Politeísmo Índice Terminoloxía | Características | Deuses e divindades | Tipo de deidades | Mitoloxía e relixión | Relación coa idolatría | Politeísmo histórico | Politeísmo occidental | Neopaganismo | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras""Politeisme""44936549accession number 23.40"Apollodorus, Library, book 3, chapter 5, section 3""Pausanias, Description of Greece"Encyclopedia Americana Vol. 13Epistemics of Divine Reality Google BooksAssociation of Polytheist TraditionsAno internacional do politeísmo300055997223053154216ID02375584175322-7polytheismsh8510473615
PoliteísmoTeísmos
gregodeusesdivindadesdoutrinarelixiosadeusespanteónteísmomonoteísmodeus singularhenoteístakathenoteistasIslamcristianismoxudaísmoproselitismoIdade medianaturezamonoteísmoIdade de BronceIdade de FerroEra Axialmonoteísmopanteísmoateísmoantigüidade clásicapoliteísmo gregopoliteísmo romanopaganismo xermánicomitoloxía eslavapolíticopanteónshinduísmoxintoísmowiccaGerald Gardner1930vodúrelixión popular chinesadruidismotaoísmocandombléthelemaásatrúbudismohinduísmoteolóxicatrindadefilósofoxudeuFilón de Alexandríaséculo i d.C.cristianismoEuropaMediterráneoxentísfrancésJean BodinSamuel Purchashenoteísmohinduísmomitoloxía gregaromananórdicateoloxíaxamánsbruxosantigo Exiptocultura clásica gregamonoteísmocivilizaciónfemonoteísmomundomito da creacióndogmáticaHesíodohenoteísmoplatónicosmonismomonoteísmoBrahmaVedantaIogauniversoanimistasrelixións popularesseres sobrenaturaisespíritosantepasadosdemosespectroscelestiaisctónicosoutro mundobudismoiluminaciónser humanoMax Müllertendencia ao cultoteísmohenoteísmomonismoSalustiomitoloxíaCronosErismazá de ouroZeusParisAfroditaAfroditaidolatríacriaturas anxelicaissumeriaexipciosantiga relixión gregarelixión romanamitoloxía nórdicaÆsirVanirIorubamitoloxía astecarelixión protoindoeuropeapobos indoeuropeosnumenisticaTitanomaquiaÆsirVanirmitos nórdicosOsirisantiga GreciaEpicurorelixión helenísticamonoteísmoAntigüidade tardíaneoplatonismoteoloxía cristiáantiga Greciadoce olímpicosZeusHeraPoseidónAthenaAresDeméterApoloÁrtemisHefestoAfroditaHermesHestiaDionisoOlimpoHadesepítetosneopagánsdisciplinashistoriaetimoloxíaarqueoloxíalingüísticapaganismo xermánicohelenismopoliteísmo celtaetenismododecateísmoneopaganismo heléniconeopaganismo celta
Politeísmo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O politeísmo (do grego πολύς "moito" e θεός "deus") consiste en crer e/ou adorar moitos deuses e divindades. Politeísmo[1] é toda aquela doutrina relixiosa que cre na existencia de múltiples deuses ou divindades organizadas nunha xerarquía ou panteón máis ou menos independentes.[2]
O politeísmo, pois, é unha construción relixiosa e un tipo de teísmo que contrasta co monoteísmo, a crenza nun deus singular. Os politeístas non sempre renden culto a todos os deuses por igual, pois poden ser henoteísta, que se especializan na adoración dunha deidade en particular. Outros poden ser politeístas kathenoteistas, que poden adorar deidades diferentes en momentos diferentes. Algúns cultos henoteísta terminaron sendo monoteístas co paso do tempo. Os deuses principais de cada panteón adoitan estar emparentados con relacións de parentesco.
