George Washington Índice Traxectoria | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"What's Benjamin Franklin's Birthday?""Image of page from family Bible"o orixinal"George Washington"o orixinal"Rediscovering George Washington"Biografía de George Washington en biografiasyvidas.comBiografía de George Washington na páxina web da Casa BlancaeWorldCat31432428147312p36990737001ADV1007720090137110100686XX115750011928912p041925161902718a11452754cnp01259826washigeorg003518ID00109494217810000718743005-219411876439X4659ch0028228washington_george_auteur_du_texte0000 0001 2095 8599ID0040D5031n8614099635400621629jn1999000893635592539000024035mp04716069038171ID61288OL17013A3692164839000025437241381w6r31qfk027333140george-washington500126198W000178Washington-11
George WashingtonJohn AdamsThomas JeffersonJames MadisonJames MonroeJohn Quincy AdamsAndrew JacksonMartin Van BurenWilliam Henry HarrisonJohn TylerJames K PolkZachary TaylorMillard FillmoreFranklin PierceJames BuchananAbraham LincolnAndrew JohnsonUlysses S. GrantRutherford B. HayesJames A. GarfieldChester ArthurGrover ClevelandBenjamin HarrisonGrover ClevelandWilliam McKinleyTheodore RooseveltWilliam H. TaftThomas W. WilsonWarren G. HardingCalvin CoolidgeHerbert HooverFranklin D. RooseveltHarry TrumanDwight D. EisenhowerJohn F. KennedyLyndon B. JohnsonRichard NixonGerald FordJimmy CarterRonald ReaganGeorge H. W. BushBill ClintonGeorge W. BushBarack ObamaDonald Trump
Nados en 1732Nados no condado de Westmoreland, VirxiniaFinados en 1799Presidentes dos Estados Unidos de AméricaPolíticos dos Estados Unidos de AméricaPersonalidades da masonaríaEstadounidenses de ascendencia neerlandesaEstadounidenses de ascendencia inglesaMilitares dos Estados Unidos de América
AFI|ˌdʒɔɹdʒ ˈwɑʃiŋtənWakefieldcondado de WestmorelandVirxiniaAmérica británica22 de febreiro1732Mount VernonVirxiniaEstados Unidos1799presidente dos Estados Unidos17891797Comandante en Xefe do Exército ContinentalGuerra da Independencia dos Estados Unidos17751783Estados UnidosPai da PatriaPais Fundadores dos Estados UnidosJohn AdamsBenjamin FranklinAlexander HamiltonJohn JayThomas JeffersonJames MadisonCondado de WestmorelandVirxiniaSulgraveInglaterra1657Augustine Washington17181720StaffordWilliam FairfaxThomas Fairfax1749Alexandriario Potomac17481751Barbadosvaríola1752Estados UnidosFrancmasonería1753británicocanadensesfrancesesFort Le BoeufWaterfordPensilvaniaAtlánticotabacoguerra franco-indiaFort Duquesne1758InglaterraXurxo IIICongreso de FiladelfiaExército Continental1783Unión de Estados17891793estadocidade capital
George Washington
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
George Washington | |
George Washington | |
1.oPresidente dos Estados Unidos | |
---|---|
30 de abril de 1789 – 4 de marzo de 1797 | |
Vicepresidente | John Adams |
Precedido por | Ningún |
Sucedido por | John Adams |
Comandante en xefe do Exército Continental | |
15 de xuño de 1775 – 23 de decembro de 1783 | |
Presidente | Congreso Continental |
Precedido por | Ningún |
Sucedido por | John Adams |
Xefe do Estado Maior do Exército dos Estados Unidos | |
13 de xullo de 1798 – 14 de decembro de 1799 | |
Presidente | John Adams |
Precedido por | James Wilkinson |
Sucedido por | Alexander Hamilton |
Delegado no Primeiro Congreso Continental | |
1775 – 1776 | |
Datos persoais | |
Nacemento | 22 de febreiro de 1732 Condado de Westmoreland, Colonia de Virxinia, América Británica |
Falecemento | 14 de decembro de 1799 (67 anos) Mount Vernon, Estados Unidos |
Partido | Republicano |
Cónxuxe/s | Martha Dandridge Custis |
Profesión | Granxeiro e militar |
Relixión | Anglicana/Episcopal |
Residencia | Mount Vernon, Estados Unidos |
Sinatura |
- Este artigo trata sobre o primeiro Presidente dos Estados Unidos, para o artigo sobre o inventor véxase George Washington (inventor).
