Skip to main content

Confucianismo Índice Os cinco clásicos (Liu Ching) | Os catro libros | A sociedade no confucianismo | Métodos do confucianismo | Extensión do confucianismo | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasAn Introduction to ConfucianismDemystifying the Chinese EconomyEl confucianismoNews.BBC.co.ukConfucio en su búsqueda del Dao se encuentra con Lao ZiFuneral Rituals30014343052822094082ID00929074032089-3confucianismsh85031069005750777956confucianesimoD032903

Confucianismo


Cen escolas de pensamentofilósofo chinésConfuciodinastía Zhoudinastía HanHuang-Laolegalismoséculo IIbudismoneotaoísmoexplicacións espirituaisdinastía Tangtaoísmoneoconfucianismoexames imperiaisclase oficial académicadinastía Song1905Nova culturaséculo XXTres principios do poboRepública de ChinamaoísmoRepública popular de Chinaética do traballosueste asiáticoós antepasadosxustizaMencioXun Zi136 a.C.século XIdinastía Qin213 a. C.1190hombreutópicafamiliabondadeMenciopodersociedadeEstadodinastía Qindinastía Hanmovemento do Catro de MaioneoconfucianismoWang YangmingCoreaXapóndinastía Joseon










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Confucianismo




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




O Dacheng, o edificio principal do Templo de Confucio en Qufu





O confucianismo[1] descríbese como unha tradición, unha filosofía, unha relixión, unha relixión humanista ou racionalista, unha forma de goberno, ou simplemente como un estido de vida[2]. O confucianismo desenvolveuse a partir do que máis tarde sería chamado Cen escolas de pensamento, e das ensinanzas do filósofo chinés Confucio (551–479 a.C.), quen se consideraba a si mesmo como un retransmisor dos valores da idade de ouro da dinastía Zhou[3]. Durante a dinastía Han (206 a.C. – 220 d.C.), os enfoques confucianos superaron ao "proto-taoísta" Huang-Lao como a ideoloxía oficial, mentres os emperadores mesturaban ambas coas técnicas realistas do legalismo. A desintegración da orde política Han no século II abríu o camiño das doutrinas do budismo e o neotaoísmo, que ofrecían explicacións espirituais ausentes no confucianismo.


O confucianismo tivo un novo pulo durante os últimos anos da dinastía Tang (618-907). Desenvolveuse en resposta ao budismo e o taoísmo e foi reformulado como neoconfucianismo. Esta forma revitalizada foi adoptada como a base dos exames imperiais e constituíu o núcleo da filosofía da clase oficial académica na dinastía Song (960-1297). A abolición do sistema de exame imperial en 1905 marca a fin do confucianismo oficial. Os intelectuais da Nova cultura de principios do século XX culparon ao confucianismo das debilidades chinesas e buscaron novas doutrinas para substituír as ensinanzas de Confucio. Algunhas destas novas ideoloxías incluían os "Tres principios do pobo" co establecemento da República de China e, máis adiante, o maoísmo baixo a República popular de China. A finais do século XX, a ética do traballo confuciana foi recoñecida como un factor importante no pulo da economía do sueste asiático[4].


O confucianismo é unha mestura do culto á natureza (As 5 Montañas sagradas) e ós antepasados. Desenvolve a preocupación humanista de Confucio, centrada na idea do home moralmente superior (jun zi) e dunha sociedade ben ordenada. Este home debe ser sabio, humano e animoso e estar impulsado polo concepto de xustiza, deixando ao lado o seu beneficio persoal. Outros conceptos asociados son o da rectitude, o termo medio e a virtude da humanidade (ren). Mencio afirmou que o home é bo por natureza; esta tendencia idealista contraponse á naturalista de Xun Zi, para quen o home e malo e egoísta. O confucianismo foi adoptado como ideoloxía oficial do estado no 136 a.C.. No século XI apareceu o neoconfucianismo, que introduciu o estudo da natureza e do principio do home e das cousas.




