Lago Tanganica Índice Hidroloxía | Limnoloxía e pescas | Curiosidades | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Copia arquivada"o orixinal"Lake Tanganyika""Lake Profile - Tanganyika""How I Found Livingstone by Henry M. Stanley"Alphabeto.it – Lago TanganicaFAO - Lake Tanganyika Regional Fisheries ProjectIUCN - Lake Tanganyika – Abundance of Life for LifeWorldCat2425402874181571ID1751224058979-1n801212761374224
Lago Tanganica
KiSwahiliGrandes Lagos de Áfricacontinente africanoÁfricalago VitoriaBurundiRepública Democrática do CongoTanzaniaZambiaGran Val do Riftlago BaikalSiberiacostaRamsarchimpancésJane Goodallcomunicaciónpeixesproteínaspescaríaspescaeuropeos1858Richard Francis BurtonJohn SpekeNilolago Vitoriaosíxenosulfuro de hidróxenorío Ruzizilago KivuMalagarasiríoTanzaniabacía hidrográficarío Lukugarío Congotropicallagosfósilanóxicasosíxenoespeciesciclídeosendémicospeixesbénticabiomasapeláxicasardiñaspredadorperca do Niloictiofaunalago Vitoriainvertebradosconverxenciamariñasmoluscoscaranguexoscopépodespescadécada de 195070rendemento máximo sustentábel1995xestión das pescaríasFAOIUCNBanco MundialbiodiversidadexornalistaHenry Morton StanleyDavid Livingstone
Lago Tanganica
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Lago Tanganica | |
---|---|
O lago Tanganica desde o espazo, xuño de 1985 | |
Lago Tanganica Xeolocalización do Tanganica en Tanzania | |
País | Burundi R.D. do Congo Tanzania Zambia |
Rexión | Gran Val do Rift |
Superficie | 32.900 km² |
Capacidade | 18 900 000 hm³ |
Lonxitude | 673 km |
Ancho | 72 km |
Conca fluvial | Río Congo |
Cota | 773[1]msnm |
Profundidade | 1.470 m |
Prof. media | 570 m |
Tipo | Lago val tipo rift |
Afluentes | Ríos Malagarasi (475 km), Ruzizi (117 km), Kalambo (50 km), Ifume, Lufubu e Lunangwa |
Desaugues | Río Lukuga (350 km) (Lukuga → Luabala → Congo) |
Cidades | Kigoma (TAN), Kalemie (COD) e Bujumbura (BDI) |
O lago Tanganica (do seu nome en KiSwahili Tanganyika) é un dos Grandes Lagos de África localizado na zona centro-oriental do continente africano. É o segundo maior lago de África, despois do lago Vitoria, e forma parte de Burundi, República Democrática do Congo, Tanzania e Zambia.
Está localizado no brazo occidental do Gran Val do Rift, a unha altitude de 773 m e esténdese por 673 km nunha dirección aproximadamente norte-sur (é o lago máis longo do mundo), cunha largura media de 50 km e ten unha profundidade máxima de 1470 metros (entre os 3° 20' e os 8° 48' S e os 29° 5' e os 31° 15' E). Estímase que este lago é o segundo máis antigo e o segundo máis profundo do mundo, despois do lago Baikal na Siberia[2]. Cobre unha área de 32 900 km² e ten unha liña de costa de 1 828 km e unha profundidade media de 570 m; o seu volume estímase en cerca de 19 000 km³[3].
Existen catro áreas protexidas nas súas marxes: a Reserva da Natureza de Rusizi, no Burundi (un sitio Ramsar), o Parque Nacional de Gombe Stream (onde se encontran os chimpancés de Jane Goodall), o Parque Nacional das Montañas Mahale, na Tanzania e o Parque Nacional de Nsumbu, na Zambia.
Ademais de ser un excelente medio de comunicación entre os países e poboacións ribeirías, o lago Tanganica é rico en peixes, sendo unha importante fonte de proteínas para os pobos da rexión. Estímase que cerca de 45 mil persoas traballan directamente nas pescarías, operando en case 800 centros de pesca; no entanto, pénsase que máis dun millón de persoas dependen desta actividade.
O lago foi descuberto polos europeos en 1858, cando os exploradores Richard Francis Burton e John Speke o acadaron mentres buscaban a fonte do río Nilo. Speke continuou as súas investigacións cara ó norte e realmente encontrou unha das súas fontes, o lago Vitoria.
Índice
1 Hidroloxía
2 Limnoloxía e pescas
3 Curiosidades
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Outros artigos
5.2 Ligazóns externas
Hidroloxía |
O lago é coñecido pola excepcional claridade das súas augas, o que permite a visibilidade até 25 metros de profundidade. A auga do lago Tanganica é de gran riqueza minela, e os seus parámetros son moi específicos. A súa condutividade é duns 609-620 mS, o pH é de 9,5 na superficie e de 8,6 a -1300 metras.
