos e afgáns. Estes últimos construíron un forte no oeste da cidade vella.
Capital mogola de Bengala |
En 1608 o Imperio mogol estende o seu dominio sobre Bengala, instalando a capital da rexión en Dacca que renomean como Jahangirnagar (polo emperador Jahangir). Comeza a mellor época da historia da cidade, aquela en que se converte nun dos centros comerciais máis importantes do sueste asiático, fundamentalmente dos téxtiles do algodón. Os europeos arriban e a poboación crece ata se converter, na segunda metade do século XVII, nunha grande urbe (18x12 km) [6].
A expansión prodúcese sobre todo ao longo da beira do río, establecéndose o centro comercial e institucional no oeste da cidade pre-mogol, entre a área do Forte (convertido en primeira residencia dos vicerreis mogois) e o Buriganga, zona hoxe chamada Chawk Bazar. Ao norte estendíanse as zonas residenciais. Dous eixos, establecidos despois de mediado o século polo khan Mir Jumla para unir unha rede de fortes que protexían a cidade, van marcar para sempre o desenvolvemento de Dacca: un cara o norte ata Tongi (que, á altura de Tejgaon, acolleu todas as factorías dos europeos dando inicio á vocación industrial que aínda ten o barrio); outro cara ao leste seguindo o curso do río.
Inda máis ao oeste, en tempos do emperador Aurangzeb construirase un novo pazo-fortaleza monumental, o Forte Lalbagh (1678) [7][8].
Colonia británica |
En 1717 perde a condición de capital, o que sumado a que a Compañía Británica das Indias Orientais, a quen pasou a pertencer en 1765, elixiu Calcuta como o seu cuartel xeral, fixo que a cidade sufrira un grave estancamento e posterior declive económico [9]. Grandes áreas quedaron despoboadas (en 1859 a cidade viuse reducida a 5x2 km).
Só a partir da segunda metade do século XIX a cidade comezou a recobrar o pulso, polo menos no referido á modernización das súas estruturas (auga, electricidade, pavimentación). Xa en 1825 clarexouse unha área no norte para un campo de carreiras (despois Parque Ramna). Co tempo, esta área viu desenvolver ao seu arredor varios plans urbanísticos da tipoloxía de cidade-xardín. A beira do río tamén foi elixida para levantar por parte das elites as mansións, escolas, hospitais e paseos ata a chegada do ferrocarril en 1885, cando, pouco a pouco, se foi convertendo na traseira da cidade.
Coa partición de Bengala en 1905, Lord Curzon planificou unha área institucional entre a cidade histórica e o parque Ramna, con edificios suntuosos á europea que, finalmente, perante a anulación da nova administración, desenvolveuse nos anos sucesivos como campus da Universidade de Dacca.
Independencia e capital de Bangladesh |
En 1947, a independencia e partición da India provocou a fuxida dos hindús pero, sobre todo, a chegada dunha masa inxente de refuxiados musulmáns de Bengala Occidental, Assam e Bihar, o que incrementou dramaticamente a poboación da cidade cos problemas sociais derivados do aloxamento e fornecemento de servizos axeitados.
En 1971, a constitución de Bangladesh como estado soberano fixo de Dacca a súa capital. Dende os sesenta planificábase unha nova área representativa para a capitalidade de Paquistán Oriental ao noroeste de Tejgaon a cargo dun dos arquitectos máis recoñecidos do movemento moderno, o estadounidense de ascendencia paquistaní Louis Kahn. O proxecto non rematou ata os oitenta e serviu xa para os novos cometidos estatais.
Dende a súa condición de centro dun dos países máis pobres e poboados do mundo, Dacca non deixou de medrar ata se converter nunha das maiores metrópoles do planeta, pero asemade con todos os problemas de aglomeración e precariedade característicos das urbes do terceiro mundo.
Economía |
Dacca é o centro comercial de Bangladesh, o poder adquisitivo da poboación é moito maior que o do resto do país ao igual que a porcentaxe de clase media. No seu contorno concentrase case a totalidade dos postos de traballo xerados pola industria nacional, sendo historicamente centro de recepción de inmigración tanto interna como externa.
Cidades irmandadas |
|
|
Galería de imaxes |
A fortaleza de Lalbagh.
Edificio do Concello de Dacca
Igrexa armenia construída en 1781.
O Estadio de cricket Sher-e-Bangla, en Dacca.
Notas |
↑ 1,01,1 "Metropolitan Area Dhaka" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2013.
↑ Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). ISBN 9788482893600.
↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.Daca (Bangladés)
↑ Buriganga Riverkeeper (ed.). "Buriganga River. Geography" [Río Buriganga. Xeografía] (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2013. Consultado o 1 de xuño de 2013.
↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2013.
↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2013.
↑ http://search.com.bd/banglapedia/Images/L_0026A.JPG[Ligazón morta]
↑ http://search.com.bd/banglapedia/Images/L_0026C.JPG[Ligazón morta]
↑ https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjWLvwXD8dfpAWPQXnqxnQRv5nz98F5E3M8tZpGgvZmoYKxQv3TkIYKrQk5mWpsdcfvbwCybIYI9jkahOUcAird27U6SvVyfobisInH1o0sMRMtW__ww8kp7wqCoqwYMK84EC372alj-0E/s1600-h/006-dhaka+after+Mughal+period+18th+century.jpg
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dacca |
Artigos relacionados |
- Imperio mogol
Ligazóns externas |
Sitio web da cidade (en inglés)
|
Categoría:
- Dacca
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.544","walltime":"0.946","ppvisitednodes":"value":1485,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":34057,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4685,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":11,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":12525,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":12,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 849.473 1 -total"," 57.41% 487.687 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 12.30% 104.527 1 Modelo:Listaref"," 11.08% 94.142 2 Modelo:Caixa_lateral"," 10.88% 92.440 1 Modelo:Commonscat"," 10.51% 89.254 1 Modelo:Irmáns"," 9.21% 78.206 1 Modelo:Cidade"," 8.56% 72.728 1 Modelo:Infobox"," 7.90% 67.134 4 Modelo:Cita_web"," 2.67% 22.659 1 Modelo:Coordenadas"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.330","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6329805,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1238","timestamp":"20190610003428","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Dacca","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Dacca","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q1354","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q1354","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-11-07T18:45:42Z","dateModified":"2019-05-06T12:59:47Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/1d/Dhaka_Bd.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":207,"wgHostname":"mw1270"););