Skip to main content

Xulio César Índice Traxectoria | Vida persoal | Xulio César na literatura e o cine | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Was Julius Caesar's epilepsy due to neurocysticercosis?"10.1016/j.pt.2011.06.001"Julius Caesar's Late Onset Epilepsy: A Case of Historic Proportions"1538013110.1016/j.yebeh.2004.05.0067738524"Gaius Julius Caesar""Epilepsy and Empire, Caveat Caesar"online.45"Formation and Resolution of Ideological Contrast in the Early History of Scandinavia. PhD thesis, University of Cambridge, Department of Anglo-Saxon, Norse & Celtic (Faculty of English). p. 44."o orixinal5494943.202957736871O asasinato de Xulio CésarWorldCat286265178ADV113558439006322658909IDXX84135211894764p390a10430179cnp01316739DA02136466cayo-julio-cesarID00089073431693366100172113005-219611851827510301ITICCUCFIV24046nm24717120000 0001 2283 45140040D2199En790214002012ID00435043jn199810004343615357317225700004465107022449848304OL4265031A1688625745180826w6455nw6027303136gaio-giulio-cesare500077373

Cónsules romanosEmperadores romanosEscritores en lingua latinaNados en -100Finados en -44Persoas deificadasHistoriadores da Roma Antiga


latín13 de xullo100 a. C.15 de marzo44 a. C.romanohome de estadocónsullatínRepública RomanaImperio Romano60 a. C.CrasoPompeioalianza políticapolítica romanapopulistasclase dirixente conservadoraSenado romanoCatón o NovoCicerónGuerra das GaliasCanle da MangaRininvasión de Britaniamorte de Craso53 a. C.49 a. C.RubicónlexiónItalia romanaGuerra civilcalendario xulianoidos de marzoasasinadoMarco Xunio Brutoguerras civísgoberno constitucional da RepúblicaAugustoImperio RomanoSalustioSuetonioPlutarcohistoriaMarioSilaBitiniacuestor69edil6563pretor62propretorHispania Ulterior6160GallaeciaBrigantiumRomaCrasoPompeioSenado60cónsul5851Galia CisalpinaGalia NarbonenseIliriaConvenio de Luca56partos5354AlsaciaArmóricaBritaniaCanal da ManchaXermaniarío RinVercinxetórix5252río Rubicón4946Hispaniabatalla de FarsaliaExiptoCleopatraGuerra alexandrina4847PontoFarnacesbatalla de Zela47Áfricabatalla de Tapso46PompeioHispaniabatalla de MundaCórdoba45guerra civilexércitoMarco AntonioCasioBrutoséculo XVIOctavio Augustoepilepsiamalariainfección parasitariacrise de ausenciahipoglicemiaepilepsia do lóbulo temporalShakespeareSuetonioAlfabeto latinoligadurainscriciónsAtenasAntiga Greciakáiserlatín vulgarvogal anteriorpalatalizaciónafricadatsarlinguas románicasmitoloxía nórdicaKjárrcognomenkáisertsarSimeón II de BulgariaBíbuloGaius MemmiusNicomedes IV de BitiniaDión CasioCatuloMamurraMarco Antoniotelevisión










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Xulio César




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura















Caio Xulio César
Ditador de Roma
Bust of Gaius Iulius Caesar in Naples.jpg
Busto de Xulio César no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles.
Ditador da República Romana

49 a.C e 15 de marzo de 44 a. C.

