Sydney Índice Historia | Outros datos de interese | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación33°51′35.9″S 151°12′40″L / -33.859972, -151.21111Páxina oficial de SydneyCriterios para o uso da linguaLingua galega: dúbidas lingüísticasPáxina oficial de SydneyWorldCat1757603823661045ID21477144058708-3n79021855ID006285947001923
Sydney
inglésNova Gales do SurAustraliaárea metropolitana26 de xaneiro1788Enseada de SydneyArthur PhillipFirst FleetThomas TownshendBaía de JacksonBaía de SydneyPacíficopraiasBondiManlyCasa da ÓperaPonte do PortoMontañas AzuisCosta CentralReino UnidoChinaNova Zelandialibanesesgregositalianoscoreanosrusosindianosvietnamitasindonesiostailandesesaborixes australianosclansCadigallingua dharugEoravaríola1789Baía de Botany1830James Cook29 de abril1770Sir Joseph Banks18 de xaneiroDía de AustraliaPemulwuyLachlan Macquarie18101822Irlanda20 de xullo1842Charles H. Chambers1851Revolución Industrial19321973Xogos Olímpicos de 2000británicairlandesabarrio chinésNova Gales do Surbaía de Botany1788Ópera de Sydney
Sydney
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 33°51′35.9″S 151°12′40″L / -33.859972, -151.21111
Sydney | ||
---|---|---|
Imaxes da cidade | ||
Localización | ||
Sydney | ||
País | Australia | |
Estado | Nova Gales do Sur | |
Xeografía | ||
Altitude | 3 msnm | |
Superficie | 12.144,6 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 4.627.345 hab. (2011) | |
Densidade | 380 hab/km² | |
Outros datos | ||
Alcalde | Clover Moore | |
Páxina oficial de Sydney |
Sydney[1][2][3][4] (en inglés [sɪdni] (axuda · info)), ás veces escrito en galego Sidney[5], é a capital do estado de Nova Gales do Sur e a cidade máis populosa da Australia. O concello de Sydney posúe unha poboación de case 165.000, mais incluíndo a súa área metropolitana ten preto de 4.300.000, repartidos por cerca 600 suburbios.
Sydney foi tamén o primeiro asentamento europeo na illa. A súa fundación tivo lugar o 26 de xaneiro de 1788 na Enseada de Sydney como colonia penal por Arthur Phillip, capitán da First Fleet, que a bautizou con este nome en honra de Thomas Townshend, Lord Sydney, por aquel entón ministro do interior británico.
Está situada na costa sueste da illa da Australia arredor da fermosa Baía de Jackson, tamén coñecida aínda que incorrectamente como Baía de Sydney, e que lle dá o alcume da Cidade da Baía.
É o maior centro económico do país, dedicándose especialmente á fabricación de produtos manufacturados, á prestación de servizos financeiros, ao comercio e ao turismo. Neste último aspecto, Sydney é un dos destinos turísticos internacionais máis demandados do Pacífico, recibindo todos os anos máis de 4 millóns de turistas. É mundialmente coñecido polas súas fermosas praias, como as praias de Bondi e Manly; pola súa arquitectura contemporánea, como a Casa da Ópera e a Ponte do Porto; e, polos seus contornos naturais, como as Montañas Azuis e a Costa Central. Ten sido un pulo importante para o turismo o facto de ter acollido numerosos eventos internacionais deportivos, políticos e culturais.
Sydney é, alén, unha das cidades máis multiculturais e cosmopolitas do mundo, debido en parte a cantidade de inmigrantes vindos de todos os cantos do planeta, representando en torno de 180 países. Cerca do 30% dos moradores da cidade naceron noutros países, onde o 4,5% o fixeron no Reino Unido, o 2,3% na China, e 2,1% na Nova Zelandia. Outros pobos con presenza significativa na cidade son os libaneses, gregos, italianos, coreanos, rusos, indianos, vietnamitas, indonesios, e tailandeses.
Índice
1 Historia
2 Outros datos de interese
3 Notas
4 Véxase tamén
4.1 Ligazóns externas
Historia |
- Artigo principal: Historia de Sydney.
Existen evidencias de que a rexión da cidade de Sydney tiña sido habitada polos aborixes australianos de maneira continuada desde facía polo menos 40 mil anos antes da chegada dos europeos. En 1788, cando asentaron os británicos, estimouse que vivían en toda a rexión da baía entre 4.000 e 8.000 aborixes repartidos en pequenos clans. Cada clan tiña un territorio que determinaba os recursos dispoñíbeis e falaba unha lingua dos tres grupos de linguas da rexión. O clan dos Cadigal falaba o dialecto costeiro da lingua dharug e era o morador orixinal da área do concello de Sydney. Segundo Arthur Phillip, o fundador da cidade, a poboación Cadigal tiña ao redor das 1500 persoas. Os británicos bautizáronos como os Eora pois ao preguntarlles de onde viñan, a resposta dada era sempre "eora", que significa "de aquí" ou "deste lugar". As poboacións aborixes foron drasticamente reducidas após unha epidemia de varíola en 1789, enfermidade traída polo europeos á illa. Os poucos que sobreviviron foron desprazados paulatinamente polos europeos para áreas periféricas, como a Baía de Botany no sur. En 1830 xa case non quedaban aborixes vivindo na rexión da cidade de Sydney.
