Skip to main content

Río Amazonas Índice Xeografía | Caudal | Fauna e flora | Pulmón do planeta | Portos | Estrada | Desnivel nos últimos quilómetros | Grupos indíxenas | Afluentes principais | Cidades principais | Véxase tamén | Menú de navegacióneWorldCat12784184513963444t4008789ID000337534077294001626-200628108ge1286592295651

Multi tool use
Multi tool use

Río Amazonas


América do SurPerúColombiaBrasilocéano AtlánticoNiloríosur-americanoCordilleira dos AndesPerúocéano AtlánticoIlla do MaraxóBrasilestado homónimoNilocunca hidrográficaaugarío NiloaugaIquitosselva tropicalanacondaplantaVictoria Rexiaforestas tropicaisIquitosPerúLeticiaColombiaManausBrasilTransamazónicaditaduradesenvolvementodeforestaciónMareas oceánicasPerúColombiafoz










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Río Amazonas




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura














Río Amazonas

Manaus.jpg
Río Amazonas, próximo a Manaus, Brasil

NacementoPerú
Lonxitude7020 km
Conca7 050 000 km²
Caudal medio219 000 m³/s
DesembocaduraOcéano Atlántico
Amazonriverbasin basemap.png
Cunca do río Amazonas

O río Amazonas é un río de América do Sur e é o máis caudaloso do mundo. Nace no Perú, pasa por Colombia, atravesa o Brasil e desemboca no océano Atlántico. Ten máis de 1100 afluentes, ten entre 6259 km e 6712 km de lonxitude (dependendo do criterio de medición), e é o segundo máis longo despois do Nilo.


O río Amazonas é un río sur-americano que nace na Cordilleira dos Andes, no lago Lauri ou Lauricocha, no Perú e desauga no océano Atlántico, xunto á Illa do Maraxó, no Brasil, onde entra polo estado homónimo. E ao longo do seu curso recibe os nomes de Tunguragua, Marañón, Ucayali, Solimóns e finalmente Amazonas.


Unha investigación recente revelou que o Amazonas ten un lonxitude de 6868 km e máis de 1000 afluentes, e polo tanto maior que o Nilo cos seus 6.695 km de extensión, sendo entón o máis longo río do mundo. A súa cunca hidrográfica é a maior do mundo, cunha superficie de aproximadamente 7 millóns de km². O Amazonas é de lonxe o río máis caudaloso do mundo, cun volume de auga preto de 56 veces o do río Nilo.




Mapa mostrando o traxecto do río Amazonas e os seus afluentes, e a área aproximada da súa cunca hidrográfica




Índice





  • 1 Xeografía


  • 2 Caudal


  • 3 Fauna e flora


  • 4 Pulmón do planeta


  • 5 Portos


  • 6 Estrada


  • 7 Desnivel nos últimos quilómetros


  • 8 Grupos indíxenas


  • 9 Afluentes principais


  • 10 Cidades principais


  • 11 Véxase tamén

    • 11.1 Outros artigos





Xeografía |


A cantidade de auga doce lanzada no Atlántico é xigantesca: preto de 190 000 m³/s na estación de choivas, ou un quinto de toda a auga fluvial do planeta. Na verdade, o Amazonas é responsable dun quinto do volume total de auga doce que desauga nos océanos de todo o mundo. Dise que a auga aínda é doce mesmo a quilómetros de distancia da costa, e que a salinidade do océano é ben máis baixa que o normal 150 km mar adentro.


O Amazonas, que pode ter 40 km de anchura en períodos de chea, é navegable por navíos oceánicos de porte medio ata Iquitos, a 3500 km do mar.



Caudal |



Caudal medio mensual do Amazonas (m³/s) medido nunha estación ás aforas de Óbidos
Datos dos últimos 70 anos (anual 176 000 m³/s)






Estimación do caudal medio mensual do Amazonas (en m³/s)
na desembocadura, tendo en conta os catro últimos afluentes (anual 209.000 m³/s)






Fauna e flora |


Toda a fauna da selva tropical húmida suramericana está presente na Amazonia. Os científicos afirman que alí existen innúmeras especies de plantas aínda sen clasificación, millares de especies de paxaros, innúmeros anfibios e millóns de insectos.


Desde os insectos ata os grandes mamíferos como o puma, a denta e os veados, réptiles como a tartaruga, a anaconda, o caimán e a víbora. Hai paxaros e peixes de todas as especies, plumaxes e peles. Nas lagoas ao longo do Amazonas florece a planta Victoria Rexia, cuxas follas circulares chegan a máis dun metro de diámetro.


É tan amplo o seu número de especies de peixes e plantas acuáticas que enumeralas todas sería imposible. Para todos os afeccionados ao acuarismo, trátase da fonte que proporciona a maior cantidade de especies de peixes que hoxe en día poboan os comercios e acuarios de todo o mundo.



