Skip to main content

Monoteísmo Índice Historia | Concepto xeral | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDeuteronomio 7-3Apocalipse de San Xan"Major Religions Ranked by Size"Google PrintMonotheism in Judaism as a Harbinger of ScienceEretz AcheretStanford Encyclopedia of PhilosophyChristian Monotheism (biblical unitarians)Deismo300055992303522227931ID01246704040107-8monotheismsh8508697616

Multi tool use
Multi tool use

Teísmos


cristianismoislamxudaísmorelixiónspoliteísmopoliteísmopanteísmoIHWHAsheraAssurMardukJosiasAlexandríaPhilón de AlexandríaXerusalénImperio RomanoproselitistasGalileoMiguel ServetIslamAl-GaziliSpinozaséculo das lucesséculo XXTeoría da evolución das especiesBig Bangxudeus mesiánicosXesúsMesíasApocalipseMahdihadizMahomaescatoloxíacristianismoislamsikhismoxudaísmozoroastrismorelixións abrahámicasneoplatónicoPseudo Dionisio AreopagitaAtónantigo ExiptoAkhenatónMardukMesopotamiaTrinidadNovo TestamentoPaulo de TarsoTrinitarismoUnicidade de DeusUnitarismoUnicidade de Deusunitarismotrinitarismo










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Monoteísmo




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Manuscrito co Corán do século VII. O Corán é a base da relixión islámica.


O monoteísmo é a crenza na existencia dun único Deus.[1] O cristianismo, o islam e o xudaísmo son relixións monoteístas. Segundo esta crenza, Deus significa algo supremo, relacionado con ideas e conceptos filosóficos, distinto dun ser persoal con atributos.[2] O monoteísmo contrasta co politeísmo que é a crenza na existencia de varios deuses. As relixións monoteístas adoitan oporse abertamente ao politeísmo e ó panteísmo.[3]




Índice





  • 1 Historia

    • 1.1 Teoloxía monoteísta



  • 2 Concepto xeral

    • 2.1 No cristianismo



  • 3 Notas


  • 4 Véxase tamén

    • 4.1 Bibliografía


    • 4.2 Ligazóns externas





Historia |


A invención do monoteísmo atribúese ao pobo hebreo. Porén, este foi un proceso gradual. Primeiro IHWH fixo parte dun panteón, e até tiña unha compaña Ashera[4]. Despois pasouse ao monolatrismo[5] onde IHWH pasou a ser deus nacional (como fora antes Assur dos asirios ou Marduk dos babilonios) dos israelitas, pero recoñecíanse outros deuses noutras terras, isto aconteceu no século 7 a.C. coas reformas do rei Josias.[6] Foi a mediados do século 4 A.C. onde se impuxo o monoteísmo co deus hebreo como único e verdadeiro. Isto foi produto[7] da contradición entre as promesas bíblicas "os xudeus son o pobo elixido de Deus", e a realidade da historia de Xudea e Israel, pequenos reinos, varias veces sometidos e rematando coa desaparición do reino do norte, Israel. Descoñécese exactamente como foi, mais no século 3 a.C. a visión do mundo dos xudeus mudou coa aparición do monoteísmo e da súa verdade única. Aconteceu coma os grandes trocos científicos:


  1. Aparecen anomalías no paradigma de consenso xeral.

  2. As anomalías acumúlanse e o paradigma entra en crise.

  3. Proponse un novo paradigma.

  4. O novo paradigma faise consenso.[8]


Teoloxía monoteísta |


A etimoloxía da palabra monoteísmo ven do grego clásico "mono"=un, e "theos"=deus. Esta crenza di que hai un só deus verdadeiro, e así a teoloxía que se lle liga e a única verdadeira, único camiño de salvación. Isto vai facer que, por primeira vez na historia, vexamos conflito co único motivo da relixión. Un dos primeiros exemplos é o conflito de Alexandría entre xudeus emigrados a esta cidade e a poboación helenizada. Esta última ollaba cara os xudeus e víaos coma supersticiosos e arcaicos, cunha relixión que negaba as súas crenzas. Os xudeus pola súa banda, vivían entre eles mesmos, sen mesturarse coa poboación autóctona. O filósofo xudeu Philón de Alexandría tentou explicar ás autoridades as crenzas xudías e quitarlle tensión á situación. Foi entón cando a poboación helénica soubo que os xudeus pagaban impostos ao templo de Xerusalén e isto provocou un pródromo contra os xudeus.