A gran maioría das relixións son politeístas, aínda que o total de adherentes das tres grandes relixións monoteístas -chamadas abrahámicas: Islam, cristianismo e xudaísmo -, as que afirman que só hai un só Deus, actualmente supera o daquelas debido á forte expansión das relixións monoteístas, mediante o proselitismo e en bastantes ocasións a violencia, especialmente durante a Idade media. As divindades politeístas adoitan ter unha vinculación moi directa coa natureza, as actividades da vida cotiá ou os ciclos vitais (xeralmente as divindades relacionadas coa morte, o máis aló ou os defuntos teñen unha gran relevancia), que contrastan coa dimensión eminentemente trascendente do monoteísmo.[2]
O politeísmo era a forma típica de relixión durante a Idade de Bronce e a Idade de Ferro ata a Era Axial (período que transcorre entre o 800 a. C. e o 200 a. C.) e nalgúns casos sufriron un desenvolvemento gradual cara ao monoteísmo ou panteísmo e, en épocas máis recentes, o ateísmo racionalista. Está ben documentado nas relixións históricas da antigüidade clásica, especialmente o politeísmo grego e o politeísmo romano, e logo da decadencia do politeísmo grecorromano, nas relixións tribais como o paganismo xermánico ou a mitoloxía eslava. A propagación do concepto aparece ante a existencia das relixións monoteístas. De feito, as relixións antigas tiveron un compoñente moi político, e existían grandes panteóns de deidades asociadas coas tradicións de cada lugar. A maioría de relixións antigas eran politeístas e tiñan panteóns de deuses tradicionais, a miúdo acumulados durante os séculos de intercambios culturais e de experiencias locais.
As relixións politeístas actuais inclúen o hinduísmo, o xintoísmo, algunhas formas da wicca (unha relixión neopagá fundada por Gerald Gardner o 1930),[3][4] o vodú, a relixión popular chinesa, o druidismo, o taoísmo, o candomblé, thelema e a ásatrú. O budismo, o hinduísmo, e algunhas relixións neopagás son politeístas na medida que se trata dunha filosofía teolóxica que mantén a adoración de diversos aspectos da divindade. Algúns estudosos xudeus e islámicos ven a doutrina cristiá da trindade relacionada co politeísmo, un concepto que os cristiáns, en xeral, rexeitan enerxicamente.
Índice
1 Terminoloxía
2 Características
2.1 Diferenzas entre monoteísmo e politeísmo
3 Deuses e divindades
4 Tipo de deidades
5 Mitoloxía e relixión
6 Relación coa idolatría
7 Politeísmo histórico
7.1 Antiga Grecia
8 Politeísmo occidental
9 Neopaganismo
9.1 Reconstrucionismo
10 Notas
11 Véxase tamén
11.1 Bibliografía
11.2 Ligazóns externas
11.3 Outros artigos
Terminoloxía |
O termo foi acuñado polo filósofo xudeu Filón de Alexandría no século i d.C., aínda que designa unha realidade moito máis antiga, que o quería utilizar nas súas discusións cos gregos. Durante a época na que o cristianismo se estaba estendendo por Europa e o Mediterráneo, os non cristiáns eran chamados xentís (un termo que na súa orixe era utilizado polos xudeus para referirse aos non xudeus), pagáns ou idólatras, este último, máis pexorativo. O uso da palabra no seu sentido actual orixínase no francés, polo autor Jean Bodin en 1580, seguido polo uso que fai Samuel Purchas en inglés en 1614.[5]
Características |
Non se refire a unha diferenza de nomenclatura -os distintos nomes dunha deidade- senón que se trata de distintos deuses con características individuais identificables. No politeísmo cada deidade pode ser honrada e invocada de xeito individual dependendo dos aspectos que se lle atribúan. Dentro do politeísmo existe tamén o henoteísmo, dentro do cal unha deidade ocupa un lugar de preeminencia e honra por encima das demais. Un exemplo típico de relixión politeísta é o hinduísmo. Exemplos históricos son a relixión e mitoloxía grega, romana e nórdica.
Nas sociedades politeístas non adoita existir unha teoloxía propiamente dita, pero adoitan convivir con sistemas filosóficos e éticos bastante complexos. Cada forza sobrenatural (como o raio, a morte ou o embarazo) atende a uns mecanismos establecidos, que conforman unha complexa orde cósmica moi xerarquizada, descrita mediante mitos, lendas e obras sacras. No politeísmo, debido a un armazón moi consolidado de transmisión, oral ou escrita, o coñecemento é acumulativo, é dicir, é perfectamente ampliado ben pola especulación dos individuos dedicados a iso (xamáns, bruxos, poetas etc.) ou polo contacto intercultural.
Adóitase sinalar que o politeísmo corresponde a miúdo con sociedades igualmente xerarquizadas, cunha gran demarcación en clases sociais. Exemplos habituais darianse no antigo Exipto, na cultura clásica grega e romana ou no hinduísmo. Algunhas crenzas politeístas sitúan ademais a preeminencia dun deus sobre o resto do panteón (culto coñecido como henoteísmo), o que fixo crer aos antropólogos evolucionistas que este sería o paso natural ao monoteísmo.
