Skip to main content

Tamerlán Índice Traxectoria | Subida ao poder | Período de expansión | Na India | Últimas campañas | Sucesión | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Timur"Medieval Islamic Civilization"Timur"Biografía de TamerlánA batalla de AncaraTamburlaine the Great Part OneWorldCat63984707ADV10307817161532IDXX128901011939835h41922315183a111363760116994cnp00986151ID000889566466000651091186228030000 0001 2136 280Xn5001500000621564jn2000072030761544228000092638073167959OL2246A259304w6418r4b027333868

ConquistadoresNados en 1336Finados en 1405


KeshUzbekistán9 de abril1336Otrar18 de febreiro1405Genghis KhanGenghis KhanemirTransoxianaSiriaIraqKuwaitIránAsia CentralCasaquistánAfganistánRusiaTurkmenistánUzbekistánKirguizistánPaquistánIndiaTimúridasuzbekosChaybanidesKeshSamarcandeShahr-e SabzTaraghayBarlasQarachar BarlasQarachar NoyonIslammosteiroescorpiónsCoránsufismo1358TransoxianachagataiGenghis KhanKurganKazánKhorasánKhwarizmUrganjTugluk TimurGenghis KhanTransoxiana1369BalkhSamarcandaKhanchagataiPersiaBagdadKerbalaKurdistánTokhtamyshKiptchakHorda de OuroKhwarizmRusiaMoscova1382Azerbaidjan138513951383HeratPersiaAfganistánAbu Said1335dinastía Ilkhanide139812 de setembro1398IndoPir MuhammadMultanDelhiIndia1399Mahmud ToghlukOxusAmu-DariaRuy Gonzáles de ClavijoturcosexipciosAlepoDamasco1402AnatoliaotománBaiaceto IBatalla de AnkaraImperio bizantinoEsmirnaCabaleiros de Rodas1404ChinaSyr-DariaOtrarPir MuhammadShah Rukh










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Tamerlán




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura

























Tamerlán
Emir
Tamerlan.jpg
Representación de Tamerlán nunha ilustración da época.

Reinado1370–1405
Coroación1370, Balkh
Nacemento1320s–1330s
Kesh, Khanato de Chagatai (hoxe en Uzbekistán)
Falecemento
18 de febreiro de 1405
Otrar, Syr Darya (hoxe en Casaquistán)
SepulturaGur-e-Amir, Samarcanda
PredecesorAmir Hussain
SucesorKhalil Sultan
Cónxuxe/sSaray Mulk Khanum, Chulpan Mulk Agha, Aljaz Turkhan Agha, Tukal Khanum, Dil Shad Agha, Touman Agha e outra esposa máis
DescendenciaMiran Shah
Shahrukh Mirza
Casa realBarlas Timurid
ProxenitoresMuhammad Taraghai
Tekina Mohbegim

Tamerlán (adaptación occidental de Timur Lang), nado preto de Kesh (actual Uzbekistán) o 9 de abril de 1336 e finado en Otrar o 18 de febreiro de 1405, foi un emperador. Era parente afastado de Genghis Khan, do que se consideraba o seu fillo espiritual. O seu nome Timur, significa "ferro" en turco-mongol (cf. mongol tömör e turco demir), e evoca o de Genghis Khan, Temüdjin. Chamábaselle tamén Amir Timur (Emir de ferro). A segunda parte Lang quere dicir "coxo": «Timur o coxo» e procede do persa langidan [l a ŋ i d a n] - coxear.[1][2]


Foi emir de Transoxiana. Revelouse como un temíbel xefe guerreiro, que construíu un inmenso Imperio, que alicerzaba na forza e no terror. Tamén se mostrou, porén, como un protector das letras e das artes que farían a grandeza da súa capital Samarcanda. O seu Imperio no momento de máximo apoxeo comprendía desde o Sueste de Turquía ata cerca de Kashgar, en China, incluíndo países actuais como Siria, Iraq, Kuwait, Irán, ata Asia Central, abranguendo Casaquistán, Afganistán, Rusia, Turkmenistán, Uzbekistán, Kirguizistán, Paquistán, e a India.


Logo da súa morte o seu Imperio, gobernado polos seus descendentes (os Timúridas), foi tragado polas potencias veciñas ata o asalto final dos uzbekos da dinastía dos Chaybanides.[3]




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Subida ao poder


  • 3 Período de expansión


  • 4 Na India


  • 5 Últimas campañas


  • 6 Sucesión


  • 7 Notas


  • 8 Véxase tamén

    • 8.1 Ligazóns externas





Traxectoria |




Tamerlán.