O capitán James Cook foi o primeiro europeo en alcanzar a rexión de Sydney. Fíxoo o 29 de abril de 1770 ancorando o seu navío, o Endeavour, na Baía de Botany. O interese europeo por colonizar á Australia xurdiu cando o goberno británico procuraba un lugar para onde enviar condenados. Sir Joseph Banks, o botánico a bordo do Endeavour, recomendou entón a Baía de Botany. Así, baixo instrucións do goberno británico, enviouse a Arthur Phillip e aos once navíos que compuñan a First Fleet para tal propósito. Chegaron á baía o 18 de xaneiro de 1788 mais non había boas fontes de auga doce e tampouco un lugar no que poder achegar de maneira segura. Isto levouno a navegar cara o norte até a Baía de Jackson onde encontrou as condicións ideais na Enseada de Sydney. Así o 26 de xaneiro dese mesmo ano fundou, realizando unha pequena cerimonia, a colonia penal que a bautizou con ese nome en honra de Thomas Townshend, Lord Sydney, polo papel xogado na súa autorización para estabelecer a colonia. Esta data é hoxe celebrada como o Día de Australia.
Desde o principio as relacións entre os aborixes australianos e os colonos ingleses foron tensas. Houbo unha resistencia violenta ao asentamento británico por parte dos aborixes australianos, que estaban liderados polo guerreiro Pemulwuy. Isto levou ao entón gobernador de Nova Gales do Sur, Lachlan Macquarie, a tomar medidas en 1820 para 'civilizalos, cristianizalos e educalos'.
O desenvolvemento do asentamento iniciouse a partir do ano 1810 coa ocupación por Macquarie do posto de gobernador de Nova Gales do Sur. Os condenados para alá enviados construíron rúas, pontes, embarcadoiros e edificios públicos, e así a finais do seu mandato no ano 1822, o asentamento xa posuía bancos, mercados, policía e vías públicas ben estabelecidas. Os anos 30 e 40 dese século foron períodos de desenvolvemento urbano, incluíndo a aparición dos primeiros suburbios. Este rápido crecemento debeuse a chegada desde o Reino Unido e Irlanda de inmigrantes en busca dunha vida mellor nas novas terras. O 20 de xullo de 1842, Sydney foi declarada unha cidade, a primeira da Australia, sendo Charles H. Chambers o seu primeiro alcalde. A febre do ouro de 1851 trouxo tamén a outros moitos inmigrantes a Australia en xeral e a Sydney en particular, pois para a maioría deles foi o seu primeiro punto de chegada e tamén de establecemento. Xa a finais do século a Revolución Industrial significou a industrialización da cidade e máis inmigrantes tamén. Coa industrialización Sydney expandiuse rapidamente e para principios do século XX xa pasaba do millón de habitantes.
O século XX foi o século da transformación de Sydney na cidade que hoxe coñecemos. A súa imaxe mudou coa finalización das obras da Ponte do Porto en 1932 e da Casa da Ópera en 1973, os dous símbolos da cidade. Alén, converteuse nunha cidade cosmopolita e multicultural coa chegada de inmigrantes de todas as partes do mundo e coa acollida de múltiples eventos nacionais e internacionais do mundo do deporte, a política e a cultural. Neste senso destaca especialmente ter sido a sede dos Xogos Olímpicos de 2000.
Outros datos de interese |
A cidade ten aproximadamente catro millóns de habitantes. A maioría é de orixe británica ou irlandesa. Moitos asiáticos viven tamén nesta cidade, en particular no barrio chinés. Sydney non é a capital de Australia, pero é a capital de Nova Gales do Sur.
A baía de Botany foi o lugar onde atracaron os primeiros barcos europeos en 1788. Antigamente era unha colonia penitenciaria británica.
A Ópera de Sydney é unha das obras máis famosas da arquitectura contemporánea. A ponte do porto é moi coñecida tamén; ten un só arco de 500 metros de longo.
Cada verán repítense os incendios forestais nos parques nacionais que están cerca da cidade.
Notas |
↑ Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo Edicións. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
↑ Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0.
↑ Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). ISBN 9788482893600.
↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sydney |
Ligazóns externas |
Páxina oficial de Sydney (en inglés)
|
Categoría:
- Sydney
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.568","walltime":"0.856","ppvisitednodes":"value":1337,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":29552,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4061,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":5643,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 759.278 1 -total"," 50.15% 380.764 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 19.17% 145.536 1 Modelo:Commonscat"," 18.74% 142.285 1 Modelo:Irmáns"," 18.34% 139.217 1 Modelo:Caixa_lateral"," 10.21% 77.535 1 Modelo:Listaref"," 9.91% 75.264 1 Modelo:Cidade"," 9.15% 69.472 1 Modelo:Infobox"," 8.42% 63.907 5 Modelo:Cita_libro"," 2.93% 22.232 1 Modelo:Coordenadas"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.353","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6434847,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1232","timestamp":"20190527183701","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Sydney","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Sydney","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q3130","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q3130","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-08-06T22:18:05Z","dateModified":"2019-05-27T18:37:02Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/3/37/Montage_of_Sydney1.jpg","headline":"cidade de Australia"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":153,"wgHostname":"mw1238"););