Skip to main content

Pensamento Índice Compoñentes do pensamento | Tipos de pensamento | Operacións racionais | Bioloxía do pensamento | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das PalabrasCosmosNature of Human Thought30026454711065ID4011450-8thoughtsh8513498800570971D013850

FilosofíaPsicoloxía


mentecerebroser humanofilosofíapsicoloxíasinónimoideacogniciónsensibilidadeconscienciaimaxinaciónracionalismopercepciónsensaciónvistaoídotactoolfactogustoempirismocoñecementomemorialembranzassupervivenciaaprendizaxeinconscienciaSigmund Freudrazóncerebroneuronasneurotransmisoresantigo Exiptomomificaciónscorazónintelixenciaemocionaisevolucionouencéfaloréptilesagresividadesistema límbicocórtex cerebralimpulsos electroquímicosintuiciónracional










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Pensamento




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Detalle d'O pensador, de Auguste Rodin.




Unha parella tomando unha decisión.


Este artigo trata sobre a actividade psíquica, para a planta de flor ver o artigo pensamento.


O pensamento[1] é a actividade e a creación da mente, o que permite ao individuo modelar o mundo en relación coas súas metas, plans, fins e desexos. É o produto das construcións mentais elaboradas froito da actividade do cerebro. Xa que é unha das actividades fundamentais do ser humano, o pensamento é estudado por diversas disciplinas, entre as que destacan a filosofía e a psicoloxía. O obxectivo básico do pensamento é dotar de significado o mundo exterior e a un mesmo, manipulando a información. A intelixencia é a habilidade persoal para pensar dun xeito máis efectivo. Segundo a concepción empregada, un pensamento pode ser sinónimo de idea ou do acto de producila. Cando se fala de pensamento, xeralmente faise referencia a calquera actividade intelectual ou mental. Neste sentido, pode facer referencia ao acto do pensamento ou ás ideas resultantes ou elaboracións das mesmas ideas. Hai conceptos similares que é preciso considerar, como a cognición, a sensibilidade, a consciencia e a imaxinación.[2]




Índice





  • 1 Compoñentes do pensamento

    • 1.1 Percepción


    • 1.2 Memoria


    • 1.3 Consciencia


    • 1.4 Emocións



  • 2 Tipos de pensamento


  • 3 Operacións racionais


  • 4 Bioloxía do pensamento


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Bibliografía





Compoñentes do pensamento |


O pensamento é unha operación complexa que consta de diversos compoñentes. Os máis recoñecidos son os seguintes:



Percepción |


En contra do racionalismo, que consideraba os sentidos enganan, crese que a percepción ten un papel fundamental aportando datos ao pensamento. A percepción vai máis alá da simple sensación; é a ordenación que fai o cerebro do que lle chega do mundo exterior por medio da vista, o oído, o tacto, o olfacto ou o gusto. Para o empirismo, a percepción é a fonte fundamental do coñecemento.



Memoria |


A memoria permite almacenar pensamentos baixo a forma de lembranzas e recuperalos cando sexa necesario. É básica para a supervivencia e a posibilidade de aprendizaxe. A memoria condiciona en parte a percepción, e dá un significado ou outro ás cousas novas para colocalas dentre do sistema xeral do pensamento. Adóitase distinguir entre memoria a curto prazo e a longo prazo.



Consciencia |


A consciencia é a sensación de ser un suxeito e de estar esperto para poder pensar. Oponse a inconsciencia, postulada por Sigmund Freud. Intervén no pensamento como o centro ordenador de todos os outros compoñentes. Inclúe a sensación de ter un corpo e de ocupar un espazo material.



Emocións |


Aínda que tradicionalmente se consideraba que a razón e as emocións son termos opostos, está claro que ambas as dúas inflúen á hora de formular un pensamento. O sentimento de almacenamento xunto coa lembranza, permite a transformación posterior deste último. Por este motivo, unha lembranza consideraba positiva ten máis posibilidades de ser evocada. Canto máis forte é unha emoción, máis afecta á concepción posterior; por iso, un trauma pode bloquear a percepción de determinadas experiencias.