Índice





  • 1 Os cinco clásicos (Liu Ching)


  • 2 Os catro libros


  • 3 A sociedade no confucianismo


  • 4 Métodos do confucianismo


  • 5 Extensión do confucianismo


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Bibliografía


    • 7.2 Outros artigos


    • 7.3 Ligazóns externas





Os cinco clásicos (Liu Ching) |


Trátase da recompilación máis antiga. Durante a dinastía Qin viuse afectada pola queima de libros do ano 213 a. C. Debido a esa circunstancia desapareceu o Yuejing (Libro da música).[5]



  1. I Ching ou Yijing (Libro das mutacións)


  2. Shijing (Libro das odas)


  3. Shujing (Libro da historia)


  4. Lijing (Libro dos ritos)


  5. Chunqiu (Anais de primavera e outono)


Os catro libros |


Máis vinculada co propio é a recompilación posterior que se publicou por primeira vez como tal en 1190. As dúas primeiras obras correspóndense aos capítulos 42 e 31 do Li Chi.



  1. Gran Saber (en chinés, 大學)


  2. Doutrina da medianía (en chinés, 中庸)


  3. Analectas (en chinés, 論語)


  4. Mencio (en chinés, =孟子)


A sociedade no confucianismo |




Estatua de Confucio en bronce.


O confucianismo ve só o hombre realizado en tanto ser social que ocupa un posto e desempeña unha función, non como un ser illado. Na idea confucianista da sociedade utópica, a xerarquía non é só social, senón tamén moral. Na antiga China, a familia non era un núcleo reducido, senón un gran clan, moitos dos seus membros vivían baixo un mesmo teito, recoñecían un antergo en común e mantiñan vínculos con outros grupos da mesma orixe.


Unha familia así era unha prefiguración do Estado. Así, a familia era vista como un pequeno reino con xerarquías, protocolos e métodos de goberno, e o Estado como unha gran familia na que debe haber afectos, relacións e obrigas morais. Na familia, os membros están xerarquizados mediante un complexo sistema. Para o confucianismo, o aprecio, o amor e as relacións que había entre os membros debían estar graduadas segundo cada persoa, o seu posto etc. En consecuencia, había termos para representar o amor polos pais ou piedade filial (Xiao), o amor dos pais polos seus fillos (Ci) etc.


A aprendizaxe do home superior iniciábase na familia e o home poderá dificultosamente gobernar o Estado se non pode gobernar primeiro a súa familia.


A pesar do anterior, para os confucianistas todos os homes son de natureza basicamente igual, independente da súa posición ou lugar de nacemento. Porén, non poden manterse iguais xa que sería prexudicial para o bo funcionamento social.



Métodos do confucianismo |


Os medios para alcanzar a máxima excelencia ou Zhi shan eran dous: o estudo e a introspección, entendida como un ollar cara a dentro, é dicir, o coñecemento pleno dun mesmo.


O estudo dos textos antigos e das leccións dos sabios e a natureza é a base da mellora individual. Ademais, serve como soporte para a introspección porque o home debe ver que hai bo dentro del e desenvolvelo. A bondade natural humana, capital no ensino de Mencio, parte do mesmo principio de que o bo se atopa dentro do home e que debe ser descuberto empregando a introspección. Así, un home superior poderá obter Ren e Li.


O confucianismo tamén dá grande importancia aos ritos. Ao ser unha forma de conservar o pasado mítico que foi legado, o confucianismo apoia que se sigan practicando e dálles novos valores. Eran vistos polos confucianistas como un símbolo de xerarquía e de poder. Ademais, son un método de autodisciplina e dominio dun mesmo, ao facer que o individuo deba realizar algo dun xeito preciso.


Os ritos garantes que a sociedade e o Estado funcionen correctamente, xa que as accións do goberno deben ter orde e xerarquía.



