Skip to main content

Mente Índice Xeneralidades | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"ment""Google definition, "mind": "The element of a person that enables them to be aware of the world and their experiences, to think, and to feel; the faculty of consciousness.."""Definició: ment""Filosofia de la ment"La mente humanaThe Mind and Its Place in Nature4100ID4019830-3mind

Multi tool use
Multi tool use

Psicoloxía


percepcióncogniciónemociónhumanosformas de vidapensamentospersonalidadeintelixenciacerebropsicoloxíafilosofía da mentesistema nervioso centralrelixiónalmateoloxíaalmadivinaZoroastroBudaPlatónAristótelesAdi Shankarafilósofos gregosindiosmusulmánspsicoloxíacerebrofilosofía da menteEcclespremio Nobel de MedicinaPoppermaterialistamateriaretroalimentaciónmaterialismo dialécticomaterialismo redutivoontolóxicodualidadeRené DescartesHoward GardnerintelixenciapensamentoPiaget










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

1000 12/16



Mente




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura






A mente observa e interpreta a realidade.


A mente[1] é a construción psicolóxica que aglutina os actos de percepción, cognición ou emoción, é dicir, o conxunto das funcións psíquicas,[2] unha característica dos humanos, pero que tamén pode ser válida para outras formas de vida[3][4] e intelectuais.[5]


É a que dá consistencia ás impresións e pensamentos do suxeito, o que lle permite ter consciencia e personalidade diferenciada dos demais. O termo tamén se emprega como un posible sinónimo do que consideramos intelixencia.[2] Segundo o punto de vista adoptado, a mente pode ser un compoñente do cerebro ou unha entidade separada, pertencendo a outro plano explicativo. Existen tres vías principais de abordaxe:


  • A unidade de todo o corpo (a mente non é máis que o cerebro), como pensan os seguidores do materialismo.

  • Aqueles que defenden un dualismo estrito.

  • Os partidarios do emerxentismo, que cren que a mente pode xurdir do físico e está ligada indisolublemente pero que o transcende.

A mente é o obxecto fundamental de estudo da psicoloxía, aínda que como concepto e parte distintiva do individuo, afecta a outras disciplinas como a filosofía (no século XX xurdiu unha póla específica, a filosofía da mente, que se define como a póla que estuda a natureza dos fenómenos e procesos mentais, e a relación que estes teñen cos diversos comportamentos que atopamos no ser humano, a través das conexións que se poden estabelecer co sistema nervioso central.).[6] Para a relixión, é semellante á natureza da alma, é o que permite falar dun "eu" racional e único e asimílase ó principio vital. Antigamente recibía o nome de espírito. As teorías precientíficas baseadas na teoloxía concentrábanse na presunta relación entre a mente e a alma, a esencia sobrenatural, divina ou outorgada polos deuses ós homes.


Houbo moitas teorías sobre a mente e o seu funcionamento. As primeiras especulacións documentadas son de pensadores com Zoroastro, Buda, Platón, Aristóteles, Adi Shankara e outros antigos filósofos gregos, indios e, posteriormente, musulmáns. Malia que moitos destes filósofos a miúdo afirmaban a existencia dunha mente cósmica, común a todos os seres humanos ou a todo o universo, esta idea caeu en desuso ou foi adoptada para outros conceptos, así que modernamente entendemos a mente como algo sobre todo individual (aínda que influída polos outros).




Índice





  • 1 Xeneralidades


  • 2 Notas


  • 3 Véxase tamén

    • 3.1 Bibliografía


    • 3.2 Ligazóns externas





Xeneralidades |


En psicoloxía é común distinguir entre mente e cerebro, aínda que a mente emerxe do cerebro. Porén, está máis vinculada á disciplina chamada filosofía da mente. Algúns científicos e filósofos sostiveron que o cerebro é condición necesaria, pero non suficiente, para que a mente realice as súas funcións. Por exemplo, Eccles, neurólogo e premio Nobel de Medicina, ou Popper, filósofo da ciencia. Se ben con posturas diferentes, ningún dos dous identifica o pensamiento coa actividade cerebral.[7]


Desde unha posición materialista, a mente é materia que se analiza a si mesma (retroalimentación de sistemas materiais). É dicir, na súa evolución, a materia pasou de estados caóticos a estados organizados inorgánicos, logo a estados orgánicos, e finalmente consegue analizar estados actuais para lograr estados sucesivos. A materia organizaríase en sistemas autorregulados. Uns exemplos poderían ser o materialismo dialéctico ou tamén o materialismo redutivo propio das ciencias denominadas duras, como a física e a química.


Hai que salientar que non é o mesmo referirse á mente como o comportamento da materia, ou referirse á mente como algo paralelo e distinto á materia, mais con existencia propia e estatuto ontolóxico. O exemplo máis coñecido é a dualidade establecida por René Descartes dunha mente distinta ao corpo pero unida a el: penso, logo existo. Estas diferenzas non son menores posto que abren discusións tales como: todos os animais teñen mente ou só os animais humanos a teñen?


Desde as neurociencias a mente pode considerarse unha experiencia subxectiva creada pola actividade cerebral coa finalidade de producir un punto de referencia para o movemento[8]. Sendo así, a mente pode considerarse unha función máis do cerebro encargada de organizar a conduta cara obxectivos determinados e que produce unha experiencia subxectiva coñecida como "eu" arredor da cal se organiza o movemento (conduta). A función mental sería unha propiedade emerxente do cerebro como a función dixestiva o é do aparato dixestivo.


