Skip to main content

Verdade Índice Características | A verdade na filosofía | Definicións particulares de filósofos | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDefinición de verdade no Dicionario da William Merçay Teoría de la verdad simplificadaLa concepción semántica de la verdadVeracidad, por Dietrich y Alice von Hildebrand, y Sentido de la verdad, por Julián MaríasFilosofía y verdad en OrtegaHermenéutica y verdad teológicaLógica y verdad en la fenomenología de Heidegger y HusserlVerdad y perspectiva y otros temas orteguianosDoce tesis acerca de la verdad. Heidegger3000687658032625012ID01503754064314-1truth00755604verita

Multi tool use
Multi tool use

CienciaEpistemoloxíaFilosofíaLóxica


latínsignificadoshonestidadeboa fecoñecementosafirmanrealidadesfeitoscousatotalidadeUniversohebreoteoríasteólogosfilósofoslóxicosalmafilosofía










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

1000 12/16



Verdade




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura






A Verdade, relevo nunha porta de bronce na entrada principal do Thomas Jefferson Building, un dos tres edificios que conforman a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América


A palabra verdade, do latín veritas, ten moitos significados, abarcando desde a honestidade, a boa fe e a sinceridade humana en xeral, até o acordo dos coñecementos coas cousas que se afirman como realidades: os feitos ou a cousa en particular;[1] así como a relación dos feitos ou as cousas na súa totalidade na constitución do TODO, o Universo.




Índice





  • 1 Características


  • 2 A verdade na filosofía


  • 3 Definicións particulares de filósofos

    • 3.1 Tomé de Aquino


    • 3.2 Francisco Suárez


    • 3.3 Malebranche


    • 3.4 Leibniz


    • 3.5 Hume


    • 3.6 Kant


    • 3.7 Hegel



  • 4 Notas


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Bibliografía


    • 5.2 Ligazóns externas





Características |


Para o hebreo clásico o termo emuná significa primariamente "confianza", "fidelidade". As cousas son verdadeiras cando son "fiábeia"; fieis, porque cumpren o que ofrecen.[2][3]


Debido a amplitude de significados, o termo non ten unha única definición na que estean de acordo a maioría dos estudosos, e as teorías sobre a verdade continúan sendo hoxe amplamente debatidas. Hai posicións diferentes acerca de cuestións como:


  • Que é o que constitúe a verdade.

  • Con que criterio podemos identificala e definila.

  • Se o ser humano posúe coñecementos innatos ou só pode adquirilos.

  • Se existen as revelacións ou a verdade pode alcanzarse tan só mediante a experiencia, o entendemento e a razón.

  • Se a verdade é subxectiva ou obxectiva.

  • Se a verdade é relativa ou absoluta.

  • E até que grao poden afirmarse cada unha de ditas propiedades.

A pregunta pola verdade é e foi obxecto de debate entre teólogos, filósofos e lóxicos ao longo dos séculos, considerándose un tema concernente á alma e ao estudo dunha chamada psicoloxía racional, dentro do campo da filosofía.


Na actualidade é un tema de investigación científica, así como de fundamentación filosófica:[4]


  • A investigación científica da función cognitiva [5] introduce novas perspectivas acerca do coñecemento baseado na evidencia como crenza verdadeira con xustificación válida.[6]

  • Interesa á lingüística, pois a linguaxe é expresión da propia verdade.

  • Interesa á antropoloxía filosófica, pois parece evidente que os seres humanos prefiren a verdade á mentira, e a certeza á dúbida ou ao erro.

  • Interesa á socioloxía, por canto o aprecio cara á verdade e a condena da mentira ou do erro varía en intensidade segundo as épocas e as culturas, pois tanto o concepto de verdade como a súa valoración non sempre é o mesmo ao longo da historia e da cultura.

  • Interesa á ciencia en canto tal [7] na súa pretensión de coñecemento válido.

  • Etc.

A importancia que ten este concepto é que está arraigado no corazón de calquera suposto persoal, social e cultural. De aí a súa complexidade.



A verdade na filosofía |


A verdade pode ter varios significados, podemos distinguir os seguintes[8]:


  1. Verdade como correspondencia. Trátase de acepción máis xeral e común. Pode tratarse de:
    1. correspondencia entre o que se di e a realidade coñecida.

    2. concepción semántica da verdade, defendida por Aristóteles.

    3. correspondencia entre o coñecemento e a realidade.


    4. verdade lóxica defendida polos medievais.

