Pedro I de Rusia Índice Nacemento e familia | Acceso ao poder e carácter | Política militar | Modernización de Rusia | Véxase tamén | Menú de navegaciónonline edition"The Epiphany Ceremony of the Russian Court in the Sixteenth and Seventeenth Centuries"13008010.2307/130080online editiononline editiononline editioneWorldCat30329184ADV1148990690154816XX84840411945657h3826088a11313730cnp01261209ID001004791615390050128118592955ch00421200000 0001 2126 3465n8012617100621325jn2000072022435696628000078365mp55336070206953OL686279A435633196564w6wh2vtx027408183pietro-i-il-grande-imperatore-di-russia500288795Romanov-63
Iuri DolgorukiyAndrei I BogolyubskyMiguel de VladimirVsevolod de RusiaIuri II de VladimirConstantino de RostovIuri II de VladimirIaroslav II de VladimirSviatoslav III de VladimirAndrei II de VladimirAlexandre NevskiYaroslav de TverBasilio de KostromaDemetrio de PereslavlAndrei de GorodetsMiguel de TverIury de MoscovaDemetrio de TverAlexandre de TverIván ISimeón de RusiaIvan IIDemetrio de SuzdalDemetrio DonskoyBasilio IBasilio IIIván IIIBasilio III
Emperadores de RusiaNados en MoscovaNados en 1672Finados en 1725Dinastía Romanov
rusorusoruso9 de xuño16728 de febreiro1725tsarAlexis INatalia NarishkinaTeodoro IIIRusiaDinastía Romanov7 de maioIván V de Rusiaeuropeos1676Alexis I de RusiaTeodoro III de Rusia1682Iván V de Rusia1696DumaRusiaNatalia NaryshkinaSofía de RusiaRebelión dos StreltsytraumaSofia de RusiarexenciaRusiaCrimeaPrusiaPaíses BaixosCompañía holandesa das Indias orientaisÁmsterdamDeptfordLondresLiexaSpabalneariospaOlonetsbustoIsaac NewtonStreltsy2 de novembro1721Catarina I de Rusia1697AzovTaganrog1698TurquíaTaganrogmariña de guerraGolovinCornelius CruysTaganrogDinamarcaPoloniaSueciaCarlos XII1700mar Bálticobatalla de NarvaEstoniarío NevaSan PetersburgoGolovchinbatalla de LesnayaUcraínaPoltava27 de xuño1709Imperio otománAhmet IIILivoniaLetoniaEstonia17181721tratado de Nystad5 de setembro1698rubloskópeckservidumecalendario xulianoalfabeto cirílicoxornallingua rusa1703NevaSan PetersburgoIgrexa ortodoxacobre17001721Santo Sínodo
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Insurrecci%C3%B3n_nacional_eslovaca" title="Insurrección nacional eslovaca"u003EInsurrección nacional eslovacau003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Pedro I de Rusia
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Pedro I de Rusia | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 30 de maio de 1672 |
Moscova | |
Falecemento | 28 de xaneiro de 1725 |
Moscova | |
Pai | Alexis I de Rusia |
Nai | Nataliya Naryshkina |
Cónxuxe | Eudoxia Lopukhina e Catarina I de Rusia |
Fillos | Alexei Petrovich, Ana Petrovna da Rússia, Isabel I de Rusia, Natália Petrovna da Rússia, Pedro Petrovich da Rússia, Natàlia Maria Petrovna, Alexander Petrovich e children of Peter I of Russia |
Relixión | Cristianismo ortodoxo e Igrexa ortodoxa rusa |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pedro o Grande (en ruso: Пётр Вели́кий, Pyotr Velikiy), Pedro I (en ruso: Пётр I, Pyotr I) ou Pedro Alekséyevich (en ruso: Пётр Алексе́евич, nado o 9 de xuño de 1672 e finado o 8 de febreiro de 1725, foi fillo do tsar Alexis I e da súa segunda dona Natalia Narishkina e sucesor do seu irmán Teodoro III, foi un dos máis destacados gobernantes da historia de Rusia, pertencente á Dinastía Romanov. Gobernou Rusia dende o 7 de maio (27 de abril calendario xuliano) até a súa morte, e antes de 1696 fíxoo xunto co seu débil e enfermizo irmán, Iván V de Rusia. Levou a cabo un proceso de occidentalización e expansión que transformou a Rusia moscovita en un dos grandes poderes europeos.
