Napoleón I de Francia Índice Traxectoria | Antepasados | Véxase tamén | Menú de navegaciónNapoleon and Persia9123757The First Total War"Execution of the Defenders of Madrid, 3 May 1808""Napoleon's height""Death Mask of Napoleon"o orixinalSize MattersThe Napoleonic GuideNapoleon SeriesBiografía de NapoleónCronoloxía ilustrada dos últimos anúmeros de catividade de Napoleón en Santa HelenaEdición electrónica de Memoirs of NapoleonEdición electrónica de The Life of Napoleon IEdición electrónica de The History of Napoleon BuonaparteEdición electrónica de The Life of Napoleon I.Edición electrónica de The Life of Napoleon I.WorldCat106964661132332ADV1016323690272048IDXX95404012008245w553979342248440451772468a11152515cnp01259817bonapnapol023248ID000050990354822021900453903005-2192118586408426741455ITICCUCFIV96977nm1927416napoleon_ier_empereur_des_francais0000 0001 2283 82830040B6641En7905493312292173500450992jn2000060414035372777000050963mp03252069017743IDOL20025A3841965202434741207147w6qw49k502733791X34836napoleone-i-bonaparte-imperatore-dei-francesi500122388Bonaparte-1
Familia BonaparteEmperadores de FranciaPersonalidades das Guerras NapoleónicasNados en AjaccioNados en 1769Finados en 1821Franceses de ascendencia italiana
AjaccioCórsega15 de agosto1769Santa Helena5 de maio1821emperadorFranciaséculo XIXEuropaEuropaRevolución Francesaabsolutismoantigo réximeCórsegaBrienneParísRevolución Francesa17911792Pasquale Paoli17935 de outubro17959 de marzoJoséphine de BeauharnaisDirectorioItaliaMondoviLodiRívoliArcoleMilánMantuaAlpesVienaImperio AustrohúngaroPaz de CampoformioAustriaBélxicaRepública de VeneciaRepública CisalpinaRepública de LigurXénovaRepública HelvéticaRepública RomanaRepública PartenopeaNápolesPío VI1798ExiptoReino UnidoIndiaMaltaAlexandríabatalla das PirámidesmamelucosO CairoSalaliehAbukirNelsonTurquíaSultánSiriaGazaXaffapesteAcrepacháDamascoMonte TaborAbukirexiptoloxíapedra RosettaxeroglíficosEmmanuel Joseph SieyèsRoger DucosFouchéTalleyrandCambecérèsLebrunTulleríasAustriaInglaterraMilánMarengo14 de xuño180024 de decembro2 de decembro1804Notre Dame de Paríspapa Pío VIISieyesConcordatoCherburgoAntuerpenCódigo CivilCódigo PenalCódigo de ComerciocensuraFrancisco I de AustriaMuratSoultUlmAusterlitzTratado de PresburgoPrusiaAustriaConfederación do RinFrancisco II de AustriaSacro Imperio Romano Xermánicoterceira batalla do cabo FisterraTrafalgarSaafeldIenaAuerstadtBerlínPoloniaDantzigEylauFriedlandSoultKönigsbergMuratAlexandre IPaz de TilsitPoloniaWetsfaliaXerome BonaparteGran Ducado de VarsoviaLuís BonaparteXerome Bonaparte27 de outubroMotín de AranjuezCarlos IVFernando VIIXosé BonaparteXunta do Reino de Galiciaguerra da Independencia española19 de agosto1808Dupontbatalla de BailénCastañosWellingtonPortugalbatalla de SomosierraMadridJohn MooreA Coruñabatalla de ElviñaLisboaCádizReino de GaliciaIgrexaguerrillaCortes de Cádizrío DanubioAbensbergEckmühlEbersbergAspern-Esslingbatalla de Wagram1 de abril1810Francisco II20 de marzo1811Rei de RomaMassénaSmolenskoMoscovaBorodinoTsarBeresinanacionalistasLutzenBautzenBerlínDresdeLeipzigbatalla das NaciónsHanauBlücherSchwarzenbergXosé Bonaparte31 de marzo18146 de abrililla de ElbaLuís XVIIIBélxicaLignyWaterlooCongreso de Viena
Napoleón I de Francia
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Napoleón I de Francia | |
---|---|
Napulione Buonaparte | |
Emperador de Francia | |
Período | 18 de maio de 1804 - 6 de abril de 1814 |
Antecesor | Primeira República Francesa |
Sucesor | Napoleón II de Francia |
Emperador de Francia | |
Período | 1 de marzo - 22 de xuño de 1815 |
Antecesor | Luís XVIII (como rei de Francia) |
Sucesor | Luís XVIII (como rei de Francia) |
Datos persoais | |
Nacemento | 15 de agosto de 1769 |
Ajaccio | |
Falecemento | 5 de maio de 1821 |
Illa de Santa Helena | |
Pai | Carlo Maria Bonaparte |
Nai | Maria Letícia Ramolino |
Cónxuxe | Joséphine de Beauharnais Marie Louise von Österreich |
Fillos | Napoleón II de Francia, Charles Léon, Count Alexandre Joseph Colonna-Walewski, Jules Barthélemy-Saint-Hilaire e Eugen Megerle von Mühlfeld |
Alma máter | Escola Militar de Paris |
Profesión | Militar |
Relixión | catolicismo e Deísmo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Napoleone di Bouonaparte ou Napoleón Bonaparte (en francés [napoleɔ̃ bɔnɑpaʁt]), nado en Ajaccio (Córsega) o 15 de agosto de 1769 e finado en Santa Helena o 5 de maio de 1821, foi emperador de Francia a principios do século XIX e o home máis poderoso e influente de Europa. O seu reinado dá nome a toda unha época da historia de Europa, a unha longa serie de guerras, e simboliza a loita entre as correntes liberais da Revolución Francesa e o absolutismo e tradicionalismo do antigo réxime. A súa impronta quedaría na permanencia das súas reformas legais e administrativas, e no recoñecemento unánime do seu prodixioso talento militar.