    5. correspondencia entre o obxecto e o coñecemento, é dicir, a intelixilidade do obxecto.



  2. verdade ontolóxica ou verdade real. Esta concepción supón que a verdade é un transcendental, é dicir, convertible co ser: trátase do ser respecto da intelixencia; é a realidade como verdadeiro.

  3. correspondencia entre o que se di e o pensamento, verdade moral.

  4. correspondencia entre o noso xuízo e a idea da razón.

  5. concepción da modernidade a partir de Descartes. Aristóteles aclara que a verdade está no pensamento ou na linguaxe, non na realidade. Pero sinala tamén que a realidade é a mediada ou criterio de verdade: algo é vermello non porque se pense ou diga que é vermello senón que se pensa ou di que é porque é realmente vermello.

  6. Verdade como alétheia ou desvelamento do ser. É común na filosofía grega e aceptada por autores cristiáns. Algo é verdadeiro cando amosa, revela e se presenta como é en realidade. Falso sería o que se mostra de modo distinto a como é. Así, unha moeda é verdadeira se amosa un valor e realmente o ten.

  7. Verdade epistemolóxica, que é a verdade en canto que concibida por un suxeito e formulada nun xuízo.

  8. Verdade como coherencia ou conformidade a unha regra ou lei.

  9. Verdade como coherencia ou non contradición. Así, dicimos que unha teoría científica ou filosófica é verdadeira se entre as súas hipóteses ou principios non hai contradicións.

  10. Verdade como o útil. Propia do pragmatismo, concíbese como verdadeiro aquilo que se demostra na práctica como eficaz.


Definicións particulares de filósofos |



Tomé de Aquino |


Definimos a verdade pola conformidade do intelecto e o real. Coñecer esta conformidade significa coñecer a verdade.



Francisco Suárez |


A conformidade do coñecemento a que chamamos a súa verdade non consiste en unha semellanza entitativa; tampouco nunha semellanza da imaxe formal, porque esta non se da sen a semellanza nalgunha entidade ou forma real. Consiste, pois, en certa representación intencional, á cal se debe que o entendemento, mediante o acto ou xuízo, perciba a cousa tal como é en si. Dita conformidade é certa proporción e relación debida entre a percepción intelectual e a cousa percibida; proporción que se expresa adecuadamente con estas palabras: "a cousa coñecida é representada ou xulgada tal como é en si", na que non se compara a cousa coñecida consigo mesma tal como é en si senón que se compara o coñecemento ou xuízo do entendemento.



Malebranche |


É unha verdade que 2 más 2 son 4, ou que 2 más 2 non son 5. E que hai aquí senón unha relación de igualdade entre 2 más 2 e 4, ou unha relación de desigualdade entre 2 más 2 e 5? Deste modo, as verdades non son senón relacións.



Leibniz |


Hai dúas clases de verdades: as da razón e as de feito. As verdades de razón son necesarias e o seu oposto imposible; e as de feito son continxentes e o seu oposto e posible.



Hume |


A verdade é de dúas clases, e consiste, ou ben no descubrimento das relacións de ideas, consideradas en canto tales, ou na conformidade das nosas ideas do obxecto ca real existencia destes.



Kant |


Coñecese e presuponse a definición nominal de verdade, a saber, a conformidade do coñecemento co seu obxecto.



Hegel |


A verdade e concordancia do concepto coa súa obxectividade. No xuízo comenza esta exposición do concepto e da súa obxectividade, e así o dominio da verdade.



Notas |




  1. Definición de verdade no Dicionario da RAG


  2. Ferrater Mora, J. Diccionario de Filosofía. Barcelona: Alianza Diccionarios, 1984.


  3. Zubiri, X. Naturaleza, Historia, Dios. Nuestra situación intelectual. La verdad y la ciencia. Véxase para as etimoloxías e interpretacións de sentido da verdade en hebreo, grego, latín, xermánico e indoiraní. páx. 14.


  4. Tema de investigación transversal


  5. Comezando desde a física até a neuroloxía, pasando polo evolucionismo, a xenética, a bioloxía, a etoloxía, a psicoloxía etc.


  6. Tal como xa definiu Platón o coñecemento como ciencia: crenzas ou opinións verdadeiras e xustificadas pola la razón. Teeteto, 201c-210b


  7. Epistemoloxía, Metodoloxía e Investigación


  8. Rivas García, Manuel; Domínguez Prieto, Xosé Manuel e Lozano Paz, Moises (2005). Diccionario galego de filosofía. Santa Comba. pp. 372–373. ISBN 84-933588-9-4. 