No século I vai aparecer como unha póla do xudaísmo o cristianismo (que será relixión oficial e única do Imperio Romano a partir do século IV), seguíndoa o Islam que aparece en Arabia no século VII. Serán estas tres relixións (3 monoteísmos) as que forxarán o mundo tal como é hoxe. Islam e cristianismo son universalistas e proselitistas, o que vai provocaar innumerables guerras entre elas. O xudaísmo que hoxe non é proselitista[9] mantívose durante séculos vivindo en sociedades non xudías pero sen mesturarse con elas.[10] Hoxe en día en Israel non se poden casar persoas de relixións diferentes.[Cómpre referencia] Tamén cabe sinalar o freo para as ciencias que supuxeron os monoteísmos.[11] Lembremos os problemas de Galileo obrigado a desdicirse ou de Miguel Servet queimado na fogueira, tamén como a ciencia decaeu no Islam despois dos escritos de Al-Gazili.[12] Vexamos tamén como entre os israelitas Spinoza foi excluído do xudaísmo polos seus escritos.


A partir do século das luces, en occidente o monoteísmo cristián (especialmente o catolicismo) deixa de ser un freo, para a ciencia. Chegados ao século XX catolicismo e xudaísmo reformado aceptan a Teoría da evolución das especies e mais a cosmo-xénese do Big Bang.[Cómpre referencia] No entanto no Islam, xudaísmo ortodoxo e seitas evanxelistas (sobre todo nos Estados Unidos) tentan aferrarse aos textos sagrados, buscando maneiras alambicadas de casar textos e feitos científicos.[13] O monoteísmo estivo case sempre ligado ao fundamentalismo relixioso, pola idea subxacente de verdade única. Ren doutro podendo ter razón, e non sendo máis ca paganismo ou ateísmo. Outra das características dos tres grandes monoteísmos é o seu mesianismo. No xudaísmo (agás os xudeus mesiánicos que coidan que o mesías foi Xesús) agardan o Mesías nun futuro que denominan "tempos mesiánicos" que terán varias etapas:


  • Guerra de Gog e Magog (as nacións contra Israel [14]

  • Retorno do profeta Elias que traerá con sigo o Mesías

  • Tempos mesiánicos

  • t´hiato hametim (resurrección dos mortos)

  • Yom hadim (día do xuízo)

  • Olam haba (tempo da eternidade)

O retorno do Mesías no cristianismo[15] vén descrito no libro da Apocalipse ou Revelacións. Se ben a interpretación muda segundo as distintas igrexas cristiás podemos resumilo así:


  • Chegada do fin dos tempos

  • Retorno de Xesús a terra

  • Resurrección dos mortos

  • Loita co anticristo

  • Renovación da creación

  • Establecemento do reino de Deus

No Islam tamén se fala do retorno do Mahdi nos hadiz. Unha persoa, descendente de Mahoma[16] que virá no fin do tempo e anunciará a chegada de Xesús que é o Mesías e que loitaría e vencería ao falso Mesías chamado Dajjal (en árabe : المَسيح الدّجّال al-masīḥ ad-dajjāl). Logo o Mahdi e mais Xesús quedarían na terra un tempo.


Podemos ver nas tres relixións semellanza na escatoloxía. As tres comparten tamén, a idea de vida despois da morte, sendo os feitos desta vida, os que determinaran o benestar despois da morte. Isto defíneo o filósofo Michel Onfray[17] como "pulsión de morte" pois a morte, condiciona os feitos da vida.



Concepto xeral |


As relixións monoteístas máis estendidas son, en orde estimado de seguidores, o cristianismo, o islam, o sikhismo, o xudaísmo e o zoroastrismo.[18] En Occidente, o monoteísmo adoita estar dominado polo concepto de Deus das relixións abrahámicas e o concepto neoplatónico de Deus expresado polo Pseudo Dionisio Areopagita. Existen exemplos históricos de cultos monoteístas, como o culto a Atón no antigo Exipto liderado polo faraón Akhenatón, ou a Marduk en Mesopotamia.



No cristianismo |


No cristianismo existe unha notable polémica por mor do concepto da Trinidad, que é sempre considerado por outros monoteístas, en xeral, como politeísmo encuberto, algo que os trinitarios negan. Segundo algúns, o Novo Testamento declara explicitamente o monoteísmo. Paulo de Tarso escribe:


para nós, porén, só hai un Deus, o Pai, do cal proceden tódalas cousas, e nós somos para el; e un Señor, Xesucristo, por medio do cal son todas as cousas, e nós por medio del.