Índice
1 Nacemento e familia
2 Acceso ao poder e carácter
3 Política militar
3.1 Guerra contra Turquía
3.2 Guerra ruso-sueca
4 Modernización de Rusia
5 Véxase tamén
5.1 Bibliografía
Nacemento e familia |
No ano 1676 morreu o tsar Alexis I de Rusia. Nun primeiro momento accedeu ao trono o medio irmán de Pedro, o tsar Teodoro III de Rusia, que morreu en 1682 sen descendencia. Accedeu ao trono outro medio irmán, o tsar Iván V de Rusia que faleceu tamén sen descendencia en 1696.
O reinado de Iván orixinou numerosas dificultades dinásticas. Por unha banda significou o conflito entre as familias Miloslavskya e Naryshkina. Por outra banda, as continuas doenzas de Iván levaran a que a Duma, o Parlamento estamentario ruso, escolla a Pedro, con tan só dez anos, como tsar de Rusia, aínda que baixo a rexencia da súa nai, Natalia Naryshkina.
Este nomeamento levantou as iras dos Miloslavskya e, entón, a gran duquesa Sofía de Rusia, media irmá de Pedro, liderou unha revolta, coñecida como a Rebelión dos Streltsy. O conflito orixinado polos streltsy provocou importantes episodios de mortaldade no seo da familia de Pedro, chegándolle a causar un importante trauma, tal e como teñen afirmado algúns expertos.
Finalmente, a revolta acabou con un pacto de familia, polo cal Iván e Pedro serían tsares conxuntamente e Sofia de Rusia exercería a rexencia e o poder completo sobre Rusia. Durante moitos anos afirmouse que a rexente era unha muller cruel e maquiavélica, pero debe notarse que durante a súa rexencia non foi asasinado, nin desterrado, ningún membro da familia de Pedro.
Pedro non pareceu particularmente interesado no feito de que outra persoa gobernase no seu lugar. Envorcouse en numerosos pasatempos, como a construción de naves e nas regatas. Esas naves foron usadas para batallas figuradas.
Entanto súa nai prepara o matrimonio de Pedro, que se efectúa en 1689, con Eudoxia Lopukhina. A unión é un completo fracaso e logo de dez anos Pedro, a fin de liberarse daquel matrimonio, obrigará á esposa a facerse monxa.
Acceso ao poder e carácter |
No verán de 1689, Pedro planifica tomar o poder, que ten Sofía, cuxa posición está debilitada polo desastre da guerra en Crimea.
Cando Sofía descobre as intencións de seu medio irmán, tentou conspirar cos xefe dos Strelsy, mais era xa tarde de máis: a maior parte deles seguen ao tsar mozo. Sofía acaba destronada. Pedro entanto mantén a comedia da correxencia co medio irmán.
Malia todo, non ten aínda o completo control da xestión dos asuntos de Rusia, pois parte do poder está de feito en mans da súa mai Natalia Naryshkina. Só a morte desta, no 1694, converte a Pedro no posuidor de todo o poder.
Formalmente Iván V, segue como correxente con el, pero na realidade carecía de nigún poder. Co falecemento de Iván, no 1696, Pedro é o gobernante único de Rusia.
Moi logo, Pedro reformou Rusia, empurrando o país cara a modernidade. Fortemente influenciado polos seus conselleiros occidentais, reorganizou as forzas armadas rusas, seguindo os parámetros europeos, soñando facer de Rusia unha potencia marítima importante. Fixo fronte á oposición de varios políticos rusos e reprimiu con brutalidade calquera rebelión contra a súa autoridade.