Naceu preto de Kesh, ao sur de Samarcande (actual Shahr-e Sabz, 'a cidade verde'). Seu pai Taraghay era xefe da tribo de Barlas, nómades turco falantes de orixe mongol, que remontaba a súa liña ata o xefe mongol Qarachar Barlas. Taraghay era neto de Qarachar Noyon, distinguido entre os seus homes como o primeiro que se convertera ao Islam, Taraghay puido asumir o rango militar que ostentaba por herdanza. Taraghay retirouse a un mosteiro islámico, dicíndolle a seu fillo: "o mundo é un lindo vaso cheo de escorpións".


So a vixilancia paternal, a educación do mozo Timur foi tal que non só se convertera en hábil en toda clase de exercicios a aire libre, senón que gozou reputación de estar versado en literatura e ser un atento lector do Corán. Como o pai, Timur era musulmán e puido estar influído polo sufismo. Nesa época, segundo as Memorias (Malfu'at), mostraba unha natureza tenra e simpática, pero tales flores tense actualmente por espurias.


Cara a 1358 converteuse en xefe militar. Tamerlán tomou parte en campañas na Transoxiana por conta do khan chagatai, un descendente de Genghis Khan. A súa carreira, na decena de anos que seguiron, está resumida nas Memorias. Aliándose con Kurgan, o destrutor de Kazán, con quen tiña parentesco, invadiu o Khorasán á cabeza dun exército de millares de xinetes. Era a segunda expedición na que se erixía en actor principal. O seu éxito levouno a novas operacións, entre as que destaca a submisión de Khwarizm e Urganj.


Logo do asasinato de Kurgan, as controversias que xurdiran entre os numerosos pretendentes foron cortadas pola invasión de Tugluk Timur, un descendente de Genghis Khan. Tamerlán foi enviado en misión ao campamento dos invasores, que tivo como resultado que fose encargado do goberno de Transoxiana, en árabe Mawaranahr ("alén do río"). Á morte do seu pai, herdou o cargo de xefe dos Barlas. Mawaranahr foi confiada a un fillo de Tughluk.



Subida ao poder |


A morte de Tughluk facilitou a reconquista, na que lle bastaran algúns anos de perseveranza e de enerxía, con que agregou un vasto territorio. Durante este período, Tamerlán e seu cuñado Husayn, nun primeiro momento camaradas como fuxitivos e vagabundos, tornáronse rivais. A fins de 1369. Husayn foi asasinado e Tamerlán, que fora proclamado, de xeito oficial, soberano en Balkh, subiu ao trono en Samarcanda, a capital das súas posesións.


É curioso que Tamerlán non ostentou xamais o título de Khan, autodenominándose «amir» ("príncipe" en árabe) e actuando en nome do khan de chagatai, amo da Transoxiana. Tería dezaoito esposas e numerosas concubinas.



Período de expansión |


Os trinta anos seguintes transcorreron con numerosas guerras e expedicións. Non só, Tamerlán consolidou o seu poder no territorio propio, sometendo os inimigos, senón que buscou amplialo, usurpando as terras de potentados veciños. As súas conquistas no sur e suroeste incluíron case todas as provincias de Persia, atinxindo mesmo Bagdad, Kerbala e o Kurdistán.[4]


Un dos seus rivais máis temíbeis foi Tokhtamysh, que despois de estar refuxiado na corte de Tamerlán, foi o dirixente de Kiptchak e da Horda de Ouro, disputándolle a Timur a pose de Khwarizm. Tamerlán apoiou a Tokhtamysh contra os rusos. Tohktamysh, véndose apoiado, invadiu Rusia e tomou Moscova en 1382. Máis tarde Tohktamysh revolveuse contra Tamerlán e invadiu o Azerbaidjan en 1385. Mais en 1395, na batalla do Kur, o poder de Tohktamysh foi por fin desfeito.[5]


En 1383 Tamerlán colleu Herat, en Persia (no actual Afganistán), que logo da morte de Abu Said (1335), cabeza da dinastía Ilkhanide, estaba baleira de poder que controlase o territorio.



Na India |




O Imperio de Tamerlán


En 1398, aínda que Tamerlán tiña xa sesenta anos, Farishta dinos que « informado de disturbios e guerras civís na India, iniciou unha expedición a ese país ». O 12 de setembro de 1398, « alcanzou as beiras do Indo». Fixo 100.000 cativos, logo executados; os seus soldados facían pirámides con cabezas de inimigos.