Nacemento
13 de xullo do 100 a. C.
Roma (República Romana)
Falecemento
15 de marzo do 44 a. C.
Roma (República Romana)
HerdeiroOctavio Augusto
Cónxuxe/s
Cornelia Cinna (84 e 69 a. C.)
Pompeia Sila (68 e 63 a. C.)
Calpurnia Pisonis (59 e 44 a. C.)
Descendencia
Xulia
Cesarión
Octavio Augusto (adoptivo)
Proxenitores
Caio Xulio César
Aurelia Cota

Caio Xulio César (en latín: Gaius Julius Caesar[1]), nado o 13 de xullo do ano 100 a. C. e finado o 15 de marzo do 44 a. C., foi un xeneral romano, home de estado, cónsul e autor de prosa en latín. Xogou un papel moi importante nos eventos que levaron á desaparición da República Romana e á creación do Imperio Romano. No ano 60 a. C., César, Craso e Pompeio formaron unha alianza política que dominou a política romana durante varios anos. Os seus intentos de recadar poder a través de tácticas populistas eran opostos á clase dirixente conservadora xunto co Senado romano, entre eles, Catón o Novo e Cicerón. As vitorias de César na Guerra das Galias, estenderon o territorio de Roma ata a Canle da Manga e o río Rin. César converteuse no primeiro xeneral romano en cruzar ambos mediante a construción dunha ponte sobre o Rin e o liderado da invasión de Britania.


Estes logros garantíronlle unha potencia militar incomparable que ameazaba con eclipsar a situación de Pompeio, que se unira ó Senado así mesmo despois da morte de Craso en 53 a. C.. Coa Guerra das Galias rematada, o Senado ordenou a César renunciar ó seu mando militar e regresar a Roma. César rexeitou a orde, e no canto diso desafiou o Senado en 49 a. C. cruzando o Rubicón cunha lexión, abandonando a súa provincia e entrando ilegalmente na Italia romana.[2] O conflito deveu nunha Guerra civil, e a vitoria de César na guerra outorgoulle unha posición privilexiada de poder e influencia.


Despois de asumir o control do goberno, César comezou un programa de reformas sociais e de goberno, incluíndo a creación do calendario xuliano. Centralizou a burocracia da República e foi proclamado "ditador en perpetuidade", o cal lle proporcionaba unha autoridade adicional. Mais o conflito político subxacente non estaba resolto, e nos idos de marzo (15 de marzo de 44 a. C.), César foi asasinado por un grupo de senadores rebeldes liderados por Marco Xunio Bruto. Unha nova serie de guerras civís comezou, e o goberno constitucional da República nunca foi restaurado. O herdeiro adoptivo de César, Octavio, coñecido posteriormente como Augusto, subiu ó poder despois de derrotar a tódolos seus rivais na guerra civil. Octavio comezou a fornecer o seu poder, e comezou a era do Imperio Romano.


A maior parte da vida de César é coñecida polos seus escritos nas campañas militares, e por outras fontes do seu tempo, como as cartas e discursos de Cicerón e os escritos históricos de Salustio. As biografías posteriores de César, escritas por Suetonio e Plutarco, son tamén grandes fontes de información. César é considerado como un dos meirandes comandantes militares da historia.




Índice





  • 1 Traxectoria

    • 1.1 Inicios


    • 1.2 O triunvirato


    • 1.3 Guerra das Galias


    • 1.4 Guerra civil


    • 1.5 Ditadura


    • 1.6 Final e significación



  • 2 Vida persoal

    • 2.1 Saúde e aparencia física


    • 2.2 Nome e familia


    • 2.3 Rumores políticos



  • 3 Xulio César na literatura e o cine

    • 3.1 Filmes



  • 4 Notas


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Bibliografía


    • 5.2 Ligazóns externas





Traxectoria |



Inicios |


Procedente dunha das máis antigas familias do patriciado romano, os Xulios, foi educado con esmero con mestres gregos. Pasou unha xuventude disipada, na que comezou axiña a achegarse ao partido político "popular", ao cal o unía a súa relación familiar con Mario. Por esta razón, a animadversión do ditador Sila obrigouno a exiliarse por algún tempo a Bitinia. Gañou o apoio da plebe subvencionando festas e obras públicas. E foi acrecentando o seu prestixio nos diferentes cargos que ocupou: cuestor (no ano 69 a. C.), edil (65), gran pontífice (63), pretor (62) e propretor da Hispania Ulterior (61-60 a. C.). Alí tivo éxito nunha campaña militar contra os lusitanos. Tras esta, realizou unha expedición ao litoral da Gallaecia ata chegar a Brigantium.