En 1697, inscribiuse anonimamente, co nome de Pedro Mikhailov, nunha misión diplomática, denominada a «Grande Embaixada», que visitou primeiro Prusia, onde estudou principalmente a artillaría, logo pasou ao Imperio dos Habsburgos, aos Países Baixos, nos que traballou como un simple obreiro nos estaleiros da Compañía holandesa das Indias orientais, e na Inglaterra, onde seguiu a completar os seus coñecementos teóricos en materia de construción naval, que estudou en Ámsterdam e Deptford (Londres). Aínda que foi recibido amigabelmente ao longo das súas viaxes, non era considerado sempre como un igual das grandes coroas europeas. Un dos obxectivos máis importantes da «Grande Embaixada» era o de recrutar especialistas e profesionais, sobre todo para a mariña de guerra rusa. Cada visita era a ocasión para que se lle suscitasen proxectos diversos. Cando realizou unha estadía no principado de Liexa, en Spa, localidade famosa polo seu balneario, en 1714, para « tomar as augas », comprou unha boa cantidade de obxectos artesáns locais (Jolités de Spa), concibindo o proxecto de abrir un spa ruso en Olonets. Aínda hoxe o manancial máis célebre en Spa, leva o nome de "Pierre le Grand". Un busto do tsar, ofrecido polo príncipe Anatoli Demidoff, foi colocado alí en 1856.
Despois de volver a Rusia, reformou a ciencia, incluíndo os descubrimentos de Isaac Newton (dos que tivo coñecemento na Europa occidental) e reprimiu a rebelión dos Streltsy (os gardas imperiais rusos), que tentaran axudar a súa media irmá Sofía, que tencioaba eliminalo.
O 2 de novembro de 1721, o senado de Rusia outorgou a Pedro o título de emperador de todas as Rusias, sendo recoñecido como tal, con rapidez, polos reis de Polonia, de Prusia e de Suecia. En 1724, coroou a súa segunda muller, Catarina, con título de emperatriz. A parella levaba unida desde 1703, ano no que Pedro a coñecera na casa do seu mellor amigo, Aleksandr Menshikov (1673-1729). Naquela altura era coñecida como Marta Skavronskaya, e era unha ex-campesiña de 20 anos, doméstica e ama de chaves de Menshikov. Namoráranse de contado e casaron en 1712. Marta tomou entón o nome de Catarina, dando ao futuro emperador dous fillos, dos cales un morreu ao pouco do seu matrimonio. Despois da morte de Pedro en 1725, a dona subiu ao trono como Catarina I de Rusia, falecendo apenas dous anos logo.
Política militar |
Guerra contra Turquía |
En 1697 Pedro puxo a proba, por vez primeira, o seu exército, derrotando os tátaros de Crimea, dependente naquela altura do Imperio otomán, apoderándose do porto de Azov e fundando a fortaleza e máis o porto de Taganrog en 1698. Polo tratado de Constantinopla, os rusos obtiveran precisamente Azov et Taganrog, e o dereito a manter un ministro permanente na Turquía. Esta campaña marcou a primeira ofensiva militar exitosa do exército ruso en terreo estranxeiro logo de varios séculos, elevando Rusia como un país importante na política europea. Taganrog foi a primeira base da mariña de guerra rusa, comandada polo almirante Golovin e o vice-almirante Cornelius Cruys, que foi o primeiro gobernador de Taganrog, 1698-1702 e, máis logo, en 1711.
Guerra ruso-sueca |
Rusia, aliada con Dinamarca e máis Polonia, entrou en guerra contra a Suecia de Carlos XII en 1700, que se apoderara de territorios rusos do mar Báltico cincuenta anos atrás. Con isto, quería lavar o que consideraba unha deshonra, pensando en preparar o seu soño dunha Rusia que fose unha potencia naval, para o cal a ocupación sueca desa zona era un obstáculo). Suecia, que tiña un exército importante e estaba conducida por un xove máis brillante estratego, Carlos XII, mantivo unha guerra que foi máis longa e máis dura do que pensara Pedro.
O exército ruso, non preparado suficientemente, tivo que enfrontarse a un exército sueco profesional. A primeira tentativa para facerse con a costa báltica, terminou con a batalla de Narva en 1700, non transcurso da cal Carlos XII, á cabeza de 8.000 suecos, venceu a 80.000 rusos. Carlos entón atacou a Pedro de Rusia, e ao seu aliado, o rei Augusto II de Polonia. Durante os oito anos seguintes, os suecos arrasaron Polonia e Saxonia, forzando a Augusto a abandonar o seu trono. Finalmente, en 1708, Carlos invadiu Rusia, con intención de tomar Moscova e destronar a Pedro.
