Akbar Índice Antecedentes | Carreira política | Reformas | Legado | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Akbar (Mughal emperor)""Google Images""Akbar"Conversion of Islamic and Christian dates (Dual)ArquivadoFicha da película Jodhaa Akbar en IMDbindohistory.comAkbar, Emperor of India by Richard von GarbeBiografíaWorldCat326407911020212006732f1806233cnp00576417ID4842300014491186441810000 0000 8569 9324n8000241300620250jn20000700019000092167071545239w6zk7fpc028180275
Emperadores mogoisNados en 1542Finados en 1605Nados en Paquistán
14 de outubro1542Agra27 de outubro1605India15561605HindustánHumayunBaburDinastía TimúridamongolTamerlánuzbekosAfganistán1526sultánsBatalla de PanipatHumayunImperio Mogol da IndiaHumayunafgánSher Shah Suri15561556Bairam Khanturcomán5 de novembro1556156015621572Bengala1574Cabul1581Kandesh16011568asedio de ChitorJahangirSikandraIslamHinduísmoxudaísmoXainismoportuguesasGoacatólicasislamhinduísmozoroastrismoxainismoxudaísmoEuropaxudeusmusulmánscristianismocatólicosreformistasimperio mogolimperio británico18031857JahangirShah JahanTaj MahalAurangzebbritánicoshindú2008Jodhaa AkbarSikandra1795imperio mogolMoedasacuñadas
Akbar
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Jalal-ud-Din Muhammad Akbar جلال الدین محمد اکبر, en urdú जलालुद्दीन मुहम्मद अकबर, en hindi transliteración hunteriana: Jalāl ud-Dīn Muḥammad Akbar | |
---|---|
3º emperador do Imperio mogol | |
Reinado | 11 de febreiro de 1556 27 de outubro de 1605[1][2] |
Coroación | 14 de febreiro de 1556[1] |
Nacemento | 14 de outubro de 1542 Umarkot, actual Paquistán |
Falecemento | 27 de outubro de 1605 (63 anos) Agra, Imperio mogol |
Predecesor | Humayun |
Rexente | Bairam Khan (1556–1561) |
Sucesor | Jahangir |
Cónxuxe/s | 36 mulleres incluíndo Mariam-uz-Zamani[3] |
Descendencia | Hassan Hussain Jahangir Murad Daniyal Aram Banu Begum Shakr-un-Nissa Begum Shahzadi Khanum |
Casa real | Casa de Timur |
Proxenitores | Humayun Hamida Banu Begum[4] |
Jalal-ud-Din Mohammed Akbar ou Jellaladin Mahommed Akbar populamente coñecido como Akbar I (əkbər, literalmente "o grande"), nado o 14 de outubro de 1542 e finado en Agra o 27 de outubro de 1605[5][6], foi o terceiro e maior dos emperadores mogois da India (de 1556 a 1605) e Emperador do Hindustán. Era descendente de Tamerlán; fillo do emperador Humayun, e neto do emperador mogol Zahiruddin Muhammad Babur, gobernante que fundou a dinastía mogol na India. Ao final do seu reinado, en 1605, o Imperio mogol cubría a maior parte da India setentrional e central. É apreciado por ter un punto de vista liberal en todas as súas crenzas e fe e, durante a súa época, a cultura e a arte chegaron ao cénit cando se compara cos seus predecesores, aínda que el era analfabeto.
Índice
1 Antecedentes
2 Carreira política
3 Reformas
4 Legado
5 Galería de imaxes
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Outros artigos
7.2 Ligazóns externas
Antecedentes |
Formaba parte da Dinastía Timúrida, é dicir descendente do Khan mongol Tamerlán. Trala morte do fundador da dinastía o Imperio foise reducindo en sucesivos enfrontamentos coas potencias veciñas ata o último enfrontamento cos uzbekos. Nesta época é cando un descendente de Tamerlán, Zahir al-Din Muhammad, máis coñecido como Babur, decide saír do centro de Afganistán, onde se refuxiaran os resto do imperio, e intervir nas disputas internas da India. En 1526 Babur derrotou ao último dos sultáns de Delhi, Ibrahim Lodi, na primeira Batalla de Panipat. Trala morte de Zahir al-Din Muhammad foi sucedido no trono polo seu fillo Humayun.