O politeísmo está considerado polos antropólogos evolucionistas como unha forma bastante avanzada de relixiosidade (propia dun certo nivel de civilización), na que as forzas da natureza son discriminadas, separadas e seleccionadas, e, finalmente, representadas por unha serie de deuses antropomórficos.
Diferenzas entre monoteísmo e politeísmo |
A fe, o crer, é a base do monoteísmo; as crenzas e a fe son conceptos alleos ao politeísmo. As relixións politeístas non suscitan o problema das orixes e a creación; na maioría delas o mundo é eterno, ou polo menos atopa a súa orixe nun caos primordial, pola intervención ou non dos deuses.
Fronte á diversidade e a multiplicidade do mundo, certas formas do politeísmo consideran a multiplicidade de creacións e orixes, que se producen pola transformación da existente. Xa que logo, non existe en consecuencia, nas relixións pagás, un mito da creación que os fieis deben aceptar de forma dogmática, aínda que poida haber unha historia predominante, por exemplo, a Teogonía de Hesíodo.
Cada relixión pagá ten o seu propio panteón, que aínda que é relativamente estable, admite algúns cambios: pode desenvolverse e novos deuses poden incorporarse, por importación doutros cultos ou polo nacemento de novos cultos locais. Aínda así, hai que ter en conta que se un novo deus se incorpórase e ten unhas características moi similares a un que xa preexiste, unifícase xeralmente nunha soa figura que xeralmente leva o nome da deidade tradicional.
O culto está baseado na veneración dos deuses, dos que un ou un pequeno grupo destacan como máis importantes, co fin de asumir as características da principal deidade. No caso de que o culto aos deuses menos importantes desapareza e só permaneza activa a veneración a un deus principal, entón fálase de henoteísmo ou monolatría.
Deuses e divindades |
Os politeístas radicais creen que os deuses son seres diferentes e independentes, pero tamén poden crer nun principio unificador, como é o caso dos platónicos. Os politeístas moderados respectan a multiplicidade de deuses, pero chégana a considerar como unha multiplicidade dunha unidade divina superior, non un Deus persoal como nas relixións monoteístas, senón máis ben unha múltiple realidade divina. De feito, este monismo estende e en certo xeito achégase ao monoteísmo, pero sen forma e sen os atributos que o constitúen. O exemplo máis característico sería o do Brahma, con correntes hinduístas como o Vedanta e o Ioga, e representa un concepto filosófico e espiritual que fai referencia ao principio orixinario do universo. Incluso algúnhas correntes neopagáns modernas seguen este modelo.
O politeísmo non pode ser netamente separado das crenzas animistas que prevalecen na maioría das relixións populares. Os deuses do politeísmo son, en moitos casos, o máis alto nivel dun continuo de seres sobrenaturais ou espíritos, que pode incluír antepasados, demos, espectros e outros seres máxicos ou mistéricos. Nalgúns casos estes espíritos divídense en celestiais ou ctónicos (do outro mundo), e a crenza na existencia de todos estes seres non implica que todos sexan venerados por igual.
Aínda que moitas formas do budismo inclúen a veneración aos bodhisattva, estes non son vistos como entidades divinas. Pola contra, os bodhisattva considéranse uns seres humanos que alcanzaron un maior nivel de iluminación, e un dos principios do budismo é que, no curso de moitas vidas, calquera ser humano pode chegar a un nivel similar.
Que unha persoa pode crer en varios deuses non significa necesariamente que todos eles deben ser adorados. Moitos politeístas creen na existencia de máis dun deus, pero só adorán un ou algúns deles. Max Müller fala dunha tendencia ao culto dirixida a un ser ou principio, recoñecido como tal, pero que ten moitas manifestacións; este tipo de teísmo chamouse henoteísmo. Algunhas persoas ven a henoteísmo como unha forma de monoteísmo, e outros, como monismo; tamén algúns historiadores afirmaron que as relixións monoteístas orixinaron do henoteísmo. Desde a perspectiva dos cristiáns, os xudeus e os musulmáns actuais, con todo, o henoteísmo considérase como un equivalente do politeísmo e unha concepción afastada do seu sistema relixioso.
Tipo de deidades |
Algúns tipos de deidades que a miúdo se atopan no politeísmo poden incluír:
Deidade creadora.
Heroe cultural.
Deidade da morte (ctónico).
Deidade da vida-morte-renacemento.
Deusa do amor.
Deusa nai.- Deidade política (como un rei ou emperador).
Deidade do ceo (celestial).
Deidade solar.
Deidade gaioleiro.