Índice
1 Traxectoria
1.1 Vitorias en Italia
1.2 Campaña de Exipto
1.3 Golpe de Estado, Consulado e Imperio
1.4 Goberno
1.5 Dono de Europa
1.6 Napoleón en España
1.7 Levantamento austríaco
1.8 Campaña de Rusia
1.9 Todos contra Napoleón
1.10 Campaña de Francia
1.11 O Imperio dos Cen Días
2 Antepasados
3 Véxase tamén
3.1 Bibliografía
3.2 Outros artigos
3.3 Ligazóns externas
Traxectoria |
Procedente dunha familia da baixa nobreza de Córsega, o seu acento foi branco das burlas dos seus compañeiros de escola en Francia, onde desenvolveu un carácter adusto e decidido. Foi alumno da Escola Militar de Brienne e de París.
Trala Revolución Francesa Napoleón apoiou os revolucionarios, e en 1791 comprometeuse baixo xuramento na defensa do novo réxime. En 1792 retornou a Córsega onde participou na axitación nacionalista e revolucionaria na illa, ata a súa ruptura con Pasquale Paoli. Foi subindo rapidamente de rango militar ata se converter en xeneral, tras destacar no asedio de Tolón (1793).
Foi detido por xacobino, pero posteriormente recibiu o encargo de reprimir o levantamento monárquico de París (5 de outubro de 1795; 13 de vendimario). O 9 de marzo de 1796, contraeu matrimonio civil con Joséphine de Beauharnais viúva dun xeneral da República e nai de dous fillos.
Vitorias en Italia |
Nomeado polo Directorio comandante en xefe do exército de Italia en 1796, esmagou os sardos en Mondovi e derrotou os austríacos en Lodi, Rívoli e Arcole. Un transformado exército francés tomou Milán e Mantua, cruzou os Alpes e puxo en xaque Viena.
Napoleón atopou unhas tropas mal alimentadas, deficientemente equipadas e absolutamente desorganizadas. En pouco tempo converteunas no exército máis dinámico e eficaz do momento, malia a súa inferioridade numérica (tan só 37.600 homes realmente dispoñibles). A rapidez de movementos e a súa flexibilidade, a capacidade de concentrar forzas no momento e localización máis axeitadas deixaban constancia do seu xenio militar.
Ás súas fulminantes vitorias obrigaron o Imperio Austrohúngaro a pedir a fin das hostilidades. Napoleón impuxo as súas propias condicións sen ter en conta o Directorio. O 17 de outubro de 1797, asinouse a Paz de Campoformio, que obrigaba a Austria a ceder a beira esquerda do Rin, Bélxica e Milán. Desaparece a República de Venecia que, como contrapartida, é outorgada a Austria.
Napoleón creou a República Cisalpina con capital en Milán e a República de Ligur con capital en Xénova, a República Helvética, a República Romana e a República Partenopea. Outórgalles constitucións de nidia inspiración revolucionaria e convérteas en satélites de Francia. Neutraliza a Nápoles. O papa Pío VI é detido. O resultado das vitorias supuxo un alivio financeiro para o Directorio e a fin da hexemonía de Austria sobre o norte de Italia.
Campaña de Exipto |
No ano 1798 o goberno francés, temendo a súa popularidade, enviouno a Exipto co pretexto de intentar debilitar o Reino Unido. O obxectivo teórico era interceptar a rota cara á India. Napoleón conquistou Malta e desembarcou en Alexandría. Sen sufrir apenas baixas, derrotou o exército mameluco na lendaria batalla das Pirámides. A hostilidade climática e xeográfica non compensou a táctica medieval dos mamelucos fronte á moderna formación do exército de Bonaparte. O Cairo abriulle as portas. A seguinte batalla en Salalieh permitiulle facerse dono de todo o país, pero a derrota da frota francesa en Abukir por Nelson deixouno illado. A empresa de facer de Exipto unha colonia estable viuse abaixo, e Turquía declarou a guerra a Francia.