Carreira política |
Akbar era fillo do segundo emperador do Imperio Mogol da India Humayun e de Hamida Begun. O seu pai foi afastado do trono como consecuencia dunha serie de batallas co afgán Sher Shah Suri, quen case conquistou a totalidade do Imperio mogol establecendo a Dinastía Suri. Despois de máis de doce anos no exilio, recuperou o poder trala morte de Sher Shah Suri, porén morrería uns meses despois, en 1556, a causa dunha caída dende unha das escaleiras da súa biblioteca.
Akbar sucedeu ao seu pai en 1556, baixo a rexencia de Bairam Khan, ou Bahram Khan, un nobre turcomán, cuxa política enérxica de afastamento de pretendentes ao trono e dunha rigorosa disciplina militar asegurou a consolidación do imperio recentemente restaurado. O puntal desta estabilidade foi a vitoria fronte ás forzas do xeneral hindú Hemu na segunda batalla de Panipat, o 5 de novembro de 1556.
Así que finalmente a orde foi restabelecida no imperio, porén Akbar, tras unha serie de desacordos co rexente, aliouse [7] cunha facción da nobreza disidente e finalmente pediu a súa renuncia tomando o poder na súa man a través da proclamación de marzo de 1560.
No momento no que Akbar asume o trono, só unha pequena parte do que antigamente constituía o Imperio mogol estaba aínda baixo o seu control e o soberano prometeuse a si mesmo que recuperaría todo o territorio. Expandiu o imperio incluíndo Malwa (1562), Guyarat (1572), Bengala (1574), Cabul (1581) e Kandesh (1601). Akbar instalou gobernadores nas provincias conquistadas que quedaron baixo a súa autoridade. En 1568 produciuse o famoso asedio de Chitor.
Os últimos anos da vida do emperador estiveron protagonizados polos seus fillos, dous deles morreran na súa xuventude e o terceiro, Salim, que co paso do tempo herdaría o trono co nome de Jahangir, rebelouse en varias ocasións contra seu pai.
Os seus restos mortais descansan nun mausoleo en Sikandra.
Reformas |
O Imperio mogol contaba cun importante problema, a diferenza relixiosa entre a marioría do pobo, hindú, e os gobernantes, musulmáns, crenzas relixiosas con grandes diferenzas, como por exemplo a consideración divina por parte dos hindús da vaca, ou o consumo de alcohol e porco por parte dos hindús. Akbar tentou a reconciliación entre as dúas relixións, potenciando a creación dunha nova relixión, a Din-i-Ilahi (Divina Fé), que incorporaba aspectos tanto do Islam como do Hinduísmo, mesmo de relixións minoritarias no subcontinente indio coma o xudaísmo ou o Xainismo. Neste sentido mesmo se puxo en contacto coas autoridades portuguesas de Goa para coñecer de primeira man as crenzas católicas. Estas medidas apoiounas con medidas lexislativas de carácter de xustiza social como o rechazo do imposto da Yizia, taxa que se aplicaba aos non musulmáns.
Entre o prolífico carácter reformista de Akbar destacan algunhas das reformas, pola súa innovación, éxito ou influencia na actualidade, por exemplo no eido puramente administrativo destacan o sistema de escritores que redactaban e enviaban informes regularmente dende todo o imperio ou a redución da presión fiscal sobre o campesiñado co incremento da zona de cultivo. En cuestións sociais os esforzos estiveron encamiñados á supresión do matrimonio entre nenos e o costume de incinerar ás viúvas xunto aos restos do seu marido. Tamén se procurou controlar o xogo e a prostitución e crear un sistema de pesas e medidas estándar para o imperio.
Legado |
Trala súa morte Akbar legou un gran imperio, que sacou da inestabilidade da época do seu pai para estabilizalo e amplialo, facendo gala de boas dotes administrativas e lexislativas. Porén este non sería polo que é recordado na maior parte dos casos senón pola súa capacidade para fomentar a tolerancia e unificar tantas relixións diferentes coma o islam, hinduísmo, zoroastrismo, xainismo ou xudaísmo. Nunha época na que por exemplo Europa se caracteriza pola persecución relixiosa e expulsión tanto de xudeus coma de musulmáns, e pola guerra intestina do cristianismo entre católicos e reformistas.