Deidade da auga.- Deuses da música, as artes, a ciencia, a agricultura ou outras actividades.
Mitoloxía e relixión |
Na época clásica, Salustio (século iv d.C.) categoriza a mitoloxía en cinco tipos:
- Teolóxica.
- Física.
- Psicolóxica.
- Material.
- Mesturada.
A teolóxica son estes mitos que non utilizan ningunha forma visible, senón que contemplan a esencia mesma dos deuses: por exemplo, Cronos tragou aos seus fillos. Dado que a divindade é intelectualidade, e todo se volve intelecto en si mesmo, este mito exprésase na alegoría da esencia da divindade.
Os mitos poden ser considerados fisicamente cando expresan a actividade dos deuses no mundo.
A forma psicolóxica consiste en considerar (mitos como alegorías de) as actividades da mesma alma e/ou os actos do pensamento da alma.
O material consiste en considerar os obxectos materiais coma se en realidade fosen deuses, por exemplo: chamar á terra, Gaia, Okeanos ao océano ou Tifón á calor.
O tipo mixto de mito pode ser visto en moitos casos, por exemplo, din que nun banquete dos deuses, Eris, a discordia, tirou unha mazá de ouro proclamando que sequera podía tela a máis bela e as deusas loitar por ela, e así foron enviadas por Zeus en Paris para ser xulgadas por el. Paris viu Afrodita como a máis bela e deulle a mazá. Aquí o banquete representa os poderes hipercosmicos dos deuses, por iso están todos xuntos. A mazá de ouro é o mundo, que se formou a partir dos opostos, e é, naturalmente, "lanzada por Eris" (ou a discordia). Os diferentes deuses outorgan dons diferentes sobre o mundo, e polo tanto dise que "loitan pola mazá". E a alma que vive de acordo co sentido -porque iso é o que Paris é- non ve os outros poderes do mundo, senón só a beleza, declara que a mazá pertence a Afrodita.
Relación coa idolatría |
O politeísmo é visto por moitos monoteístas como unha forma de idolatría. Os monoteístas afirman que todo o poder provén dun único Deus e non doutras entidades ou axentes. Aínda que algúns politeístas chegaron a aceptar unha visión xerárquica na que había unha gran divindade que estaba por encima dos demais, isto implicaba a idea de que o poder do Deus supremo era pouco ou moi limitado pola presenza dalgunha entidade divina por separado, e así, ata podia ser máis potente, é como un rei entre os homes, aínda que dotado dun poder absoluto. Dado que os monoteístas creen nun Deus, xeralmente consideran pecaminoso aprobar o politeísmo.
Con todo, algunhas relixións monoteístas teñen unha xerarquía de seres divinos, como os anxos, que son os "axudantes" de Deus. Isto non é moi diferente da noción dun deus supremo cunha xerarquía de seres divinos ou axudantes, que veñen aceptando os politeístas. A diferenza entre as criaturas anxelicais da tradición xudeocristiana e os deuses que acompañan a Zeus no politeísmo grecorromano, é a súa natureza non antropomórfica e non antropocéntrica; só son espíritos que viven eternamente, sen peso e sen o material constitutivo dun corpo humano, sen a necesidade do corpo do que se deriva. A diferenza dos deuses, non teñen un campo no que actuar -a guerra, o amor, o mar ou o sol-, pero todos poden actuar en calquera campo, sempre en dependencia directa da vontade de Deus. Non existe un número exacto de seres, que poidan aumentar ou diminuír segundo o momento, e algúns teñen unha autonomía de decisión, xa que tamén poden optar a converterse en seguidores de Deus ou traizoalo e converterse en demos.
Politeísmo histórico |
Algúns coñecidos panteóns politeístas históricos inclúen a sumeria os deuses exipcios, e o panteón clásico que inclúe o antiga relixión grega e a relixión romana. Relixións politeístas posclásicas inclúen a mitoloxía nórdica dos Æsir e os Vanir, os Ioruba, os deuses da mitoloxía asteca, e moitas outras. Hoxe en día, as relixións politeístas históricas son referidas pexorativamente como "mitoloxía", aínda que as historias culturais que falan dos seus deuses deben distinguirse do seu culto ou práctica relixiosa. Por exemplo, as deidades representadas nos conflitos da mitoloxía aínda se veneraban ás veces no mesmo lado do templo do outro, o que ilustra a distinción na mente dos devotos entre o mito e a realidade. Debido á gran similitude e relacións entre as antigas relixións europeas especulase, na relixión comparada, que houbo unha relixión protoindoeuropea, da que as relixións dos diferentes pobos indoeuropeos se derivan e que esta relixión foi unha relixión naturista esencialmente numenistica. Un exemplo dunha noción relixiosa deste pasado común é o concepto de Dieus , que se documenta en diversos sistemas relixiosos diferentes.
