Skip to main content

Mar Caspio Índice Etimoloxía | Características | Morfoloxía | Evolución do nivel | Cidades ribeiregas | Algúns datos | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"mar Càspia"Lake Profile: Caspian Sea"Caspian Sea » General background"o orixinal"ESA: Observing the Earth - Earth from Space: The southern Caspian Sea""Caspian Sea-The largest lake in the world""Indian History"o orixinal"India-The mother of western civilisation"o orixinal"Article on Hinduism"o orixinalCaspian Sea"Strabo. Geography. 11.3.1"p. 28ArquivadoDatos detalladosCaspian Environment ProgrammeFramework Convention for the Protection of the Marine Environment of the Caspian SeaeWorldCat23506711915322350n2050560ID6306714110033-5sh8502061101135352ge13820539877430282315117016624mar-caspio

Golfo de AlascaMar AmareloGolfo de AnadyrMar de ArafuraMar de BandaMar de BeringMar de BismarckMar de BohaiMar de BoholGolfo de CaliforniaMar de CamotesGolfo de CarpentariaMar de CélebesMar de CeramMar de ChileMar da China OrientalMar da China MeridionalMar do CoralMar de FilipinasMar de FloresGolfo de FonsecaMar de GrauMar de HalmaheraMar de KoroMar das MolucasGolfo MoroMar de OkhotskGolfo de PanamáMar de SalishMar de SalomónMar Interior de SetoMar de SavuMar de SuluMar de SibuyanGolfo de Tailandiagolfo de TonkinMar de TasmaniaMar de VisayasMar do XapónGolfo de AdénMar de AndamanGran Baía AustralianaMar ArábigoGolfo de AqabaMar de BaliGolfo de BengalaMar de FloresGolfo de KhambhatGolfo de KutchMar das LaquedivasEstreito de MalacaCanle de MozambiqueGolfo de OmánGolfo de SuezGolfo PérsicoMar de TimorMar VermelloMar de XavaMar de AmundsenMar de BellingshausenMar da CooperaciónMar dos CosmonautasMar de DavisMar Dumont d'UrvilleMar de LázarevMar de MawsonMar do Rei Haakon VIIMar de Riiser-LarsenMar de RossMar de ScotiaMar de SomovMar de Weddell


Mar Caspio


mar interiordepresiónAsiaEuropadepresión cáspicadepresión aralo-cáspicaaugaConca endorreicasuperficiekm²Kara Bogaz Golvolumekm³mareslagosauga docesalgadaIllasAda OgurjaquilómetrosRusiaDaguestánAcerbaixánTurkmenistánCasaquistánIránestepasAsia CentralEstrabónsánscritaKashyapsabio indiohindúsgregospersasantigosIránindioslingua turcarusasKhwarezmTranscaucasiaEstrabónAlbania caucásicaProvincia de TeheránIránQazvínturcomanoazeríturcoidiomaspalabraxázaros turcosimperiolagomaresturióncaviarpetróleoVolgaUralmar de Azovcanle Volga-Doncunca hidrográficaIdade MediaKhazariaAtilséculo XX190019291930197819411978










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Mar Caspio




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





































Mar Caspio
Каспи́йское мо́ре
Caspian Sea from orbit.jpg
Localización administrativa
Estado
Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán
Flag of Iran.svg Irán
Flag of Kazakhstan.svgCasaquistán
Rusia Rusia
Flag of Turkmenistan.svgTurkmenistán
División13 raions (AZE)
Provincias de Guilán, Mazandarán e Golestán (IRN)
Provincias de Mangystau e Atyrau (KAZ)
Daguestán, República dos Calmucos e óblast de Astrakán (RUS)
Provincia de Balkan (TKM)
Localización xeográfica
ContinenteAsia Central
Xeografía
Illas interiores+ de 26
AfluentesRíos Volga, Ural, Kura e Terek
Cidades ribeiregas
Bakú (Acerbaixán) e Rasht (IRN); Aktau (KAZ), Majachkalá (RUS) e Türkmenbaşy (TKM)
Características
Superficie371 900 km²
Lonxitude máxima1210 km (N-S)
Anchura máxima210-436 km (E-O)
Lonxitude costa7000 km
Profundiade máxima1025 m
Profundidade media187 m
Altitude-28m
Capacidade69 400 km³
Outros datos
efluentesEvaporación
Conca fluvialEndorreica
área drenada3 626 000 km²[1]
Mapa

KaspischeZeeLocatie.png


Localización do lago.


Stenka Razin (Vasily Surikov, 1906)


O mar Caspio[2] é un mar interior que ocupa a parte máis fonda dunha depresión entre Asia e Europa, a depresión cáspica, que forma parte da gran depresión aralo-cáspica.[3] É a masa de auga interior (Conca endorreica) máis grande do mundo, cunha superficie de 371.000 km² (sen incluír o lago de Kara Bogaz Gol) e un volume de 78.200 km³[4] con características comúns tanto cos mares como cos lagos. A miúdo é considerado o lago máis grande do mundo, aínda que non é de auga doce senón salgada.[5][6] Ten numerosos Illas, a maior das cales é a de Ada Ogurja, que ten 47 quilómetros de lonxitude; cara ao norte a maioría das illas son pequenas e deshabitadas. Baña Rusia, Daguestán, Acerbaixán, o Turkmenistán, o Casaquistán e Irán, coas estepas da Asia Central ao norte e ao leste. Na antigüidade, coñecíase como o océano Hircaniano ou tamén mar Khazar e mar Khvalisian.