Ao mesmo tempo, Pedro iniciou unha campaña nova nos países bálticos, contra un número menor de tropas suecas. Conquistou entón as terras da actual Estonia e a desembocadura do río Neva, onde fundaría a cidade de San Petersburgo en 1703. Coidando que podería vencer a Pedro en calquera momento, Carlos ignorou e desprezou as campañas do seu inimigo.
Logo topar con el en Rusia en 1708, Carlos venceuno en Golovchin, o 3 de xullo de 1708, porén nese mesmo ano foi derrotado por Pedro, por vez primeira, na batalla de Lesnaya, o 28 de setembro de 1708, logo de que Pedro esmagase a á esquerda do exército sueco, que ía a xuntarse co groso do exército de Carlos en Riga. A causa desta derrota, Carlos veuse forzado a abandonar a súa marcha sobre Moscova. Non podendo avanzar máis cara o Leste, Carlos invadiu Ucraína.
Pedro utilizou entón a vella técnica da « terra queimada », que tivo como consecuencia a imposibilidade de reabastecer o exército sueco. Este sufriu moitísimo nun inverno particularmente frío, como foi o de 1708-09, mais Carlos retomou a campaña ucraína no verán de 1709, esperando poder forzar a Pedro a abdicar.
Mais achouse con un Pedro moito máis agresivo. Ambos monarcas libraron encontro en Poltava, o 27 de xuño de 1709. Os anos de traballo de Pedro, a prol de mellorar o exército ruso, foron recompensados cando inflixiu un derrota esmagante aos suecos, provocándolles cerca de 10.000 mortos e cativando o resto dos soldados sobreviventes. Carlos fuxiu entón para o Imperio otomán, que se mantivera neutral, solicitando a axuda do sultán Ahmet III para unha nova campaña.
Pedro lanzou un ataque contra os otománs en 1711, mais sufriu unha pesada derrota. No subseguinte tratado de paz, Rusia cedeu os portos de Azov e Taganrog, dos que se apoderara en 1697. O sultán non quixo aliarse con Carlos XII, e mesmo o expulsou do seu imperio en 1714.
No Norte os exércitos de Pedro conquistaron a provincia sueca de Livonia (a metade setentrional da Letonia moderna e máis a Estonia meridional), e atacaron de novo aos suecos en teras da actual Finlandia. Carlos negouse a asinar un tratado de paz, e só a súa morte en batalla no 1718, permitiría parar as hostilidades. En 1721, o tratado de Nystad encerrou o que se coñece como a Grande Guerra do Norte, por el as costas do mar Báltico ao Sur da fronteira finlandesa, que pertencían a Rusia, pasaron a Rusia.
Modernización de Rusia |
Para cambiar os vellos costumes rusos, Pedro aplicou con frecuencia medidas draconianas. Impuxo, por exemplo, desde o 5 de setembro de 1698, un imposto particular sobre os rusos máis ricos. Estes, salvo os sacerdotes, debía pagar cen rublos anuais, entanto que o resto da poboación só debería apeitar un kópeck por persoa. Esta taxa, como outras medidas, serviu para a modernización de Rusia, porén foran de tal alcance, que se creou un abismo entre a elite rusa e o campesiñado abrumadoramente maioritario, até o punto que a servidume foi reinstaurada.
Unha das mudanzas importantes que introduciu Pedro foi a creación dunha Tabela de rangos. Mentres os tsares anteriores conferían, cada certo tempo, nobreza a plebeos, Pedro instaurou unha base de concesión dese status, regular e formalizada: a xente común poderían mellorara a súa posición social en base aos méritos achegados no servizo do emperador.
Animou así mesmo a industria, o comercio e a instrución - enviou a mocidade a Europa Occidental, a fin de que mellorase os seus coñecementos -. O seu reinado é ben coñecido pola adopción do calendario xuliano, a simplificación do alfabeto cirílico, a introdución das cifras árabes e a publicación do primeiro xornal en lingua rusa.