Tipos de pensamento |




O pensamento é un fenómeno psicolóxico racional, objectivo e externo derivado do pensar para a solución de problemas.



  • Pensamento dedutivo: vai do xeral ao particular. É unha forma de razoamento da que se desprende unha conclusión a partir de unha ou varias premisas.


  • Pensamento indutivo: é o proceso inverso do pensamento dedutivo, é o que vai do particular ao xeral. A base é a figuración de que se algo é certo nalgunhas ocasións, serao noutras similares aínda que non se poidan observar.


  • Pensamento analítico: realiza a separación do todo en partes que son identificadas ou categorizadas.


  • Pensamento de síntese: é a reunión dun todo pola conxunción das súas partes.


  • Pensamento creativo: aquel que se utiliza na creación ou modificación de algo, introducindo novidades, é dicir, a produción de novas ideas para desenvolver algo novo ou modificar algo existente.


  • Pensamento sistémico: é unha visión complexa de múltiples elementos coas súas diversas interrelacións.


  • Pensamento crítico: Examina a estrutura dos razoamentos sobre cuestións da vida diaria. Ten unha dobre vertente: analítica e avaliativa. Intenta superar o aspecto mecánico do estudo da lóxica.


  • Pensamento negativo: De modo sinxelo veñen sendo aquelas ideas propias que te fan sentir mal ou ideas alleas que crees que debeste sentir mal, e que te limitan ou pretendes limitar a outros.


Operacións racionais |



  • Razoamento analítico: división mental, é dicir, o pensamento divídese en dúas formas, esquerda e dereita. A parte dereita pode pensar todo o que é negativo e a esquerda todo o que é positivo.


  • Síntese: reúnese todo o que é mental para despois ser analizado ou lembrado.


  • Comparación: estabelece semellanzas e diferenzas entre os diferentes obxectos e fenómenos da realidade.


  • Xeralización: proceso no que se estabelece o común dun conxunto de obxectos, fenómenos e relacións.


  • Abstracción: operación que consite en separar por medio dunha operación intelectual un trazo ou unha cualidade de algo illadamente, ou consideralos na súa pura esencia.


Bioloxía do pensamento |




Imaxe dun cerebro por resonancia magnética funcional. Amosa as rexións da activación nunha comparación entre unha tarefa que implica un complexo movemento de estímulo visual e o estado de repouso (ollando unha pantalla en negro). As activacións (amarelo-vermello) amósanse (como é típico) nun contexto baseado na media de imaxes estruturais dos suxeitos no experimento.


Bioloxicamente, o pensamento humano recae no cerebro; é no cerebro onde se orixina o pensamento, froito da interacción entre os millóns de neuronas que contén (aproximadamente uns 100 mil millóns), as conexións entre estas (arredor de cen billóns, 1014) e os neurotransmisores.


Porén, esta percepción é relativamente nova: no antigo Exipto, durante a momificacións, retirábase o cerebro xunto con outras vísceras como unha cousa impura, xa que se cría que o corazón era o responsable da intelixencia. Durante os seguintes 5 000 anos, esta visión foi evolucionando, xa que actualmente coñécese que é o órgano que serve para as funcións mentais, aínda que, coloquialmente, se mantiveran algunhas relacións entre o corazón e certas funcións emocionais.