O triunvirato |


De volta a Roma, conseguiu un grande éxito político ao reconciliar os dous líderes rivais, Craso e Pompeio, aos que uniu consigo mesmo mediante un acordo privado para repartírense o poder formando un triunvirato e así opoñerse aos optimates que dominaban o Senado (60). Ao ano seguinte, César foi elixido cónsul e as medidas que adoptou viñeron a acrecentar a súa popularidade: repartiu lotes de terra entre veteranos e parados, aumentou os controis sobre os gobernantes provinciais e deu publicidade ás discusións do Senado.


Pero a ambición política de César ía máis alá e, buscando a base para obter un poder persoal absoluto, fíxose conceder por cinco anos -do 58 ao 51- o control de varias provincias: (Galia Cisalpina, Galia Narbonense e Iliria). O triunvirato foi fortalecido polo Convenio de Luca (56), que aseguraba vantaxes para cada un dos seus compoñentes; pero respondía a un equilibrio inestable, que habería de evolucionar cara á concentración do poder nunha soa man. Craso morreu durante unha expedición contra os partos (53) e a rivalidade entre César e Pompeio non encontrou freo unha vez morta Xulia, a filla daquel, casada con este (54).
.



Guerra das Galias |



Artigo principal: Guerra das Galias.

Entrementres, César lanzárase á conquista do resto das Galias. Derrotou os helvecios en Bribacte e o caudillo Ariovisto en Alsacia. Derrotou os nervios e eburones, o que lle permitiu ocupar todo o territorio das tribos belgas. Venceu tamén os Vénetos de Armórica. Como consecuencia, triunfou na conquista das Galias que non só completou, senón que asegurou lanzando dúas expedicións a Britania cruzando o Canal da Mancha e outras dúas a Xermania, cruzando o río Rin. Con isto chegou a dominar un vasto territorio, que ofrecía a Roma unha obra comparable á de Pompeio en Oriente.


Esmagou a rebelión de Vercinxetórix, que depositou as armas aos seus pés tras o asedio e toma de Alesia. Isto supuxo a derrota definitiva dos galos (52 a. C.).



Guerra civil |


O prestixio e o poder acadados por César preocuparon a Pompeio, elixido cónsul único en Roma en medio dunha situación de caos polas loitas entre mercenarios (52). Conminado polo Senado a licenciar as súas tropas, César preferiu enfrontarse a Pompeio, a quen o Senado confiara a defensa da República como última esperanza de salvagardar a orde oligárquica tradicional.


Tras pasar o río Rubicón -que marcaba o límite da súa xurisdición-, coa súa célebre frase alea iacta est (a sorte está deitada), César iniciou unha guerra civil de tres anos (49-46) na que resultou vitorioso: conquistou primeiro Roma e Italia, despois invadiu Hispania derrotando os pompeianos en Ilerda. Posteriormente, a campaña trasladouse aos Balcanes; alí acadou a brillante vitoria da batalla de Farsalia que supuxo a rendición de 20.000 pompeístas e a derrota directa do propio Pompeio. Finalmente, dirixiuse a Oriente, onde este se refuxiara. Perseguíndoo, chegou a Exipto, onde aproveitou para intervir nunha disputa sucesoria da familia faraónica, tomando partido en favor de Cleopatra ("Guerra alexandrina", 48-47).


Asasinado Pompeio en Exipto, César proseguiu a loita contra os seus partidarios. Primeiro tivo que vencer o rei do Ponto, Farnaces, na batalla de Zela (47), que definiu coa súa soada sentenza "veni, vidi, vici" ("cheguei, vin e vencín"); despois derrotou os últimos pompeístas que resistían en África (batalla de Tapso, 46) e os propios fillos de Pompeio en Hispania (batalla de Munda, preto de Córdoba, 45). Vencedor en tan longa guerra civil, César calou os descontentos repartindo dádivas e recompensas durante as celebracións que organizou en Roma pola vitoria.