George Washington /AFI|ˌdʒɔɹdʒ ˈwɑʃiŋtən/, nado en Wakefield, condado de Westmoreland, Virxinia (América británica) o 22 de febreiro de 1732 e finado en Mount Vernon Virxinia (Estados Unidos) en 1799[1][2][3], foi o primeiro presidente dos Estados Unidos entre 1789 e 1797[4][5][6] e Comandante en Xefe do Exército Continental revolucionario na Guerra da Independencia dos Estados Unidos (1775-1783). Nos Estados Unidos está considerado como o Pai da Patria[5][6], e mais como un dos Pais Fundadores dos Estados Unidos xunto con John Adams, Benjamin Franklin, Alexander Hamilton, John Jay, Thomas Jefferson e James Madison.
Índice
1 Traxectoria
1.1 Infancia e xuventude
1.2 Conflitos
2 Notas
3 Véxase tamén
3.1 Outros artigos
3.2 Ligazóns externas
Traxectoria |
Infancia e xuventude |
Naceu en Pope's Creek, preto da actual Colonial Beach no Condado de Westmoreland (Virxinia), no seo dunha familia procedente de Sulgrave (Inglaterra), emigrando o seu bisavó, John Washington, amigrou a Virxinia en 1657. Foi o primeiro fillo de Augustine Washington e a súa segunda esposa, Mary Ball Washington. Seu pai tivera catro fillos coa súa primeira muller, Jane Butler, dous morreron, sobrevivindo Lawrence (1718) e Augustine (1720).
Augustine Washington tiña unha plantación traballada por escravos, aínda que despois diversificouse coa extracción de ferro, sendo os Washington durante a xuventude de George membros moderadamente prósperos da aristocracia de Virxinia. Aos seis anos George foi trasladado a Ferry Farm, no condado de Stafford, sendo educado na súa casa polo seu pai e irmán maior. O seu pai, Augustine Washintong, morreu cando George tiña once anos de idade, a partir de entón foi Lawrence Washington, o seu medio irmán, quen asumiu o papel paterno, axudado polo seu propio padrastro, William Fairfax, membro da poderaso familia Fairfax, quen tamén tivo un papel importante na educación de George Washington.
Washington tivo pouca educación formal, no seu lugar foi formado coma agrimensor, adquirindo coñecementos sobre a contorna da súa colonia natal en Virxinia. Ao mesmo tempo a pertenencia do seu irmán maior á familia Fairfax deulle o patrocinio de Thomas Fairfax, sexto Lord Fairfax de Cameron e propietario de Northern Neck, unha plantación cunha extensión de cinco millóns de acres, e o seu primo William Fairfax, membro do Consello do Gobernador.
A finais de xullo de 1749, trala creación de nova cidade de Alexandria ao longo do rio Potomac, e á idade de 17 anos, foi nomeado primeiro agrimensor do recentemente creado Condado de Culpeper, no interior da colonia. Este taballo ben remunerado permitiulle mercar terras no val de Shenandoah, a primeira de moitas adquisicións futuras. Emprendeu entón a súa carreira coma terratenente, sendo definido no seu momento coma unha persoa que tiña vinte escravos ou máis. En 1748 foi convidado para axudar ao peritaxe das terras de Lord Fairfax ao oeste da Cordilleira Azul e a través do seu medio irmán Lawrence tamén traballou para a Compañía de Ohio, que tiña coma fin explotar as terras do oeste.
En 1751 George e Lawrence Washington viaxaron a Barbados, coa esperanza de que o clima beneficiara ao maior dos irmáns, que padecía tuberculose, porén non so este non mellorou senón que George contaxiouse da varíola, deixandolle na cara múltiples cicatrices, así volveron a Mount Vernon, onde Lawrence morreu en 1752. Esta foi a única vez que George Washington viaxou fora do que hoxe son os Estados Unidos.
Despois da morte de Lawrence George fixose cargo da parte da súa herencia e asumiu algunhas das funcións deste coma axudante da colonia. A finais dese mesmo ano o recentemente nomeado gobernador de Virxinia, Robert Dinwiddie, dividiu o mando da milicia estatal en catro rexións e George solicitou un dos mandos, co rango de Maior. Ese memsmo ano foi nomeado axudante xeneral da milicia de Virxinia, encargado da formación da milicia no barrio que se lle asignara. Aos 21 anos, en Fredericksburg, Washington convertiuse en Maestre da Francmasonería, organización fraternal que mantería unha longa e poderosa influencia.