Pulmón do planeta |


Cientificamente, trátase dun equívoco chamar as forestas tropicais de "Pulmón do planeta". Hai varios motivos para iso, como por exemplo:


  • O pulmón é un órgano que absorbe osíxeno e elimina gas carbónico, ou sexa, "produce" gas carbónico.

  • Outro feito é que a maior parte da produción do osíxeno que respiramos provén de microorganismos (algas e cianofíceas) e que a súa produción de osíxeno por fotosíntese supera en moito o seu consumo pola respiración. Mentres que nas forestas tropicais o osíxeno producido pola fotosíntese durante o día (fase clara) é consumido en grande parte á noite (fase escura) pola respiración das mesmas. Apenas forestas que aínda están en desenvolvemento producen máis osíxeno do que consomen, e as forestas tropicais na súa grande maioría xa están en proceso de estabilidade ecolóxica.


Portos |


Os portos máis importantes do río Amazonas fican nas cidades de Iquitos, no Perú, Leticia en Colombia e Manaus no Brasil.



Estrada |


Un pouco ao sur do Amazonas está a Estrada Transamazónica, como un longo canal de poeira e barro, resultado dunha das aventuras máis ousadas xamais tentadas na maior de todas as rexións forestais do mundo. A estrada BR-233 imita o curso do río Amazonas, pois avanza en forma paralela a este. Ten, de acordo cos números oficiais, cinco mil quilómetros de lonxitude, a pesar de estar invadida pola foresta en varios treitos. A estrada, iniciada no período da ditadura militar, nunca fixo uso nin dos miles de millóns de dólares, nin das esperanzas de desenvolvemento, depositadas nela, mais foi unha grande indutora da deforestación ao longo do seu curso.



Desnivel nos últimos quilómetros |


O río Amazonas, cuxo curso é moi plano (20 m de desnivel nos últimos 1500 quilómetros) antes da súa desembocadura, constitúe un caso moi especial de Mareas oceánicas. Na rexión do río Amazonas, tales mareas son coñecidas como pororoca, e son unha atracción turística. Os primeiros resultados dunha investigación realizada por institucións brasileiras asociadas no marco do programa HiBAn (Hidroloxía da bacía amazónica) permiten entender mellor a influencia da marea no funcionamento hidrodinámico do Amazonas ao se aproximar ao océano e, de maneira máis particular, medir o seu impacto nas pulsacións do caudal do río e no transporte de sedimentos en dirección ao océano.



Grupos indíxenas |


No territorio ao longo do río Amazonas moran innúmeros grupos nativos precedentes orixinalmente do Perú, de Colombia e do Brasil.



Afluentes principais |


Do nacemento á foz.



  • Río Napo (marxe esquerda: e)


  • Río Javari (marxe dereita: d ) ou Yavari


  • Río Jandiatuba (d)


  • Río Içá (e)


  • Río Jutaí (d)


  • Río Juruá (d)


  • Río Japurá (e)


  • Río Tefé (d)


  • Río Coari (d)


  • Río Piorini (e)


  • Río Purus (d)


  • Río Negro (e)


  • Río Madeira (d)


  • Río Uatamã (e)


  • Río Nhamundá (e)


  • Río Trombetas (e)


  • Río Tapajós (d)


  • Río Curuá (e)


  • Río Maicuru (e)


  • Río Uruará (d)


  • Río Paru (e)


  • Río Xingu (d)


  • Río Jari (e)


Cidades principais |


Da nacente á foz:


  • Nauta

  • Iquitos

  • Pebas

  • Caballo Cocha

  • São Paulo de Olivença

  • Santo Antônio do Içá

  • Fonte Boa

  • Tefé

  • Coari

  • Anori

  • Manaus

  • Careiro

  • Itacoatiara

  • Urucurituba

  • Parintins

  • Óbidos

  • Santarém

  • Prainha

  • Almeirim

  • Gurupá

  • Mazagão

  • Santana

  • Macapá

  • Afuá

  • Chaves


Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Bacía do río Amazonas



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Amazonas&oldid=5039257"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.420","walltime":"1.187","ppvisitednodes":"value":593,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":12006,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":807,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":482,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1130.842 1 -total"," 29.58% 334.512 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 14.40% 162.838 1 Modelo:Río"," 14.00% 158.277 1 Modelo:Infobox"," 10.65% 120.448 1 Modelo:Propiedade"," 2.99% 33.806 1 Modelo:Commons"," 2.62% 29.633 1 Modelo:Irmáns"," 2.49% 28.208 1 Modelo:1000"," 2.10% 23.775 1 Modelo:Icona_en_título"," 2.04% 23.062 1 Modelo:Caixa_lateral"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.283","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4676469,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1311","timestamp":"20190525041103","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Ru00edo Amazonas","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Amazonas","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3783","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3783","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-11-17T23:38:29Z","dateModified":"2019-01-21T08:57:49Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/49/Manaus.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":214,"wgHostname":"mw1246"););TWloJ9QxSyseimY YHmP8OV fuE2lBymcmDETct6ESa
hHY8XAGaCwTNu FkSh9rLprD4

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020