Morte de Xulio César, obra de Vincenzo Camuccini, 1798.



Ditadura |


Unha vez dono da situación, César acumulou cargos e honras que fortaleceron o seu poder persoal: cónsul por dez anos, prefecto dos costumes, xefe supremo do exército, pontífice máximo (sumo sacerdote), ditador perpetuo, emperador con dereito de transmisión hereditaria...; a súa estatua comezou a colocarse en todos os templos, mais tamén rexeitou o diadema real que lle ofreceu o seu xeneral Marco Antonio. O Senado foi reducido a un mero consello do príncipe. Estableceu así unha ditadura militar disimulada pola aparencia de acumulación de maxistraturas civís. Reservouse o dereito a nomear e cesar funcionarios, organizou un censo de cidadáns, ditou a Lex Iulia Municipalis, repartiu terras entre as súas tropas, reformou o calendario, o fornecemento das provincias, ampliou o número de senadores a 900 e promoveu grandes obras civís.



Final e significación |


O temor a que abolise o sistema republicano a prol dunha acumulación de poderes na súa persoa alentou unha conspiración contra el. Morreu asasinado no senado nos idos (quince) de marzo nunha conxura dirixida por Casio e Bruto que lle impediu completar as súas reformas. Porén, deixou terminadas algunhas, como o cambio do calendario (que se mantivo até o século XVI), unha nova lei municipal que concedía maior autonomía ás cidades, a reconversión como agricultores das masas italianas proletarizadas, o establecemento de colonias en lugares propicios para o comercio...; todo apuntaba a transformar Roma, da cidade-estado que fora, en cabeza dun imperio que abranguese a práctica totalidade do mundo coñecido, ao mesmo tempo que se transformaba a súa vella constitución oligárquica por unha monarquía autoritaria de tinturas populistas; a dita obra sería completada polo seu sobriño-neto e sucesor, Octavio Augusto.



Vida persoal |



Saúde e aparencia física |


Segundo as observacións de Plutarco,[3] é probable que César sufrise de epilepsia. Os estudosos modernos están divididos sobre o tema, e algúns cren que puido estar infectado de malaria.[4] Varios especialistas en medicina cren que no canto de epilepsia, unha diagnose máis exacta podería ser migrañas.[5] Outros estudosos sosteñen que os seus ataques epilépticos se debían a unha infección parasitaria no cerebro.[6][7]


César tivo catro episodios documentados do que puideron ter sido crises parciais complexas. Tamén é probable que tivese crise de ausencia na súa xuventude. As máis antigas referencias a estas aprehensións foron feitas polo biógrado Suetonio, que naceu despois da morte de César. A alegación de epilepsia é rebatida polos historiadores médicos coa reivindicación da hipoglicemia, que á súa vez pode causar episodios de epilepsia.[8][9][10]


No 2003, o psiquiatra Harbour F. Hodder publicou un estudo sobre o que denominou a teoría do "Complexo César", segundo a cal, César adoecía de epilepsia do lóbulo temporal, e o debilitamento da súa condición foi o factor relevante na decisión de César de renunciar ós gardas persoais nos días previos ó seu asasinato.[11]


A partir dun verso de Shakespeare pode interpretarse que César era xordo dun oído: Ven á miña dereita, por esta orella estou xordo.[12] Ningunha fonte clásica menciona dificultades auditivas en relación a César. A obra de Shakespeare puido facer un uso metafórico da pasaxe na que Plutarco non se refire á xordeira, senón a un xesto que facía comunmente Alexandre de Macedonia. Cubrindo a súa orella, Alexandre indicaba que a súa atención cambiara de escoitar a acusación a escoitar a defensa.[13]


O historiador romano Suetonio describe a César como "alto de estatura e con pel clara, con membros ben formados, unha faciana un pouco chea e penetrantes ollos negros".[14]



Nome e familia |


Usando o Alfabeto latino daquela, que carecía das letras J e U, o nome de César era escrito GAIVS IVLIVS CAESAR; a forma CAIVS tamén era empregada usando a antiga representación romana do G polo C. A abreviación estándar era C. IVLIVS CÆSAR, segundo a ortografía máis antiga. (A forma Æ é unha ligadura das letras A e E, e era moi empregada nas inscricións latinas para aforrar espazo.)