En decembro de 1753 o gobernador Dinwiddie encargoulle levar un ultimato británico aos canadenses franceses na fronteira de Ohio. Washington evaluou a forza militar francesa e entregou a mensaxe en Fort Le Boeuf en Waterford, Pensilvania. A mensaxe, na que se instaba aos franco-canadenses a abandonar o seu avanze en Ohio, non foi atendida, porén o informe de George sobre o asunto foi moi comentado a ambos lados do Atlántico.
Conflitos |
Washington era un rico cultivador de tabaco e enxeñeiro agrónomo. Serviu como oficial de milicias na guerra franco-india -contra os franceses- e dirixiu o ataque contra Fort Duquesne en 1758. Xurdidas as diferenzas coa metrópole (Inglaterra, o rei Xurxo III subira aínda máis os impostos), propugnou a desobediencia civil primeiro e a emancipación despois.
O Congreso de Filadelfia nomeouno xeneral en xefe do Exército Continental. Venceu aos xenerais ingleses: Clinton, Cornwallis, Bourgoyne e Howe. Finalmente, en 1783, Inglaterra recoñeceu á Unión de Estados como novo país. En 1789, tras as primeiras eleccións, Washington gañou e foi nomeado presidente. En 1793 foi reelixido. Tras o seu segundo mandato retirouse á vida privada en Mount Vernon.
O seu goberno sentou as bases políticas e xurídicas do seu país e mostrouse contrario a toda intervención en Europa.
Un estado e a cidade capital daquel país levan o seu nome como homenaxe.
Notas |
↑ Engber, Daniel (2006). "What's Benjamin Franklin's Birthday?" (en inglés). Consultado o 30 de decembro do 2015.
↑ O nacemento e morte de Washington danse utilizando o Calendario gregoriano. Con todo, naceu cando nas colonias británicas se utilizaba o Calendario Xuliano, e nos rexistros contemporáneos figura o 11 de febreiro de 1731. O novo calendario foi aprobado en 1750, e implantado o 1 de xaneiro do 1752, alterando o método de datación ao calendario oficial británico Calendario gregoriano.
↑ "Image of page from family Bible" (en inglés). Papers of George Washington. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2013. Consultado o 230 de decembro do 2015.
↑ Nos Artigos de Confederación, o Congreso chamou ao seu presidente "Presidente dos Estados Unidos reunidos en Congreso". El non tiña poderes executivos, pero a similitude dos títulos confundiu á xente a pensar que houbo outros presidentes antes de Washington. Merrill Jensen, The Articles of Confederation (1959), 178-9.
↑ 5,05,1 "George Washington" (en inglés). Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2009. Consultado o 30 de decembro do 2015.
↑ 6,06,1 "Rediscovering George Washington" (en inglés). Public Broadcasting Service. Consultado o 30 de decembro do 2015.
Véxase tamén |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: George Washington |
Outros artigos |
- Guerra de Independencia Americana
- Presidente dos Estados Unidos
Ligazóns externas |
Biografía de George Washington en biografiasyvidas.com (en castelán)
Biografía de George Washington na páxina web da Casa Blanca (en inglés)
Predecesor: ninguén (Guerra de Independencia Americana) | Presidente dos Estados Unidos de América 1789 - 1797 | Sucesor: John Adams |
|
|
Categorías:
- Nados en 1732
- Nados no condado de Westmoreland, Virxinia
- Finados en 1799
- Presidentes dos Estados Unidos de América
- Políticos dos Estados Unidos de América
- Personalidades da masonaría
- Estadounidenses de ascendencia neerlandesa
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Militares dos Estados Unidos de América
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.076","walltime":"1.910","ppvisitednodes":"value":2265,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":58768,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6562,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":53,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":6840,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":48,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1777.455 1 -total"," 83.11% 1477.323 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 5.29% 94.078 1 Modelo:Listaref"," 4.46% 79.207 4 Modelo:Cita_web"," 4.14% 73.602 1 Modelo:Político"," 1.95% 34.682 1 Modelo:1000"," 1.67% 29.624 1 Modelo:Icona_en_título"," 1.51% 26.898 1 Modelo:Presidentes_dos_EUA"," 1.24% 22.117 1 Modelo:Navbox"," 1.22% 21.660 1 Modelo:Commons"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.778","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":9209577,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1294","timestamp":"20190522234826","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"George Washington","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/George_Washington","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q23","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q23","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-04-12T12:09:38Z","dateModified":"2019-03-30T19:24:00Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b6/Gilbert_Stuart_Williamstown_Portrait_of_George_Washington.jpg","headline":"primeiro presidente dos Estados Unidos de Amu00e9rica"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":182,"wgHostname":"mw1273"););