Para Howard Gardner a mente consiste nun conxunto de mecanismos de computación específicos e independentes. A intelixencia emerxe da supraestrutura conformada polas estruturas mentais[9]. As estruturas mentais serían accións cumpridas, ou en potencia exteriorizadas en movemento, ou interiorizadas en pensamento. Para Piaget a estrutura elemental do coñecemento é o esquema. Diferenciaba as operacións concretas das formais[10], o que permitiría diferenciar tres compoñentes da mente:


  • A mente concreta, que realiza os procesos básicos do pensamento, base da análise-síntese: observación, comparación, relación, clasificación.

  • A mente práctica, a cal realiza procesos directivos e executivos de pensamento, relaciona as causas cos efectos, e os medios cos fins. É a base da intelixencia e os metacompoñentes da mesma, tal e como os denomina Robert Sternberg na súa teoría triárquica da intelixencia.

  • A mente abstracta, que realiza procesos de reflexión consciente, accede ás súas propias representacións e modifícaas. A razón é a facultade superior de coñecemento, xa que fai abstracción de todo o seu contido. Así o propuña Kant na súa Crítica da razón pura.


Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mente.


  2. 2,02,1 "ment". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 



  3. Dictionary.com, "mind": "1. (in a human or other conscious being) the element, part, substance, or process that reasons, thinks, feels, wills, perceives, judges, etc.: the processes of the human mind. 2. Psychology. the totality of conscious and unconscious mental processes and activities. 3. intellect or understanding, as distinguished from the faculties of feeling and willing; intelligence." (en inglés)



  4. Google (ed.). "Google definition, "mind": "The element of a person that enables them to be aware of the world and their experiences, to think, and to feel; the faculty of consciousness.."" (en inglés). 


  5. Institut d'Estudis Catalans (ed.). "Definició: ment". Diccionari de la Llengua Catalana. Consultado o 16 de maio de 2013. 


  6. "Filosofia de la ment". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 


  7. Popper, Karl Raimund; Eccles, John C. (1985). El yo y su cerebro (en castelán). Labor. ISBN 978-84-335-1712-8. 


  8. Rodolfo Llinás (2003). El cerebro y el mito del yo, el papel de las neuronas en el pensamiento y el comportamiento humanos (en castelán). Norma. ISBN 9580467986. 


  9. Howard Gardner (2016). Estructuras de la mente: la teoría de las inteligencias múltiples (en castelán). Ciudad de México: Fondo de Cultura económica. ISBN 978-607-16-3457-3. 


  10. Jean Piaget (1994). Seis estudios de psicología (en castelán). Labor. ISBN 9788433535023. 



Véxase tamén |





Bibliografía |


Xeral

  • José Luis Pinillos (2001). La mente humana (en castelán). Ediciones Temas de Hoy. ISBN 9788484601388. 
Ciencia

  • Eric Kandel: Psychiatrie, Psychoanalyse und die neue Biologie des Geistes, Suhrkamp, Frankfurt del Main, 2006 ISBN 3-518-58451-0 (en alemán)


  • Hartmann Hinterhuber: Die Seele. Natur- und Kulturgeschichte von Psyche, Geist und Bewusstsein, Springer, Viena, 2001 ISBN 3-211-83667-5 (en alemán)

  • Jean E. Charon: Der Geist der Materie, Ullstein Sachbuch, 1982, ISBN 3-548-34074-1 (en alemán)

Filosofía

  • Uwe Meixner (Hg.): Zur Geschichte der Philosophie des Geistes, De Gruyter, Berlín, ISBN 3-11-017405-7. (en alemán)


  • Rudolf Hildebrand: Geist, Niemeyer, Halle, 1926 (en alemán)


  • John Searle: Geist. Eine Einführung, Suhrkamp, Frankfurt del Main, 2006, ISBN 3-518-58472-3. (en alemán)


  • Ansgar Beckermann: Analytische Einführung in die Philosophie des Geistes., De Gruyter, Berlín i altres., 2001, ISBN 3-11-017065-5. (en alemán)


Ligazóns externas |


  • C. D. Broad, The Mind and Its Place in Nature, 1925. (en inglés)



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mente&oldid=5036936"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.356","walltime":"0.489","ppvisitednodes":"value":928,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":21012,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1446,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":4,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":10205,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":5,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 441.742 1 -total"," 37.34% 164.967 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 33.97% 150.041 1 Modelo:Listaref"," 17.27% 76.308 4 Modelo:Cita_web"," 15.04% 66.421 2 Modelo:GEC"," 12.77% 56.428 5 Modelo:Cita_libro"," 12.22% 53.990 1 Modelo:Commonscat"," 11.50% 50.804 1 Modelo:Irmáns"," 10.73% 47.415 1 Modelo:Caixa_lateral"," 2.97% 13.124 2 Modelo:Icona_en_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.210","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3954890,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1252","timestamp":"20190606072723","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Mente","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Mente","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q450","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q450","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2011-01-11T20:45:18Z","dateModified":"2019-01-17T19:33:43Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/0/07/Ernst_Mach_Inner_perspective.jpg","headline":"conxunto de facultades cognitivas"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":193,"wgHostname":"mw1241"););7ODxSuF6j,0vz8a 8mcP ilV6jvvFwJk,PRroLzNHxWMzhH UwgSPYSaXkCvIvGpgDB
Y,OwbvKeXwt0Gicz,Qn4PpSbJ3MM85dq3iXS,ld4TyIW r,p2SHDruTFAGZNkpLWQAxLO8n7q1,4,T56Nk,l1H42,Q

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020