Co fin de disuadir o Sultán, avanzou a través de Siria, tomou a gornición de El Arish (que non estaba nos seus mapas) e rendeu Gaza e Xaffa, onde un gromo de peste detivo o seu avance. Malia os éxitos iniciais, fracasou na toma de San Xoán de Acre, ben fornecida dende o mar polos británicos. Francia, que facía fronte xa a unha Segunda Coalición, seguía deixándoo á súa sorte.
Turquía pretendía tomar vantaxe da situación facéndose con Exipto. O pachá de Damasco adiantouse a facer pinza sobre Napoleón, pero este desbaratou os 25.000 xinetes sirios no Monte Tabor sen apenas sufrir baixas. Decatándose do comprometido da súa avanzada posición, decidiu volver a Exipto onde a súa cabalaría varreu o exército otomán en Abukir. Tras esta vitoria, decidiu regresar a Francia. A recente noticia da seu último éxito militar permitiulle ser recibido como un heroe.
Os científicos dos que Napoleón se fixo acompañar deron lugar á exiptoloxía. Isto, especialmente tralo descubrimento da pedra Rosetta coa clave para descifrar os xeroglíficos, revolucionou os coñecementos arqueolóxicos e históricos da historia da humanidade.
Golpe de Estado, Consulado e Imperio |
Cando Napoleón chegou de Exipto lanzou unha dura invectiva contra o Directorio: Que fixestes da Francia que eu vos deixei puxante?. Coa revolución estancada nunha dura crise e exhausta despois de duras represións e conflitos, o sentir popular buscaba un cambio enérxico. O 10 de novembro de 1799 (18 e Brumario, ano VII) Napoleón derrubou o Directorio e disolveu o Consello dos Cincocentos coa axuda do Presidente da Asemblea, o seu irmán Luciano: a toma do Poder estaba consumada. Constituíu un triunvirato de cónsules con el á cabeza. Os outros dous cónsules serán provisionalmente Emmanuel Joseph Sieyès e Roger Ducos. Fouché como xefe de orde pública e Talleyrand en Asuntos Exteriores serán, non obstante, os persoeiros fundamentais do novo réxime.
Finalmente, ademais do propio Bonaparte, os outros dous cónsules definitivos serán Cambecérès, un prestixioso xurista que votara a prol da execución do rei, e Lebrun experto en finanzas e un antigo monárquico reformista acomodaticio cos novos tempos. Napoleón instalouse nas Tullerías e iniciou un traballo frenético en tódolos terreos.
O primeiro desafío era conter o avance de austríacos e rusos que expulsaran o exército francés de Italia. Decontado Napoleón ofertou a paz a Austria e a Inglaterra. Rexeitada esta, tomou o mando das tropas en Italia, cruzou os Alpes e en menos dun mes chegou a Milán, e logrou manobrar sobre a retagarda dos austríacos. Procurou atraer o groso do exército inimigo e asestarlle un golpe decisivo. Este tivo lugar coa vitoria de Marengo (14 de xuño de 1800). Austria resignouse a volver á situación da paz de Campoformio.
En 1802 Napoleón restaurou o Estado Pontificio e proclamouse primeiro Cónsul da República Italiana.En 1803, outorgou aos cantóns suízos un texto constitucional denominado Acta de Mediación que restablecía o réxime confederal nunha República Helvética satélite de Francia pero mantiña os avances revolucionarios importados desta como a supresión das aduanas interiores.
Os triunfos militares consolidaron a súa posición. No interior tanto a oposición xacobina como a realista organizaron varios complots. O 24 de decembro de 1800, un estoupido ao paso da carruaxe do primeiro cónsul causou 22 mortos, pero o atentado non acadou o seu obxectivo. Estes feitos foron a escusa perfecta para desencadear detencións e fusilamentos, ao tempo que puñan a opinión pública ao seu favor. Napoleón foi elixido mediante plebiscito cónsul vitalicio en 1802. Unha nova consulta gañada por inmensa maioría deu lugar ao paso definitivo: O 2 de decembro de 1804, coroouse como Emperador de Francia en Notre Dame de París baixo o nome de Napoleón I. Á solemne cerimonia asistiu como testemuña o papa Pío VII. Esvaíase así o ideal revolucionario.
Goberno |
Elaborouse unha Constitución redactada por Sieyes: O Senado elixía o primeiro Cónsul e os cónsules auxiliares. O primeiro Cónsul controlaba o exército e a administración. Consolidábase unha administración centralizada que dividía o territorio en departamentos dependentes directamente do poder executivo.
