Ludwig Wittgenstein Índice Biografía | Pensamento | Obras | Curiosidades | Véxase tamén | Menú de navegacióneTrinity College ChapelLudwig WittgensteinWorldCat24609378ADV1021599990065407000034580XX98726811929322k191681373766a10462673DA00473148ID000861625328441186343131861ID0000 0001 2099 9171n7903205814122537ID0000002679400461264jn199900092203561590561641000044820068339445ID36986OL145574A22860381840929206991w6ks6qg8027198715ludwig-joseph-wittgenstein500270292Wittgenstein-3
Filósofos de AustriaNados en VienaNados en 1889Finados en 1951Finados por cancro
Viena26 de abril1889Cambridge29 de abril1951filósofoaustríacoBerlínManchesteraeronáuticaBertrand Russellaeronáuticaaerodinámicalóxicafilosofía1912Bertrand RussellNoruegaprimeira guerra mundialexércitoreflexións filosóficas1921artistas intelectuaisAustriaViena19201929catedrático19371947segunda guerra mundialcancro1953lóxicafilosofía da linguaséculo XX192119561958positivismolóxicalinguaxe científicalinguaxeimaxemundoideamorteconvivencia socialbondadeser humanosensibilidademusicalarquitecturaesculturaamizadeacadémico
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Insurrecci%C3%B3n_nacional_eslovaca" title="Insurrección nacional eslovaca"u003EInsurrección nacional eslovacau003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Ludwig Wittgenstein
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Ludwig Josef Johann Wittgenstein | |
---|---|
Ludwig Wittgenstein en 1910. | |
Ludwig Wittgenstein - Filosofía do século XX | |
Nacemento | 26 de abril de 1889, Viena, Imperio Austrohúngaro |
Morte | 29 de abril de 1951, Cambridge, Inglaterra |
Filosofía | Filosofía analítica |
Intereses principais | Lóxica, metafísica, filosofía da linguaxe, filosofía das matemáticas, filosofía da mente e epistemoloxía |
Influencias | Agostiño de Hipona, Fiódor Dostoievski, Gottlob Frege, Johann Wolfgang von Goethe, William James, Søren Kierkegaard, George Edward Moore, Bertrand Russell, Arthur Schopenhauer, Oswald Spengler, Baruch de Spinoza e Lev Tolstoi |
Influente en | Bertrand Russell, George Edward Moore, Frank P. Ramsey, Círculo de Viena, Alfred Jules Ayer, Rudolf Carnap, Alan Turing, Elizabeth Anscombe, Peter Strawson, Gilbert Ryle, Saul Kripke, Michael Dummett, Hilary Putnam, Noam Chomsky, Donald Davidson, Daniel Dennett, John Searle, Bernard Williams, John McDowell, Crispin Wright, Richard Rorty, Stanley Cavell, Robert Brandom, Simon Blackburn, Hans Sluga, David Bloor, Paul Feyerabend, Hubert Dreyfus, Barry Stroud, Colin McGinn, Peter Hacker, Ian Hacking, Eleanor Rosch, George Lakoff, Hazel Rose Markus, Herbert H. Clark, Pierre Bourdieu e Leitão Condé |
Ludwig Wittgenstein, nado en Viena o 26 de abril de 1889 e finado en Cambridge o 29 de abril de 1951, foi un filósofo austríaco.
Índice
1 Biografía
2 Pensamento
3 Obras
4 Curiosidades
5 Véxase tamén
5.1 Bibliografía
5.2 Ligazóns externas
Biografía |
Fillo dun próspero industrial do aceiro. Na casa paterna criouse xunto cos seus sete irmáns, nun ambiente rico en estímulos culturais e artísticos. Ludwig empezou estudos de enxeñería na universidade de Berlín e continuounos en Manchester, dedicándose á investigación aeronáutica durante varios anos. Pero despois de ler os Principia Mathematica, de Bertrand Russell, os seus intereses pasaron da aeronáutica e a aerodinámica aos problemas da fundamentación das matemáticas e posteriormente á lóxica e á filosofía. A partir de 1912 seguiu os seus estudos en Cambridge baixo a dirección de Bertrand Russell e empezou a ocuparse intensivamente da investigación filosófica. Para poder concentrarse mellor nos seus estudos, marchou a vivir en soidade a Noruega. Alí sorprendeuno o estoupido da primeira guerra mundial e Wittgenstein alistouse no exército austro-húngaro. Isto non lle impediu seguir coas súas reflexións filosóficas, que foi apuntando nunha serie de cadernos, de modo que, ó final da guerra, cando caeu prisioneiro dos italianos, tiña o manuscrito do seu Tractatus Logico-Philosophicus practicamente acabado. Esta obra foi publicada no ano 1921 en alemán e, un ano despois, en versión bilingüe inglés-alemán.
Tras repartir boa parte da substanciosa herdanza paterna entre as súas irmás e un grupo de artistas intelectuais, Wittgenstein levou unha vida austera e retirada, primeiro como mestre de escola en Austria e despois como xardineiro nun convento de Viena entre os anos 1920 e 1929. Neste último ano, Wittgenstein volveu os seus intereses filosóficos e decidiu volver aos seus estudos en Cambridge, onde foi nomeado catedrático no ano 1937, cargo que ocupou ata 1947, con excepción dun breve período no que exerceu como enfermeiro voluntario durante a segunda guerra mundial. Nacionalizado inglés en 1938, Wittgenstein morreu de cancro en Cambridge no ano 1951. Nos últimos anos da súa vida redactou as Investigacións filosóficas, que serían publicadas postumamente en 1953.