No latín clásico, era pronunciado ˈɡaːjus ˈjuːljus ˈkajsar. Nos días finais da República Romana, moitos escritos históricos facíanse en grego, unha lingua que estudaban os romanos mellor educados. Os mozos ricos romanos eran educados a miúdo por escravos gregos, e mesmo ás veces eran enviados a Atenas para recibir unha formación más avanzada. Na Antiga Grecia da era de César, o nome da súa familia escribíase Καίσαρ, o cal reflicte a pronunciación da época. Así, a pronunciación do seu nome é semellante á do káiser alemán.


No latín vulgar, o /k/ con vogal anterior, por mor da palatalización, comezou a ser pronunciado africada – producindo o [ˈtʃeːsar] en italiano e [ˈtseːsar] en alemán, así como o título de tsar. Coa evolución das linguas románicas, a africada [ts] converteuse na fricativa [s] ([ˈseːsar]) en moitas pronunciacións rexionais, como a do francés. O /k/ orixinal consérvase na mitoloxía nórdica, onde se manifesta a través do rei lendario Kjárr.[15]


O cognomen César podería ser en si mesmo un título. Foi moi promulgado pola Biblia a través do famoso verso "Ó César o que é do César, e a Deus o que é de Deus". O título converteuse no káiser alemán e no tsar eslavo. O derradeiro tsar con poder nominal foi Simeón II de Bulgaria, cuxo reinado rematou en 1946; o que supón que dous mil anos despois da súa morte, aínda existía un dirixente co seu nome.


Árbore da familia Xulio-Claudia.

Pais
  • Pai: Caio Xulio César o Vello

  • Nai Aurelia (relacionada cos Aurelii Cottae)

Irmás
  • Julia Caesaris "Major" (a maior)

  • Julia Caesaris "Minor" (a menor)

Esposas
  • Primeiro matrimonio con Cornelia Cinna, dende o -83 ata a morte dela no -69 ou -68

  • Segundo matrimonio con Pompeia, dende o -67 ata o seu divorcio no -61

  • Terceiro matrimonio con Calpurnia Pisonis, dende o -59 ata a morte de César no -44

Fillos


Cleopatra e o seu fillo con Xulio Cesar, Cesarión no Templo de Dendera.



  • Xulia, con Cornelia Cinnilla, nada en -83 ou -82


  • Caesarión, con Cleopatra VII, nado o -47. Foi asasinado con 17 anos polo fillo adoptivo de César, Octavio.


  • adoptado: Caio Xulio César Octavio, o seu sobriño-neto por sangue, que despois se convertería no Emperador Augusto.


  • Marco Xunio Bruto: As referencias históricas de Plutarco falan de que César cría que Bruto era un fillo ilexítimo seu, xa que a súa nai Servilia fora a amante de César na súa xuventude.[16]

Neto
  • Neto sen nome de Xulia e Pompey, morto ós poucos días.
Amantes

  • Cleopatra VII, nai de Cesarión


  • Servilia Caepionis, nai de Bruto

  • Eunoë, raíña de Mauritania e muller de Bogudes

Parentes notables

  • Caio Mario (casado coa súa tía Xulia)

  • Marco Antonio

  • Lucio Xulio César


  • Xulio Sabino, un galo da tribo dos lingóns na era da rebelión dos bátavos no ano 69, un suposto bisneto de César cuxa bisavoa fora amante de César durante a Guerra das Galias.[17]