O seu paso do río, a súa marcha ao longo da beira esquerda, os reforzos que subministrou a seu neto Pir Muhammad, que foi investido en Multan, a toma de cidades e aldeas, posibelmente acompañada de destrución de casas e o masacre dos habitantes, a batalla ante Delhi, as vitorias doadas, a entrada triunfal na cidade maldita, co seu cortexo de horrores... Todas esas circunstancias pertencen aos anais da India. Tense dito que devastar Delhi non entraba nas intencións de Tamerlán, mais que os seus homes non podían ser controlados tan facilmente nas portas da urbe. As vítimas foran numerosas e os sobrevivintes reducidos á escravtude.



Últimas campañas |


En abril de 1399, uns tres meses logo de deixar a capital de Mahmud Toghluk, Tamerlán retornou na súa capital alén o río Oxus (Amu-Daria). A corrupción diminuíu drasticamente. Segundo Ruy Gonzáles de Clavijo, o embaixador de Castela chegado a corte de Tamerlán en 1404, noventa elefantes foran empregados tan só para transportar pedras desde canteiras, para poder erguer unha mesquita en Samarcanda.


A guerra contra os turcos e os exipcios, que sobreveu á súa volta da India, acadou sona pola toma de Alepo e de Damasco. Cercou Bagdad en xuño de 1401. Logo da toma da cidade, 20.000 habitantes foran masacrados.


Tamerlán mandou que cada soldado debía vir mostrarlle, polo menos, dúas cabezas humanas. En 1402, Tamerlan invadiu Anatolia, desafiando o sultán otomán Baiaceto I na Batalla de Ankara; Baiaceto foi capturado, morrendo logo no cativerio. Esta vitoria salvou temporalmente (por uns cincuenta anos) o Imperio bizantino case moribundo, ao abater as forzas turcas con as que se proxectaba tomar Constantinopla. Tamerlán tomou tamén Esmirna aos Cabaleiros de Rodas.


En decembro de 1404, Tamerlán emprendeu unha expedición militar contra a China, pero o vello guerreiro foi atacado por febres e pestes cando acampou xunto o río (Syr-Daria), morrendo en Atrar (Otrar) a mediados de febreiro de 1405. Foi sepultado en Samarcanda.



Sucesión |


Tamerlán nomeou a seu neto Pir Muhammad como sucesor, pero non foi recoñecido. Por uns meses, Shah Rukh, fillo de Timur, logrou ser aceptado. Pero en pouco tempo, numerosos xefes lograrían independizarse, despezando o Imperio timúrida. Aquel inmenso imperio apenas o sobreviviu, pois non se preocupou da eficacia política nos territorios que conquistaba, nin creou nunca unha administración.



Notas |




  1. "Timur". Chicago: Encyclopædia Britannica Online Edition. 2011. 


  2. Josef W. Meri (2005). Medieval Islamic Civilization. Routledge. p. 812. 


  3. "Timur" (6 ed.). Columbia Encyclopedia. 2001. 


  4. Marozzi, Justin (2004). Tamerlane: Sword of Islam, Conqueror of the World. Hammersmith, London: HarperCollins. p. 40. 


  5. Marozzi, Justin (2004). Tamerlane: Sword of Islam, Conqueror of the World. Hammersmith, London: HarperCollins. pp. 43–45. 



Véxase tamén |





Ligazóns externas |



  • Biografía de Tamerlán (en inglés)


  • A batalla de Ancara (en inglés)


  • Tamburlaine the Great Part One (en inglés)




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tamerlán&oldid=5150086"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.608","walltime":"1.020","ppvisitednodes":"value":972,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":27432,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1166,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":27,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4748,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":28,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 948.348 1 -total"," 76.34% 724.009 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 7.77% 73.683 1 Modelo:Listaref"," 5.17% 49.042 1 Modelo:Ficha_de_nobre"," 4.79% 45.420 2 Modelo:Cita_web"," 4.33% 41.045 1 Modelo:Commonscat"," 4.17% 39.589 1 Modelo:Infobox"," 4.04% 38.270 1 Modelo:Irmáns"," 3.65% 34.610 1 Modelo:Caixa_lateral"," 3.22% 30.550 1 Modelo:1000"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.423","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6213244,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1307","timestamp":"20190605024315","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Tamerlu00e1n","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Tamerl%C3%A1n","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q8462","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q8462","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-02-16T01:19:06Z","dateModified":"2019-05-16T11:42:36Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/43/Tamerlan.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":144,"wgHostname":"mw1274"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020