Pensamento |
Wittgenstein fixo contribucións decisivas á filosofía moderna, sobre todo nos campos da lóxica, filosofía das matemáticas, filosofía da lingua e á filosofía da mente, converténdose nun dos filósofos máis influentes do século XX. En vida só publicou unha obra, o Tractatus Logico-Philosophicus en 1921. Ademais das obras citadas, escribiu Observacións filosóficas sobre os principios das matemáticas (1956) e as notas ás Investigacións, coñecidas co nome de Cadernos azul e marrón (1958).
No pensamento de Wittgenstein poden distinguirse dúas etapas:
- A primeira ven marcada pola publicación do Tractatus Logico-Philosophicus, no que trata de dar saída aos problemas non resoltos do positivismo clásico respecto as matemáticas, a ciencia e a filosofía. Para el, a filosofía non é un saber,senón unha actividade, e a súa finalidade é aclarar as proposicións; así, a filosofía circunscríbese a unha análise da linguaxe.
- A segunda etapa queda definida pola súa obra Investigacións Filosóficas, publicada postumamente en 1953. Este libro da orixe a corrente denominada Filosofía Analítica, que centra a súa reflexión no estudo da linguaxe como único modo de resolver os problemas filosóficos.
Obras |
Á súa principal obra é o Tractatus Logico-Philosophicus. E a base de refundir diversos manuscritos, publicouse unha obra co título de Círculo de Viena. O Tractatus adianta e defende por primeira vez a tese fundamental do positivismo lóxico: a lóxica é substancialmente unha análise da linguaxe científica. Ten por obxecto o estudo dos fundamentos lóxicos da linguaxe, isto é, de todo sistema de signos que exprese pensamentos. Este fundamento consiste en establecer as relacións que existen entre as cousas e as proposicións da linguaxe, relación pola cal as proposicións son imaxes lóxicas das relacións reais. Todo pensamento, toda linguaxe e, en xeral toda forma de comunicación non son máis ca unha imaxe lóxica desta especie.
O que non se pode expresar coa linguaxe no pode nin sequera ser representado, formulado ou comunicado de ningunha maneira. Isto non impide que haxa cousas inexpresables; pero estas móstranse na linguaxe e, polo tanto, entran a formar parte da constitución lóxica dos símbolos. Disto derívase a limitación da fin da filosofía á rectificación da linguaxe de maneira que se eliminen todos os problemas que non poden expresarse nunha linguaxe correcta. Non existen coñecementos filosóficos; Wittgenstein afirma que: "a filosofía non é unha doutrina, senón que unha actividade". O resultado da filosofía non consiste en proposicións filosóficas, senón no esclarecemento das mesmas. Ela debe determinar os límites do que é pensable e do que non é impensable. Wittgenstein parte do mundo concibido como a totalidade dos feitos acaecidos, e da linguaxe considerada coma a totalidade de proposicións expresivas dos feitos. As proposicións son, á súa vez, feitos con significado e expresan outros feitos do mundo. A linguaxe é a representación lóxica do mundo; polo tanto, a representación lóxica dos feitos é o pensamento, de modo que a totalidade dos pensamentos verdadeiros é unha representación do mundo.
Curiosidades |
Aínda que de temperamento irritable, nervioso e depresivo, Wittgenstein foi un home dunha personalidade fascinante, que viviu atormentado pola súa esixencia de autenticidade, polo traballo e pola idea da morte. Difícil para a convivencia social e con escasa estima pola bondade e as calidades do ser humano, sentiu a miúdo a necesidade de illarse da xente e de vivir en completa soidade.
Wittgenstein estaba dotado dunha grande sensibilidade artística e musical e os seus intereses abarcan non só a filosofía e as matemáticas, senón tamén a aeronáutica, a arquitectura e a escultura. Aínda que gozou do recoñecemento e a amizade dos filósofos máis importantes do seu tempo, non se sentiu a gusto dentro do mundo académico, e prefería vivir en soidade.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ludwig Wittgenstein |
Bibliografía |
- Barrett, Cyril. Wittgenstein on Ethics and Religious Belief. Blackwell, 1991.
- Beaney, Michael (ed.). The Frege Reader. Blackwell, 1997.
Ligazóns externas |
- Trinity College Chapel
Ludwig Wittgenstein en Find a Grave (en inglés)
|
Categorías:
- Filósofos de Austria
- Nados en Viena
- Nados en 1889
- Finados en 1951
- Finados por cancro
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.700","walltime":"1.389","ppvisitednodes":"value":567,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":29001,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2364,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":40,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":41,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1316.652 1 -total"," 90.27% 1188.567 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 4.95% 65.174 1 Modelo:Filósofo"," 4.67% 61.473 1 Modelo:Infobox"," 3.38% 44.448 1 Modelo:Commonscat"," 3.08% 40.578 1 Modelo:Irmáns"," 2.76% 36.352 1 Modelo:Caixa_lateral"," 1.74% 22.954 1 Modelo:IAH"," 0.88% 11.534 1 Modelo:1000"," 0.69% 9.051 1 Modelo:Icona_en_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.579","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6961919,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1328","timestamp":"20190606105233","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Ludwig Wittgenstein","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Ludwig_Wittgenstein","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9391","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9391","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-04-15T21:22:52Z","dateModified":"2018-05-07T23:32:59Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/75/Ludwig_Wittgenstein_1910.jpg","headline":"filu00f3sofo austru00edaco"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":204,"wgHostname":"mw1267"););