Extensión do confucianismo |


O confucianismo sobreviviu á súa supresión durante a dinastía Qin grazas en parte ao descubrimiento de obras clásicas ocultas nas paredes da casa dun erudito. Despois de Qin, coa nova dinastía Han, o estudo das obras clásicas do confucianismo converteuse na base do sistema de exames do goberno e do plan educativo. Non se presentou ningunha tentativa seria para substituílo ata o movemento do Catro de Maio (4 de maio de 1919), no século XX.


Despois da súa reformulación como neoconfucianismo de Zhu no s. XI, con Wang Yangming e outros neoconfucianos, tamén se aceptou como filosofía de estado en Corea e no Xapón. Corea, coa dinastía Joseon, chamouse «estado confucianizado».



Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para confucianismo.


  2. Yao, Xinzhong (2000). An Introduction to Confucianism (en inglés). Nova York: Cambridge University Press. pp. 38–47. ISBN 0521643120. 


  3. Rickett, Guanzi - "todos os pensadores políticos chineses estaban basicamente empeñados no restablecemento da idade de ouro do pasado tal como fora descrita pola propaganda Zhou."


  4. Lin, Justin Yifu. Demystifying the Chinese Economy (en inglés). Cambridge University Press. p. 107. ISBN 9780521191807. 


  5. Yao, Xinzhong (21 de xuño de 2001). El confucianismo (en castelán). Ediciones AKAL. ISBN 9788483231333. Consultado o 18 de marzo de 2017. 



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • Xinzhong Yao (2003). El confucianismo. Madrid: Akal Cambridge. ISBN 978-84-8323-133-3. 

  • González de Mendoza, J. (1944a). De cómo tienen por cierto que el ánima es inmortal, y que ha de haber otra vida en la cual será castigada o premiada, según las obras que en ésta hubiere hecho, y cómo ruegan por sus difuntos. En Historia de las cosas más notables, ritos y costumbres, del gran reino de la China. Madrid: M. Aguilar. (en inglés)


Outros artigos |


  • Catro libros e cinco clásicos


Ligazóns externas |



  • News.BBC.co.uk («Las ideas del filósofo regresan a la China de hoy, con la aparición de escuelas que enseñan su pensamiento», en español).

  • Confucio en su búsqueda del Dao se encuentra con Lao Zi

  • Funeral Rituals




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Confucianismo&oldid=4849719"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.412","walltime":"0.660","ppvisitednodes":"value":623,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":19401,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":814,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":12,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":5272,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":13,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 604.826 1 -total"," 60.05% 363.185 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 14.67% 88.712 2 Modelo:Caixa_lateral"," 13.87% 83.917 1 Modelo:Listaref"," 11.32% 68.442 4 Modelo:Cita_libro"," 9.55% 57.791 1 Modelo:Commonscat"," 9.03% 54.637 1 Modelo:Irmáns"," 7.26% 43.881 1 Modelo:Contén_texto_chinés"," 6.81% 41.169 1 Modelo:Contén_caracteres_especiais"," 3.19% 19.272 1 Modelo:1000"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.253","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4457287,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1311","timestamp":"20190526172826","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Confucianismo","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Confucianismo","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9581","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9581","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-10-06T18:57:21Z","dateModified":"2018-08-23T01:30:07Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/0/06/Dacheng_Hall.JPG"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":139,"wgHostname":"mw1324"););