Rumores políticos |


A sociedade romana vía a pasividade na actividade sexual, sen importar o xénero, como un sinal de submisión ou inferioridade. De feito, Suetonio no triunfo de César na Galia, o seus soldados cantaban que "César puido conquistar os galos, pero Nicomedes conquistou a César."[18] Segundo Cicerón, Bíbulo, Gaius Memmius, e outros (moitos, inimigos de César), tiveran aventuras con Nicomedes IV de Bitinia nos comezos das súas carreiras. Os contos foron repetidos, referíndose a César como Raíña de Bitinia, por algúns políticos romanos como un xeito de aldraxalo. Estas azueiras foron difundidas como unha forma de acabar coa súa imaxe. O propio César negou estas acusacións ó longo da súa vida, e segundo Dión Casio, fíxoo tamén baixo xuramento nunha ocasión.[19] Esta forma de calumnia era moi popular durante a República Romana para vexar e desacreditar os adversarios políticos. Unha táctica común era acusar o opoñente político de vivir segundo o estilo helenístico, baseado na cultura grega e oriental, onde a homosexualidade era máis aceptada que na tradición romana.


Catulo escribiu dous poemas nos que suxería que César e o seu enxeñeiro Mamurra eran amantes,[20] pero máis tarde retractouse e pediu desculpas.[21]


Marco Antonio acusou a Octavio de conseguir a adopción de César mediante favores sexuais. Suetonio describiu a acusación de Marco Antonio como un lance na confrontación política con Octavio.[22]



Xulio César na literatura e o cine |




C. Iulii Caesaris quae extant, 1678


Xulio César foi obxectivo de numerosas obras literarias, sendo un dos personaxes históricos máis representados, porén hai algunhas que destacan pola súa repercusión e importancia artística:


  • A traxedia Xulio César, escrita polo dramaturgo inglés William Shakespeare, quizais a obra máis famosa sobre o político romano.

  • A súa aparición en Cleopatra, de Emil Ludwig.

  • A obra de teatro César e Cleopatra, do autor británico George Bernard Shaw

  • A novela histórica Os idos de marzo, de Thornton Wilder.

  • A novela César, de Allan Massie

  • Tamén é unha personaxe recorrente na serie de banda deseñada de Asterix, de René Goscinny e Albert Uderzo.

Este gran número de aparicións tamén se repite tanto no cine como na televisión, ben coma protagonista ben coma personaxe secundario.



Filmes |






































































AnoFilmeDirectorActor
1908Julius Caesar
James Stuart Blackton/William V. Ranous

Charles Kent
1911Julius CaesarFrank R. Benson
Guy Rathbone
1917CleopatraJ. Gordon Edwards
Fritz Leiber
1934CleopatraCecil B. DeMille
Warren William
1945Caesar and CleopatraGabriel Pascal
Claude Rains
1950Julius CaesarDavid Bradley
Harold Tasker
1953Julius CaesarJoseph L. Mankiewicz
Louis Calhern
1960SpartacusStanley Kubrick
John Gavin
1963CleopatraJoseph L. Mankiewicz
Rex Harrison
1970Julius CaesarStuart Burge
John Gielgud
1979Julius CaesarMichael Langham
Sonny Jim Gaines
1999CleopatraFranc Roddam
Timothy Dalton
2001VercingétorixJacques Dorfmann
Klaus Maria Brandauer
2002Julius CaesarUli Edel
Jeremy Sisto
2003Imperium: AugustusRoger Young
Peter O'Toole
2005RomeVarios
Ciarán Hinds


Notas |




  1. Fully, Imperator Gaius Iulius Gaii filius Gaii nepos Caesar Patris Patriae ("Imperator Gaius Julius Caesar, fillo de Gaius, neto de Gaius, Pai do seu País") (Suetonius, Divus Julius 76.1). Nome oficial despois da deificación en 42 AC: Divus Iulius ("O Divino Xulio").


  2. Keppie, Lawrence (1998). "The approach of civil war". The making of the Roman Army: from Republic to Empire. Norman, OK: University of Oklahoma Press. p. 102. ISBN 978-0-8061-3014-9. 