A Igrexa foi expulsada do ámbito educativo. A educación inculcaba á fidelidade ao novo réxime. O papa Pío VII, asinou o Concordato (1801) que evitaba a persecución aos eclesiásticos a cambio de lealdade ao Estado. En 1800 creouse o Banco de Francia, e en 1802 as cámaras de comercio. Un Tribunal de Contas fiscalizaba a xestión da Facenda Pública.
Comezaba unha importante mellora económica. A unidade de mercado favoreceu a produción agrícola e industrial. Incrementouse o consumo de viño e carne, o que era síntoma dunha mellora do poder adquisitivo da poboación. Industrias como a azucreira, a téxtil e a do ferro desenvolvéronse con rapidez. Subsidios, feiras e exposicións estatais contribuían ao novo dinamismo mercantil. Pulo importante foron tamén as grandes e innovadoras obras públicas: a ponte das Artes, a cúpula do mercado de graos, o porto de Cherburgo e Antuerpen, novas redes de estradas de dimensión continental, o Arco de Triunfo e a columna da praza de Vemdome, as pontes cos nomes das grandes vitorias etc.
No ámbito do dereito garantíanse as liberdades civís mediante a promulgación do Código Civil, o Código Penal, o Código de Comercio e o Código de Instrución Criminal. Pero as liberdades políticas foron afogadas pola censura, a subordinación do poder xudicial e a hexemonía do aparello policial.
No ámbito social, parte da nobreza retornou e compartiu coa alta burguesía a configuración dunha nova clase dirixente. Co nacemento do Imperio francés, xurdiu un novo espírito cortesán.
En 1810, Napoleón casou coa filla de Francisco I de Austria, María Luísa, co propósito de facer agromar unha nova dinastía imperial.
Dono de Europa |
En 1805, creouse a terceira coalición internacional, que declarou a guerra a Napoleón. Ao non conseguir o control dos mares, Napoleón abandona a idea de invadir Gran Bretaña e organiza unha fulgurante marcha cara a Austria. A principios de outubro os xenerais Murat e Soult vencen a un sorprendido exército austríaco en Donauworth e cruzan o Danubio. Tras a vitoria de Elchingen, Napoleón atrapou ao exército austríaco en Ulm. Caeron 50.000 prisioneiros e tomou Viena. Nun alarde estratéxico espectacular e nun falso intento de retirada envolveu e esmagou o groso do exército austríaco e ruso en Austerlitz e deixou fóra de xogo as tropas prusianas. Malia a súa inferioridade numérica, os franceses perderon só 8.000 homes fronte aos 35.000 aliados.
Austria aceptou unha rendición humillante: asinou o Tratado de Presburgo (25 de decembro de 1805), e cedeu Venecia, Dalmacia e o Tirol e Lindau. Prusia e Austria recoñeceron a Confederación do Rin, na que Napoleón experimentou un primeiro ensaio de unidade dos principados alemáns, todos eles submisos ao seu poderío. Secularizou os principados eclesiásticos e xerou un contrapoder de pequenos estados alemáns fronte a Prusia. O 6 de agosto de 1806, Francisco II de Austria foi obrigado a renunciar á coroa imperial, chegando así á súa fin a milenaria historia do Sacro Imperio Romano Xermánico.
O poderío en Europa central era total, pero a derrotas da frota franco-española a mans de Robert Calder na terceira batalla do cabo Fisterra e de Nelson en Trafalgar, consolidaron o dominio británico dos mares. Abandonada a idea de invadir Inglaterra, ordenou o bloqueo continental co fin de atafegala comercialmente.
En 1806 un ultimato de Prusia, Rusia e Saxonia esixiu a retirada das tropas francesas da beira dereita do Rin e a desaparición da Confederación do mesmo nome; erguíase a cuarta coalición. Un primeiro choque acabou coa vida do príncipe Luís Fernando en Saafeld. Napoleón venceu en Iena e Auerstadt e entrou en Berlín. Perseguiu as tropas prusianas, que foron aniquiladas en Prenzlau, Lübeck, Ratkau e Magdebourg. En pouco máis dun mes de campaña as forzas xermanas comandadas por Blücher e o príncipe de Hohenlohe quedaron reducidas á nada.
Rusia seguía coas espadas en alto. Napoleón avanzou ao seu encontro cruzando Polonia como un liberador. En maio de 1807, caía a estratéxica Dantzig, o que supuxo a rendición dun exército aliado de 11.000 homes e a fin da ameaza para a á esquerda da invasión francesa.