Primeira epístola ós corintios 8:6


Dentro dos que se denominan cristiáns, existen puntos de vista diverxentes en canto á natureza da Deidade, que se fixeron presentes durante a historia. Porén, existen tres principais correntes de interpretación: o Trinitarismo, Unicidade de Deus e Unitarismo. Os crentes da Unicidade de Deus, ó igual que o unitarismo, consideran que o trinitarismo debilita o monoteísmo estrito ensinado pola Biblia e teiman en que a Deidade non pode dividirse en persoas e que Deus é absolutamente un.



Notas |




  1. "Monotheism", Britannica, 15th ed. (1986), 8:266.


  2. Encyclopædia Britannica Online, art. "Monotheism" Accessed 23 January 2013, http://www.britannica.com/EBchecked/topic/390101/monotheism


  3. Cross, F.L.; Livingstone, E.A., eds. (1974). "Monotheism". The Oxford Dictionary of the Christian Church (2 ed.). Oxford: Oxford University Press.


  4. Increpación do ano 600 a.C. atopada na rexión de Sefelah, antigo reino de Xudea.


  5. Jean Soler "L'invention du monotheisme"


  6. Robert Paris "L´ancien testament des hebreux"


  7. Jean Soler "Pourquoi le monotheisme"


  8. Thomas Kuhn


  9. Shlomo Sand "Como fué inventado el pueblo judío"


  10. Deuteronomio 7-3: "Non emparentes con eles, non lles déa-la túa filla para un fillo deles, nin cólla-la filla deles para un fillo teu".


  11. Michel Onfray "Traité d´atheologie"


  12. Neil de Grasse conferencia "o deus dos buratos"


  13. Conferencias de William Lane Craig


  14. Ezequiel 38-39


  15. Apocalipse de San Xan


  16. Sunan Abu-Dawud, Book 36: The Promised Deliverer (Kitab Al-Mahdi) n°4271


  17. Onfray "Traité d´atheologie"


  18. "Major Religions Ranked by Size". Consultado o 2009. 



Véxase tamén |



Bibliografía |


  • Dever, William G.; (2003). Who Were the Early Israelites?, William B. Eerdmans Publishing Co., Grand Rapids, MI.


  • Köchler, Hans. The Concept of Monotheism in Islam and Christianity. Vienna: Braumüller, 1982. ISBN 3-7003-0339-4 (Google Print)

  • Kirsch, Jonathan. God Against The Gods: The History of the War Between Monotheism and Polytheism. Penguin Books. 2005.

  • Leibowitz, Ilya. Monotheism in Judaism as a Harbinger of Science, Eretz Acheret Magazine

  • Silberman, Neil A.; and colleagues, Simon and Schuster; (2001) The Bible Unearthed New York.

  • Whitelam, Keith; (1997). The Invention of Ancient Israel, Routledge, New York.


Ligazóns externas |



  • Stanford Encyclopedia of Philosophy (en inglés)


  • Christian Monotheism (biblical unitarians) (en inglés)


  • Deismo (en inglés)




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Monoteísmo&oldid=5165297"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.340","walltime":"0.491","ppvisitednodes":"value":625,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":9080,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":883,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":7464,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 445.375 1 -total"," 63.98% 284.949 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.69% 83.229 1 Modelo:Listaref"," 14.82% 65.987 1 Modelo:Cita_web"," 6.20% 27.606 1 Modelo:1000"," 5.48% 24.391 1 Modelo:Icona_en_título"," 1.35% 6.024 2 Modelo:Cómpre_referencia"," 0.63% 2.827 1 Modelo:Ifsubst"," 0.63% 2.799 1 Modelo:Cita"," 0.62% 2.765 1 Modelo:Column-width"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.189","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3982498,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1334","timestamp":"20190531193739","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Monoteu00edsmo","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Monote%C3%ADsmo","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9159","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9159","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-11-17T00:57:45Z","dateModified":"2019-05-31T19:37:34Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/93/Qur%27anic_Manuscript_-_3_-_Hijazi_script.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":157,"wgHostname":"mw1258"););P0IJkYZ2foiwpeZ0 IObjUXXidiKAgDel2Rxw3J9ctjmQXNs 3UgKr7f20ZPdi7zMzmj,lleX,L a
qeSaoPye d2BZR2,jjy,vq,CHzDJ 1X3M8AGxLOviKZClqVpk3t BhfpG4NgYr4TMPZ2wwkkHpPDJZUWo,yEF Yh2T2N,iEhLA3L

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020