  3. Plutarco, Caesar 17, 45, 60; véxase tamén Suetonio, Julius 45.


  4. Ronald T. Ridley, "The Dictator's Mistake: Caesar's Escape from Sulla," Historia 49 (2000), pp. 225–226, citing doubters of epilepsy: F. Kanngiesser, "Notes on the Pathology of the Julian Dynasty," Glasgow Medical Journal 77 (1912) 428–432; T. Cawthorne, "Julius Caesar and the Falling Sickness,” Proceedings of Royal Society of Medicine 51 (1957) 27–30, who prefers Ménière's disease; and O. Temkin, The Falling Sickness: A History of Epilepsy from the Greeks to the Beginnings of Modern Neurology (Baltimore 1971), p 162.


  5. Seymour Diamond and Mary Franklin, Conquering Your Migraine: The Essential Guide to Understanding and Treating Migraines for all Sufferers and Their Families, (New York: Fireside, 2001), 19.


  6. Bruschi, Fabrizio (2011). "Was Julius Caesar's epilepsy due to neurocysticercosis?". Trends in Parasitology (Cell Press) 27 (9): 373–374. doi:10.1016/j.pt.2011.06.001. Consultado o 2 de maio de 2013. 


  7. McLachlan, Richard S. (2010). "Julius Caesar's Late Onset Epilepsy: A Case of Historic Proportions". Canadian Journal of Neurological Sciences (Canadian Journal of Neurological Sciences Inc.) 37 (5): 557–561. Consultado o 11 de maio de 2013. 


  8. Hughes J; Atanassova, E; Boev, K (2004). "Dictator Perpetuus: Julius Caesar—did he have seizures? If so, what was the etiology?". Epilepsy Behav 5 (5): 756–64. PMID 15380131. doi:10.1016/j.yebeh.2004.05.006. 


  9. Gomez J, Kotler J, Long J (1995). "Was Julius Caesar's epilepsy due to a brain tumor?". The Journal of the Florida Medical Association 82 (3): 199–201. PMID 7738524. 


  10. H. Schneble (1 de xaneiro de 2003). "Gaius Julius Caesar". German Epilepsy Museum. Consultado o 28 de agosto de 2008. 


  11. Hodder, Harbour Fraser (Setembro de 2003). "Epilepsy and Empire, Caveat Caesar". Accredited Psychiatry & Medicine (Harvard, Boston: Harvard University) 106 (1): 19. 


  12. William Shakespeare, Julius Caesar I.ii.209.


  13. Plutarch, Alexander 42; Jeremy Paterson discussing Caesar's health in general in "Caesar the Man," A Companion to Julius Caesar (Wiley-Blackwell, 2009), p. 130 online.


  14. Suetonio, Life of Caesar 45: excelsa statura, colore candido, teretibus membris, ore paulo pleniore, nigris vegetisque oculis.


  15. Anderson, Carl Edlund (1999). "Formation and Resolution of Ideological Contrast in the Early History of Scandinavia. PhD thesis, University of Cambridge, Department of Anglo-Saxon, Norse & Celtic (Faculty of English). p. 44." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de marzo de 2007. Consultado o 18 de outubro de 2014. 


  16. Plutarch, Brutus 5


  17. Publio Cornelio Tácito, Historias 4.55


  18. Suetonius, Julius 49


  19. Suetonio, Julius 49; Cassius Dio, Roman History 43.20


  20. Catullo, Carmina 29, 57


  21. Suetonius, Julius 73


  22. Suetonio, Augustus 68, 71



Véxase tamén |









Bibliografía |



  • Canfora, Luciano (2006). Julius Caesar: The People's Dictator. Edinburgh University Press. ISBN 0-7486-1936-4. 


  • Freeman, Philip (2008). Julius Caesar. Simon and Schuster. ISBN 0-7432-8953-6. 


  • Fuller, J. F. C. (1965). Julius Caesar: Man, Soldier, and Tyrant. New Brunswick, Nova Jersey: Rutgers University Press. 