Índice





  • 1 Etimoloxía


  • 2 Características


  • 3 Morfoloxía


  • 4 Evolución do nivel


  • 5 Cidades ribeiregas


  • 6 Algúns datos


  • 7 Notas


  • 8 Véxase tamén

    • 8.1 Ligazóns externas





Etimoloxía |


Segundo o historiador grego Estrabón, o nome do Mar Caspio suponse que derivou da palabra sánscrita Kashyap, nome dun antigo sabio indio, tal como cren os hindús .[7][8][9][10]


Entre os gregos e os persas antigos era coñecido como o océano Hircania. Para os persas antigos, así como no moderno Irán, é coñecido como o mar Gilan (en persa: گیلان). Os indios chamábanlle Kashyap Sagar. Nos países de lingua turca coñéceselle como a mar Xázaro. Antigas fontes rusas referíanse como o mar Khvalyn (Khvalynian) (Хвалынское море / Хвалисское море) e despois os habitantes de Khwarezm como mar Khvalis. As antigas fontes árabes refírense a el como بحر جیلان Gilan Bahr.


O nome do mar deriva da palabra "caspiano" (arameo: Kspy, grego: Kaspioi, persa: کاسپی) nome do xentilicio dun antigo pobo que habitaba ao suroeste do lago, no hoxe Transcaucasia.[11] O xeógrafo e historiador grego Estrabón escribiu do territorio caspio na Albania caucásica chamada así en honor á tribo caspiana, como tamén o foi co lago; pero que esta xente xa non existe.[12] É máis, as "portas Caspias", nome dunha rexión da Provincia de Teherán en Irán podería indicar que a tribo emigró ao sur do mar. A cidade iraniana Qazvín comparte a raíz do seu nome co do mar. De feito, o nome tradicional en árabe para o mar é Bahr al-Qazwin (Mar de Qazvin).[13]


A denominación do mar Caspio nas linguas turcas é Hazar Denz en turcomano, Xəzər dənizi en azerí, e Hazar Deniz en turco. En todos estes idiomas, a segunda palabra simplemente significa "mar" e a primeira refírese aos históricos xázaros turcos, que tiveron un extenso imperio ao norte do mar Caspio, entre os séculos VII e X.



Características |


O mar Caspio é un dos menores mares do mundo. Segundo os científicos, ten características tanto dun lago coma dun mar. Cunha superficie de case 400 mil km², ten 1.200 quiómetros de longo e 450 de largura máximas, representa o máis importante mar interior do mundo. A pesar diso, non ten o estatuto xurídico dun mar. A súa profundidade media é de 180 metros, cunha cota máxima de 1.025 metros, e a súa extensión costeira é de case 7.000 km.


O mar Caspio contén unha gran cantidade de esturión, do cal se extraen as ovas para as transformar en caviar. Como consecuencia, a súa pesca excesiva ameaza esa poboación. Recentes investigacións anunciaron a presenza de reservas de petróleo nas profundidades deste mar[14].


Os ríos Volga e mais Ural desaugan no mar Caspio, que se conecta ao mar de Azov pola canle Volga-Don.


Mais o mar Caspio non recibe soamente auga da cunca do Volga: a contaminación resultante de case a metade da poboación rusa e dun terzo da produción industrial e agrícola das áreas do río Volga explica os elevados niveis de contaminación en case toda a cunca hidrográfica. A falta de preocupación ambiental no período soviético foron un dos factores da degradación do mar Caspio.



Morfoloxía |


A morfoloxía do mar Caspio divídese en tres partes principais:


  • a porción sur, onde se encontran as maiores profundidades, con 325 metros de media.

  • a parte central, cunha profundidade media de 170 metros.

  • a porción norte, que integra a depresión Aralo-Caspiana (depresión absoluta, da que a altitude media é de –28 m). É a parte máis rasa do mar, onde a profundidade non pasa dos 10 metros. Esta parte tamén é máis vulnerable aos impactos socio-ambientais, por estar situada xunto a áreas continentais baixas e chas, alén de posuír menor volume e profundidade.


Evolución do nivel |


O Volga é responsable da maior parte do fluxo de auga que chega ao mar Caspio. Así, esta vía fluvial é fundamental para que se manteña o equilibrio acuático, a constitución biolóxica e química e maila oscilación do nivel da auga. Deste xeito, o que acontece arredor do val do Volga repercute no mar Caspio.


