Bruxelas-Capital Índice Historia | Composición | Situación lingüística | Clima | Cidades irmandadas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneO uso das linguas en Bruxelas e a situación do neerlandés"Rexión de Bruxelas Capital"o orixinalSitio da rexiónPáxina de Bruselas no sitio da Oficina de Promoción Turística de Valonia e BruxelasMapa Interactivo da Rexión de Bruxelas-CapitaleeWorldCat332144929079854441105155190212ID28008674080552-90000 0001 0666 3698n94104302ID540940339365017018237
AnderlechtCidade de BruxelasIxellesEtterbeekEvereGanshorenJetteKoekelbergAuderghemSchaerbeekBerchem-Sainte-AgatheSaint-GillesMolenbeek-Saint-JeanSaint-Josse-ten-NoodeWoluwe-Saint-LambertWoluwe-Saint-PierreUccleForestWatermaal-BosvoordeComunidade Francesa de BélxicaComunidade Flamenga de BélxicaComunidade Xermanófona de Bélxica
Bruxelas-CapitalRexións de Bélxica
francésneerlandésRexiónsBélxicacomunidade francesacomunidade flamengafrancófonaflamengaUnión EuropeaMagrebMarrocosTurquíaAméricaÁfricaRepública Democrática do CongoEuropa central18 de xuño1989FlandresRexión Valoaflamengaséculo XIXClasificación climática de Köppen
Bruxelas-Capital
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Région de Bruxelles-Capitale Brussels Hoofdstedelijk Gewest | ||
---|---|---|
| ||
Estado | Bélxica | |
Capital | Cidade de Bruxelas | |
• Poboación | n/d | |
Lingua oficial | As dúas | |
Superficie | ||
• Total | 161 km² km² | |
• % auga | n/d | |
Poboación | ||
• Total | 1 120 000 hab. (01/11/2010) hab. | |
• Densidade | 6.939 hab./km² hab./km² | |
Xentilicio | n/d | |
Fuso horario | n/d | |
Código ISO | n/d | |
A Rexión de Bruxelas-Capital (francés: Région de Bruxelles-Capitale, neerlandés: Brussels Hoofdstedelijk Gewest) ou ben Rexión de Bruxelas (francés: Région Bruxelloise, neerlandés: Brusselse Gewest) é unha das tres Rexións que compoñen Bélxica. Esta rexión, bilingüe segundo os estatutos municipais, está habitada por belgas que pertencen ás dúas principais comunidades lingüísticas do país: a comunidade francesa e a comunidade flamenga. Estímase que 50% da poboación bruxelense é francófona pola orixe da súa lingua materna, 10% flamenga e 40 % falan outras linguas (empregando case exclusivamente como lingua franca o francés), no seu conxunto o francés é empregado polo 95,55% da poboación de xeito habitual. Por mor da presenza no seu territorio de numerosas institucións internacionais, atópase igualmente entre as concentracións máis importantes de habitantes nados doutros países da Unión Europea. A isto súmanse numerosos inmigrantes procedentes do Magreb (especialmente de Marrocos) de Turquía, de América, de África (especialmente da República Democrática do Congo, antiga colonia belga) e da Europa central, facendo da Rexión un conxunto cosmopolita e multicultural.
Índice
1 Historia
2 Composición
3 Situación lingüística
4 Clima
5 Cidades irmandadas
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Ligazóns externas
Historia |
O 18 de xuño de 1989, por primeira vez, os bruxelenses elixen directamente aos seus representantes rexionais. Bruxelas-Capital constitúe dende entón unha Rexión autónoma, comparable ás Rexións de Flandres e a Rexión Valoa.
Composición |
A Rexión componse de 19 concellos (communes): Bruxelas, que se atopa no centro, e ao seu ao redor os 18 restantes. Os 19 municipios son (co código postal):
Anderlecht (1070)
Bruxelles-Ville (1000, 1020, 1120, 1130, 1040, 1050)
Ixelles (1050)
Etterbeek (1040)
Evere (1140)
Ganshoren (1083)
Jette (1090)
Koekelberg (1081)
Auderghem (1160)
Schaerbeek (1030)
Berchem-Sainte-Agathe (1082)
Saint-Gilles (1060)
Molenbeek-Saint-Jean (1080)
Saint-Josse-ten-Noode (1210)
Woluwe-Saint-Lambert (1200)
Woluwe-Saint-Pierre (1150)
Uccle (1180)
Forest (1190)
Watermaal-Bosvoorde (1170)
Situación lingüística |
A rexión de Bruxelas-Capital distínguese das outras dúas pola seu bilingüismo oficial: o francés e o neerlandés son de uso obrigado en todos os servizos públicos (administracións, hospitais, policía...). De facto, o francés é amplamente maioritario na poboación (95,55%), debido tanto á aprendizaxe na escola como ao fluxo migratorio dende países francófonos.[1]
De acordo coa lingua materna dos habitantes, a distribución é a seguinte:
- Francés: 51,6%
- Neerlandés: 9,5 %
- Bilingüe francés/neerlandés: 9,9%
- Bilingüe francés/outro idioma: 9,3%
- Outros idiomas: 19,7%
A distribución de linguas correctamente faladas na práctica pola poboación sería a seguinte:
- 95,55% da poboación fala francés.