O TAC é 12-19, de escaso valor en termos de proporcións de sales. Así, os principais sales (os valores son en miligramos por litro) son:[4]
- Carbonato de sodio. Na2CO3 = 125
- Cloruro de potasio. KCl = 59
- Nitrato de potasio. KNO3 = 0,5
- Carbonato de litio. Li2CO3 = 4
- Carbonato de calcio. CaCO3 = 30
- Carbonato de magnesio. MgCO3 = 144
- Sulfato de aluminio. Al2(SO4)318H2O = 5
- Sulfato de potasio. K2SO4 = 4
- Sulfato de sodio. Na2SO4 = 1
- Cloruro férrico. FeCl36H2O = 0,5
- Fosfato sódico. Na3PO4H2O = 0,4
- Silicato de sodio. Na2SiO3 = 13/5
Máis alá dos douscentros metros de profundidade a vida é imposible para a meirande parte dos organismos, principalmente por mor da ausencia de osíxeno e a presenza de sulfuro de hidróxeno.
Os ventos predominantes durante o verán austral, que son ventos do sueste, causan a subida á superficie destas augas anóxicas, polo que os peixes e outros organismos non teñen outra opción que fuxir ou morrer.
Limnoloxía e pescas |
O lago Tanganica ten como afluentes principais o río Ruzizi, que entra polo seu extremo norte, traéndolle auga do lago Kivu, e o Malagarasi, que é o segundo maior río de Tanzania e que entra no lago pola súa marxe oriental. Desta maneira, estímase que a súa bacía hidrográfica cubra cerca de 231 000 km². O principal afluente é o río Lukuga, mais só cando o nivel do lago Tanganica é moi alto. O río Malagarasi é máis antigo có lago Tanganica e xa estivo ligado ao río Congo.
Debido á súa enorme profundidade e localización tropical, as augas do lago non sofren a viraxe estacional propia dos lagos das rexións frías e, como consecuencia, as súas augas profundas considéranse "auga fósil" e son anóxicas (sen osíxeno).
No lago encóntranse polo menos 300 especies de ciclídeos (98 % dos cales son endémicos) e 150 doutros grupos de peixes, a maioría dos cales vive na zona béntica (no fondo); no entanto, a maior parte da biomasa de peixes vive na zona peláxica (augas abertas) e está dominada por seis especies, dúas de sardiñas do Tanganica e catro do predador Lates, que está relacionada (mais non é a especie) coa perca do Nilo que devastou a ictiofauna indíxena do lago Vitoria. O elevado endemismo encóntrase tamén nos numerosos invertebrados do lago que son coñecidos pola súa converxencia con especies mariñas, especialmente moluscos, caranguexos, copépodes etc.
A pesca comercial no lago comezou a mediados da década de 1950 e tivo un crecemento rápido até finais dos anos 70, cando parece ter atinxido o rendemento máximo sustentábel; en 1995 a captura total acadou preto das 180 000 toneladas, mais téñense verificado grandes flutuacións inter-anuais (o que é normal en peixes peláxicos). Existen dous proxectos internacionais para a xestión das pescarías do lago Tanganica, un organizado pola FAO e outro pola IUCN e o Banco Mundial, para a xestión da biodiversidade.
Curiosidades |
O encontro entre o xornalista Henry Morton Stanley e o explorador David Livingstone, que tivo lugar en Ujiji, na ribeira do lago, supuxo o nacemento da célebre frase de Stanley[5]:
Dr. Livingstone, I presume (tradución: Doutor Livingstone, supoño)
Notas |
↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2008. Consultado o 30 de xullo de 2014.
↑ zambiatourism.com (ed.). "Lake Tanganyika". Consultado o 2 de marzo de 2016.
↑ worldlakes.org (ed.). "Lake Profile - Tanganyika". Consultado o 2 de marzo de 2016.
↑ Segundo o Dr. Kufferath, membro da misión belga hidrobiolóxica de 1946-47.
↑ gutenberg.org (ed.). "How I Found Livingstone by Henry M. Stanley". Consultado o 2 de marzo de 2016.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Tanganica |
Outros artigos |
- Grandes lagos Africanos
- Hidrografía
Ligazóns externas |
- Alphabeto.it – Lago Tanganica
- FAO - Lake Tanganyika Regional Fisheries Project
- IUCN - Lake Tanganyika – Abundance of Life for Life
|
Categoría:
- Lago Tanganica
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.372","walltime":"0.622","ppvisitednodes":"value":1020,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":20016,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4836,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":7,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4313,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":8,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 464.672 1 -total"," 57.27% 266.123 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 14.92% 69.309 1 Modelo:Commonscat"," 14.89% 69.178 1 Modelo:Listaref"," 14.38% 66.822 1 Modelo:Irmáns"," 13.74% 63.868 1 Modelo:Caixa_lateral"," 12.85% 59.702 4 Modelo:Cita_web"," 9.51% 44.204 1 Modelo:Lago"," 2.76% 12.845 1 Modelo:Mapa_de_localización"," 2.18% 10.125 1 Modelo:1000"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.204","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4353539,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1256","timestamp":"20190514221544","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Lago Tanganica","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Lago_Tanganica","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q5511","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q5511","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-10-15T20:45:51Z","dateModified":"2019-03-30T19:28:15Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/0/0c/Lake_tanganyika.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":159,"wgHostname":"mw1273"););