O nivel do mar Caspio subiu e desceu ao longo dos séculos. Algúns historiadores apoian as teorías segundo a cal, durante a Idade Media, un aumento do nivel das augas tería provocado a inundación de cidades litorais da rexión de Khazaria, como a cidade de Atil. No século XX ocorreron polo menos tres grandes períodos de troco no nivel xeral da superficie do Caspio. Entre os anos de 1900 e 1929, practicamente non ocorreran variacións significativas de nivel. Entre 1930 e 1978, o nivel das augas presentou unha diminuición continuada, principalmente entre 1930 e 1941. A causa principal dese fenómeno foi a diminuición do fluxo de auga vida dos ríos que alí teñen a súa foz.


A partir do 1978, o nivel medio do Caspio subiu cerca de 2,5 metros. As oscilacións de nivel, típicas en lagos ou mares pechados, causan impactos tanto no aspecto medioambiental como na economía das áreas ribeirás. Tal escenario aconteceu no mar Caspio durante a prolongada queda do nivel das augas (1930/1977), cando especialistas acreditaban que esa era unha tendencia irreversíbel. Así, o goberno soviético realizou planexamentos económicos, considerando a continua baixa do nivel do mar. Cando o nivel subiu de novo, unha parte considerable do que fora construído, os danos do aumento do nivel acuático acabaran sendo maiores nos territorios chans da costa norte e nordeste, áreas pertencentes a Rusia. Os especialistas aínda non teñen explicacións para o recente aumento do nivel, nin unha previsón do que poderá ocorrer nun futuro próximo.



Cidades ribeiregas |




O Mar Caspio visto desde a cidade acerbaixána de Bakú.


As principais cidades á beira do mar Caspio son:



  • Bakú, Acerbaixán


  • Turkmenbashi, Turquemenistán (antiga Krasnowodsk)


  • Babol, provincia de Mazandaran, Irán


  • Atyrau, Casaquistán


  • Aktau, Casaquistán (antiga Shevchenko)

As cidades históricas á beira do mar Caspio:


  • Atil

  • Khazaran


Algúns datos |



  • Superficie: 371.000 km².


  • Dimensións: 1.210 km de norte a sur e de 210 km a 436 km de leste a oeste.


  • Profundidade: Media: 170 m, máxima: 995 m.


  • Altitude: 28 m por baixo do nivel do mar.


  • Afluentes: Volga, Ural, Cura, Terek.


Notas |




  1. van der Leeden, Troise, and Todd, eds., The Water Encyclopedia. Second Edition. Chelsea F.C., MI: Lewis Publishers, 1990, p. 196.


  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1299. ISBN 9788482887524. 


  3. Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "mar Càspia". Enciclopèdia.cat (en català). Consultado o 20 de novembro de 2010. 


  4. Lake Profile: Caspian Sea. LakeNet.


  5. CaspianEnvironment.org (ed.). "Caspian Sea » General background". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2010. Consultado o 28 de outubro do 2010. 


  6. ESA.int (ed.). "ESA: Observing the Earth - Earth from Space: The southern Caspian Sea". Consultado o 28 de outubro do 2010. 


  7. Buzzle.com (ed.). "Caspian Sea-The largest lake in the world" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2010. 


  8. Indiafirstfoundation.org (ed.). "Indian History" (en anglès). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2010. Consultado o 17 de maio de 2010. 


  9. Organiser.org (ed.). "India-The mother of western civilisation" (en anglès). Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 17 de maio de2010. 


  10. Trsiyengar.com (ed.). "Article on Hinduism" (en anglès). Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2010. Consultado o 17 de maio de 2010. 


  11. Caspian Sea in Encyclopædia Britannica.


  12. "Strabo. Geography. 11.3.1" (en inglés). Perseus.tufts.edu. Consultado o 27 de setembro do 2015. 


  13. Iran (5th ed., 2008), by Andrew Burke and Mark Elliott, p. 28 Arquivado 07 de xuño de 2011 en Wayback Machine., Lonely Planet Publications, ISBN 978-1-74104-293-1


  14. http://sociedad.elpais.com/sociedad/2007/06/29/actualidad/1183068005_850215.html



Véxase tamén |





Ligazóns externas |



  • Datos detallados[Ligazón morta](en inglés)


  • Caspian Environment Programme (en inglés)


  • Framework Convention for the Protection of the Marine Environment of the Caspian Sea (2003) (en inglés)




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mar_Caspio&oldid=5138158"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.540","walltime":"0.829","ppvisitednodes":"value":1360,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":54413,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":3025,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":13,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":13196,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":14,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 722.937 1 -total"," 51.17% 369.914 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 15.90% 114.912 1 Modelo:Listaref"," 13.98% 101.039 1 Modelo:Commonscat"," 13.42% 97.025 1 Modelo:Irmáns"," 12.91% 93.339 1 Modelo:Caixa_lateral"," 10.62% 76.801 1 Modelo:Corpo_de_auga"," 9.74% 70.396 1 Modelo:Infobox"," 7.08% 51.183 8 Modelo:Cita_web"," 5.25% 37.938 1 Modelo:Cita_libro"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.319","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6390174,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1293","timestamp":"20190609150458","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Mar Caspio","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Mar_Caspio","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q5484","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q5484","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-05-20T17:58:34Z","dateModified":"2019-05-05T23:16:58Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/98/Caspian_Sea_from_orbit.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":274,"wgHostname":"mw1258"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020