Ordenou, desde 1703, a construción dunha cidade sobre o río Neva. En inicio, semella que só tiña en mente crear unhas fortificacións destinadas ao exército, durante a guerra contra Suecia. Mais a idea de erguer unha cidade sobre unha marisma, como facían os holandeses, pareceulle un desafío a cumprir. A nova cidade, San Petersburgo, converteuse na súa capital, virada resoltamente cara a modernidade e cara Occidente. Un total de cen mil obreiros foran engulidos nos pantanos sobre os que se levantara a urbe.
A Igrexa ortodoxa rusa opúñase fortemente ás reformas de Pedro. Consideraba que eran nefastas para a supervivencia das vellas tradicións rusas e perigosas para o seu poder (Pedro non dubidou en desmantelar as campás das torres das igrexas, recuperando o cobre para fabricar canóns). Logo da morte do patriarca Hadrián en 1700, Pedro non nomeou un sucesor, estabelecendo en 1721, o Santo Sínodo para rexer a Igrexa rusa, o que foi, por outra banda, o final de etapa das súas reformas.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro I de Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía |
- Bushkovitch, Paul. Peter the Great: The Struggle for Power, 1671–1725 (Cambridge University Press, 2001); 485pp online edition
Bushkovitch, Paul A. (1990). "The Epiphany Ceremony of the Russian Court in the Sixteenth and Seventeenth Centuries". Russian Review 49 (1): 1–17. JSTOR 130080. doi:10.2307/130080.- Cracraft, James. The Revolution of Peter the Great (Harvard University Press, 2003) online edition
Graham, Stephen Peter the Great: A Life of Peter I of Russia called The Great 367 pages- Grey, Ian. Peter the Great: Emperor of All Russia (1960) online edition
Hughes, Lindsey. Russia in the Age of Peter the Great. (Yale University Press, 1998) ISBN 0-300-08266-5
Hughes, Lindsey. Peter the Great and the West: New Perspectives (Palgrave Macmillan, 2001) ISBN 0-333-92009-0
Hughes, Lindsey. Peter the Great: A Biography (Yale University Press, 2002) 0-300-10300-X
Massie, Robert K. (1981). Peter the Great: His Life and World. New York City: Ballantine Books. ISBN 0-345-29806-3.- Raeff, Mafrc, ed. Peter the Great, Reformer or Revolutionary? (1963), essays by scholars; 110 pages; online edition
Troyat, Henri. Peter the Great. New York: E.P. Dutton, 1987 ISBN 0-525-24547-2- Zitser, Ernest A. "Post-Soviet Peter: New Histories of the Late Muscovite and Early Imperial Russian Court," Kritika: Explorations in Russian and Eurasian History, Volume 6, Number 2, Spring 2005 (New Series), pp. 375–392 Review of recent books.
|
|
Categorías:
- Emperadores de Rusia
- Nados en Moscova
- Nados en 1672
- Finados en 1725
- Dinastía Romanov
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.112","walltime":"1.708","ppvisitednodes":"value":2282,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":43692,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1263,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":30,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":31,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1590.842 1 -total"," 55.36% 880.643 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 33.45% 532.161 1 Modelo:Infpolitico"," 33.08% 526.202 1 Modelo:Infobox"," 31.13% 495.157 13 Modelo:Propiedade"," 2.56% 40.648 1 Modelo:Cita_publicación_periódica"," 2.26% 36.003 1 Modelo:Sen_notas"," 2.10% 33.420 1 Modelo:Ambox"," 1.80% 28.713 3 Modelo:Caixa_lateral"," 1.72% 27.323 1 Modelo:1000"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.909","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":9415421,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1302","timestamp":"20190605123214","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Pedro I de Rusia","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Pedro_I_de_Rusia","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q8479","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q8479","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-06-05T16:51:15Z","dateModified":"2019-05-22T11:04:10Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/72/Peter_der-Grosse_1838.jpg","headline":"tsar de Rusia fundador do imperio ruso"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":215,"wgHostname":"mw1265"););