- 35,40% da poboación fala inglés.
- 28,23% da poboación fala neerlandés.
- 7,39% da poboación fala español.
- 6,36% da poboación fala árabe.
- 5,72% da poboación fala italiano.
- 5,56% da poboación fala alemán.
Historicamente Bruxelas é unha cidade flamenga na que o idioma popular era o neerlandés, mais no século XIX do mesmo xeito que en practicamente toda Europa, a nobreza e a alta burguesía falaba francés. Cando Bélxica independízase, as clases dirixentes escollen o francés como lingua oficial do país, xa que o tiña coma un idioma máis culto e avanzado. Esta decisión ocasionaría posteriormente un conflito lingüístico aínda pendente de resolver.
En Bruxelas, onde se establece a corte, toda a burguesía convértese en francófona e tamén gran parte da poboación aprende o francés para mellorar as súas probabilidades de promoción. Posteriormente Bélxica recoñece como oficial o idioma neerlandés e tras marcar unha fronteira lingüística, Bruxelas como capital tanto de Bélxica como de Flandres é declarada oficialmente bilingüe, aínda que de facto o francés continuará sendo maioritario.
Clima |
Segundo a Clasificación climática de Köppen Bruxelas conta cun clima oceánico (Cfb).
Lugo Aeroporto (445 msnm) (1971-2000) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura máxima absoluta (°C) | 15.3 | 20.0 | 24.2 | 28.7 | 34.1 | 38.8 | 37.1 | 36.5 | 34.9 | 27.8 | 20.6 | 16.7 | 38.8 |
Temperatura máxima media (°C) | 5.7 | 6.6 | 10.4 | 14.2 | 18.1 | 20.6 | 23.0 | 22.6 | 19.0 | 14.7 | 9.5 | 6.1 | 14.2 |
Temperatura media (°C) | 3.3 | 3.7 | 6.8 | 9.8 | 13.6 | 16.2 | 18.4 | 18.0 | 14.9 | 11.1 | 6.8 | 3.9 | 10.54 |
Temperatura mínima media (°C) | 0.7 | 0.7 | 3.1 | 5.3 | 9.2 | 11.9 | 14.0 | 13.6 | 10.9 | 7.8 | 4.1 | 1.6 | 6.9 |
Temperatura mínima máxima (°C) | −21.1 | −18.3 | −13.6 | −5.7 | −2.2 | 0.3 | 4.4 | 3.9 | 0.0 | −6.8 | −12.8 | −17.7 | −21.1 |
Precipitacións (mm) | 76.1 | 63.1 | 70.0 | 51.3 | 66.5 | 71.8 | 73.5 | 79.3 | 68.9 | 74.9 | 76.4 | 81.0 | 852.4 |
Horas de sol | 59 | 77 | 114 | 159 | 191 | 188 | 201 | 190 | 143 | 113 | 66 | 45 | 1546 |
Humidade relativa media (%) | 86.6 | 82.5 | 78.5 | 72.5 | 73.2 | 74.1 | 74.3 | 75.5 | 80.9 | 84.6 | 88.2 | 88.8 | 80 |
Fonte: KMI/IRM[2] |
Cidades irmandadas |
Varias cidades están irmandadas coa Rexión de Bruxelas-Capital[3]:
|
|
Notas |
↑ O uso das linguas en Bruxelas e a situación do neerlandés (Revista Brussels studies. nº 13, 7 de xaneiro de 2008)
↑ http://www.meteo.be/meteo/view/fr/360361-Parametres.html
↑ "Rexión de Bruxelas Capital". berlin.de (en español). Arquivado dende o orixinal o 09/12/2007. Consultado o 15/05/2008.
Véxase tamén |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bruxelas-Capital |
Ligazóns externas |
Oficiais
- Sitio da rexión
- Páxina de Bruselas no sitio da Oficina de Promoción Turística de Valonia e Bruxelas
Non oficiais
- Mapa Interactivo da Rexión de Bruxelas-Capital
|
|
|
Categorías:
- Bruxelas-Capital
- Rexións de Bélxica
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.580","walltime":"0.901","ppvisitednodes":"value":1015,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":35568,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1104,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":11,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2338,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":12,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 754.286 1 -total"," 63.23% 476.924 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 8.63% 65.063 1 Modelo:Listaref"," 7.40% 55.852 1 Modelo:Cita_web"," 7.25% 54.721 1 Modelo:Primeira_entidade_subestatal"," 6.16% 46.493 1 Modelo:Infobox"," 3.68% 27.765 1 Modelo:1000"," 3.64% 27.426 1 Modelo:Commons"," 3.23% 24.344 1 Modelo:Irmáns"," 3.23% 24.334 1 Modelo:Icona_en_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.331","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5331949,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1296","timestamp":"20190609035109","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Bruxelas-Capital","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Bruxelas-Capital","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q240","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q240","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2011-01-05T10:19:09Z","dateModified":"2018-09-03T12:19:07Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/eb/Flag_Belgium_brussels.svg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":164,"wgHostname":"mw1269"););