Como se dixo máis arriba, os panteóns de moitas civilizacións tenden a crecer co tempo. Deidades primeiro adoradas como patróns de cidades ou lugares xuntanronse cando os imperios se estenderón por territorios máis grandes. As conquistas podían dar lugar á subordinación do panteón da cultura maior a unha máis nova, como no caso grego da Titanomaquia, e posiblemente tamén nos casos dos Æsir, Vanir, mitos nórdicos. O intercambio cultural podía conducir a que "a mesma" deidade estivese recoñecida en dous lugares baixo diferentes nomes, como os gregos, etruscos e romanos, e tamén á introdución de elementos dunha relixión "estranxeira" nun culto local , como o deus de Exipto Osiris, adorado nos tempos na antiga Grecia.
Sistemas de crenzas máis antigas sostiñan que os deuses influenciaban nas vidas humanas. Con todo, o filósofo grego Epicuro sostivo que os deuses vivían incorruptibles, seres felices que non se molestan en si mesmos cos asuntos dos mortais, pero que poden ser percibidos pola mente, sobre todo durante o soño. Epicuro cría que os deuses eran materiais, similares aos humanos, e que habitan os espazos baleiros entre os mundos.
A relixión helenística aínda pode considerarse como politeísta, pero con fortes compoñentes monotetistas, e o monoteísmo finalmente xurdirá das tradicións helenísticas na Antigüidade tardía en forma de neoplatonismo e na teoloxía cristiá.
- Era Neolítico
Relixión serer[6]
Idade de Bronce a Antigüidade clásica
Relixións do Medio Oriente antiguo- Relixión do Antigo Exipto
- Relixión semita antiga
- Relixión histórica védica
- Relixión da Grecia antiga
- Relixión na Antiga Roma
- Politeísmo celta
Antigüidade tardía a Plenitude da Idade Media
- Paganismo xermánico
- Paganismo eslavo
- Paganismo baltico
- Paganismo finés
Antiga Grecia |
- Artigo principal: Relixión da Grecia antiga.
O esquema clásico na antiga Grecia dos doce olímpicos (os Doce Canónicos da arte e a poesía) foron:[8][9]Zeus, Hera, Poseidón, Athena, Ares, Deméter, Apolo, Ártemis, Hefesto, Afrodita, Hermes, e Hestia. Aínda que se suxire que Hestia renunciou cando Dioniso foi invitado ao Olimpo, este é un tema de controversia. Robert Graves, en The Greek Myths (Os mitos gregos) cita dúas fontes[10][11] nas que obviamente Hestia non cedeu o seu lugar, aínda que se suxire que o fixo. Hades[12] a miúdo era excluído porque habitaba no inframundo. Todos os deuses tiñan un poder. Houbo, con todo, unha gran cantidade de fluidez en canto a quen foi contado entre eles na antigüidade.[13]
Diferentes cidades a miúdo adoraban as mesmas deidades, ás veces con epítetos que os distinguían e especificaban a súa natureza local.
Politeísmo occidental |
Dentro da cultura occidental é tamén posible atopar casos actuais de politeísmo. Un deles é a doutrina da pluralidade de deuses da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, quen afirman que Deus foi unha vez home e que cada ser humano está destinado a ser unha divindade. Así, cada home debe aprender o concernente ao tema durante a súa vida terreal e selarse nun templo mormón xunto a unha muller desta seita relixiosa, para formar xuntos un novo mundo e ser parte dunha divindade.
Neopaganismo |
Reconstrucionismo |
Os reconstrucionistas son neopagáns que aplican disciplinas académicas como a historia, a etimoloxía, a arqueoloxía, a lingüística e outras a unha relixión extinta, como o paganismo xermánico, o helenismo ou o politeísmo celta. Despois de investigar a súa traxectoria, un reconstrucionista aplica os costumes, a moral e a cosmovisión daquela aos tempos modernos, dando lugar ao etenismo (neopaganismo xermánico), ao dodecateísmo (neopaganismo helénico) ou ao neopaganismo celta, entre outros. Despois de investigar a súa carreira, un reconstrucionista aplica os costumes, a moralidade ea cosmovisión dos tempos modernos. Aínda que moitos se describen como politeístas "duros", outros afirman que esta non é só a teoloxía politeísta historicamente exacta.[14]
Notas |
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para politeísmo.