Como todos os órganos, o cerebro evolucionou. A súa evolución amosa todos os estados polos que pasou o ser humano, xa que o cerebro evolucionou de dentre cara fóra.[3] A parte máis interior, e máis antiga, está composta polo tronco do encéfalo, que rexe as funcións biolóxicas básica (o latexo do corazón, a respiración...); sobre este atópase o complexo R, xa presente nos réptiles, onde radica a agresividade, a territorialidade, a xerarquía social e o ritual; arredor deste atópase o sistema límbico, fonte importante dos estados de ánimo e as emocións, da preocupación e o coidado dos novos. Finalmente, na parte exterior áchase o córtex cerebral. O córtex cerebral comprende dúas terceiras partes da masa cerebral, e é «onde a materia é transformada en consciencia».[3]


Un pensamento está composto por centenares de impulsos electroquímicos.[3] O hemisferio dereito do córtex é o responsable, principalmente, do recoñecemento de formas, a intuición, a sensibilidade e as intuicións creativas; mentres que o esquerdo sustenta o pensamento racional, analítico e crítico.[3]



Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pensamento.


  2. Webster (1999). Houghton Mifflin Company, ed. >Webster's II New College Dictionary (2a ed. ed.). p. 1.147. ISBN 0395962145. 


  3. 3,03,13,23,3 Sagan, Carl (2006). Cosmos. Barcelona: Publicacions i Edicions UB. p. 199. ISBN 8447531317. 



Véxase tamén |





Bibliografía |


  • Anil K. Rajvanshi (2010). Nature of Human Thought, ISBN 978-81-905781-2-7

  • Bayne, Tim (21 de setembro de 2013). "Thought", New Scientist.

  • Simon, Herbert Models of Thought. Vol I 1979 ISBN 0-300-02347-2, Vol II 1989 ISBN 0-300-04230-2, Yale University Press.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pensamento&oldid=4930145"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.344","walltime":"0.531","ppvisitednodes":"value":542,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":12129,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":856,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3546,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 465.424 1 -total"," 61.41% 285.800 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 14.68% 68.334 1 Modelo:Listaref"," 12.80% 59.573 1 Modelo:Commonscat"," 11.89% 55.340 1 Modelo:Irmáns"," 11.67% 54.331 2 Modelo:Cita_libro"," 11.19% 52.072 1 Modelo:Caixa_lateral"," 4.65% 21.650 1 Modelo:1000"," 4.08% 18.995 1 Modelo:Icona_en_título"," 1.57% 7.317 3 Modelo:ISBN"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.206","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4730417,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1294","timestamp":"20190609162541","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Pensamento","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Pensamento","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q9420","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q9420","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2006-03-19T21:54:27Z","dateModified":"2018-09-25T09:02:49Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ee/El_pensador-Rodin-Caixaforum-3.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":164,"wgHostname":"mw1275"););

Popular posts from this blog

RemoteApp sporadic failureWindows 2008 RemoteAPP client disconnects within a matter of minutesWhat is the minimum version of RDP supported by Server 2012 RDS?How to configure a Remoteapp server to increase stabilityMicrosoft RemoteApp Active SessionRDWeb TS connection broken for some users post RemoteApp certificate changeRemote Desktop Licensing, RemoteAPPRDS 2012 R2 some users are not able to logon after changed date and time on Connection BrokersWhat happens during Remote Desktop logon, and is there any logging?After installing RDS on WinServer 2016 I still can only connect with two users?RD Connection via RDGW to Session host is not connecting

How to write a 12-bar blues melodyI-IV-V blues progressionHow to play the bridges in a standard blues progressionHow does Gdim7 fit in C# minor?question on a certain chord progressionMusicology of Melody12 bar blues, spread rhythm: alternative to 6th chord to avoid finger stretchChord progressions/ Root key/ MelodiesHow to put chords (POP-EDM) under a given lead vocal melody (starting from a good knowledge in music theory)Are there “rules” for improvising with the minor pentatonic scale over 12-bar shuffle?Confusion about blues scale and chords

Esgonzo ibérico Índice Descrición Distribución Hábitat Ameazas Notas Véxase tamén "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos""Chalcides bedriagai"Chalcides bedriagai en Carrascal, L. M. Salvador, A. (Eds). Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. España.Fotos