O imperio mogol sobreviviu a Akbar case douscentos anos, ata o sometemento ao imperio británico en 1803 e a abolición oficial trala revolta de 1857. Pasando das estábeis épocas dos sucesores de Akbar, Jahangir e Shah Jahan cuxo exemplo de esplendor é a construción do Taj Mahal durante o reinado deste último, á etapa de máxima extensión territorial de Aurangzeb que deu paso á progresiva decadencia que reduciu aos emperadores en simples reis de Delhi cando chegaron os británicos.
Na súa figura baséase a película hindú do ano 2008 Jodhaa Akbar, que relata unha suposta historia de amor entre o emperador Akbar, musulmán, e unha princesa hindú, Jodhaa[8]. O feito da voda é un dato histórico, puido ser tanto un intento máis de reconciliación ou un matrimonio político para afianzar a súa posición.
Galería de imaxes |
Akbar de xove
Akbar
O emperador Akbar montado en elefante.
Porta do mausoleo de Akbar en Sikandra en 1795.
Unha ilustración da corte do emperador Akbar
Bandeira do imperio mogol
Moedas acuñadas polo emperador Akbar
Imperio mogol | ||
---|---|---|
Segue a: Humayn | Akbar (1556-1605) | Precede a: Jahangir |
Dinastía Timúrida |
Notas |
↑ 1,01,1 Eraly, Abraham (2004). Phoenix, ed. The Mughal Throne: The Saga of India's Great Emperors. pp. 115, 116. ISBN 9780753817582.
↑ Encyclopedia Britannica Online (ed.). "Akbar (Mughal emperor)" (en inglés). Consultado o 30 de decembro do 2015.
↑ Metcalf, Barbara, Thomas (2006). Cambridge University Press, ed. A Concise History of Modern India. p. 17. ISBN 978-0-521-86362-9.
↑ Google.com.pk (ed.). "Google Images". Consultado o 2014-01-18.
↑ TENNYSON'S OWN NOTES TO AKBAR'S DREAM (ed.). "Akbar" (en inglés). Consultado o 30 de decembro do 2015.
↑ Conversion of Islamic and Christian dates (Dual) Arquivado 01 de agosto de 2009 en Wayback Machine. As per the date convertor Baadshah Akbar's birth date, as per Humayun nama, of 04 Rajab, 949 AH, corresponds to 14 October 1542.
↑ John F. Richards (1995) The Mugal Empire. Cambridge University Press, páx. 14
↑ Ficha da película Jodhaa Akbar en IMDb
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Akbar |
Outros artigos |
- Tamerlán
- Imperio mogol
- Historia da India
- Islam
- Hinduísmo
- Cristianismo
- Xainismo
- Zoroastrismo
- Xudaísmo
Ligazóns externas |
indohistory.com (en inglés)
Akbar, Emperor of India by Richard von Garbe en Project Gutenberg (en inglés)
Biografía (en castelán)
|
Categorías:
- Emperadores mogois
- Nados en 1542
- Finados en 1605
- Nados en Paquistán
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.556","walltime":"0.946","ppvisitednodes":"value":1045,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":27045,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1974,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":17,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":12898,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":18,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 870.807 1 -total"," 63.36% 551.781 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.44% 99.620 1 Modelo:Commonscat"," 11.09% 96.573 1 Modelo:Irmáns"," 10.65% 92.764 1 Modelo:Caixa_lateral"," 10.06% 87.595 1 Modelo:Ficha_de_nobre"," 9.87% 85.982 1 Modelo:Listaref"," 8.89% 77.426 1 Modelo:Infobox"," 5.06% 44.044 2 Modelo:Cita_libro"," 2.07% 18.034 3 Modelo:Cita_web"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.352","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6961961,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1238","timestamp":"20190610002505","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Akbar","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Akbar","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q8597","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q8597","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-07-18T22:04:06Z","dateModified":"2019-04-15T08:44:18Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/d1/Akbar1.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":1104,"wgHostname":"mw1238"););