↑ 2,02,1 ""Politeisme"". Gran Enciclopèdia Catalana (en catalán). Consultado o 11 de juny de 2009.
↑ Hutton, Ronald (1999). The Triumph of the Moon: A History of Modern Pagan Witchcraft (en anglès). Oxford (Nova York): Oxford University Press. pp. vii. ISBN 0198207441.
↑ Gardner, Gerald B. (1999). Witchcraft Today (en anglès). Lake Toxaway (Carolina do Norte): Mercury Publishing. ISBN 0806525932. OCLC 44936549.
↑ Schmidt, Francis (1987). The Inconceivable Polytheism: Studies in Religious Historiography. New York: Gordon & Breach Science Publishers. p. 10. ISBN 978-3718603671.
↑ (en francés) Gravrand, Henry, "La civilisation Sereer - Pangool", Les Nouvelles Editions Africaines du Senegal, (1990), ISBN 2-7236-1055-1. pp 9, 20, 77
↑ Walters Art Museum, accession number 23.40.
↑ "Greek mythology". Encyclopedia Americana 13. 1993. p. 431.
↑ "Dodekatheon" [Twelve Olympians]. Papyrus Larousse Britannica (en Greek). 2007.
↑ "Apollodorus, Library, book 3, chapter 5, section 3".
↑ "Pausanias, Description of Greece".
↑ Americana Corp, ed. (1919). Encyclopedia Americana Vol. 13 13. pp. 408–411.
↑ Stoll, Heinrich Wilhelm (R.B. Paul trans.) (1852). Handbook of the religion and mythology of the Greeks. Francis and John Rivington. p. 8.The limitation [of the number of Olympians] to twelve seems to have been a comparatively modern idea
↑ Drew Jacob, [1] "Polytheism is Theology-Inclusive," Celtic Polytheism (2013)
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Politeísmo |
Bibliografía |
- Hillman, James; Miller, David L. Il Nuovo Politeismo (en italino). Edizioni Comunità.
- Assmann, Jan, 'Monotheism and Polytheism' in: Sarah Iles Johnston (ed.), Religions of the Ancient World: A Guide, Harvard University Press (2004), ISBN 0-674-01517-7, pp. 17–31.
- Burkert, Walter, Greek Religion: Archaic and Classical, Blackwell (1985), ISBN 0-631-15624-0.
- Greer, John Michael; A World Full of Gods: An Inquiry Into Polytheism, ADF Publishing (2005), ISBN 0-9765681-0-1
- Iles Johnston, Sarah; Ancient Religions, Belknap Press (September 15, 2007), ISBN 0-674-02548-2
- Marbaniang, Domenic Epistemics of Divine Reality Google Books (See Chapter 3 Empirical Epistemics of Divine Reality for philosophical analysis of polytheism)
- Paper, Jordan; The Deities are Many: A Polytheistic Theology, State University of New York Press (March 3, 2005), ISBN 978-0-7914-6387-1
- Penchansky, David, Twilight of the Gods: Polytheism in the Hebrew Bible (2005), ISBN 0-664-22885-2.
Ligazóns externas |
Association of Polytheist Traditions (en inglés)
Ano internacional do politeísmo (en inglés)
Outros artigos |
- Panteísmo
- Mormonismo
- Vodú
|
Categorías:
- Politeísmo
- Teísmos
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.512","walltime":"0.701","ppvisitednodes":"value":1108,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":22555,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":844,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":12874,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 585.699 1 -total"," 50.13% 293.633 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 28.77% 168.500 1 Modelo:Listaref"," 11.73% 68.705 3 Modelo:Cita_web"," 9.57% 56.065 1 Modelo:Commonscat"," 9.11% 53.349 1 Modelo:Irmáns"," 8.54% 49.999 1 Modelo:Caixa_lateral"," 7.23% 42.359 4 Modelo:Cita_libro"," 4.72% 27.656 3 Modelo:Cita_enciclopedia"," 2.57% 15.029 1 Modelo:1000"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.296","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4167812,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1310","timestamp":"20190609152510","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Politeu00edsmo","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Polite%C3%ADsmo","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9163","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9163","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2008-01-20T18:26:51Z","dateModified":"2019-03-30T07:37:13Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/6b/The_mythological_Trinity_or_Triad_Osiris_Horus_Isis.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":140,"wgHostname":"mw1322"););