Tras a dura vitoria de Eylau, os franceses acubíllanse nos seus cuarteis de inverno. En primavera, unha ofensiva rusa é rexeitada en Heilsberg, reiniciándose unha persecución na que Napoleón conseguiu derrotar con claridade o exército ruso en Friedland (xuño de 1807). Nesta batalla, con 20.000 baixas, por 8.000 das francesas, os rusos perderon máis do 30 % dos seus efectivos. O mariscal francés Soult apoderouse de Königsberg. Murat ameazou as fronteiras naturais da Santa Rusia.
Os éxitos militares franceses forzaron o tsar Alexandre I a asinar a Paz de Tilsit, pola que Francia quedaba como dona da Prusia Oriental e Polonia. Napoleón creou dous novos estados satélites: o reino de Wetsfalia que entregou ao seu irmán Xerome Bonaparte e o Gran Ducado de Varsovia, primeira experiencia dun estado polaco contemporáneo.
En 1807, decretouse o bloqueo continental contra Inglaterra. Ocupáronse os países que non o acataron: Portugal, Roma, Etruria, Holanda e Wetsfalia. Luís Bonaparte foi proclamado rei de Holanda, e Xerome Bonaparte rei de Wetsfalia.
O 27 de outubro de 1807 asinou con España o Tratado de Fontainebleau no que acorda a división de Portugal. Un exército de 100.000 homes ocupou España e, tras o Motín de Aranjuez, abdicou Carlos IV en Fernando VII. Ámbolos dous renunciaron en Baiona e Napoleón proclamou rei de España o seu irmán Xosé Bonaparte, recoñecido polo Consello de Castela. Porén a Xunta do Reino de Galicia e outras xuntas subleváronse e apareceu unha resistencia de carácter popular. Iniciouse o que se coñece como a guerra da Independencia española
Napoleón en España |
O 19 de agosto de 1808 o xeneral francés Dupont sufriu unha tremenda derrota na batalla de Bailén: 18.000 soldados franceses rendéronse perante o xeneral Castaños. Arthur Wallesley (futuro duque de Wellington) fíxose con Portugal e as tropas francesas batéronse en retirada.
Ante o desastre español, Napoleón púxose persoalmente á fronte de exército o 30 de agosto de 1808. En dous meses, tras derrotar as forzas españolas en Gamonal, Espinosa e Tudela, e acadar unha vitoria na batalla de Somosierra, rendeu Madrid. Quedando abolidas en España a Inquisición e os privilexios feudais, creouse un mercado único e restableceuse a Constitución de Baiona. Napoleón avanzou ata o noroeste; dividindo ás forzas británicas: Wallesley fuxiu a Lisboa; Sir John Moore escapou a marchas forzadas ata A Coruña. Cando estaba a piques de alcanzalo, Napoleón tivo que volver a Francia debido ao levantamento de Austria. Poucos días despois Moore caeu na batalla de Elviña.
A finais de 1810 toda a Península Ibérica estaba ocupada polo exército francés, agás Lisboa, Cádiz e o Reino de Galicia. A Igrexa alentaba á guerrilla contra os impíos franceses. Convocáronse as Cortes de Cádiz. Pero, co tempo, España converteuse nunha sangría de homes e recursos para Francia. O propio Napoleón decatouse de que se trataba dunha guerra sen fronte nin retagarda.
Levantamento austríaco |
Austria pretendía aglutinar un levantamento popular alemán e o arquiduque Carlos reorganizou un poderoso exército de 340.000 homes inspirándose no modelo francés. Calculábase que Francia non podería enviar un grande exército debido á necesidade de controlar España e Portugal. O ataque austríaco desencadeouse o 9 de abril de 1809 sen mediar previa declaración de guerra.
Napoleón volveu de España, e tomando man dun importante recrutamento de mozos de reemprazo organizou un avance polo val do río Danubio. Venceu en Abensberg e Eckmühl facéndose con Baviera. Tras estas vitorias marchou sobre Viena e, tras a batalla de Ebersberg, entrou na capital imperial. Esta última acción primou o criterio político sobre o militar e supuxo deixar de premer directamente as castigadas forzas inimigas. Estas, con tempo para reorganizarse, achegáronse a Viena, e aproveitando as crecidas do Danubio atraparon as tropas napoleónicas na sanguenta batalla de Aspern-Essling (arredor de 22.000 baixas en cada bando). Era a primeira vez que o Emperador de Francia era vencido á fronte das súas tropas.
Facendo gala dunha contundente capacidade de resposta e de sisuda destreza táctica, fíxose de novo coa iniciativa e derrotou as tropas austríacas na batalla de Wagram (xullo de 1809), unha batalla de proporcións descoñecidas ata entón onde se enfrontaron directamente ao redor de 330.000 homes.
Austria viuse obrigada a asinar a Paz de Schönbrunn, na que perdeu gran parte do seu territorio a prol de Baviera, o Gran Ducado de Varsovia, Francia e Rusia, amais de renunciar a toda saída ao mar. Austria foi de novo humillada, pero Europa comprobou que Napoleón non é invencible.