Popular posts from this blog

Club Baloncesto Breogán Índice Historia | Pavillón | Nome | O Breogán na cultura popular | Xogadores | Adestradores | Presidentes | Palmarés | Historial | Líderes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióncbbreogan.galCadroGuía oficial da ACB 2009-10, páxina 201Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.É de 6.500 espectadores sentados axeitándose á última normativa"Estudiantes Junior, entre as mellores canteiras"o orixinalHemeroteca El Mundo Deportivo, 16 setembro de 1970, páxina 12Historia do BreogánAlfredo Pérez, o último canoneiroHistoria C.B. BreogánHemeroteca de El Mundo DeportivoJimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morteResultados de Breogán en 1986-87Resultados de Breogán en 1990-91Ficha de Velimir Perasović en acb.comResultados de Breogán en 1994-95Breogán arrasa al Barça. "El Mundo Deportivo", 27 de setembro de 1999, páxina 58CB Breogán - FC BarcelonaA FEB invita a participar nunha nova Liga EuropeaCharlie Bell na prensa estatalMáximos anotadores 2005Tempada 2005-06 : Tódolos Xogadores da Xornada""Non quero pensar nunha man negra, mais pregúntome que está a pasar""o orixinalRaúl López, orgulloso dos xogadores, presume da boa saúde económica do BreogánJulio González confirma que cesa como presidente del BreogánHomenaxe a Lisardo GómezA tempada do rexurdimento celesteEntrevista a Lisardo GómezEl COB dinamita el Pazo para forzar el quinto (69-73)Cafés Candelas, patrocinador del CB Breogán"Suso Lázare, novo presidente do Breogán"o orixinalCafés Candelas Breogán firma el mayor triunfo de la historiaEl Breogán realizará 17 homenajes por su cincuenta aniversario"O Breogán honra ao seu fundador e primeiro presidente"o orixinalMiguel Giao recibiu a homenaxe do PazoHomenaxe aos primeiros gladiadores celestesO home que nos amosa como ver o Breo co corazónTita Franco será homenaxeada polos #50anosdeBreoJulio Vila recibirá unha homenaxe in memoriam polos #50anosdeBreo"O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns"Pechada ovación a «Capi» Sanmartín e Ricardo «Corazón de González»Homenaxe por décadas de informaciónPaco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario"Resultados y clasificaciones""O Cafés Candelas Breogán, campión da Copa Princesa""O Cafés Candelas Breogán, equipo ACB"C.B. Breogán"Proxecto social"o orixinal"Centros asociados"o orixinalFicha en imdb.comMario Camus trata la recuperación del amor en 'La vieja música', su última película"Páxina web oficial""Club Baloncesto Breogán""C. B. Breogán S.A.D."eehttp://www.fegaba.com

Vilaño, A Laracha Índice Patrimonio | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°14′52″N 8°36′03″O / 43.24775, -8.60070

Cegueira Índice Epidemioloxía | Deficiencia visual | Tipos de cegueira | Principais causas de cegueira | Tratamento | Técnicas de adaptación e axudas | Vida dos cegos | Primeiros auxilios | Crenzas respecto das persoas cegas | Crenzas das persoas cegas | O neno deficiente visual | Aspectos psicolóxicos da cegueira | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación54.054.154.436928256blindnessDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys.""Visual impairment and blindness""Presentan un plan para previr a cegueira"o orixinalACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMFTrachoma"Effect of gene therapy on visual function in Leber's congenital amaurosis"1844137110.1056/NEJMoa0802268Cans guía - os mellores amigos dos cegosArquivadoEscola de cans guía para cegos en Mortágua, PortugalArquivado"Tecnología para ciegos y deficientes visuales. Recopilación de recursos gratuitos en la Red""Colorino""‘COL.diesis’, escuchar los sonidos del color""COL.diesis: Transforming Colour into Melody and Implementing the Result in a Colour Sensor Device"o orixinal"Sistema de desarrollo de sinestesia color-sonido para invidentes utilizando un protocolo de audio""Enseñanza táctil - geometría y color. Juegos didácticos para niños ciegos y videntes""Sistema Constanz"L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro ZuritaONCE (Organización Nacional de Cegos de España)Prevención da cegueiraDescrición de deficiencias visuais (Disc@pnet)Braillín, un boneco atractivo para calquera neno, con ou sen discapacidade, que permite familiarizarse co sistema de escritura e lectura brailleAxudas Técnicas36838ID00897494007150-90057129528256DOID:1432HP:0000618D001766C10.597.751.941.162C97109C0155020