Véxase tamén |





Bibliografía |


  • Ferrater Mora, J. (1984): Diccionario de Filosofía (4 volumes). Barcelona: Alianza Diccionarios. ISBN 84-206-5299-7

  • Habermas, J. (1984): Ciencia y técnica como "ideología". Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-1031-X

  • Habermas, J. (2001): Acción comunicativa y razón sin trascendencia. Barcelona: Paidos. ISBN 84-493-1308-2

  • Heidegger, M. (2004): Lógica. La pregunta por la verdad. Madrid: Alianza.

  • Heidegger, M. (2007): De la esencia de la verdad. Barcelona: Herder.

  • Honderich, Ted (Ed.) (2001): Diccionario Oxford de Filosofía. Madrid: Anaya. ISBN 84-309-3699-8

  • Kant, E. (1978): Crítica de la Razón Pura. Madrid: Alfaguara. ISBN 84-204-0407-1

  • Lyotard, J. F. (1984): La condición posmoderna. Madrid: Cátedra. ISBN 84-376-0466-4

  • Ortega y Gasset, J. (1976): El tema de nuestro tiempo. La doctrina del punto de vista. Madrid: Revista de Occidente. El Arquero. ISBN 84-292-1009-1

  • Padilla Gálvez, J. (2007): Verdad y demostración. Madrid: Plaza y Valdés. ISBN 978-84-96780-19-4

  • Popper, K. (1984): La miseria del hisotoricismo. Madrid: Alianza. Taurus. ISBN 84-206-1477-7

  • Popper, K. (1984): Sociedad abierta, universo abierto. Conversación con Franz Kreuzer. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-1105-7

  • Putnam, H. (1988): Razón, verdad e historia. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-1577-X

  • Zubiri, X. (1963): Naturaleza, Historia, Dios. Madrid: Editora Nacional.

  • Zubiri, X. (1999): El hombre y la verdad. Madrid: Fundación Xavier Zubiri.


Ligazóns externas |



  • William Merçay Teoría de la verdad simplificada (en castelán)


  • La concepción semántica de la verdad - Por Alfred Tarski. (en castelán)


  • Veracidad, por Dietrich y Alice von Hildebrand, y Sentido de la verdad, por Julián Marías (en castelán)


  • [1] - Pragmatismo, empirismo y representaciones. Una propuesta acerca del papel epistémico de la experiencia. Daniel Kalpokas (en castelán)


  • Filosofía y verdad en Ortega - Por Pedro José Chamizo Domínguez. (en castelán)


  • Hermenéutica y verdad teológica - Por Joaquín Silva Soler. (en castelán)


  • Lógica y verdad en la fenomenología de Heidegger y Husserl - Por Friedich-Wilhelm Von Herrmann. (en castelán)


  • Verdad y perspectiva y otros temas orteguianos - Entrevista a Julián Marías por Violeta Medina. (en castelán)


  • Doce tesis acerca de la verdad. Heidegger - Por Jorge Acevedo Guerra. (en castelán)


  • http://www.philosophia.cl/articulos/concepto_dialogico_de_verdad.pdf (en castelán)




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Verdade&oldid=5028108"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.424","walltime":"0.622","ppvisitednodes":"value":597,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":10968,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1126,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":4241,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 537.254 1 -total"," 56.61% 304.136 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 13.63% 73.243 1 Modelo:Listaref"," 12.92% 69.390 1 Modelo:Commonscat"," 12.29% 66.014 1 Modelo:Irmáns"," 11.36% 61.024 1 Modelo:Caixa_lateral"," 11.21% 60.232 1 Modelo:Cita_libro"," 8.52% 45.766 2 Modelo:Icona_en_título"," 7.63% 40.986 1 Modelo:1000"," 2.34% 12.574 1 Modelo:1000_artigos_icona_título"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.219","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4359154,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1335","timestamp":"20190516165851","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Verdade","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Verdade","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q7949","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q7949","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2011-05-06T20:30:35Z","dateModified":"2019-01-04T01:29:04Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/44/Truth-Warner-Highsmith.jpeg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":167,"wgHostname":"mw1241"););Spg,jdCz FGEu,jQAv PF,EmU2aVkKiAV4cVhykWqmiB,iGPNf,yg9Tb4xio5daybS4nBbkh,PPjDt7JJr3R3y
XqqRZ B3qjTgvsgQyQ4L3VM4pGgAX,7s5LrdO,lbx7CHuIMIU1,T,tBV,Y7GLRLx

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020