Napoleón buscou selar unha alianza perpetua cos Habsburgo, e o 1 de abril de 1810 casou coa arquiduquesa de Austria María Luísa, filla de Francisco II. Vencellábanse así as monarquías máis nova e máis vella de Europa. O herdeiro que Napoleón buscaba naceu o 20 de marzo de 1811. Outorgaríaselle o título de Rei de Roma. Con Masséna controlando a axitada España, toda Europa volvía estar aos pés do Imperio francés.
Campaña de Rusia |
- Artigo principal: Invasión napoleónica de Rusia.
O afogo económico fixo que Rusia abandonase o bloqueo continental imposto a Inglaterra. Napoleón creu necesaria unha acción directa contra Rusia. Co apoio de Prusia e Austria reuniu un exército de 600.000 homes para invadir Rusia. Acadou as vitorias de Smolensko en agosto de 1812. Os rusos empezaron unha longa retirada mediante unha estratexia autodestrutiva de terra queimada. Buscaban illar os franceses na inmensidade de Rusia. Por fin ofreceron resistencia ás portas de Moscova, onde foron vencidos na batalla de Borodino. Napoleón tomou Moscova, que tamén foi incendiada polos rusos. Agardaba en balde unha mensaxe de paz do Tsar.
Un forte inverno forzou unha retirada tardía que sepultou o exército baixo a neve, o frío e a fame. Napoleón conseguiu forzar o paso do Beresina, á custa de grandes perdas. Só uns poucos miles lograron sobrevivir. O Grande Exército quedou reducido á nada. Toda Europa levantouse contra Napoleón.
Todos contra Napoleón |
As ideas nacionalistas, inspiradas no espírito revolucionario francés, prenderon entre os pobos de Europa. Os exércitos franceses perderon o apoio popular dende Varsovia ata Madrid. As grandes potencias puxeron a funcionar a súa maquinaria de guerra, pero non o tiveron doado.
Napoleón improvisou un novo exército e, nun alarde de velocidade, derrotou os prusianos en Lutzen e Bautzen. Tiño á súa mercede todo o flanco sur de Berlín, pero ante a inferioridade numérica e o esgotamento das súas bisoñas tropas, optou por asinar un armisticio en Pläswitx (o que máis adiante cualificaría como a maior parvada da súa vida).
Os exércitos austríacos, prusianos, rusos, suecos e outras unidades menores gañaron tempo para organizarse e intentar acurralalo. Napoleón volveu a vencer en Dresde. Nunha estratexia concéntrica, os aliados buscaron embolsalo en Leipzig, onde en outubro de 1813 tivo lugar a denominada batalla das Nacións. En realidade un conxunto de durísimos encontros onde os 150.000 franceses contiveron durante catro días o pulo dos 300.000 homes das tropas coligadas. Napoleón conseguiu retirar ordenadamente as súas tropas, pero á custa de cuantiosas baixas (38.000, polas 54.000 aliadas). Arrasou o exército bávaro que pretendía pecharlle o paso en Hanau, e volveu a Francia onde pretendía reorganizar novamente o seu exército.
Alemaña, Italia, Holanda, Nápoles e España revólvéronse contra o declinante Imperio Francés. O xeneral prusiano Blücher e o austríaco Schwarzenberg entraron en Francia.
Campaña de Francia |
Con enorme rapidez Napoleón derrotou a Blucher en Brienne e asestou duros golpes aos aliados en Champaubert, Montmirail, Montereau e Vauchamps. Éxitos militares inexplicables pola inferioridade das súas tropas pero que impediron a rusos, prusianos e austríacos rodear París. Porén Xosé Bonaparte, á fronte da capital francesa, entendeu que a situación non podía sosterse indefinidamente e preferiu capitular. Os aliados entraron o 31 de marzo de 1814.
Napoleón conservou a capacidade operativa do seu reducidísimo exército, pero foi deposto por un goberno provisional con Talleyrand á fronte que o destituíu. O 6 de abril abdicou en Fontaneiblueau, e foi desterrado á illa de Elba.
O Imperio dos Cen Días |
- Artigo principal: Imperio dos Cen Días.
A restauración borbónica con Luís XVIII provocou un enorme descontento. Napoleón retornou en marzo de 1815. As tropas enviadas para detelo puxéronse ás súas ordes e foi aclamado en París. Fixo unha oferta de paz ás potencias europeas, mais non foi atendida. Os aliados organizaron un dobre ataque. Blucher entrou en Bélxica e foi derrotado por Napoleón en Ligny. Wellington, que avanzaba polo sur, recibiu durísimos ataques en Waterloo. A falta de iniciativa do xeneral francés Grouchy permitiu que Blücher acudise en auxilio de Wellington e as tropas napoleónicas foron finalmente derrotadas (xuño 1815).