  • Goldsworthy, Adrian (2006). Caesar: Life of a Colossus. Yale University Press. ISBN 0-300-12048-6. 


  • Grant, Michael (1969). Julius Caesar. Nova York: McGraw-Hill. 


  • Grant, Michael (1979). The Twelve Caesars. Nova York: Penguin Books. ISBN 0-14-044072-0. 


  • Holland, Tom (2003). Rubicon: The Last Years of the Roman Republic. Anchor Books. ISBN 1-4000-7897-0. 


  • Jiménez, Ramon L. (2000). Caesar Against Rome: The Great Roman Civil War. Praeger. ISBN 0-275-96620-8. 


  • Kleiner, Diana E. E. (2005). Cleopatra and Rome. Harvard University Press. ISBN 0-674-01905-9. 


  • Meier, Christian (1996). Caesar: A Biography. Fontana Press. ISBN 0-00-686349-3. 


  • Weinstock, Stefan (1971). Divus Julius. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-814287-4. 


Ligazóns externas |



  • O asasinato de Xulio César (en inglés)




Imperio Romano


Segue a:
República Romana

Xulio César
(-59--44)



Precede a:
Octavio Augusto

Dinastía Xulio-Claudia



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xulio_César&oldid=5142890"










Menú de navegación


























(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.004","walltime":"1.683","ppvisitednodes":"value":2162,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":60353,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2203,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":42,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":18657,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":43,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 1536.432 1 -total"," 77.87% 1196.370 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 6.60% 101.371 1 Modelo:Listaref"," 5.17% 79.481 12 Modelo:Cita_libro"," 3.15% 48.378 1 Modelo:Ficha_de_nobre"," 2.60% 39.909 3 Modelo:Irmáns"," 2.52% 38.765 1 Modelo:Infobox"," 2.36% 36.256 3 Modelo:Caixa_lateral"," 1.83% 28.046 1 Modelo:1000"," 1.72% 26.350 5 Modelo:Cita_publicación_periódica"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.706","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":8673627,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1311","timestamp":"20190608014546","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Xulio Cu00e9sar","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Xulio_C%C3%A9sar","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q1048","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q1048","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-04-04T23:16:59Z","dateModified":"2019-05-09T11:46:02Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/be/Bust_of_Gaius_Iulius_Caesar_in_Naples.jpg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":166,"wgHostname":"mw1324"););

Popular posts from this blog

Wikipedia:Vital articles Мазмуну Biography - Өмүр баян Philosophy and psychology - Философия жана психология Religion - Дин Social sciences - Коомдук илимдер Language and literature - Тил жана адабият Science - Илим Technology - Технология Arts and recreation - Искусство жана эс алуу History and geography - Тарых жана география Навигация менюсу

Bruxelas-Capital Índice Historia | Composición | Situación lingüística | Clima | Cidades irmandadas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióneO uso das linguas en Bruxelas e a situación do neerlandés"Rexión de Bruxelas Capital"o orixinalSitio da rexiónPáxina de Bruselas no sitio da Oficina de Promoción Turística de Valonia e BruxelasMapa Interactivo da Rexión de Bruxelas-CapitaleeWorldCat332144929079854441105155190212ID28008674080552-90000 0001 0666 3698n94104302ID540940339365017018237

What should I write in an apology letter, since I have decided not to join a company after accepting an offer letterShould I keep looking after accepting a job offer?What should I do when I've been verbally told I would get an offer letter, but still haven't gotten one after 4 weeks?Do I accept an offer from a company that I am not likely to join?New job hasn't confirmed starting date and I want to give current employer as much notice as possibleHow should I address my manager in my resignation letter?HR delayed background verification, now jobless as resignedNo email communication after accepting a formal written offer. How should I phrase the call?What should I do if after receiving a verbal offer letter I am informed that my written job offer is put on hold due to some internal issues?Should I inform the current employer that I am about to resign within 1-2 weeks since I have signed the offer letter and waiting for visa?What company will do, if I send their offer letter to another company