As monarquías absolutas pretenderon recompoñer Europa no Congreso de Viena pero os seus pobos cambiaron para sempre. Napoleón foi desterrado á illa de Santa Helena, no sur do océano Atlántico, onde morreu en 1821.
Antepasados |
16. Giuseppe Maria Buonaparte (1663–1703) | ||||||||||||||||
8. Sebastiano Nicola Buonaparte (1683–1720/60) | ||||||||||||||||
17. Maria Colonna Bozzi (1668–1704) | ||||||||||||||||
4. Giuseppe Maria Buonaparte (1713–1763) | ||||||||||||||||
18. Carlo Tusoli | ||||||||||||||||
9. Maria Anna Tusoli (1690–1760) | ||||||||||||||||
19. Isabella | ||||||||||||||||
2. Carlo Maria Buonaparte (1746–1785) | ||||||||||||||||
10. Giuseppe Maria Paravicini | ||||||||||||||||
5. Maria Saveria Paravicini (1715–antes de 1750) | ||||||||||||||||
22. Angelo Agostino Salineri | ||||||||||||||||
11. Maria Angela Salineri | ||||||||||||||||
23. Francetta Merezano | ||||||||||||||||
1. Napoleon I, Emperador de Francia e Rei de Italia (1769–1821) | ||||||||||||||||
24. Giovanni Girolamo Ramolino (1645–?) | ||||||||||||||||
12. Giovanni Agostino Ramolino | ||||||||||||||||
25. Maria Laetitia Boggiano | ||||||||||||||||
6. Giovanni Geronimo Ramolino (1723–1755) | ||||||||||||||||
26. Andrea Peri (1669–?) | ||||||||||||||||
13. Angela Maria Peri | ||||||||||||||||
27. Maria Maddalena Colonna d'Istria | ||||||||||||||||
3. Maria Letizia Ramolino (1750–1836) | ||||||||||||||||
28. Giovanni Antonio Pietrasanta | ||||||||||||||||
14. Giuseppe Maria Pietrasanta | ||||||||||||||||
29. Paola Brigida Sorba | ||||||||||||||||
7. Angela Maria Pietrasanta (1725–1790) | ||||||||||||||||
15. Maria Giuseppa Malerba | ||||||||||||||||
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Napoleón I de Francia |
A Galicitas posúe citas sobre: Napoleón I de Francia |
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Bibliografía |
Abbott, John (2005). Kessinger Publishing, ed. Life of Napoleon Bonaparte. ISBN 1-4179-7063-4.
Alder, Ken (2002). Free Press, ed. The Measure of All Things—The Seven-Year Odyssey and Hidden Error That Transformed the World. ISBN 0-7432-1675-X.
Alter, Peter (2006). Oxford University Press, ed. Unity and Diversity in European Culture c. 1800. ISBN 0-19-726382-8.
Amini, Iradj (2000). Taylor & Francis, ed. Napoleon and Persia. ISBN 0-934211-58-2.
Archer, Christon I.; John R. Ferris, Holger H. Herwig (2002). University of Nebraska Press, ed. World History of Warfare. ISBN 0-8032-4423-1.
Astarita, Tommaso (2005). W. W. Norton & Company, ed. Between Salt Water And Holy Water: A History Of Southern Italy. ISBN 0-393-05864-6.
Balcombe Abell, Lucia Elizabeth (1845). J. Murray, ed. Recollections of the Emperor Napoleon. OCLC 9123757.
Bell, David (2007). Houghton Mifflin Harcourt, ed. The First Total War. ISBN 0-618-34965-0.
Bertman, Sandra (2002). New York University, ed. "Execution of the Defenders of Madrid, 3 May 1808". Consultado o 18 númerovember 2008.
Blaufarb, Rafe (2007). Bedford, ed. Napoleon: Symbol for an Age, A Brief History with Documents. ISBN 0-312-43110-4.
Bordes, Philippe (2007). Yale University Press, ed. Jacques-Louis David. ISBN 0-300-12346-9.
Boycott-Brown, Martin (2001). Cassell & Co, ed. The Road to Rivoli: Napoleon's First Campaign. ISBN 0-304-35305-1.
Chandler, David (1973). 9780025236608, ed. The Campaigns of Napoleon, Volume 1. ISBN 0-02-523660-1.
Chandler, David (1995). Simon & Schuster, ed. The Campaigns of Napoleon. ISBN 0-02-523660-1.
Chandler, David (2002). Leo Cooper, ed. Napoleon. ISBN 0-85052-750-3.
Chesney, Charles (2006). Kessinger Publishing, ed. Waterloo Lectures:A Study Of The Campaign Of 1815. ISBN 1-4286-4988-3.
Connelly, Owen (2006). Rowman & Littlefield, ed. Blundering to Glory: Napoleon's Military Campaigns. ISBN 0-7425-5318-3.
Cordingly, David (2004). Bloomsbury, ed. The Billy Ruffian: The Bellerophon and the Downfall of Napoleon. ISBN 1-58234-468-X.
Cronin, Vincent (1994). HarperCollins, ed. Napoleon. ISBN 0-00-637521-9.
Cullen, William (2008). Royal Society of Chemistry, ed. Is Arsenic an Aphrodisiac?. ISBN 0-85404-363-2.
Driskel, Paul (1993). Kent State University Press, ed. As Befits a Legend. ISBN 0-87338-484-9.
Dunan, Marcel (1963). La Fondation Napoléon, ed. "Napoleon's height" (en French). Consultado o 11 January 2009.
Dwyer, Philip (2008). Bloomsbury, ed. Napoleon:The Path to Power 1769–1799. ISBN 978-0-7475-6677-9.
Edwards, Catharine (1999). Cambridge University Press, ed. Roman Presences. ISBN 0-521-59197-X.
Flynn, George Q. (2001). Greenwood Publishing Group, ed. Conscription and democracy: The Draft in France, Great Britain, and the United States. ISBN 0-313-31912-X.
Fremont-Barnes, Gregory; Todd Fisher (2004). Osprey, ed. The Napoleonic Wars: The Rise and Fall of an Empire. ISBN 1-84176-831-6.
Fulghum, Neil (2007). University of númerorth Carolina, ed. "Death Mask of Napoleon". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2013. Consultado o 4 August 2008.
Gates, David (2001). Da Capo Press, ed. The Spanish Ulcer: A History of the Peninsular War. ISBN 0-306-81083-2.
Gates, David (2003). Pimlico, ed. The Napoleonic Wars, 1803–1815. ISBN 0-7126-0719-6.
Geyl, Pieter (1982) [1947]. Penguin Books, ed. Napoleon For and Against. ISBN 0-452-00057-2.
Goetz, Robert (2005). Greenhill Books, ed. 1805: Austerlitz: Napoleon and the Destruction of the Third Coalition. ISBN 1-85367-644-6.
Hall, Stephen (2006). Houghton Mifflin Harcourt, ed. Size Matters. ISBN 0-618-47040-9.
- Gunther Rothenberg, The Napoleonic Wars, London 1999. ISBN 0-304-35983-1
- David Chandler, Las Campañas de Napoleón, Madrid 2005. ISBN 84-9734-335-2
- Richard Holmes, Napoleón, Batallas y Campañas, Barcelona 2007. ISBN 978-84-96865-07-5
- Emil Ludwig, Napoleón. Barcelona 1966
Outros artigos |
- Primeiro Imperio Francés
- Segundo Imperio Francés
- Napoleón II
- Napoleón III
- Primeira República Francesa
Ligazóns externas |
The Napoleonic Guide (en inglés)
Napoleon Series (en inglés)
Biografía de Napoleón (en inglés)
Cronoloxía ilustrada dos últimos anúmeros de catividade de Napoleón en Santa Helena (en inglés)
Edición electrónica de Memoirs of Napoleon, de acceso libre no Proxecto Gutenberg
Edición electrónica de The Life of Napoleon I, de acceso libre no Proxecto Gutenberg
Edición electrónica de The History of Napoleon Buonaparte, de acceso libre no Proxecto Gutenberg
Edición electrónica de The Life of Napoleon I., de acceso libre no Proxecto Gutenberg Vol. 1/4
Edición electrónica de The Life of Napoleon I., de acceso libre no Proxecto Gutenberg Vol. 3/4
|
Categorías:
- Familia Bonaparte
- Emperadores de Francia
- Personalidades das Guerras Napoleónicas
- Nados en Ajaccio
- Nados en 1769
- Finados en 1821
- Franceses de ascendencia italiana
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.860","walltime":"2.683","ppvisitednodes":"value":5299,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":160849,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":11735,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":50,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":50,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2408.386 1 -total"," 53.89% 1297.989 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 30.68% 738.809 1 Modelo:Infpolitico"," 30.40% 732.040 1 Modelo:Infobox"," 28.60% 688.717 13 Modelo:Propiedade"," 7.80% 187.940 29 Modelo:Cita_libro"," 1.47% 35.288 1 Modelo:Redirección"," 1.24% 29.922 3 Modelo:Caixa_lateral"," 1.17% 28.123 1 Modelo:Commonscat"," 1.14% 27.548 2 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"1.458","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":10604610,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1309","timestamp":"20190607003558","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Napoleu00f3n I de Francia","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Napole%C3%B3n_I_de_Francia","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q517","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q517","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-12-05T17:32:40Z","dateModified":"2019-05-20T11:13:20Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/3/31/Napoleon_I_of_France_by_Andrea_Appiani.jpg","headline":"emperador de Francia"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":182,"wgHostname":"mw1275"););